View
77
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
SUPERFICIE: 370 km2
SITUACIÓN: arquipélago das Canarias. PROVINCIA: Santa Cruz de Tenerife (illa de La Gomera).CUME MÁIS DESTACADO: Alto de Garajonay (1487 m)
A illa da Gomera orixinouse hai uns 10-12 millóns de anos cando se elevaron enormes bloques da codia oceánica e posteriormente foi medrando en diferentes períodos eruptivos seguidos do seu desmantelamento por medio da erosión. A última gran etapa construtiva apilou unha grande masa de materiais basálticos na zona central e norte da illa. Desde hai polo menos tres millóns de anos, La Gomera non experimentou ningunha erupción volcánica.
Roque do Sombreiro
A paisaxe está dominada por profundos barrancos escavados pola auga que se dispoñen en forma radial a partir dos cumes centrais. Destacan os de Vallehermoso, Hermigua e Valle Gran Rey.
Valle Gran Rey
OS ROQUES Son os elementos xeolóxicos máis relevantes de La Gomera. Impoñentes masas rochosas que se alzan sobre os barrancos. Formaban parte de antigas chimeneas volcánicas e quedaron ao descuberto coa erosión, resistindo por estar formados de materiais máis duros que o resto. Destacan os das cabeceiras dos barrancos de La Laja e Benchijigua: Carmona, La Zarcita, Ojila, e Agando.
Roque Cano
A erosión mariña provocou un gran retroceso da liña de costa, tallando cantís de gran altura ou deixando ao descuberto espectaculares formacións xeolóxicas, como os basaltos dos Órganos.
Agulo
A parte central da Gomera está formada por unha ampla meseta onde se conservan os bosques de laurisilva que captan as néboas do océano. As áreas de barlovento son as máis húmidas e as de sotavento máis secas e expostas aos ventos alisios.
HISTORIADesde tempos antigos a illa estaba habitada por un pobo de orixe bereber chegado do noroeste de África. Vivían sobre todo do pastoreo e da recolección. Nalgúns dos cumes atopáronse centros rituais (Garajonay, Roque Agando).
Garajonay
Os europeos chegaron na primeira metade do século XV e cambiaron os xeitos de vida. Estableceron un réxime señorial que controlaba a terra e os recursos, comezaron a fabricar carbón queimando a madeira dos bosques, instaláronse enxeños para o cultivo e procesado da cana de azucre e, no século XVII, introduciuse o cultivo da vide e a caza do cervo. Algunhas especies do bosque (pau branco, viñátigo, barbusano ou ébano de Canarias) empregáronse para facer mobles.
Na Gomera atópase o lagarto xigante de La Gomera (Gallotia bravoana), o réptil máis ameazado do planeta, catalogado como en perigo crítico de extinción. Só se conserva unha pequena poboación no risco da Mérica.
De Nanosanchez - Trabajo propio, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2512193
VALORES CULTURAIS-Xacementos arqueolóxicos da poboación aborixe de La Gomera.-Sistemas de socalcos acondicionados para o cultivo en terreos escarpados.-Silbo gomeiro: sistema de transmisión de linguaxe a longa distancia por medio de asubíos.
Muíño no Centro de Visitantes deGarajonay.
Data de declaración: 25 de marzo de 1981.Superficie: 3.986 ha.Titularidade dos terreos: pública.Municipios: Vallehermoso (32,7%), Hermigua (25,7%), Agulo (19,3%), Valle Gran Rey (8,8%), San Sebastián de La Gomera (7,2%) e Alajeró (6,3%).OUTRAS PROTECCIÓNS: Patrimonio Mundial (UNESCO) e rede Natura 2000 (ZEC/ZEPA Garajonay).
VALORES NATURAIS-Bosques maduros de laurisilva, reliquias da Era Terciaria, que desapareceron nos demais lugares a causa dos cambios climáticos do cuaternario. Garajonay concentra a metade da extensión de laurisilva madura das illas Canarias.
-Diversidade de tipos de formacións vexetais.
-Bo estado de conservación dos bosques con abundantes árboles vellos de gran tamaño
-Elevadísimo número de especies endémicas de flora e de fauna.
-Espectaculares monumentos xeolóxicos, como os Roques.
O INTERIOR DO BOSQUEO dosel arbóreo favorece a presenza de brións, fentos, liques, fungos e algunhas plantas trepadoras pouco esixentes de luz.
AS NÉBOASA condensación da humidade por efecto dos ventos alisios que chocan nos cumes da illa proporciona unha gran parte de humidade da que se nutre o bosque.
FLORA2.000 especies, cunha gran presenza de endemismos.A vexetación característica de La Gomera é o monteverde, formado por áreas de laurisilva (bosque húmido dominado por árbores) e o faial-breixal (bosque máis seco, pobre en especies arbóreas).
LAURISILVA: bosque formado por unas 20 especies arbóreas: loureiro (Laurus novocanariensis), viñátigo (Persea indica), tile (Ocotea foetens), acebiño (Ilex canariensis), pau branco (Picconia excelsa), follao (Viburnum rigidum), barbusano (Apollonias barbujana), mocán (Visnea mocanera), sanguiño (Rhamnus glandulosa), aderno (Heberdenia excelsa), buxo (Ilex perado ssp.platyphylla), salgueiro (Salix canariensis), pereiriña (Gymnosporia cryptopetala), cedro (Juniperus cedrus), sángano (Prunus lusitanica ssp.hixa), tabaiba de monte (Euphorbia mellifera), sabugueiro (Sambucus nigra ssp.palmensis)...
No sotobosque podemos atopar máis de 700 especies vexetais e máis de 1.000 especies de fungos e liques.
Fungos
FAUNAUnhas 1000 especies, a maior parte invertebrados con moitos endemismos propios da illa.MAMÍFEROS: morcego rabudo (Tadarida teniotis), morcego de Madeira (Pipistrellus maderensis), morcego montañeiro (Hypsugo savii), morcego de bosque (Barbastella barbastellus ssp.guanchae). Varias especies introducidas: ratas, coellos, gatos bravos... RÉPTILES: tres especies de réptiles endémicas da illa: lagarto (Gallotia caesaris ssp.gomerae), lisa (Chalcides viridanus ssp.coeruleopunctatus), e perenquén ou pracán (Tarentola gomerensis).
Pracán (Tarentola gomerensis).
AVES: 28 especies: gabián, (Accipiter nisus ssp.granti), miñato (Buteo buteo ssp.insularum), lagarteiro (Falco tinnunculus ssp.canariensis), bufo pequeno (Asio otus ssp.canariensis), coruxa (Tyto alba ssp.alba), pomba rabiche (Columba junoniae), pomba turqué (Columba bollii), pimpín (Fringilla coelebs ssp.tintillon), ferreiriño (Cyanistes caeruleus ssp.teneriffae), forneiro (Phylloscopus canariensis), estreliña do norte ou bandeira (Regulus teneriffae), paporroibo (Erithacus rubecula ssp.mycrorhynchus), merlo (Turdus merula ssp.cabrerae), corvo (Corvus corax ssp.tingitanus), xirrio (Apus unicolor), canario (Serinus canaria), papuxa (Sylvia sps.) ...
Pimpín (Fringilla coelebs ssp.tintillon)
Subespecies de Canarias Merlo (Turdus merula ssp.cabrerae)
Forneiro (Philloscopus canariensis)
Estreliña do norte (Regulus teneriffae)
Especies endémicas de Canarias
ANFIBIOS: ra (Hyla meridionalis).INVERTEBRADOS: chicharras do xénero Canariola, saltamontes omnívoro (Calliphona), gurgullos do xénero Laparocerus, cucaracha (Phyllodromica), escarabello apestoso (Broscus crassimargo), cadelas de frade do xénero Guanchia, moluscos (Napaeus, Plutonia)...
Vanessa vulcania
Saltón
PROBLEMASO máis grave son os incendios forestais. Destacan especialmente dous de graves consecuencias:Setembro de 1984: 20 mortos, 900 ha queimadas. Durou tres días.Agosto 2012: 4.000 ha queimadas en toda a illa da Gomera. Durou cinco días.
Recommended