View
46
Download
9
Category
Preview:
DESCRIPTION
A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO. Traballando en prol dunha educación de calidade. QUE É A UNESCO?. - PowerPoint PPT Presentation
Citation preview
A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO
Traballando en prol dunha educación de calidade.
QUE É A UNESCO?
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura é un organismo intergubernamental que conta con 189 Estados membros e é unha das axencias especializadas do sistema das Nacións Unidas.
Dende a súa creación a UNESCO ten como obxectivo “contribuir á paz e á seguridade, estreitando, por mor da educación, a ciencia e a cultura, a colaboración entre as nacións co fin de asegurar o respecto universal pola xustiza, a lei, os dereitos humanos e as liberdades fundamentais”.
Constitución da UNESCO
QUE SON AS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO?
As Escolas Asociadas, forman unha rede de escolas determinadas a promover e impartir unha educación de calidade en prol da paz, a liberdade, a xustiza e o desenvolvemento humán, co fin de dar respostas ás necesidades educativas dos escolares de todo o mundo.
O seu logo simboliza: un libro aberto (educación) que evoca as alas dunha pomba (paz) e o globo terrestre (diálogo intercultural).
AS ESCOLAS DA REDE-PEA SON “NAVEGANTES PARA A PAZ” E AXENTES
DE CAMBIO POSITIVO.
Son un medio para conseguir unha Educación para Todos (EPT), tal e como se concebiu nos seis obxectivos do Foro Mundial sobre Educación (Dakar, 2000).
Contribúen á consecución dos obxectivos de desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas e á execución das estratexias e programas da UNESCO en materia de educación, ciencia, cultura e comunicación.
Serven de laboratorios na procura de plantexamentos innovadores para unha educación de calidade para todas e todos.
CALES SON AS SÚAS METAS? 1
Mellorar o contido da educación, os materiais educativos e os seus enfoques nos catro temas principais de estudo:
A Paz, os Dereitos Humanos e a democracia.
Patrimonio e creatividade
A aprendizaxe intercultural.
As cuestións relativas ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible.
CALES SON AS SÚAS METAS? 2
Promover a participación das escolas en proxectos faro e piloto reforzando os catro pilares da educación para o século XXI:
Aprender a coñecer.
Aprender a facer.
Aprender a ser.
Aprender a vivir xuntos.
CALES SON AS SÚAS METAS? 3
Involucrar ás escolas en acordos especiais coa UNESCO e o sistema das Nacións Unidas para beneficiarse dos seus recursos.
“VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO MUNDO”
PRIORIDADES DAS ESCOLAS ASOCIADAS
Marco de Acción de Dakar 2000 “Educación para Todos” (EPT) Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM)
O Decenio das Nacións Unidas da educación con miras ao desenvolvemento sostible (2005-2014)
O Decenio Internacional da Cultura de Paz e Non-Violencia a favor dos nenos e nenas do mundo (2001-2010)
A Campaña “Todos iguais na diversidade”: mobilizar as escolas contra o racismo, a discriminación e a exclusión. (2005-2010)
PERFIL DUNHA ESCOLA ASOCIADA
Misión ética
Enfoque interdisciplinario e transversal
Centros piloto
Metodoloxía baseada na participación activa e na dimensión socioafectiva.
Desenvolver novos roles do educador/a
QUE OFRECE A REDE-PEA AOS ESTUDANTES, MESTRES E ESCOLAS
Novas oportunidades de mellorar os contidos da educación, o desenvolvemento de métodos de ensinanza participativos e materiais pedagóxicos innovadores.
Desenvolvemento profesional e alta motivación nos e nas docentes.
Adquisición de destrezas na dirección e resolución de problemas e a posibilidade de traballar en proxectos faro.
Contribuir ás reformas nacionais e á renovación dos sistemas educativos.
Posibilidade de compartir experiencias con escolas de todo o mundo e establecer irmanamentos e acordos de cooperación con outras escolas asociadas.
ALGÚNS MATERIAIS DESENVOLVIDOS POLA REDE-PEA
De carácter interdisciplinar e orientado a secundaria, recolle moitos aspectos da educación da xuventude na
conservación do Patrimonio Mundial dende o plano legal (convencións) ás perspectivas sociais, culturais e
históricas.
www.unesco.org/whc
O “Maletín da Paz”para mestres de primaria, recolle actividades, carteis, tarxetas, publicacións, un libro de Gandhi para colorear, un video de debuxos sobre a paz e a non-violencia feito por nenos e nenas do
mundo.
www.unesco.org/education/peace_pack_sp.shtml
www.unesco.org/asp/cartoons/clack.shtml
PROXECTOS FARO
“O PATRIMONIO NAS MANS DAS E DOS XÓVENES”, proxecto internacional para a promoción e
preservación do Patrimonio cultural, intanxible e natural.
www.unesco.org/education/asp/flagship/whe.shtml
“ TIME PROJECT” proxecto anual de 24 horas no que participan en Rede escolas de todo o mundo e que se
celebra o 16 de novembro “Día Internacional para a tolerancia”. É un foro de debate dos principais problemas
mundiais para alumnado de secundaria.
www.unesco.org/education/flagship/time_project.shtml
PROXECTOS FARO
“TRATA TRANSATLÁNTICA DE ESCRAVOS”(TST), é un traballo en rede triangular das escolas de África, Europa, América e o Caribe coa finalidade de coñecer o tráfico de escravos, as súas causas e consecuencias asemade as
novas formas de escravitude.
www.unesco.org/education/asp/flagship/tst.shtml
“CAMPAÑA: TODOS IGUAIS NA DIVERSIDADE”, pretende mobilizar ás escolas contra o racismo, a
xenofobia e a exclusión.
www.unesco.org/education/asp/flahship/tst.shtml
PROXECTOS FARO
“XÓVENES POLO CAMBIO” co obxectivo de cambiar os nosos ineficientes patróns por outros máis dacordo co
desenvolvemento sostible.
www.youthxchange.net
“PROXECTO MEDITERRÁNEO OCCIDENTAL”, estudia o patrimonio natural e cultural das xentes do Mediterráneo facendo fincapé no diálogo Euro-
Árabe.
www.unesco.org/education
PROXECTOS GALEGOS
“PROXECTO ATLÁNTICO” coa finalidade de estudar o patrimonio natural e cultural,
sensibilizar sobre os problemas medioambientais e crear unha ponte de unión entre os pobos
atlánticos.
O “PATRIMONIO INMATERIAL COMÚN A GALIZA E PORTUGAL”, coa finalidade de recoller, preservar e
transmitir ás novas xeracións o patrimonio inmaterial que conforma a identidade común aos dos pobos.
www.opatrimonio.org
PROXECTOS GALEGOS
“CAMIÑOS DE IDA E VOLTA” pretende recuperar a memoria da emigración galega a
Cuba e Arxentina ao través da historia familiar e axudar aos estudantes a superar o sentimento
de desarraigo .
SIGNOS INTERNACIONAIS- YOGOTE, o multilingüismo nas túas mans, busca favorecer o intercambio entre os estudantes de
todos os países e axudar a aprendizaxe de linguas estranxeiras.
www.yogote.org
ESCOLAS GALEGAS DA REDE-PEA
CEIP “Illa Verde” – Lugo
CEIP “Praia Xardín” – Boriro – A Coruña
EEI “Os Campos” – Monteporreiro – Pontevedra
CEP “Marcos da Portela” – Monteporreiro – Pontevedra
IES “Luis Seoane” – Monteporreiro – Pontevedra
CEIP “Cabanas” – Salcedo – Pontevedra
Conservatorio “Manuel Quiroga” – Pontevedra
CEIP “Campolongo” – Pontevedra
CEIP “Froebel” – Pontevedra
Ceip “Manuel Vidal Portela” - Pontevedra
ESCOLAS GALEGAS DA REDE PEA
IES “Pontecaldelas” – Pontecaldelas – Pontevedra
IES “Illa de Ons” – Bueu – Pontevedra
CEIP “Conmeniño” – O Grove – Pontevedra
IES “Pedra da Auga” – Ponteareas – Pontevedra
IES “Pazo da Mercé” – As Neves – Pontevedra
CEIP “Luis Manuel Acuña” - Ourense
COMO UNIRSE Á REDE-PEA
CORDINADORA GALEGA: Luisa Márquez Rodríguez e.mail: lmarquez@edu.xunta.es Tel: 986 85 78 60 Fax: 986 86 43 22
COORDINADORA ESTATAL: Rufina Moreno CañizaresCentro UNESCO de AndalucíaFacultad de Ciencias de la EducaciónEdificio Aulario 122Campus Universitario de la Cartuja18071 Granadae.mail: rufinamster@gmail.com
UNESCO- REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS-SECTOR EDUCACIÓN 7, Place de Fontenoy, 75352 París 07 SP-France Tel: + 33 1 45 68 10 80 Fax: + 33 1 45 68 56 39 e.mail: aspnet@unesco.org
Recommended