View
53
Download
7
Category
Preview:
Citation preview
Sistemas operativos e linguaxes de programación
1
Sistemas operativos multiusuario:GNU/Linux
1. GNU/LINUX
Consideracións previas
Introducción a GNU/Linux
2. SO Ubuntu.
Instalación de Ubuntu.
Contorna de traballo en Ubuntu.
Administración.
Configuración de rede.
3. Ofimatica en Ubuntu: OpenOffice
Este manual está elaborado a partir dos manuais de Antonio de Andrés Lema e Carlos
Carrión Álvarez publicados en:
http://informatica.iessanclemente.net/manuais/index.php/Portada
Sistemas operativos e linguaxes de programación
2
Sistemas operativos multiusuario:GNU/Linux
1. GNU/LINUX
Consideracións previas
Introducción a GNU/Linux
Sistemas operativos e linguaxes de programación
3
Consideracións previas
Software libre
Son aqueles programas nos que o usuario ten a liberdade de poder executalos, modificalos, copialos,
redistribuílos e melloralos.
software libre baséase nun movemento creado por Richard Stallman a través da Free Software
Foundation
Software privativo
Son aqueles programas nos que o usuario só os pode executar, e ademais na maior parte dos casos
paga por iso, por poder usalos. Non 98% dos casos o usuario paga por unha licenza de uso.
Para que se entenda
Vostede vai a un restaurante e pide un prato da carta. O camareiro sérvelle o prato, vostede alcanza a
descubrir que leva patacas e lombo de porco, pero pouco máis. Non sabe como foi elaborado, que
especies leva, etc. Se vostede quixera reproducilo na súa casa teríao difícil. Se lle pide a receita ó
cociñeiro, este non lla vai dar.
Agora vostede vai a outro restaurante e pide o mesmo prato, cando é servido este vén acompañado
cunha folla onde se indican tódolos ingredientes e a forma de elaboración. Agora si que vostede o
pode realizar na súa casa e incluso melloralo e publicar a receita mellorada.
En ámbolos dos casos vostede: comeu, pagou, saíu encantado co trato, etc., pero o segundo
facilitoulle poder realizar o mesmo prato na súa casa e mesmo redistribuír a receita entre as
amizades. Pois ben, o primeiro restaurante é software privativo, mentres que o segundo é software
libre
Exemplos de software libre
O sistema operativo GNU/Linux.
A ferramenta ofimática OpenOffice.org (Aínda que estea instalada en MS Windows).
A ferramenta deseño GIMP (aínda que estea instalada en MS Windows).
O navegador de internet Mozilla Firefox (aínda que sexa usado nun sistema operativo privativo)
Podemos atopar en Internet diversas listaxes de software libre:
Páxina da Universidade de Cádiz
cdlibre.org
Exemplos de software privativo
Entre outros: Os sistemas operativos MicroSoft Windows e MAC os da empresa Apple para os
ordenadores Macintosh.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
4
Os programas de mensaxería (Messenger e Skepe), que aínda que son gratis non se poden
modificar nin ver como están feitos. No restaurante comeríamos gratis pero non nos darían a
receita.
O navegador Internet explorer de Microsoft Windows
A ferramenta ofimática MS Office
O visor de PDF, Acrobat Reader, pola mesma razón que o Skepe.
etc.
Canto custa o software?
Como no caso dos restaurantes vostede pagou nos dous, isto é, pagou o servizo, os ingredientes, o
local, o camareiro, etc. Pois ben, software libre non debe ser confundido con gratis. Vostede pode
pagar a alguén para que lle arranxe o ordenador, para que lle instale tal ou cal programa, etc. Se a
vostede lle instalaron todo software libre vostede paga polos servizos e o tempo consumido, o CD,
etc. Se a vostede lle instalaron software privativo, ademais debe pagar polas licenzas de uso.
Se vostede instala os programas na súa casa, sen a axuda de ninguén, no caso do software libre só
pagaría o CD no que veu o programa, o custe de internet, se o baixou, etc, pero o demais é o seu
tempo. No caso do software privativo vostede pagaría ademais a licenza de uso e non llo podería
pasar a ninguén.
Son un pirata?
Se vostede pasa ou copia programas privativos entre as amizades, os baixa de internet, etc. e
introduce chaves de activación falsas ou dun amigo, sen pagar por elas, a resposta é ... si. Se vostede
fai o mesmo con software libre a resposta é non.
Sistemas operativos
Sistemas operativos privativos
Cítanse entre outros:
Microsoft Windows, con tódalas súas versións (95, 98, NT, 2000, 2003, XP, Vista, 7, etc.)
MacOS X de Apple, tamén dispón de varias versións, Puma, Jaguar, Panther, Tiger,
Leopard, sendo a máis actual o Snow Leopard. Se por algo se caracterizan os sistemas
operativos MacOS X é pola súa vistosidade e facilidade de uso.
Unix é no que se basea linux e pertence á empresa The Open Group. Este sistema
operativo sóese usar en grandes servidores de grandes corporacións ou institucións, pero
cada vez gánalle máis terreo linux.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
5
Sistemas operativos libres
Cítanse entre outros:
FreeBSD derivado de UNIX, pertence á Berkelee Software Distribution (BSD) da
Universidade de California.
GNU/Linux, aínda que todo o mundo o simplifica chamándolle Linux. En
realidade Linux é o núcleo do sistema, o moitos dos programas e librerías que o
rodean proceden dun proxecto coñecido como GNU (Gnu is not Unix).
Pronúnciase “ñu”, como o animal.
É conveniente introducir o concepto de distribución. Un grupo de usuarios, ou empresas,
collen o básico de GNU/linux e compleméntano cos programas que satisfacen un conxunto de
necesidades. A esa compilación chámaselle distribución. Hoxe en día, soe haber casas
comerciais detrás de cada unha, son moi contadas as excepcións.
Por mencionar algunhas distribucións, aínda que cada unha dela tamén ten versións:
OpenSuse pertence á casa Novell, entre as versións máis recentes están: OpenSUSE
11.2 e OpenSUSE 11.3
Fedora respaldada e promovida por Red Hat. A versión máis recente é Fedora 14.
Ubuntu pertence a empresa Canonical Ltd. O seu dono Mark Shuttleworth foi o primeiro
turista espacial africano. Esta distribución é que se considera que goza de maior
popularidade con máis de 8.5 millóns de usuarios. As versións máis recentes son 10.10 e
10.04, sendo a seguinte a 11.10. Cada seis meses sae unha versión nova e noméase co
ano e número de mes de saída (ano.mes)
Programas ou aplicacións
O sistema operativo non proporciona ferramentas para compoñer textos complexos, levar as contas,
realizar presentacións, ver un vídeo, navegar por internet, etc. Para todo iso existen aplicacións ou
programas que cubren as necesidades dos usuarios e que deben ser instaladas nos distintos
sistemas operativos.
Os rogramas ou aplicacións, ao igual que os sistemas operativos, tamén poden ser privativos ou
libres, PERO OLLO:
Hai empresas que denvolven o mesmo programa 'privativo' tanto para sistemas operativos
privativos como libres. Por exemplo, o programa privativo, para ler arquivos PDF, Adobe Acrobat
Reader, pódese instalar tanto sobre o sistema operativo MS Windows como GNU/Linux. Pero
segue sendo un programa non libre, pois non se pode acceder ó seu código nin modificalo, a
empresa non facilita a receita.
Pola contra tamén hai empresas e grupos de usuarios voluntarios que desenvolven programas
libres e que poden ser usados tanto en sistemas operativos libres coma privativos. Por exemplo, a
ferramenta ofimática OpenOffice.org (así se chama) pode ser instalada tanto en MS Windows, en
Mac OS, como en GNU/Linux.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
6
Finalmente, hai programas tanto privativos como libres que só funcionan nun só sistema
operativo.
A continuación expóñense un conxunto de aplicacións das máis coñecidas ou usadas:
Ferramentas ofimáticas
Serven para compoñer textos, operar con follas de cálculo, realizar presentación, xestionar bases de
datos, etc.
Microsoft Office da empresa Microsoft.
É unha suite ofimática privativa.
Só está dispoñible para MS Windows e para MacOS X
As súas versións, entre outras, son MS Office 97, 2000, 2002, 2003, 2007 e a recente 2010
incompatible con tódalas anteriores e con calquera estándar. Non confundir coas versións do
sistema operativo MS Windows, xa que cada unha vai polo seu lado. Por ter MS Windows non
significa que se teña que ter o MS Office instalado.
Entre os seus compoñentes máis coñecidos están: MS Word (procesador de textos), MS Excel
(folla de cálculo), MS Power Point (presentacións) e MS Access (bases de datos)
OpenOffice.org suite ofimática desenvolvida por Sun Microsestems e por voluntarios
tanto particulares como empresas e gobernamentais.
É unha suite ofimática libre.
É multiplataforma, está dispoñible tanto para MS Windows, Mac OS como en GNU/Linux.
A última versión é a 3.3.
Entre os seus compoñentes máis coñecidos, e que leen e poden modificar documentos
producidos por MS Officce, están: Writer (procesador de textos), Calc (folla de cálculo),
Impress (presentacións) e Base (bases de datos).
Xenera documentos PDF automaticamente.
Navegadores de internet
Internet explorer, navegador privativo da empresa Microsoft, inseparable do sistema operativo
MS Windows, no único que funciona. A versión 8 é a máis actual.
Mozilla Firefox navegador 'libre' desenvolvido por Mozilla Foundation e un montón de
voluntarios ó redor do mundo. Funciona tanto en MS Windows, Mac OS, GNU/Linux, etc. A última
versión é a 3.6.
Opera, da empresa Opera Software, non é libre . É multiplataforma (MS Windows, Mac OS,
GNU/Linux, etc). A súa última versión é a 11.01.
Safari, desenvolvida por Apple para o seu Mac Os. Non é libre e tamén está dispoñible para MS
Windows. A súa última versión é a 5.
Google Chrome, desenvolvida por Google para calquera Sistema Operativo.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
7
Introdución a GNU/Linux
Breve historia de Linux
Linux naceu como un proxecto de Linus Torvalds, estudante da Universidade de Helsinki, inspirado
noutro sistema operativo, o Minix de Andrew S. Tanenbaum.
Está englobado dentro do proxecto GNU (GNU’s Not Unix), que ten como obxectivo o de
proporcionar unha implantación do complexo sistema operativo Unix e que opere sobre as
plataformas de PC.
O código de Linux ampárase baixo os termos da licenza GPL da Free Software Foundation.
A primeira versión oficial (0.0.2) do sistema operativo Linux ve a luz o 5 de outubro de 1991.
O desenvolvemento e expansión de Linux é espectacular debido fundamentalmente á colaboración a
través de Internet de diversos grupos de traballo dirixidos e coordinados por Linus Torvalds.
Características básicas
As características máis destacables de GNU/Linux, herdadas a maioría do sistema Unix, son as
seguintes:
É un sistema multitarefa, o que significa que pode executar varios programas simultaneamente.
É un sistema multiusuario, o que significa que varias persoas poden compartir o uso do sistema
ao mesmo tempo, apoiado por un sistema de seguridade robusto.
É orientado á rede, xa que a meirande parte das características de Linux non se aproveitan nun
equipo illado.
Ofrece unha boa compatibilidade de software entre plataformas hardware.
Linux usa o sistema de ficheiros ext (ext2, ext3, ext4), pero soporta múltiples sistemas de
ficheiros.
Pode funcionar tanto en entorno gráfico como en modo consola. A consola é común en
distribucións para servidores, mentras ca interfaz gráfica está orientada a usuario.
Nos seus comezos, incómodo e complexo para o usuario novel, problema superado hoxe en día.
Contén unha colección de programas e utilidades que o acompañan, dende procesadores de
textos, a compiladores, servidores, etc.
O núcleo de Linux
Linux é, en sentido estricto, o núcleo do sistema operativo GNU/Linux.
O desenvolvemento das distintas versións do núcleo de Linux está coordinado por Linus Torvalds.
Cada versión identifícase por tres números, en ocasións 4: A.B.C[.D]
O primeiro número indica o número de versión. Só variou 2 veces na súa historia.
O segundo número indica o nivel da subversión (Ata a subversión 2.6, o nivel era estable se o
número era par e estaba en desenvolvemento se era impar)
O terceiro número cambia cando se introducen novos drivers ou características.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
8
O cuarto número cambia cando hae actualizacións ou parches de partes do núcleo.
A versión actual do núcleo é a 2.6.36.3. Pódese descargar a última versión do núcleo en
www.linux.org ou en www.kernel.org.
Este núcleo contén só a implantación dos servizos básicos do sistema operativo, é por iso que para
poder distribuílo e instalalo é necesario acompañalo de ferramentas de instalación, configuración,
utilidades, etc.
Este traballo é realizado polas distintas empresas que realizan distribucións de Linux.
Que é unha distribución?
Unha distribución de Linux contén o núcleo ou kernel do sistema xunto con todo un conxunto de
utilidades e ferramentas de instalación, configuración e uso do mesmo.
Son realizadas por particulares, entidades ou empresas que se dedican a facer recompilacións de
software que preparan para que se poidan instalar e configurar facilmente.
A licenza GPL permite tanto ofrecelas gratuitamente como distribuílas por canles comerciais.
Moitas das distribucións ofrecen unha versión estándar gratuíta que se pode descargar de Internet, e
versións empresariais ou de servidor con máis ferramentas de pago coas que frecuentemente se
inclúe un servizo de soporte técnico.
En www.linux.org pódese encontrar unha relación das distribucións de Linux existentes e en
www.distrowatch.com comparativas de uso de cada unha das distribucións e comentarios sobre
elas.
Entorno de escritorio
As distribucións para usuario final (sexa de fogar ou empresarial) implemantan o entorno gráfico de
Linux mediante un entorno de escritorio.
Un entorno de escritorio é un conxunto de software para ofrecer ao usuario dunha computadora unha
interacción amigable e cómoda.
Ofrece iconos, barras de ferramientas, xestión de ventás e integración entre aplicacións con
habilidades como arrastrar e soltar.
Linux emprega entornos de escritorio de código aberto.
Os escritorios máis populares en Linux son GNOME, KDE,e Xfce
Distribucións máis populares
Entre as distribucións máis estendidas podemos destacar:
Esta empresa estadounidense desenvolve unha das distribucións de Linux máis utilizadas en
servidores. Actualmente a versión gratuíta denomínase Fedora. www.redhat.es
Sistemas operativos e linguaxes de programación
9
Esta distribución está respaldada por Red Hat e desenvolvida pola comunidade de usuarios.
fedoraproject.org/es
Distribución francesa baseada en RedHat e moi accesible para novos usuarios. Trala fusión
con Conectiva cambiou o seu nome por Mandriva. Ofrecese en distintos packs, algúns
gratuítos e outros de pago www.mandriva.com/es
Mantén totalmente o espírito GNU, desenvolvida por unha comunidade de arredor de 500
programadores repartidos por todo o mundo e repartida de forma gratuíta. É unha das
distribucións máis estables. Como inconveniente, non é tan accesible para usuarios
principiantes como as anteriores. www.debian.org
Distribución baseada en Debian que está gañando moita popularidade pola súa facilidade de
uso e de instalación. A partir dela tamén se crearon outras distribucións específicas como
xubuntu, kubuntu e edubuntu. www.ubuntu.com
Desenvolvida pola empresa Novell Netware. Ofrece distintas versións da distribución
(profesional, empresarial, etc). Actualmente Novell ofrece a con openSUSE a versión
gratuíta desta distribución. es.opensuse.org
Outras distribucións
Podemos atopar distribucións para diversos obxectivos, de reducido tamaño, orientadas a servizos de
rede, a xogos, etc. Algunhas interesantes:
Distribución recenteme creada pola Consellería de Inovación e Industria baseada en Ubuntu.
Está coordinada por mancomun.org e contou coa participación dos comunidade galega de
software libre. galinux.mancomun.org.
Distribución moi popular que funciona directamente dende un CD sen necesidade de
instalación (CD vivo). www.knoppix.net
Distribución en galego baseada en Debian, Ubuntu e Knoppix. www.agnix.org
Baseada en Debian e desenvolvida pola Junta de Estremadura para a rede da administración e
educación. www.linex.org
Distribución para clientes lixeiros que permite reutilizar equipos obsoletos.
thinstation.sourceforge.net
Sistemas operativos e linguaxes de programación
10
As unidades de disco en Linux
En lugar de distinguir as unidades de disco, CD-ROM, discos extraíbles, etc. por letras (A:, C:, D:), o
sistema de ficheiros de Linux contén unha única árbore que parte do directorio raíz (/) e contén
todos os ficheiros e directorios do sistema.
Cada unidade de almacenamento do ordenador represéntase como un ficheiro especial cun nome
determinado:
As unidades de disco e CD-ROM levan o nome /dev/hdaXX (ou /dev/sdaXX se son
SCSI ou Serial ATA).
A disqueteira leva o nome /dev/fd0.
Polo menos unha partición será asignada ao directorio raíz.
O resto das particións e unidades móntanse sobre este sistema de ficheiros.
Os usuarios
Linux baséase nun sistema de seguridade que permite a definición de múltiples usuarios e grupos, aos
cales se lles asociarán unha serie de permisos no sistema.
Cada usuario posúe un nome de usuario ou login e un contrasinal que lle permitirá autenticarse no
sistema.
A cada usuario asignaráselle tamén un directorio persoal, no que por defecto só el poderá escribir.
Un usuario posúe un grupo principal e un número ilimitado de grupos secundarios.
En Linux existe sempre un usuario administrador que posúe todos os privilexios sobre o sistema: o
usuario root (raíz).
Pasos básicos da instalación de Linux
O proceso de instalación de Linux varía dependendo da distribución que utilicemos. Non entanto,
podemos resumir algúns pasos fundamentais, comúns en case que calquera instalación:
Particionar o disco: Un dos pasos principais da instalación é seleccionar un espazo libre no disco
no que instalar Linux.
Se non temos espazo libre no disco no que crear a partición de Linux podemos redimensionar
as particións exitentes para deixar un espazo libre.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
11
A operación de redimensionado da partición podería provocar perdas de datos, polo que é
aconsellable facer unha copia de seguridade dos datos importantes do equipo.
Podemos particionar ou redimensionar dende o propio instalador de Linux (se a distribución o
permite) ou utilizar un programa aparte, como gparted nun live cd.
Deberemos asignar as distintas particións que queremos facer no disco a distintos puntos de
montaxe:
Deberemos sempre asignar unha partición ao directorio raíz (/):espazo no que se
instala o sistema operativo e o conxunto de programas mínimo. Con 4 GB chegaría, pero
logo vaise quedar curto si se realizan operacións de actualización de sistema operativo.
Pode ser conveniente crear unha partición para o espazo de intercambio ou swap.
A partición de intercambio ou swap é un espazo de disco que Linux utilizará como
ampliación da memoria principal do equipo.
O tamaño que debemos asignar a esta partición depende da memoria RAM do equipo e
do uso que vaiamos facer do mesmo.
Como regra xeral, debe ter un tamaño de 2 veces a memoria RAM, sempre e cando a
memoria RAM sexa inferior a 2GB; en calquiera caso, como máximo 2 GB.
Partición de Datos dos usuarios: é aconsellable, non obrigatorio, que a información que
xeneran os usuarios estea nunha partición aparte, así pódese cambiar de SO Linux a
unha nova versión sen perder os datos dos usuarios.
Espazo de compartido entre Windows/GNU-Linux: nunha instalación dual, é aconsellable
pero non obrigatorio, deixar un espazo de disco para unha partición na que poder
intercambiar información entre os dous sistema operativos: MS Windows e GNU/Linux.
GNU/Linux pode acceser a tódalas, incluídas as de MS Windows. O contrario precisa
de instalar aplicacións en MS Windows.
Podemos asignar puntos de montaxe para as particións que xa teñamos no equipo para
acceder a elas dende Linux.
Seleccionar os paquetes a instalar: O número de aplicacións incluídas nas distribucións é cada
vez maior.
Instalar os paquetes: Seguramente, a etapa máis longa da instalación.
Agregar usuarios: Polo menos un, o root (administrador) co seu contrasinal.
Instalar o xestor de arranque: O xestor de arranque permitiranos arrancar Linux tras a súa
instalación e os sistemas operativos xa instalados no equipo.
Configurar a rede: Introduciremos os datos de rede da máquina.
Configurar o contorno gráfico: Dentro deste apartado incluímos a tarxeta de vídeo, de son, rato
e teclado. Na maioría dos casos o programa de instalación detectará automaticamente o hardware
do noso equipo, polo que seguramente apenas teñamos que facer nada.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
12
Sistemas operativos multiusuario:GNU/Linux
2. SO Ubuntu.
Instalación de Ubuntu.
Contorna de traballo en Ubuntu.
Administración.
Configuración de rede.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
13
Sitema operativo Linux Ubuntu
Características de Ubuntu
A páxina de referencia é www.ubuntu.com
Ubuntu é unha ideoloxía humanista africana, cuxo centro de atención é: as relacións interpersoais,
a confianza mutua, as alianzas, etc.
A distribución Ubuntu baséase nesa filosofía; para iso parten da distribución Debian e do escritorio
GNOME, tratando de obter unha distribución amigable, de fácil instalación, multilingüe, libre, etc.
(Sitios oficiais de Debian e GNOME).
Ubuntu saca unha versión cada 6 meses, estas numéranse co ano e o mes de publicación (ano.mes)
e cun nome en chave (o nome dun animal xunto cun adxectivo). Así a versión na que se baseará este
curso é a 10.10 (o nome en clave é Maverick Meerkat, Sucicata inconforme).
As versións de Ubuntu soen saír a finais de mes, salvo esta que saíu o 10-10-10, por iso lle chaman
The perfect 10
Tódalas distribucións teñen soporte durante 18 meses, salvo as que leven o apelido LTS (Long Term
Support, soporte a longo prazo), cuxo soporte é por 3 anos.
Ubuntu para cada versión distribúese en 3 tipos de edicións :
Desktop Edition: para ordenadores de sobremesa. Vén con aplicacións de usuario final.
Server Edition: Vén con aplicacións de servidor.
Netbook Edition: para netbooks; usa o enotorno gráfico Unite ,optimizado para pequenas
pantallas.
Da distribución de Ubuntu derívanse outras :
Kubuntu: mesma filosofía que Ubuntu pero baseada no contorno de escritorio KDE.
Edubuntu: versión de Ubuntu para educación.
Xubuntu: baseado no contorno de escritorio lixeiro Xfce
Sistemas operativos e linguaxes de programación
14
Instalación de Ubuntu
Copia de seguridade
Son 2 as situación que podemos ter á hora de instalar o SO: instalalo como SO único, ou xunto a
outros SO xa instalados.
No segundo caso,antes de comezar a instalación é altamente recomendable realizar unha copia de
seguridade do ordenador no que se vai realizar a instalación de Ubuntu dun xeito dual. Sempre pode
pasar algo e poderíase perder a información que hai no sistema de partida.
Obter o sistema operativo Ubuntu
Neste curso vaise traballar coa versión 10.10 desktop (escritorio). Hai 2 formas de obtelo:
A través dun soporte en CD-ROM (pódeselle solicitar a ubuntu.com, pero tarda de 6 a 10
semanas, ou de revistas de informática).
Descargando a imaxe ISO da páxina de ubuntu.com.
No caso da imaxe ISO, pódese pasar a un CD ou a un USB de arranque; en ambos casos, temos un
Disco Live, que permite , ademáis da instalación do SO, executalo sen facer cambios no sistema (sen
instalalo).
Tamén se pode instalar directamente desde Windows, mediante a aplicación Wubi.
Comezo da instalación
Antes de nada a BIOS do ordenador debe estar configurada para iniciar dende CD.
Para proceder á instalación do Ubuntu, e necesario acender o ordenador co CD de instalación
inserido no lector ou lector/gravador de CD/DVD.
Escoller idioma de inicio do CD
A seguinte imaxe aparece nada máis acenderse o ordenador co CD de Ubuntu.
Nesta mesma pantalla podemos seleccionar se queremos instalar o sistema no disco ou iniciar
directamente sen instalar nada no ordenador, como se explica no seguinte apartado.
En GNU/Linux pódese traballar en distintos idiomas, para iso, cada aplicación de usuario, por exemplo
o OpenOffice.org, é traducida a múltiples idiomas.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
15
Como a instalación se fai dende o CD, e este trae varias aplicacións de usuario para que as poida usar.
Os paquetes de idiomas que trae o CD de Ubuntu para cada aplicación son os dos idiomas máis
comúns: inglés, español, portugués, francés, alemán, etc. Nun CD é imposible que collan tódolos
programas (paquetes) de Ubuntu e ademais traducidos.
Unha vez instalado o Ubuntu e configurada a rede, o primeiro que haberá que facer e descargar
tódolos paquetes necesarios para que as aplicacións estean, neste caso, no idioma galego.
Polo tanto agora, é moi probable que moitas das aplicacións que están no CD e que non teñen os seus
paquetes de idioma en galego no CD, presenten os menús en inglés, que é o idioma por defecto.
Probar o Ubuntu sen alterar o ordenador
Antes de nada, unha vez escollido o idioma, escolleremos a opción de probar Ubuntu. Esta opción
permitirá probar o Ubuntu pero no instalará nada no ordenador.
Escritorio de traballo
Tras uns segundos tense o S.O. Ubuntu funcionando. Este non afecta ao que haxa instalado na
máquina real.
Situación de partida
Memoria RAM da que se dispón: Sistema -> Administración -> Monitor do sistema. No caso do
exemplo disponse dun Gigabete (1GB) de memoria RAM. Este valor será importante para cando se
determine, máis adiante, o tamaño da partición de intercambio (swap).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
16
Iniciar a instalación de Ubuntu
Esta pódese iniciar de 2 modos:
A través do menú do sistema: Sistema -> Administración -> Instalar
Facendo doble clic sobre a icona do escritorio: Instalar
Instalación, Paso 1: Seleccionar o idioma de instalación
Seleccionar o idioma do proceso de instalación. Neste caso, selecciónase o idioma galego. Aconséllase
que se faga así inicialmente para que se observe como logo se actualizan os menús ó idioma galego.
Despois do proceso de instalación explicase como se instalan e se poden escoller outros idiomas
Unha vez selecionado premer no botón Adiante
Atoparemos a continuación unha pantalla na que podemos indicar:
se queremos que se descarguen as actualizacións dispoñibles en Internet cando se realice a
instalación.
se queremos software de terceiros que non se distribúen con unha licenza totalmente libre.
No noso caso non marcaremos ningunha destas opcións, porque veremos como facer todo isto unha
vez instalado o sistema.
Instalación, Paso 2: Particionado do disco
Este é o paso máis importante de todo o proceso. Préstese a máxima atención.
Antes de continuar recoméndase ter claro como se tratan os discos e particións en Linux.
A seguinte imaxe amosa as posibles opcións de particionado do disco:
Sistemas operativos e linguaxes de programación
17
Opción 1: Instalar ao carón dos outros sistemas operativos. Propón un tamaño mínimo
para o sistema MS Windows, existente e o resto para Ubuntu. De seleccionar esta opción non se
podería ter a configuración que se propón: ter separado o sistema dos datos do usuario.
Opción 2: Borrar e empregar o disco enteiro. Eliminaría a partición de MS Windows e todo o
disco sería para para Ubuntu. Non habería sistema dual. Tense o mesmo problema de misturar o
sistema cos datos dos usuarios.
Especificar as particións manualmente (avanzado). Neste caso o usuario decide como crear
as particións, os seus tamaños e o seu formato. Esta é a opción que se debe escoller para
implantar o sistema desexado.
Unha vez seleccionado a opción de manualmente, premer no botón Adiante.
Instalación, Paso 2.1: Creación da partición asociada ó directorio raíz
Na partición asociada ó directorio raíz representada como / é onde se vai instalar o S.O. así como as
aplicacións desexadas.
Seleccionar o espazo libre e premer en Engadir.
Aparecerá un cadro de diálogo semellante ó seguinte, onde se configurarán os parámetros
da partición:
Indicar:
Tipo de partición:
Primaria: Só pode haber como máximo 4. Se hai estendida, só pode haber como máximo 3.
Discos IDE normais identifícanse co nome: hda, hdb, hdc, etc. As particións dun disco
identifícanse como: hda1, hda2, hda3, hda4, ..., hdc1, hdc2, ...
Sistemas operativos e linguaxes de programación
18
Discos SCSI, Serial ATA, USB, tarxetas de memoria, etc. identifícanse co nome: sda,
sdb, sdc, etc. As particións primarias identifícanse como: sda1, sda2, sda3, sda4 ...
sdb1, sdb2, ....
Estendida: Cando se precisaron máis de catro particións, decidiuse introducir un tipo novo de
partición, que se chamou estendida. Dentro dun tipo de partición estendida pódense crear
varias particións, chamada lóxicas. Só pode haber unha partición estendida. Identifícase como
hda4 ou sda4, por exemplo. O sistema simple non ofrece a posibilidade de crear directamente
unha partición estendida. Cando se cree unha lóxica xa creará previamente unha estendida.
Isto é, o número de particións que pode haber nun disco é:
Número mínimo de particións: que debe haber nun disco é 1 (1 primaria).
número máximo de particións que pode haber nun disco entre primarias e estendida é
4 (ou ben 4 primarias ou ben 3 primarias e unha estendida).
Por iso cando hai unha partición estendida nun disco o número que se lle asigna en
Linux é o 4 (hda4, sdb4, etc).
Lóxicas: Só se poden crear dentro dunha partición estendida e pode haber tantas como espazo
haxa na estendida. A súa identificación sempre comeza en 5 (hdb5, hda5, sdc5, ....)
Tamaño débese indicar en MB. Lémbrese que para pasar a MB os GB débese multiplicar por
1024.
Tipo de sistema de arquivos: ext4, ext3, fat, swap, etc.. É o formato co que se vai crear esa
partición. Para Linux úsase actualmente ext4. Para a memoria virtual úsase o tipo de arquivos
memoria de intercambio ou swap.
Punto de montaxe, cartafol pola se vai acceder a esa partición.
Cubrimos entón os parámetros correspondentes á partición asociada ao directorio raiz; no punto de
montaxe escóllese a opción /.
Premer no botón Aceptar.
Instalación, Paso 2.2: Creación da partición de intercambio ou swap
Esta partición adoita ter un tamaño de 2 veces a memoria RAM. Pero unha vez que se ten unha
memoria RAM de 2 GB ou máis, coa optimización que fai GNU/Linux da memoria RAM, non é
preciso ter un espazo de intercambio superior a 2GB.
Esta partición constitúe a memoria virtual do sistema.
Seleccionar o espazo sobrante do paso anterior e premer en Engadir.
Os parámetros da partición son:
Tipo partición: Primaria ou Lóxica (na primeira práctica colleremos primaria).
Tamaño: Póñase o corresponda ó seu caso, pero sen pasar dos 2048 MB.
Sistema de arquivo: espazo de intercambio
Punto de montaxe: nada.
Premer no botón Aceptar cando se teñan cubertos os parámetros desta partición.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
19
Instalación, Paso 2.3: Creación da partición de asociada ó directorio home
Na cartafol /home, é onde se vai almacenar unha cartafol por cada usuario que se dea de alta no
sistema. Na cartafol de cada usuario, é onde estes almacenarán os seus documentos, vídeos, imaxes,
fotos, etc.
Cando se pensou a estrutura de partición, pensouse en ter separados os datos dos usuarios do
sistema operativo e dos programas.
Por tanto a cartafol /home, é unha cartafol que vai colgar da raíz, "/" do sistema, pero que vai estar
noutra partición distinta á da partición raíz.
Así, ó acceder a /home, estase accedendo a outra partición distinta a partición do sistema.
Este paso pódese omitir pero entón nunha mesma partición estaría: o sistema operativo GNU/Linux,
os programas e os datos dos usuarios.
Seleccionar o espazo libre sobrante do paso anterior e premer en Engadir.
Configurar os parámetros da partición para os datos dos usuarios.
Tipo partición: Lóxica.
Tamaño: Póñase o corresponda ó seu caso.
Sistema de arquivo: ext4.
Punto de montaxe: /home (escríbase ou selecciónese. Ollo!! coas minúsculas).
Premer no botón Aceptar cando se teñan cubertos os parámetros desta partición.
Instalación, Paso 3: Zona horaria
Indicar que a nosa zona horaria é a de Madrid. Para iso ou ben se selecciona no mapa, ou ben se
selecciona no menú despregable.
Unha vez realizado premer no botón Adiante.
Instalación, Paso 4: Configuración do teclado
Cada idioma ten unha configuración de teclado distinta. Por exemplo, pésese cantos idiomas teñen a
letra ñ. Polo tanto selecciónese a configuración de teclado Spain.
Unha vez realizado premer no botón Adiante.
Instalación, Paso 5: Usuario administrador e nome de equipo
En Ubuntu o primeiro usuario que se dá de alta é administrador do sistema .
Forma parte do grupo root. Este é nome do grupo cuxos membros poden administrar o sistema:
instalar programas, impresoras, crear usuarios, etc, etc.
Dar de alta un usuario dando o nome e indicando o contrasinal
Deixar o nome da computadora proposto ou cambialo.
Deixar marcado: Requerir o meu contrasinal para iniciar sesión
Unha vez cubertos todos os campos, premer no botón Adiante.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
20
Instalación, proceso de instalación do S.O.
Na versión 10.10 mentres se instala o sistema móstrase unha presentación coas novas ferramentas e
utilidades, filosofía de Ubuntu, etc.
Instalación, reinicio do sistema.
Unha vez finalizado o proceso de instalación o sistema pide reiniciarse. Premer en Reiniciar agora.
Instalación, extracción do CD-ROM.
Antes de volver a iniciarse o sistema, este pide que se retire o CD-ROM da lectora/gravadora.
Extraer o CD e premer a tecla ENTER.
Iniciar Ubuntu por primeira vez
Aparece a pantalla de inicio de sesión; seleccionaremos o usuario co que podemos iniciar sesión (o
único que se creo na instalación)
Introdúzase agora o contrasinal (Password)
Unha vez iniciada a sesión, aparecerá o escritorio de traballo.
Pero a instalación aínda non está completada: precisamos configurar a rede para poder baixar os
paquetes que faltan do idioma galego e rematar a instalación actualizando o sistema.
Configuración básica da rede: configurar os parámetros IP en Ubuntu
Imos ver a continuación como se configura a tarxeta de rede de cable tanto de xeito manual como
automático por DHCP, (configuración, está última, por defecto).
Premer sobre a icona de rede. Vese se a tarxeta de rede cable está activada ou non.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
21
Premer co botón dereito sobre a icona de rede. Premer en Editar as conexións (Connection edit).
Seleccionar a tarxeta da que se dispón. Premer en Editar (Edit) ou facer dobre clic sobre a tarxeta
seleccionada.
Na lapela Configuración IPv4 (IPv4 settings) obsérvase que o método de configuración IP por defecto
está en automático (DHCP).
Se non se dispón de servidor DHCP na rede, entón a configuración hai que introducila de xeito
manual. Selecciónese o método Manual. Para iso:
prémase en Engadir (Add) e escribir en cada campo
os valores que che proporcionou o administrador:
Enderezo IP (Address), Máscara de subrede
(Netmask), Porta de enlace (Gatewae) e finalmente
Servidor DNS (DNS server).
Para rematar premer en Aplicar.
Pedirásenos o contrasinal do usuario administrador xa que
estamos realizando un cambio na configuración do sistema.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
22
Actualizar o soporte de idiomas
Ao finaliza a instalación e entrar por primeira vez o sistema notificou que soporte de idiomas estaba
incompleto. Para rematar de instalalo pódese facer de 2 maneiras:
Premendo na bombilla da área de notificación lánzase unha utilidade para completar o soporte
de idiomas. Premer en Executar esta acción agora (Run this action now)
Seleccionar Sistema -> Administración -> Configuración de idioma .
Aparece un cadro que nos di que o sistema aínda non ten información sobres os idiomas dispoñibles.
Premer en Actualizar (Update).
Pide un contrasinal dun usuario administrador.
Descárganse tódolos paquetes necesarios para dar soporte para varios idiomas.
Instalar idiomas
Unha vez que o sistema descargou tódolos paquetes precisos para dar soporte para idiomas é
momento de escoller ás linguas que se desexan instalar no sistema. Deste xeito, se se instalan varias,
logo cada usuario é libre de escoller o idioma no que desexa traballar.
Accederemos a Sistema -> Administración -> Configuración de idioma.
Picaremos no botón de Instalar/Eliminar idiomas.
Selección do idioma (galego), deste xeito baixaranse todos os paquetes de galego para todas aquelas
aplicacións instaladas no sistema que teñan unha tradución ao galego dos seus menús, textos,
axudas, etc.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
23
Engadimos o idioma español.
Podemos establecer unha orde de preferencia entre os idiomas instalados, para que no caso de que
unha opción ou aplicación non estea dispoñible no primeiro idioma seleccionado se inicie no seguinte.
Na solapa Texto podemos establecer o idioma para os números, datas e cantidades monetarias.
Premer en Aplicar cambios, e pedirásenos o contrasinal do administrador.
Descárganse todos os paquetes para os idiomas galego e español e comezanse a instalar.
A sesión pódese pechar ou ben no botón vermello do panel superior, ou como neste caso a través do
menú Sistema -> Terminar a sesión
O usuario escolle o idioma
Cada usuario, antes de iniciar sesión, pode escoller o idioma co que desexa traballar, iso implica que
tamén poden mudar as unidades de medida, a moeda, etc.
Unha vez seleccionado o usuario (Notar algo importante, a
configuración do idioma pode ser distinta para cada usuario do
mesmo ordenador), temos un despregable na parte inferior
da pantalla que permite seleccionar o idioma (os idiomas
que xa tiveramos seleccionado nalgunha ocasión aparecen
directamente na lista, e o resto dos idiomas instalados están
dispoñibles picando en Outro...).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
24
Idioma por defecto do sistema
Actualmente hai moitas aplicacións traducidas (localizadas) ó galego, pero sempre pode aparecer
algún menú non traducido, nese caso mostrarase no idioma dispoñible seleccionado no primeiro lugar.
O idioma xeral da pantalla de inicio é o galego para todo usuario. Ademais cando se dea un usuario de
alta o idioma que vai ter por defecto é o galego.
Para cambiar o idioma por defecto de todo o sistema, ir o menú Sistema -> Administración ->
Configuración de idioma.
O que faremos será colocar de primeiro da lista (arrastrando co rato) o idioma que queremos por
defecto e picar no botón de Aplicalo a todo o sistema. (Se se fai algún cambio o sistema pedirá o contrasinal
do usuario con permisos de administración)
Teremos que reiniciar o equipo para comprobar o resultado na pantalla de inicio de sesión.
Actualizar o sistema
Para rematar a instalación, realizaremos a actualización do sistema.
As actualizacións son paquetes que corrixen erros detectados nos programas, no sistema operativo,
etc. ou que introducen mellorías ou novas funcionalidades.
Lanzar o xestor de actualizacións.
Para instalar as actualización é preciso entrar no sistema cun usuario que posúa permisos de
administración.
Se hai actualizacións novas aparecerá directamente o
xestor de actualizacións, que tamén podemos iniciar a
través do menú: Sistema -> Administración ->
Xestor de actualizacións .
Aparece un cadro que amosa tódalas actualizacións
dispoñibles e onde se pode deselecionar cal actualización
non se desexa aplicar.
Premer en Instalar actualizacións e introducir o
contrasinal do usuario con permisos administrativos.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
25
Unha vez descargadas as actualizacións, comeza a instalación das mesmas.
Unha vez rematadas as actualizacións, é necesario reiniciar o equipo para completar a actualización;
pódese reiniciar inmediatamente premendo o botón Reiniciar agora , ou pechar e reiniciar máis tarde
(as actualizacións non serán efectivas ata reiniciar o sistema).
Para lembrarnos que é necesario reiniciar, a icona de apagar ponse en vermello.
Comprobación da existencia de actualizacións
Se se desexa, aínda que o sistema non indique se hai actualizacións, pódese forzar a que o comprobe.
Lanzar o xestor de actualizacións a través do menú. Sistema -> Administración -> Xestor
de actualizacións.
Premer en Verificar.
Parámetros do sistema
Se desexa coñecer a versión de Ubuntu, de Linux, de xestor de escritorio (GNOME), a memoria RAM, o
procesador, etc, imos a Sistema -> Administración -> Monitor do sistema e seleccionamos
Sistema.
O Monitor do sistema equivale ó administrador de tarefas de MS Windows.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
26
Contorna de traballo
O escritorio
O escritorio Gnome a diferenza do escritorio KDE caracterízase por ter 2 barras, chamadas paneis.
Un panel superior e outro inferior, por defecto.
Os paneis
Tanto o panel superior como o inferior teñen unha serie de elementos que se estudarán
posteriormente.
Propiedades dos paneis
Premendo co botón dereito do rato sobre un anaco do panel onde non haxa elementos, poderemos
movelos e cambiar moitas das súas propiedades.
O premer en Propiedades, ábrese un cadro onde pódense cambiar: A orientación do panel, o seu
tamaño, expandilo, ocultalo de xeito automático ou manual. (imaxe da esquerda)
Na lapela Fondo, pódese mudar a cor do fondo do panel. (imaxe da dereita)
Sistemas operativos e linguaxes de programación
27
A imaxe da esquerda amosa os paneis cambiados de sitio: o panel superior está á esquerda e o o
inferior á dereita.
A imaxe da dereita amosa o menú superior oculto de xeito manual. Para recuperalo só hai que
premer no botón que se indica na imaxe.
Os elementos do panel
O panel superior ten por defecto os seguintes elementos:
Menú principal, formado asua vez polos seguintes menús:
Menú Aplicacativos: Permite acceder aos programas instalados no ordenador. Está organizado
en categorías: accesorios, gráficos, internet, xogos, oficina, son e vídeo.
Menú Lugares: Inclúe accesos directos aos principales espazos do sistema:
Cartafol persoal: contén os nosos documentos.
Pódese organizar en subcartafois para manter ordenados os nosos arquivos (por defecto,
están dentro do cartafol persoal as cartafois escritorio, documentos, música imaxes, vídeos e
descargas).
Cada un dos usuarios do sistema posúe a sua propia cartafol persoal que ademáis non é
accesible ao resto.
Equipo: Da acceso tanto ao sistema de arquivos como ás distintas unidades do noso
ordenador: CD/DVD, disquetera, gravadora, etc.
Cando conectamos dispositivos de memoria removibles, como por exemplo memoria
Flash USB ou cámara dixital, aparecerá aquí unha icona notificándonos de que o
dispositivo foi detectado.
Facendo doble clic nas iconas accedemos aos arquivos e cartafois que conteñen.
Creador de CD/DVD. Este menú só estará presente se dispomos dunha gravadora de
CD/DVD e nos dará acceso á aplicación de gravación de Gnome.
Servidores de rede. Se o ordenador está conectado a unha rede local, podemos ver desde
aquí as cartafois dos outros equipos ás que teñamos permiso para acceder (é similar ao
"Entorno de red" de outros sistemas).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
28
Conectar co servidor. permite establecer distintos tipos de conexión con outros equipos de
Internet o da rede local, por exemplo un servidor remoto de ftp.
Buscar arquivos. É unha ferramenta para buscar arquivos e cartafois segundo distintos
criterios.
Documentos recentes. Contén unha lista dos derradeiros documentos aos que accedimos
(Podemos borrala coa opción "Limpar os documentos recentes").
Menú Sistema: Contén a configuración de preferencias, aplicacións de administración e
distintos tipos de axuda.
Iconas de acceso directo a aplicacións (En Ubuntu10.10, só atoparemos por defecto a icona de Mozilla
Firefox).
Outros elementos: Botón de configuración de rede (permite activar/desactivar conexións de rede,
escoller redes sen fós dispoñibles e accedea á configuración de rede), Control de volume (permite
controlar o volumen xeral e o control de volumen de todos os dispositivos de son), Data e hora (facendo
clic co botón esquerdo aparece un calendario perpetuo e co dereito podremos axustar a data e hora do
sistema, manualmente ou sincronizándoa con algún dos servidores de tempo de Internet) e botón Saír.
O panel inferior ten por defecto o elemento Escritorio (permite ocultar as ventás abertas e mostrar
o escritorio), os Espazos de traballo e o Lixo .
Todos os elementos cantos hai nos paneis poden ser movidos de lugar, eliminados, configurados,
etc:
Agregar elementos:
Premer co botón dereito do rato sobre unha parte do panel onde non haxa xa elementos.
Seleccionar Engadir ao panel. (Obsérvese como tamén se pode eliminar ou crear un novo panel.)
Mostraranse unha serie de elementos que poden ser engadidos
Sistemas operativos e linguaxes de programación
29
Premendo co botón dereito sobre o elemento engadido pódense: eliminar o elemento,
bloquealo ó panel, movelo polo panel.
Isto é común a tódolos elementos do panel, incluídos ós que xa están.
Se se preme en Preferencias poderanse cambiar parámetros propios do elemento en
cuestión.
As iconas do panel
Nos paneis aparte de elementos tamén hai Iconas que son accesos directos a distintas
aplicacións.(En Ubuntu10.10, só atoparemos por defecto a icona de Mozilla Firefox).
A continuación amósase como crear accesos directos ás aplicacións tanto no panel como no
escritorio:
Crear iconas de accesos directos :
Premer co botón dereito sobre a aplicación que se desexa engadir ó o panel (ou ao
escritorio).
Podemos seeleccionar Engadir este iniciador ao panel (ou ao escritorio) para crear o acceso
directo.
A icona da aplicación aparece no panel. Agora pódese eliminar, mover, bloquear, etc.
Coa opción Menu completo, engádese todo o menú do que colga a aplicación, ben como
caixón ou ben como menú.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
30
Tamén se pode engadir ós paneis un acceso directo a unha cartafol ou a un arquivo. Só
hai que arrastrar ó documento ou cartafol ó panel desexado.
Espazos de traballo
No xestor de escritorios GNOME e KDE é posible ter varios escritorios. En cada un deles cada usuario
pode ter distintas aplicacións abertas.
Por defecto dispóñense de 4 escritorios de traballo.
Nesta ocasión hai unha aplicación do escritorio 1. Premendo sobre o escritorio 2 pásase a
este novo escritorio.
Agora estase no escritorio número 2 con outra aplicación distinta.
Pódense pasar aplicacións entre escritorios arratrando na icona correspondente aos
espazos de traballo.
Para configurar o elemento Selector de espazos de traballo premer co botón dereito sobre
o elemento e seleccionar Preferencias
Pódense crear máis escritorios (espazos de traballo), poñerlle nomes a cada espazo de
traballo, alterar o número de filas e de espazos de traballo, etc.
O Lixo
Cando se borra un documento ou unha cartafol esta vai para a papeleira, para O lixo.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
31
As iconas no escritorio
No escritorio pódense crear accesos directos ou lanzadores (ou iniciadores):
Para engadir un lanzador ou iniciador ó escritorio procédese de xeito similar a cando se
engadían ó panel, só que nesta ocasión seleccionando Engadir este iniciador ó escritorio.
Tamén so pode facer arrastrando a icona da aplicación e soltándoa no escritorio (ou no
panel).
Ó premer co botón dereito sobre a icona, pódese observar que o iniciador pódese
renomear, mover ó lixo, comprimilo, ver as propiedades, etc.
Se seleccionamos Propiedades, pódese ver cal é o programa (comando) que se executa
cando se fai dobre clic sobre a icona ou sobre o menú correspondente.
Se seleccionamos Crear ligazon, créase unha ligazón ao elemento (un acceso directo ,
propiamente dito).
Diferencia entre iniciadores ou lanzadores e ligazóns :
Os iniciadores son accesos directos a programas ( arrancan aplicacións ou programas).
As ligazóns permiten abrir outro tipos de arquivos (documentos, imaxes, cartafois,
iniciadores,...).
Tamén se pode crear un lanzador de xeito manual:
Premer co botón dereito no escritorio. Seleccionar Crear lanzador.
Póñase o nome desexado para a aplicación, búsquese a aplicación ou escríbase o seu
nome, e finalmente, se se desexa, póñaselle un comentario e cámbieselle a icona.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
32
A resolución da pantalla
A continuación verase o modo no que se pode cambiar a resolución da pantalla e no caso de ter dous
monitores conectados (moi usado hoxe en día grazas ós portátiles) ó ordenador como poder
configuralos.
Cada usuario pode ter un configuración de pantalla distinta.
Accedemos a Sistema -> Preferencias -> Monitores .
Pódese facer que o sistema detecte a pantalla, cambiar a súa resolución, a recuencia de
refresco e a rotación (cando se ten unha pantalla que se pode poñer en vertical é aquí onde se cambia a
configuración do escritorio para poder xirar a pantalla física)
Cando se marca a opción de A mesma imaxe en todos os monitores, o que se ve nas dúas
pantallas é o mesmo; unha é espello da outra. Neste caso a resolución axustarase á maior
común das dúas pantallas. Esta opción debe estar activada cando se usa un proxector e se
quere ver o mesmo na pantalla que no proxector.
Que sucede cando se dispón de dúas ou máis pantallas?.
Obsérvese como hai 2 pantallas, unha máis grande cunha resolución de 1.920x1.200
puntos e a outra cunha resolución de 1.280x800.
Na primeira pantalla está o menú do ordenador e na segunda un simple escritorio.
Para poder pasar dunha pantalla á outra simplemente é preciso mover o rato da grande
cara á dereita para pasar á pantalla pequena.
Cando se abre unha aplicación esta ábrese na pantalla por defecto (na grande neste caso)
e logo a aplicación pódese arrastrar para a pantalla pequena.
Así pódese estar traballando na pantalla grande nun documento e na pequena pódese
estar vendo un DVD.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
33
Protector de pantalla
Cada usuario pode configurar o protector de pantalla ou salva pantallas propio: ir a Sistema ->
Preferencias -> Protector de pantalla .
Escóllase o protector que máis guste, prográmese o tempo de inactividade necesario para que se
active o protector e se se desexa actívese o bloqueo de pantalla, para que cando se active o protector
e se desexe volver á sesión de traballo o sistema pida o contrasinal do usuario.
Aplicativos de inicio
A utilidade Aplicativos de inicio serve para indicar que programas se deben executar cando cada
usuario inicia sesión. Cada usuario pode ter a súa propia configuración.
Para configurar os aplicativos de inicio, ir a Sistema -> Preferencias -> Aplicativos de inicio .
Na lapela Programas de inicio vense cales son os programas ou utilidades que se inician cando o
usuario entra no sistema. Esta facilidade é moi útil para cando un usuario quere que cando inicie
sesión se cargue automaticamente, por exemplo, o lector de correo electrónico, ou o Skepe, etc.
Premer en Engadir.
En Nome ponse identifícase á aplicación, pode ser calquera nome; en Comando ponse o nome real da
aplicación; tamén se pode buscar o programa a través do botón Examinar; se se cree conveniente
pódese poñer un Comentario.
No exemplo, a aplicación calculadora lanzarase cada vez que o usuario inicie sesión no sistema.
Na lapela Opcións pódese facer que cando un usuario peche a sesión cunha serie de aplicacións
abertas, estas se executen automaticamente a próxima vez que o usuario entre no sistema.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
34
Información do usuario e contrasinal
O usuario pode completar a información existente sobre si mesmo a través desta utilidade, ademais
de poder cambiar o contrasinal.
Cada usuario pode configurar a información que desexe sobre si mesmo.
Accedemos por Sistema -> Preferencias -> Sobre min.
Para cambiar a foto do usuario: premer sobre a imaxe da ficha e buscar a foto (nunha cartafol chamada
faces ubicada en /usr/share/pixmaps/faces é onde se gardan as fotos ou imaxes que cada usuario se desexa
asociar a si mesmo).
Para cambiar o contrasinal premer no botón correspondente, introdúzase o contrasinal actual no cadro
que aparece e premer en Autenticar : introducir 2 veces o novo contrasinal e premer en Cambiar
contrasinal .
Ventá de inicio de sesión
En Ubuntu 10.10, podemos configurar dende o menú Sistema->Administración->Pantalla de
acceso se queremos que o sistema arranque automaticamente con un usuario determinado ou que se
nos solicite o nome de usuario e contrasinal do usuario co que se iniciará a sesión.
Tamén podemos indicar se queremos que se mostre a lista de usuarios existentes para seleccionar un
deles no inicio de sesión (adecuado para contornos domésticos, no que hai poucos usuarios) ou queremos que
o usuario introduza co teclado o seu nome de usuario (mais conveniente cando hai moitos usuarios, por
exemplo, se nun centro cada alumno/a e profesor/a ten un usuario diferente) .
Outra opción que temos dispoñible é a de indicar o tipo de sesión por defecto que queremos que abran
os usuarios (o habitual será unha sesión de Ubuntu Edición de Escritorio).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
35
Estes cambios na configuración só os pode realizar aquel usuario que teña permisos de administración
(lémbrese que o primeiro usuario que se dá de alta ten esa particularidade) :
Xestión de menús
Cada usuario pode configurar que é o que desexa ver no menú principal; para iso ir a Sistema ->
Preferencias -> Menú principal .
Pódense incluir ou eliminar elementos de menu e submenús
seleccionándoos da lista ou deseleccionándoos.
Tamén se pode engadir un menú novo ou un elemento novo en
cada menú.
Aparencia
Serve para personalizar a forma na que se vai ver o escritorio, os menús, as imaxes, os botóns, etc.
Cada usuario pode configurar a súa propia aparencia.
O fondo do escritorio
O fondo do escritorio pode ter unha imaxe ou unha cor.
Para configurar o fondo, imos a Sistema -> Preferencias -> Aparencia e seleccionamos a lapela
Fondo, ou tamén premendo co botón dereito no escritorio e seleccionando Cambiar o fondo do
escritorio.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
36
Temas
O tema de escritorio afecta a varias partes do escritorio: cores dos menús, formato dos botóns e dos
bordos das ventás, etc.
Para configurar o tema, imos a Sistema -> Preferencias -> Aparencia, na lapela Tema .
O tema por defecto chámase Ambiance en Ubuntu 10.10 .
Se se preme en Personalizar pódese cambiar o tipo de iconas, o formato dos botóns e dos controis,
personalizar de forma independente o Bordo da ventá, cambiar as cores do tema e o punteiro do rato.
En Ubuntu 10.10 dispoñemos dun enlace dende a ventá de Tema á páxina fondo art.gnome.org, se
poden descargar e instalar (ademías de fondos de escritorio) temas e elementos por separado: iconas,
controis, bordos de ventá, etc.
Outra páxina máis completa: www.gnome-look.org. Aquí pódense atopar multitude de temas,
iconas, etc.
Unha vez descargado arrástrase para a lapela de Temas e este xa queda instalado.
Máis opcións de aparencia
En Sistema -> Preferencias -> Aparencia tamén se pode cambiar os tipos de letra do escritorio e
dispoñer de efectos visuais.
A lapela Tipos de letra permite cambiar os tipos de letra e os tamaños dos mesmos dos títulos das
ventás, dos menús das aplicacións, etc.
Na lapela Efectos visuais, se se dispón dunha tarxeta gráfica que o permita, pódese ter distintos
efectos como por exemplo o famoso cubo de selección de aplicacións.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
37
Administración
Instalar e desinstalar programas: instalar paquetes, formatos e repositorios
Instalación de programas en Linux
O proceso de instalación de aplicacións en Linux inicialmente era bastante complexo, xa que o usuario
final debía copiar no seu equipo as fontes do programa e compilalas para obter os executables do
mesmo.
Para poder compilar e instalar o programa deste xeito, en primeiro lugar hai que ter instaladas todas
as librerías necesarias para o proceso de compilación, e deberemos seguir os seguinte pasos:
Dado que o programa estará comprimido seguramente en formato tar.gz, teremos que copiar o
ficheiro comprimido no noso equipo e descomprimilo con tar (tar zxvf ficheiro.tar.gz).
As instrucións de instalación (que probablemente se atopen nun ficheiro chamado README ou
INSTALL) dirannos que scripts debemos executar para a compilación e execución do programa
(normalmente make, make install).
Este sistema de instalación de programas ten unha serie de incovenientes importantes:
proceso de instalación é complexo e difícil de automatizar con ferramentas gráficas.
É tamén bastante complicado desinstalar o programa a non ser que inclúa algún script de
desinstalación.
Non ofrece unha forma cómoda de actualizar os programas, xa que teremos que instalar a nova
versión da mesma forma que a inicial.
Non hai posibilidade de ver e manexar os programas que temos instalados no equipo.
Por todas estas razóns, moitas distribucións desenvolveron diferentes sistemas de empaquetado
para facer máis sinxela (simplemente cun comando ou cunhas pulsacións do rato) a instalación,
actualización e eliminación de programas.
Formatos de paquetes
A idea principal destes sistemas de empaquetado é que os programas se distribúan xa compilados en
ficheiros comprimidos que se denominan paquetes.
O proceso de instalación dun paquete simplemente require descomprimir os ficheiros do paquete e
copialos aos directorios do sistema que lles correspondan. Deste xeito a instalación de paquetes pode
ser automatizada de forma sinxela por comandos ou ferramentas gráficas.
O sistema almacena unha base de datos cos paquetes instalados e as súas versións, o que permite
facilmente consultar os programas instalados, eliminar e actualizar programas.
En ocasións, un paquete para poder funcionar precisa que no sistema estean instalados outros. Dirase
entón que existen unha dependencia entre o primeiro paquete estes outros paquetes.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
38
O inconveniente principal do sistema de paquetes é que o mesmo paquete non é válido para distintas
distribucións, xa que non hai un único formato de paquete estándar (Aínda que existen algúns programas,
como alien que permite converter un paquete dun formato a outro).
Os tres principais formatos de empaquetamento son:
Formato deb: Formato de paquetes propio de Debian, que foi adquirido por moitas outras
distribucións baseadas en Debian como Ubuntu, Knoppix, etc.
Formato rpm: Formato orixinario de RedHat, que actualmente usan tamén outras distribucións
como Mandriva ou Suse.
Formato bin: Non é en si un empaquetado, senón un ficheiro executable para a instalación dun
paquete.
Os repositorios
Para facilitar a instalación e actualización de paquetes, o máis común actualmente é crear
repositorios de paquetes, que son almacéns nos que se gardan os paquetes dispoñibles para unha
distribución.
Desta forma, é posible descargar directamente do repositorio os paquetes necesarios para instalar un
programa, incluíndo as dependencias que precisen para funcionar correctamente, o que facilita aínda
máis o proceso de instalación.
Ademais cando aparecen novas versións dos paquetes, son engadidas aos repositorios de forma que
tamén poderemos actualizar a partir deles os programas instalados.
Para facilitar e optimizar o acceso, os repositorios contan cuns ficheiros de índice ou de síntese que
enumeran os distintos paquetes e versións que almacenan.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
39
Centro de software de Ubuntu
Esta utilidade é unha das varias coas que se poden instalar programas (utilidades, paquetes) e
GNU/Linux Ubuntu. Aquí non están tódolos programas/paquetes pero si os máis usados.
Seleccionar Aplicativos -> Centro de software de Ubuntu :
Móstranse as categorías nas que están organizadas as distintas aplicacións/paquetes. Tamén se
amosan as distintas aplicacións e unha breve descrición das mesmas.
En procurar pódese buscar aplicacións relacionadas con algo.
En ver pódese comprobar se só se están amosando os paquetes mantidos pola empresa creadora
de Ubuntu (Canonical) ou todos os paquetes.
En Ubuntu 10.10 un menú na parte esquerda permítenos visualizar o software xa instalado ou o
que podemos instalar.
Para instalar un paquete, seleccionalo dentro da categoría e premer Instalar.
Fontes do software
Pero..., de onde saen tódolos programas anteriores e os que se verán?.
En GNU/Linux, a diferenza de MS Windows, o 98% dos programas están en repositorios (como xa se
explicou ó comezo desta sección), que se poden configurar en GNU/Linux, deste xeito, cando o
usuario queira instalar un programa de contabilidade, por exemplo, non teña que andar por internet
na procura do mesmo. Esta facilidade, sen darse conta, é algo moi potente e que marca unha gran
diferenza con MS Windows.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
40
O usuario só ten que preocuparse de indicar que repositorios de programas usar, amén dos que xa
veñen configurados po defecto, e ,de xeito automático, todo canto estea almacenado nese repositorio
é susceptible de ser instalado no GNU/Linux con só indicalo. Deste xeito, o usuario evita ter que andar
navegando por internet na procura dun programa para cada cousa que desexa realizar.
Para indicar as Fontes do software, isto é, os repositorios dos que descargar os paquetes/aplicacións,
imos acceder ao xestor de Paquetes Senaptic, en: Sistema -> Administración -> Xestor de
paquetes Senaptic (pedirá contrasinal):
Seleccionar Configuración -> Repositorios.
Os tipos de programas que se poden descargar por defecto pertencen ós tipos de repositorios:
main: Software soportado por Canonical.
universe:Sofware mantido pola comunidade.
restricted:Drivers que non teñen publicado o código fonte (privativos).
multiverse:Software afectado por cuestións legais ou (c) coperights.
Obsérvese como o CD-ROM de instalación non está seleccionado, por defecto, pero non deixa de
ser outro repositorio.
Finalmente o servidor que está configurado tras a instalación é o español, pero isto pódese mudar.
Cando se queiran instalar aplicacións que non se atopan nos 4 repositorios anteriores, imos a
lapela Outro software e so hai que indicar aquí o novo repositorio.
Cando se engade un novo repositorio hai que descargar a lista dos programas que contén, para
que o sistema os coñeza e para que á hora de instalalos saiba a que repositorio debe ir para
descargalos.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
41
Como xa se sabe, o sistema, de vez en cando, notifica que hai actualizacións de paquetes: na
lapela Actualizacións é onde se configura o seu xeito proceder; non só se actualiza o Sistema
operativo, senón calquera programa que fora instalado a través dun repositorio.
Deste xeito non habería que preocuparse por cando vai saír unha nova versión dun programa,
cando esta estea dispoñible descargarase; obsérvese que no final de todo está como se configura
para cando se actualice a edición/versión de Ubuntu, por exemplo, para pasar da 10.10 á 11.04
non habería que volvela a instalar, descargaríase como unha actualización máis.
Se se modifica algo, ao pechar o sistema notará que houbo algún cambio nos repositorios (ben
porque se activou/desactivo algún dos principais ou porque se engadiu ou borrou un de terceiros).
O sistema informará do suceso e terase que premer no botón 'Recargar.
O sistema conectarase ós distintos repositorios e de alí descargará a lista dos paquetes que cada
repositorio contén.
O xestor de paquetes Senaptic
Este xestor é moito máis potente, flexible e completo que usado en Centro de software de Ubuntu.
Na parte da dereita están tódolos paquetes tanto instalados como os dispoñibles; para ver o que
significa cada icona asociada aos paquetes: Axuda -> Lenda de iconas.
Na parte esquerda hai un explorados que nos permite amosar os paquetes por categorías.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
42
Para instalar un paquete hai que seleccionalo: facer doble clic ou premer co botón dereito e
seleccionar Marcar para instalar .
Antes de proceder coa instalación, pódese ver as propiedade do paquete: premer co botón dereito e
seleccionar Propiedades: Está instalado?, quen o mantén?, que versión é?, canto ocupa comprimido e
instalado?, dependencias (de que paquetes depende; se o sistema non ten instalado algún deses paquetes, el
mesmo o descargará do repositorio correspondente e instalarao), de que versións se dispoñen?, para que
serve esta aplicación/paquete?, etc.
Unha vez seleccionados o paquete ou paquetes para instalar premer no botón Aplicar.
Aparece un cadro resumo dos cambios que se van a facer; premer en Aplicar
Instalar aplicación baixo demanda
Hai veces que executando unha aplicación esta demanda que se instalen outros paquetes para un
correcto funcionamento da primeira.
Estes paquetes poden ser instalados directamente dende Senaptic ou a mesma aplicación que os
demanda pode chamar ó instalador de paquetes (neste caso, o propio Senaptic debe esta pechado, pois só
unha aplicación de instalación se pode estar executando simultaneamente).
Descargar e instalar aplicacións manualmente
Hai veces (un 2% das veces) que o que se desexa instalar non está nos repositorios que veñen por
defecto configurados no sistema.
Neste caso pódese engadir un novo repositorio, ou descargar o paquete (a ser posible *.deb) e
instalalo manualmente.
Ocuparemos agora deste último caso:
Na páxina da aplicación, seleccionar e descargar o paquete correspondente.
Ben facendo dobre clic sobre o paquete descargado, ou ben premer co botón dereito do rato
sobre el e seleccionar a opción Abrir co Centro de Software de Ubuntu.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
43
Lánzase o Centro de Software de Ubuntu e picaremos en Instalar.
Aparecerá un cadro onde podemos ver as características e información sobre o paquete; para
instalalo, premeremos no botón Instalar paquete .
Instalar Java
Outra utilidade importante é o JAVA, isto permite executar aplicacións a través do navegador.
Comezaranse mirando que versión de JAVA se ten, para iso visitar a páxina
http://www.java.com/es/download/installed.jsp. Premer no botón de verificación da versión.
En Ubuntu 10.10, se intentamos instalar Java baixo demanda co navegador veremos que só se nos
ofrece a opción de descargar un plugin de Java libre, o IcedTea, pero logo poderemos comprobar que
non funciona correctamente con moitas web. Así que veremos como instalar o plugin de Java de Sun,
que é o que mellor funciona:
Arrancamos o xestor de paquetes Senaptic e imos a engadir un novo repositorio, picando no
menú Configuración->Repositorios.
Activamos na lapela de Outro software activamos o repositorio de Socios de Canonical.
Despois de picar no botón de Pechar, picaremos en Recargar para cargar o novo repositorio.
Agora poderemos instalar o paquete sun-java6-plugin.
Na instalación do paquete, teremos que aceptar a licenza do software.
Desinstalar unha aplicación
Pódese realizar dende Aplicativos -> Centro de Software de Ubuntu ou dende Sistema ->
Administración -> Xestor de paquetes de Senaptic, escollerase esta última.
En Senaptic premer sobre o paquete co botón dereito e seleccionar Marcar para eliminar
completamente, a diferenza de Marcar para eliminar, o primeiro non deixa nin os arquivos de
configuración da aplicación.
Observar iconas e premer en Aplicar.
Aparece un cadro resumo dos cambios que se van a facer; premer en Aplicar.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
44
Caché de paquetes descargados
Cando descargamos un paquete para instalar un novo programa, en primeiro lugar procédese sempre
á descarga dos paquetes necesarios para despois abordar a súa instalación.
Pero ¿que pasa cos paquetes descargados despois da instalación do(s) programa(s)?: pois estes
paquetes non se eliminan, senón que quedan almacenados nunha cartafol, ocupando espazo no disco,
aínda que estes paquetes non son necesarios salvo que queiramos reinstalar o programa e aforrar a
descarga dos paquetes.
Vexamos onde están e como podemos eliminar estes paquetes:
Os paquetes descargados almacénanse na cartafol /var/cache/apt/archives.
Picando co botón dereito sobre esta cartafol e accedendo á opción de Propiedades vemos o tamaño
que poden ocupar estes ficheiros no disco.
No Xestor de paquetes Senaptic, picando no menú Configuración->Preferencias podemos atopar
na lapela de Ficheiros unha opción para borrar os paquetes da caché; picamos neste botón e
comprobamos o borrado dos ficheiros.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
45
Sistema de arquivos e cartafois
Nautilus e cartafol persoal de usuario
En MS Windows existe o Explorador de cartafois para moverse pola estrutura de cartafois. En
Gnu/Linux existen moitas aplicacións para poder realizar iso. Unha delas é o Nautilus que vén por
defecto co escritorio Gnome.
Outras poden ser Konqueror do xestor de escritorio KDE, Thunar que vén por defecto co xestor de
escritorio Xfce, etc.
Nautilus é a aplicación que nos permite organizar os nosos arquivos, o que a veces se chama un
administrador ou Navegador de arquivos.
Para abrilo, imos a Lugares e seleccionamos Cartafol persoal : aparece o administrador de arquivos.
1. Panel de visualización. zona na que se listan os contidos do cartafol.
2. Panel lateral. mostra unha lista de accesos directos aos lugares básicos do sistema (máis os que
engadíramos con marcadores). Para mostrar ou ocultar o panel podemos:
Facer clic no botón X no ángulo superior dereito.
No menú Ver marcar ou desmarcar a opción Panel lateral.
Pulsar a tecla F9 que oculta ou mostra o panel alternativamente.
3. Barra principal. Consiste nunha serie de botóns que nos ofrecen as opcións básicas de navegación
polos cartafois:
Atrás: Para visitar o derradeiro lugar ao que accedimos.
Adiante: comportase de modo similar ao anterior e permitiranos avanzar.
Subir: permitenos acceder ao directorio pai do directorio actual
Deter: Interrumpe a carga do listado de arquivos.
Recargar: Actualiza o contido da ventá.
Inicio: llevanos directamente á raíz do noso cartafol persoal.(equivale a Mis Documentos de Windows)
Equipo: permitiranos acceder tanto aos dispositivos de almacenamento extraíble (disquete, CD,
memoria usb, etc.) como ás particións que poideira haber no disco.(equivale a Mi PC de Windows)
Buscar: permitiranos buscar un arquivo ou cartafol por título.(hai outra ferramenta de busca, moito
máis potente, a través do menú Lugares -> Procurar ficheiros)
Sistemas operativos e linguaxes de programación
46
4. Barra de lugar. mostra cada nivel de profundidade na árbore de directorios. Toma como punto de
partida o noso cartafol persoal.
Esta barra permitenos visualizar os elementos do cartafol como iconas ou como lista,
incrementando ou disminuindo o seu tamaño co botón de zoom.
5. Barra de estado. Ao pe da ventá está a barra de estado. Nela mostrasenos información acerca dos
elementos seleccionados, tales como o seu tamaño ou o espazo libre no disco.
6. Menú. menú principal, similar ao dotras aplicacións que se executan nun entorno de ventás, cuxas
opcións son suficientemente descriptivas para calqueira usuario. Entre elas, están:
Marcadores: Os marcadores son as cartafois favoritas que o usuario desexa ter. Deste xeito ó
usuario poderá acceder a elas nun simple paso.
En Marcadores do Nautilus están as cartafois que en teoría máis vai usar o usuario. Son
as mesmas que logo tamén aparecerán no menú Lugares.
Engadir un novo marcador: A forma máis sinxela é arrastrando a cartafol á parte inferior
do panel lateral esquerdo; tamén se pode facer a través do menú de Nautilus
Marcadores ->Engadir Marcador.
Separadores: os Separadores de Nautilus equivalen ás pestanas do navegador Mozilla-Firefox.
Propiedades dun elemento
Facendo clic coa tecla dereita do rato na icona dun arquivo ou cartafol aparecenos o seu menú
contextual. Ao final deste encontramos a opción Propiedades, que nos permite obter información
sobre o elemento seleccionado e realizar tarefas administrativas sobre el.
As opcións dispoñibles dependerán do tipo de elemento e dos permisos que teñamos sobre el,
algunhas opcións estarán en gris indicando con iso que non as poderemos modificar.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
47
Básica. ofrece información acerca do tipo de arquivo, tamaño, ubicación, etc. Ademáis podemos
renomear o elemento.
Emblemas. permite elexir pequenos gráficos que se superpoñen á icona e serven para ter máis
información ou simplemente decoralo.
Permisos. Verase noutro apartado
Abrir con. Aparece únicamente no caso dos arquivos. Mostra unha lista das aplicacións capaces
de abrir ese tipo de arquivo. Una delas estará marcada significando que é a aplicación asociada
por defecto. Na parte inferior hai un botón para engadir máis aplicacións.
Notas. permite engadir comentarios para o elemento seleccionado.
Documento : información sobre o documento, pero esta lapela cambiará dependendo do tipo do
ficheiro (por exemplo, nun ficheiro de audio será Son, con información sobre o audio).
O sistema de ficheiros
En GNU/Linux todo son ficheiros, isto é, calquera elemento presente no sistema é tratado como un
ficheiro desde os nosos arquivos persoais ata os dispositivos hardware como a impresora, o rato, os
dispositivos de almacenamento, etc.
En Linux existen tres tipos de ficheiros:
Ficheiros normais :
Son ficheiros con datos, xa sexan de texto ou binarios. Teñen un nome e poden ter unha
extensión, aínda que Linux non asocia tipos de ficheiros nin aplicacións segundo as extensións
dos mesmos.
Os ficheiros de datos xéranse dende distintas aplicacións (editores de texto, compiladores,
etc.).
Podemos crear un ficheiro baleiro premendo co boton dereito dentro dunha carpeta ou no
escritorio e seleccionando Crear ficheiro.
Directorios :
Os directorios en Linux son ficheiros dun tipo especial, que como información conteñen unha
lista de entradas cos números de i-nodo e nome dos ficheiros e directorios que conteñen
(táboa de entradas de directorio).
Dispositivos:
Os dispositivos se representan en Linux como ficheiros especiais que están nunha carpeta
determinada (/dev).
Estes ficheiros están organizados no que se coñece como un Sistema de ficheiros. Aínda que
GNU/Linux é capaz de traballar con distintos tipos (incluíndo FAT e NTFS) os seus sistemas de
ficheiros nativos son ext3 ou ext4.
Cando se instala un Sistema Operativo, este crea unha serie de carpetas e arquivos máis ou menos
estándar para ese sistema Operativo.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
48
A diferencia de Windows, en GNU/Linux só existe unha única raíz ( / ), non existen letras de unidade
para diferentes dispositivos, todo (cdrom, disquete, memoria usb, etc) colga de aquí.
C:\
Arquivos de programa Documents and Settings Windows
Usuario administrador All Users Usuario n
Os meus Documentos Favoritos Escritorio
/
boot home dev
Usuario 1 Usuario n
Documentos Imaxes Escritorio
bin root media
Usuario 2
Esta estrutura de directorios atópase fortemente xerarquizada para permitir unha maior familiaridade
co sistema para os usuarios, pero sobre todo, para que os programadores poidan situar os ficheiros
das aplicacións sen preocuparse da distribución na que funcionará finalmente o seu programa.
As directrices para esta estrutura seguen a especificación pública FHS (Filesystem Hierarchy Standard) e
serven de referencia para todos os desenvolvedores. Polo tanto, a maioría dos directorios Ubuntu
atópanse sempre no mesmo lugar en calquera outra distribución GNU/Linux.
Se desde Nautilus pulsamos no panel lateral o acceso ao sistema de arquivos veremos a árbore
completa de directorios. Na barra de título da fiestra veremos o símbolo / indicando que estamos na
raíz da árbore.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
49
/bin: contén os executables (binarios) esenciais para o sistema. Se observamos o seu contido
atoparemos os comandos máis básicos.
/boot: aquí están os arquivos usados polo sistema durante o arranque, incluída a imaxe do
núcleo. Dentro da carpeta /boot/grub están os ficheiros que controlan o arranque de múltiples
sistemas operativos. Existen varias utilidades para facer isto, unha delas é Grub
/dev (devices, dispositivos): Os dispositivos (Discos, rato, teclado, impresora, USB, etc, etc.) en
GNU/Linux está asociados e accesibles a través dun ficheiro. Eses ficheiros están en /dev.
Almacena os controladores (device drivers ou device files) para o acceso aos dispositivos.
/etc: Contén os arquivos de configuración do sistema: por exemplo, o ficheiro fstab ten a lista
das particións que se deben montar cando se inicia o sistema, o ficheiro group debería conter os
grupos do sistema, e o ficheiro hostname o nome do equipo, etc.
/home: Contén a carpeta de cada usuario que se dea de alta no sistema; como /home, neste
caso, está montado sobre unha partición con formato ext4, aparece a carpeta lost+found,que
se explicará máis adiante.
/lib (librerías): Cando se instalaban programas, moitas das veces había que instalar tamén
unhas dependencias, case sempre esas dependencias son librarías que son anacos de código
usados por moitos programas; gardando nun mesmo directorio as librerías que poden ser
usadas por diferentes aplicacións evitase que cada programa inclúa as súas propias, coa
consecuente redundancia de ficheiros.
/lost+found (perdido e encontrado): esta carpeta está en toda partición ext3 ou ext4; cando
se apaga mal o sistema, por exemplo, é probable que se teñan problemas cos arquivos. O
iniciar o sistema é moi probable que chequee a partición. Na carpeta lost+found estará a
información que se gardou mal e que a utilidade de chequeo tratará de recompoñer.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
50
/media: Conterá os puntos de montaxe das unidades extraíbles. Son montadas de xeito
automático ó ser inseridas.
/media/cdrom0 , para a primeira unidade de cdrom
/media/usbdisk , para a memoria usb
/media/floppy , para o disquete
/mnt (mount, montaxe): Onde se montaban antigamente as unidades, xeralmente montadas
de xeito manual.
/opt (opcional): Para gardar paquetes adicionais das aplicacións.
/proc (procesos): Entre outras cousas, contén arquivos de texto que indican como está cada
proceso que se está executando no sistema.
/root (carpeta do superusuario): É a carpeta home do usuario root.
/sbin (superusuario binarios): Contén comandos de uso exclusivo do superusuario ou de
quen teña perfil de administración (ollo, nese caso hai que executalos co comando sudo).
/tmp (temporal): Onde se almacenará información temporal, cada vez que se inicia o sistema
elimínase esa información.
/usr (usuario): onde se almacenan as aplicacións e recursos dispoñibles para todos os
usuarios do sistema. Destacaremos:
/usr/bin, contén a maioría de programas e comandos a disposición dos usuarios.
/usr/share, adoita conter datos compartidos independentes da máquina, como a
documentación dos programas ou coleccións de imaxes para o escritorio.
/var (variable): adoita conter información variable, tanto xerada polo propio sistema como
polos suarios. Contén arquivos como os logs (rexistros do que se fai), cache de arquivos, etc. (
Por exemplo, en /var/cache/apt están tódolos paquetes que baixaron as aplicacións Synaptic, o
actualizador de Ubuntu e Engadir/eliminar... antes de instalalos).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
51
Acceder ás unidades de almacenamento
Linux trata a tódolos dispositivos como un ficheiro, que se pode abrir, escribir, ler e cerrar : para
Linux, un dispositivo é un ficheiro especial (localizados no directorio /dev) que en realidade enlaza co
controlador do dispositivo.
Os discos en linux noméanse da seguinte forma:
hda, hdb, hdc, etc. se son discos tipo IDE.
sda, sdb, sdc, etc. se son discos SerialATA, soportes externos (Discos USB, chaves USB,
tarxétas de cámaras de fotos), etc.
As particións dos discos identifícanse cun numero: así sda1 e sda5 son dúas particións do disco
sda. E sdb1 e sdb3 son outras dúas particións do disco sdb, etc.
Na carpeta /dev é onde están accesibles cada un deses soportes/particións.
Un punto de montaxe é unha carpeta que apunta a unha partición ou soporte de almacenamento.
En linux, para poder acceder a unha unidade de almacenamento esta ten que ter asignado un punto
de montaxe na árbore de arquivos (é decir, ten que estar montada nunha carpeta).
No noso caso, cando se instalou o sistema se lle indicara que montara unha serie de particións:
Unha sobre o directorio raiz (a partición /dev/sda5 sobre o directorio /)
Outra no directorio /home ( /dev/sda7 sobre /home).
Unha terceira no directorio /media/win-linux (a partición /dev/sda8 sobre /media/win-linux)
Cando se inicia o sistema, móntanse automaticamente e de xeito perenne e, polo tanto, xa
podemos acceder a elas (Na carpeta /etc hai un arquivo chamado fstab que ten a lista das particións que
se deben montar cando se inicia o sistema).
Dende o navegador Nautilus premendo no botón Computador ou no menú Lugares -> Computador
accédese a tódolos soportes de almacenamento presentes no sistema. Un deles chámase Sistema de
ficheiros é non é máis que acceder a tódalas carpetas e arquivos que se atopan na raíz do sistema (O
directorio /).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
52
Na seguinte imaxe pódese observar:
O directorio/carpeta raíz (/) apunta á unha partición do disco fixo sda, en concreto apunta á
partición do sda5. Isto é, a partición /dev/sda5 está montada nunha carpeta chamada /. Cando
alguén accede ó directorio ou carpeta chamada / , en realidade, está accedendo á partición sda5
do disco sda.
Todas as carpetas e ficheiros que están dentro do directorio / están na partición sda5.
A carpeta /home está explicitamente almacenada na partición sda5, pero cando se accede ó
interior desa carpeta estase accedendo á partición sda7 do disco sda.
Isto é, a partición /dev/sda7 está montada nunha carpeta chamada /home, pero esta
carpeta está almacenada nunha carpeta chamada / que á súa vez está en sda5.
Pero cando se accede ó contido de /home (ó que hai dentro de /home) estase accedendo a
información que hai contida na partición sda7.
A partición de intercambio Win-Linux (partición /sda8) está montada sobre a carpeta
/media/win-linux. Isto é, cando se preme sobre a icona deste soporte, estase indo á carpeta
/media/win-linux, ou sexa á partición /dev/sda8.
Tanto a carpeta /media como o seu contido residen na partición sda5. Pero se se vai a dentro da
carpeta win-linux entón o seu contido está na partición sda8
Sistemas operativos e linguaxes de programación
53
As particións non montadas ó iniciar o sistema, téñense que montar posteriormente para acceder a
elas:
No noso caso, a partición onde reside o MS Windows XP (/dev/sda1), non aparece montada por
defecto porque non está no ficheiro /etc/fstab. Por tanto pódese montar agora e seguirá montada
mentres non se desmonte ou se apague o equipo.
Ao premer sobre o soporte de información montarase automáticamente ( ou ao facer clic co botón
dereito e escollendo a opción Montar).
Que fixo o equipo?: Creou na carpeta /media unha carpeta co nome da etiqueta da partición, e
nesa carpeta montou a partición /dev/sda1. Isto é, a carpeta /media/xxx é un punto de montaxe
para a partición /dev/sda1 (o nome da carpeta é o da etiqueta da partición, se o ten; se non, colle a nº
UUID de identificación da partición).
Cando se desmonte a partición (botón dereito e opción Desmontar) borrarase esa carpeta (a
partición é tratada como se fose unha unidade extraible).
Fixarse que unha vez montada, aparece a icona do soporte de almacenamento no menú Lugares
e no Escritorio.
Por que non aparece a partición asignada a /home? porque en Lugares (e no Escritorio) só se
amosan os dispositivos que están montados no cartafol /media.
Acceder ás unidades de almacenamento extraibles
Montar un DVD/CD:
Cando se introduce un CD ou un DVD o sistema monta automaticamente ese soporte nunha
carpeta dentro de nunha carpeta de /media, e aparece en Lugares e no Escritorio.
Se se preme sobre el co botón dereito, no submenú Abrir con pódese escoller a aplicación con
que reproducilo.
Neste mesmo menú contextual pódese Expulsar o volume (desmontaría o DVD e expulsaríao da
unidade).
Sistemas operativos e linguaxes de programación
54
Montar un lapis USB (Pendrive):
Ó introducir un lápis USB, créase en /media un cartafol que é o punto de montaxe do lapis usb, e
aparece en Lugares e o Escritorio.
No sistema, un lápis usb asóciase a unha unidade de disco; neste caso, o lapis usb está asociado
ó dispositivo /dev/sdb, e ten unha soa partición /dev/sdb1.
En Ubuntu, para eliminar un elemento hai que Enviar ao Lixo; no caso dun usb, a onde van parar
os elementos eliminados? Van ao Lixo do sistema?
Cando se elimina algo nun usb, crease nel un directorio oculto chamado .Trash-xxxx, onde xxxx
é o UID do usuario ( no exemplo, 1000);en /.Trash-xxxx/files están os elementos eliminados e en
/.Trash-xxxx/info hai un ficheiro contendo información sobre o que eliminou o usuario.
Para expulsar o soporte, co botón dereito temos a opción Expulsar, coa que se desmonta e apaga
o usb; se hai lixo, preguntará se se quere borrar o contido do lixo. ( se se escolle a opción Extraer
unidade de forma segura, desmóntase pero non se apaga e non pregunta se se quere baleirar o lixo)
Sistemas operativos e linguaxes de programación
55
Permisos sobre arquivos e cartafois
Máis arriba falando das propiedades dun elemento mencionouse o tema dos permisos.
Ubuntu é un sistema multiusuario. Isto quere dicir que está pensado para ser utilizado por moitas
persoas, ata traballando simultaneamente, garantindo a confidencialidade da información e a
estabilidade do sistema.
Un dos mecanismos máis importantes para conseguir este obxectivo é o referente aos niveis de
acceso dos usuarios á información do sistema.
Cada usuario está identificado por un nome e unha contraseña. Os usuarios teñen sempre
privilexios limitados e unicamente son soberanos no seu cartafol persoal.
Para simplificar a xestión do sistema créanse grupos de usuarios, a fin de que sexa máis fácil a
asignación de permisos e a posibilidade de compartir un determinado recurso. Os grupos de
usuarios identifícanse cun nome.
Cada usuario debe pertencer a un grupo obrigatoriamente, chamado grupo primario. O usuario
pode pertencer a outros grupos, a estes coñéceselles co nome de grupos secundarios.
Para garantir a estabilidade e confidencialidade, o sistema establece sobre cada ficheiro ou cartafol
tres tipos de permisos de acceso, lectura (r), escritura (w) e execución (x).
Lectura (r): Quen ten este permiso sobre un arquivo pode lelo pero non modificalo nin borralo.
Se se trata dun cartafol poderá listar o seu contido pero non poderá ver as características dos
arquivos ou cartafois que conteña, como tampouco poderá borrala ou crear subcarpetas.
Escritura (w): Quen ten este permiso pode modificar ou ata borrar o arquivo. Se se trata dun
cartafol poderá eliminala ou crear novas subcarpetas dentro dela.
Execución (x): Se se trata dun ficheiro binario quen posúa este permiso poderá executalo. Se se
trata dun cartafol poderá explorar o seu contido e acceder tamén ás características dos arquivos
ou cartafois que conteña.
Por outra banda cada arquivo ou cartafol ten un usuario propietario (por defecto, o usuario que o
creou), e un grupo propietario (por defecto, o grupo principal do usuario que o creou).
Cando un usuario crea unha carpeta/ficheiro:
Quen é o usuario propietario? o usuario que a creou.
Quen é o grupo propietario?: o grupo primario ó que pertence ó usuario.
Aínda así, o grupo propietario pódese cambiar a calquera outro grupo, aínda que o usuario
non teña nada que ver con el.
Os permisos dos ficheiros defínense a tres niveis, sobre tres tipos de usuario:
Permisos para o usuario propietario.
Permisos para o grupo propietario.
Permisos para tódolos usuarios.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
56
A cada tipo de usuario pódeselle asignar unha combinación dos tres permisos anteriores. Por exemplo
para o usuario propietario, sobre un ficheiro, poderíanse asignar calquera das combinacións seguintes:
- - - Ningún permiso. O usuario non pode facer nada co arquivo.
- - x Pode executar o ficheiro, se é executable. Non pode modificalo nin ver o seu contido.
- w - Pode modificar o arquivo (engadirlle/extraerlle contido). Non pode executalo nin velo.
- w x Pode executar e modificar o ficheiro pero non pode velo.
r - - Pode ver o contido do ficheiro, pero non modificalo nin executalo.
r – x Pode ver o contido e executar o ficheiro. Non pode modificalo.
r w - Pode ver o contido e modificalo ficheiro. Non pode executalo.
r w x O usuario pode, ver o contido do ficheiro, modificalo e executalo se é un arquivo executable
Por exemplo, accedendo á carpeta dun usuario administrador usando a visualización en formato lista,
as que se engadiron as columnas: propietario, grupo e permisos:
Na columna permisos vese que a secuencia comeza cunha letra ou un guión:
l: link, enlace, acceso directorio
d: directory, directorio, carpeta
-: arquivo, ficheiro
A continuación séguelle tres grupos de permisos. Véxase por exemplo a carpeta Música: drwxr-xr-x
d: indica que é unha carpeta (directorio).
rwx: os 3 primeiros permisos corresponden ó usuario propietario (administrador). Este pode
facer de todo.
r-x: os 3 segundos permisos corresponden ó grupo propietario (administrador). Calquera usuario
que pertenza a este grupo pode ver o contido e acceder á carpeta Música.
r-x: os 3 últimos permisos corresponden a tódolos demais usuarios, outros.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
57
Neste exemplo en Música poden ver o seu contido e acceder a ela.
Ós únicos que poden cambiar os permisos dun ficheiro/carpeta son o seu dono e o usuario root. E o
único que pode cambiar a propiedade dun ficheiro/carpeta é o usuario root.
Usuarios e grupos en Ubuntu
Inicialmente, o sistema ten 2 usuarios dados de alta: un usuario administrador (ou o nome que se
lle dera na instalación), dado de alta no momento da instalación e o usuario root, tamén dado de alta
no proceso de instalación.
Con todo, Ubuntu non inclúe o usuario root (permanece oculto, só accesible mediante consola). No
seu lugar, concédese o acceso administrativo a cada usuario individual.
A primeira conta de usuario que se crea no sistema durante a instalación terá, de forma
predeterminada, privilexios de administración:
Cando execute unha aplicación que requira privilexios de administrador, pediráselle que
escriba o seu contrasinal de usuario.
O sistema recordaraa durante 15 minutos.Despois volverá ser un usuario corrente.
Prevense así que aplicacións maliciosas danen o sistema ou estragar algo accidentalmente.
Cando se comparte o ordenador con outros usuarios, é recomendable e case obrigado ter un usuario
diferente para cada un:
En GNU/linux cada usuario identifícase por un nome (nome de usuario) e un UID (Identificador
de usuario).
Cada usuario debe pertencer a un grupo obrigatoriamente, chamado grupo primario. O usuario
pode pertencer a outros grupos, a estes coñéceselles co nome de grupos secundarios.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
58
Propiedades dun usuario
Para a súa xestión: Sistema -> Administración -> Usuarios e grupos.
As propiedades da conta do usuario (nome real, tipo de conta e contrasinal) pódense cambiar
directamente dende a ventá principal. Accedemos ao resto das propiedades picando no botón de
Configuracións avanzadas.
En Configuracións avanzadas ,na lapela Información de contacto pódese indicar nº de telefono do
usuario.
En Privilexios de usuario indícase que pode e non pode facer o usuario. O segundo privilexio indica
administrar o sistema.
En Avanzado está cal é o directorio persoal do usuario, o grupo principal ó que pertence (verase máis
adiante) e un número que identifica ó usuario, UID (User Identifier), é como o DNI do usuario, neste
caso o usuario Xan ten asinado o UID=1000.
Engadir usuarios
Para engadir usuarios ao sistema, en Sistema -> Administración -> Usuarios e grupos picar no
botón de Engadir : mostrarase un asistente que solicita só o nome real, o nome de usuario (en
minúsculas) e logo, ao aceptar, o contrasinal. O resto dos datos poderemos modificalos unha vez
creado o usuario.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
59
Créase o novo usuario (Pepi), que por defecto ten o tipo de conta de Usuario de escritorio (usuario
normal, sen privilexios de administración).
Podese modificar premendo en Cambiar e escoller tipo de conta de administrador, ou manualmente en
Configuracións avanzadas na lapela Privilexios de usuario (nese caso, nas propiedades de usuario
aparecería Tipo de conta personalizado).
Na solapa de Avanzado das Configuracións avanzadas:
indícase onde se desexa que teña este usuario a súa carpeta persoal,
así como cal é o intérprete de comandos.
Se non se indica nada no grupo principal o sistema creará un grupo
que se chame igual que o usuario e nese grupo introducirá ó usuario.
Finalmente o sistema asínalle un UID ó usuario de xeito automático. Os
catro campos poden ser modificados en calquera momento.
Agora se se preme no botón de apagado amosa os demais usuarios, permitindo conmutar entre eles
sen pechar a sesión (Saír da sesión), só hai que premer sobre o usuario ó que se desexa cambiar.
Xestión de grupos
Os usuarios agrúpanse en grupos: Un grupo é un conxunto de usuarios usado co fin compartir os
mesmos permisos de acceso nalgús recursos.
Isto é bo xa que no momento de ter que asinar permisos é preferible facelo a todo un grupo de
usuarios que usuario por usuario.
Os grupos identifícanse cun nome y un identificador de grupo (GID).
Como xa se indicou existen dous tipos de grupos:
Primarios: aqueles ós que o usuario pertence como primeira opción.
Secundarios: aqueles ós que o usuario pertence opcionalmente.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
60
Ollo, que un grupo A pode ser primario para un usuario, pero secundario para outro. Este último
usuario pertencerá a outro grupo primario B obrigatoriamente.
Premer en Xestionar os grupos.
Véxase como existe un grupo co mesmo nome que o usuario que se creou previamente.
Lémbrese que cando se creou o usuario carlos non se lle indicou ningún grupo primario.
Ir a Propiedades:
Observese o seu GID (o identificador de grupo), un número que se asigna a cada grupo
que se crea.
Non hai ningún usuario que teña a este grupo como secundario. Nesta pantalla só se
amosan os usuarios que peretencen a este grupo pero como secundario.
Para cambiar o grupo primario dun usuario hai que facelo na configuración do propio
usuario como se veu antes.
O grupo admin : é o grupo que lle permite administrar o sistema a quen pertenza a el.
Para engadir novos grupos, premer en Engadir:
Neste caso, engadimos un novo grupo usuarios (o nome debe comezar por minúscula) e déixase
o GID que suxire o sistema.
Os usuarios que se agregen terían este grupo como grupo secundario.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
61
O usuario root
Usuario root, tamén coñecido como superusuario e ó usuario que permite administrar todo o
sistema o que ten tódolos dereitos e ningunha restrición.
O seu UID é o 0 e a súa carpeta persoal esta na raíz do sistema de arquivos: /root.
Ubuntu non permite conectarse directamente ao sistema como root , este permanece oculto no
sistema (nin se pide crear un contrasinal para usuario root).
No Terminal do sistema, a través da utilidade sudo, (SuperUser DO, executa como superusuario) pódense
realizar tódalas tarefas que se desexen. Sudo permite que un usuario suplante a outro, case sempre ó
usuario root.
No arquivo /etc/sudoers están os usuarios que poden suplantar a outros e para que cometidos.
O sistema vén configurado por defecto para que todo usuario que pertenza o grupo admin (visto
anteriormente) poida executar calquera cousa como calquera usuario: só os usuarios que pertencen ao
grupo admin poden executar ordes con privilexios usando a orde sudo e introducindo a súa propia
clave.
Ca orde sudo su (su, superusuario), permite aos usuarios do grupo admin pasar a ser usuario root ca
sua propia clave e executar comandos reservados ao usuario root (evita ter que estar poñendo sempre
sudo antes dunha orde).
Abrir como administrador (root)
Para poder abrir carpetas e arquivos como root (permitiría modificalos e cambiar permisos), instalar o
seguinte paquete: nautilus-gksu e pechar a sesión e volver a entrar.
Isto vai engadir un novo menú contextual a Nautilus: Abrir como administrador: ábrese unha nova
ventá de nautilus como usuario root (fixarse que o cartafol de usuario e /root).
Ollo que este administrador refírese ao usuario root, non a un usuario administrador.
Sistemas operativos e linguaxes de programación
62
Instalar e compartir impresoras
Antes de continuar véxanse un par de conceptos:
CUPS (Common UNIX Printing System):é un sistema de impresión que trata de ser un estándar en
GNU/Linux e Unix. Xestiona as colas de impresión, permite compartir impresoras, etc.
URI (Uniform Resource Identifier, Identificador de Recursos Uniforme): é un conxunto de
caracteres que serve para identificar calquera recurso dunha forma inequívoca e única. Comeza co
protocolo que se vai usar para identificalo (usb, ipp, http, smb, etc...). Cada impresora física terá
unha URI asociada pola cal o sistema (CUPS) se comunica con ela.
Se o driver está no sistema, como no Escenario 1, o lóxico é que nada máis conectar a impresora, esta xa
estea operativa, sen intervención algunha do usuario. Iso é o que se reproduce neste escenario.
Se o driver da impresora está na base de datos do sistema, nada máis conectala e acendela, o sistema avisa
na área de notificacións que se engadiu unha impresora. O usuario pode configurar, se o desexa, parámetros
da mesma. Abriría os menús que se viron anteriormenteA impresora HP instalada, sen intervención do usuario
No menú Políticas, indícase se esta ou non habilitada, compartida. Que facer no caso de erros. Que mensaxe
poñer ó principio dos documentos, etc.
En Control de acceso indícase quen son os usuario que poden ou non imprimir
En Opcións de impresora, indícase o tamaño do papel, a resolución. Dependendo da impresora existen moitas
outras opcións: dúplex, bandexa na que coller o papel, etc.
Opcións de traballo serve para indicar entre outras cousas cantas páxinas se desexa por folla, cantas copias, o
acabado en cor, en escala, etc, etc. As configuracións que aquí se determinen son as que quedarán por
defecto para a impresora, independentemente de quen imprima. Logo o usuario no momento de imprimir
poderá modificar algún parámetro.
Impresora predeterminada de sistema e de usuario
Cando hai dúas ou máis impresoras hai que indicar cal é a predeterminada, para que cando se prema nos
botóns de imprimir das aplicacións non pregunte a impresora que se desexa usar. En Ubuntu, pode ser
predeterminada de:
Sistema: Un usuario administrador determina que para todo o sistema cal é a impresora determinada
independentemente do usuario.
Usuario: se o usuario non quere a impresora do sistema como predeterminada, este pode escoller a que
desexe como predeterminada.
Instalar o paquete cups-pdf
Sistemas operativos e linguaxes de programación
63
Sistemas operativos e linguaxes de programación
64
Compartir impresoras en Ubuntu e administración remota
Un dos aspectos interesantes de ter unha rede é poder compartir as impresoras que ten instaladas un
equipo. Ese equipo chamarase Servidor de Impresoras ou de Impresión. Neste caso ubuntu-01 vaise
converter nun servidor de impresoras.
Esta impresoras poderán ser usadas dende MS Windows e dende outros GNU/Linux.
Compartir impresoras en Ubuntu e permitir administración remota
Sistemas operativos e linguaxes de programación
65
Pero a parte de indicar que impresoras se comparten falta habilitar o servidor para permitir que outros
equipos poidan usar as impresoras que comparte. Servidor -> Configuración ...
Marcar: permitir compartir, administración remota e xestión da cola por calquera usuario.
Recommended