View
225
Download
3
Category
Preview:
DESCRIPTION
Certame intercentros Sanxenxo 2012
Citation preview
VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12
VIII CERTAME LITERARIO IES SANXENXO
Nacín para escribir. A palabra é o meu dominio sobr e o mundo. Clarice Lispector
Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a
través da Biblioteca do centro, convoca o VIII CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes
bases:
Primeira. Participantes e categorías
A Terceiro ciclo de Primaria C Segundo ciclo de Secundaria
B Primeiro ciclo de Secundaria D Bacharelato
Segunda. Fases do certame
1ª. Fase de selección : realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por
categorías antes do 8 de marzo ao enderezo electrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com
O alumnado participante inscribirase na Biblioteca do seu centro antes da data sinalada, ao
mesmo tempo que entregará nun folio unha palabra para contaxiar a risa, ou para tremer de
medo, para namorar, vender nas rebaixas, bailar baixo a chuvia ou viaxar… argumentando a súa
elección en cinco liñas mínimo. Unha copia do seu escrito quedará gardada en formato dixital na
biblioteca do seu centro para a súa posible publicación impresa xunto cos textos gañadores.
2º. Fase de realización . Terá lugar no IES Sanxenxo o VENRES 23 MARZO de 10 h. á 12 h.
Terceira. Características do texto de redacción
Tema: será elixido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización.
Lingua : galega ou castelá.
Modalidade : prosa ou verso.
Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a
bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da
categoría como única identificación para garantir o anonimato.
VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12
Cuarta: Premios Establécense dous premios por categoría:
� PRIMEIRO PREMIO: 100 €
� SEGUNDO PREMIO: 50 €
Os premios consistirán nun talón económico cambiable nas librerías do concello de Sanxenxo.
A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.
Quinta. Xurado
A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que
delegue e como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto convocante. O
xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores da área de
linguas, arte e humanidades e ex-alumnos premiados en edicións anteriores.
As súas deliberacións serán secretas e a súa decisión inapelable, da que se redactará a acta
correspondente.
Sexta. Traballos seleccionados
Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do
centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación.
Sétima. Aceptación das bases
A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O
incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descualificación. Estas bases
poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.
Máis información : http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/
Teléfono: 986 724 108
Enderezos electrónicos : ies.sanxenxo@edu.xunta.es
biblio tecaiessanxenxo81@gmail.com
Sanxenxo, 16 de xaneiro de 2012
Recommended