Formación del universo

Preview:

Citation preview

A CONCEPCIÓN DOUNIVERSO AO LONGO

DA HISTORIA

Nasly Dayana Panesso RamírezSabela Tella FernándezLaura Núñez González

Érika Río Seijas

(IES Ánxel Fole 1ºBAC A)

Durante moitos séculos plantexouse a necesidade de coñecer a orixe do Universo. De ahí saíron unha serie de teorías para explicala:

A orixe do Universo na Prehistoria

O estudo do Universo na América Precolombina

As teorías en Babilonia e en Exipto

Teoría Xeocéntrica

Teoría Heliocéntrica

Lei de Hubble

Teoría do Big Bang

Teoría inflacionaria

O UNIVERSO NA PREHISTORIA

Localizado a cen quilómetros ao oeste de Londres, atópase un dos monumentos máis inquietantes da humanidade. É o chamado STONENHENGE

Stonehenge é a construción megalítica máis fascinante da historia. Está formado por colosais rocas, cuxos pesos varían de dos a trinta e cinco toneladas,

ESTUDO DO UNIVERSO NA AMÉRICA PRECOLOMBINA

As culturas máis importantes de América Precolombina son a Maia, a Azteca e a Inca. Todas elas estaban xa interesadas en coñecer a orixe do Universo.

Os Maias Esta civilización demostrou ao longo da historia unha

evolución incrible para a súa época. No Popol Vuh, o libro sagrado dos maias, atopamos o

mito da creación do Universo. Segundo eles, o Universo creouse grazas a tres deuses: Tepeu, Gucumatz e Huracán.

Os dous primeros Deuses, realizaron unha especie de conferencia, onde conclúen que é necesario manter a súa herdanza. Así comezan a Terra cos animais e esta é a orixe do universo.

Os Incas

Son o imperio máis representativo de América do Sur.

Coñecían a revolución sinódica dos

planetas.

Coñecían constelacións como a de Orión. Posuían as súas propias constelacións entre as que destacan a Cruz do Sur e o Centauro.

Calendario lunar dos Incas

Calendario solar dos Aztecas

Os Aztecas

Para os Aztecas, ese lume desprendía unha forza particular: unha enerxía provinte do Universo que se encarnaba no Espazo-Tempo para entrar en resonancia coa Terra.

Esta enerxía, reunindo as forzas do Universo e as de diferentes ceos, era distribuída polo sol que é a fonte de vida do noso sistema planetario. No centro da pedra atópase a cara do sol.

Representa a crenza azteca de que o universo pasou por catro mundos anteriores que foron destruídos. Agora atopámonos no quinto mundo, condenado a ser destruído por terremotos. De acordo coa mitoloxía azteca, o sol, a lúa e os seres humanos foron creados con éxito ao principio da quinta era.

As teorías en Babilonia e en Exipto

Babilónicos

Existe a certeza de que 5.000 anos a.C. os babilónicos iniciaron, dun xeito rudimentario, o estudo científico do Universo.

A astronomía Babilónica baseouse en crenzas astrolóxicas. Este pobo, xa coñecía e utilizaba as constelacións do zodíaco.

A vía do Sol foi dividida polos Babilonios en catro partes correspondentes ás estacións.

Coñecían tamén a eclíptica, liña ideal que divide o zodíaco en dúas partes iguais e que constitúe o círculo máximo da esfera celeste.

Utilizaron tamén un calendario lunar de 12 meses.

Exipcios

En diferentes partes de Exipto e en diferentes épocas déronse tres crenzas sobre a creación do universo.

Na cidade de Hieracómpolis a crenza era que antes de que existira o universo, existía so un inmenso océano, que simbolizaba o caos, chamado Nun. Desde as profundidades de Nun apareceu unha gran montaña, onde se posou Horus, o deus falcón, e voou en todas as direccións á vez, creando así o universo.

O mito da creación en Heliópolis contaba que no inmenso mar de Nun, xurdiu das profundidades una gran pirámide, e sobre ela o ollo de Ra abriuse e iluminou todo o universo, dándolle forma e orde.

A crenza na cidade de Memphis foi máis adiantada ca do resto dos exipcios, xa que era monoteístas. Incluso, é moi parecida á que teñen as culturas xudeo-cristiáns sobre o comezo do universo. Neste mito, Pteh, deus único, crea o mundo mediante a acción do seu pensamento e a pronuncia da palabra.

Libro “Almagesto” Século IIPtolomeo (100-170 d.C)

Teoría Xeocéntrica

A Teoría xeocéntrica é unha antiga teoría de ubicación da Terra no Universo. Coloca a Terra no centro do Universo, e o resto dos astros, incluido o Sol, xirando arredor dela. Creer ca Terra é o centro do universo é a opinión de quen non se plantexa achar unha solución aos problemas que presentan os movementos dos corpos celestes.

O xeocentrismo estivo vixente nas máis remotas civilizacións.

 ”De Revolutionibus Orbium Coelestium” 1543Nicolás Copérnico (1473-1543)

Teoría Heliocéntrica

A Teoría Heliocéntrica é o modelo astronó- mico que sostén que a Terra e os demais planetas xiran ao redor do Sol.

A diferenza fundamental entre a proposta de Aristarco na antigüidade e a teoría de Copérnico é que este último emprega cálculos matemáticos para sustentar a súa hipótese. Por iso, as súas ideas marcaron o comezo do que se coñece como a revolu- ción científica.

Comparativa entre as Teorías Xeocéntrica e Heliocéntrica

Lei de Hubble A lei de Hubble establece que as gala-

xias  afástanse unhas das outras a unha  velocidade proporcional a súa distancia.

Esta lei conduce ao modelo do Universo en expansión e retroceso no tempo, é dicir, á teoría do  Big Bang.

Foi formulada por primeira vez por  Edwin Hubble en 1929

Edwin Hubble (1889-1953)

Teoría do Big-Bang

Formulada polo matemático Alexander Alexandrovich Friedmann en 1922; Cinco anos máis tarde, Georges Lemaître propuxo unha teoría similar.

Supón que, fai 13 700 millóns de anos, a materia do Universo estaba concentrada nunha zona extraordinariamente pequeña do espazo, e estoupou. A materia saiu impulsada con gran enerxía en todas direccións.

Os choques e unha certa desorde fixeron ca materia se agrupara e se concentrara máis nalgúns lugares do espazo, así formáronse as primeiras estrelas e as primeiras galaxias. Desde entón, o Universo continuou en constante movemento e evolución.

Baséase en observacións rigorosas e é matematicamente correcta desde un instante despois da explosión, pero non ten unha explicación para o momento cero da orixe do Universo, chamado "singularidade".

Teoría Inflacionaria

Foi proposta polo físico e cosmólogo estadounidense Alan Guth en 1981 e despois Andrei Linde, Andreas Albrecht e Paul Steinhardt déronlle a súa forma moderna.

A teoría inflacionaria de Alan Guth intenta explicar a orixe e os primeiros instantes do Universo. Baséase en estudos sobre campos gravitatorios fortísimos, como os que hai cerca dun burato negro.

Supón que unha forza única dividiuse nas catro que agora se coñecen, producindo a orixe do Universo. As catro forzas fundamentais, que determinan todas as formas de interacción da materia son:› interaccións nucleares fortes › electromagnetismo › interaccións nucleares débiles › gravitación

A gravidade é a máis débil das catro e a única que só actúa nun sentido

O empuxe inicial durou un tempo practicamente inapreciable, pero foi tan violento que, a pesar de que a atracción da gravidade frea as galaxias, o Universo aínda segue a crecer.

Relixión e Cultura

Como antes citamos, na antigüidade as diferentes culturas e relixións intentaban explicar a orixe do universo mediante as súas crenzas, mitos e deuses.

“Apocalipto” este filme está relacionado co punto anterior, ligando a supervivencia á realización de diferentes sacrificios.

Reflexión persoal

Grazas ás observacións que se fixeron na antigüidade e as diferentes culturas cunha simple observación durante moito tempo do ceo, hoxe en día, coñecemos moito máis do universo. Isto foinos de gran axuda para saber todo o que coñecemos ata agora sobre el e o seu desenvolvemento.

Bibliografía:

http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_del_Big_Bang

http://www.google.es/imgres?imgurl=http://4.bp.blogspot.com/_kkY0LEvMIjE/TPkEGck15KI/AAAAAAAAAAc/lOGSR9J5cKI/s1600/agujerosnegros1.jpg&imgrefurl=http://kellysofiagz.blogspot.com/2010/12/teoria-inflacionaria.html&h=258&w=390&sz=25&tbnid=1CLXU-h-oelL5M:&tbnh=90&tbnw=136&prev=/search%3Fq%3Dimagenes%2Bde%2Bla%2BTeoria%2Binflacionaria%26tbm%3Disch%26tbo%3Du&zoom=1&q=imagenes+de+la+Teoria+inflacionaria&docid=uC5-IbmTCz11oM&hl=es&sa=X&ei=rTigTqXtI4nKswaT0fCWAw&ved=0CC4Q9QEwAg&dur=63

http://es.wikipedia.org

Recommended