View
0
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
8ª semana, proposta de actividades #euquedonacasa
Lectura, actividades de matemáticas e linguas, o proxecto sobre Vimianzo, un pouco de arte e un
pouco de exercicio.
1. Lectura: A casa máis animada do mundo. Baía Edicións.
Continuamos co libriño. Lemos un ou dous contos diarios dependendo do longos que sexan.
2. Actividades de matemáticas.
3. Actividades de “lengua castellana”.
Ortografía. Palabras con MP y MB.
Actividades de las páginas 140 y 141 del libro de texto (de la nº 1 a la nº 6).
4. Actividades de lingua galega.
Lectura das páxinas 126 e 127, e actividades das páxinas 128 e 129 do libro de texto.
Dous pequenos textos para ler. Despois fai as actividades.
Onde está o ser vivo máis antigo de Galicia?
O ser vivo máis antigo de Galicia é unha árbore. En concreto é a Carballa da Rocha, un carballo
situado na comarca da Limia. O carballo acada 34 metros de altura e a súa copa dá sombra a
unha superficie de máis de 615 metros cadrados.
Non existe ningún estudo que permita datar con exactitude a súa idade, pero a excepcional
árbore tería como mínimo 835 anos. Isto sábese porque en 1984 o ciclón Hortensia derrubou
unha das súas pólas que si puido datarse, dando como mínimo oito séculos de antigüidade. Por
isto para os expertos o carballo ten moitos máis, para moitos arredor dos 1500. A árbore foi
declarada o 1 de marzo do ano 2007 Monumento Natural.
Hai moitos carballos, castiñeiros e teixos en Galicia que poderían ter unha antigüidade
semellante, superior a varios séculos e incluso máis dun milenio. Un deles sería o carballo de
Santiago de Cereixo (Vimianzo).
Os misterios das Illas Sisargas. Capelas, piratas e naufraxios.
As illas Sisargas son un arquipélago situado fronte a Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte.
O arquipélago está formado por tres illas a Sisarga Grande, que acolle un faro e un embarcadoiro,
a illa Sisarga Chica e a illa Malante, situada entre as dúas. Están moi preto da Costa, a menos de
750 m. As illas son un gran refuxio de flora e de aves, mais, a excepción delas e dos fareiros, non
se ten constancia de que nunca estiveran habitadas.
As illas Sisargas son un deses lugares cargados de historia e de lenda da Costa da Morte.
O arquipélago tivo unha ermida dedicada a santa Mariña e pénsase que puidera corresponder
cunhas ruínas que se atopan na Sisarga Grande. Cóntase que puido ser destruída polo corsario
inglés Francis Drake a finais do século XVI, quen, se cadra, podería empregar tamén as illas
como refuxio.
Así, as illas puideron ser santuario mais ademais lugar de recalada de barcos pesqueiros e
piratas. A Sisarga Grande posúe tamén un dos faros máis antigos de Galicia. É o segundo da
Costa da Morte, inaugurado en xuño de 1853, tras o de Fisterra. Cóntase tamén que as illas foron
lugar de grandes e pequenos naufraxios como o do Magnánimo a finais do século XVIII, o francés
Román de Madrians ou o inglés Siddon a finais do XIX e varios pesqueiros galegos a finais do
XX.
1. Sitúa no mapa: a comarca da Limia, Vimianzo, as Illas Sisargas, a Costa da Morte e Fisterra.
2. Busca na internet unha imaxe do Carballo de Cereixo, debúxao e colorea.
3. Seguimos coa busca na internet. Que foi o ciclón Hortensia? Pregunta na túa familia se o
recordan e que che conten algo sobre el.
4. Recordamos sociais. Que é un arquipélago?
5. Busca estas palabras no diccionario e copia a definición que encaixe co texto: datar, teixo,
século, milenio, fareiro e corsario. Se non tes dicionario na casa podes empregar este
https://academia.gal/dicionario
6. Números romanos. Que números son?
XVII, XVIII, XIX, XX
A CORUÑA LUGO
PONTEVEDRA
OURENSE
O NOSO CONCELLO: PERSONAXES RELEVANTES (históricos, ou non)
Seguro que no noso concello viviron (ou viven) algúns personaxes importantes. Buscamos información
en libros, enciclopedias, preguntamos a familiares…. e completamos esta táboa sobre algún dos
personaxes que a ti che parezan máis destacados.
NOME
Cando vivíu?
Por que foi (ou é) importante
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
____________________ ____________________ ____________________ ____________________
________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________ ________________________________
UN POUCO DE ARTE #MUSEONACASA
O Museo de Belas Artes da Coruña, dentro da iniciativa #aculturasegue propónnos unha
actividade chulísima chamada #MUSEONACASA, para todas as idades! e que busca que vos
animedes a recrear unha selección de cadros que nos propoñen. Estas son as indicacións:
1. Escolle unha entre as seguintes nove obras propostas polo museo:
Retrato Herminia Borrell (Elena Olmos Mesa)
Vista de Coruña (Urbano Lugrís González)
Mariscadoras (Luís Seoane)
Costas gallegas (Francisco Lloréns)
La caída de Ícaro (Jacob Peeter Gowy)
Desnudo tumbado (Germán Taibo)
Bodegón (Manuel Colmeiro)
Mariana de Austria (Frans Luycks)
El castigo (Tomás Lucena)
2. Crea e versiona a obra cos materiais e técnicas que ti elixas.
3. Envíaa cos teus datos ao correo mu.belas.artes.difusión@xunta.gal
O prazo remata o 15 de maio!
As obras seleccionadas serán anunciadas o día 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e
subiránse á web oficial do Museo Belas Artes da Coruña.
Subirán algunhas das obras preseleccionadas para que poidades votar as que máis vos gusten.
http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=88&ida=387
Tamén podes facer a actividade e non participar no concurso. Simplemente polo feito de
gozar coa ARTE.
UN POUCO DE EXERCICIO
A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter
a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
É fundamental que nenas e nenos continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os
compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia
muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e
coordinativas.
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun
grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación
semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.
Vídeos que constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos
aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e
dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e
a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que
aprendan xogando e xerarlles estímulo.
Pincha nos enlaces e móvete na casa.
1. Velocidade de reacción -- https://youtu.be/RFIrNBUJwQo
2. Forza e resistencia -- https://youtu.be/_O9e4ji3ol8
3. Iniciación ao ioga -- https://youtu.be/u0vTvMh1I04
Tamén podes ir directamente á páxina da Consellería de Educación premendo no seguinte
enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa
B O A S E M A N A !!
Recommended