View
238
Download
7
Category
Preview:
DESCRIPTION
Traballo sobre esta película
Citation preview
Ramón Varela
1
Ramón Varela
2
GRITA LIBERTAD
FICHA TÉCNICA
TÍTULO ORIXINAL Cry Freedom
AÑO 1987
DURACIÓN 158 min.
PAÍS
DIRECTOR Richard Attenborough
GUIÓN John Briley
MÚSICA George Fenton
FOTOGRAFÍA Ronnie Taylor
REPARTO Kevin Kline, Penelope Wilton, Denzel Washington, John Hargreaves, Zakes Mokae, Ian Richardson, Alec McCowen, Kevin McNally
PRODUCTORA Universal Pictures
PREMIOS 1987: 3 nominaciones al Oscar: Mejor actor sec. (Denzel Washington), BSO, canción 1987: Festival de Berlín: Mención especial
XÉNERO Drama | Baseado en feitos reais. Biográfico. Anos 70. Racismo. Política. Amizade.
Ramón Varela
3
SINOPSE
Esta película baseada nun feito real, conta como cambia a vida dun
periodista branco que vive na República Surafricana cando coñece a Biko, un home
negro que lle ensina a realidade do país onde vive. Despois do seu asasinato pola
policía, o periodista é condenado a confinamento por querer publica-la verdade
sobre un país onde a separación entre brancos e negros é moi grande. Xunto coa
súa familia, o periodista consegue escapar de Sudáfrica para poder publicar un
libro sobre Biko.
1. Sitúa Sudáfrica e as súas principais cidades nun mapa.
Ramón Varela
4
As súas capitais son Pretoria (administrativa), Bloemfontein (xudicial)
e Ciudade do Cabo (lexislativa).
2. Busca información sobre o Apartheid.
O Apartheid é o resultado do que foi, no século XX, un fenómeno
de segregación racial en Sudáfrica implantado por colonizadores ingleses e
holandeses (boers), como símbolo dunha sucesión de discriminación política,
económica, social e racial. Foi chamado así porque significa "separación"
en afrikáans, lingua xermánica, crioula do neerlandés, falada principalmente en
Sudáfrica e Namibia. Este sistema consistía básicamente na división dos diferentes
grupos raciais para promover o "desenvolvemento". Todo este movemento estaba
dirixido pola raza branca, que instaurou todo tipo de leis que cubrían, en xeral,
aspectos sociais. Facíase una clasificación racial acorde á aparencia, á aceptación
social ou á ascendencia. Este novo sistema produciu revolucións e resistencias por
parte dos cidadáns negros do país.
3. Busca información sobre Steve Biko.
Stephen Bantu Biko (King William´s Town, Provincia Oriental do
Cabo, Sudáfrica, 18 de decembro de 1946 - Pretoria, 12 de setembro de 1971 ) foi
un activista sudafricano anti-apartheid.
En 1968 chegou a ser fundador e Presidente da Asociación de Estudantes
Sudafricanos (SASO), despois que estivo involucrado nas actividades da Unión
Nacional de Estudantes de Sudáfrica(NUSAS) que se consideraba que estaba
controlada por liberais e pacifistas. SASO foi unha das primeiras organizacións da
"Conciencia Negra" que emerxeu. Definiu "o negro" de maneira diferente cómo o
fixera o ANC de Nelson Mandela (ata arredor de 1965) xa que "incluía non só ós
Ramón Varela
5
Africanos (negros), senón tamén ás razas mesturadas, os mulatos e hindús,
daquela, todos estes designados como "non brancos" polo Estado do apartheid".
Un ano máis tarde, en 1969, Biko foi expulsado da Universidade. Entón
fundou e traballou no "Programa da Comunidade Negra", en Durban, "para o
desenvolvemento político e socioeconómico dos irmáns da comunidade negra
de Sudáfrica e estimular, desa forma as accións positivas para a auto-emancipación
do inhumano soxuzgamento do apartheid".
Entre os proxectos deste programa que comezou en 1972, estaba a
publicación da "Revista Negra", un esforzo por analizar as tendencias das correntes
políticas, e da cal Biko chegou a ser o editor. Posteriormente, a Revista Negra foi
censurada e o mesmo Biko quedou en arresto domiciliario en febreiro de 1973.
Prohibíuselle participar en ningunha actividade de ningunha organización, e foi
desterrado á Cidade do Rei Guillerme por cinco anos.
Estes actos de violencia estatal só aumentaron a loita emancipadora de
Biko. Continuou traballando na sucursal da Comunidade Negra da Cidade do Rei
Guillerme, e comezou a estudar dereito, por correspondencia. En decembro
de 1975 as súas prohibicións aumentaron e mesmo se lle impediu traballar no
programa comunal.
En 1975 fundou el Zimele Trust Fund, para axudar ós presos políticos e os
seus familiares. Tamén o Ginsberg Educational Trust para axudar ós estudantes
víctimas da persecución.
En 1976 foi elixido Secretario Xeral desta organización.No mesmo ano, a
Convención ol Pobo Negro (BPC) efectuou o seu congreso en Durban ó que Biko no
puido concorrer. A BPC elixiuno Presidente Honorario“.
Ramón Varela
6
4. Indica algúns dos dereitos humanos que se ve na que película que se violan
no trato a Steve Biko e en xeral no Apartheid.
Viólanse basicamente os seguinte dereitos:
Artigo 1 Todos os seres humanos nacen libres e iguales en dignidade e dereitos e,
dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente uns cos outros.
Artigo 2 Toda persona ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta
Declaración, sen distinción alguna de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.
Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdicción dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.
Artigo 3 Todo individuo ten dereito á vida, á libertade e á seguridade da súa
persoa.
Ramón Varela
7
Artigo 4 Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidume, a escravitude e a
trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.
Artigo 5 Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos
ou degradantes.
Artigo 7 Todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito á igual
protección da lei. Todos teñen dereito á igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
Artigo 9 Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
(DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS)
5. Indica algunha outra película que trate sobre o Apartheid.
Título:Invictus
Título orixinal:Invictus
Dirección:Clint Eastwood
País:Estados Unidos
Año: 2009
Duración: 133 min.
Xénero:Drama, Biográfico
Cualificación:Apta para
todos los públicos
Reparto:Matt
Damon, Morgan Freeman,
Scott Eastwood, Langley
Kirkwood, Robert Hobbs,
Tony Kgoroge, Bonnie
Henna, Grant Roberts,
Patrick Holland, Patrick
Mofokeng, Matt Stern
6. Conta tres escenas que che gustaran.
Ramón Varela
8
A escena na que deteñen por
primeira vez a Biko e cando lle
pegan unha bofetada e Steve lla
devolve o xefe de policía.
A escena cando Biko leva a
Donald ó gueto e lle ensina
como viven alí. Pareceume
impactante especialmente como
vivían os nenos.
A escena do funeral por Biko na que
Donald e Wendy parecen ser dos
poucos brancos que asisten e cando
todos comezan a cantar o himno de
Sudáfrica.
7. Describe dous personaxes da película.
Donald Woods pareceume un personaxe moi interesante. Paréceme valente pola súa
parte enfrontarse ó resto dos seus - iso si tra o período de aprendizaxe inicial que Biko
lle da para que supere o seu prexuízo- para loitar polos dereitos dos negros. Paréceme
un home bo coa súa familia e bo co mundo que o rodea e que tenta que a verdade
sempre sexa o primeiro.
A súa muller Wendy paréceme tanto ou máis valente ca el. Queda ela soa durante a
escapada de Donald a pesares do que lle pode pasar a ela e ós fillos se os descobren.
Ramón Varela
9
Ademais paréceme moito máis liberal que o seu home dende o principio.
8. Inventa outro titulo e outro final para a película.
FILLOS DE SUDÁFRICA: A LOITA POR SER IGUAIS
Ramón Varela
10
Outro final podería ser que Steve Biko se tivera salvado, quen sabe, o mellor
hogano podería ser el tamén presidente de Sudáfrica.
9. Comentario persoal.
GUSTOUME MOITO A PELÍCULA. APRENDÍN MOITISIMO CON ELA, XA
QUE NON COÑECÍA MOITO DA HISTORIA DO APARTHEID APARTE DO QUE SE
CONTA SEMPRE E MOITO MENOS COÑECIA NADA DE STEVE BIKO. PARECEUME
REALMENTE UNHA FIGURA CARISMÁTICA DA QUE TODOS DEBERIAMOS TOMAR
EXEMPLO.
Recommended