Especial Nadal

Preview:

DESCRIPTION

Recomendacións de lecturas para o nadal

Citation preview

LECTORES ADULTOS

Aneiros, Rosa: Sol Invierno. Ed. Xerais A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e

dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes.

Barbery, Muriel:La elegancia del erizo Ed.:Seix Barral . No número 7 da rúa Grenelle, un inmoble burgués de París, nada é o que parece. Dous dos seus habitantes esconden un segredo. Renée, a porteira, leva moito tempo finxindo ser unha muller común. Paloma ten doce anos e oculta unha intelixencia extraordinaria. Ambas as dúas levan unha vida solitaria, mentres se esforzan por sobrevivir e vencer a desesperanza. A

chegada dun home misterioso ao edificio propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas.

Mintegui, Laura: Sísifo enamorado Ed. Txalaparta Namorarse é un dos acontecementos máis enriquecedores da vida afectiva das persoas. Namorarse, ademais, é unha actitude ante a vida, un xeito de renovarse constantemente, de

vencer o medo á morte. Todos nos namoramos algunha vez. Sabemos que o amor pode volvernos tolos e conducirnos a situacións extremas.

Colinas, Antonio (editor): Nuestra poesía en el tiempo Ed. Siruela Un bo puñado máis dos poetas máis sublimes da literatura hispanoamericana. Un libro para gozar a música da poesía.

IES Fernando Esquío

Empedrón nº 16

Neda 15572 A Coruña

Tlf 981391080 FAX 981391280

Visítanos no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

BOLETÍN DA BIBLIOTECA

Nº 26 CURSO 2009/10 ESPECIAL NADAL

FELICES LECTURAS …

NO NADAL

Neste tempo de lecer vos desexamos unhas

felices festas e un feliz tempo de lectura acompañados dun bo libro.

DE 12 A 14 ANOS

Fdez Serrano, Jacobo: Mil cousas poden pasar I. Ed. Xerais Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009.

Goscini e Uderzo: O aniversario de

Asterix e Obelix Ed. Bruño Se ben é sabido que os heroes non envellecen nunca, iso non lles quita o privilexio de desexar que os seus familiares e amigos os saúden polo seu aniversario.E cando se trata de Astérix e Obélix, nacidos o mesmo día, tal e como está escrito no álbum Astérix e o nunca visto, todo o Mundo Coñecido participa do banquete.

Perez, Sébastien - Lacombe, Benjamin : Genealogía de una bruja Ed. Edelvives Caixa regalo que contén dous libros belamente ilustrados. Un álbum no que Lisbeth, unha nena normal que ten o estraño don de rematar as frases que din os demais, descobre na casa da súa avoa un libro que lle desvelará quen é en realidade.E o libro que encontra Lisbeth: unha

orixinal xenealoxía de bruxas que percorre lendas, mitos, feitos reais e tradicións ao longo da historia. Augamar, Yama Uba, Juana de Arco,

Malvina ou Mona Lisa.

Gaarder, Jostein: El misterio de la navidad Ed.Siruela En Madrid Joakim compra un calendario de Advento, que detrás das súas ventás esconde unha historia sorprendente e máxica: unha comitiva composta por anxos, reis, pastores e unha nena inicia en Europa unha viaxe de retorno no tempo que rematará o 24 de Decembro do ano 0, en Belén.

DE 14 A Ende, Michael: El ponche de los deseos. Ed SM Un diabólico contrato obriga o terrible Belcebú Sarcasmo a completar a súa cota de maldades nun tempo récord. A noite de San Silvestre, o ambicioso mago prepara un maligno ponche que pode axudarlle. Nun ambiente fantástico, algo torpe e chafalleiro e que achega humor ao

relato, Ende sérvese do enfrontamento entre o ben e o mal para formular algúns dos grandes problemas do noso mundo.

Tolkien, JRR: Cuentos desde el reino peligroso. Ed. Minotauro Cinco relatos co sabor de Tolkien. Un can de xoguete chamado Rover cobra vida por obra e graza dun bruxo pouco escrupuloso e lánzase a coñecer mundo. O granxeiro Aeguidius de Hammo e o seu fiel can Garm deberán enfrontarse ao dragón Crisófilax, e conseguirán domesticalo. O pintor Niggle reflexiona sobre a arte e a pintura mentres as aventuras parecen acudir a el....

Muñoz Puelles, Vicente: El ayudante de Darwin. Ed. Algar O axudante de Charles Darwin na súa viaxe no Beagle era un grumete de 15 anos -¡Darwin tiña 22!-, chamábase Syms Covington, e é elixido polo autor desta bonita e ilustrativa novela para recrear as peripecias daquela viaxe. Trinta anos despois da viaxe, Covington escribe unha carta ao famoso naturalista.

Bertozzi, Nick: El salón. Ed.: Astiberri Adentrámonos no París de principios do século XX para recrear a vida dos pintores bohemios e contar o nacemento do cubismo. A historia ambiéntase nun clima de misterio provocado por unha serie de asasinatos levados a cabo por unha enigmática muller, sobre a que os protagonistas deciden indagar ao considerar que eles poden converterse nas seguintes vítimas.

16 ANOS Austen, Jean y Grahame-Smith, Seth: Orgullo y prejuicio y zombies. Ed. Umbriel «É unha verdade universalmente recoñecida que un zombi que ten cerebro necesita máis cerebros». Así empeza Orgullo e prexuízo e zombis, unha versión ampliada da clásica novela de Jane Austen, só que con arrepiantes escenas de zombis que

sementan o terror e devoran seres humanos.

Aneiros, Rosa: Ás de bolboreta Ed.Xerais Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de ’As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores …

Cráneo, Manuel: Os lobos de Moeche Ed. Demo Martín de Ferreira encóntrase en plena adolescencia. Vive coa súa nai nunha casa próxima ao Castelo de Moeche e unha desgraza familiar fai que se reencontre co seu irmán maior. Situámonos no último terzo do século XV, cando a Idade Media deixará paso ao Renacemento.

Poe, Edgar Allan: El gato negro y otros cuentos ilustrados de misterio e imaginación. Ed. Valdemar Xeracións de lectores gozaron, e estremecéronse coas obras de Poe, pezas mestras do relato de terror. Preséntanse trece das súas mellores historias enriquecidas polas ilustracións doutros trece artistas plásticos contemporáneos, que achegaron o seu persoal visión para homenaxear o autor no seu douscentos aniversario.

Recommended