Deuses menores e seres míticos

Preview:

DESCRIPTION

Galería de personaxes secundarios na mitoloxía grega

Citation preview

A MITOLOXÍA NA HISTORIA DA ARTE

4. Deuses menores e seres míticos

As Erinias ou Furias

Nacidas do sangue de Urano, cando foi castrado por Cronos•

Son as primitivas deusas da vinganza que non recoñecen a autoridade dos deuses e perseguen aos criminais.

Soen ser tres irnás, representadas con ás e serpes na cabeleira

Erinias

perseguendo

a Orestes

Bouguereau

As Horas

Fillas de Zeus e Temis, a Xustiza e a Lei .•

As Horas son as deusas das estacións e personifican as horas do día.

As Moiras ou Parcas

Fillas de Zeus e Temis, a Xustiza e a Lei.

As tres Moiras ou Parcas, son as encargadas do destino dos homes e represéntanse como tres fiandeiras que “tecen”

o destino dos humanos.

goya

Strudwick

As Musas

Fillas de Zeus e Mnemosine, a Memoria, as Nove Musas son protectoras das artes e compañeiras de Apolo no mote Parnaso.

poussin

As Tres Gracias

As tres Gracias (ou Cárites) son Fillas de Zeus e Eurínome, filla de OcéanoDesta unión nacen as Tres Gracias, divindades da beleza

FRESCO DE POMPEIA RUBENS

Hestia

Aínda que é

Filla de Cronos e Rea, aparece como deusa

secundaria•

Deusa do Fogar, onde se venera

Emblema: lume, fogar•

Nome

Romano: Vesta

Eros

Deus

do amor•

Segundo Hesíodo xurde de caos, pero outras versións fanno fillo de Afrodita e Ares

Nome romano: Cupido (“Desexo”)•

Emblemas: as (para voar duns a outros), arco e frechas coas que “fire”

a homes e deuses•

Soe representarse coma un neno espido (é

inocente)

Namorouse

da fermosa

Psiqué

(a mente) e uniuse

a ela

coa

condición de que non tentase velo na

escuridade

da noite.

CARAVAGGIO

cÁNOVA

Pan

Fillo de Hermes e Dríope•

Deus agreste, deus dos pastores e rebaños

É

metade home, metade cabra e soe producir un gran medo (Pánico)

Emblemas: a siringa ou

frauta

de Pan

Represéntaselle

con

sátiros (ou

faunos) e

ninfas (divindades

da

natureza)

Sátiros

Son Xenios da natureza que soen

representarse

coma un ser híbrido,

metade home,

metade cabra. Ás veces pode levar cola de cabalo e pene erecto.

Na mitoloxía romana denomínase

fauno.

Soen formar parte do séquito de Dioniso ou de Pan.

Son criaturas ledas e pícaras, amantes do viño e das mulleres.

Ninfas

Espíritos femininos ou divindades da natureza, consideradas fillas de Zeus.

As veces forman parte do séquito dun deus ou deusa, como por exemplo de Artemisa.

Os seus amantes soen ser Pan, os sátiros, Príapo e grandes deuses como Zeus, Apolo, Hermes, Dioniso...

Hai varios tipos de ninfas: Neridas (do mar), Náiades (dos ríos), Dríades (dos bosques), Hamadríades (das árbores), Oceánides (do Océano)....

Rubens

CENTAUROS

Seres híbridos con cabeza e tronco humano e corpo de cabalo.

Vivían nas montañas de Tesalia e eran fillos Ixión e Nefele.

Polo xeral son seres salvaxes que viven sen leis, a excepción de Folo e Quirón, que teñen unha natureza amable e son sabios.

As metopas do Partenón, obra de Fidias, describen a loita cos lapitas (habitantes de Tesalia) cos centauros.

CENTAUROS

Quirón, o máis sabio dos centauros, educou a heroes como Aquiles, Xasón , Asclepio ou incluso ao mesmo deus Apolo

Sereas

Na mitoloxía grega son seres híbridos, metade muller, metade ave.

Son tres, fillas de musa Melpómene e dos deus río Aqueloo.

Atraen aos mariñeiros co seu canto e fan que as súas naves batan contra as rochas.

Odiseo (Ulises) conseguiu escoitar o seu marabilloso canto sen destrozar a súa nave.

Tritón

Deus mariño, fillo de Poseidón

e Anfitrite.•

Soe representarse con corpo humano e cola de peixe.

Leva un tridente e unha caracola•

Denomínanse Tritóns a un conxunto de seres que formaban parte do séquito de Poseidón

Bernini

Harpías

Xenios femininos con forma de ave, cabeza de muller e garras afiadas.

Famosas por roubar e emporcar a comida de Fineo, rei de Tracia. Os Argonautas na súa viaxe á

Colquide, axudáronlle a librarse delas•

Tamén eran raptoras de nenos e almas.

Quimera

Monstro con corpo de cabra, cabeza de león e parte traseira de serpe ou dragón

Botaba lume pola boca e engulía o gando, aterrorizando aos homes.

O heroe Belerofonte, ás ordes do rei de Licia Ióbates, matouna coa axuda do cabalo alado Pegaso.

Pegaso•

Cabalo branco alado, fillo de Medusa e Poseidón. Naceu do pescozo de Medusa, ao cortarlle Perseo

a

cabeza.•

Estaba ao servizo

de

Zeus

e axudou a Belerofonte

a matar a

Quimera.•

Belerofonte

quixo subir

ata o olimpo montado sobre Pegaso, pero Zeus

fixo que caese ao baleiro.

Pegaso foi convertido en constelación.

Medusa

Monstro mariño feminino con cabelos de serpe e cairos de xabarín

que petrificaba coa súa mirada.

Ela era mortal, mentres que as súas dúas irmáns eran inmortais. As tres denominábanse Gorgonas.

Foi morta polo heroe Perseo, coa axuda do escudo de Atenea.

A Gorgona

decoraba os escudo de atenea

e dos

Atenienses

Medusa

Segundo o poeta Ovidio, era unha fermosa muller, violada por Poseidón

nun templo de

Atenea. A deusa, molesta polo acto impío, converteu en serpes os seus cabelos.

Rubens Bernini

Minotauro

Ser con corpo de home e cabeza de Touro, fillo de Pasifae, esposa do rei de Creta Minos, como producto da súa unión cun touro.

Foi encerrado por Minos

no labirinto e alimentábase de víctimas humanas.

Foi morto por Teseo, fillo do rei Exeo de Atenas.

Durrenmat

Esfinxe

Monstro feminino con peito de león, cabeza de muller e alas de paxaro.

Foi enviada á

cidade de Tebas como castigo polo asasinato do seu rei Laio.

Plantexaba

un enigma aos viaxeiros que se achegaban a Tebas e devorábaos se non o acertaban.

Foi destruída por Edipo, ao resolver este o enigma.

Moreau

Feito por Susana Losada soto•

IES de Melide,

(A Coruña, Galicia, España)