O agasallo de Anya

Preview:

Citation preview

Título: O agasallo de Anya Autora: Sabela Núñez Singala Ilustrador: Xosé Tomás Editorial: Galaxia Colección: Árbore

Sabela Núñez Singala naceu en Lugo. A maior parte dasúa vida transcorre entre A Terra Chá e mais A Mariña,onde traballa no instituto da Pontenova. Gústalle moitoaprender viaxando. Unha das súas últimas viaxes formouparte dun proxecto titulado "Mochilinhas de Cores", unhainiciativa de axuda mútua entre a infancia galega e a deUcraína. Desta viaxe solidaria sae a historia do libro Oagasallo de Anya.

Máis información no seu blog: http://oagasallodeanya.blogspot.com.es/

Anya é unha nena ucraína e Xiana é galega. Aínda que residen enpaíses moi distantes teñen moitas cousas en común, como ofeito de que ambas as dúas escriben un diario (unha nun caderno,e a outra nun blog) e de que teñen irmáns pequenos. Pero entreelas hai diferenzas moi notables: Anya vive nun Fogar Infantilmentres que a nena galega vive coa súa familia; unha lamentanon ter colexio á par que a outra se queixa cando rematan asvacacións; unha ten de todo e non o valora e a outra dálle aprecioa calquera mínima cousa …Entre as dúas vaise producir unha conexión: a antiga profesora deAnya vai dar clase na escola de Xiana e a nena galega vaidescubrir un novo mundo. Esta coincidencia vai traer undesenlace sorprendente e provocará cambios importantes nassúas vidas.

Resumo

Gustounos moito o libro aínda que aomesmo tempo nos deu moita pena, xaque conta unha realidade á que nonestamos acostumados e cústanosaceptala.Sorprendeunos que haxa tanta diferenzana vida de dúas rapazas da mesma idadesó polo feito de vivir en países moidistintos. Anya e Xiana coinciden endiversas cousas: escriben un diario, teñenirmáns pequenos... Pero o que máis noschamou a atención foron as condiciónsde vida da rapaza ucraína e como estatenta ter unha actitude positiva ante osproblemas.

Comentarios

O agasallo de Anya pareceunosmoi triste, aínda que nosinteresou porque fala de temascomplicados como a pobreza e asinxustizas. Un dos feitos quemáis nos fixo pensar foi atransformación de Xiana quepasou de ser moi egoísta avolverse máis xenerosa.Tamén comentamos que nosgustou como se enlazan asdiferentes historias e o feito deque remate cun final alegre ou,polo menos, esperanzado.A lectura deste libro deunos pépara comparar o noso mundo conoutros lugares nos que a vida noné tal e como nós a concibimos.

Un mundo rico e un mundo pobre

Para nós é moi doado acceder áauga, só temos que abrir as billas.Moitas veces malgastámola e nonlle damos importancia ao feito detela con facilidade.

En moitos países pobres os nenosteñen que camiñar variosquilómetros para conseguir auga.

No mundo desenvolvido temosmoitas opcións ao escoller a nosavestimenta.

Noutros países case toda a roupa queeles posúen é doada por persoasdoutros lugares.

Nós podemos comer cinco vecesao día ou máis. Comemos moitomáis do que precisamos erexeitamos moitos alimentos oucomidas porque non nos gustan.

Noutros lugares comer é algoocasional que ocorre unha ouningunha vez ao día. Ninguénrexeita un alimento porque non lleguste.

Na nosa sociedade os xoguetes son unha cousa imprescindible.

Noutras sociedades son máis ca prescindibles.

Estudamos en aulas con materiasde todo tipo: ordenadores, libros…Contamos co necesario para poderaprender.

A educación no noso mundo é undereito.

Nalgunhas clases o número denenos sobrepasa o de pupitres eiso fai que as aulas esteanabarrotadas. Os materiais soninsuficientes.

A educación nalgúns lugares doplaneta é un privilexio.

As nosas vivendas adoitan contarcon todo o necesario para vivir concomodidade.

A vida de moitas persoas estácondicionada polo lugar ondeviven.

Club de lectura 2ºESOIES de Curtis2015-2016

Ángela,Christian, Diego, Juan José, Laura, Leonardo, Mario,

Raúl, Sabela e Yago

Recommended