1º coresma b bene pagola 2012

Preview:

Citation preview

26 de febreiro de 20121º Coresma (B)

Marcos 1, 12-15Red evangelizadora BUENAS NOTICIASDifunde o exemplo de Xesús. Pásao.

José Antonio Pagola

Música: Himno al amor; present.B.Areskurrinaga HC: euskaraz: D. Amundarain

Antes de comezar a narrar a actividade profética de Xesús,

Marcos escribe estes breves versículos:

«O Espírito empuxou a Xesús ao «O Espírito empuxou a Xesús ao deserto. deserto.

Alí quedou corenta días deixándose Alí quedou corenta días deixándose tentar por Satán; vivía entre as tentar por Satán; vivía entre as

feras, e os anxos servíano»feras, e os anxos servíano»..

Estas breves liñas son un resumo das experiencias básicas

vividas por Xesús ata a súa execución na cruz.

Xesús non coñeceuXesús non coñeceu unha vida fácil e tranquila.unha vida fácil e tranquila.

Viviu impulsado polo Espírito, Viviu impulsado polo Espírito, pero sentiu na súa propia carnepero sentiu na súa propia carne

as forzas do mal. as forzas do mal.

A súa entrega apaixonada ao

proxecto de Deus levouno a vivir unha existencia desgarrada por

conflitos e tensións. Del temos que

aprender os seus seguidores a vivir

en tempos de proba.

«O Espírito empuxa a Xesús ao deserto».

Non o conduce a unha vida cómoda.

Lévao por caminos de probas,

riscos e tentacións.

Buscar o Reino de Deus e a súa xustiza, anunciar a Deus sen falsealo, traballar por un mundo máis humano é sempre

arriscado. Foino para Xesús e ha selo

para os seus seguidores.

«Quedou no deserto «Quedou no deserto corenta días».corenta días».

O deserto será o escenario polo que O deserto será o escenario polo que transcorrerá a vida de Xesús.transcorrerá a vida de Xesús.

Este lugar inhóspito e nada Este lugar inhóspito e nada acolledoracolledor

é símbolo de proba e é símbolo de proba e purificaciónpurificación..

O mellor lugar para aprender a vivir do esencial, pero tamén o máis

perigoso para quen queda abandonado ás súas propias forzas.

«Tentado por Satán». Satán significa “o adversario",

a forza hostil a Deus e aos que traballan polo seu reinado.

Na tentación descóbrese o que hai en nós de verdade ou de mentira,

de luz ou de tebras, de fidelidade a Deus

ou de complicidade coa inxustiza.

Ao longo da súa vida, Xesús manterase vixilante para descubrir a "Satán" nas

circunstancias máis inesperadas

Un día rexeitará a Pedro con estas palabras:Un día rexeitará a Pedro con estas palabras: "Apártate de min, satanás, porque os teus "Apártate de min, satanás, porque os teus

pensamento no son os de Deus". pensamento no son os de Deus".

Os tempos de proba temos que vivilos, coma El, atentos ao que nos pode desviar de Deus.

«Vivía entre as feras, e os anxos servíano».

As feras, os seres máis violentos da terra,

evocan os perigos que ameazarán a Xesús. Os

anxos, os seres máis bos da creación,

suxiren a proximidade de Deus que o bendí,

coida e sostén.

Así vivirá Xesús: defendéndose

de Antipas ao que chama

"raposo" e buscando na

oración da noite a forza do Pai.

Temos que vivir estes tempos difíciles cos ollos fixos en Xesús.

É o Espírito de Deus o que nos está empuxando ao deserto.

DeDesta crise sairá un día unha Igrexa máis humilde e máis fiel ao seu Señor.

ENTRE CONFLITOS E TENTACIÓNS Antes de comezar a narrar a actividade profética de Xesús, Marcos escribe estes

breves versículos: «O Espírito empuxou a Xesús ao deserto. Quedou alí corenta días deixándose tentar por Satán; vivía entre as feras, e os anxos servíano». Estas breves liñas son un resumo das experiencias básicas vividas por Xesús ata a súa execución na cruz.

Xesús non coñeceu unha vida fácil e tranquila. Viviu impulsado polo Espírito, pero sentiu na súa propia carne as forzas do mal. A súa entrega apaixonada ao proxecto de Deus levouno a vivir unha existencia desgarrada polos conflitos e tensións. Del temos que aprender os seus seguidores a vivir en tempos de proba.

«O Espírito empuxa a Xesús ao deserto». Non o conduce a unha vida cómoda. Lévao por camiños de probas, riscos e tentacións. Buscar o Reino de Deus e a súa xustiza, anunciar a Deus sen falsealo, traballar por un mundo máis humano é sempre arriscado. Foino para Xesús e ha de selo para os seus seguidores.

«Quedou no deserto corenta días». O deserto será o escenario polo que transcorrerá a vida de Xesús. Este lugar inhóspito e nada acolledor é símbolo de proba e purificación. O mellor lugar para aprender a vivir do esencial, pero tamén o máis perigoso para quen queda abandonado ás súas propias forzas.

«Tentado por Satán». Satán significa “o adversario", a forza hostil a Deus e aos que traballan polo seu reinado. Na tentación descóbrese o que hai en nós de verdade ou de mentira, de luz ou de tebras, de fidelidade a Deus ou de complicidade coa inxustiza.

Ao longo da súa vida, Xesús manterase vixilante para descubrir a "Satán" nas circunstancias máis inesperadas. Un día rexeitará a Pedro con estas palabras: "Apártate de min, satanás, porque os teus pensamentos no son os de Deus". Os tempos de proba temos que vivilos, coma El, atentos ao que nos pode desviar de Deus.

«Vivía entre as feras, e os anxos servíano». As feras, os seres máis violentos da terra, evocan os perigos que amenazarán a Xesús. Os anxos, os seres máis bos da creación, suxiren a proximidade de Deus que o bendí, coida e sostén. Así vivirá Xesús: defendéndose de Antipas ao que chama "raposo" e buscando na oración da noite a forza do Pai.

Temos que vivir estes tempos difíciles cos ollos fixos en Xesús. É o Espírito de Deus o que nos está empuxando ao deserto. Desta crise sairá un día unha Igrexa máis humilde e máis fiel ao seu Señor. 

José Antonio Pagola