View
240
Download
5
Category
Preview:
DESCRIPTION
Xornal do colexio
Citation preview
EDITORIAL
Coa presentación da nosa revista escolar “O Faro de Monte Alto”, esta vez,
en formato dixital, damos por rematada a tarefa do Equipo de
Normalización e Dinamización Lingüística para o curso 2011-2012.
Preparamos esta revista como escaparate do traballo realizado nas aulas
polos nosos alumnos e fomentando o emprego do galego como a nosa
primeira lingua.
Facemos unha referencia ao autor homenaxeado no día adicado ás Letras
Galegas, Valentín Paz Andrade.
Agradecemos a colaboración de toda a Comunidade Educativa pola súa
aportación.
Desexamos que pasedes uns momentos agradables coa súa lectura.
Un saúdo.
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
OS NENOS DE 3 ANOS PINTAMOS COMO KANDINSKY
AS LABOURAS DO OUTONO. A VENDIMA
Coa chegada do outono todo o alumnado do colexio estivo a investigar sobre
as festas e labouras tradicionais galegas, a vendima, o magosto e o samaín.
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN. MANOLI.
TEATRO DE NADAL.
“O VIRUS INFORMÁTICO”.
A televisión anuncia “un novo virus informático”. Despois do comunicado,
conecta con diversos ambientes para coñecer o efecto do virus.
Nunha segunda escena, a televisión mostra un banco. Ante a desesperación
do banqueiro, o caixeiro automático reparte cartos aos pobres, aínda que non
teñan tarxeta, polo que o banqueiro teme a ruína e vese obrigado a requirir
axuda dos técnicos.
Nunha terceira escena aparece o despacho dun cuartel militar.
Un sarxento intenta informar ao capitán de que os mísiles, en vez de matar,
deixan caer comida, roupa, xoguetes,... O capitán solicita axuda dos técnicos
para revisar as máquinas.
Na cuarta escena un político fala a unha Asemblea. Lendo un texto promete
cousas insólitas: perdón das débedas aos países pobres, facilitar a inmigración,
desenrolar a outros países, protexer os bosques, coidar a capa de ozono...
Abraiado, comproba que endexamais dixeran iso, enfurécese, pero o secretario
faille ver que era o ordenador, que non cumpría ordes, e escribía o que quería.
Entón, ante a situación, volve chamar aos técnicos para que arranxen o
ordenador.
Na última escena, están todos os personaxes presentes, e os técnicos,
aseguran que o caixeiro, os mísiles, o ordenador... están ben.
E pensan que todo se debe ao contrasinal utilizado, e chegan á conclusión de
que fora o 24 do 12, e sempre obtiñan a mesma sintonía.
(Un dos técnicos toca “Noite de Paz”)
E tírase a conclusión de que como os homes non aprenden e din cousas que
non cumpren, as máquinas quixeron darlles unha lección.
“AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO”
Os alumnos de sexto representaron a adaptación teatral da obra
“Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo” de Manuel
María no noso centro e no CEIP Sanjurjo de Carricarte nun proceso de
intercambio de obras teatrais.
PEDINDO REGALOS
Os alumnos de 3ºA, ó longo do curso, participamos en varias actividades
que nos gustaron moito.
Queremos destacar:
Os concursos de redacción, nos que gañamos dous premios.
Diego Fuentes , contos para a paz, coa narración “O león que non tiña amigos”. Andrés Burgos, contos do bosque, con “Os animais do bosque”.
Disfrutamos moito preparando o recital de poesía, adicado ao bosque.
Eliximos un poema moi divertido “O bosque encantado”.
Gustounos escoitar ao mestre Silvestre Gómez Xurxo, contándonos como
escribiu o libro “Ti non xogas”.
Pero o que máis nos divertiu foi ensaiar “ O fantasma Caramba” e
representalo aos compañeiros de 3ºB e infantil.
NEXO 4 Unha
experiencia que
nunca
esqueceremos!!! Este curso os alumnos de 4º
deste colexio decidimos
crear unha cooperativa:a
nosa primeira empresa!!!!!
Empezamos o proxecto con moitísima ilusión: tivemos que
formar a directiva da empresa, crear o logotipo, pensar
nos produtos que íamos facer, asistir a unhas charlas
informativas,...
Foi en xaneiro cando decidimos presentarnos ao
proxecto, e, desde entón nas clases de plástica, nos
recreos, os venres pola tarde, e algún que outro día máis,
preparamos os nosos produtos. O día 26 de abril tivemos
que ir ao Concello para solicitarlle ao alcalde a licenza de
venta na rúa.
Os días previos ao mercado estabamos dos nervios:
venderemos algo, non venderemos nada, haberá moita
xente, non haberá ninguén,... Case non podiamos nin
durmir. Os tres derradeiros días fichamos a algúns papás
e mamás para que nos axudaran cos últimos detalles,
ademais a moi bo prezo.
O tema económico tamén foi un tema serio: ensinámosvos
os números para que vos fagades unha idea. Todos os
membros da cooperativa tivemos que aportar 5€ de
capital inicial para mercar os materiais. Tivemos que
pedir un crédito ao colexio para os derradeiros gastos, o
cambio para o día do mercado, ... e o xenial foi que o
negociamos sen intereses.
O día da venta foi xenial: vendimos todo o que
levabamos... e máis que tivéramos.
Conseguimos 435 €!!!! Ese mesmo luns arranxamos as
contas pendentes: devolvemos a todos os cooperativistas
o capital inicial(os 5 € que puxéramos ao principio),
calculamos a cantidade que íamos levar á COCIÑA
ECONÓMICA (o 25 % dos nosos beneficios), ou sexa que
60 € e descubrimos que temos case 200 € para..............A
NOSA GRAN FESTA DE RECOMPENSA POR UN
TRABALLO BEN FEITO!!!!!!
GRACIAS A TODOS!!!!!
QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS PROFES,
AMIGOS, A CONSERXE, AS LIMPADORAS, PAPÁS E
MAMÁS, FAMILIAS, EQUIPO DIRECTIVO DO COLE,
PERSOAL DO PROXECTO SEMENTE, ETC., POLA VOSA
AXUDA, COMPRENSIÓN E APOIO CO NOSO
PROXECTO. TAMÉN A NATU POR DEIXARNOS LEVAR
A CABO ESTA ILUSIÓN, E AO SEU MARIDO POLOS
SEUS TRABALLOS NOCTURNOS E POR DARNOS A
IDEA DO NOSO PRODUTO ESTRELA:
O PERCEBE DE MONTE ALTO
MOITAS GRACIAS A TODOS!!!!!!!
A NOSA OPINIÓN PERSOAL.......
CARLOS ABELEIRA: “moi interesante”
TITO AMAYA: “moi boa experiencia para traballar en equipo”
LUCÍA ARECHAVALA: “axudounos a ser mellores amigos e a
traballar en equipo”
NOELIA: “unha empresa que chegou ao meu corazón”
MÓNICA: “aprendemos como funciona unha empresa”
DANIEL: “unha experiencia inesquecible”
ANGEL: “unha experiencia única”
PATRICIA: “ensinounos moitas cousas”
CARLOS GACIO: “foi un bo final de curso e axudounos a
coñecernos mellor”
ANA: “espero repetir esta experiencia e nunca a vou esquecer”
CRISTIAN: “aprendemos moito e pasámolo moi ben”
FRANCISCO: “encantoume e oxalá que o volvamos facer”
ANDREA: “sentinme moi agradecida por facer cousas en NEXO
4”
ALEX LABAÉN: “unha experiencia única para toda a miña vida”
PABLO: “unha experiencia única que nos axudou a traballar mellor
en equipo”
CARLOS LÓPEZ: “unha experiencia alucinante e irrepetible”
NEREA: “algo que nunca esquecerei”
DIEGO: “NEXO + empeño= primeira división”
LUCAS: “unha excepcional empresa coa que nos sentimos
fenomenal”
LUIS QUEIRUGA: “nunca esquecerei esta experiencia”
LUIS REY: “o máis divertido que fixen nunca”
LUCÍA RIVADULLA: “ obligounos a ser boas persoas e será unha
festa inesquecible”
MARGARITA: “o mellor da miña vida: aprendemos a compartir e
divertímonos moito”
ALEX VÁZQUEZ: “aprendemos moitísimo desta experiencia”
IMOS AO CONCELLO A POLA LICENCIA...
OS ÚLTIMOS PREPARATIVOS...
O DÍA DO MERCADO...
A VOLTA AO COLE... BO DÍA DE TRABALLO
PROCESO DE REALIZACIÓN DO MAPA
“Mapa de España artesán” Este ano fixemos na clase de plástica, cada un de nós, un mapa de España como o
que mostramos nas fotografías, destacando os sistemas montañosos e os ríos.
O material utilizado foi:
1. unha táboa de tablex de 40 x 40 (moi finiña e sen vernizar).
2. uns tacos de cores de plastilina: azul, marrón, amarelo, branco, verde e lila.
3. un mapa debuxado, que nos deu a profe, un pouco máis grande que un folio (a3),
da península ibérica, continuado con Francia e África, e as Illas Canarias e
Baleares.
Empezamos o traballo calcando cun lapis o contorno o contorno do mapa na táboa, e
para que non se movese, o suxeitamos cunhas chinchetas.
Unha vez calcado o contorno do mapa empezamos a cubrilo, estendendo a plastilina
cos dedos.
Os mares e océanos con plastilina azul, España interior e exterior de amarelo (coas
illas, Ceuta e Melilla). Portugal, Francia e África de branco e Andorra de cor lila
para distinguilo de España e Francia.
Despois fixemos o máis difícil, situar no seu lugar os sistemas montañosos de
España, e proporcionados coa altura que teñen na realidade, para isto utilizamos a
plastilina marrón e fixemos figuriñas xeométricas (entre pirámides e conos),
semellando as montañas, e xuntando unhas coas outras.
Para facer os ríos e os seus afluentes utilizamos a cor verde, como fiíños moi
delgadiños, e os colocamos desde o seu nacemento ata a súa desembocadura.
Todo isto, claro, comprobando polo mapa do libro de texto.
Este traballo axudounos moito para entender mellor o que estudamos na clase.
Andrea 6º B
Como xerminan as sementes? Os nenos da miña clase e máis eu fixemos un experimento para observar como xerminan as sementes. Vouvos ensinar como o fixen e o que pasou. Material: - Sementes (fabas, lentellas...). - Un pouquiño de algodón. - Un recipiente. Conseguín o material e comecei desta maneira: Día 1: plantei as sementes. Proceso: coloquei no meu recipiente un pouco de algodón e botei as sementes. Enterreinas un pouco e botei unha pouca de auga. Día 6: a cápsula que rodeaba as sementes comezaba a romper e saíanlle unhas raiciñas. Día 7: as raiciñas medran pouco a pouco. Día 9: a raíz medrou e a faba rompeu; do seu interior saíron unhas follas.
E así quedou a miña planta ao finalizar o experimento.
Clase práctica de observación de “como xerminan as sementes”.
“Método activo”.
Hoxe, día 5 de outubro a profe mandounos traer recipientes baleiros, como
iogures, vasiños de cristal, de marmelada, etc. e sementes (fabas, lentellas,
garavanzos...) e un pouquiño de algodón...
E... ¡empeza o experimento!
Mandounos anotar día a día no caderno o que íamos observando.
Día 6 de outubro.
Eu trouxen lentellas e enterreinas nun pouco de algodón no meu vasiño de
iogur, empapeino con auga e deixeino nunha mesa preto da ventá para que lle
dera o sol, xunto aos recipientes dos meus compañeiros, e boteille unha pouca
auga cando o precisaba.
O día 7.
Non observo nada nas miñas lentellas, están igual co primeiro día.
O día 10.
Observo que a dúas ou tres das miñas lentellas lle saíron algunhas raiciñas, e
pártense en dous.
O día 11.
Saíron talos, uns máis altos que os outros.
Día 13.
A miña semente converteuse nunha planta, con folliñas, aínda que hai moitas
que non saíron, é dicir, non xerminaron.
Día 19.
A miña planta crece un pouco máis e xerminaron outras sementes.
Hoxe, 21 de outubro.
A miña planta xa terminou o seu proceso de xerminación. Fixen un debuxo se
como quedou, e ao levalo para casa fixen estas fotos que vedes.
A conclusión que saquei é que se a semente (ou embrión) está ben formada, é
dicir, ben desenrolada e madura, se está viva, e non perdeu o seu poder
xerminativo (polo tempo) e ten o calor (do sol) o mesmo que humidade (auga)
que precisa, ocorre ¡o milagre! xerminan as sementes e nacen as plantas. Foi
moi interesante observalo día a día.
Andrea, 6º B.
“A miña planta” A miña planta naceu dunhas lentellas moi pequenas, aínda que pareza mentira; só lle axudaron un pequeno anaco de algodón e un vasiño de iogur baleiro. Fun anotando e observando día a día o que ía acontecendo. Un día eu vin que non ía para adiante, e boteille un chisco de auga para axudar a que xerminara, e paseina á ventá da clase, que da o sol máis directo, e ao final como sempre pasa, se coidas algo con agarimo e lle prestas atención acadas unha sorpresa e a miña foi que as sementes romperon, saíron do algodón e comezou a medrar cos talos e as folliñas, e seguiu medrando. Cando a levei ao patio da miña avoa, ela transplantouna a unha maceta con terra e... ¡aquí a tedes moi rufa!
Hector, 6ºB
No colexio este ano fixemos moitas saídas culturais: Palacio de Congresos, acuario, castro de Elviña, Cerámicas do Castro, ao teatro na cidade, parque de Santa Margarida, biblioteca de Monte Alto e a última ás fragas do Eume. Ao acuario fomos e vimos andando. Recibiunos unha monitora que nos explicou moitas cousas sobre os peixes. Falounos das quenllas e as súas curiosidades, ensinounos como son as súas peles ¡deixounos tocalo! e dependendo do sentido que as toques son suaves ou ásperas. Díxonos que case todo o acuario estaba formado por animais do océano Atlántico. Logo entramos nunha sa onde había medusas e falamos delas. Cando acabamos, vimos unha película, proxectada nunha esfera grande que xiraba, sobre a auga e a contaminación.
Despois saímos fóra a ver as focas e como lles daban de comer. Era moi gracioso porque subíanse a unha plataforma, e para desprazarse ata as monitoras que lles daban a comida, ían botando. Había nove femias e cinco machos, a maior tiña 28 anos e soen vivir 30. Logo leváronnos ao “Nautilus”, o lugar onde estaban as quenllas Gastón e Hermosa. Tamén vimos como uns buzos dábanlles de comer aos peixes. Pasámolo moi ben, encantounos, pois aprendemos cousas e divertímonos. Clara, Marcos, Andrea, Alejandra, Jorge, 6º B.
O METRO CADRADO
Os alumnos e alumnas de 6ºA e 6ºB fixemos unha actividade coa que nos
divertimos ao mesmo tempo que aprendíamos as medidas de superficie.
As nosas profesoras trouxeron unha táboa dun metro cadrado de superficie
que estaba dividida en 100 decímetros cadrados. Despois déronnos uns folios
cuadriculados nos que tiñamos que contar 10 cadrados (cada cadrado era de 1
cm x 1cm) de alto e 10 de ancho para formar un decímetro cadrado.
Debuxamos e coloreamos cada cadrado con moita imaxinación.
.
Recortamos cuidadosamente.
Pegamos nos decímetros en que estaba dividido o metro cadrado.
O traballo ía avanzando.
Cando todo estivo acabado xuntamos os dous metros cadrados.
Aquí estamos os autores con cada un dos nosos metros cadrados.
AS PEDRAS DO MAR DA TORRE
Emilio Mariñas, percebeiro, veciño do barrio de Montealto falounos da
recuperación microtoponímica da península da Torre, da vida dos percebeiros ,
das merendiñas da Torre, das famosas patacas da Torre…
“FESTA DOS MAIOS”
Os maios é unha festa tradicional galega de exaltación da natureza, na
primavera.
Os Maios son artiluxios feitos de elementos vexetais, fieitos, flores,
laranxas, ovos... de distintas formas xeométricas e artísticas.
Os nenos e nenas de sexto elaboraron unhas coplas alusivas e
críticas sobre as institucións e personaxes públicos con ironía e
fino humor, e as cantaron ao tempo que circulaban arredor do
Maio ao ritmo dos palitroques.
Alá vén o Maio
Cargado de flores
Para regalarlle
aos meus amores.
No mes de maio
Casou miña nai
Que felicidade!
Casou co meu pai.
A miña clase
Polo “carnaval”
Ía vestida
De familia anormal.
Parou o Sol
Xa tempo lle era
Pois fartas de calor
Estaban as terras.
Juán Carlos de Borbón
É un gran cazador
Deberían chamarlle
“O Rei León”.
Francisco, de Ximnasia
Insiste en calentar
Non quere que nos lesionemos
Para ó “pichi” xogar.
Charo, a de Inglés
Sempre está estresada
De seguir así
Acabará mareada.
Os mozos de 6º
Queremos protestar
As clases de Coñe
Co recreo compensar.
O noso país
Está hipotecado
Todos os políticos
andan preocupados.
“A facer coplas xa!”
Mandounos Matilde
Xa estamos cansos
De esquecer as “tildes”.
Miña nai contoume
Que Zapatero é moi pobre
Agora anda por aí
“Collendo” cobre.
A profe de Relixión
Preguntou a lección
Eu non lla quixen dar
E marchei nun camión.
Charo, a de Música
Mándanos cantar
Se non facemos caso
Co libro a traballar.
Meu amigo da NASA
Fai botellón
Chega a súa casa
E non pode co “riñón”.
O aeroporto de Castellón
Costou moitos millóns
Por iso está cheo
De ratos e falcóns.
O delantero do Deportivo
Lesionouse porque é un “friki”
E agora o depor
Xoga sen Riki.
Eu nos maios
Tísnome a cara
Pero a miña amiga
É unha cagada.
Miña profe Matilde
É moi boa
Pero cando se enfada
Parece unha leona.
Este ano eu penso
Que o Deportivo
Vai conseguir
Un bo ascenso.
A terra avisa
Derrétense os Polos
Como non paremos
Teremos auga ata os codos.
Iso da refinería
Ten que mellorar
O cheiro en Meicende
Nin Deus o pode aturar.
O presinte Rajoy
É todo un pillo
Espera na esquina
Para clavarche “o cuchillo”
Hai moito botellón
Na zona de Monte Alto
Por iso os alumnos
Fanno por todo o alto.
Co gallo das Letras Galegas, e como homenaxe a Valentín Paz Andrade,
fíxose un grande mural que representa ao mar e encheuse de elementos
mariños e animais, como tres grandes barcos pesqueiros, unha batea, buzos,
polbos, caranguexos, ameixas, estrelas de mar e un fondo mariño con area.
Tamén fíxose unha exposición dos aparellos das artes de pesca aportados
polos alumnos e, complementando a exposición, carteis informativos e
representativos das artes de pesca aportados tamén por un pai.
E así mesmo exposición de carteis moi coloristas da vida de Valentín Paz
Andrade, que proporcionou a Consellería.
Durante a “Semana das Letras galegas” visitounos Pepe Temprano.
Un home entrañable, que comunicou moito cos rapaces, posto que eles foron
moi receptivos con el. Autor de pezas musicais, actor, gaiteiro…
Falounos dos instrumentos e a música tradicional galega, explicounos os
elementos da gaita, pandeiro, ferriños…
Deleitounoscon varias pezas musicais , entre elas a do “Antigo reino de Galicia”
OS BOSQUES
O ano 2011 foi o “Ano internacional dos bosques”. Para
commemoralo no noso colexio escribimos contos, poesías,
debuxamos e aprendimos moitas cousas sobre eles e os animais e
plantas que viven no bosque.
II RECITAL DE POESÍA Todos os nenos de primaria participaron no “II Recital de poesía”. Os nenos de segundo homenaxearon a Rosalía de Castro recitando “Parece unha rosa”.
Os de terceiro fixéronnos vivir nun “bosque encantado”.
Tamén recitaron poesías de Xoán Neira.
Poesías de creación propia:
Poesías de Pondal, Antonio Teijeiro…
Representaron o xogo pantomímico “O varal”.
Representaron a obra teatral “O miñato e mais a pomba”
A FADA E O TRASNO Había unha vez unha fada e un trasno que vivían nun bosque. A fada era feliz e
tiña moitos amigos.
A fada era orfa, os seus papás morreran nun accidente de coche, caeran por
un precipicio. Vivía cun trasno e sempre a acompaña un esquío. Sempre
levaba un vestido de follas e margaridas, pero nos acontecementos especiais
usaba un espectacular vestido de purpurina amarelo. A fada era loira con ollos
azuis, levaba o pelo recollido nunha coleta.
A fada Ceci vivía nunha casa moi bonita cun xardín onde no cogomelo máis
pequeno vive un trasno que se chama Pablo.
Un dia saíu a recoller flores; que leda estaba¡. Cando chegara a casa poría as
flores nun xarrón para que toda a casa ulise a bosque.
O trasno mentres tanto, dando un paseo, atopou un amigo seu Fernando, outro
trasno. Xuntos dirixíronse a casa da fada a comer pero comezou a chover. Ceci
non estaba na casa, que raro. ¿Que lle ocorrería?
Ceci perdeu ás as coa chuvia e non podía voar. Ocorréuselle poñerse unha
folla enriba da cabeza para protexerse da chuvia, pero conseguiu secarse. De
súpeto saíu o sol e o arco da vella abriuse no ceo. E co sol conseguiu secarse,
así podería volver a voar.
Cando chegou a súa casa os trasnos preparáronlle unha grande comida. E
xuntos celebraron que Ceci estaba ben. Os trasnos decidiron que no seu
aniversario íanlle regalar a Ceci un par de ás de reposto.
INVESTIGAMOS
O OURIZO
O nome científico do ourizo é erinaceus europaeus .
O ourizo e un mamifero.
O corpo do ourizo ten unhas 5.000 pugas de 3-5 cm de lonxitude.
Pesa 5-6 kg e come insectos pequenos roedores, ras e serpes.
Deféndese coas pugas.
O ourizo adurmiña ate a noite.
Cando hiberna o ourizo prepara a súa gorida con follas secas,
en inverno,a temperatura descende a 10º C.
O ourizo ten unha rara costume husmea entre as follas. Rasca na
terra para encontrar gusanos. Os pequenos ourizos ao naceren
non teñen pugas.
As pugas do ourizo en realidade son pelos modificados cuxa
extremidade é moi afilada.
O ourizo emite un sonido similar ao do porco.
CÓNTAME UN CONTO
Os nosos pais, nais, avoas e tíos sorprendéronnos moito. Na “Hora de ler”
viñeron a contarnos moitos contos. Como disfrutamos coas súas historias!
O MEU CONTO FAVORITO
Todos os nenos e nenas do colexio quixemos contar cal, e porque, era o noso
conto favorito e con todos fixemos unha exposición. Verdade que quedou
moi ben?
¡Temos unha BIBLIOTECA NOVA! Con libros bonitos e interesantes. Un lugar onde
podemos encontrar historias que nos fan soñar, contos para recordar, poemas para
recitar...
Cambiamos a ubicación dos ordenadores xunto cos libros de información, creamos
novos espacios mais acolledores. Queríamos celebralo e preparamos unha gran festa. As
nenas e nenos de E. Infantil presentaron "Os animais" de Luar na lubre.
"O castiñeiro" recitáronno o alumnado de quinto.
Os alumnos de sexto contaron un conto, "A herbalúa" adaptación da obra de Marilar
Aleixandre.
Os alumnos de quinto recitan e pintan "O castelo".
Recitaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro acompañados dun
vídeo fotográfico feito por eles.
Pedro e Clara recitaron e representaron o xogo pantomímico "O varal".
Os alumnos e alumnas de quinto B representaron a obra teatral "O cogumelo".
Recommended