View
556
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
A POESÍA GALEGA
DURANTE A DITADURA
XERACIÓN DO 1936PROMOCION DE ENLACE
XERACIÓN DO 50
Uniformización política e lingüística a través da
imposición, a censura e o terror.
Ensino: principal ámbito de
imposición da cultura española.
Nacionalismo galego:
fusilamentos; exilio; fuxidos;
cárcere; silenciados.
Economía: retroceso con
respecto á tímida modernización
iniciada na etapa anterior.
Grandes fluxos migratorios
(237.000 persoas nos 50) a
América Latina e Europa.
GALICIA NO PRINCIPIO DO FRANQUISMO
1954Os colectivos de
emigrantes en América denuncian ante a UNESCO
a marxinación e persecución do idioma
galego.
POESÍA A PARTIR DE 1947 (LENTO PROCESO DE RECUPERACIÓN)
Cómaros verdes (1947), de Aquilino
Iglesia Alvariño.
1950. GALAXIA
TENDENCIAS DA POESÍA DE
POSGUERRA
INTIMISTA ANOS
50
SOCIAL-
REALISTAANOS 60
Ademais, hai outras
tendencias menores:
NEOTROBADORISMO
HILOZOÍSMO
XERACIÓN DO 36
PROMOCIÓN DE
ENLACE
Non hai unha sucesión
“normal” de xeracións
poéticas. Tres xeracións
simultáneas porque entre 1939 e 1947 a
literatura galega é un
ermo.
XERACIÓN DOS
50
Nacen entre
1910 e 1920
É a xeración que serve de ponte entre a literatura de preguerra
e os autores máis novos.
A guerra civil marca a súa vida e
obra.
XERACIÓN DO 36
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-1961)
Publicou unha colección de sonetos de gran perfección
formal titulada Señardá (1930) na que se observa a
influencia do saudosismo, do simbolismo e do
modernismo
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
De día a día Lanza de
soledá.Nenias
Paisaxe humanizada (Hilozoísmo)
Temas: soidade, paso do tempo
e morte
CÓMAROS VERDES En Cómaros verdes
(1947) abandona a rima e a paisaxe é o elemento temático máis importante, ás veces como pretexto para expresar a intimidade do poeta. Ademais contén poemas hilozoístas e neotrobadorescos, así como outros que amosan a influencia do surrealismo, de Lorca e da Xeración do 27.
-Riqueza léxica-Paisaxe e vivir aldeán.- Abandono da rima.
XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Nimbos
“Penélope” (frustración histórica da sociedade
galega). “Un paso adiante e outro atrás, Galicia”.
A preocupación por Galicia vai parella á resolución dos problemas básicos do ser:
morte, tempo e vida. Virxilianismo: lírica de estilo
clasicista e de contido existencial e relixioso.
LUÍS PIMENTEL
Autor da xeración do 22, formaba parte da xeración
das vangardas, pero publica as súas obras na posguerra. Participou nas
iniciativas máis renovadoras da década de
1920, como a revista poética «Ronsel» (1924)
Busca a sinxeleza expresiva, pero tentando
captar a beleza das pequenas cousas.
LUÍS PIMENTEL
Obras publicadas na posguerra : Triscos, 1950
e Sombra de aire na herba, 1959)
Lirismo intimista intenso e persoal (simbiose con
Lugo, presenza de obxectos e instantes íntimos, descrición de interiores suntuosos)
Poesía social: “Cunetas”
Visión pesimista da vida.
ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)
A súa obra poética iniciouse con Mar ao norte (1932),
poemario de corte vangardista e
temática marítima, próximo
á poesía de Manuel Antonio. É un conxunto de breves poemas
bastante abstractos e non sempre de doada
interpretación.
ÁLVARO CUNQUEIRO
En Poemas do si e non (1933)
continúa a liña vangardista,
abordando agora a temática erótica.
Tende á abstracción e
amosa a influencia do surrealismo
ÁLVARO CUNQUEIRO
En Cantiga nova que se chama ribeira (1933) achamos o seu
contributo á poesía neotrobadoresca, así como a
influencia da poesía popular de Lorca e Alberti. Tamén se sitúa dentro do neotrobadorismo o seu primeiro libro de poemas da posguerra, titulado Dona
de corpo delgado (1950), aínda que algúns poemas
presaxian a súa evolución cara a unha poesía máis íntima e
orixinal
ÁLVARO CUNQUEIRO
O libro Herba aquí e acolá (1980) recolle a poesía das derradeiras décadas da súa vida. Algúns poemas inspíranse nos materiais que Cunqueiro recompilaba para escribir os seus relatos. A obra ten un marcado carácter culturalista e estrutúrase en dúas partes, tituladas “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. Na primeira parte recrea personaxes históricos e literarios como Edipo e Ulises. Na segunda encontramos versos tristes e melancólicos, escritos cando xa presentía a morte.
CELSO EMILIO FERREIRONace en Celanova en 1913 e morre
en Vigo en 1979.Desenvolveu unha grande
actividade cultural e política.Durante a Guerra Civil estivo
condenado a morte.É o máximo representante da
poesía social de ideoloxía marxista. Os seus equivalentes na poesía en lingua castelá foron Gabriel Celaya e Blas de Otero. Porén, non todo é realismo social na súa obra, dado que tamén mostra a influencia da poesía paisaxística e intimista e
mais do existencialismo.
Celso Emilio Ferreiro Liña social:
denunciadora de males sociais como a falta de
liberdade, fascismo, guerra… defensa do
idioma. A voz lírica é portavoz
da sociedade. Liña intimista:
desacougo existencial, infancia, amor, paso do
tempo. Liña irónica: segue as
cantigas de escarnio e maldicir, a lit. quevediana…
LONGA NOITE DE PEDRA-1962 (poética do compromiso)
O poeta convértese na voz do pobo para denunciar a situación de Galicia, a
emigración, a guerra civil, o capitalismo internacional, o
imperialismo norteamericano…Sinxeleza expresiva, onde
importa máis a mensaxe que a forma.
Renovación da linguaxe con rexistros da fala cotiá.
Humor, ironía e sarcasmo
O SOÑO SULAGADO (1954)
Poesía introspectiva ( o sentido da vida, o
tempus fugit, o paraíso perdido da infancia, o
amor…)
Poesía social (guerra, emigración vista desde unha óptica positiva e
negativa, rural/urbano…)
ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA- 1975
Poesía intimista coa que volve ás orixes (O soño sulagado)
Nostalxia ante o recordo da infancia e a terra.
Serenidade ante o paso do tempo e a cercanía da morte.
Amor a Moraima. “Moraima: diario de a bordo”.
POESÍA SATÍRICA
Viaxe ao país dos ananos (1968).
Ataque aos dirixentes da “Hermandad
Gallega” de Caracas.Cantigas de
escarnio e maldicir.Antipoemas (1972).
Antipoesía: fuxir dos recursos e temas
tradicionais.
PROMOCIÓN DE ENLACE
Nados entre 1920-1930. Fórmanse culturalmente baixo a
opresión da ditadura Predomina neles unha poesía
intimista.
ANTÓN TOVAR
Arredores -1962Poesía con moitas
preocupacións relixiosas (procura dun deus que o poeta non
consegue ver)A partir dos anos 60,
poesía social.
LUZ POZO
Poesía chea de luz, optimismo, amor e
sensualidade (O paxaro na boca-
1952)Lirismo presidido pola sombra, o
desamor, a angustia e a morte (Verbas derradeiras-1976)Tamén cultivará a
poesía social, pero en menor medida.
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS, XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA TEBRA
Nados entre 1930 e 1940. Non viviron directamente a guerra civil. Recuperan o compromiso político na
clandestinidade. Participan nas denominadas “Festas
Minervais” (1953-1964).Poesía existencialista -ESCOLA DA
TEBRA-. Conflito do individuo consigo mesmo e coa vida. Poesía de preocupación relixiosa.
Renovación da linguaxe poética (combina tradición e vangarda con influencias europeas e norteamericanas).
CUÑA NOVÁS
Fabulario novo (1952)
Exploración do EU fronte ao mundo problemático
Encádrase dentro d’ A escola da Tebra, de carácter existencialista, que reflicte o pesimismo, a anguria e a
desesperanza da posguerra.
MANUEL MARÍA Poesía intimista e desacougado( Muiñeira de brétemas- 1952)
Paisaxismo (Terra Cha- 1954)
Social (Documentos persoaes-1958)
Motivos recorrentes: defensa das clases
populares, a lingua e o país, sensibilidade ecoloxista, protesto contra as inxustizas,
imperialismo…
UXÍO NOVONEYRA Poesía dialogante coa paisaxe
coureliana (metonimia de Galicia enteira), onde hai
unha comuñón coa mesma.
Os eidos- 1955
Composicións breves
Fonosimbolismo (“o lobo!, os ollos o lombo do lobo!”)
Disposición dos versos.
XOHANA TORRES
Do sulco -1959 Poemario
intimista Amor, morte e
soidade Ritmo e musicalidade
Outros títulos: Estacións ao
mar- 1980
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
O tempo no espello, 1980,recompila trinta
anos de poesía.Sentimento de saudade
pola patria, sentida desde Colombia.
Cantos caucanos -1985 (natureza exótica
colombiana), As torres no ar, 1989
BERNARDINO GRAÑA
Profecía do mar. Poeta do mar
Mar e vida mariñeira.
Visión optimista da vida.
Tema do amor.
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
Autor clave na evolución da
literatura galega contemporánea.
Voce na néboa: literatura existencial Pseudónimo de
Heriberto Bens: poesía sociopolítica Con pólvora e
magnolias: culturalismo
Recommended