View
334
Download
4
Category
Preview:
Citation preview
Karim Niass Fernández
4º ESO A
ÍNDICE
Primeira páxina (“A auga na natureza”)
Segunda e terceira páxinas (“Ciclo da auga”)
Cuarta páxina (“Usos da auga”)
Quinta e sexta páxinas (“Medidas de aforro de auga”)
Séptima páxina (“A auga da Terra”)
Octava e novena páxinas (“Distribución da auga da Terra”)
A auga na natureza A presenza da auga é unha das características da Terra.
Cobre arredor do 71% da superficie terrestre.
As augas pódense dividir en dous grandes grupos:
As augas mariñas: son os mares e os océanos, e suponen
algo máis do 97% do total das augas
da Terra. Son augas salgadas.
As augas continentais: son os ríos, os lagos, os xeos e as
augas subterráneas. Representan algo menos do 3% da auga total do
planeta.
Ciclo da auga A auga encóntrase en permanente circulación.
Chamámoslle ciclo da auga ao conxunto de pasos e
procesos que experimenta a auga da hidrosfera pola superficie
terrestre. Os procesos son:
Evaporación: a auga do mar e da superficie
evapórase.
Condensación: é o paso de vapor de auga a auga
líquida, que forma o orballo e as nubes, que poden
producir precipitacións.
Escorremento: pode ser superficial, se o movemento da auga
ocorre pola superficie terrestre (formando ríos e regatos) ou
subterráneo, se o fai baixo a superficie.
Infiltración: é a penetración no subsolo da auga da superficie.
É máis eficaz canto máis poroso é o terreo.
Usos da auga
O uso da auga varía moito nos diferentes países e
dunhas zonas a outras.
En España, a maior parte da auga utilízase para a
agricultura. Adoita ser auga non potable, pero aínda así, é un
recurso valioso e caro.
Outra parte importante dedícase á industria, e nos seus
procesos utilízase tamén auga potable.
O resto da auga que consumimos dedícase ao uso doméstico.
Medidas de aforro de auga Diariamente cada un de nós utilizamos uns 160 litros de auga
potable para beber, cociñar, asearnos, lavar, fregar e outros usos.
Esta cantidade pode reducirse fácilmente se adaptamos algúns
hábitos axeitados.
- Ducharnos en vez de bañarnos.
- Pechar a billa mentres nos enxaboamos ou cepillamos os
dentes.
- Utilizar a lavalouza ou a lavadora despois de enchelas ben, antes
de poñelas a funcionar.
- Instalar dispositivos de aforro na cisterna do inodoro e difusores nas
billas.
- Encher de auga unha botella de plástico e colocala na cisterna do
cuarto de baño para aforrar 45 litros de volume de auga que
utilízase cada día ao
tirar da cadena.Consumo medio
de auga no aseo
Consumo
derivado un mal
uso
Consumo
derivado dun
uso correcto
Consumo derivado
dun uso correcto con
dispositivos de aforro
Retrete: 10 litros
por descarga
8 descargas:
80 litros
4 descargas:
40 litros
4 descargas:
24 litros
Ducha:
15 litros/minuto
1 baño:
300 litros
3 minutos:
45 litros
3 minutos:
21 litros
Billa do lavabo:
10 litros/minuto
3,3 veces ao día:
90 litros
3,3 veces ao día:
13 litros
3,3 veces ao día:
6 litros
Litros gastados
durante 1 día
470 L 95 L 51 L
A auga da Terra
A auga é para nós algo necesario e cotián, basta abrir unha billa
para obtela en abundancia.
Vémola correr formando ríos e regatos
Incluso a inmensa extensión do mar nos resulta coñecida.
Pero.... Cal é a porcentaxe de auga doce con respecto á auga
salgada na Terra?
Distribución da auga na Terra
AUGA DOCE SUPERFICIAL
Distribución da auga na Terra segundo sexa doce ou mariña
Fontes
LIBRO de bioloxía e xeoloxía de segundo da eso.
Revistas e libros sobre a auga sacados da libraría.
PÁXINAS en internet:
-www.internatura.org
-https://es.wikipedia.org
Recommended