View
136
Download
6
Category
Preview:
Citation preview
30 de setembrO de 201226 Tempo ordinario (B)
Marcos 9, 38-43.45.47-48
Red evangelizadora BUENAS NOTICIASEnsancha O horizonte da Igrexa de Xesús. Pásao.
José Antonio Pagola
Música: Beethoven concierto para violin;present: B. Areskurrinaga HC;euskaraz: D. Amundarain
A escena é sorprendente. Os discípulos achegánse a Xesús cun problema.
Esta vez, o portador do grupo non é Pedro, senón Xoán, un dos dous irmáns que
andan buscando os primeiros postos. Agora pretende que o grupo de discípulos teña a exclusiva de
Xesús e o monopolio da su acción liberadora.
Veñen preocupados.
Un exorcista, non integrado no grupo, está
botando demos no nome de Xesús. Os discípulos non se alegran de que
a xente quede curada e poida
iniciar unha vida máis humana.
Só pensan no prestixio do seu propio grupo. Por Só pensan no prestixio do seu propio grupo. Por iso, trataron de cortar de raíz iso, trataron de cortar de raíz
a súa actuación. a súa actuación. Esta é a súa única razón:Esta é a súa única razón: "Non é dos nosos" "Non é dos nosos"..
Os discípulos dan por suposto que,
para actuar en nome de Xesús e coa súa forza
curadora, é necesario ser membro do seu grupo.
Ninguén pode apelar a Xesús
e traballar por un mundo máis humano,
sen formar parte da Igrexa.
É realmente así? Que pensa Xesús?
As súas primeiras palabras son rotundas: "Non llo impidades".
O Nome de Xesús e a súa forza humanizadora son máis importantes que
o pequeno grupo dos seus discípulos.
É bo que a salvación que trae Xesús se É bo que a salvación que trae Xesús se estenda máis alá da Igrexa establecida e estenda máis alá da Igrexa establecida e axude as xentes a vivir de maneira máis axude as xentes a vivir de maneira máis
humana. humana. Ninguén ha de vela como unha Ninguén ha de vela como unha
competencia desleal competencia desleal ..
Xesús rompe toda tentación sectaria
nos seus seguidores.
Non constituío o seu grupo para controlar
a súa salvación mesiánica.
Non é rabino de unha escola
pechada senón Profeta dunha
salvación aberta a todos.
A súa Igrexa ha de apoiar o seu Nome allí onde é
invocado para facer o ben.
Non quere Xesús que entre os seus seguidores Non quere Xesús que entre os seus seguidores se fale dos que son nosos ese fale dos que son nosos e
dos que non o son, os de dentro e os de fóra, os que dos que non o son, os de dentro e os de fóra, os que poden actuar no seu nome e poden actuar no seu nome e
os que non poden facelo. os que non poden facelo. O seu modo de ver as cousas é diferente: O seu modo de ver as cousas é diferente:
““O que non está contra nós O que non está contra nós está a favor noso"está a favor noso"..
Na sociedade moderna hai moitos homes e mulleres que traballan por un mundo máis xusto e humano sen pertencer
á Igrexa. Algúns nin son crentes, pero están abrindo camiños ao Reino
de Deus e á súa xustiza. Son dos nosos.
Temos que alegrarnos en vez de miralos con resentimiento.
Temos que apoiar en vez de descalificar.
É un erro vivir na Igrexa vendoÉ un erro vivir na Igrexa vendo en todas partes hostilidade e maldade, en todas partes hostilidade e maldade,
crendo inxenuamente que só nosoutros somos crendo inxenuamente que só nosoutros somos portadores do Espírito de Xesúsportadores do Espírito de Xesús.
El non nos aprobaría. El non nos aprobaría. Invitaríanos a colaborar con Invitaríanos a colaborar con
alegría con todos alegría con todos os que viven de maneira os que viven de maneira
evanxélica evanxélica e se preocupan dos máis e se preocupan dos máis
pobres e necesitados.pobres e necesitados.
NINGUÉN TEN A EXCLUSIVA DE XESÚS A escena é sorprendente. Os discípulos achéganse a Xesús cun problema. Esta vez, o portador do grupo non é Pedro, senón Xoán, un dos dous irmáns que andan buscando os primeiros postos. Agora pretende que o grupo de discípulos teña a exclusiva de Xesús e o monopolio da súa acción liberadora.
Veñen preocupados. Un exorcista, non integrado no grupo, está botando demos no nome de Xesús. Os discípulos non se alegran de que a xente quede curada e poida iniciar unha vida máis humana. Só pensan no prestixio do seu propio grupo. Por iso, trataron de cortar de raíz a súa actuación. Esta é a súa única razón: "non é dos nosos".
Os discípulos dan por suposto que, para actuar en nome de Xesús e coa súa forza curadora, é necesario ser membro do seu grupo. Ninguén pode apelar a Xesús e traballar por un mundo máis humano, sen formar parte da Igrexa. É realmente así? Que pensa Xesús? As súas primeiras palabras son rotundas: "Non llo impidades". O Nome de Xesús e a súa forza humanizadora son máis importantes que o pequeno grupo dos seus discípulos. É bo que a salvación que trae Xesús se estenda máis alá da Igrexa establecida e axude as xentes a vivir de maneira máis humana. Ninguén ha de vela como unha competencia desleal.
Xesús rompe toda tentación sectaria nos seus seguidores. Non constituío o seu grupo para controlar a súa salvación mesiánica. Non é rabino dunha escola pechada senón Profeta dunha salvación aberta a todos. A súa Igrexa ha de apoiar o seu Nome allí onde é invocado para facer o ben.
Non quere Xesús que entre os seus seguidores se fale dos que son nosos e dos que non o son, os de dentro e os de fóra, os que poden actuar no seu nome os que non poden facelo. O seu modo de ver as cousas é diferente: “O que non está contra nós está a favor noso".
Na sociedade moderna hai moitos homes e mulleres que traballan por un mundo máis xusto e humano sen pertencer á Igrexa. Algúns nin son crentes, pero están abrindo camiños ao Reino de Deus e á súa xustiza. Son dos nosos. Temos que alegrarnos en vez de miralos con resentimento. Temos que apoiar en vez de descalificar.
É un erro vivir na Igrexa vendo en todas partes hostilidade e maldade, crendo inxenuamente que só nosoutros somos portadores do Espírito de Xesús. El non nos aprobaría.Invitaríanos a colaborar con alegría con todos os que viven de maneira evanxélica e se preocupan dos máis pobres e necesitados.
José Antonio Pagola
Recommended