Papeis da academia 2013 curtametraxes calcetines

Preview:

DESCRIPTION

 

Citation preview

CURTAMETRAXE Candidata

CALCETIN(E)SI.G. Documentación

SINOPSE: Unha historia de amor e desamor, de recordos, de remordementos, de intriga... de amizade. Unha historia de... Calcetin(e)s.

O amor chega cando menos se conta...

Brais traballa fabricando bisagras en Lamastelle. Un día, sen previo aviso notifícanlles que se producirá un cambio na actividade e que consistirá na fabricación de rodas para portas de corredoira.

Este cambio tráelle tráxicos recordos do pasado, polo que decide pedir o traslado a outra área, a cociña. Descoñece o traballo e non consegue adaptarse, un día sufocado pola situación ten un accidente laboral no que queda mancado no chan, xusto antes de perder a consciencia ve o pés dunha persoa que lle axuda pero non identifica quen é.

A partir dese momento a historia transcorre no proceso de busca da que considera “é a muller da súa vida”, converténdose nunha obsesión. Os seus amigos, preocupados polo seu comportamento, deciden tomar parte e axudarlle na busca.

Atoparase con moitas sorpresas, vivencias que lle farán cambiar de actitude ante a vida.

FICHA EQUIPO TÉCNICO:Dirección: Iago GonzálezAxudantes de dirección: Fe Cortón Fernández e Tamara García LemaGuión: co-creación, baixo a dirección de Iago González, de Mireya Delgado Vega, Amparo Díaz Martínez, Eva María Fernández Dans, Miguel Fernández Sasiaín, Manuel Penido Santos e Fé Cortón FernándezProdución: Tamara García LemaProdución executiva: Isabel IglesiasImaxe: Iago González e José Manuel Louzao DovaleEdición: Iago GonzálezSon: Iago GonzálezMúsica: GMR

FICHA EQUIPO ARTÍSTICO:Miguel Penido Santos (Brais)Miguel Fernández Sasiaín (Alberto)Eva María Fernández Dans (Alba)Amparo Díaz Martínez (Noelia)Mireya Delgado Vega (Laura)Iñaki Ojeta Úbeda (Pablo)Marcos Pereiro (o médico)Carlos Barbeito Bugallo (pai)Daniel Prado Santalla (Brais peque)Martín Blanco Lameiro (famento 1)Walter Vázquez Calvo (famento 2)María del Pilar Fustes (ela mesma)Suso Aldao (motorista)

Fichas e fotos das obras presentadas á XI edición dos Premios Mestre Mateo

ÍNDICE

366 / 367A ACADEMIA

FORO ACADEMIA ABERTA

PREMIOS MESTRE MATEO

OUTRAS ACTIVIDADES DA ACADEMIA

TEMA CENTRAL ANUARIO

ARTIGOS DE OPINIÓN DOS SOCIOS

AS PRODUCIÓNS

FESTIVAIS

AS MÚSICAS DA ACADEMIA

OBITUARIO

XULLO 2012 / XUÑO 2013

PAPEIS DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL