Tema 2

Preview:

DESCRIPTION

 

Citation preview

TEMA 2: REVOLUCIÓNS LIBERAIS E MOVEMENTOS NACIONALISTAS (1789-1871)

1. Liberalismo e nacionalismo

2. Os inicios da Revolución francesa (1789-1792)

3. A Primeira República francesa (1792-1799)

4. O período napoleónico (1799-1815)

5. Restauración e revolucións liberais (1815-1848)

6. Os movementos nacionalistas

Antía Sanmarco Martínez

1. Liberalismo e nacionalismo 1.1. O liberalismo, un novo sistema político

O liberalismo é unha corrente ideolóxica ao mesmo tempo que unha doutrina política e económica xurdida a partir das ideas de pensadores como o inglés John Locke.

Principios:• Soberanía nacional no que se elixe un sistema

representativo. Dereito ao sufraxio nunhas eleccións, a través dos partidos políticos.

• Separación de poderes. Poder executivo (Goberno), lexislativo (Parlamento) e xudicial (Tribunais de Xustiza)

• Existencia dunha Constitución• Dereito de propiedade

1.2. As revolucións liberaisO triunfo das revolucións dos burgueses

deu orixe ao Estado liberal, que tomou a forma de monarquía ou de república parlamentaria. No primeiro liberalismo impúxose o sufraxio censatario. A democracia foise instaurando de xeito progresivo ao longo do século XIX, cando se recoñeceu o sufraxio universal.

1.3. Os ideais nacionalistasO nacionalismo é unha ideoloxía política que defende o

dereito das nacións a exerceres a súa soberanía e a crearen o seu propio Estado

A nación é un conxunto de individuos que posúen unha serie de lazos culturais de seu e que desexan vivir en común. O Estado é unha organización política e administrativa formada por diferentes institucións que exercen o poder sobe un determinado territorio.

Moitos pobos sometidos a un dominio dun grande imperio ou atopábanse fragmentados en diversos Estados.

Carácter disgregador ou unificador. Nos imperios plurinacionais xurdiron movementos independistas. Mentres, italianos e alemáns loitaban pola súa unificación.

2. Os inicios da Revolución francesa (1789-1792)

2.1. As causas da Revolución

A finais do século XVIII, Francia atopábase sumida nunha fonda crise económico e social. Provocou un descontento popular. A burguesía estaba descontenta ante a súa marxinación política. A monarquía atopábase sumida nunha profunda crise financeira. A solución ao déficit do Estado pasaba por unha reforma fiscal.

2.2. O estalido revolucionarioA Revolución francesa iniciouse en 1789 cunha

revolta dos privilexiados. Esixíronlle a Luís XVI que convocase os Estados Xerais.

OS Estados Xerais abríronse en maio de 1789. Reunidos nun pavillón de Versalles comprometéronse a elaborar unha constitución que reflectise a vontade da maioría dos franceses.

O pobo de París apoiou na rúa as propostas da nova Asemblea e o día 14 de xullo, unha multitude asaltou unha prisión para facerse con armas. A Revolución estendeuse ao campo, en forma dunha revolta antiseñorial, Gran Medo.

2.3. As fases da RevoluciónA Asemblea Nacional iniciou o proceso de

transformar Francia, desenvolveuse en diferentes fases:

A monarquía constitucional (1789-1792) A república democrática (1792-1794) A república burguesa (1794-1799)

2.4. A monarquía constitucional (1789-1792)

O 4 de agosto de 1789, decretou a abolición do feudalismo e promulgou a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán.

En 1791 promulgouse unha Constitución, reserváballe ao rei o dereito de veto. Tamén se estableceu o sufraxio indirecto e censatario

Formouse unha Asemblea Lexislativa e creouse un novo exército, Garda Nacional.

Expropiáronse os bens da Igrexa, que foron declarados bens nacionais (desamortización) e vendidos a particulares. Unha Constitución Civil do clero separou a Igrexa do Estado.

3. A primeira República francesa (1792-1799) 3.1. A república democrática (1792-

1784)

O rei Luís XVI intentou fuxir de París (Fuga de Varennes, xuño de 1791)

O rei foi descuberto e detido, en abril de 1792, os austríacos invadiron Francia e chegaron ás portas de París.

A Convención xirondina

Os sans-culottes, o 10 de agosto de 1792, asaltaron o palacio real, encarceraron o monarca e proclamaron a república.

Creouse unha Convención Nacional escollida por sufraxio universal masculino. Luís XVI e María Antonieta foron condenados e executados. A morte do rei provocou a alianza das monarquías europeas, formaron unha coalición absolutista contra Francia. Realizáronse revoltas contrarrevolucionarias e conspiracións realistas.

A Convención xacobina

Promulgouse unha nova Constitución baseada na democracia social. O executivo quedou nun Comité de Salvación Pública, que lle outorgou todo o poder a Robespierre.

Para acabar cos contrarrevolucionarios impulsouse a política do Terror. Castigaron con prisión ou morte na guillotina aos que se opoñían ao goberno (lei dos sospeitosos)

O Comité de Salvación Pública aprobou unha serie de leis sociais: o control dos prezos e salarios (Lei de máximum), etc.

A caída dos xacobinos

A radicalización da Revolución, o Terror e o goberno ditatorial dos xacobinos provocaron a oposición de boa parte da poboación. Robespierre e outros xacobinos foron executados.

3.2. A república burguesa (1794-1799)

Propósito de retornar aos principios de 1791.

Anulou as leis xacobinas e promoveu o retorno dos exiliados por mor do Terror. Nova Constitución, dáballe o poder executivo a un goberno colexiado (Directorio) e o poder lexislativo a o Consello dos Cincocentos e o Consello dos Anciáns.

O exercito propúxose como a única institución capaz de poñer orde.

En 1799, un novo xeral, Napoleón Bonaparte.

4. O período napoleónico (1799-1815) 4.1. Napoleón: de cónsul a emperador

En 1799, inaugurou o Consulado. Isto caracterizouse por un goberno personalista e autoritario reflectido na Constitución de 1800

En primeiro lugar, restableceu o liberalismo económico, creou o Banco de Francia e emitiu billetes bancarios. En segundo lugar, permitiu o regreso dos exiliados que aceptasen a nova orde e asinou un Concordato coa Igrexa.

Elaborou unha serie de códigos (civil, penal e de comercio)

Creou as prefecturas e reformou a Facenda. Creou os liceos (escolas)

En 1802 nomeouse cónsul vitalicio e en 1804 coroouse emperador.

4.2. A conquista do ImperioConquistou unha gran parte de Europa.

En 1811, agás Gran Bretaña, boa parte do resto de Europa situábase baixo o control de Francia.

En todos os países anexionados foron destronados os monarcas absolutos e impuxéronse as ideas revolucionarias.

4.3. A caída de NapoleónOs exércitos franceses someteron pola forza as nacións

ocupadas e colocaron no seu trono familiares de Napoleón. Ademais, favoreceron os intereses materiais de Francia. Todo isto desencadeou fortes sentimentos nacionalistas contra Francia. Xurdiron movementos de resistencia á invasión que tiveron os patriotas. O levantamento protagonizado polos españois en 1808, contra a invasión e a imposición dun rei estranxeiro marcou o inicio do declive do Imperio napoleónico.

En 1814, foi vencido por Rusia e España, Napoleón abdicou e foi exiliado á illa de Elba, retomou o poder por un breve período. Foi derrotado en Waterloo, foi desterrado á illa de Santa Elena, onde morreu en 1821.

5. Restauración e revolucións liberais (1815-1848) 5.1. A Europa da Restauración

Os Estados vencedores de Napoleón reuníronse no Congreso de Viena.Co obxectivo de poñerlle fin á expansión das ideas liberais e a restauración do absolutismo monárquico. Remodelaron o mapa europeo.

Estableceuse:• Lexitimidade dos monarcas absolutos• Negación da soberanía nacional• Equilibrio entre as grandes potencias• Dereito de intervención

Con isto creouse en 1815 a Santa Alianza.

A forza do liberalismo e do nacionalismo demostrouse en tres grandes vagas revolucionarias.

5.2. As revolucións de 1830En 1820, primeira vaga de revolucións

liberais

Segunda explosión revolucionaria

Onde triunfaron estas insurreccións realizouse a substitución do absolutismo por sistemas políticos liberais.

Iniciouse en Francia, proclamouse unha monarquía de corte liberal na persoa de Luís Felipe de Orleáns

en 1831, revolta en Polonia

5.3. As revolucións de 1848Aparicións de ideais democráticos

En Francia, proclamouse a II República

A república foi evolucionando nun sentido conservador e Luís Napoleón Bonaparte acabou impoñendo o seu poder persoal e proclamando o II Imperio francés.

No Imperio austríaco, numerosos estalidos revolucionados. A revolta tivo un carácter liberal. Obrigou ao chanceler Metternich a dimitir. Foi un levantamento nacionalista.

6. Os movementos nacionalistas

A expansión napoleónica espertara os sentimentos nacionalistas. O Congreso de Viena reordenou as fronteiras do continente. Sen ter en conta a identidade nacional. Implicou revolucións liberais foran acompañadas de reivindicacións nacionalistas.

6.1. Os primeiros movementos nacionalistas Grecia formaba parte do Imperio otomán. Por culpa de

diferentes causas foise forxando un movemento patriótico que reivindicaba os principios liberais e a independencia do Imperio.

En 1821 iniciouse a insurrección, ao ano seguinte a independencia.

En 1827, Francia e Inglaterra interviñeron militarmente e axudaron a derrotar o Imperio otomán, independencia grega en 1829

Bélxica oi unida a Holanda polo Congreso de Viena. En 1830 proclamouse a súa independencia dos Países Baixos

Entre 1808 e 1826 as colonias españolas de América continental reveláronse e declaráronse independentes.

6.2. A unidade italiana

Piemonte, único gobernado por unha monarquía liberal, a dinastía de Savoia, se manifestaba a prol da unificación de toda Italia.

Cavour xefe do goberno piemontés, comezou unha guerra contra Austria e anexión de Lombardía ao seu reino. Levantamento popular, dirixido por Garibaldi, derrotou os monarcas do centro e do sur de Italia.

En 1861 proclamouse rei a Vítor Manuel II de Savoia. En 1866, os austríacos abandonaron o Véneto; e en 1870, anexión dos Estados Pontíficios. Roma converteuse na capital.

6.3. A unificación de AlemañaPrusia tomou a iniciativa

En 1834, unión aduaneira

En 1848, parlamento reunido en Frankfurt

Guillerme I accedeu ao trono prusiano e nomeou chanceler a Otto von Bismarck. En 1864 declaroulle a guerra a Dinamarca, en 1866 a Austria e en 1870 a Francia.

Produciuse a proclamación o II Imperio (Reich) alemán e de Guillerme I como káiser (emperador)