View
20
Download
1
Category
Preview:
DESCRIPTION
Resumen da intervención arqueolóxica realizada no nª 19 da Rúa do Vila de Santiago de Compostela
Citation preview
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
1
ÍNDICE
1.- FICHA TÉCNICA ________________________________________________________________________ 2
2.- INTRODUCCIÓN ________________________________________________________________________ 3
2.1.- EVOLUCIÓN URBANÍSTICA DA RÚA DO VILAR_________________________________________________ 3
2.1.- O SOLAR Nº 19________________________________________________________________________ 6
3.- VALORACIÓN PRELIMINAR_____________________________________________________________ 7
3.1.- PRIMEIRA FASE DE CONSTRUCCIÓN ________________________________________________________ 7
3.2.- SEGUNDA FASE DE CONSTRUCCIÓN ________________________________________________________ 8
3.3.- FASE DE CONSTRUCCIÓN DO POZO E SISTEMAS AUXILIARES DE DRENAXE __________________________ 10
3.4.- FASES DE CONSTRUCCIÓN DA ACTUAL EDIFICACIÓN __________________________________________ 11
3.5.- A CONSTRUCCIÓN DA CANALIZACIÓN CENTRAL______________________________________________ 12
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
2
1.- FICHA TÉCNICA
Nome do proxecto: Intervención arqueolóxica no edificio nº 19 da Rúa
do Vilar, (Santiago de Compostela, A Coruña)
Promotor: Fundación Caixa Galicia
Código do Proxecto: CJ 102A 2000/025-0
Tipo de actuación: Sondaxes arqueolóxicas.
Arqueóloga directora: Mª José Bóveda Fernández.
Equipo técnico: Paz Blanco Sanmartín
Narciso Herrerros Cleret de Langavant.
Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez
Tempo de execución: 4 semanas
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
3
2.- INTRODUCCIÓN
2.1.- EVOLUCIÓN URBANÍSTICA DA RÚA DO VILAR
Na Idade Media Santiago de Compostela era unha pequena poboación nacida entorno ao
“recén descuberto” sepulcro do Apóstolo Santiago, a principal aglomeración estaba
disposta en torno ao sepulcro e estaba pechada por un muro ou cercado. Como
consecuencia da saturación do espacio interior deste primeiro recinto instaláronse vivendas
nos alrededores. Estas edificacións respetaban os eixes básicos suxeridos polo trazado das
vellas vías que ían cara o antigo castro.
Durante o episcopado do bispo Sisnando I (880-920) prodúcese a primeira etapa de
expansión protourbana. Así, cara mediados do século X debían existir algúns vici
suburbiais dunha certa magnitude entre os que se atopaba o Vilar. Durante o episcopado
do bispo Cresconio (1037-1066) reconstrúese a muralla de Sisnando II e levántase outra
nova para reforzar o foxo exterior, quedando no interior da cidade as, ata o momento,
extensións urbanas de Lovío, Pinario e o Vilar.
No século XIII, coa terminación da Catedral, refórzase a ruta de peregrinación cara
Compostela e favorécese a instalación de conventos de ordes mendicantes, creando novos
polos de atracción urbana que definen a estructura básica da cidade situada extramuros.
Paralelamente a esta expansión suburbial desenvólvese e diversifícase a estructura da
cidade burguesa, coas súas organizacións gremiais e as súas rúas clasificadas por oficios.
Este crecemento expansivo afectará positivamente á Rúa do Vilar, canal natural de unión
entre a zona da catedral e a Porta Faxeira. Ata esta entrada chegaban diferentes productos
de consumo, reflexando a súa función canalizadora e controladora a efectos fiscais da
entrada de productos na urbe, representando xunto coa Porta Francesa (Porta do Camiño)
as portas de maior tráfico. A rúa do Vilar canalizaba cara ao centro urbano os productos e
mercancías que chegaban embarcados polo porto de Pontecesures, así como o pescado
procedente da zona de Noia, conducíndoos cara a praza do mercado, que se localizaba nas
proximidades da fachada de Praterías.
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
4
O camiño de Padrón, que entraba pola Porta Faxeira e continuaba pola rúa do Vilar cara a
Catedral, constituía un dos grandes eixes que centraban a circulación e a actividade na
cidade. Do mesmo modo, era unha zona de localización preferente de establecementos
dedicados a actividades comerciais e artesanais. Entre os séculos XI-XIII a carnicería
estaba localizada nesta rúa do Vilar, con un número limitado de postos ou mesas, polo seu
uso o dono tiña que pagar unha renda á autoridade señorial. Posiblemente as casas desta
época presentaban un só piso, cunha planta baixa que se usaba frecuentemente como tenda.
Pese a grande actividade constructiva que se desenvolve no recinto intramuros sempre
quedaba solo non urbanizado no interior da cidade, estas son zonas dedicadas a actividades
propiamente rurais, espacios non construídos, reservados para o cultivo. A grande maioría
das casas tiñan na súa parte posterior unha pequena horta, un pequeno galiñeiro ou unha
cuadra.
No século XIV desaparece a
coñecida como Rúa da
Balconada, parece que este
espacio situado entre as rúas Vilar
e Nova pasa a converterse nunha
maraña de patios e construccións
auxiliares que parecen prolongar
ata a actualidade o deseño dos
espacios traseiros das casas da
Idade Media.
Ao comezo da época
renacentista, no século XVI, Compostela era unha cidade medieval densamente poboada
no interior da muralla e rodeada por suburbios crecidos alrededor dos conventos situados
extramuros. Cara metade do século estábase creando un novo sistema de espacios e
edificios públicos en torno á catedral, xunto á aparición da institución universitaria.
Na época barroca introdúcese o concepto de “teatralidade” no urbanismo, convertendo a
Compostela nun escenario continuo, articulando de forma dinámica os espacios públicos
da cidade. Pero a escena urbana sigue respondendo a criterios constructivos de herdanza
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
5
medieval, con abundancia de estructuras e solos de madeira, vós dos pisos superiores sobre
a rúa que reducían a entrada de luz e aire, e con irregularidades nas aliñacións que
producían estreitamentos e dificultaban a circulación.
Coas Ordenanzas de Policía Urbana da Cidade de Santiago promulgadas en 1780 comeza
un novo ciclo de intervención sobre a estructura urbana da cidade. Aínda que se conserva a
estructura parcelaria definida por grosos muros de mampostería que forman as paredes
medianeiras, suprímense os corpos voados sobre a rúa, e se eliminan algúns soportais, ao
tempo que se aumenta a altura das vivendas e se regularizan os vanos.
No urbanismo do século XIX téñense que destacar varios feitos que marcarán o ritmo da
urbanización. Un é o progreso técnico reflexado na mellora do abastecemento de augas
(tuberías de ferro), o alcantarillado (con tubos subterráneos que levaban a auga a cuberto
ata as aforas da cidade) e o alumeado do gas (en 1874). Comézase a urbanizar con orden,
tíranse os soportais, as murallas e todo o que poda obstaculizar a liberdade de
construcción. O desexo de enfeitar a cidade maniféstase no afán de conservar os edificios
en estado decoroso, mandando reconstruír as fachadas das casas ruinosas e establecendo
nas rúas un novo aliñamento.
Unha grande parte dos soportais desaparecen neste século, conseguíndose así o
ensanchamento das rúas. En 1866 prohíbese a reedificación de casas nas zonas nas que
deben desaparecer os soportais. Na Rúa do Vilar a aliñación vaise ver marcada pola liña
que se traza entre as fachadas da casa do Deán e o Pazo de Bendaña. Pese a todo este
esforzo “modernizador” algúns dos soportais permanecerán gracias ao seu bo estado de
conservación.
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
6
2.1.- O SOLAR Nº 19
O edificio que orixina este informe está incluído no Catálogo de Protección del
Patrimonio Construído de Interese Cultural do Concello de Santiago, dentro dos casos de
protección integral. Está situado na rúa do Vilar, unha das arterias principais do casco
vello de Santiago; emprazada sobre unha pequena chaira, que contrasta coa brusca
pendente situada ao norleste e que marca a subida ao antigo castro.
A Rúa do Vilar está construída sobre un antigo val, coñecido na documentación medieval
como “Vallis Milvorum” (Val dos Miñatos). Esta pequena zona húmida conformaba un
pequeno rechán que precede á forte caída que descende ao val do río Sarela, e que resulta,
polo seu inmellorable emprazamento unha excelente zona de paso cara a área na que se
sitúa a catedral.
A finais do século XIX o arquitecto Manuel Pereiro será o artífice de diferentes
remodelacións na rúa do Vilar, como por exemplo a nova aliñación dos números impares,
coa conseguinte desaparición dos soportais existentes. En 1895, por encargo de Ramón
García Mouriño, Pereiro realiza unha importante reforma no edificio número 19.
Modifica a fachada e cambia todos os vanos, dando tamén máis altura a portas e fiestras,
colocando balcóns e construíndo dous miradores-galería no segundo piso. Uns anos máis
tarde aumentará a altura do edificio cun terceiro corpo.
Os traballos arqueolóxicos realizados permiten determinar a existencia neste solar dun
nivel arqueolóxico, aparentemente distribuído pola totalidade do baixo, e cunha especial
potencia no sector máis próximo á fachada, sector que coincide co punto máis baixo na
inclinación natural do terreo, e polo tanto coa zona de maior sedimentación natural.
Pasamos a describir dunha forma sintética as conclusións obtidas dos traballos
arqueolóxicos realizados, a espera de concluír o estudio dos materiais localizados e da
estratigrafía, que permitirán un mellor coñecemento dos niveles e unha máis completa
comprensión das estructuras localizadas.
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
7
3.- VALORACIÓN PRELIMINAR
En base aos datos obtidos tanto na documentación histórica consultada como durante a
escavación, podemos falar da existencia no solar de diferentes fases de edificación. Estas
fases foron creando unha serie de estructuras que en planta están superpostas as unhas ás
outras, aínda que moitas delas semellan ter convivido en altura, formando, antes da
reforma levada a cabo por Manuel Pereiro en 1895, un edificio de grande complexidade.
Este edificio está descrito nun documento de 1843 como unha grande casa de dous pisos,
cunha fachada de 12 vanos e cun baixo composto por un amplo xardín, un patio, un portal,
tres escaleiras de acceso aos pisos superiores así como diferentes cuadras, alpendres e
despensas. A primeira referencia que temos sobre as construccións que había neste solar é
a que existe nun documento de aforo de 1401. Neste documento o Cabildo Compostelano
arrenda (afora) unha casa, que pola súa situación está situada no sector sur do actual nº 19,
a un particular.
No actual estado dos nosos coñecementos só podemos valorar de xeito superficial as
diferentes estructuras atopadas na escavación, xa que queda por finalizar o estudio dos
materiais e das relacións estratigráficas. En espera de que este estudio clarifique por
completo a escavación podemos adiantar unha serie de conclusións que creemos son
definitivas; deste xeito supoñemos a existencia baixo o
actual edificio de varias fases de edificación moi claras,
que semellan coincidir con diferentes momentos do
desenvolvemento do urbanismo compostelán.
3.1.- PRIMEIRA FASE DE CONSTRUCCIÓN
Podemos constatar a existencia dunha fase medieval de
edificación no solar, esta fase é aparentemente anterior ao
primeiro aforo da vivenda do ano 1401. Esta fase está
marcada pola existencia de dous muros medianeiros, que
parecen indicar a presencia de tres edificios ou parcelas
no espacio que actualmente ocupa este solar.
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
8
Ambos muros medianeiros dispoñeríanse
perpendicularmente ao trazado da antiga rúa; este
feito explica a lixeira inclinación cara ao norleste no
medianeiro sur xa que, tendo en conta a disposición
dos soportais actualmente conservados, a antiga traza
da rúa facía a esta altura unha pronunciada curva cara
o leste.
Asociada a estes edificios
apareceu unha moeda co denominado “diñeiro de Tours”. Este tipo de numismas acuñados
na cidade francesa de Tours foron de uso frecuente en Galicia, especialmente en Santiago
de Compostela durante os séculos XI e XII e XIII, estas moedas
chegaban a Santiago traídas polos pelegríns franceses e
estaban aceptadas como parte do sistema de intercambio local,
deixando de usarse na primeira metade do XIII.
Non podemos ter un coñecemento máis completo dos niveis asociados a estes muros xa
que a humidade que existe nos estratos máis profundos do solar converte, de ante man, en
estéril a escavación arqueolóxica, xa que non se poden distinguir cambios na cor nin na
textura da terra, transformada pola proximidade da auga, nunha espesa capa de barro con
algunha tella e cerámica dispersa.
3.2.- SEGUNDA FASE DE CONSTRUCCIÓN
O medianeiro sur desaparece baixo as formas dun
novo edificio composto por unha grande entrada
en zaguán, quizais un lugar amplo para
estacionar o carro, e que ten o piso de xabre. Este
zaguán está limitado ao norte polo outro
medianeiro, que pasa a converterse nesta
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
9
época nunha cimentación dos novos muros, ao leste por un muro que ten función de
fachada e presenta unha soleira colocada directamente sobre o piso de xabre e un segundo
muro de reforzo que semella ser unha base para unha escaleira de acceso ao piso superior.
Traspasando este primeiro muro existe un
espacio cuberto tamén por un piso de xabre
que se estende ata a zona na que comezan
as estructuras asociadas ao pozo y que está
limitado ao norte polo medianeiro;
descoñecemos canto tempo puido estar en
uso esta zona, nin a súa cronoloxía exacta,
sobre o piso de xabre atopáronse cerámicas que poden adscribirse a un arco cronolóxico
amplo, que abarca dende o século XVI ao
XVIII.
As descricións da casa do século XIX non
falan de ningún zaguán tan amplo, aínda
que falan dunha escaleira nesta zona da
casa, que pode corresponderse co muro de
reforzo. Todas as estructuras poden atribuírse ao momento de agregación das dúas
vivendas, ocorrida nalgún momento aínda non precisado do século XVI.
O muro que existe ao norte do medianeiro ten a mesma situación e dirección que o muro
existente ao sur deste pero non ten outras semellanzas, xa que a factura, tipo de pedras e
argamasa utilizada é moi diferente; ademais mentres que o situado ao sur do medianeiro
está imbricado con este, o do norte non garda relación estructural co medianeiro e está
apoiado, non imbricado,
contra el. As diferencias
entre un lado e outro do
medianeiro son observables
tamén nos depósitos de terra,
aínda que existen similitudes
nos materiais.
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
10
Para explicar esta disimetría entre ambas zonas pode propoñerse a existencia de dúas áreas
moi diferentes no uso dentro desta grande casa, unha área dedicada á vivenda e outra,
localizada ao norte, dedicada a cuadras e alpendres de diverso uso.
3.3.- FASE DE CONSTRUCCIÓN DO POZO E SISTEMAS AUXILIARES DE DRENAXE
Non sabemos con seguridade o momento de construcción do pozo, nin o uso exacto do
depósito de pedra anexo, o que semella claro é que o pozo tivo a suficiente entidade ben
polo seu tamaño ou capacidade como para que na documentación pase a coñecerse a
vivenda como a Casa do Pozo do Cabildo.
As primeiras mencións atopadas ata o momento sobre o pozo son do século XVII, pero
están feitas de tal xeito que suxiren que
esta estructura sempre estivo no interior
da vivenda.
O sistema constructivo do pozo e do
depósito non axudan a dar unha
cronoloxía, xa que este tipo de estructuras
vense usando durante toda a Idade Media
e Moderna e coñécense exemplares moi similares dende Época Grega. Os materiais
asociados, atopados entre o recheo que cega o pozo e o depósito, resultan aínda menos
esclarecedores, xa que son na súa grande parte anacos de vaixelas de época indeterminada
(vidrados, louzas) ou de aparencia
contemporánea (copas de cristal,
porcelanas). O que semella claro é que a
as paredes do pozo e sobre todo o depósito
están escavadas nun nivel que pola súas
características e material asociado pode
poñerse en relación co nivel no que
apareceu a moeda.
Algo moi diferente ocorre co sistema de canaletas, todas elas están situadas directamente
baixo o nivel de xabre e construídas sobre os niveis que se asocian ao momento de
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
11
destrucción das estructuras incluídas na “segunda fase de construcción”. Esto as converte
nun sistema de drenaxe aparentemente engadido sobre o sistema do pozo, non podemos
saber qué tipo de vinculación existía entre as canaletas, o depósito e o pozo, o que si
podemos asegurar é que non se constrúen simultaneamente.
Unha das posibilidades para explicar este sistema é que sexa un simple drenaxe para retirar
a auga que seguiría existindo na zona do
pozo e do depósito, unha vez que estes xa
non estaban en uso.
Na zona do pozo existe outra estructura
que temos definido como un pilar. Esta
estructura non ten explicación no contexto
do pozo pese a estar utilizada para apoiar
unha das súas paredes. Pola contra, si ten vinculación directa coa definida como segunda
fase de construcción e a súa gabia de cimentación está escavada nos mesmos niveis que os
muros que compoñen o “zaguán”.
Ao revisar a documentación chama a atención a
descripción que se dá no peritaxe de 1843 dun
patio con 4 arcos, cunha columna central; este
patio pode ser o espacio no que está situado o
pozo e o depósito e a columna central podería ser
esta estructura cuadrangular. A descripción do
patio e dos espacios que existen ao seu redor terán unha cumprida revisión na memoria, á
espera de que os detalles do peritaxe cobren forma sobre as evidencias arqueolóxicas.
3.4.- FASES DE CONSTRUCCIÓN DA ACTUAL EDIFICACIÓN
En toda a superficie do solar temos diferentes evidencias das intrusións e destrozos que
orixinaron as diversas fases de
construcción do edificio. Así temos cortes
sobre diferentes niveis facilmente
detectables pola presencia de material
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
12
relativamente recente (cerámica contemporánea, restos de cravos, ósos, …) realizados ás
veces na procura de material (pedras dos antigos muros, xabre), e outras para o
acondicionamento do futuro edificio (cimentación de muros, nivelacións do terreo, …).
Estas intrusións resultan especialmente evidentes no sector surleste do local. No que se
suceden foxas, buratos e canles escavadas no xabre e recheas por revoltos formados por
terra, tella, cerámica contemporánea, ósos ou carbóns. Algunhas destas foxas poden
explicarse tamén como os restos do arborado que existía no antigo xardín. Non sabemos
como era este xardín nin se estaba dedicado en parte a cultivo, o que si sabemos é que se
estendía dende a parede leste do patio (posiblemente a parede que limita a zona do pozo)
ata o final do solar.
Tamén sabemos que no nivel de revolto que existe sobre este sector
localizáronse os materiais máis modernos da escavación, e entre estes,
un pequeno sello de plomo que ten a data de 1875 e que pola súa forma
pode ser o lacre dunha das tuberías do alumeado público de gas (que na rúa do Vilar
comeza a colocarse en 1874).
3.5.- A CONSTRUCCIÓN DA CANALIZACIÓN CENTRAL
Como xa dixemos, atravesando de norleste a oeste atravesa unha grande canle, que ten sido
reaproveitada para, usando un tubo de gres, canalizar o saneamento do actual edificio. Esta
canle realizada en cantería non pode ser un simple sistema de saneamento dunha vivenda,
xa que tanto a súa impecable factura, como o feito de que continúa fora do edifico
prolongándose cara ao norleste, evidencian que estamos ante unha canalización que non
está vencellada á construcción dun só inmoble, por importante que este fose.
Na análise da documentación propuñamos
dúas posibilidades para explicar esta canaleta,
unha, que formase parte do sistema de auga
público, e, outra, que fose parte dun sistema
de abastecemento propio do Cabildo. Tendo
en conta que a casa pertenceu ao Cabildo ata
o século XIX e que no seu interior existía o
RÚA DO VILAR, 19
Sinopse dos traballos arqueolóxicos
13
complexo sistema que conforma o pozo e o depósito resulta máis lóxico que a canle fose
do Cabildo, máis se temos en conta que está en liña coa denominada fonte do Cabildo que
aínda existe na rúa do Franco.
En calquera dos casos, sexa unha traída pública para as fontes, sexa parte da rede de
abastecemento do Cabildo, a canle tería que remontar o seu momento de construcción,
cando menos, ao século XVIII. E é esta antigüidade da construcción da canaleta central a
que xera unha serie de
complicacións interpretativas, xa que
a canle racha lonxitudinalmente a
estratigrafía do solar, rompendo
todos os niveis; quedando tan só
sobre ela o nivel de brea que
formaba unha especie de íllante baixo a totalidade do piso do baixo.
A Arqueóloga Directora
Mª José Bóveda Fernández
Recommended