View
799
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
UD 14-15
A REESTRUTURACIÓN
DOS ESPAZOS
INDUSTRIAIS
Eva
www.aulasabertas.blogspot.com
XEOGRAFÍA
2º BACH
ESQUEMA DA UNIDADE
1) PROCESO E FACTORES DA INDUSTRIALIZACIÓN
ESPAÑOLA.
2) O TECIDO INDUSTRIAL ESPAÑOL E OS SEUS
CONTRASTES.
3) GRAN VARIEDADE DE PAISAXES INDUSTRIAIS.
3.1. ÁREAS DE ANTIGA INDUSTRIALIZACIÓN.
3.2.EN ÁREAS URBANAS E RURAIS.
3.3. PAISAXES DA INNOVACIÓN.
4) SITUACIÓN ACTUAL DA INDUSTRIA: DESAFÍOS E
GLOBALIZACIÓN.
TEMA (pregunta teórica)
Situación actual da industria en España e Galicia.
Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea.
Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.
PRÁCTICOS
Comentario dunha paisaxe industrial e humanizada (fotografía).
Mapas ou planos sobre factores de localización industrial.
Mapas e gráficos de produción mineira, industrial, enerxética e principais áreas industriais de España e Galicia.
Mapas e gráficos de poboación ocupada nas actividades mineiras e industriais en España e Galicia.
VOCABULARIO
Economías de escala/ Enerxías renovables/ Difusión industrial/ Fondos estruturais/ Subcontratación/ Industrias verdes/ Materias primas estratéxicas / Parque tecnolóxico.
http://www.iesgrancapitan.org/profesores/bvaq
uero/bloggeografia/temasgeografia/temasgeog
rafia/tema12losespaciosindustrialesenespana.
http://geodocmar.wikispaces.com/file/view/TE
MA6_INDUSTRIA.pdf
http://geografiarte.wikispaces.com/file/view/UD
6.+Espacios+industriales.pdf/405580862/UD6.
%20Espacios%20industriales.pdf
1
PROCESO E FACTORES DA
INDUSTRIALIZACIÓN
ESPAÑOLA.
http://www.slideshare.net/isaacbuz
o/proceso-de-industrializacin-de-
espaa-
presentation?from=ss_embed
Páx. 301-305
1
Fracaso inicial
SéculoXIX
2
Inicio da Industrializa-
ción
1900-1959
3
Desenvolve-mento
1959-1975
4
Crise e reindustria
-lización
1975-1984
5
Actualidade
Atraso considerable respecto algúns países
europeos
Proceso desequilibrado tanto sectorial como
rexionalmente.
• Cataluña (sector téxtil)
• País vasco (Industria siderúrxica)
• Construción do ferrocarril
Industrialización desequilibrada tanto
sectorial coma rexionalmente
• Estancamento do sector agrario e nulo investimento en modernización por parte dos grandes propietarios
• Pouco interese da burguesía en investir capital
• Escaso poder adquisitivo do campesiñado
• Inexistencia dun mercado interior
• Factores políticos: perda das colonias americanas, guerra da Independencia, guerras carlistas , saída de materias primas cara aos países do norte de Europa (política librecambista)
Causas do atraso e do desigual proceso de
industrialización
• Arsenais e estaleiros de Ferrol
• Os altos fornos de Sargadelos
• Obradoiros téxtiles na Coruña
• Os cataláns déronlle un gran pulo á industria conserveira, fundamental nas Rías Baixas
En Galicia
1 Fracaso inicial Século
XIX
Respecto ao mapa industrial, ao comezar o século XX, a rexión industrial máis importante
do país era Cataluña, que concentraba un 22% do emprego, seguida de Andalucía
(19%), as rexións da cornixa cantábrica (12%) e a Comunidade Valenciana .
As rexións do interior peninsular e as illas quedaron á marxe do proceso industrializador, e
mantiveron unha economía agraria. En Madrid, a construción da red ferroviaria permitiu a
instalación de grandes fábricas, pero a cidade mantivo o seu carácter de capital política e
administrativa.
• Leis proteccionistas provocan unha maior demanda de produtos españois.
• O incremento da poboación tamén repercutiu no aumento da demanda de produtos manufacturados.
• Ampliación da exportación e entrada de capitais durante a Primerira Guerra Mundial que finaliza ao acabar esta.
Desenvolvemento industrial de España ata
os anos 20
• A crise económica de 1929 empeora a situación.
• As guerras (Guerra Incivil e a Segunda guerra mundial).
• Política autárquica da ditadura franquista , insuficiencia de materias primas e combustible e bloqueo exterior por motivos políticos.
• Creación do INI en 1941 insuficiente intento para impulsar o crecemento industrial en determinados sectores: siderúrxico, naval, petroquímico ou automobilístico.
Crise e estancamento económico e industrial
• Debilmente, foi desenvolvendo as industrias metalúrxica, téxtil e naval, especialmente en Vigo.
Galicia
2 Inicio da Industrializa-ción 1900-1959
SEAT se inauguró
en 1950 por el
Instituto Nacional
de Industria (INI)
durante la
dictadura de
Franco y su fábrica
fue establecida en
Barcelona . SEAT
pertenece al grupo
empresarial
INI, por ese motivo
(al ser propiedad
del Estado) Franco
acudió a
inaugurarlo.
Con la llegada de
la democracia a
España, comienza
la privatización
de las
empresas, y como
consecuencia, la
marca se vende a
Fiat, mas tarde
será comprada por
el Grupo
Volkswagen.
http://algargos.laco
• Incorporación de España ao sistema mundial de economías capitalistas desenvolvidas.
• Modernización das estruturas, importación dos bens de equipo, a tecnoloxía e os recursos necesarios para poder modernizar a industria e incrementar a produción.
• Período de industrialización acelerada (1960-1975)
Plan de estabilización 1959
Plans de desenvolvemento (1964-
1975)
• Empresas públicas propiedade do Instituto Nacional de Industria (INI) (sectores básicos como a minaría ou a produción de enerxía).
• Un crecente número de empresas multinacionais, provenientes, sobre todo, dos Estados Unidos, Alemaña e Suiza, e dominantes nos sectores tecnoloxicamente máis avanzados como a industria do automóbil ou a farmacéutica.
• Unha gran cantidade de pequenas e medianas empresas (PEMEs) de capital privado español, predominantes nos sectores máis tradicionais.
Presenza de diferentes tipos de empresas
• Creación dos doce polos de promoción e desenvolvemento industrial política dos Polos de Desarrollo (1964, Coruña e Vigo)
• A GAEIG (Gran Área de Expansión Industrial de Galicia, 1973) intentou paliar o atraso da nosacomunidade. Eixe Ferrol - A Coruña - Santiago -Vilagarcía de Arousa - Pontevedra - Vigo.
Galicia
3 Desenvolvemento 1959-1975
El período entre 1959 y 1975 supuso un crecimiento económico sin
precedentes, al que contribuyeron una serie de factores favorables, como la
expansión generalizada de la economía capitalista, la llegada de capital
extranjero, la instalación de grandes empresas multinacionales, etc. Al
mismo tiempo, España recibía las divisas que aportaban turistas y
emigrantes, con las que hizo frente a la compra de petróleo, a la importación
de bienes industriales y a la nivelación de la balanza de pagos.
El estado puso en funcionamiento los planes de desarrollo y una política
regional basada en los polos de desarrollo y promoción, entre los que
destacaron los de Huelva, Córdoba, Granada o Burgos. (Coruña e Vigo
1964)
A pesar de que los planes de desarrollo no dieron los resultados
previstos, se consiguieron objetivos muy importantes, el más notorio de los
cuales, sin duda, fue que el PIB alcanzó un índice de crecimiento anual en
torno al 7%.
La industria española mejoró notablemente y alcanzó un alto grado de
diversificación en su producción de bienes de equipo, de uso y de
consumo, aunque siguió acusando los efectos negativos de la gran
dependencia tecnológica, de las importaciones y de una inadecuada
INVERSIÓN Y EMPLEO EN LOS
POLOS DE DESARROLLO
(HASTA 1979)
Período de vigencia / Inversión
(millones pts) / Puestos de trabajo
Burgos 1964-73 19.760
10.832
Huelva 1964-73 49.694 7.224
A Coruña 1964-71 11.665 4.188
Vigo 1964-71 9.669 13.299
Sevilla 1964-70 9.213 9.666
Valladolid 1964-70 20.311
20.153
Zaragoza 1964-69 9.064
8.273
Granada 1970-79 8.440 1.339
Córdoba 1971-80 8.412 1.470
Oviedo 1971-82 34.439 5.049
Logroño 1972-81 10.826
4.319
Vilagarcía 1972-81 2.253 2.605
TOTAL 193.746 88.417
Localización da Industria 1975
Ao finalizar o período de industrialización
acelerada (1960-1975) coñecido como
desarrollista, o mapa industrial español
mostraba o predominio dos grandes centros
urbanos e industriais
(Barcelona, Madrid, Bilbao, Valencia, Zaragoza
etc.), xunto a grandes eixes de
desenvolvemento que enlazaban algúns
deles.
O eixe Cantábrico seguiu concentrando a
industria básica ligada aos recursos
minerais, con grandes empresas, algunhas
públicas.
O eixe Mediterráneo, en cambio, mantivo o
predominio de industrias tradicionais
(téxtil, agroalimentaria, moble, calzado) e da
pequena empresa, xunto á instalación
progresiva de grandes multinacionais en
sectores máis dinámicos
(automóbil, electrodomésticos).
O eixe do Ebro contaba tamén con esa
mesma variedade de pequenas empresas
locais (viños, conservas, calzado) e grandes
firmas, que comezaron a deslocalizarse desde
El desarrollo industrial de los años 1960 se localizó en las
regiones que tenían mayor tradición industrial y en sus áreas
adyacentes, lo cual agravó los desequilibrios regionales.
Se generó una dicotomía entre los tres espacios más
industrializados (Cataluña, País Vasco y Madrid), que
concentraron casi las tres cuartas partes de las inversiones
multinacionales y del empleo recién creado, y, por otra parte, la
Meseta, Galicia, Extremadura y Andalucía, que acusaron una
pérdida de significación industrial.
El modelo industrial de la década de 1960 hizo que aumentaran
las diferencias entre regiones ricas y pobres, lo que incidió en
los procesos demográficos de emigración y de éxodo rural
que vivió la población española y que vinieron a incrementar aún
más los propios desequilibrios.
Al final del período, la industria española experimento una
profunda crisis, al ser tributaria en exceso de sus deficiencias
estructurales y de la dependencia energética. El
encarecimiento de la energía, causado por la gran subida de
los precios del petróleo en 1973, incrementó los costes de
producción.
• O aumento do prezo da enerxía tras a crise do petróleo de 1973 que encareceu os custos de produción e transporte
• O período de inestabilidade de transición política á democracia atrasou a aplicación de medidas
• Escaso nivel Tecnolóxico e falta de capital para investir
Crise
1975-1984
• Le¡ de Reconversión e Reindustrialización (1984) remodelación da industria e dos espazos industriais para adaptarse aos modelos europeos en canto a tecnoloxía, especialización, produtividade e competi-tividade.
• Fomentaba a entrada de capital estranxeiro
• Creou Zonas de Urxente Reindustrialización(ZUR) que pretendían incentivar a instalación e ampliación de empresas xeradoras de emprego estable, diversificar a produción da área e fomentar o progreso tecnolóxico
Reindustrialización
A partir de 1984
• A partir de 1981 comezaron a sentirse os efectos da crise en Galicia na perda de postos de traballo nos estaleiros de Vigo e Ferrol.
• En Galicia, a reconversión afectoulle ao sector naval de Ferrol e de Vigo. A creación das ZUR intentou motivar a instalación de novas industrias nas dúas áreas máis castigadas pola crise, Ferrol e Vigo.
Galicia
4 Crise e reindustrialización 1975-1984
A crise do modelo fordista e a terceira Revolución Industrial
A mediados dos anos 70 do século pasado produciuse a crise do modelo de
industrialización característico do período anterior. En tan so unha década, a
industria española perdeu case un millón de postos de traballo (unha cuarta
parte dos existentes no ano 1975), mentres a taxa de paro na industria crecía
desde apenas un 3%, a comezos da década dos setenta ata alcanzar o 16%
en 1980.
Viviuse entón unha longa fase de axuste, que supuxo tamén a desaparición
de moitas empresas e o peche ou privatización de boa parte das que ata
entón eran propiedade do INI.
A situación foi sobre todo grave nalgunhas industrias tradicionais, moi
afectadas pola crecente competencia exterior, como a
siderurxia, naval, material eléctrico, téxtil ou calzado. Os territorios que se
especializaban nela convertéronse en áreas industrializadas en
declive, como sucedeu nas rexións do Cantábrico.
A intensidade da crise industrial explícase pola conxunción de diversas
CAUSAS: unhas estruturais ou externas, que afectaron a todos os países dos
nosos arredores, e outras de carácter interno.
Crise
1975-1984
Entre as CAUSAS EXTERNAS, as máis importantes foron:
O aumento do prezo da enerxía tras a crise do petróleo que encareceu os
custos de produción e transporte para as empresas reducindo os seus
beneficios
A aparición dunha nova revolución tecnolóxica, baseada nas tecnoloxías
da información e comunicación
(microelectrónica, informática, robótica, telecomunicacións ou redes dixitais)
así como a biotecnoloxía ou novos materiais, que provocou unha maior
automatización da produción, destruíndo empregos e esixindo grandes
investimentos que non todas as empresas puideron realizar.
Unha progresiva desaparición do proteccionismo ante a globalización dos
mercados e a integración de España na actual Unión Europea (1986), que
aumentou a competencia á que se enfrontaban as empresas do país.
Novas formas de produción máis flexibles para abaratar custos que
obrigaron a reducir o tamaño de moitas grandes fábricas e aumentar a
subcontratación a pequenas empresas, algunhas delas fóra de España.
.
Crise do petróleo
O período de crecemento económico baseado en enerxía barata finalizou nos anos 70 do século XX tras a creación da OPEP, que agrupou algúns dos principais países produtores de petróleo. Tras diversos conflitos entre árabes e israelís, estes países impulsaron bruscos aumentos no prezo do barril de petróleo, que tiveron un rápido impacto sobre a economía mundial.
Países exportadores de
petróleo, 2010
www.icarito.cl
Entre as CAUSAS INTERNAS específicas do caso español:
O período de transición política á democracia, que provocou incertezas
que frearon o investimento das empresas privadas e a chegada de capital
exterior, sen que os gobernos do momento aplicasen unha política decidida
para enfrontarse á crise.
Unha presenza excesiva de pequenas empresas con pouco capital e de
industrias tradicionais de escaso nivel tecnolóxico, que utilizaban
grandes cantidades de enerxía ou de man de obra pouco cualificada para
vender os seus produtos no mercado interior, sendo as que se enfrontaron
con máis dificultade á nova situación.
As empresas industriais que superaron este período de crise tiveron
que realizar un importante esforzo no campo da innovación para poder
competir, facendo máis eficientes os seus procesos produtivos, mellorando
calidade e a diferenciación dos seus produtos (deseño, marca propia etc)
ou buscando novos mercados de venda no exterior.
Desde mediados dos anos 80, recuperouse o crecemento da
produción industrial e freouse a caída do emprego.
Nos anos 80 do pasado século, a crise do modelo de organización anterior e o
declive dalgúns sectores obrigou a aprobar unha política de reconversión e
reindustrialización, vixente durante máis dunha década.
O seu obxectivo foi reducir o impacto negativo provocado pola crise, e salvar unha
parte dos empregos e das empresas, favorecendo a súa modernización para facelas
máis competitivas.
Incluíu sectores tradicionais que contaban con grandes compañías, as veces
públicas: siderurxia, construción naval, metalurxia
pesada, electrodomésticos, compoñentes electrónicos e téxtil.
As axudas destináronse a salvar empresas que xa non eran rendibles, mediante
fondos para que saldasen as súas débedas e renovasen a súa tecnoloxía. Tamén se
intentou a recolocación de parte dos traballadores que quedaron en
paro, subvencionando as empresas que os contratasen.
Delimitáronse Zonas de Urxente Reindustrialización (ZUR) nas áreas máis
afectadas polo declive: ría do Nervión en Bilbao, cunca central de Asturias, Baía de
Cádiz, Ferrol, Vigo e algúns municipios metropolitanos en Barcelona e Madrid. Nelas
construíronse novos polígonos industriais e ofrecéronse axudas para atraer novas
empresas. O seu éxito foi relativo, pois beneficiou, sobre ido, as grandes empresas e
as áreas de Madrid, Barcelona e Bilbao, con escaso éxito no resto.
Reindustrialización
A partir de 1984
Características actuais da organización industrial
Nos últimos tempos producíronse importantes cambios respecto á forma en que
as impresas industriais organizan a súa actividade:
O coñecemento e a innovación considéranse os recursos principais para poder
competir en ca!idade e produtividade fronte aos novos países industriais, que
ofrecen custos moito máis baixos.
Aumenta o poder das grandes empresas mediante fusións e compras, pero
esténdese a produción segmentada con división de tarefas entre
establecementos especializados, ben dentro da propia empresa multiplanta
(aquela que conta con máis dun centro de traballo) ou a través doutras empresas
subcontratadas.
Fronte á produción en grandes volumes, moitas empresas realizan unha
diversificación dos seus produtos, fabricando series curtas de bens
homoxéneos que rotan con gran rapidez, seguindo a moda ou os gustos do
consumidor, quen á súa vez é inducido por campañas publicitarias.
Esa maior flexibilidade produtiva permite que moitas PEMEs poidan competir
coas grandes empresas, sobre todo se cooperan entre si para levar a cabo
proxectos en común e acceder a novos mercados.
5 Actualidade
Crece a presenza de traballadores cualificados, ao automatizarse as tarefas
rutineiras, e aumentando os empregados que xa non se dedican á
fabricación, senón a servizos internos como a
xestión, administración, deseño, servizo ao cliente, vendas etc.
Tamén se diversifican as perspectivas das distintas ramas industriais:
As de maior complexidade tecnolóxica (farmacéutica, informática e
electrónica, aeronáutica etc.) están dominadas por empresas multinacionais, e
teñen un desenvolvemento limitado; a súa evolución depende das estratexias
desas grandes firmas.
As industrias máis tradicionais (siderurxia, confección, calzado, moble
etc.), que utilizan gran cantidade de recursos naturais ou man de obra pouco
cualificada, son as máis afectadas pola competencia dos novos países
industriais, sobre todo asiáticos, que provocaron o seu progresivo declive.
As máis dinámicas son as que empregan tecnoloxías de complexidade
media, pero que ofrecen produtos de calidade e ben diferenciados;
beneficiáronse, ademais, do crecemento do consumo en España, e tamén
aumentaron as súas exportacións: alimentación e bebidas, maquinaria e
equipos, produtos químicos, artes gráficas e edición etc.
Na década actual, a política industrial centrouse en fomentar a
innovación empresarial para poder competir en calidade e eficiencia
fronte aos custos máis baixos dos rovos países industriais.
O programa de Consorcios Estratéxicos Nacionais en Investigación
Técnica (CENIT) financia proxectos de colaboración entre as grandes e
as pequenas empresas, con centros de investigación para realizar
proxectos de desenvolvemento industrial.
O programa de apoio as Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI)
busca identificar distritos industriais (cidades ou comarcas con gran
densidade de PEMEs industriais, especializadas nun tipo de
produto, onde as empresas compiten polos mesmos mercados pero
tamén colaboran en proxectos comúns) de pequeñas empresas, para
achegar fondos que lles axuden a realizar actividades de innovación
conxuntas e crear redes de colaboración estables para competir coas
grandes compañías. Promóvese a creación e ampliación de parques
científicos e tecnolóxicos, así como de centros tecnololóxicos onde as
empresas poden atopar asesoramento técnico.
2
O TECIDO INDUSTRIAL
ESPAÑOL E OS SEUS
CONTRASTES.
http://www.murciaeduca.es/iesdosmares/sitio/upload/005_LOS_PAISAJES_INDU
STRIALES_DISTRIBUCION_Y_PROBLEMAS1.pdf
2.1 CAMBIOS RECENTES NA
LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
2.2 AS DIVERSAS ESTRATEXIAS DE
LOCALIZACIÓN SEGUNDO O TIPO DE
INDUSTRIA
2.3 FACTORES EXPLICATIVOS DOS
CAMBIOS NA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
2.1 CAMBIOS RECENTES NA
LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
Como reflexo das transformacións que coñeceu a industria nas
dúas últimas décadas a súa distribución no territorio tamén sufriu
cambios considerables. A tendencia dominante é unha progresiva
desconcentración espacial (traslado de industrias desde as
grandes aglomeracións metropolitanas cara a outro tipo de
territorios) visible a diferentes escalas A escala rexional e a
escala urbana.
A tendencia é a unha distribución máis equilibrada da industria no
territorio pero ao mesmo tempo acentúanse os contrastes
cualitativos. As actividades de maior nivel tecnolóxico, que
producen bens de maior calidade e prezo, seguen concentradas
en grandes cidades e as súas áreas metropolitanas, mentres que
as máis tradicionais se trasladan as áreas con menores custos.
A escala rexional, modificouse
pouco a importancia relativa de
cada comunidade
autónoma, pero hai algúns
cambios destacables:
Cataluña é a de maior volume
de emprego (23,6% do total
español) e produción
(24,5%), mantendo esa posición
desde o comezo da
industrialización.
Séguenlle en importancia a
Comunidade
Valenciana, Madrid, Andalucía
e o País Vasco, sumando entre
as cinco case dúas terceiras
partes do emprego e a
produción industriais.
Tamén gañaron posicións
outras comunidades como
Aragón, Navarra e A
Rioxa, situadas no eixe do Ebro.
A existencia de procesos de traslado
de industrias desde as grandes
aglomeracións metropolitanas cara
a outro tipo de territorios obsérvase
mellor a escala urbana.
As grandes cidades, con máis de
250 000 habitantes, perderon uns 40
000 postos de traballo na industria
desde o ano 2000. Nelas, as áreas
industriais son substituídas por
espazos de oficinas, vivendas ou
outro tipo de usos do chan. Na
actualidade, so reúnen un 18% dos
empregados industriais que hai en
España.
Nas cidades máis pequenas e as
áreas rurais, a evolución do emprego
industrial foi máis favorable. Os
municipios con menos de 20 000
habitantes gañaron 381 000
empregos industriais nese mesmo
período, e catro de cada dez postos
de traballo industriais xa se localizan
nestas áreas.
2.2 AS DIVERSAS ESTRATEXIAS DE
LOCALIZACIÓN SEGUNDO O TIPO DE
INDUSTRIA
Industrias polarizadas.
Localízanse case
exclusivamente nas grandes
aglomeracións urbanas, onde
están a maioría dos seus
clientes e toda unha serie de
servizos e infraestruturas de
calidade, que necesitan para
o seu bo funcionamento.
Industria
farmacéutica, electrónica e
informática, aeronáutica, edito
rial,..
Industrias dispersas.
Os recursos que máis usan
(produtos
agrarios, auga, man de obra
pouco cualificada etc.) están
moi repartidos polo
territorio, así como a
demanda dos seus produtos.
Son industrias de
alimentación e
bebidas, produtos
metálicos, confección de
roupa etc.
As pautas de localización diversifícanse ao considerar os
diversos tipos de industria:
2.3 FACTORES EXPLICATIVOS DOS
CAMBIOS NA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
A intensificación dos procesos de difusión industrial (desprazamento da
actividade industrial desde as grandes cidades e as rexións de maior
densidade cara a outras periféricas) ten varias causas, que se reforzan
mutuamente:
1) Forte aumento dos custos nas grandes áreas urbanas: chan máis
caro, maiores impostos, conxestión do tráfico ou maiores controis
urbanísticos e ambientais, que impiden o funcionamento dalgunhas
industrias altamente contaminantes.
2) Expectativas de maior beneficio, ao substituír fábricas e almacéns por
outros usos do chan máis rendibles, o que provoca unha forte presión
inmobiliaria a prol do seu peche ou traslado, para ocupar eses espazos con
oficinas ou vivendas.
3) Mellora dos transportes e as comunicacións, que facilita o
desprazamento a maior distancia sen apenas aumento de custos.
4) Oferta de polígonos industriais novos e de calidade en cidades de menor
tamaño e algunhas áreas rurais.
5) Existencia de iniciativas locais en certos lugares, que manteñen unha
En cambio, a resistencia ao traslado das industrias máis avanzadas e
as oficinas das maiores empresas débese a outras causas:
Os traballadores máis cualificados, as institucións de apoio
tecnolóxico (universidades e centros de investigación), os centros
financeiros e as mellores infraestruturas (aeroportos
internacionais, redes de banda ancha etc.) seguen concentrados nas
grandes metrópoles.
Xéranse así o que se denominan economías externas, que non
dependen das propias empresas, pero das que todas se benefician ao
localizárense nesas áreas urbanas densas; así, esas industrias non se
deslocalizan.
Por ese motivo, os mapas que reflicten a localización das industrias
son moi diferentes segundo o tipo de actividade representado.
3
GRAN VARIEDADE DE
PAISAXES INDUSTRIAIS.
http://historiacidead.wikispaces.co
m/file/view/6.+Paisajes+industriale
s.pdf
Aínda que a variedade que podemos atopar é
moi ampla, poden identificarse 4 tipos básicos
de paisaxes industriais, con evolución
diferente nos últimos anos:
1) Áreas de antiga industrialización (en declive)
2) Paisaxes industriais en áreas urbanas
3) Paisaxes industriais en áreas rurais
4) Paisaxes da innovación: parques
tecnolóxicos e científicos
Corresponden a espazos industriais de longa
tradición, asociados a depósitos de materias primas ou aos
portos por onde estas se importaban.
A súa localización correspóndese coas zonas mineiras e
industriais das rexións do Cantábrico (Asturias e o País
Vasco), así como a algunhas comarcas de Cataluña (vales
do Llobregat, Besós, Ter), pero tamén está presente nalgúns
núcleos do interior peninsular (Puertollano en Cidade
Real, ou Ponferrada en León) e nalgunhas cidades do
litoral (Ferrol na Coruña, a Baía de Cádiz).
Trátase, en todos os casos, de núcleos de forte
especialización nunha soa actividade (minaría do
carbón, siderurxia, metalurxia pesada, construción
naval, téxtil), que se enfrontaron con dificultade ao
encarecemento dos custos da enerxía, a antigüidade da
súa tecnoloxía e, sobre todo, a aparición de novos
competidores tras o ingreso na Unión Europea e a
globalización do comercio mundial.
Moitas destas áreas presentaban xa unha forte
deterioración ambiental e paisaxística. Pero o peche de
fábricas e o seu abandono engadiu a aparición dos
denominados baldíos industriais (soares sen uso) e ruínas
industriais (edificios abandonados), que desanimaban
Áreas de antiga industrialización en
declive
Instalacións de Astano
na Ría de Ferrol
Nas dúas últimas décadas, algunhas zonas
aproveitaron as políticas de
reindustrialización e de renovación ou
rexeneración urbana:
1) Mantívose unha parte das antigas
empresas, pero con intensas melloras
tecnolóxicas e unha forte redución de
emprego para seren competitivas. Ao
mesmo tempo, xurdiron outras actividades
que permiten diversificar a súa economía e
reducir a dependencia dun só sector.
2) As antigas áreas industriais, portuarias ou
ferroviarias abandonadas
reutilizáronse, ben para novas áreas
empresariais máis modernas e con
mellores infraestruturas, ou ben para
construír equipamentos, vivendas e
servizos (espazos de ocio, zona
verdes, palacios de congresos etc.).
Algúns edificios de especial valor
consérvanse como patrimonio industrial e
reutilízanse para museos, centros culturais
etc.
Non obstante, persisten problemas
actuais para xerar emprego suficiente ante
a escaseza de iniciativas empresariais e a
A zona e os antigos altos tornos
de ENSIDESA, na ría de
Aviles, recupérense como
parque empresarial.
Paisaxes industriais en áreas
urbanas
Ao longo do proceso de industrialización, as cidades reuniron unha proporción
crecente das empresas e os empregos industriais, que tenderon á concentración
espacial, sobre todo, nas grandes aglomeracións metropolitanas. Existen vanos
factores explicativos:
Beneficios da aglomeración, asociados ao gran tamaño do mercado de consumo, a abundancia e
cualificación da man de obra, a maior densidade e calidade das infraestruturas de comunicación, e á
presenza de centros de apoio á innovación empresarial.
Abundante promoción de chan industrial para atraer a instalación de empresas en polígonos e
parques industriais.
Ambiente de negocios e ámbito social atractivo.
Desde hai máis de dúas décadas, a crise do
modelo de produción en serie ou fordista
produciu unha intensa reestruturación
industrial e importantes cambios na
localización das empresas urbanas:
Redúcese o volume de emprego industrial
substituído polo crecemento dos
servizos, polo que se fala de
desindustrialización.
Non obstante, aumenta o valor da
produción, debido á súa crecente
especialización en industrias de maior
contido tecnolóxico ou de
coñecemento, como a
farmacéutica, electrónica e
informática, fabricación de
vehículos, aeronáutica, industria editorial e
audiovisual etc., fronte á deslocalización das
industrias tradicionais como a
confección, moble etc.
Prodúcese unha terciarización
industrial, pola que boa parte das empresas
industriais só manteñen nas grandes cidades
En paralelo, prodúcense cambios
na localización e a paisaxe
industrial:
As áreas ferroviarias e
portuarias, espazos onde
antes se localizaban moitas
industrias polas facilidades para
o transporte, transfórmanse
agora en zonas ocupadas por
vivendas, oficinas ou
equipamentos públicos, para
mellorar a calidade ambiental e
facer rendibles solos en zonas
centrais.
Nas periferias urbanas, xunto
aos tradicionais polígonos
industriais, xorden agora
parques industriais, de menor
densidade e maior
calidade, xunto a parques
empresariais de oficinas e
áreas loxísticas para transporte
e almacenamento.
Paisaxes industriais en áreas
rurais
Nas últimas décadas prodúcese unha
reindustrialización en dous tipos de áreas:
Os núcleos rurais ofrecen solo e man de obra
barata, polo que atraen industrias que buscan reducir
custos e empregan traballadores pouco cualificados.
Estes núcleos enfróntanse cada vez máis á
competencia dos novos países industriais.
Os núcleos especializados, onde as pequenas
empresas locais realizan innovacións nos seus
produtos ou nas súas formas de traballo;
colaboran, ademais, para conquistar novos mercados
cuns resultados moito máis favorables.
Eixes de desenvolvemento industrial
Estes eixes corresponden aos núcleos dispostos
ao longo das grandes vías de comunicación
que conectan as principais cidades do país.
Neles produciuse a instalación dun gran número
de empresas industriais e de transporte, debido a
varios factores de localización combinados: o
solo é moito máis barato ca nas grandes
cidades, e non adoita haber tantas limitacións
urbanísticas e ambientais para as industrias; a
mellora das infraestruturas de transporte reduce os
custos que xera o desprazamento de mercadorías
a maiores distancias; as empresas inmobiliarias
promoveron novos polígonos
industriais, adaptados ás necesidades de todo tipo
de empresas.
Nestes eixes construíronse tamén grandes
plataformas loxísticas, con naves destinadas ao
almacenamento de mercadorías, que moitas veces
teñen unha xestión informatizada e unha
automatización dos procesos de carga e
descarga, e contan con numerosas portas de
embarque para os camións.
Plataforma
loxistica xunto a
eixes de
comunicación.
Principais plataformas e zonas de actividades loxísticas en España
Paisaxes da innovación: parques
tecnolóxicos e científicos
A crecente importancia que se lle concede á innovación para mellorar a
competitividade das empresas e dos territorios explica a promoción de áreas
destinadas a albergar actividades intensivas en coñecemento e profesionais de
alta cualificación, co obxectivo de convertelos en núcleos de investigación e
desenvolvemento tecnolóxico, os tecnopolos.
A partir do exemplo pioneiro do parque científico construído pola Universidade
de Stanford (1951), en California, que deu orixe ao posterior desenvolvemento
do Silicon Valley, en España iniciouse a construción de parques
tecnolóxicos desde 1985, impulsados polos Gobernos autonómicos. En 1988
creouse a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España
(APTE) para favorecer a súa colaboración.
As paisaxes da innovación rexistraron un rápido crecemento nos últimos anos.
A APTE conta na actualidade con máis de 70 parques, en que se instalan 3800
empresas, que dan emprego a 100 000 traballadores. Predominan as empresas
de informática, electrónica e telecomunicacións, as de consultoría e asesoría
técnica, as farmacéuticas e de biotecnoloxía, xunto a centros públicos de
investigación. Case todas as comunidades autónomas contan, polo menos, cun
destes parques, aínda que o seu dinamismo foi desigual e a súa capacidade de
impulsar a innovación na rexión, bastante escasa.
Na última década, os centros
que máis aumentaron son os
PARQUES CIENTÍFICOS:
Están promovidos, na súa
maioría, por
universidades, coa
colaboración de Gobernos
autonómicos e locais.
Destínanse a actividades de
I+D e formación
superior, pero non contan con
fabricación directa, polo que o
seu tamaño adoita ser inferior.
Os PARQUES TECNOLÓXICOS teñen as
seguintes características:
Trátase de espazos de elevada calidade
urbanística e ambiental, ben comunicados
e accesibles, destinados a albergar
empresas de base tecnolóxica e institucións
de I+D, xunto a centros universitarios.
Para potenciar o nacemento de novas
empresas innovadoras, contan con centros
ou incubadoras de empresas onde se
ofrecen pequenos locais en alugamento a
baixo prezo, así como servizos de apoio
para acoller durante un período de tempo
limitado (xeralmente, dous ou tres anos)
iniciativas que se consideran innovadoras e
viables.
Xunto as parcelas onde se sitúan as
empresas tecnolóxicas que realizan tarefas
de fabricación, constrúense edificios
multiempresariais onde se localizan
aquelas outras que só necesitan oficinas ou
pequenos locais.
Lévanse a cabo actividades de formación
especializada e de difusión de novas
tecnoloxías, responsabilidade dos xestores
Parque Tecnológico y Logístico de Vigo
4
SITUACIÓN ACTUAL DA
INDUSTRIA: DESAFÍOS E
GLOBALIZACIÓN.
PREGUNTA TEMA
SITUACIÓN ACTUAL DA INDUSTRIA EN
ESPAÑA E GALICIA.
DESAFÍOS: PROBLEMAS ESTRUTURAIS
(DIMENSIÓN, I+D+I, TECNOLOXÍA) E
CONSECUENCIAS DA INCORPORACIÓN Á
UNIÓN EUROPEA.
TENDENCIAS RECENTES DA INDUSTRIA
EN ESPAÑA: GLOBALIZACIÓN E
DESLOCALIZACIÓN.
Situación actual da industria
española
A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un
proceso de modernización produtiva, aínda que tivo que superar un
período de crise a partir do ano 1990 que se agudizou no ano 1993. A
mediados dos noventa a industria española, xa
recuperada, convertérase no sector de actividade máis produtivo grazas
á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral.
A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e
demanda aínda que vai perdendo importancia dentro do conxunto de
actividades económicas a causa da terciarización xeral do emprego.
No entanto, en 2007 xorde a crise financieira en Estados Unidos e
aféctalle a economía mundial.
Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en
España se reflicte cunha recesión da carteira de pedidos, un aumento
dos stocks e unha desaceleración do emprego.
Desafíos: problemas estruturais
(dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da
incorporación á Unión Europea.
A Industria española sofre de problemas estruturais que dificultan a súa
adaptación ao novo ciclo tecnolóxico:
a) A dimensión das empresas é inadecuada. A maioría delas son pequenas
(menos de 50 empregados) e medianas (51- 500), pero producen case un terzo
do emprego na industria. Os produtos destas empresas son máis caros e menos
competitivos.
b) A investigación é escasa. O investimento en I + D é moi reducido.
Actualmente, o investimento é inferior ao 1% do PIB, moi por de baixo doutros
países da UE. Ademais son investimentos moi concentrados dende o punto de
vista sectorial (nos sectores máis dinámicos: electrónica, ordenadores ...) e
territorial (Madrid e de Cataluña).
c) A tecnoloxía é atrasada e dependente. España crea pouca
tecnoloxía, importa moita e apenas exportar. A orixe do atraso tecnolóxico atópase
nos reducidos gastos en I + D.
As principais consecuencias desta estrutura son a baixa produtividade e
calidade, o maior prezo dos produtos e a menor competitividade das empresas .
As consecuencias entrada de España na UE para a industria
española foron diversas:
A desaparición dos aranceis entre os Estados membros implicou unha
feroz competencia por conseguir a mellor relación calidade-prezo.
Moitas empresas optaron por mellorar a tecnoloxía e adaptarse aos
mercados, realizando investimentos en investigación e desenvolvemento
tecnolóxico ( I+D) e na formación de profesionais.
Os países integrantes da Unión Europea aumentaron os seus
investimentos significativamente na industria española. En moitas
ocasións, o investimento de capital destinouse a comprar empresas xa
existentes, o que lles permitiu a estas saír da crise e aumentar a súa
produción e rendibilidade.
Non obstante, e a pesar desta serie de vantaxes, a estrutura industrial
española supuxo un problema á hora de beneficiarse dos investimentos.
A excesiva cantidade de PEMES, nun número moi superior ao existente
nos países europeos, dificultou a cooperación e o investimento a grande
escala, o que converteu a maioría das PEMES en pouco competitivas. A
competencia das multinacionais impulsou moitas delas ao peche
definitivo.
Ademais a Unión Europea ofreceu a posibilidade de recibir axudas
financeiras (Fondos de Cohesión) orientadas a reducir as disparidades
económicas e sociais entre os Estados membros. Pero un dos imperativos
da UE e da moeda única, o euro, era que as axudas do Estado destinadas
as empresas públicas debían desaparecer. Así, o Goberno aplicou, a partir
de 1997, unha nova política industrial co obxectivo de reconverter os
sectores en crise (carbón, naval e industria de defensa). Unha das
medidas aplicadas foi a privatización das empresas en crise, é
dicir, poñelas á venda para que fosen xestionadas dende o sector privado.
A pertenza á Unión Europea, por un lado permitiu mellorar a estrutura
industrial española e obrigouna a alcanzar a calidade necesaria para
competir no mercado. Por outra banda a competencia é cada vez maior e
as subvencións e axudas económicas cada vez máis reducidas.
A incorporación de novos países á UE afecta a industria española por
diversas causas: estes países gozan dunha maior proximidade ao grande
eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemaña e o
Norte de Italia; ademais, a súa estrutura productiva é similar á española, a
man de obra, máis barata, e a súa produtividade e cualificación en alta
tecnoloxía, maior. Así mesmo o investimento do capital estranxeiro
permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía co que
aumentou o seu potencial industrial dentro da UE.
Tendencias recentes da industria en
España
Na actualidade, España pode considerarse unha potencia industrial, pois ocupa noveno lugar entre os países do mundo polo valor da súa produción industrial e o quinto dentro da Unión Europea.Un 18% do PIB español xérase na industria, ao que debe unirse outro 10% na construción, para sumar un total dun 28% no sector secundario da economía.
Pero nos últimos trinta anos, o emprego industrial reduciuse en case un millón de postos de traballo, pese a que a produción obtida seguiu aumentando de forma case constante.
Os factores explicativos desa diminución do emprego industrial son varios:
Para poder competir en mercados cada vez máis abertos, as empresas deben realizar un considerable esforzo en innovación tecnolóxica cunha crecente mecanización e automatización do traballo, provocando a conseguinte redución de empregos.
Nos últimos anos, aumentou a deslocalización de empresas antes instaladas no noso país e que agora trasladan toda ou parte da súa produción cara a países que teñen salarios máis baixos, menores impostos e controis ambientais menos esixentes, pero que contan con traballadores cada vez máis cualificados.
A competencia dos novos países industriais, sobre todo asiáticos, provoca un aumento da importación de manufacturas, que substitúen os produtos fabricados enEspaña. Todo isto xerou o peche de fábricas e conflitos sociais naquelas áreas industriais máis afectadas.
A globalización supón ter que competir con industrias máis innovadoras e preparadas tecnoloxicamente. Como resultado moitas fábricas pecharon ou tiveron que reducir o seu número de traballadores (o paro aumentou de xeito significativo) e outras tiveron que adaptarse ás novas condicións do mercado (diversificación da súa produción,…..+ GALICIA ( 3.3 pax. 308)
Galicia Libro Páx.308
As grandes empresas localizadas en Galicia contan con capital
eminentemente foráneo e están máis vinculadas á industria española ou
europea no seu conxunto que á do resto da comunidade autónoma.
Na actualidade, o sector secundario ocupa en torno ao 29% da poboación
activa galega, similar á porcentaxe española (30%), o que indica un
importante desenvolvemento do sector nas últimas décadas. Non
obstante, algúns dos subsectores empresarias localizados en Galicia supoñen
un gran custo ambiental (celulosa de Pontevedra, a refinería da Coruña,..).
As empresas industriais galegas, salvo excepcións, caracterízanse polo seu
pequeño tamaño, o que as fai pouco competitivas, ao teren dificultades para
incorporar innovacións tecnolóxicas.
Os principais subsectores industriais localízanse ao longo do Corredor
Atlántico, sobre todo na área metropolitana de Vigo e no Golfo Ártabro, que
conta con mellores infraestruturas de comunicación e cunha rede empresarial
consolidada: construción naval, industria automobilística, sector alimentario
(industria conserveira de peixe, os conxelados de produtos do mar, produtos
avícolas), o ramo da madeira (FINSA) ou a industria téxtil e da confección
(Inditex).
5
A ENERXÍA: A DIVERSIDADE
DE FONTES DE ENERXÍA.
Estudiar por
fotocopias
• Transporte e industria son os usos principais.
• Existen importantes refinerías (A Coruña) pero o cru importase de Arabia saudita, Irán, Iraq, México e Nixeria.
Petróleo
• Emprégase principalmente nas centrais térmicas para producir enerxía eléctrica
• Crisis importante. Peche de minas en Asturias, Castilla-León e Andalucía.
Carbón
• Empregase para uso industrial e doméstico
• Exportase de Arxelia e Libia.Gas natural
• Enerxía nuclear.
• En España existen 15 centrais nucleares (9 en funcionamento).
Uranio
• Aproveita a forza do vento.
• Localízase en numerosas zonas do país.Eólica
• Enerxía eléctrica e térmica.
• Metade sur peninsular e litoral do mediterráneo.Solar
-Santa María de
Garoña
-Valdellos II: dado que
Valdellos I sufrió un
incendio en 1989, el
cual le costo su cierre.
Se espera su definitiva
clausura en 2028.
- Trillo
- Zorita
- Ascó I y II
- Cofrentes
- Almarar I y II
- Además de un
almacén de residuos
de baja y media
intensidad en el Cabril
CENTRAL TÉRMICA
de As Pontes de García
Rodríguez,
A coruña
Refinería de Repsol, A Coruña
http://radiomacutogalicia.blogspot.com
a galicia máis contaminada
1. Elnosa (Pontevedra)
2. Grupo Empresarial
ENCE, S.A.
(Louzirán, Pontevedra)
3. Refinería de Repsol A
Coruña
4. Incineradora de
Sogama, Cerceda (A
Coruña)
5. Cementeira
Cementos Cosmos
(Oural, Lugo)
http://radiomacutogalicia.blogspot.com
a galicia máis contaminada
A fábrica papeleira e de cloro do grupo Ence-Elnosa, ten o dubidoso mérito de ter feito doblete na lista das fábricas máis contaminantes de Galicia: nada máis e nada menos que o primeiro e segundo posto, según o estudiorealizado polo grupo ecoloxista Greenpeace.Gracias a estas dúas industrias, Pontevedraé, según a organización, o punto máiscontaminado de Galicia debido as verteduras da fábrica.En dito estudio, recóllense os efectoscontaminantes das diferentes industrias.
INDUSTRIA PAPELERAEFECTOS DE SU CONTAMINACIÓNEl proceso de fabricación del papel trae aparejado el uso de sustancias químicas altamente tóxicas como el dióxido de azufre (causante de la lluvia ácida), el dióxido de cloro, clorofenoles(organoclorados), hipoclorito, dioxinas y furanosque son vertidos a la atmósfera y al medio hídrico (ríos y costas) y que pueden provocar trastornos en el sistema inmunológico, nervioso y reproductor debido a sus compuestos cancerígenos y mutagénicos."
central nuclear de Ascó en
Tarragona
Central biomasa, allariz
VOCABULARIO
• Estrutura de organización empresarial que permite a diminución do custe por unidade ao aumentar o volume da produción.
• Nas últimas décadas a mellora dos transportes e as comunicacións permitiron a moitas empresas reducir os custos de produción.
Economías de escala
• Desprazamento da actividade industrial desde as grandes cidades e as rexións de maior densidade cara a outras periféricas.
• Este proceso intensificouse en España nas últimas década debido a varias causas, entre elas o forte aumento dos custos nas grandes áreas urbanas e a mellora dos transportes e as comunicacións.
Difusión industrial
• Aquelas que se obteñen de fontesnaturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.
• Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.
• Aquelas que non se esgotan co seu consumo, senón que se renovan periodicamente de forma natural. Supoñen tamén un menor impacto ambiental, polo que adoitan cualificarse como enerxías limpas. Eólica, solar, biomasa, xeotérmica e maremotriz son renovables.
• España é a segunda produtora mundial de enerxía eólica, tras Alemaña.
Enerxías Renovables
• Os Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social.
• O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional(FEDER) –destinados ás rexións menos favorecidas- e o Fondo Social Europeo (FSE) –destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.
Fondos estruturais
• Contratación dunha empresa por outra para que realice unha parte da súa actividade seguindo as indicacións, características e prazos que se lle impoñen.
• Utilízase a miúdo por grandes empresas para abaratar os seus custos, ou porque buscan PEMEs moi especializadas nunha tarefa.
Subcontratación
• Nova rama industrial que ten como finalidade desenvolver tecnoloxías limpas para a industria e non contaminar nos procesos de produción, distribución e consumo.
• Reciclan ou reutilizan algún tipo de material (cartón, papel, plástico....), reducen ao mínimo as emisións de gases efecto invernadoiro, dispoñen de planta de tratamento de auga e de residuos sólidos,…
Industrias verdes
• Materias primas que pola súa importancia son vitais para a existencia económica ou política de certos Estados e inflúen poderosamente nas decisións políticas que se toman nestes países.
• Petróleo, gas natural ou uranio.
• España, é un país dependente enerxeticamente, importa a maioría da enerxía que consome (petróleo e gas natural).
Materias primas estratéxicas
http://www.solidaridad.net/noticia/4103/
causa-de-las-guerras-materias-
primas-estrategicas
• Espazo industrial creado por iniciativa estatal co fin de atraer empresas de tecnoloxía avanzada e xeradoras de innovación. Estes centros adoitan manter unha estreita vinculación coas universidades e cos centros de investigación.
• En España iniciouse a construción de parques tecnolóxicos desde 1985, impulsados polos Gobernos autonómicos.
• En 1988 creouse a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) para favorecer a súa colaboración.
Parque tecnolóxico
Industrias punta
• Industrias que empregan unha tecnoloxía avanzada, que destinan moitos recursos a investigación e precisan de persoal altamente cualificado.
• Informática, telecomunicacións, microelectrónica,..
Concentración industrial
• Asociación ou fusión de empresas para ser máis competitivas.
• A concentración de empresas dun mesmo sector recibe o nome de concentración horizontal. Por exemplo, algunhas industrias siderúrxicas.
• A concentración de empresas de distintos sectores que operan en diferentes etapas do proceso produtivo recibe o nome de concentración vertical. Por exemplo, a industria téxtil (tecidos, confección,..)Deslocalización
• Traslado dunha empresa cara a rexións ou países onde a man de obra é máis barata ou ten vantaxes fiscais co fin de reducir os custos de produción.
• Téxtil, calzado e electrónica.
Deslocalización
Las empresas se van a mover buscando costes laborables moderados, condiciones de trabajo más flexibles (menores exigencias de seguridad, mayor jornada...), legislaciones menos rigurosas con el medio ambiente, y una cierta estabilidad política con instituciones que aporten confianza, un mínimo nivel en las infraestructuras y una cierta cualificación profesional... Muchos países de la Europa del Este, Latinoamérica y Asia reúnen estas condiciones.
http://elpais.com/diario/2006/04/23/negocio/1145800048_850215.html (noticia)
http://www.youtube.com/watch?v=G8QjJMiiDgE&feature=related (video)
Un ejemplo: en 1995, la cadena de tiendas GAP vendía en los Estados Unidos camisas made in El Salvador. Por cada camisa vendida a veinte dólares, los obreros salvadoreños recibían18 centavos. Los obreros, o mejor dicho las obreras, porque eran en su mayoría mujeres y niñas, que se deslomaban más de catorce horas por día en el infierno de los talleres, organizaron un sindicato. La empresa contratista echó a trescientas cincuenta. Vino la huelga. Hubo palizas de la policía, secuestros, prisiones. A fines de 1995, las tiendas GAP anunciaron que se marchaban a Asia.
Patas arriba. La escuela del mundo al revés. Eduardo Galeano.
Recommended