View
10
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
6
Unidade
1CONTIDOS
Ao finalizar esta unidade, mellorarás a túa capacidade de:
• Ler textos coa intención de gozar deles.
• Distinguir entre léxico e vocabulario e ampliar e preci-sar o teu vocabulario.
• Recoñecer os elementos da comunicación, a estrutu-ra das palabras e os diferentes tipos de palabras.
• Comprender noticias de xornais e elaborar noticias pro-pias seguindo os modelos estudados.
• Valorar a diversidade lingüística e a lingua como her-danza cultural viva e como medio de expresión.
• Recoñecer textos literarios e os elementos da comu-nicación literaria.
• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a bus-ca de información e para a aprendizaxe.
COMPETENCIAS BÁSICAS
Comunicación
LecturaA derradeira falante
Lingua oral e escritaA noticia
Funcionamento da lingua
Léxico e semánticaLéxico e vocabularioO corpo humano
GramáticaA comunicación humanaA palabra
OrtografíaO alfabeto galego
Lingua e sociedade
As linguas do mundo
Literatura
O texto literario
7
ORGANIZACIÓN NON-GOBERNAMENTAL
SURVIVAL
Obra. Survival é unha organización internacio-
nal fundada en 1969 e dedicada ao apoio aos
pobos indíxenas de todo o mundo. Este é o seu
enderezo en Internet: www.survival.es
Este fragmento. É unha adaptación dunha re-
portaxe publicada o 4 de febreiro do 2010 na
web desta ONG. Nela dáse conta da morte da
señora Boa Sr, o derradeiro membro dun pobo
indíxena das Illas Andamán, no Índico.
A señora Boa Sr morreu a semana pasada os 85 anos. Ela era a última
persoa que aínda falaba bo, unha das dez linguas andamanesas. Cre-
se que os bo levaban vivindo nas Illas Andamán uns 60 000 anos, o
que os converte nos descendentes dunha das culturas máis anti-
gas da Terra.
As Illas Andamán son un arquipélago de xurisdición1 india no me-
dio do océano Índico, ao leste da costa de Myanmar (a antiga Birma-
nia). Arredadas da evolución histórica da India, están poboadas
por diversas tribos, moitas delas sen contacto externo. As illas son
consideradas un paraíso para os lingüistas, dada a riqueza de idio-
mas que existe nese territorio.
Boa Sr era a máis anciá dos andamaneses, dos que xa unicamente
sobreviven 52 persoas. Os andamaneses procedían orixinariamente
de dez vilas indíxenas diferentes. Cando os británicos colonizaron as
Illas Andamán en 1858, os andamaneses sumaban 5 000 persoas,
5
10
15
A derradeira falante
Podes imaxinar que ti foses o derradeiro membro do teu pobo?
Que sentirías? Explícallelo aos teus compañeiros.
99 m
Península
Arábiga
cana
Mar Arábigo
I Seicheles
I. Socotora
I. Maldivas
Golfode Bengala
Su
matra
Borneo
Célebe
I. Andamán
I. Nicobar
Mar
de
Ch
ina
Mer
idio
nal
Hainan
I. Filipin
Mar de Xava
Made Cél
China OrTaiwán
I Chagos
I. Laquedivas
R. Ganxes
Ceilán
R. M
ekong
Golfo de Adén
Penínsulade Somalia
Zanzíbar
RShabeelle
a
Penínsulade Indostán
Penínsulade Indochina
Penínsulade Malaca
1 xurisdición: ámbito en que unha autoridade ten poder nun territorio.
mais a maioría delas foi asasinada ou morreu polas enfer-
midades que levaron consigo os colonizadores.
Tras non lograren «pacificar» os pobos indíxenas por medio
da violencia, os británicos intentaron «civilizalos» capturan-
do moitos deles e manténdoos no que se coñecía como «Fo-
gar Andamán». Dos 150 nenos que naceron neste lugar nin-
gún viviu máis de dous anos.
Os andamaneses superviventes dependen en gran medida
dos alimentos e do acubillo2 que lles proporciona o go-
berno da India. O abuso do alcohol está estendido entre a
súa poboación.
Boa Sr naceu na selva na zona norte das illas Andamán e cre-
ceu na sociedade tradicional, aprendendo a apañar as pa-
tacas silvestres, a cazar os porcos salvaxes e a pescar.
A mediados dos anos setenta do século
XX, o goberno indio trasladou as
grandes tribos de andamaneses a
unha soa illa cerca de Port
Blair. Ela entón pasou a vi-
vir nunha casopa3 de mu-
ros de cemento e tellado
de lata que lle propor-
cionou o goberno, so-
brevivindo con racións
de comida do Estado
e cunha pensión de 500
rupias (7,7 euros) ao mes.
A profesora e lingüista An-
vita Abbi, que coñecía a
Boa Sr desde hai moitos
anos, declarou tras a súa
morte: «Debido a que ela era
a única persoa que falaba bo,
encontrábase moi soa, non tiña
ninguén con quen conversar…
Boa Sr tiña un gran sentido do hu-
mor, e o seu sorriso e a súa garga-
llada profunda eran conta-
xiosos».
«Non podes imaxinar a dor e a angustia que sentín cada día
ao ser a única testemuña muda da perda dunha cultura
excepcional e dunha lingua única», engadiu a profesora
Abbi.
Nunha ocasión Boa Sr comentoulle a Abbi que sentía que
os seus veciños, os indíxenas jarawa, que non foron decima-
dos4, tiñan sorte de vivir na súa selva, afastada dos colo-
nos que agora ocupan boa parte das illas.
Boa Sr sobreviviu ao tsunami que devastou Asia en de-
cembro do 2004. Segundo lles comentou aos lingüistas: «To-
dos nos atopabamos alí cando sobreveu o terremoto. Os
nosos maiores dixéronnos: ‘a Terra podería partirse, non co-
rrades nin vos movades’. Os anciáns dixéronnolo, e así foi
como o soubemos».
Os especialistas aproveitaron o seu teste-
muño vivo para recoller a lingua bo e
estudala, pero foi imposible
mantela viva. A propia Boa Sr
tivo que renunciar ao seu
uso (por falta de interlocu-
tores) e aprendeu o hin-
di para se comunicar
coa comunidade.
Con todo, a súa voz se-
gue viva nalgunhas
gravacións. A organi-
zación Survival colgou
na súa web un audio no
que Boa Sr canta unha
canción en bo.
Fontes internas de Survi-
val manifestaron: «Coa
morte de Boa Sr e a extin-
ción da lingua bo, unha par-
te única da humanidade é
xa só un recordo. A súa mor-
te é un deprimente recorda-
torio de que non debemos
permitir que isto lles acon-
teza a outros pobos indí-
xenas das Illas An-
damán».
2 acubillo: protección.3 casopa: casa de dimensións reducidas e de pouca altura, cun teitoao que se chega coa man.
4 decimados: sometidos a un grande estrago ou mortaldade, a causadalgunha fatalidade.
8 1. A derradeira falante
ComunicaciónLECTURA
20
25
30
35
40
45
50
55
60
65
75
70
80
85
90
95
Despois de ler
91. A derradeira falante
ComunicaciónLECTURA
COMPRENSIÓN
1. Indica que palabras do texto corresponden a estas definicións.
A. Conxunto de illas máis ou menos próximas. � . . . . . . . . . . .
B. Xesto que se fai ao sorrir. � . . . . . . . . . . .
C. Risa ruidosa, prolongada e sonora. � . . . . . . . . . . .
D. Onda de gran potencia destrutiva, que se produce por un gran move-
mento sísmico submarino. � . . . . . . . . . . .
2. Selecciona a opción axeitada para completar estes enunciados.
• Crese que os bo levaban vivindo nas illas Andamán...
A. 300 anos B. 60000 anos C. 1000 anos
• As Illas Andamán son actualmente de xurisdición...
A. xaponesa B. británica C. india
• Do pobo bo unicamente sobreviven hoxe...
A. 5000 persoas B. 700 persoas C. 52 persoas
• Anvita Abbi, que coñecía ben a señora Boa Sr, é...
A. profesora e lingüista B. historiadora C. directora de cine
3. Responde estas preguntas sobre o texto.
• Que supuxo a chegada dos británicos ás illas Andamán en 1858?
• Por que envexaba a señora Boa Sr os indíxenas jarawa?
• Como conseguiu sobrevivir a señora Boa Sr ao tsunami do ano 2004?
4. Indica nunha táboa coma a seguinte como era a vida da señora Boa Sr
antes do traslado das tribos indíxenas a unha soa illa e como foi despois.
5. Dálle ao texto un novo título. Sigue estes consellos.
• Utiliza unha soa frase ou oración. Procura que esta sexa atraente e
que sintetice ben o contido global do texto.
— Contrastade e comentade en grupos as vosas propostas.
REFLEXIÓN
6. Escribe un breve texto no que expoñas a túa opinión razoada sobre este fragmento da lectura.
En grupos, organizade unha investigación so-
bre linguas do mundo que, por desgraza,
desapareceron recentemente. Seguide es-
tas pautas:
• Pescudade información sobre as seguintes
persoas:
Tuone Udaina
Fanny Cochrane Smith
Dolly Pentreath
Ned Maddrell
Tevfik Esenç
Marie Smith Jones
• Podedes consultar libros de texto, enciclo-
pedias, Internet...
• Reunide en fichas todo tipo de datos de
cada persoa (nome, imaxe, lugar onde vi-
vía, ano en que faleceu, lingua que falaba...).
• Por último, creade entre todos un «Atlas dos
derradeiros falantes». Para isto, situade as
fichas anteriores (e outra da lingua da se-
ñora Boa Sr) nun gran mapa do mundo que
colgaredes na aula.
«Debido a que ela era a única persoa que falaba bo, encontrábase moi soa, non tiña ninguén
con quen conversar. [...] Non podes imaxinar a dor e a angustia que sentín cada día ao ser a úni-
ca testemuña muda da perda dunha cultura excepcional e dunha lingua única.»
ANTES DESPOIS
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
CREACIÓN @ �
7. En cada serie hai unha palabra que non pertence ao léxi-
co da lingua galega. Identifícaa e indica a que outra lin-
gua corresponde.
A: can - home - calle - coitelo
B: peixe - four - verme - xeitoso
C: blue - xurelo - mestre - xullo
D: primavera - aldraxe - cedo - olvidar
8. Demostra cales das palabras definidas forman parte do teu
vocabulario localizándoas na sopa de letras.
• Utensilio composto dun mango longo e dunha parte cón-
cava, que serve para levar á boca líquidos e alimentos
pouco consistentes. � . . . . . . . . . . . . . .
• Período de cen anos. � . . . . . . . . . . . . . .
• Construción de palla ou doutros materiais que fan as aves
para poñeren os ovos e criaren. � . . . . . . . . . . . . . .
• Nai da miña nai ou do meu pai. � . . . . . . . . . . . . . .
• Voz queixosa e prolongada que emite o lobo. � . . . . . . . . . . . . . .
• Polígono de oito lados e de oito ángulos. � . . . . . . . . . . . . . .
9. En grupos, comprobade a amplitude do voso vocabulario
poñendo un X nas palabras coñecidas desta serie.
otite etíope xaxún vea
prebe insomnio asubiar convoi
recendo aceno sinatura bulir
crebar candea crucial airexa
valse minarete folerpa cranial
— Individualmente, copiade dun dicionario o significado
das palabras descoñecidas.
AC
TIV
IDA
DES
10 1. A derradeira falante
Os humanos comunicámonos, fundamentalmente, a través da linguaxe ver-
bal. As palabras son o elemento fundamental desta linguaxe: elas ordenan o
noso pensamento e codifican a nosa experiencia.
— Indica cales destas palabras coñeces e cales son novas para ti.
coello platea nifrar neno arroz
besteiro porta auga estadullo guecho
Todas as palabras anteriores pertencen á lingua galega, mais con seguridade ti
non usas nin coñeces todas elas.
En función do anterior, os lingüistas adoitan distinguir entre léxico e vocabulario.
O léxico é o conxunto de palabras dunha lingua. O vocabulario é o conxunto
de palabras que un falante coñece ou emprega.
É fundamental enriquecer o vocabulario propio, non só para coñecermos máis
palabras, senón tamén para empregarmos as que xa coñecemos con máis pre-
cisión e propiedade.
Léxico e vocabulario
A adquisición de palabras é gradual
ao longo da nosa vida. Calcúlase que
un neno dun ano pode usar entre 3
e 8 palabras, un rapaz de 6 anos do-
mina xa unhas 2 500 palabras e un
adulto utiliza entre 20 000 e 30 000
palabras.
Con todo, ningún falante coñece
todas as voces dun idioma. O núme-
ro de palabras dunha lingua é moito
maior. Por exemplo, os dicionarios
máis completos da lingua galega su-
peran as 100000 entradas.
Adquisición do vocabulario
LÉXICO
VOCABULARIO
S N U C O S R A
O P I E R E U V
A T V Ñ L C N O
V U L L O U R A
O G U A F L E X
O C T O G O N O
Funcionamento da linguaLÉXICO E SEMÁNTICA
A
R
10. Identifica co número adecuado o nome de cada parte do
corpo.
pescozo cu perna
cóbado embigo xeonllo
costas peito man
ombro coxa brazo
pé calcaño nocello
cabeza barriga caluga
11. Relaciona cada unha destas partes da cara co seu signifi-
cado.
12. Asocia cada adxectivo da esquerda cun sinónimo e cun an-
tónimo.
SINÓNIMO ANTÓNIMO
A. feble zoupón liso
B. torpe albo repoludo
C. rizo manicho hábil
D. pálido crecho moreno
E. esvelto débil forte
F. zurdo baril destro
13. Clasifica estas accións segundo se realicen cunha parte da
cara, coas mans ou con todo o corpo.
— En parellas, ampliade estas listaxes.
14. Asocia cada frase feita co seu significado.
FRASES FEITAS
A. Chamarlles aos pés compañeiros.
B. Ser un cara lavada.
C. Facer da boca cu.
D. Ter a mosca detrás da orella.
E. Tanto ter ás costas coma ao lombo.
F. Non dar o brazo a torcer.
SIGNIFICADOS
Manter de xeito obstinado unha idea ou postura.
Ser un desvergoñado.
Desconfiar.
Retractarse do dito.
Escapar a toda présa.
Dar igual, non haber diferenza.
— Crea un texto no que introduzas, con sentido, cantas fra-
ses feitas anteriores poidas.
111. A derradeira falante
AC
TIVID
AD
ESFuncionamento da lingua
LÉXICO E SEMÁNTICA
Coas actividades deste apartado has ampliar e precisar o teu vocabulario refe-
rido ao corpo humano.
O corpo humano
pálpebra - meixela - sen - beizo
pestana - cella - fronte - queixo
• Cada unha das partes
avultadas e moles que es-
tán a ambos os dous la-
dos da cara. � . . . . . . . . . . . .
• Membrana móbil que co-
bre e protexe o ollo. �
. . . . . . . . . . . .
• Cada unha das partes car-
nosas que rodean o bor-
do da boca. � . . . . . . . . . . . .
• Parte lateral da cabeza,
entre a parte superior do
ollo e a orella. � . . . . . . . . . . . .
• Parte superior da cara, com -
prendida entre as cellas
e a raíz do pelo. � . . . . . . . . . . . .
• Prominencia da cara que
corresponde á mandíbu-
la inferior. � . . . . . . . . . . . .
• Bordo superior da órbi-
ta do ollo, e conxunto de
pelos que o cobren. �
. . . . . . . . . . . .
• Cada un dos pelos que
nacen nos bordos das
pálpebras. � . . . . . . . . . . . .
xacer - rabuñar - palpar - tremer - bicarpestanexar - aloumiñar - asir - choutar
anicar(se) - beliscar - erguer(se) - bocexar
CUNHA PARTE
DA CARACOAS MANS
CON TODO
O CORPO
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
12 1. A derradeira falante
Funcionamento da linguaGRAMÁTICA
A miúdo, na nosa vida cotiá, damos e recibimos algún tipo de información: ao
escoitarmos o espertador pola mañá, cando vemos un sinal de stop, cando
saudamos os nosos amigos, ao escoitarmos unha canción na radio... Todos estes
son actos de comunicación.
Elementos da comunicaciónEn todo acto comunicativo intervén unha serie de elementos: emisor (ou emi-
sora), receptor (ou receptora), mensaxe, código, canle e contexto. Deseguido ve-
remos en que consiste cada un.
— Observa o acto comunicativo representado pola seguinte nota e os ele-
mentos que interveñen nel.
A comunicación humana
Os humanos podemos comunicar-
nos por medio de signos de todo tipo:
sinais, xestos... Mais o conxunto de
signos máis importante é a lingua-
xe verbal.
A linguaxe é a capacidade que ten
toda persoa de comunicarse cos de-
mais mediante a palabra (oral ou
escrita).
A linguaxe pode manifestarse en
diferentes códigos segundo a comu-
nidade na que nos atopemos. Cada
un destes códigos recibe o nome
de lingua ou idioma.
A lingua é un código formado por
signos lingüísticos e por regras gra-
maticais cuxo coñecemento compar-
ten os falantes dunha comunidade
determinada: lingua galega, castelá,
inglesa, chinesa...
A linguaxe e as linguas
EMISOR/A
Persoa que emitea mensaxe.
A profesora
RECEPTOR/A
Persoa que recibea mensaxe.
Os alumnos
CÓDIGO
Conxunto de signos quecómpre coñecer para entender a mensaxe.
A lingua galega
MENSAXE
Información que transmite o emisor.
Aprazamento do exame
CANLE
Medio polo que se transmite a mensaxe.
O papel
CONTEXTO
Circunstancias que envolven o acto comunicativo.
As causas, o momento, o lugar... do anuncio
do aprazamento.
Podemos dicir, en síntese, que a comunicación é un proceso que se pon en mar-
cha cando un emisor lle transmite unha mensaxe a un receptor co que compar-
te un código (e tamén unha canle e un contexto).
Aos alumnos/as de 1.o C.
O exame de Matemáticas queda
aprazado para o vindeiro xoves ás
11:30.
A profesora
131. A derradeira falante
Funcionamento da linguaGRAMÁTICA
Xa vimos na páxina 10 que os seres humanos nos comunicamos basicamente
a través de palabras. Con elas poñémoslles nome a obxectos (libro, porta), a
seres vivos (Xurxo, can), a calidades (alto, vermello), a accións (cantar, beber)...
A palabra é a unidade da lingua que representa unha idea ou un concepto (li-
bro, can, vermello, cantar...).
A estrutura da palabraAs unidades que forman a palabra son o lexema (ou raíz), que achega o signifi-
cado básico, e os morfemas, que proporcionan información sobre o xénero (mas-
culino ou feminino), o número (singular ou plural) ou sobre outros aspectos.
— Repara nas partes que forman a palabra amigos.
O lexema é tamén a parte da palabra que normalmente non varía (amigo,
amiga, amigos, amigas; ando, andei, andaban...), mentres que os morfemas
constitúen a parte variable das palabras (amigo, amiga, amigos, amigas; ando,
andei, andaban...).
— Indica agora as partes que forman estoutras palabras.
neno - gatas - saltei - xefa
Hai diferentes tipos de morfemas. Na seguinte táboa podes ver, con exem-
plos, como se clasifican.
A palabra
amigos
amig- -o -s
lexema
significado:
‘persoa que
mantén unha
relación de
afecto e
confianza
con outra’
morfema
xénero
masculino
morfema
número
plural
TIPOS DE MORFEMAS
CONSTITUTIVOS
(NON CAMBIAN O SIGNIFICADO DA PALABRA)
DERIVATIVOS
(CAMBIAN O SIGNIFICADO DA PALABRA
E CREAN PALABRAS NOVAS)
XÉNERO
(MASCULINO
OU FEMININO)
NÚMERO
(SINGULAR
OU PLURAL)
DESINENCIAS VERBAIS
(PERSOA, TEMPO...)
PREFIXOS
(ANTES DO
LEXEMA)
SUFIXOS
(DESPOIS DO
LEXEMA)
lobo / lobalobo /
/ lobos
canto, cantas, can-
ta, cantamos...
desfeito
predicir
papeleira
caloroso
14 1. A derradeira falante
Funcionamento da linguaGRAMÁTICA
Clases de palabrasDependendo do seu significado, forma e función, distinguimos varias clases de
palabras (ou categorías gramaticais): substantivos, artigos, adxectivos, pronomes,
verbos, adverbios, preposicións e conxuncións.
— Observa esta oración, na que destacamos exemplos das oito diferentes cla-
ses de palabras.
O meu novo veciño chamoume por teléfono pero eu non estaba na casa.
Segundo posúan varias formas ou unha soa, as clases de palabras anteriores agrú-
panse en variables ou invariables.
Nas próximas unidades estudaremos polo miúdo estas clases de palabras.
artigo
substantivo
verbo
preposiciónadxectivo
conxunción adverbio
pronome
PALABRAS VARIABLES
CLASE VARIACIÓN EXEMPLOS
substantivo xénero e número amigo, amiga, amigos, amigas
adxectivo xénero e número alto, alta, altos, altas
artigo xénero e número un, unha, uns, unhas
pronome xénero, número e persoa eu, ti, el / ela, nós, vós, eles / elas
verbo modo, tempo, número e persoa canto, cantaron, cantarás...
PALABRAS INVARIABLES
CLASE EXEMPLOS
adverbio antes, despois, ben, mal, aquí, aí, máis, menos, quizais, non...
preposición a, agás, ata, con, desde, en, entre, para, por, sen, tras...
conxunción e, nin, ou, que, pero, porque, senón, pois, como...
Abreviacións
Neste libro, imos referirnos decote ás
clases de palabras usando formas abre-
viadas. Son as seguintes:
PALABRAS ABREVIACIÓNS
subs
adx
art
pron
v
adv
prep
conx
substantivo
adxectivo
artigo
pronome
verbo
adverbio
preposición
conxunción
15. Identifica os elementos que interveñen en cada un destes
actos de comunicación.
— En parellas, contrastade e revisade as vosas respostas.
16. Analiza, nunha táboa coma a que che presentamos, a estru-
tura destas palabras.
17. Engade estes sufixos ás voces que aparecen despois e in-
dica que nova clase de palabra formaches.
ollo (substantivo) � ollar (verbo)
nacer (verbo) � . . . . . . . . . . . . . . . (. . . . . . . . . . . . )
pestana (substantivo) � . . . . . . . . . . . . . . . (. . . . . . . . . . . . )
abdome (substantivo) � . . . . . . . . . . . . . . . (. . . . . . . . . . . . )
xeito (substantivo) � . . . . . . . . . . . . . . . (. . . . . . . . . . . . )
crer (verbo) � . . . . . . . . . . . . . . . (. . . . . . . . . . . . )
18. Rodea cun círculo a palabra de cada serie que non se corres-
ponde coa clase das demais. Razoa a túa resposta.
Substantivos: medo - María - estrada - nunca - incendio
É un adverbio.
Adxectivos: novo - limpa - nariz - xeitoso - aceso
Artigos: o - uns - unha - elas - as
Pronomes: isto - alguén - ti - de - calquera
Verbos: xogan - volveu - forte - voaba - limpei
Adverbios: fermosa - aquí - mal - bastante - onte
Preposicións: para - cruz - desde - entre - en
Conxuncións: nin - porque - que - e - agora
19. Identifica a clase de palabra á que corresponden as voces
destacadas neste texto xornalístico.
151. A derradeira falante
AC
TIVID
AD
ESFuncionamento da lingua
GRAMÁTICA
incorrectas - pensei - mozos - rebaixan - pulseira - viúva
LEXEMA
MORFEMAS
CONSTITUTIVOS DERIVATIVOS
XÉNERO NÚMERODESIN.
VERBAISPREFIXOS SUFIXOS
-correct-
. . . .
-a-
. . . .
-s
. . . .
–
. . . .
in-
. . . .
–
. . . .
ACTO A ACTO B ACTO C
Emisor: . . . . . .
Receptor: . . . . . .
Mensaxe: . . . . . .
Canle: . . . . . .
Código: . . . . . .
Contexto: . . . . . .
Emisor: . . . . . .
Receptor: . . . . . .
Mensaxe: . . . . . .
Canle: . . . . . .
Código: . . . . . .
Contexto: . . . . . .
Emisor: . . . . . .
Receptor: . . . . . .
Mensaxe: . . . . . .
Canle: . . . . . .
Código: . . . . . .
Contexto: . . . . . .
A
B
C
-mento / -oso / -exar / -inal / -ar / -nza
O Club Deportivo Tenerife confirmou a contratación dolucense Xoán Carlos Mandiá Lorenzo como máximo res-ponsable técnico do persoal branquiazul ata o finalda tempada. O adestrador galego chegará á illa acom-pañado do seu axudante Antonio Puche e do prepara-dor físico Enrique Sanz. Mañá dirixirá o seu primeiroadestramento.
La Voz de Galicia (27-9-2010)
R
16 1. A derradeira falante
Funcionamento da linguaORTOGRAFÍA
A palabra alfabeto provén da combinación das dúas primeiras letras gregas: alfa
e beta. O alfabeto, ou abecedario, é o conxunto de letras, ordenadas, que re-
presentan os sons dunha lingua. O alfabeto galego consta de 23 letras (5 vo-
gais e 18 consoantes).
Alfabeto
Polo xeral, a cada letra (ou grafía) correspóndelle un único son. Non obstante,
ás veces non hai unha correspondencia exacta entre letras e sons.
• Dúas letras distintas poden soar igual.
centro - zume («c» e «z» teñen, nestes casos, o mesmo son)
base - vaso («b» e «v» teñen o mesmo son)
• Unha letra pode ter dous sons distintos.
centro - conto (o «c» soa distinto en cada caso)
• A letra «h» non representa son ningún.
humano (o «h» non soa)
• Dúas letras xuntas poden representar un único son. Estas letras emparella-
das chámanse dígrafos.
sorrir (as letras «rr» xuntas representan un único son)
Dígrafos
O alfabeto galego
LETRA
a
b
c
d
e
f
g
h
i
l
m
n
NOME
a
be
ce
de
e
efe
gue
hache
i
ele
eme
ene
DÍGRAFO
ch
gu
ll
nh
qu
rr
NOME
ce hache
gue u
ele dobre
ene hache
que u
erre dobre
LETRA
ñ
o
p
q
r
s
t
u
v
x
z
NOME
eñe
o
pe
que
erre
ese
te
u
uve
xe
ceta
As letras «j», «k», «w» e «y» non per-
tencen ao alfabeto galego. As pala-
bras que as conteñen proceden dou-
tras linguas, como o inglés, o xapo-
nés, o alemán, o ruso...
judo póker show hobby
Letras doutros alfabetos
� O alfabeto galego ten 23 letras: 5 vogais e 18
consoantes.
20. Resolve o encrucillado cos nomes dos elementos debu-
xados. Despois soletrea cada unha das palabras. Sigue o
exemplo resolto.
A: cuncha � ce - u - ene - ce hache - a
21. Repara en como se tranforma a palabra da esquerda, letra
a letra, ata formar a da dereita.
— Fai agora ti transformacións equivalentes con estou-
tras palabras.
22. Cambia as letras destacadas por dígrafos para formar pa-
labras novas. Nalgúns caso terás máis dunha posibilidade.
Consulta un dicionario se é preciso.
para � parra, palla maleta � . . . . . . . . . . . . . . .
petar � . . . . . . . . . . . . . . . aseo � . . . . . . . . . . . . . . .
uva � . . . . . . . . . . . . . . . fiar � . . . . . . . . . . . . . . .
parte � . . . . . . . . . . . . . . . tema � . . . . . . . . . . . . . . .
— En grupos, revisade e ampliade as vosas respostas.
23. Troca os círculos vermellos polos dígrafos axeitados e for-
ma refráns populares galegos.
• �en ben se aconse�a poucas veces e�a.
• Para �egar e en�er algu�a maña hai �e ter.
• �en ten a ba�iga �ea, non cre na fame a�ea.
• Máis vale u�a a�i�oada �e dous a�es.
24. Le detidamente as regras para establecer a orde alfabéti-
ca das palabras.
— Tendo en conta estas normas, ordena alfabeticamente
estas series de apelidos.
Pereira - Outes - Biqueira - Risco
Castelao - Castro - Castiñeira - Castaño
Braxe - Brañas - Bravo - Brandariz
Pousa - Portas - Pombo - Ponte
Ferreiro - Fraga - Fontela - Figueira
25. En grupos, xogade a formar palabras ao xeito do concur-
so «Cifras e letras» da TVG. Seguide estas indicacións.
— Comeza o xogo co enfrontamento de dous grupos. O
profesor ou profesora fai de presentador/a.
— O presentador/a vai dicindo aleatoriamente nove letras,
que serán vogais ou consoantes segundo pidan os vo-
ceiros de cada grupo.
— Despois, nun límite de trinta segundos, cada grupo in-
tenta formar con esas nove letras as palabras máis lon-
gas posible. Gaña o grupo coa palabra máis longa e suma
tantos puntos como letras tivese esa voz.
— O proceso repítese tres veces. Ao final resulta gañador
o grupo que obtivese máis puntos.
— Deseguido, poden enfrontarse outros dous grupos.
17
@
1. A derradeira falante
AC
TIVID
AD
ESFuncionamento da lingua
ORTOGRAFÍA
• Se a primeira letra é diferente, esta é a que mar-ca a orde: arte, bico, centola...
• Se a primeira letra é igual, marca a orde a se-gunda: cadro, centola, chourizo...
• Se as dúas primeiras letras son iguais, marca aorde a terceira: cear, cemento, centola...
• E así sucesivamente.
dado - dato - data - rata - ruta
remo - . . . . . . . . . . - . . . . . . . . . . - . . . . . . . . . . - saia
arte - . . . . . . . . . . - . . . . . . . . . . - . . . . . . . . . . - onda
caza - . . . . . . . . . . - . . . . . . . . . . - . . . . . . . . . . - polo
C
B
A
D
E
F
G
H
C U N C H A
�
A
A
R
ComunicaciónLINGUA ORAL E ESCRITA
O tipo de texto máis sinxelo e común que podemos atopar na prensa escrita é
a noticia. Esta consiste no relato breve, obxectivo e claro dun acontecemento
de actualidade. Na estrutura básica da noticia adoitan distinguirse catro par-
tes: título, subtítulo, entrada e corpo.
— Analiza mediante estas táboas a estrutura da noticia anterior. Resume
coas túas palabras o contido de cada parte.
A noticia
27 nacionalidades nos cursos de galego para estranxeiros da USC
Hoxe inaugurouse o curso de galego para estranxeiros da Universidade de Santiago. 85 matriculados proceden-
tes de 27 países.
Un total de 85 alumnos e alumnas procedentes de 27
países de todo o mundo aprenden galego este verán na
USC (Universidade de Santiago de Compostela). Fano a
través do Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estran-
xeiros e Españois de fóra de Galicia, que organizan o Ins-
tituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega e que
financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
No acto de apertura oficial do curso, que tivo lugar esta
mañá na Facultade de Filosofía da USC, o responsable
de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no feito de
que «a todos os alumnos e as alumnas do curso os une o
ánimo de coñecer a lingua, a cultura e a historia que nos
identifica os galegos e as galegas no mundo».
Xunto con Lorenzo, tamén participaron na apertura oficial
dos cursos o reitor da Universidade de Santiago de Com-
postela, Xoán Xosé Casares Long; o presidente da Real Aca-
demia, Xosé Luís Méndez Ferrín; a directora do Instituto
da Lingua Galega, Rosario Álvarez Blanco; e o director dos
cursos de verán, Francisco Fernández Rei.
A do 2010 é a vixésimo terceira edición dos cursos, nos que
xa participaron máis de 2 200 alumnos de moi diversos
países de todo o mundo. Este ano os 85 estudantes matri-
culados proceden de 27 Estados: Alemaña, Arxentina,
Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Costa Rica,
Croacia, Cuba, España, EUA, Finlandia, Francia, Grecia, Hun-
gría, Indonesia, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Perú,
Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Ucraína e Xapón.
www.anosaterra.org (8-7-2010)
CONTIDO RESUMO
TÍTULOFrase ou oración que presenta a no-
ticia de forma sintética e atraente.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
CONTIDO RESUMO
SUBTÍTULOEnunciado breve que vai despois
do título e que o completa.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
CONTIDO RESUMO
ENTRADA
Parágrafo inicial que ofrece, resumi-
da, a información esencial: Quen
protagoniza a noticia? Que aconte-
ce? Onde? Cando? Como? Por que
ou para que?
Quen?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Que?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Onde?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Cando?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Por que ou para que?: . . . . . . . . . . . .
Título
Subtítulo
Entrada
Corpo
18 1. A derradeira falante
26. Tira destas entradas de noticias toda a información básica
que conteñen (Que? Quen? Onde? Cando? Como?...).
— Crea un título para cada unha das entradas anteriores.
Procura resumir o seu contido de forma atraente.
— En pequenos grupos, lede os vosos diferentes títulos e
escollede os que vos parezan mellores.
27. Formade grupos e localizade en xornais en galego tres
noticias que se axusten claramente á estrutura de título,
subtítulo, entrada e corpo.
— Fotocopiade e recortade estas noticias. Despois desta-
cade as diferentes partes con cadansúa cor. Por exem-
plo:
Título � Vermello
Subtítulo � Laranxa
Entrada � Verde
Corpo � Azul
— Por último, expoñede no taboleiro da aula as noticias se-
leccionadas por cada grupo.
28. Redacta unha noticia seguindo estas indicacións.
— Lembra algún acontecemento de interese que sucede-
se hai pouco na túa bisbarra: un espectáculo, un en-
contro deportivo, unha festa, un accidente...
— Despois de faceres as consultas e as pescudas que con-
sideres oportunas, anota a información básica da noti-
cia nunha ficha coma esta.
— Redacta a noticia completa de acordo co modelo estu-
dado. Podes acompañala dalgunha fotografía.
— Expoñede todas as vosas noticias no taboleiro da aula.
@
AC
TIVID
AD
ES
CONTIDO RESUMO
CORPO
Parágrafos que desenvolven o resto
da noticia ampliando a información
da entrada con datos secundarios,
declaracións dos protagonistas...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
A. Dous ciclistas faleceron onte e outros tres resul-taron feridos tras seren atropelados no termo mu-nicipal de Los Palacios y Villafranca (Sevilla) porun turismo, cuxo condutor, de 27 anos, foi deti-do por carecer de seguro e de carné vixente.
Galicia Hoxe, 27-9-2010
Que?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Quen?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Onde?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Cando?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Como?: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Por que ou para que?: . . . . . . . . . . . . . .
B. O Obradoiro de Santiago sucedeu o Breogán deLugo como campión da Copa Galicia de ba-loncesto ao impoñerse na final deste sábado aoAugas de Sousas Ourense por 72-61. A supe-rioridade técnica e física do conxunto santiaguésresultou determinante fronte ao cadro de PacoGarcía, que nunca se rendeu pero que terminouclaudicando.
De Luns a Venres, 26-9-2010
D. A Semana de Cine de Autor de Lugo deu co-mezo onte coa proxección da película As imaxesperdidas. A outra mirada, que foi presentada porun dos seus actores protagonistas, o polifacé-tico Javier Gurruchaga, e polo director, Juan Pin-zás. Máis de corenta traballos cinematográfi-cos e documentais estarán presentes no cicloque organiza o Grupo Fonmiñá e que alcanzaa súa trixésimo segunda edición.
La Voz de Galicia, 26-9-2010
C. Polo menos catrocentos crocodilos conseguironescapar dunha reserva situada no estado mexi-cano de Veracruz logo das inundacións quedeixou ao seu paso o furacán Karl, informaronfontes federais. Por este motivo, as autoridadesemitiron unha alerta para seis municipios da zonacosteira central de Veracruz, que permanecenbaixo as augas desde o venres pasado.
Galicia Hoxe, 10-9-2010
ComunicaciónLINGUA ORAL E ESCRITA
191. A derradeira falante
R
20 1. A derradeira falante
LINGUA E SOCIEDADE
A facultade humana para a comunicación concretouse ao longo do planeta en
miles de códigos lingüísticos diferentes que coñecemos como linguas.
A lingua non é só unha ferramenta de comunicación entre os membros dun
pobo ou sociedade, é ademais un sinal de identidade que diferencia ese pobo
ou sociedade dos outros, xa que cada lingua reflicte o xeito particular de inter-
pretar a realidade que ten o grupo que a fala. É dicir, con ela plásmase a visión
do mundo que ten cada sociedade.
Pero, cantas linguas hai no mundo? Aínda que a cuantificación das linguas os-
cila segundo os estudos e os criterios que se manexen, a cifra aproximada que
se tende a dar é a de 6 000 linguas.
Se dividimos o número de linguas do mundo entre o número de estados (que
non chegan a 200), comprobamos que a cada estado lle corresponde unha
media de 30 linguas. Noutras palabras, a realidade máis habitual no mundo é
o multilingüismo.
Estados con maior
número de linguas
Existen varios criterios para a clasificación das linguas do mundo, e un deles é
o xenético, é dicir, hai linguas que están relacionadas entre si porque descenden
dunha mesma lingua anterior. Dise, entón, que esas linguas pertencen a unha
mesma familia lingüística, e dentro de cada unha pode haber grupos ou
subfamilias.
No seguinte mapa podes ver a distribución no planeta das principais familias lin-
güísticas.
As linguas do mundo
Unha das dificultades para saber o
número de linguas do mundo é que
estas están en constante evolución.
Por outra parte, tamén existe o fac-
tor da desaparición de idiomas, como
viches na lectura da unidade.
Calcúlase que durante o século XXI,
por desgraza, desaparecerá a metade
das 6 000 linguas do planeta.
O número de linguas
Papúa-Nova Guinea 800 linguas
India 430 linguas
Nixeria 400 linguas
México 280 linguas
Australia 260 linguas
Indoeuropea
Urálica
Altaica
Afroasiática
Níxer-Congo
Dravídica
Austronesia
Sino-tibetana
Amerindia
Austroasiática
Papúa
Australiana
Nilo-Sahariana
Khoisan
Caucásica
Esquimó-aleutiana
29. Consulta enciclopedias, libros de texto, Internet... e comple-
ta estas táboas sobre linguas e estados. Comprobarás así a
non-correspondencia entre estado e lingua.
— Contrasta as túas respostas coas doutros compañeiros.
30. En parellas, investigade nas mesmas fontes da actividade
anterior e clasificade estes idiomas segundo a familia lin-
güística á que pertencen.
— Nun mapa do mundo, situade a localización de cada unha
destas linguas.
31. Non todas as linguas teñen a mesma representación gráfica.
Atopa nesta sopa de letras os nomes de cinco idiomas con
alfabetos e formas de escritura diferentes dos nosos.
— En grupos, buscade en Internet imaxes do alfabeto destas
linguas e investigade máis sobre elas. Escríbense igual ca
o galego (de esquerda á dereita)? En que países se falan?
Que outras linguas comparten esas características?...
— Por último, expoñede cada grupo por quendas a infor-
mación recompilada..
32. Desenvolvede na aula un coloquio no que comentedes a re-
lación entre o estudado neste apartado e o contido da
lectura da unidade.
— O profesor ou profesora fará de moderador/a e intro-
ducirá os posibles temas para tratar.
@
@
21
@
1. A derradeira falante
AC
TIVID
AD
ESLINGUA E SOCIEDADE
O galego forma parte da familia indoeuropea porque procede do latín e este, á
súa vez, vén do indoeuropeo. Este idioma, o indoeuropeo, era falado contra o
ano 2500 a. C. por un pobo situado entre o Danubio e o Mar Negro, que se foi es-
tendendo progresivamente cara a Europa e cara a Asia.
A familia indoeuropea é a máis importante en número de falantes, pois máis
de 2 000 millóns de persoas falan unha lingua indoeuropea. Pertencen a ela, ade-
mais do galego, idiomas como o castelán, o inglés, o ruso, o hindi...
T U C L A S G A
A M H A R I C O
G T I E A C N C
R A N U B X A H
E U E P E R S U
G D S L O U E A
O G I O F L E O
F C T O D A N O
chinés - portugués - amhárico - finés - zulú - mongol malabar - tibetano - malgaxe - tagalo - turco - támil
bretón - quechua - suahili - hebreo - navaho - húngaro
FAMILIA
INDOEUROPEA
FAMILIA
AFROASIÁTICA
FAMILIA
SINO-TIBETANA
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
FAMILIA
URÁLICA
FAMILIA
NÍXER-CONGO
FAMILIA
AUSTRONESIA
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
FAMILIA
ALTAICA
FAMILIA
DRÁVIDA
FAMILIA
AMERINDIA
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
LINGUA EN QUE ESTADOS SE FALA?
alemán .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
guaraní . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
saami . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
ESTADO QUE LINGUAS SE FALAN NEL?
Suíza . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Bolivia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Irlanda . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
A
A
�
22 1. A derradeira falante
LITERATURA
A literatura (termo que procede da palabra latina littera, que significa ‘letras’)
é a arte que utiliza como instrumento a palabra, tanto para comunicar como para
obter pracer a través da súa beleza.
— Le estes dous textos, que comparten o seu contido: a lingua.
O texto literario
Denotación. Significado primario e
básico dunha palabra, común para
os falantes por estar ausente de sub-
xectividade.
Connotación. Sentido ou valor se-
cundario que unha palabra adopta
por asociación con outras ideas.
Denotación e connotación
Lingua. s.f. 1 Órgano muscular móbil dos vertebra-
dos, situado na cavidade bucal, que no home, axuda
a articular sons, participa no proceso de mastigar e de-
glutir os alimentos, e é sede de parte do sentido do
gusto. 2 Código verbal natural usado polos membros
dunha sociedade concreta, que está constituído por
un variado repertorio de elementos e regras.
Dicionario da Real Academia Galega
Texto non-literario
É fermoso utilizar esta lingua nosaque se funde e confunde co nosopropio sangue, usar esta ferramentaluída polos beizos dos devanceiros,palabras vivas que expresaron–e expresan– medos, alegrías,amores, dores, loitas e arrepíos.Falar sen pensar é tirar sen apuntar.
É fermoso traballar esta música,estes soídos que teñen un rumorde bosco e labradío, un zoarde trebón e ritmos de onda iradae mariñeira; arca que pecha todaa sabedoría popular, vencelloque nos xungue e define como pobo.Falar sen pensar é tirar sen apuntar. [...]
Manuel María,
O libro das baladas
Texto literario
— Completa agora esta táboa distinguindo cun X os trazos que correspon-
den aos textos anteriores.
CARACTERÍSTICASTEXTO
NON-LITERARIO
TEXTO
LITERARIO
Ten unha finalidade práctica, pretende infor-
mar ou ensinar.. . . . . . . .
A linguaxe é connotativa, é dicir, pode suxe-
rirlles aos lectores diferentes ideas, sensacións.... . . . . . . .
Presenta a mensaxe de forma subxectiva,
xa que vemos a realidade a través do punto
de vista do autor/a.
. . . . . . . .
A linguaxe é denotativa, isto é, clara, precisa
e sen ambigüidades.. . . . . . . .
Presenta a mensaxe de forma obxectiva, sen
introducir valores afectivos ou persoais.. . . . . . . .
A súa finalidade é estética, busca crear be-
leza e conmover o lector/a.. . . . . . . .
231. A derradeira falante
LITERATURA
Podemos concluír que o texto literario é aquel que resulta ao achegarlle a un
acto normal de comunicación unha finalidade estética. Os textos literarios ca-
racterízanse ademais por presentar un mundo subxectivo, de ficción, onde todo
é posible e por utilizar a linguaxe dunha maneira especial, na que predominan
a connotación e o uso de diferentes recursos estilísticos.
Elementos da comunicación literariaAo lermos calquera texto literario, estamos a facer efectivo un acto de comuni-
cación literaria, no cal é posible detectar os mesmos elementos ca en calquera
outro acto de comunicación humana: un emisor, un receptor, unha mensaxe...
Por extensión, o termo literatura de-
signa tamén o conxunto de produ-
cións creadas nunha nación (literatu-
ra galega), nunha época histórica (li-
teratura medieval) ou nun xénero
(literatura policial, por exemplo), así
como o conxunto de obras que tra-
tan sobre unha arte ou ciencia (lite-
ratura médica, literatura xurídica...).
Concepto de literatura
Emisor/a
O autor ou autora da obra,
que transmite unha men-
saxe servíndose da lingua
literaria.
Receptor/a
A persoa que le a obra,
que a oe se esta é recita-
da ou que a ve e a oe se
é representada.
Mensaxe
O contido do texto, o que
o emisor/a quere transmi-
tir.Canle
O medio material a través
do que se transmite a
obra. Pode ser un libro ou
outras canles (o aire, se
é un recital, Internet...).
Código
A lingua literaria que usou
o emisor/a. Esta dispón
dunha serie de xéneros
e recursos que facilitan a
expresión do autor/a.
Contexto
As circunstancias per -
soais, sociais, históricas...
que rodean e condicio-
nan o acto de comunica-
ción literaria.
33. Indica se estas afirmacións son certas (C) ou falsas (F).
— Agora, transforma as oracións falsas en certas.
34. Le estes textos literarios e, atendendo á súa connotación,
indica cales das seguintes palabras «definen».
carballos � muíño �
galo � agarimo � lúa �
— Copia dun bo dicionario a definición non-literaria destas
mesmas palabras.
— Comentade en grupos as diferenzas entre os textos lite-
rarios e os non-literarios.
35. Le esta definición de lobo e despois crea un texto literario
(poema, conto...) que teña como tema central este animal.
— Lede en grupos os vosos textos e despois comentade as
semellanzas e as diferenzas entre eles.
36. Le esta cantiga medieval de Martín Codax e identifica os ele-
mentos da comunicación que interveñen nel.
ELEMENTOS
A. Emisor B. Receptor
C. Mensaxe D. Canle
E. Contexto F. Código
NA CANTIGA ANTERIOR
A Idade Media e a época actual
Martín Codax
A lingua galega medieval
O libro
Os lectores
A muller pregúntalles ás ondas se virá o seu amado
Lobo. s. m. Mamífero carniceiro dos cánidos
(Canis lupus), semellante a un can, de 1 m de
longo, cabeza aguzada, orellas tesas, rabo
longo e peludo.
Gran dicionario século XXI da lingua galega
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo!
e ai Deus, se verrá1 cedo.
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado!
e ai Deus, se verrá cedo.
Se vistes meu amigo,
o porque eu sospiro!
e ai Deus, se verrá cedo.
Se vistes meu amado
porque ei gran cuidado!
e ai Deus, se verrá cedo.
Martín Codax
verrá1: virá.
AC
TIV
IDA
DES
24 1. A derradeira falante
LITERATURA
CERTO FALSO
A voz literatura provén do latín littera,
que significa ‘beleza’.. . . . . . . .
Calquera texto escrito é literario. . . . . . . . .
A denotación é o significado básico e
obxectivo dunha palabra. . . . . . . . .
A connotacion é o sentido secundario
e subxectivo dunha palabra.. . . . . . . .
As circunstancias persoais, sociais ou
históricas que rodean o acto de comu-
nicación literaria son a canle.
. . . . . . . .
O que o autor/a dun texto literario pre-
tende transmitir é a mensaxe.. . . . . . . .
C. Estades na cha chantados
solemnes e centenarios.
Manuel María
B. Roula, roula; roula, roula.
Dalle voltas á carroula;
roi o grao louro e duro.
X. Crecente Vega
E. As mans, como navíos,
asulcan o teu cabelo,
mar que se escacha en fíos
na frente sete-estrelo.
Fermín Bouza Brey
A. Ábrelle as portas ao día
coa chave do teu cantar.
Luís Amado Carballo
D. É velliña,
de brancos cabelos.
Luís Amado Carballo
R
�
�
Funcionamento da lingua: léxico e semántica• O léxico é o conxunto de palabras dunha lingua.
• O vocabulario é o conxunto de palabras que un falante co-
ñece ou emprega.
Funcionamento da lingua: gramática• Os actos de comunicación constan destes elementos: emi-
sor, receptor, mensaxe, código, canle e contexto.
• A palabra é a unidade da lingua que representa unha idea ou
un concepto.
• A estrutura da palabra (neno) consta de dúas partes: o lexe-
ma (nen-), que achega o significado básico, e os morfemas
(-o), que ofrecen información de xénero, número... Os morfe-
mas poden ser constitutivos (xénero, número e desinencias
verbais) ou derivativos (prefixos e sufixos).
• Existen diferentes clases de palabras: substantivo, adxectivo,
artigo, pronome, verbo, adverbio, preposición e conxunción.
Funcionamento da lingua: ortografía• O alfabeto galego contén 23 letras (a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n,
ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z). Os dígrafos son combinacións de dúas
letras que representan un único son (ch, gu, ll, nh, qu, rr).
Comunicación: lingua oral e escrita • Unha noticia é o relato breve, obxectivo e claro dun aconte-
cemento de actualidade. A estrutura básica da noticia ten
catro partes: título, subtítulo, entrada e corpo.
Lingua e sociedade• No mundo fálanse unhas 6 000 linguas. Estas agrúpanse en
familias lingüísticas, é dicir, idiomas que comparten unha
orixe común. O galego forma parte da familia indoeuropea.
• Tendo en conta que no planeta hai menos de 200 estados,
comprobamos que o máis habitual son os estados multi-
lingües.
Literatura• A literatura é a arte de comunicar, e tamén de crear beleza,
a través da palabra.
• O texto literario é aquel texto que creamos desde un pun-
to de vista subxectivo, cunha finalidade estética e utilizando
unha linguaxe connotativa.
• No acto de comunicación literaria interveñen os mesmos
elementos ca en calquera outro acto de comunicación huma-
na: emisor, receptor, mensaxe, código, canle e contexto.
251. A derradeira falante
SÍNTESE
SABÍAS QUE…?
A ESCRITURA XEROGLÍFICA
Os antigos exipcios ata o século IV empregabano que se coñece como escritura xeroglífica.Este sistema de escritura era moi com-plexo, pois combinaba debuxos, sím-bolos e fonemas.
O máis curioso é que estes xeró-glifos resultaron incomprensiblesata 1822, cando o francés Jean-François Champollion logrou des-cifrar a «Pedra Rosetta», unha granlaxe que tiña gravado un mes-mo texto en tres tipos de escritu-ra diferentes: xeroglífica, demó-tica e grega. A pedra fora des-cuberta en 1799 e só 23 anos des-pois se deu desenvolvido un mé-todo para ler a escritura xero-glífica.
FALANDO EN SILENCIO
A comunidade xorda considera a linguaxe designos, que se basea en códigos xestuais, unhalingua natural (moitos xordos téñena como lin-gua materna).
A característica máis importante da lingua designos (a que a diferencia das demais linguas)é a utilización lingüística única do espazo. Estesistema de comunicación emprega o move-mento corporal e as expresións faciais paracodificar moita información de tipo grama-tical: preposicións, adverbios, tempo verbal,orde das frases...
Contrariamente ao que se adoita crer, a lin-gua de signos non é universal e existen di-ferentes linguas de signos en todo o mun-do. Igual que sucede coas linguas orais,decote as fronteiras estatais non coincidencoas lingüísticas.
Recommended