View
92
Download
8
Category
Preview:
Citation preview
AS PAISAXES DA TERRA
1º ESO
Roberto LópezRoberto López
1. OS CLIMAS DA TERRA
A Terra está dividida en cinco zonas climáticas en función da temperatura, pero dentro de cada unha destas danse distintos tipos de climas. Climas Cálidos: Entre o trópico de Capricornio e o de Cáncer.
- Temperaturas elevadas. Pouca diferenza entre as estacións. - Climas: Ecuatorial, tropical e desértico.
Climas Temperados: Entre os trópicos e círculos polares. -Temperaturas contrastadas. Distínguense catro estacións. - Climas: Oceánico, mediterráneo e continental.
Climas Fríos: Entre os círculos polares e os polos e nas zonas de alta montaña. - Temperaturas sempre frías. - Climas: Polar e de alta montaña.
Mapa dos climas do mundo
2. A ZONA DE CLIMA ECUATORIAL
As precipitacións son abundantes, repartidas ao longo do ano.
Os ríos son caudalosos e regulares: Amazonas e Congo.
As temperaturas son sempre cálidas: Apenas hai diferenzas entre estacións e entre o día e a noite.
O excesivo calor e a humidade provocan enfermidades, polo que a selva está apenas habitada, excepto por algúns pobos primitivos como os pigmeos (África) ou os indíxenas do Amazonas (América).
A paisaxe característica é a selva: Bosque denso caracterizado por gran diversidade de especies vexetais e animais. A vexetación escalónase en altura, chegando a alturas de máis de 40 metros. Á selva máis grande do mundo é a do Amazonas.
3. A ZONA DE CLIMA TROPICAL
O clima tropical dáse entre os trópicos e o ecuador.
Temperaturas sempre altas.
Precipitacións abundantes. Hai dúas estacións: estación seca e estación húmida.
Os ríos tropicais presentan menos auga na estación seca e máis na estación húmida- caudal irregular-Nilo.
A paisaxe da sabana: enorme chaira cuberta de herbas que poden alcanzar gran altura e que cambian de color en función da estación, tamén árbores de folla caduca (acacia e baobab) e arbustos. Nas beiras dos ríos formase el bosque-galería.
A fauna é principalmente herbívora (gacelas, xirafas) e carnívora (leóns).
Na sabana viven tribos como os podokos (Camerún), os sereres (Senegal) e os kikuyos (Kenia). En xeral dedicanse á agricultura, polo que a paisaxe é agraria.
4. OS DESERTOS
As chuvias son escasas. As temperaturas determinan dous tipos de deserto: Desertos cálidos: Temperaturas que oscilan entre os 50º
polo día e inferiores aos 0º pola noite. Zona trópicos. Desertos con estación fría: veráns e invernos extremos.
Zona temperada. Nos desertos de area predominan as dunas e nos desertos
pedregosos e rochosos predominan as superficies rochosas.
Os uadis son ríos que están secos a excepción de cando chove (caudal intermitente).
Vexetación (cactos) e fauna (dromedarios) escasos.
Oasis: Zonas húmidas con palmeiras datileiras.
Os desertos están case deshabitados, a excepción de algúns pobos: bosquimans (kalahari, África), tuareg (Sahara), beduinos (Arabia) e mongois (Gobi).
Clima Localización Temperaturas Chuvias Vexetación Ríos
ECUATO
RIAL
TROPI
CAL
DESÉRTI
CO
Coa información de que dispós, completa o seguinte cadro:
5. PAISAXES DE CLIMA MEDITERRÁNEO
Esténdese en torno ao mar do mesmo nome.
As temperaturas son altas en verán e suaves en inverno.
As precipitacións son pouco abundantes e se concentran en primavera e outono. Teñen carácter torrencial. No verán hai seca.
Como consecuencia das precipitacións os ríos teñen un caudal irregular.
Vexetación: Bosque mediterráneo formado por árbores (aciñeiras, sobreiras, piñeiros), matogueiras e arbustos (xara, romeu, lavanda).
Campos de cultivo de trigo, vide, oliveira e hortas de hortalizas, verduras e froitas.
Durante as últimas décadas o turismo transformou este medio
Só aparece no hemisferio Norte (interior de Europa, Asia e América do Norte)
Temperaturas: o inverno é moi frío e o verán moi caloroso.
Precipitacións no verán. As zonas costeiras son moi húmidas.
Os ríos permanecen conxelados no inverno e na primavera sofren grandes crecidas. Lena (Rusia).
6. PAISAXE DE CLIMA CONTINENTAL
Vexetación:
Bosque boreal ou taiga. Árbores de folla perenne (abetos e piñeiros).
Pradería. Herbas altas. Típica das zonas húmidas e menos frías.
Estepa. Herbas de talla pequena.
A taiga está pouco habitada e na pradería encontramos cidades, campos de cultivo e explotacións gandeiras.
Localízase nas costas occidentais de zonas temperadas.
Temperaturas suaves todo o ano.
Precipitacións abundantes e regulares.
Ríos con caudal abundante e regular durante todo o ano.
7. PAISAXE DE CLIMA OCEÁNICO
Vexetación: Abundante e verde. Abundan os prados en costas e zonas montañosas. Nas zonas altas danse os bosques de folla caduca (faias, freixos, castiñeiros, carballos …). En solos pouco fértiles aparecen a landa (arbustos, herbas e matogueiras).
A zona oceánica está moi poboada.
Clima Localización Temperaturas Chuvias Vexetación Ríos
MEDITE
RRÁNEO
CONTI
NENTAL
OCEÁNI
CO
Coa información de que dispós, completa o seguinte cadro:
Sitúase na zona ártica e Antártica. É o clima máis frío da Terra. No inverno as temperaturas son baixo cero. Non existe o verán. Nos polos durante 6 meses é de noite. Precipitacións escasas. Son frecuentes as ventiscas e as fortes borrascas.
8. PAISAXE DE CLIMA POLAR
Os elementos típicos son a neve e o xeo. Non existe vexetación porque esta todo conxelado. Aquí só sobreviven animais como focas, pingüíns e osos brancos.
Nas zonas onde se produce desxeo aparece a tundra (musgos, liques e arbustos como salgueiros e bidueiros ananos). Esta habitada por renos, zorro, lobos…
Son zonas moi difíciles para a vida humana, aínda así na zona ártica viven grupos de saamis e de inuits.
Atópase nas grandes cordilleiras como el Himalaia (Asia), os Andes (América), os Alpes e os Pireneos (Europa). Clima frío. Temperaturas baixas en inverno e frescas no verán. Precipitacións abundantes en forma de neve. Inflúe a altitude, é dicir, cuanto máis subimos, temperaturas máis baixas e máis precipitacións.
9. PAISAXE DE CLIMA DE ALTA MONTAÑA
A vexetación varía dependendo de la altitude. A vexetación de ladeira pode variar en función da exposición aos raios solares: Solaina e avesío. Os habitantes concéntranse nos vales.
Clima Localización Temperaturas Chuvias Vexetación Ríos
POLAR
ALTA
MONTA
ÑA
Coa información de que dispós, completa o seguinte cadro:
Recommended