Juan Navarro Baldeweg: O poder do equilibrio e da luz Navarro Ba… · pouco son raros na nosa...

Preview:

Citation preview

PAG: Y27SC07 -- EDI: MAY27

Luns, 27 de maio de 2002 ➐

Cadro de Juan Navarro Baldeweg titulado ‘Casa e dragón’, con base en fortes manchas rectangulares congrega tódalas enerxías que xera a vivenda

ARTE

Juan Navarro Baldeweg: O poderdo equilibrio e da luzA variada obra de Juan Navarro Balde-weg (Santander, 1939) experimenta enpequenas formas lunares, creandopérgolas, corpos en tensión sobre asleis de gravidade, equilibrio e luz en ar-tiluxios posteriormente ampliados oupasados a enormes lenzos que o es-pectador pode analizar no composte-lán CGAC ata o próximo mes de xuño.

A exposición revisa os inicios dunhacarreira artística que arrancan da abs-tracción e da pintura xestual de Pollock–como afirman unha serie de cadrossen titular– ata a actualidade.

Baldeweg manexa series temáticastan coñecidas como a dos kouros, lu-nas, baños, academias ou dragóns.Moitos lenzos gardan paralelismo coasúa importante obra arquitectónica,moitas veces concretada só no plano.Estudia edificios de plan central do pa-sado tan paradigmático como o Pante-ón de Romo ou Santa Sofía de Cons-tantinopla e utilízaos como base docu-mental para o seu traballo. A cúpula co-mo flotando e bañando de luz a estan-cia é o referente de pinturas como O ba-ño negro. Todo pasa a ser reflexo nesasala de relax. A acuosidade do líquidoxera enerxías nunhas figuras que de-ben moito ás odaliscas de Ingres, a Pi-casso ou a Matisse. Conviven rodea-das do fluído en maneira similar á pro-xección de moitos dos seus edificiossobre lugares próximos á auga. A nivelarquitectónico é inevitable pensar nacúpula do Palacio de Congresos e Ex-posicións de Castela e León, levantadopolo autor en Salamanca.

Os máis variados fenómenos atmos-féricos interésanlle como para congre-

galos a todos nun mesmo cadro. A tor-menta une en turbulencia a pureza dasfolerpas de neve coa furia do vento. To-do se transforma en ornamento. As nu-bes avanescentes e as ondas do cam-bio que axitan toda ilusión, arrastran óseu paso a calquera alma vivente quese digne afronta-la tormenta.

Mellor resultado en canto ó poder fe-cundador ou fructificador da chuviaofrécea a súa versión de A chuvia deouro, ornamentación biolóxica posuín-do a unha florecente Dánae. A compra-cencia nas cores fauvistas fan da mu-ller puro lume.

Irradian tanto poder as forzas da na-tureza que ata necesitan ser custodia-das. Centinelas do aire e lume así oproclaman. Os gardiáns non son esfin-xes ou leóns; son cans nun papel máisde enmarque que defensivo no que vénser unha porta aberta a toda esperanzae oportunidade. Unha vez máis, Balde-weg recorre ó recurso arquitectónicoda oquidade no muro para poñer encuestión o hermetismo das fronteirasentre ámbalas dúas disciplinas artísti-cas.

Nos anos 90 aborda o tema paisaxís-tico, sobre todo a vista da súa casa eestudio en Xaló (Alacante). Enmarcadopor unha construcción típica da zona, anaya, dá unha visión interiorizada do lu-gar. Casa e dragón con base en fortesmanchas rectangulares, máis que en-marcar unha escena doméstica con-grega tódalas enerxías que xera a vi-venda. O magnetismo do lugar tradú-cese en fortes e onduladas liñas. Undragón chinés protexe a estancia, moti-vo moi susceptible ademais de ser pura

abstracción ó tratarse dun emblemadas forzas incontrolables da natureza.

Inscrito nun círculo e tomado das vi-vendas chinesas, é frecuente velo po-los seus aleiros. Sen embargo, tam-pouco son raros na nosa cultura occi-dental. Moitos edificios galegos locenfiguras de animais, como o lagarto, cu-lebra ou algunha ave, no exterior domuro como presaxios da boa sorte, etamén do bo susto que poden levar al-gúns, os máis crédulos. Díganllo senóná persoa do conto cando un bo día des-cubriu unha salamántiga en bronce–que parecía auténtica– deslizándosepolo muro dunha vivenda. Unha estam-pa popular así, aparece convertida enobra de arte pola acción subxectiva queencarna a pintura.

A instalación concibida expresa-mente para o dobre espacio do CGAC,Garabatos, forma como uns raios on-dulantes similares ós vistos nas súaspinturas. Suspendidos no aire actúancomo transparente escenográfico vol-vendo clarexa-lo recinto, que pasa aser diáfano a pesar de estar estratifica-do nunhas capas superpostas que nonobstaculizan en nada a dispersión daluz.

Toda a memoria artística, que evi-dentemente durante 40 anos non épouca, baixo un proceso reduccionistaensina un traballo conceptual do espa-cio real grande, xeneroso e pletórico devida. Juan Navarro é un referente inter-nacional da arte contemporánea, queconvén desfrutar no recinto artísticomáis emblemático da capital de Gali-cia.

Fátima Otero

CINE

Trazo firmeNa súa segunda película, ‘O alqui-mista impaciente’, a directora Pa-tricia Ferreira demostra man parao guión, dominio na dirección, de-cisión na elección dos temas, acto-res e colaboradores e, en xeral, untrazo firme na consecución dunhaletra con estilo, clara, comunicati-va, bela, se cadra algo fría, pero in-telixente. ‘O alquimista impacien-te’, filme baseado na novela homó-nima de Lorenzo Silva, confirma oxa sabido: un bo guión ben tecido,nas mans dun director con pulso,que sabe termar do ritmo e mane-xa-la cámara para que se vexa, in-túa e comprenda o que, ademaisdas palabras, as miradas, o andar,o rostro e cada xesto dos persona-xes, da paisaxes, dos obxectos,nos din, acaba enchendo de su-xestións a pantalla, de ideas parapensar, de diálogos para meditar.E iso é o que consegue Patricia Fe-rreira neste traballo: unha películaben tecida, fina na execución, con-sistente na xustificación, intelixen-te nos diálogos, intrigante e atrac-tiva no tema e no desenvolvemen-to deste.

Os vimbios cos que trenza ocesto parece que os movese unhaparella da garda civil intelixente,con contrastes, actual, fóra do tó-pico, que anda tratando de resol-ve-lo caso do cadáver aparecidonun cuarto de hotel. Paseniñamen-te, dato a dato, como o sarxento in-terpretado con grande credibilida-de por Roberto Enríquez ten noseu cerebro algo máis ca seme, e asoldado, ademais de posuí-la intui-ción que sería propia atribuír ámentalidade feminina, é crítica,analítica e directa, van cosendo osretallos que ó remate lles permiti-rán presentarlle ó xuíz unha histo-ria aceptable, que encaixa, funda-mentada, pois, nas súas propiaspalabras, de iso trata o seu traba-llo. E detrás desa busca aparece oresto das pezas que todo o van ex-plicando, sen sobresaltos, bentraídos: unha viúva forte e miste-riosa, unha central nuclear na quetraballaba o morto, unhas cone-xións no mundo da construcción eda política (sempre tan unidos, aque si), uns excesos, unha escalade valores que impera e se vai fa-cendo dona da sociedade actual,demostrando a directora que nonelixe os temas ó chou, que lle gus-ta escaravellar na avaricia, na con-fusión de valores e na necesidadede cambialos. Pero sen mensaxesnin panfletos, todo a través dunhahistoria madura, serena, firme.

Se lle gusta o cine ben trazado,as historias con intriga, a necesi-dade de buscar explicacións racio-nais e valentes ó que acontece,non sairá defraudado desta pelícu-la. Porque ademais dun ritmo pro-gresivo sereno, dunhas interpreta-cións axustadas, dunha voz en offdo máis crible que oín ultimamen-te, conta tamén cunha banda deson excelente, perfectamente in-crustada no miolo da historia, coque, todo ensamblado, sitúanosdiante dunha directora que mostraun trazo firme, unha voz serena eclara, unha letra de cine, desas quedá xenio ir ler á pantalla.

Miguel Suárez Abel

Recommended