View
543
Download
11
Category
Preview:
Citation preview
FUN -BALL
HISTORIA
Xogo orixinario da Canadá, dos indíxenas de Québec, que consiste basicamente en transportar, pasarse e lanzar unha pelota a unha portaría mediante bastóns que teñen no
seu extremo unha rede a xeito de cesta. Os equipos están formados por 6, 10 ou 12 xogadores, dependendo da zona ou país onde se xogue, o que nos servirá para darnos
unha idea á hora de formar os equipos.
O Fun-ball recórdanos á modalidade de pelota vasca de Cesta Punta.
• MATERIAL
Xógase con "Scop" (a cesta curva) e unha pelota a cal pode ser de diferentes maneiras (unha pelota de goma con fitas que sexa algo pesada co obxecto de que non rebote no Scoop ao recepcionala.
• MODOS DE XOGAR
-Xogo individual
+Lanzamientos ao aire en vertical cara a arriba e recepción.
+Lanzamientos contra a parede.
-Xogo por parellas
+Lanzamientos, pases e recepcións.
+Igual que o anterior, pero cunha rede en medio (de bádminton por exemplo).
+Por parellas contra a parede tipo frontón.
-Xogo en equipo.
• Haberá dous equipos, cada equipo levará o Scop de diferente cor. O terreo de xogo poderase adaptar en función das nosas necesidades. Ademais podemos utilizar o tipo de portarías que pensemos convenientes (canastras de baloncesto, valos etc.).
Pódese dar gran variedade e elasticidade ao regulamento, pero é aconsellable adaptarse ás regras do Lacrosse, o cal dinos que os xogadores poden pasar, tirar a porta, recuperar e transportar a bóla, sempre co seu bastón, no noso caso sempre co Scop.
• Podendo tocala coa man soamente o porteiro e na súa área.
Estando prohibido o xogo violento, as cargas ao adversario, os golpes co bastón, (Scop) neste caso.
E cuxo obxectivo é meter máis goles no campo contrario.
Como algunhas variantes podemos introducir algunhas regras que fagan o xogo máis cooperativo, tales como que o xogador en posesión da pelota ou bóla, non poida correr con ela, tal só tres pasos, e que unha vez dados esta obrigado a pasar ou tirar porta. Outra regra podería ser que non se lle permita ao xogador ter a posesión da pelota máis de 10 ou 15 s.
• OBXECTIVOS
Á parte de ser unha actividade lúdica e saudable podemos notar melloras en;
+Coordinación dinámico xeral e óculo-manual.
+Dominio dos obxectos (Scoop e pelota).
+Percepción e estruturación do espazo e o tempo.
+Precisión.
+Creatividad.
+Cooperación.
Recommended