18º domingo toc 2010

Preview:

Citation preview

“Atención: gardádevos da cobiza,que, por moito que un teña,

non por iso a súa vida depende dos seus bens”.

Díxolles Xesús:

“Os campos de certo home rico deron moito froito. Púxose entón a cavilar:

“Como vou facer, que non teño onde meter o froito”? Lc 12, 13-21

Propúxolles unha parábola:

Dicía o filósofo Bertrand Russell:

O ideal do home contemporáneo está:

• en comprar cousas que non necesita,

• a prezos que non pode pagar,

• en cómodos prazos que non vai cumprir,

• para deixar asombrados os amigos que tampouco ten.

Na celebración deste domingo proclámase a parábola do rico necio

Un rico agricultor ten unha gran colleita e fai plans para ampliar os seus hórreos

e gozar moitos anos da súa sorte.

Pero a voz de Deus vólveo á realidade:

“Necio, esta noite vanche esixir a vida. O que amoreaches, de quen será?”

Lucas amósase tan preocupado polos pobrescomo pola idolatría da riqueza

A realidade máis verdadeira do ser humano non se reduce ás súas

posesións

Tampouco este relato se limita a ridiculizar a avaricia, senón que nos revela a grandeza e a maxestade de Deus,

dono da vida e único Señor da existencia humana.

Non hai ningún Deus máis que o Deus vivo.

E ningunha outra cousa merece adoración

A parábola do rico necio está precedida por dúas observacións

da literatura sapiencial.

A cobiza revela o interese da persoa polos bens deste mundo.

A cobiza absorbe o seu tempo e as súas enerxías.

Vólvea cega para outros valores do espírito e péchaa no seu egoísmo.

“Gardádevos de toda clase de cobiza”

“Por moito que un teña, a súa vidanon depende dos seus bens”

Non se pode esquecer que o “ser” de persoa

non se pode reducir a “ter”.

O ser humano é máis que as cousas que apetece.

Señor Xesús, ti non tiñas onde reclinar a cabeza.

Naciches na pobreza e morriches absolutamente pobre.

Que o teu exemplo de vida nos anime a buscar os verdadeiros tesouros da vida e a vivir na liberdade que en ti admiramos.

Amén.

Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA do SEÑOR –Salamanca -Presentación: Antonia Castro PaneroMúsica: A New Day