View
226
Download
6
Category
Preview:
DESCRIPTION
voz natura
Citation preview
Presentamos a memoria que recolle parte das actividades feitas nas distintas
aulas que compoñen o CRA A Picaraña de Ponteareas enmarcadas no
PROXECTO de VOZ NATURA durante o curso 2012- 2013.
Cada escola puxo en marcha o seu propio proxecto, sempre relacionado coa
temática das enerxías renovables, e adaptado os obxetivos propostos, as
súas necesidades, intereses e posibilidades; contando coa incansable
colaboración dos pais e nais dos nosos alumnos e alumnas, en canto a
aportacións de materiais, contando experiencias, participación en actividades
conxuntas, colaboración dentro e fora da aula; e dicir colaboraron connosco
sempre que foron chamados a facelo.
Iniciamos tamén un proceso de concienciación da necesidade do aforro
enerxético, para o cal contamos coa axuda do concello, asociacións de
veciños, comunidades de montes, ANPA, que melloraron o sistema de
illamento dalgunha aula, así como a optimización da calefacción en tódalas
aulas do CRA.
Aínda que cada aula puxo en marcha o seu propio proxecto; fixéronse
actividades conxuntas e compartíronse os distintos materiais; quedando o
profesorado do centro moi satisfeito co xeito de traballar, coa implicación de
toda a comunidade educativa e cos obxetivos acadados .
Non nos esquecemos tampouco do coidado das árbores e prantas dos nosos
patios, así como a renovación e conservación das distintas especies .
Traballamos de xeito incansable nas hortas e xardíns das aulas que nos
regalan coa chegada da primaveira un espectáculo fantástico de cores e
aromas.
EN AREAS TRABALLAMOS O PROXECTO:
UNHA CHISPIÑA DE VIDA
O contacto co tema das ENERXÍAS foi nunha Asamblea a partir dunha exposición de
ideas, onde cada un de nós dixemos cousas que sabíamos das ENERXÍAS, paralelamente
recollimos ideas do que queriamos saber.
Pedimos axuda ós pais para que trouxeran o aula todo tipo de materiais dos que
pudiésemos obter información relacionada co tema e tamén buscamos na aula e na rede.
Estas son algunhas das páxinas que visitamos:
http://www.agenciaandaluzadelaenergia.es/galeria_multimedia/energias-
renovables/energias-renovables-para-ninos
http://www.terra.org/construye-tu-horno-solar_2351.html
http://www.solarizate.org/castellano/docencia/laboratorio.htm
http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/renewable_sources_of_energy/index.html
http://www.educambiente.es/2012/05/power-point-la-energia-eolica.html
http://www.iesllerena.es/ecocentro/index.php?option=com_content&view=article&id=129:
actividades-para-trabajar-la-energia&catid=45&Itemid=77
http://aprendiendoypromocionandolasenergiasrenovables.wordpress.com/lo-que-hacen-
los-ninos/
Comezamos a investigar e a experimentar sobre:
A Enerxía: fontes de enerxía.
Os tipos de fontes de enerxía.
Enerxías renovables e non renovables.
A importancia da Enerxía no día a día.
Como se transporta e almacena a Enerxía.
Consecuencias do consumo excesivo.
Medidas para fomentar o Aforro Enerxético.
ESA CHISPIÑA: O SOL
Para centrar o tema da Enerxía comezamos falando do sol e da súa importancia para a
nosa vida. Os nenos visionaron en distintos videos relacionados co sol e
tamén numerosas imaxes. Estos son os seus debuxos:
Estudiamos O sol en relación os planetas e plasmamos a súa importancia como fonte de
luz e calor imprescindible para a vida de plantas e animais.
Fixemos experimentos sobre a rapidez coa que os cubitos de seo se derreten
NO SOL NA SOMBRA PRETO DO RADIADOR
E tamén sobre as cores que absorben máis a calor:
Colocamos un cubito de xeo sobre papeles de distintas cores para ver que cubito
se derretía primeiro...aínda que tivemos que esperar un anaco mereceu a pena e
pouco a pouco o xeo volveuse auga...
Despois da observación concluimos que era A COR NEGRA por iso
Esta é unha mostra dos distintos contidos que traballamos:
A partires das experiencias fomos descubrindo as distintas características das enerxías
renovables, forma de acumulación e transporte ata os nosos fogares e tamén dos distintos
elementos cotiáns que funcionan con enerxía
Cando iniciamos o traballo da Enerxía Eólica fixemos varios debuxos para saber como
eran os AEROXENERADORES.
Fixemos unha maqueta dun parque eólico e puidemos comprobar no patio que cando
facía máis vento as aspas dos aeroxeradores se movían máis a présa .
Onde está cando o vemos e cando non o
vemos?
Poderiamos estar sen él?
Que nos da e a quen llo da?
Como é o noso astro rei do universo?
AULA DE GANADE INTRODUCIÓN Este proxecto, dentro da temática proposta por “Voz Natura”, para o presente curso trata de achegar aos nenos ao coñecemento e reflexión, sobor da importancia que ten o uso das enerxías limpas, dentro da categoría do aproveitamento de recursos e ademais da conservación do medio no que vivimos, pois a nosa existencia está íntimamente ligada a conservación do medio e ao aproveitamento dos recursos naturais, que nos brinda sen facer un mal uso, ou abuso deles. Traballamos arreo para ademais de tratar os aspectos curriculares correspondentes, ir na procura da implicación das familias no noso obxectivo, creando un binomio familia- escola, tratando de formar a comunidade mais cercana, na importancia que este tema supón á hora de educar as vindeiras xeneracións de xóvenes consumidores. O noso cabalo de batalla este ano será o estudio das posibilidades que o sol nos oferta, para o aproveitamento da súa enerxía, gratuita e limpa nos nosos traballos e actividades cotiás. Temos unha oportunidade de excepción e é que imos traballar cunha escola de nova adhesión ao CRA, neste ano. Esta escola é a de San Mateo, eles recen anexionados ao CRA, tomaron da nosa man o proxecto que plantexamos para este ano e traballamos, en conxunto na súa consecución. Para iso a modo de núcleo motivador, traballamos plantexando as seguintes liñas de estudo. A nosa liña de actuación estará rexida por tres puntos que artellarán o noso xeito de traballar:
Punto de partida: que sabemos? Desenvolvemento: que queremos saber Conclusións: que logramos saber?
DESENVOLVEMENTO Para dar comezo ao noso traballo fixemos entre os nosos nenos unha enquisa, que despois de contestar na aula en varias sesións levaron á casa e en conxunto con seus pais, trataron de buscar información sobre os puntos a desenvolver, a segun iamos avanzando no desenvolvemento do noso traballo. No primeiro trimestre, tratamos de dar respostas a como é e onde está o sol. Para eso elaboramos con axudar de materiais de reciclaxe e de artes plasticas unha maqueta do sistema solar, e mais concretamente e polo miudo do astro rei do universo. MATERIAIS
• Cola blanca • Témpera de colores • Bolas de poliestireno • Pinchos morunos • Sedeño • Pinceis....
Mirade como quedaron....
Tamén fixemos con axuda e suxestións do pais unha investigación na rede para obter datos de tamaño, color, situación... dos planetas para poder penduralos do teito das nosas aulas. Descubrimos como o frío e a ausencia de calor do sol fan que na nosa contorna as árbores queden sen follas, e parezan mortas, cando lle can as follas. Así o plasmamos no noso mural de outono.
No segundo trimestre. Adicamos o noso tempo a descubrir, como era de importante o sol na nosa vida e como o botabamos de menos no inverno, os paxaros deixaron os niños do patio e parecía que non había vida no patio. Estivemos traballando na horta, sememtamos os allos, as cebolas e os repolos, para que cando agromen o sol os axude a medrar.
Os paxaros abandonaron os niños, na procura de lugares onde vai calor e l ce o sol
Parte do segundo e do terceiro trimestre, adicámolo a facer ciencia. Todos armados do nosos mandiles de traballo, experimentamos coa enerxía. As nosas experiencias foron: EXPERIMENTO 1: CONSTRUCIÓN DUN PANEL SOLAR Materiais :
• Unha caixa de cartón • Unha botella de plástico • Pintura negra • Papel de aluminio • Papel de celofán
ELABORACIÓN : forramos unha caixa de papel albal, metemos dentro una botella plástica previamente pintada de negro e..... Despois dun día de sol: auga quente.... xenial!!!!!!!!!!
EXPERIMENTO 2 :UN RELOXO SOLAR Materiais:
• Plancha de madeira • Dous paus finos de madeira • Cutter • Regla • Tesouras • Cartolina • Pincel • pinturas
ELABORACIÓN: copiamos da rede un deseño de reloxo, pintamos picamos e colocamos con cola resistente, a lámina do debuxo nunha tablilla, á que lle colocamos un pau de pe no medio. Coa axuda dunha brúxula colocamos as horas e miramos as horas nel, se é un día de sol....
EXPERIMENTO 3: COMPROBAR COMO AS CORES RECOLLEN O CALOR DO SOL. Materiais:
• 6 cartolinas de colores diferentes, unha delas negra e outra branca • Cubitos de xeo • Un día de sol
DESENVOLVEMENTO:
• Seleccionamos 6 cartolinas de colores, violeta, negra, branca, azul, vermello e verde
• Colocamos sobre elas un cubito de xeo. • Observamos que nos mais escuros o cubito desfaise antes, por absorver
mais cantidade de calor. EXPERIMENTO 4: O SOL E OS SERES VIVOS MATERIAIS:
• Unha planta • Un espacio soleado • Un espacio ausente de luz solar.
DESENVOLVEMENTO E OBSERVACIÓN Colocamos unha das plantas que temos na clase, dentro dun armario, onde non poda entrar a luz solar e recollemos información do que lle foi acontecendo. Logo puidemos comprobar como ao longo do ano sementamos no xardín tulipans e outras plantas ornamentais, das que o sol sacou fermosas flores. Como estas...
EXPERIMENTO 5: FOTOTROPISMOS MATERIAIS:
• Xardín exterior con macetas • Folla de observación
DESENVOLVEMENTO
Observamos como as plantas do patio se moven, debido a que buscan a luz do sol
Poidemos comprobar que ao xirar as macetas as flores mudan a súa grientación cara o sol.... EXPERIMENTO 6: TRABALLAR COS RECARGADORES DE ENERXÍA SOLAR PARA AS PILAS. MATERIAIS:
• Cargador solar de pilas • Cargador por forza motriz • Pilas recargables • Testador de carga • Unha raiolas de sol Así foi:
CONCLUSIÓN DA EXPERIENCIA
Nos mesmos podemos producir enerxía e ademais se o sol nos axuda podemos recargar as pilas para o reloxo da aula, a radio... e FANTASTICO!!!!!!!!!!!!!!!! MANUALIDADES: Nº1 MATERIAIS:
• Unha caixa de cartón • Tempera de colores • Cola branca • Papel de cociña • Papel de aluminio, (das nosas merendas) • Sedeño de pesca • Papel charol • Etc.....
No transcurso do curso a medida que iamos traballando a enerxía, iamos preparando a nosa maqueta que recolle diferentes tipos de enerxía, todas elas limpas e respectuosas co medio ambiente. Así nos quedou:
Nº2 OS MUIÑOS DE VENTO. MAIS ENERXÍA..... MATERIAIS:
• O final dun rolo de papel hixiénico • Cartón • Cola branca • Temperas de colores • Plancha de goma eva
IMAXINACIÓN E................................
CONCLUSIÓNS Ao longo do curso fomos na procura de achegar os estudios e a ciencia desenvolvida sobor da enerxía solao e do astro rei, aos nenos. Mediante a nosa coordinación cos pais das aulas logramos achegar, unha serie de datos moi interesantes sobre a historia, formación e importancia do sol na nosa vida. Somos conscientes de que non foi tarefa doada, pois a enerxía en sí non é algo de doada explicación aos nenos, mais si que son nenos moi curiosos pola súa idade e cunha firme motivación, logramos que a curiosidade, pasara por riba das dificultades e desenvolvimos un bó traballo. Non foi doado, dende o punto de vista meteorolóxico, pois o sol nas aulas e en concreto na área xeográfica de Ponteareas, este ano esqueceu traernos as súas raiolas, durante un bo periodo do tempo, mais os recursos na rede son moi abundundante e apoiamos nela o noso proxecto, como centro de recursos. Así e todo os nosos obxectivos foron cumplidos. BIBLIOGRAFÍA
• http://youtu.be/nWDb3bkS008
• Historias del sol Por Hans Christian Andersen • Brodek, el dragón del día y la noche, un cuento sobre Paz y
sensibilidad por las cosas bellas • http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/jugando-con-el-sol • http://www.dibujalia.net/videos/el-sol.html • www.spitzer.caltech.edu/espanol/edu/askkids/sun.shtml • dibujalia-md.blogspot.com/2008/02/sol-solito.html • www.educa-ciencia.com/sistema-solar-infantil.htm • http://www.manualidadesinfantiles.net/masbuscados/manualidades-sobre-el-sol-
luna-estrellas-planetas/ • O caracol sen sol. Escrito e ilustrado por Manuel Uhía. Everest Galicia.
Comezamos a realización do proxecto das enerxías alternativas (Busca
alternativas), a partir dun día que se foi a luz na aula, no mes de setembro, polo
que comezamos a falar na asamblea dese mesmo día sobre as enerxías, e
comezamos ca pregunta; que coñecían eles por enerxía.
A partir de entón comezamos a profundizar, na asamblea, sobre as
enerxías, as máis comúns e para que servían.
Comezmos por observar na aula, que precisaba de enerxía para porder
funcionar e de donde viña esa enerxía.
E o mesmo fixemos na casa.
A partir de entón comezamos a traballar os distintos tipos de enerxías,
facendo especial fincapé nas enerxías chamadas renovables: a enerxía
hidráulica, enerxía eólica, enerxía solar, enerxía maremotriz e a enerxía
xeotérmica.
Coñecemos os distintos tipos de enerxías a través das súas diferencias;
de donde se obtiña a enerxía e das súas semellanzas de como se obtiña.
Observamos como a través dos recursos naturais e sen por en risco o
medio natural podemos obter unha enerxía limpa a través do sol, do vento, das
olas do mar, da auga dos rios...
E o nexo común que lles chamou a
atención foi a presencia en case que todas
elas dunha turbina, que movida polo elemento
natural (pola auga, polo vento, polo vapor de
auga…) pode xenerar a enerxía.
Para os nen@s as máis coñecidas de todas elas eran a enerxía eólica e
a enerxía hidráulica, pola proximidade dun parque eólico e dunha central
hidroeléctrica en concellos cercanos.
E as que máis lle chamaron a atención foron a solar e a meremotriz.
E a que máis complexa lles pareceu, nun principio, foi a xeotérmica, pola
complexidade que lles supuxo entender que pode sair auga quente da terra.
Pero aproveitando os recursos da contorna, decatámonos que no concello
veciño de Mondariz, podemos atopar un balneario, que funciona con este tipo
de auga; e que lóxicamente todos os nen@s xa coñecian.
Experimentamos
Poidemos comprobar como co movemento do aire pódense mover
algúns obxetos:
Tamén comprobamos como a forza da auga e quen de producir
movemento e polo tanto enerxía.
Unha gran ferramenta de traballo a hora de traballar as enerxías
renovables, o aforro enerxético e a contaminación a partir dun mal uso das
enerxías, foi o xogo OS SOTIBLES.
Espectrocopio:
Fixemos un espectrocopio, para experimentar a descomposición da luz en cores. Para elo
empregamos unha caixa de ovos baleira. Un CD e un celo gordo.
As enerxias alternativas ou enerxías limpas están presentes cada vez máis nas nosas
vidas. Os nenos/as son conocedores de esta realidade pero quizais son menos
conocedores de cómo son os procesos que propician a súa utilización.
Na asamblea comenzamos a falar de todo o que funciona con enerxía (coches, luz da
casa, xoguetes, aparatos electrodomésticos….. todo ou case todo o noso arredor necesita
enerxía para funcionar….. pero esta enerxía é para sempre ?. Que lle pasa a Papa se un
día na gasolinera se quedan sen gasolina?... e que pasa cando se usan este tipo de
enerxías ….? Os coches son limpos ou contaminan?.....
Este será o punto de partida para moitas charlas e experiencias que nos levarán a ver que
existe outra forma de facer as cousas que pode ser mellor para todos, e para o noso
futuro…..
Debido a idade dos nosos nenos as experiencias realizadas foron moi concretas, poñendo
aos nenos en contacto con diferentes aparellos que simbolizan a recollida desas enerxías
renovables: muiños de vento, placas solares, dinamos, destacando as zonas do noso
entorno onde se ubican parques eólicos, placas solares en casas privadas, etc.
Referente a enerxía solar comprobamos o poder calorífico que ten o Sol con un
experimento moi sinxelo pero de gran eficacia para entender a potencialidade de esta
enerxía….
Mesmo temos un video no que se aprecia como se queima o noso anaco de papel…
Unha vez visto o seu poder miramos durante moitas xornadas en distintos medios (sobre
todo páxinas web), como as persoas aprobeitaban esta capacidade, con que aparellos….,
como funcionaban ect… algún de nos trouxo a clase algún aparello que funcionaba con este
tipo de enerxía..
Moitos dos nosos montes cercanos están cheiños de molinos que approveitan a enerxía do
vento para producir electricidade….
Estudiamos como o vento e capaz de producir movemento con pequeñas experiencias
pero o que mais nos custa e ver como ese movemento e esa enerxía se poden gardar e
enviar por exemplo as nosas casas…. Nos muiños antiguos vemos como ese vento se
transforma en enerxía directa que é capaz de mover unha pedra para moer millo. A maneira
actual de aproveitar esa enerxía é mais eficaz pero un pouco mais complexa os nosos
ollos…
Que é a enerxía eólica?
A enerxía eólica é a enerxía do vento: as masas de aire o moverse conteñen enerxía
cinética e cando chocan con outros corpos aplican sobre eles unha forza. (Por eso
cando nos da una ráfaga de vento sentimos que algo nos empurra).
Consiste en transformar enerxía eólica en enerxía mecánica.
Non contamina e a sua disponibilidade é infinita, polo que é unha gran alternativa ós
combustibles non renovables.
Para que serve?
A enerxía eólica utilízase fundamentalmente con molinos de vento para: bombear
auga, axudar en tarefas agrícolas e xerar electricidade.
Actualmente estase a utilizar moito en todo o mundo como parques xeradores
eléctricos (centrales eólicas), para reemplazar ós combustibles tradicionais.
ESCOLA DE RIBADETEA
O proxecto sobre as enerxías renovables iniciámolo contando un conto
“ O León e o vento” . Decidimos entre todos e todas que para acometer as
aprendizaxes necesarias precisábamos buscar información, chegando a un
consenso sobre as fontes, a organización e as técnicas para obter dita información .
• Seleccionamos libros relacionados co tema.
• Buscamos información na Internet.
• Seleccionamos información aportada polas familias.
O proxecto levouse a cabo ao longo do curso, e en distintos espacios: a aula, o entorno próximo e a través de distintas actividades que compartimos nos interaula e participando activamente nas festas celebradas no centro. Algunhas das actividades realizadas son: ♦ Contos: O AVIÓN QUE TIÑA MEDO A VOAR. O LEÓN E O VENTO. A NUBE E O VENTO. ♦ ¿ Qué é unha enerxía renovable? ♦Tipos de enerxías renovables.
♦ Investigamos sobre os distintos tipos de enerxía, especialmente da eólica e da solar. A información que obtivemos plasmámola en murales tendo en conta a participación de todos os nenos e nenas.
♦ Realizamos traballos, empregando diferentes técnicas plásticas, facendo
equipos de traballo.
♦ Algunha das fichas realizadas.
♦ Participamos na primeira exposición sobre a Camelia, realizada no centro cultural de Ribadetea, pola cal recibimos unha bonita planta e un diploma.
Recommended