O Departamento de Orientación

Preview:

DESCRIPTION

O Departamento de Orientación. C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA E.E.I. CONCHIDO E.E.I. ANGUSTIA CURSO 2007-2008. QUE É?. QUE É?. É un órgano especializado:. Que apoia a labor do profesorado. Que apoia a labor das familias. Que analiza as dificultades de aprendizaxe dos nenos -as. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

O Departamento de Orientación.

C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA

E.E.I. CONCHIDOE.E.I. ANGUSTIA

CURSO 2007-2008

É un órgano especializado:

Que apoia a labor do profesorado

Que apoia a labor das familias

Que analiza as dificultades de aprendizaxe dos nenos-as

Para dar a resposta axeitada ás súas necesidades

QUE É?QUE É?

XEFE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE

XEFE DE ESTUDOS/ DIRECTOR DO CENTRO

QUEN O FORMAMOS?

CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?

Co centro

• Facer avaliacións dos nenos-as

• Deseñar medidas de atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe

Coas familias

• Orientar ás familias na solución das dificultades que presentan os seus fillos-as

• Mediar na relación familia- titores para solución dos problemas que se poidan plantexar no traballo cos seus fillos-as

Cos nenos-as

• Facilitar apoio aos nenos-as cando máis o necesitan.

• Intervir de forma específica para previr as dificultades

Co profesorado

• Asesorar e facilitar recursos para o desenvolvemento da titoría

• Asesorar no desenvolvemento das medidas de atención á diversidade

OR

IEN

TA

DO

RA

A AUTONOMÍA NOS NENOS

DE 3 6 ANOS.

“OS NENOS E NENAS APRENDEN O QUE VIVEN”

Educar na familia e na escola esixe: Ensinar certas NORMAS dende moi pequenos

-adaptadas á súa idade -cunha organización FAMILIAR / escolar axeitada

Permite vivir nas

condicións axeitadas

para aprender

“OS NENOS E NENAS APRENDEN O QUE VIVEN”

Ensinar HÁBITOS de vida

-AUTONOMÍA -ESTUDO…

SONO

ALIMENTACIÓN

ASEO E HIXIENE

VESTIDODESVESTIDO

ORDEE

LIMPEZA

¿Que é un hábito?É unha forma de reaccionar fronte a unha

situación determinadaEX: chegamos a casa e sacamos o abrigo, deixámolo no seu sitio, e non tirado no primeiro lugar que atopamos, ou o calzado e poñemos as zapatillas…

Obtense a súa adquisición a través dun entrenamento sistemático

Repetimos a conduta varias

veces e interiorizámola

REALÍZANSE AUTOMATICAMENTE, SEN NECESIDADE DE ANALIZAR O QUE ESTAMOS A FACER.

¿Por que é importante a familia na adquisición destes hábitos?

Porque os hábitos fundamentais adquírense na etapa de 0-3 anos

Nesta etapa os nenos-as ,na maioría dos casos, non asisten a centros educativos

Porque a familia e os hábitos de vida que están instaurados na mesma, serán imitados polos seus fillos-as

Pais e Nais establecen horarios de vida: Horario de comida, de deitarse, de levantarse, de asearse, de ordenar as cousas de cadaquén…

Porque a SOBREPROTECCIÓN perxudica o desenvolvemento do neno-a

“A FAMILIA É O PRIMEIRO LUGAR DE SOCIALIZACIÓN DO NENO-A, ONDE ADQUIRE AS

PRIMEIRAS NORMAS / PAUTAS DE COMPORTAMENTO E ONDE SE ADQUIREN

TAMÉN OS PRIMEIROS HÁBITOS BÁSICOS DA VIDA DIARIA”

¿Que é un hábito básico de autonomía?

Son comportamentos principalmente domésticos

Son imprescindibles para o desenvolvemento do neno-a

Permítenlles enfrontarse as esixencias do entorno ( escola, rúa, parque…) sen ter que precisar da axuda do adulto.

Mamá estame peiteando!!!!

Eu lavo as miñas mans soa!!!!

AUTÓNOMA NON AUTÓNOMA

QUERO COMER SÓ?Como me podes ensinar?

Quero comer só?Como me podes

ensinar?Acostúmame a comer sempre á mesma hora. Debemos ensinar ao

neno-a a comer sempre á mesma hora sen “chuches” polo medio das comidas principais.Non me obrigues a comer. Non fagas da comida unha hora

de imposicións. A hora de comer non se debe asociar con algo imposto, senón como a satisfacción dunha necesidade básica.

Dame alimentos variados para que me acostume a todos os sabores.Quero comer con vós. A comida debe converterse nun

momento agradable para compartir cos pais/nais.

Quero comer só, vou intentalo ainda que non o faga ben, só así aprenderei

Ensíname a permanecer sentado mentras como, a empregar ben os cubertos…: Debémoslles ensinar aos nosos fillos-as as pautas básicas de comportamento na mesa.

“SÓ SE LLES ENSINAMOS A COMER SÓS,

FARANO BEN E ADQUERIRÁN ESTEHÁBITO DE AUTONOMÍA”

Quero vestirme e espirme só?

Como o fago?Déixame que me desvista sacando algunhas prendas de roupa.

Debemos deixarlle en primeiro lugar que saque aquelas prendas máis sinxelas para ir as máis complexas.

Eu podo abotoar e desabotoar botóns. Ensíname como facelo.

Eu sei porme os zapatos. Déixame facelo.

Eu podo atar os cordóns das zapatillas e dos zapatos. Ensíname e déixame facelo.

ENSÍNAME E DÉIXAME FACELO!!!!

NECESITO DURMIR PARA ESTAR BEN. FAIME FALTA…

Deitarme sempre á mesma hora.

Durmir as horas necesarias ( oito-dez horas como mínimo).

Durmir só. Non quero durmir cos meus pais, nin na súa habitación.

Teño que acostumarme a durmir coa luz apagadaDebemos evitar

alteracións, nos momentos de xogos,

ou nos horarios de alimentación

Se poido ….serei máis autónomo-a.

Lavar eu só/soa as miñas mans.

Lavar eu só/soa os meus dentes.

Ir ao baño eu só/soa, cada vez con menos axuda.

LIMPARME EU SÓ/SOA CUN PANO

Necesito sabercolocar cada cousa

no seu sitio

A orde é básica para o meu desenvolvemento

A orde e os xoguetes

O xogo é un elemento básico na vida dos nenos-as, xa que é a súa forma de comprender e asimilar o seu entorno e de desenvolver e afirmar a súa identidade.

A través do xogo podemos ensinar hábitos de orde:

Sinalamos un lugar onde gardar os xoguetes, que sexa axeitado á estatura do neno-a.

Ensinarémoslle dende moi pequeno- así terá o hábito de gardar os xoguetes ao final do día.

Quizáis non o faga como ti queres, pero establece expectativas razonables

Recompensa o bo comportamento do teu fillo-a.

A orde e os xoguetes

¿Como deben ser os xoguetes que compremos no Nadal, ou noutras datas?

Deben ser axeitados ao neno-a, tendo en conta as características do neno-a e do xoguete.

Debemos ter en conta a idade do neno-a á hora de elexir o xoguete que lle imos a regalar.

Debemos ter en conta para que se van a empregar os xoguetes que merquemos.

Teñen que ser seguros ( que non causen accidentes aos seus usuarios)

Mercaremos xogos educativos, fundamentalmente: puzzles, contos, xogos de ordenador, e aqueles que aos nenos-as lles gustan.

Que non inciten á violencia, agresividade, ou que produzan adicción

¿Cómo lograr que o neno-a adquira progresivamente os

hábitos de autonomía?Trátase dun proceso normal que na maioría dos casos se realiza

de forma “NATURAL”.Cando queremos que o neno-a aprenda un comportamento debemos

formular un obxectivo moi concreto:

Quero que ( o meu fillo-a), aprenda a comer só, usando a cuchara, o garfo e o coitelo, sen tirar comida o chan e inxerindo todo tipo de alimentos.

Quero que ( o meu fillo-a), coma de forma correcta e civilizada.

O neno-a ten que ter a oportunidade de practicar o que desexamos que faga,pero iso supón:

o ESFORZO

o MÁIS TEMPOo PACIENCIA

CONTRIBÚE Á ADQUISICIÓN DO HÁBITO

SÍnon

¿Cómo lograr que o neno-a adquira progresivamente os

hábitos de autonomía?Debemos aproveitar o desexo espóntaneo do neno-a, axudarémoslle

a realízalo e felicitarémolo polo éxito obtido.

Algúns hábitos deben ensinarse porque non se adquiren de forma natural.

Temos que ensinarlle ao neno-a os momentos, lugares ou ocasións nas que debe realizar unha conduta: HORA DE ASEARSE, HORA DE IR AO BAÑO, DE LAVAR AS MANS, DE DEITARSE, LUGAR ONDE SE GARDA A ROUPA, LUGAR ONDE SE COLOCAN OS XOGUETES…

Necesitan sempre ter un horario establecido para a realización das tarefas.

-Permite ter unha vida organizada-Elaborar un sistema de rutinas e costumes

¡Os hábitos adquírense practicando, hai que darlle

oportunidades de aprendizaxe ao neno-a!

VEXAMOS DOUS EXEMPLOS

EXEMPLO 1:“Xoan ten 5 anos. Cando chega do colexio, entra na casa coma un vendaval, deixa a carteira na entrada e o abrigo no primeiro lugar que atopa. Despois esixe con urxencia o bocadillo da merenda. Trala merenda a mamá de Xoan recolle o abrigo e cólgao no armario, e leva a carteira ao seu cuarto, ao mesmo tempo que lle berra e rifa dicíndolle: “Es un desastre, sempre deixas todo por aí tirado”…

EXEMPLO 2:“Unha nai con dous nenos-as de 3 e 1 anos entrégalle o pixama ao maior e pídelle que o poña mentras que atende ao máis pequeno. O maior queda perplexo mirando o pantalón que ten na man e tarda polo menos dous minutos en reaccionar, neste tempo a súa mamá non lle presta ningunha atención porque está cambiando un cueiro. O neno decídese a introducir un pé e levalle un minuto máis dar co burato correspondente. Mamá entón, bótalle unha mirada e observa os seus intentos, “así moi ben”, dille mentres lle axuda a colocar ben o pé “agora mete o outro”. Cinco minutos despois o pequeno aprendiz amosa orgulloso a mamá como puxo o pantalón”.

RECOLLER O ABRIGO NON LLE AXUDA A QUE OUTRO

DÍA O RECOLLA ÉL.

A través do esforzo, tempoe paciencia o neno

aprenderá a por o pantalón el só.

Autónom

o

Non

autónom

o

SEIS CLAVES PARA EDUCAR BEN AOS NOSOS FILLOS-AS

1.-Unidade entre o pai e a nai.Debemos consensuar a lista de valores do noso fogar.

2.-Órdes , as imprescindibles.Non hai que dar demasiadas órdes, estas deben ser claras e concisas 3.- Os /as nenos/as son un reflexo dos maiores. Os nenos-as nunca poden dicir que faga unha cousa se nunca a viron facer.4.-Coida a súa autoestima. Para que os nenos-as gañen en

autoestima non basta con dar mensaxes positivos, hai que basearse en éxitos conseguidos

5.Cando estés co teu fillo-a: Céntrate!!!. Eles deben sentir que son o máis importante para nós

6.-Síntonía entre a familia e a escola: O centro escolar é colaborador dos pais que son os principais educadores dos seus fillos-as.

Epara

rematar…

QUERIDO EDUCADOR

recorda que a fráxil memoria dos teus fillos-as,

esquece facilmente o que aprenderon

Pero a memoria do seu corazón, retén para sempre o que sentiron e viviron.

Se queres educar, procura non encher a súa mente de coñecementos.

É moito mellor que enchas os seus corazóns de valores e de vivencias.

Recorda que …Prodúcese máis calor acendendo un misto …

Que falando do lume.

Que iluminas moito máis acendendo unha vela

que describindo o Sol.

Se queres educar, non impoñas os teus camiños.

Mostra os teus ideais, camiñando. Que o peso de normas e de preceptos

non lles afogue.

Recorda que... non se pode educar sen amor...

Así pois, quere aos teus fillos-as tal como son.

Se amas e vives sinceramente …Educarás sen proporcho.

Se non amas, se non vives sinceramente...

Non educarás, por moito que o intentes.

Recordade sempre:

“Os nenos e nenas

aprenden o que viven e

experimentan”

.

Silvia.

Dpto. de Orientación.

C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA

Moitas grazas.

Recommended