View
212
Download
0
Category
Preview:
DESCRIPTION
Presentación da identidad básica e as liñas estratéxicas de traballo da Fundación Galicia sustentable
Citation preview
fundación galicia sustentable
unha ferramenta de transformación social
Este documento foi elaborado pola Fundación Galicia Sustentable e non pode ser copiado na súa totalidade nin en parte sen o seu consentimento escrito. Nel se presentan informacións, imaxes e conceptors que a Fundación Galicia Sustentable pode utilizar en virtude de acordos de distribución e/ou representación con diferentes organizacións. A información contida neste documento pode conter inexactitudes por causas tipográficas e/ou de actualización dos contidos. Para acceder a información actualizada consulte coa Fundación Galicia Sustentable ou no sitio web www.galiciasustentable.org ou póñase en contacto a través do enderezo electrónico publicacions@galiciasustentable.org Polo que se refire á difusión dos conidos desta publicación infórmase que están suxeitos a unha licenza de Creative Commons salvo que se indique o contrario. Máis información en http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/deed.gl ou poñéndose en contacto con publicacions@galiciasustentable.org
Fundación Galicia Sustentable
O desenvolvemento da capacidade humana para a
transformación do medio ten modificado e continúa a
alterar as normas de funcionamento do ecosistema Terra,
ate o punto que os cambios que se están a producir poñen
en entredito a propia capacidade de supervivencia da
sociedade tal e como a coñecemos na actualidade.
Para afrontar esta realidade son precisos importantes
cambios na forma de afrontar case que todos os aspectos da
vida cotiá. Dende o consumo de enerxía, á forma en que
nos desprazamos, as alternativas de ocio, os alimentos que
consumimos,... Todos eles cambios grandes e profundos.
É desta análise que xurde a idea da Fundación Galicia
Sustentable. Unha organización sen ánimo de lucro, de
natureza fundacional co obxectivo último de promover ese
cambio necesario, tanto en actitudes como en capacidades,
en individuos e nas organizacións colectivas nas que
socializan. En definitiva, difundir a necesidade dun cambio
na e provocar a acción para reorientar esta sociedade de
consumo cara a sociedade da sustentabilidade.
Das ideas aos feitos, no ano 2008 constitúese a Fundación
Galicia Sustentable. Unha iniciativa 100% privada que
demostra que en Galicia tamén temos xente coa intención e
a capacidade para asumir a responsabilidade que a xeración
actual temos de cara as futuras.
Gracias a todas e todos os que tendes colaborado e seguides
traballando para acometer os ambiciosos proxectos da
fundación. Agardamos que pronto poidamos ser moitos máis
remando na mesma dirección, rumbo á sustentabilidade.
CARTA DO PRESIDENTE
Juan Marcos Pérez Gulín Presidente Fundador da Fundación Galicia Sustentable
Un mesmo horizonte...
...infinidade de rumbos posibles
Galicia Sustentable é unha organización
privada, sen ánimo de lucro, de natureza
fundacional que se constitúe para
introducir criterios de sustentabilidade
na posta en valor os recursos estratéxicos
de Galicia cunha orientación ineludible
cara a competitividade global e a
eficiencia.
A existencia desta fundación ten como
finalidade xeral, o aproveitamento do
potencial de Galicia e as súas xentes cara
a sustentabilidade a través do
desenvolvemento das capacidades dos
individuos e colectivos a través das súas
accións, actividades e proxectos.
Fora de calquera dogma ou liña de
pensamento estblecida, a través da
Acerca da Fundación Galicia Sustentable
información e de compartir
coñecementos e ideas, as xentes que
traballamos e colaboramos coa Fundación
Galicia Sustentable pretendemos
favorecer que cada quen poida crear os
seus propios criterios para a toma de
decisións sustentables.
A Fundación Galicia Sustentable é a
plataforma ideal para implicar á tua
empresa ou organización como axente
activo na transformación cara a
sociedade da sustentabilidade.
Rumbo á sustentabilidade
Declarada Fundación de Interese Galego por orde do 8 de maio de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Declarada Fundación de Interese Ambiental po orde do 18 de febreiro de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
VALORES
Actua de forma sustentable. Actuamos de forma sustentable para a nosa organización e o mundo no que se integra. As nosas decisións e accións teñen en conta as necesidades futuras.
Crea e innova. Buscamos mellorar constantemente aproveitando e mellorando as opcións e oportunidades xa existentes ou creando novas alternativas e/ou escenarios dende os que afrontar antigos e novos problemas.
Procura o desenvolvemento persoal. Buscamos en cada acción, por cotiá que sexa, a aprendizaxe que nos pode ofrecer para un constante desenvolvemento persoal.
Disfruta participando. Vivimos e tentamos transmitir un ambiente de entusiasmo en todo o que facemos.
Se esforza pola excelencia. Poñemos o mellor de nos en cada actividade para conseguir á máxima calidade en todo o que facemos.
Vive o liderado. Lideramos có exemplo a través das nosas accións. Somos conscientes do papel que xogamos no desenvolvemento de outras persoas e asumimos a nosa responsabilidade por elo.
Planeamento estratéxico Planificamos a posta en valor do potencial do noso medio débese facer compatible o impulso da actividade económica, coa mellora da calidade de vida.
Sustentabilidade empresarial En tanto que a sustentabildiade procura a máxima eficiencia no consumo de recursos, se configura como un dos elementos clave para a competitividade empresarial nunha economía globalizada.
Capacitación e formación A formación e a capacitacion son aspectos fundamentais para contribuir de cara á posibilidade de mellorar o coñecemento incorporado á hora de tomar decisións.
Cooperación internacional Como problemática global, a sustentabildiade require solucións colaborativas que transcenden as fronteiras
Sustentabilidade e TIC Innovamos na capacidade de entender e implementar a sustentabilidade aproveitando os avances e últimas posibilidades das TIC e a sociedade do coñecemento.
Mobilidade Os importantes efectos das alternativas para o transporte e os desprazamentos fan da mobilidade unha variable paradigmática da sustentabilidade. Facemos traballos tanto da xestión da oferta como da demanda.
Implicación coa sustentabilidade Deseñamos procesos para acadar compromisos compartidos coa sustentabilidade plasmados a través dunha participación real e efectiva na toma de decisións.
Ordenación do territorio e urbanismo Xestionamos o territorio como elemento clave do desenvolvemento das rexións, xa que nel é onde se plasman e implementan as decisións estratéxicas.
Traballamos en...
Centro de estudos da sustentabilidade no medio rural e no litoral
Un dos programas destacados de cara ao periodo 2010-2012 é o establecemento de dous centros de estudos e investigación. Un
deles, o máis avanzado, se instalará nun concello do interior de Galicia para a realización de traballos relacionados coa
revitalización do medio rural. O outro localizarase preferentemente na costa da morte e se centrará no estudo e desenvolvemento
de estratexias de posta en valor dos recursos propios do medio litoral.
Iniciativas emprendedoras sustentables Programa de apoio, asesoramento e axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais emprendedoras con base nos recursos endóxenos propios das zonas de implantación.
PROGRAMAS Programa de redefinición e actualización do concepto de Axenda 21 en termos de
aplicabilidade nos concellos de Galicia
En colaboración coa empresa SIGNO e a Xunta de Galicia, traballamos no deseño dun proceso de
implementación da Axenda 21 Local adaptado para os concellos galegos.
Este proceso retoma os obxectivos primixenios do Cumio de Río para seguidamente incorporarlles o coñecemento e os avances nos
eidos da información, da xestión municipal e da planificación e seguimento da sustentabilidade. Deste xeito aspiramos a establecer
un marco de referencia para o desenvolvemento local que realice unha contribución responsable cara a sustentabilidade global.
Identificación de proxectos de cooperación internacional
No entanto a Fundación Galicia Sustentable remata cos trámites administrativos para se inscribir como axente de cooperación para o
desenvolvemento, temos iniciado os contactos internacionais para o futuro desenvolvemento de proxectos de desenvolvemento
baseados na posta en valor dos recursos autóctonos de maneira sustentable.
Formación continua en sustentabilidade
O programa de formación continua en
sustentabilidade desenvolve unha serie de contidos
a través de actividades de sensibilización,
formación, capacitación e entrenamento de
habilidades que favorecen a eficiencia e a
competitividade de empresas, traballadoras e
traballadores, sempre desde unha perspectiva
holística de contribución cara a sustentabilidade
global.
Innovar con sustentabilidade
Programa deseñado para sensibilizar e mobilizar as as pemes acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión
sistemática da mesma cara a sustentabilidade. A través das actuacións previstas pretendemos fomentar o desenvolvemento dunha
cultura empresarial galega orientada cara a sustentabilidade dende a innovación.
Entre as temáticas previstas para o próximo curso destacan:
- FORMACIÓN EN VALORES E ACTITUDES: Intelixencia emocional;
Intelixencia ecolóxica.
- DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES: Liderado para a sustentabilidade;
Técnicas de comunicación social; Prevención, xestión e resolución de
conflictos.
- FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES: Creación e revisión de identidade
corporativa; Dirección estratéxica para a sustentabilidade; RSC;
Xestión do cambio cara a sustentabildiade empresarial
A Fundación Galicia Sustentable enorgullecese de ter conseguido a licenza para
a organización do TEDxGalicia que terá lugar a finais de 2010.
PODES FACER MOITO MÁIS QUE SENTARTE E MIRAR
A Fundación Galicia Sustentable é a plataforma ideal para implicar á tua empresa ou organización como axente activo na transformación cara a sociedade da sustentabilidade.
Podes optar por facerte partner corporativo ou sponsorizar ou colaborar nunha determinada área de traballo ou un proxecto ou actividade concreta.
Conscientes de que todo esforzo é necesario, caso por caso, en función dos intereses estratéxicos da Fundación Galicia Sustentable e das posibilidades da túa organización, seguro que podemos chegar a un acordo de colaboración.
Non dubides en nos contactar:
Fundación Galicia Sustentable Centro de Negocios Santiago Rosalía de Castro 1 15706 Santiago de Compostela
info@galiciasustentable.org (+34) 981 569 844
Para máis información visita a nosa web www.galiciasustentable.org ou en facebook www.facebook.com/fgsustentable
TRABALLAMOS CON...
CONCELLO DE CERDEDO CONCELLO DE CUNTIS
CONCELLO DE FENE CONCELLO DE A ESTRADA
CONCELLO DE LALÍN CONCELLO DE MIÑO
CONCELLO DE O CARBALLIÑO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
CONCELLO DE RIBADEO
COLABORAMOS CON...
Descargo de responsabilidade Este documento foi elaborado pola Fundación Galicia Sustentable e non pode ser copiado na súa totalidadenin en parte sen o seu consentimento escrito. Nel se presentan informacións que a Fundación GaliciaSustentable pode utilizar en virtud de acordos de distribución e/ou representación con diferentesorganizacións. A información contida neste documento puede conter inexactitudes por causas tipográficase/ou de actualización dos contidos. Para acceder a información actualizada consulte coa Fundación GaliciaSustentable ou no sitio web www.galiciasustentable.org
Fundación Galicia Sustentable Centro de Negocios Santiago. Rosalía de Castro 1. 15706 Santiago de Compostela.
(+34) 981 56 98 44 www.galiciasustentable.org info@galiciasustentable.org
Recommended