View
367
Download
3
Category
Preview:
DESCRIPTION
folletos informativos
Citation preview
SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010
CPI ANTONIO FAÍLDE
PEPA LOBA
SINOPSE Pepa Loba é unha bandoleira galega do século XIX. Segundo conta a lenda, dirixe a súa propia gavela de bandidos, asaltando camiños na Galicia do interior. Pero a súa fereza é facilmente explicable: a violencia e a aldraxe que padeceu cando era nena. En realidade é unha muller sensible que, co seu oficio só quere facer xustiza, roubando aos ricos para dárllelo aos pobres. A Pepa da nosa obra recrea a figura desta Robin Hood galega, da que non se salvan nin os peregrinos que an-dan a facer o Camiño de Santiago.
Mércores, 2 de xuño
ELENCO: Jhany Capote ( Pepa Loba) María Fernández ( Maruxa de Coles) Adrián Vázquez (O Navallas ) Abel Fernández ( Xan Quinto) Alejandro López (O Devesas) Yannic Castro (Cego) Martín Molina (Peregrino 1) Diego Taboada (Peregrino 2) GUIÓN : ENDL de CPI ANTONIO FAÍLDE
SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010
CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)
ERA UNHA VEZ UNHA CLASE...
Venres, 4 de xuño
Non é doado para os rapaces entender aos mestres,
tampouco para os mestres atinar coa maneira de
educar aos rapaces, pero o caso é que uns non po-
den existir sen os outros.
Con esta obriña, ademais de rir un pouco, queremos
por un intre que troquen os seus papeis. Así e todo
seguen compartindo o mesmo espazo: o da aula que
é onde teñen que emprender xuntos unha viaxe
emocionante: a da aprendizaxe.
Velaquí os rapaces dunha escola que, nunca pensa-
ron que un día chegarían a ser mestres.
O AUTOBÚS
Esta obriña foi escrita por dous irmáns que foron vítimas de bulling ou acoso escolar cando nenos. Hoxe, que xa o teñen superado– un é guionista e outro pedagogo– entrégannos a historia dramati-zada para que todos os rapaces que estean nesta situación aprendan a superala. O autobús representa a cámara oculta da vida escolar: os rapaces comentan como foi a xornada. ¡ Cantas relacións se tecen durante a viaxe!
SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010
CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)
Luns, 31 de maio
Ás veces non é doado para un neno entender aos maiores. Teñen cada cousa… Perden a lingua, encabúxanse por nada…Son coma nenos, cativos vesti-dos con pantalóns que lles veñen grandes. Con estas pequenas dramatizacións pretendemos amo-sar a necesidade de entendérmonos no mundo dos grandes…e mais no dos pequenos.
Adaptación teatral dos textos:
“Oficina de obxectos perdidos”,de SECHU SENDE ( por Ricardo e Erika, de 3ºESO B) “Nin en soños vou perder a miña lingua”, de SECHU SENDE (por Laura Salgueiro,4º ESO B)
“Os grandes” de NEIRA VILAS ( por María Fernández, 3º ESO A)
“A Fala é o único sitio
onde seguen vivos os antepasados,
a única forma audible de
supervivencia”
Uxío Novoneyra
SECHU SENDE
Xosé Luís González Sende iniciuose como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90. Despois revelouse como un dos grandes narradores do século XXI. É licenciado en Filoloxía Galego- Portuguesa. PUBLICACIÓNS: -Odiseas, 1998 ( o seu primeiro libro de poesía) - Orixes, 2003 ( novela coa que gaña o premio Blanco Amor dese ano) - Made in Galiza ( conxunto de relatos sobre a defensa da lingua) , premio Anxel Casal e considerado como Mellor Libro do Ano, pola Asociación de Editores Galegos
SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010
CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)CPI ANTONIO FAÍLDE (COLES)
Xoves, 3 de xuño
Está moi extendidoa a idea de que para producir múisica
resultan imprescindibles os instrumentos tradicionais.
Pero iso non é de todo certo. Os nosos devanceiros xa
facían música…. A que non sabes con que?
Pois con “instrumentos pobres”
Unha lata de pimentón, unha pedra de afiar, unha cu-
ller… Calquera cousa que lle serve a Xabier Blanco pa-
ra facer música, seguramente, tamén lles valía a eles.
A música existe dende sempre. ( CARLOS NÚÑEZ)
XABIER BLANCOXABIER BLANCOXABIER BLANCOXABIER BLANCO
De familia de fonda tradición musical, empezou moi no-vo a tocar a gaita. Dirixe a Escola Obradoiro de Música Tradicional do Concello de Moaña, repartindo a súa dedi-cación ao ensino, á investigación e á recolleita e cataloga-ción de instrumentos musicais. Ten publicados os seguintes traballos: - “ A gaita de Cana de Moaña” - “Instrumentos pobres” - “Gaitas Troncais”
SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010 SEMANA DAS NOSAS LETRAS 2010
CPI ANTONIO FAÍLDE ( COLES) Martes, 1 de xuño A ESMORGA ( de E. Blanco-Amor) O narrador desta historia é Cibrán Canedo, un pica-pedreiro que vai para o seu traballo cando se atopa con dous mozos: O Bocas e o Milhomes, que o con-vencen para ir con eles de esmorga. Pasan o día en-teiro nos baixos fondos de Auria ( Ourense) bebendo sen cesar, ata que a borracheira remata en traxedia: planta lume nun pazo e, despois de andar agochados en varias tabernas, Cibrán acaba preso e declarando diante dun xuíz “ausente” que non fai caso do que di. É a xustiza “ inxusta” ou a “ xustiza dos pobres” da que nos vén falar E. Blanco-Amor
Recommended