View
948
Download
17
Category
Preview:
DESCRIPTION
Presentacións coas expresións latinas correspondentes ó 3º trimestre do curso de 2º de Bacharelato (C. A. de Galicia)
Citation preview
“Non máis alá”
Antiga lenda do escudo español,
anterior ó descubrimento de América por Colón,
e que aludía á suposta
imposibilidade de ir máis aló do estreito
de Xibraltar, simbolizado polas columnas. Tempo
despois, a evidencia fixo conveniente
retirar o non
“Coñecete a ti mesmo”
Traducción ó latín dunha inscrición no templo de Apolo en Delfos. O orixinal grego di γνωθι
σεαυτόν
“Observa ben”
Úsase en notas a pé de páxina. Moito máis empregada na súa abreviatura: n.b.
“Número pechado”
Limitación de prazas no acceso a algúns estudios
“Agora e sempre”
“Na obra citada”
Sobre todo na súa
abreviatura, o.c., úsase
para referirse varias veces a unha obra xa
citada con anterioridade nun escrito
“¡Ah tempos, ah costumes!”
Extraída das Catilinarias (I,
2) de M. T. Cicerón (106-
43 a.C.). Úsase para expresar indignación ante algún
acontecemento actual,
exaltando a suposta pureza
de tempos pasados
“Pan e circo”
Refírese ó costume dos gobernantes romanos de repartir comida gratuíta e
programar abondosos espectáculos de circo para
manter entretida á poboación de Roma,
ociosa en grande número. Por extensión, aplícase ós
gobernos actuais que seguen unha estratexia semellante, adaptada ós
tempos de hoxe
“Pecados pequenos”
Con ela aludimos á
escasa importancia
que concedemos
a unha tarefa, por exemplo
“Por si / Por accidente”
Na filosofía aristotélica, refírese as
propiedades intrínsecas (per
se) ou accesorias (per accidens) que posúen os
entes
“Por cabezas”
Úsase en estadísticas,
como “renda per capita”,
“consumo per capita”. En
castelán acéptase a forma adaptada
“per cápita”
“Despois dos datos”
En cartas, anotación ó final para engadir
algo que se considera aparte do texto principal. En galego adóitase
escribir todo xunto (postdata), e en
castelán acéptase a forma adaptada
posdata
“Despois da morte”
En Medicina, exames e
actuacións sobre os cadáveres
“Primeiro entre iguais”
Dentro dun grupo de
persoas que ostentan cargos de igual rango,
designa a aquela que detenta a presidencia, mais só por necesidade
organizativa, e non tén
autoridade sobre os demais
“Primeiro vivir, logo filosofar”
“En estado non dividido”
Dise da propiedade que
pertence a varios donos sen
dividir fisicamente a
parte que corresponde a
cada quen
“O que a natureza non dá, a Universidade de Salamanca non o proporciona”
I. e., “De onde non hai, non se pode sacar”
“Dos cales”
Extraída da expresión quorum praesentia sufficit, “(aqueles) cuxa presencia abonda”. Indica o número
mínimo necesario para que unha asamblea poida tomar acordos
válidos. Ás veces tamén se escoita “temos quorum” como equivalente
de “somos suficientes”
“Ave rara”
Dise dunha persoa ou cousa
case única no seu xénero
“Descanse en paz”
Empregada nas lápidas sepulcrais
“O que debe ser confirmado”
Consulta que os poderes públicos fan ó corpo electoral na que se debe votar
“sí” ou “non” (ou en branco) en torno a
unha cuestión concreta
Siglas de Senatus Populusque
Romanus (“O Senado e o pobo romano”), que
levaban as lexións no seus
estandartes, para significar que
loitaban baixo a autoridade das
institucións lexítimas de Roma
“Se queres a paz, prepara a guerra”
Frase do tratadista militar romano Vexecio
(s. IV d.C.); nela propónse que a mellor
maneira de previr a guerra é estar preparado
para ela, pois así os inimigos o han pensar dúas veces antes de
atacar.
Unha mentalidade pacifista preferírá a
variante Si vis pacem, para pacem
“Así pasa a gloria do mundo”
Durante a cerimonia da coroación papal un monxe sostén unha
vara en cuxo extremo arde unha peza de liño.
Cando remata de consumirse, o monxe pronuncia esta frase, advertindo ó Papa do pasaxeiro de todas as cousas deste mundo
Literalmente, “sen coidado”
Emprego ou cargo ben retribuído que
ocasiona pouco traballo. A súa orixe está no
mundo eclesiástico, aínda que hoxe aplícase fóra del. Tanto en castelán como en galego prefírese a forma fusionada
sinecura
Literalmente “sen data”
Usámola cando queremos
expresar un aprazamento sen data fixa
“Que a terra che sexa lixeira”
Inscrición típica nas lápidas sepulcrais
romanas, sempre en abreviatura
“Pola súa propia
vontade”
Literalmente, “estado no
que”: “estado da situación”
Emprégase para referirse a unha situación xeral nun contexto
concreto: política,
economía, educación, etc.
“En senso estricto”
Opónse a lato sensu
“Baixo o xuíz”
Indica que unha cuestión legal están
pendente dunha decisión por parte dun
xuíz
Literalmente, “da súa clase”
Alude á especificidade ou carácter único dunha
persoa ou cousa
“A lei no seu extremo é a extrema inxustiza”
Frase de Cicerón na que se alude ó
inxusto que pode ser aplicar a lei no seu senso máis estricto
Literalmente “sobrou”
Beneficios, nun balance económico. Máis en xeral, pode indicar “elementos
sobrantes”
“(Atribuír) a cada un o seu”
Frase de Catón o Censor (s. III a.C.), e
que constitúe o principio básico da xustiza distributiva
“(Como) en táboa rasa”
Expresa a intención de prescindir ou
desentenderse de algo. Máis cotián é atopar a expresión asimilada “facer táboa rasa”
“O tempo foxe”
Expresión da fugacidade da vida
“Todo revolto”
Conxunto desordeado de
elementos
“Ti tamén, meu fillo”
Segundo a tradición,
derradeiras palabras de
Xulio César ó ser asasinado por
Bruto e un grupo de
conspiradores
“Derradeiro aviso”
“Para a cidade e para o mundo”
Bendición que o Papa imparte
desde o Vaticano o día de Nadal e o
Domingo de Resurrección, no
calendario cristián
“Como máis abaixo” / “Como máis
arriba”
Referencias textuais
“Cheguei, vin e vencín”
Conciso informe presentado por
Xulio César ante o Senado romano no ano 47 a.C. Con el
quería dar conta da facilidade coa que
vencera ó rei Farnaces II do Ponto (na actual Turquía)
“As palabras voan, os escritos
permanecen”
Literalmente, ”por gracia da palabra”
É un sinónimo de “por exemplo”. Emprégase máis ben en
abreviatura: v. gr.
“No turno contrario”, i. e., “Ó revés”
Prefírese a forma soldada
viceversa
“De viva voz”, i. e., “En voz alta”
“A voz do pobo (é) a voz de Deus”
Moito máis empregada na súa primeira
metade, propón que ós rumores hai que darlles
creto
Recommended