View
717
Download
7
Category
Preview:
Citation preview
As Eiroás é un pequeno barrio situado na zona Norte do perímetro urbán do
concello de Ourense. Conserva unha identidade rural, procedente da
idiosincrasia que posuía até hai poucos anos.
AS EIROÁS (Ourense)
Cabe salientar o Pazo d’As Eiroás, reformado no século XIII, o Castro do Val de Gola e un xacemento Paleolítico,
ademáis da Necrópole de San Mamede (conxunto de tombas antropomorfas), no monte comunal entre As Eiroás
e Vilar de Astrés, espazo este onde aínda se pode gozar das distintas especies do bosque autóctono galego (bon, o
que deixou delas a vaga de lumes de hai 2 anos).
A mediados do século XX, un matrimonio entre 2 viúvos, deu orixe a unha festa, cando menos, singular. Esta
coincidiu co Entroido e pasou a ser este núcleo un dos poucos lugares na cidade e arredores nos que se
celebraba a festa pagá que antecede á Coaresma.
Como queira que fose, esta deixouse de celebrar nos comezos da década dos ‘70 e no ano 1999, desde a A
VV, decídese resgatar a memoria daquela celebración. Nos anos posteriores vanse engadindo contidos a esta festa, entre os que destaca a creación dunha máscada
que nacía coa intención de ser un dos símbolos do futuro barrio d’As Eiroás.
Querémosche achegar o programa
da festa para este ano 2008, ano no que
chegamos á 10ª edición, e convidarte
a participar da mesma.
Se decides vir, será unha grande ledícia
para nós. Se non, estés onde estés...
VIVE O ENTROIDO!!!
que é o mellor xeito de gozar da festa.
Nós agardarémoste nas vindeiras
edicións.
Domingo
Fareleiro20 de xaneiro.-
12 h (máis ou menos).- Colga do Meco 17 h (máis ou menos).- Guerra fareleira, amenizada polaCharanga CHUNDA-CHUNDA.
O farelo
anuncia a chegada do
Entroido
Domingo
Oleiro27 de xaneiro.-
17 h (máis ou menos).- O xogo das olas, amenizado pola Charanga CHUNDA-CHUNDA. As Pitas serán as encargadas de levar as olas á praza d’As Eiroás. Na xornada previa haberá un Obradoiro de decoración de olas, dirixido nomeadamente ás/aos máis cativas/os.
As Pitas saen por primeira vez este
domingo.
son as encargadas de levar as olas á praza
O xogo das olas deixa a praza
chea de anacos de barro
As/Os máis pequenas/os substitúen as
olas de barro por globos de auga
oliñas veñen...
...e van
Martes de
Entroido5 de febreiro.-
12 h.- Folión do Entroido. Pitas, gaiteiras/os e máscaras percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande. 13 h.- Voda da Pita. 14 h.- Xantar (neste ano, cadaquén trae o seu) 17 h.- Baile de máscaras, amenizado pola Grande Orquestra NEVADA 21 h. (máis ou menos).- Queima do Meco.
O Folión do Martes
da a benvida ao día grande
A Voda da Pita é unha representación teatral por conta das/os veciñas/os do que “puido” ser
a orixe da festa...
As “forzas da orden” que interrumpían a cotío a festa nun tempo de autocracia, son “neutralizadas” polas Pitas, novo símbolo dun futuro conxunto de traballo pola comunidade desde a festa popular do Entroido.
Hala! Parella casada. Xa pode comezar a música
Baile de Máscaras
Adeus Martes do Entroido,adeus, meu amiguiño;
até Domingo de Páscoanon comeremos máis touciño.
Queima do Meco
Fotografías:
amig@s da Pita
Ricardo Rodríguez
Rosa Veiga
Recommended