ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA. · ILLA DE LA PALMA. Este ano viaxamos á...

Preview:

Citation preview

ACTIVIDADE SENDEIRISMO ESPECIAL VERÁN. ILLA DE LA PALMA.

Este ano viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo.

Datas: do 22 ao 28 de xullo de 2014.

Hora e lugar de saída: 07:30, no aeroporto de Santiago.

Hora de chegada: 23:40 aprox. No aeroporto de Santiago

Aloxamento: Hacienda San Jorge, en Los Cancajos, en réxime de media pensión.

CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA:

Imos facer unha actividade de sendeirismo durante varios días así que é importante estar acostumado a camiñar.

As rutas en xeral son de dificultade media, e transcorren en zonas de montaña.

Compre levar calzado e vestimenta axeitada para facer sendeirismo.

Dada a situación xeográfica da illa e as características meteorolóxicas da mesma é moi importante a protección solar

A orde en que realizaremos as rutas dependerá das previsións meteorolóxicas, xa que algunha das rutas, baixo condicións meteorolóxicas adversas pode ser complicada.

Non é obrigatorio facer tódalas rutas, podedes quedar descansando en Los Cancajos algún día, ou facer outra cousa, pero será baixo a vosa responsabilidade.

A programación pode sufrir cambios ou variacións.

No hotel estaremos en réxime de media pensión, así que tendes que levar a comida para as rutas. En Los Cancajos hai algún pequeno supermercado onde poder mercar comida para as rutas.

En todo momento debemos seguir as indicacións dos monitores.

www.facebook.com/fundacionuscdeportiva

www.facebook.com/natureza.fundacionuscdeportiva

@USCdeportiva

As actividades que faremos:

1. El Cubo de La Galga

Para facer este sendeiro temos que desprazarnos á parte norte da illa, que é a máis húmida e a que rexistra unha

maior cantidade de precipitacións. Isto fai que toda esta zona teña unha abondosa vexetación. Durante o

percorrido podemos ver unha excelente mostra de bosque de laurisilva. Os camiños en xeral son bos (pistas e

sendeiros). Pode haber algún punto esvaradío. Comeza no fondo dun barranco e nos leva ata a parte alta, onde

hai un fermoso miradoiro, deste xeito gozamos do bosque dende dentro e dende fora. Logo só nos queda

regresar ao comezo da senda

Ao rematar a ruta desprazarémonos no bus para ver a zona arqueolóxica das covas do barranco de San Juan, e

unha vez visitadas, iremos as piscinas naturais El Charco Azul, onde poderemos darnos un baño e tomar un

refrixerio. A media tarde regresaremos ao noso hotel.

Lonxitude: 9 km Dificultade: media Desnivel: medio

Laurisilva

O bosque de laurisilva

As piscinas naturais

Perfil Cubo de la Galga

Mapa Cubo de la Galga

2. Pico Bejenado.

Nesta xornada nos acercaremos á parte leste da illa para achegarnos á Caldera de Taburiente polo sur.

Comezamos a ruta na Cumbrecita, miradoiro marabilloso onde nos deixará o bus. Aquí comezamos a camiñar

facendo primeiro a Ruta dos Miradores e logo o ascenso ao pico Bejenado. Os dous percorridos nos permiten

facernos unha idea de como é a Caldera de Taburiente dende o punto de vista xeográfico. A ruta ten un alto

interese natural e paisaxístico. Os camiños son bos en xeral, e pode haber algún punto concreto que sexa un

pouco vertixinoso. Ao rematar a andaina visitaremos o centro de visitantes do parque nacional.

Lonxitude: 12 km Dificultade: media Desnivel: medio

Subindo ao Bejenado. Vistas da Caldera

Camiño de subida ao Bejenado.

Chegando ao Bejenado

Perfil Pico Bejenado

Mapa Pico Bejenado.

3. Ruta do Volcán san Antonio e salinas de Fuencaliente.

Desprazámonos no autobús ao sur da illa, para visitar o centro de interpretación do Volcán San Antonio. Logo da

visita faremos un percorrido que nos leva case todo o tempo en descenso ata as salinas de Fuencaliente, sitio

declarado de interese científico nacional. A ruta non ten dificultades e o camiño é moi bo. A paisaxe é totalmente

volcánica.

A metade de camiño haberá opción de acadar o cumio do volcán Teneguía. O percorrido é curto, pero aumenta a

dificultade xa que hai que axudarse coas mans nalgúns puntos que son vertixinosos.

A visita ao centro de interpretación ten un custe que debe aboar cada participante alí mesmo (5euros)

Pola tarde faremos unha visita á bodega Teneguía, con cata de viños. Ten un custe de 5 euros, que aboará cada

participante alí.

Lonxitude da ruta: 9 km. Desnivel: medio (de baixada) Dificultade: baixa-media

Vista da costa dende o volcán san Antonio.

Baixando cara o volcán Teneguía.

Chegando a Fuencaliente.

Perfil da ruta do Volcán san Antonio a Fuencaliente.

Mapa da ruta do volcán san Antonio e Fuencaliente

4. Ruta de Los Volcanes.

A espectacularidade desta ruta e a beleza das súas paisaxes fan que sexa unha das máis coñecidas da illa.

É un percorrido longo, por zonas volcánicas, aínda que ao comezo atopamos zonas verdes, con bosques de

piñeiros e brezos de gran porte. A maior dificultade da ruta é o desnivel de baixada que é moi longo, aínda que o

trazado e o estado do camiño facilitan a labor.

Na parte última da ruta tamén son salientables os piñeirais.

Ten a ruta un altísimo interese natural e paisaxístico.

Lonxitude da ruta: 18 km. Desnivel: medio-alto (de baixada) Dificultade: media.

Zona volcánica

Camiño moi cómodo en moitos puntos

Máis zonas volcánicas

Perfil ruta de Los Volcanes

Mapa ruta de Los Volcanes

5. Roque de Los Muchachos. Pico de Las Nieves.

Esta xornada acadaremos o punto máis alto da illa, o Roque de los Muchachos (2421m), que é onde nos deixa o

bus e comeza a ruta. O percorrido vai todo o rato polo límite superior da Caldera de Taburiente entre paisaxes

rochosas e abraiantes. A ruta vai pola cresta da Caldera, por un terreo rompepernas acadando diferentes cumios

da mesma. Ten un alto interese natural, paisaxístico e xeolóxico

Tendo en conta que durmimos tódolos días ao nivel do mar, e acadamos a cota máis alta en autobús en menos de

dúas horas, é probable que sintamos levemente os efectos da altura. Durante a xornada anterior os monitores

explicarán os motivos do mal de altura e como previlos. Non ten que ser preocupante xa que a altura non é

desmesurada, pero si é preciso ter certas nocións sobre o tema.

Lonxitude da ruta: 13 km. Desnivel: medio (de baixada) Dificultade: media.

No límite superior da Caldera, co Bejenado ao fondo.

Curiosa e enorme formación rochosa.

As zonas altas reteñen as nubes, que fan curiosos remuíños.

Perfil Roque de los Muchachos. Pico de las Nieves

Mapa Roque de los Muchachos. Pico de las Nieves

INFORMACIÓN MÉTODO M.I.D.E.

Qué é o M.I.D.E.?

O MIDE é un método para valorar a dificultade e o compromiso das excursións, creando una escala de graduación

das dificultades físicas e técnicas dos percorridos. (a escala vai de 1 a 5).

Podedes atopar máis información do MIDE nesta web: www.montanasegura.com/?cat=24