View
0
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Peza
: “O
rapt
o das
sabin
as”,
de N
icolas
Pous
sin (p
roba
blem
ente
1633
–34)
| Har
ris Br
isban
e Dick
Fund
, 1946
| The
Met
ropo
litan
Mus
eum
of A
rt
dese
ño: o
vopu
blicid
ade.c
om | D
L PO
506-
2019
AFORO LIMITADO
Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € - Estudantes, parados e xubilados 4,00 €Abono para todas as funcións: 42,00 € + gastos | Abono para todas as funcións estudantes, parados e xubilados: 28,00 € + gastos As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos,pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.Este cartaz é meramente informativo e a programación pode sufrir variacións por causas alleas á organización. Consulta a información actualizada na web do Pazo: www.pazodacultura.org
PONTEATRO
PON TEA TROAs actividades marcadas con * contan co apoio económico de:
Promove:
10 OUT | MEDIDA X MEDIDA DE SHAKESPEARE (Producións Teatráis Excéntricas S.L)
24 OUT | PINK UNICORNS* (La Macana)
7 NOV | BERNARDA (Malasombra Producións)
28 NOV | COMMEDIA (Contraproducións S.L)
19 DEC | LIBERTO* (Marelas Producións)
XOVES | 21:00h
18 OUT | HEMOS VENIDO A DARLO TODO* (Voadora)
22 NOV | MEMORIAS DUN SER HUMANO DISPERSO (VERSIÓN 7.0)* (Producións Dispersas)
VENRES GOLFOS | 23:00h
OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2019TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2019TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
PON TEA TROOUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2019TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
XOVES | 21:00h VENRES GOLFOS | 23:00h
10 OUTMEDIDA X MEDIDA DESHAKESPEAREProducións Teatráis Excéntricas S.L
O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un mozo de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento coa tentativa de salvar a súa vida. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado desde as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante.
24 OCTPINK UNICORNSLa Macana
O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de pór en escena a un pai co seu fllo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai.
7 NOVBERNARDAMalasombra Producións
1975. Unha vila de Galicia. Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco.
Quédanlle dúas fillas mozas e xemelgas . Bernarda decreta o estado de loito. Durante dous anos non poden ver a televisión, nin escoitar a radio, nin ler revistas. Durante dous anos só poden saír da casa para ir á misa, á tenda ou ao cemiterio. Durante dous anos as contras deben estar pechadas día e noite. Fóra, a sociedade da transición está cambiando. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.
28 NOVCOMMEDIAContraproducións S.L
Reedición da peza estreada en 1993 que acabou sendo un dos fitos do teatro galego.
Unha homenaxe para as vidas, profesionais e humanas, de todas as xentes de todos os oficios escénicos que botaron a andar e afianzaron o noso teatro.
Premios Compostela 93 Mellor Dirección e Mellor EspectáculoPremio de la Crítica del País Valencià 1994Premio de la A.I.T.A. de Alicante 1995Premio María Casares ao Mellor Espectáculo 2019
19 DECLIBERTOMarelas Producións
Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Desde unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida.
Liberto é un canto á vida desde a primeira persoa interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano. Un texto e unha proposta formal asentada nas atmósferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo.
Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal e, por iso, contra todo prognóstico, cheo de vitalidade.
18 OUTHEMOS VENIDO A DARLO TODOVoadora
A peza é o manifesto, o manual e o pacto de Voadora coa experiencia escénica desde o brillo de todos os seus elementos: O movemento, a música e as imaxes.
Un compromiso co teatro que se sinte, máis que co que se pensa, para o que precisan de todos os vatios, todo o talento e toda a imaxinación do mundo.
Voadora quere firmar co aquí e o agora, co inesquecíbel e con todas esas cousas que o espectador non pode atopar en ningún sitio máis que nunha sala de teatro.
22 NOVMEMORIAS DUN SER HUMANO DISPERSO. VERSIÓN 7.0Producións Dispersas
Esta peza de Diego Freire é un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por un personaxe desubicado, disfuncional e un pouco esquizofrénico, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido, a un lugar moi lonxano no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?
Foto: Áureo Gómez
Recommended