Parque Natural O Invernadeiro

Preview:

Citation preview

ESPAZOS NATURAISParque NaturalParque Natural

O INVERNADEIROO INVERNADEIRO

Os montes do Invernadeiro forman parte do Macizo Central. O espazo ocupa os vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena (Camba-Bibei-Sil) e os montes que os separan e rodean.

Vista desde a serra de Fial das Corzas

RÍO C

AMBA

enco

ro d

as P

orta

s

RIBEIRA GRANDERIBEIRA PEQUENA

Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza).

SITUACIÓN: Na comarca de Viana ao Sureste da provincia de Ourense (Vilariño de Conso), no sur do Macizo Central. Localidades de referencia: Campobecerros, Laza, Verín e Vilariño de Conso.

SUPERFICIE: 5.722 ha.

CONCELLOS: Vilariño de Conso

VALORES NATURAIS: paisaxe, pegadas glaciarias, fragas, vales e cavorcos, fervenzas, flora e fauna...

É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande biodiversidade de hábitats e especies.

Montes do Invernadeiro desde o alto do Fial das Corzas

PROTECCIÓN-Parque Natural (5-6-1997).-Declarado Refuxio de Fauna o 21 de marzo de 1985 e espazo Natural en Réxime de Protección Xeral en 1989.-Forma parte do LIC-ZEP Macizo Central.

Vista do val da Ribeira Pequena entre o Lombo do Lameiro (á dereita) e as Veigas de Meda (á esquerda)

RELEVO/XEOLOXÍAÉ un territorio que alterna montes e vales profundos, con alturas que van dos 880 aos 1.613 m sobre o nivel do mar, no cumio do monte Castrelo Grande. Outras elevacións destacables son Cabezo de Berganciños (1.594 m), Cenzoá (1.555 m), Cabeza da Veiga do Fial (1.552 m), As Pozas (1.544 m) e Cabeza do Cernado (1.518 m).

Vista da Serra da Pena desde Carracedo da Serra (A Gudiña)

As rochas dominantes son as lousas grises azuladas acompañadas de cuarcitas, areíscas e lousas do Silúrico Devónico. Hai algúns depósitos superficiais periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais.

o Invernadeiro a comezos da primavera

GLACIARISMOA área foi afectada pola acción do glaciarismo wurmiense que modelou os cumes do Macizo Central. As pegadas máis importantes son as morrenas e o circo glaciar do Figueiro.

Parades rochosas do val glaciar de Guasenza

Na cabeceira do río Ribeira Grande, debaixo do Pico Seixo atópase o circo glaciar de Guasenza, nunha zona declarada de Reserva Integral.

CLIMAOceánico de montaña, con trazos de clima continenta. Os veráns son calorosos e secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, con máximas de ata 34 ºC, e os invernos bastantes fríos, con mínimas que poden chegar aos -12 ºC. As precipitacóns son moi abundantes (media anual superior a 2000 mm), en parte en forma de neve.Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.

REDE FLUVIALO espazo está percorrido por dous ríos principais afluentes do Conso (Ribeira Grande e Ribeira Pequena), que se xuntan no encoro das Portas, e numerosos regatos que forman profundos vales e corgas como as de Cenzoá, O Lobo, O Bidueiral ou Teixeiroá. Os ríos discorren encaixados e forman rápidos e fervenzas.

Encoro das Portas

RÍO RIBEIRA GRANDEFórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).

Fervenza dos Arcos no Figueiro nas cabeceiras do río Ribeira Grande.

RÍO RIBEIRA PEQUENANace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas. Recibe numerosos regos: Corga do Couso, Ramalleiro...

Val do río Ribeira Pequena

Fervenza nun rego afluente do Ribeira Pequena.

Río Ribeira Pequena

O parque pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector lusitano-duriense da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión Mediterránea.

ECOLOXÍA

As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.

FLORAPosúe unha gran riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas. Nos cumes hai pasteiros e matogueiras (queirugais) e nos vales aparecen fragas e bosques de ribeira e amplas áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais.

As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo (Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...

A carballeira acidófila montana (asociación Vaccinio myrtilli-Quercetum roboris), de filiación atlántica, caracterizada polo carballo común (Quercus robur), e a arandeira (Vaccinium myrtillus) ocupa ladeiras orientadas ao norte en vagoadas e vales angostos, frescos e húmidos, cun bo exemplo no barranco de Guasenza.

No val do Figueiro consérvanse os que sexan posiblemente os bosque máis antigos de Galiza con carballos de máis de 500 anos acompañados de acivros, carbas, pradairos, bidueiros, capudres, salgueiros... Esta área está catalogada como reserva integral e só é posible acceder a ela con fins científicos (cunha autorización especial).

Carba (Quercus patraea) acada aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa.

Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica)

Bidueiros (Betula celtiberica)

Abelaira (Corylus avellana)

Pradairo (Acer pseudoplatanus)

Acivros (Ilex aquifolium)

Abruñeiro (Prunus spinosa)

Podemos atopar un grande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus...

Narciso (Narcisus asturiensis)

(Armeria ciliata)

Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum.

Eryngium duriaei subsp. juresianum.

Anémona (Anemone trifolia)

As matogueiras predominantes no parque pola súa extensión son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).

Uz vermella (Erica australis). Uz, urce (Erica arborea)

Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece na primavera nos matos do sur de Galiza.

Xesta (Genista florida)

Carqueixa (Pterospartum tridentatum )

Polygala microphylla

Tollemerendas (Merendera montana) As uvas de lagarto (Sedum..) son os primeiros colonizadores das rochas. Aproveitan calquera lugar con pouca terra para desenvolvérense xa que soportan ben as secas ao almacenaren auga nas súas follas.

Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando en último termo á formación de turbeiras.

Erica tetralix

Nos cumes domina o pasteiro cervuno (Nardus stricta).

Hai inventariadas 14 especies de fentos e un bo número de hepáticas (algunhas moi raras en España, como Aphanolejaeunea microscopica),

Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)

Rebentabois (Amanita muscaria). Común nos bosques de bidueiros.

A humidade das zonas fondas dos vales permite o desenvolvemento dunha grande diversidade de fungos, liques brións que se asentan no solo, entre as rochas ou nos toros das árbores

Liques e brións nun toro

Lobaria pulmonaria. É un lique facilmente recoñecible polo seu grande tamaño que se atopa sobre os toros das árbores. As manchas vermellas son os corpos reprodutores.

FAUNADestaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Acolle unha área de recuperación da fauna e unha reserva integral. Hai valados con cervos e gamos.PEIXESNo ámbito do parque atópanse dúas especies de peixes autóctonos ameazados, o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou escalo (Chondrostoma duriense).ANFIBIOS Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes verde (Triturus marmoratus), ra patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), rá vermella (Rana temporaria), sapo corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo bufo), sapo raxado (Discoglossus galganoi)…

Ra patilonga (Rana iberica). Vive sempre ao pé da auga, perto de cursos limpos e de corrente rápida.

Sapo cunqueiro (Bufo bufo). É o máis grande dos sapos galegos (as femias poden acadar os 15 cm).

RÉPTILESVíbora fociñuda (Vipera latastei), víbora de Seoane (Vipera seoanei), cobra de colar (Natrix natrix), cobra de auga (Natrix maura), cobregón (Malpolon monspessulanus), esgonzo común (Chalcides striatus), escáncer (Anguis fragilis), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarto arnao (Timon lepida), lagarta galega (Podarcis bocagei), lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), lagarta rabuda (Psammodromus algirus)...

Víbora de Seoane (Vipera seoanei)

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

AVESEspecies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina: aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica)...

Águia real (Aquila chrysaetos)

Lagarteiro (Falco tinnunculus)Voitre (Gyps fulvus). Pode verse ocasionalmente nas Serras do Macizo Central.

Avelaiona (Strix aluco)

Bufo real (Bubo bubo).

Tartaraña cincenta (Circus pygargus)

Gralla negra (Corvus corone). É común en toda Galiza, pero máis raro na alta montaña.

Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis), especie ibérica moi ameazada.

MAMÍFEROSÉ un dos maiores valores do parque natural: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis nivalis), aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris), marta (Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra lutra), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)...Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e rebezo (Rupicapra rupicapra).

Cabra fera (Capra pyrenaica)

Gato bravo (Felis sylvestris)

Leirón careto (Eliomys quercinus ). Un animal escaso e dificil de ver porque só está activo de abril a outubro e polos seus costumes nocturnos.

Aguaneiro (Galemys pyrenaicus) ten nos numerosos regatos un hábitat óptimo.

Corzo (Capreolus capreolus). É o único cérvido que mantivo permanentemente a súa presenza en Galiza.

Lebre ibérica (Lepus granatensis).

Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no Invernadeiro.

INVERTEBRADOS Hai unha gran variedade de insectos e arañas.

Dúas especies incluídas no anexo II da Directiva Hábitats: a lesma (Geomalacus maculosus) e a vacaloura (Lucanus cervus).

Bolboreta (Papilio machaon)

ACTIVIDADES•Lecer•Actividades medioambientais: hai unha aula da natureza.•Recuperación de fauna.

Antigo refuxio de Pastores

HISTORIAEn tempos dos romanos houbo explotacións auríferas polo método de ruina montium.A finca do Invernadeiro pertenceu durante cinco séculos á familia dos Cadórniga ligada á Casa da Mezquita. Dende a Idade Media, os pobos do val do Conso, en réxime de arrendamento ou foro, fixeron aproveitamentos de pastos, cultivaron centeo en searas, recolleron leña e practicaron a caza e a pesca. No ano 1949, pasa a ser propiedade de Papelera Española SA, que inicia as primeiras repoboacións forestais. No verán de 1979 foi arrasada por un grande incendio e un 80% do bosque desapareceu converténdose nunha matogueira de uces e xestas. En 1984 a Xunta de Galiza mercou os terreos e declarounos refuxio de caza, para pasar a ser, en 1997, parque natural.

PROBLEMAS•Encoro•Incendios•Especies alóctonas

PUNTOS DE INTERESE-Circo glaciar de Guasenza e fervenza dos Arcos (zona de reserva integral, restrinxida).-Rutas: DAS TROITAS, DO DEPÓSITO, DA AUGA, DA ORTIGA, DOS CERCADOS, DA ACEVEDA, DA CASETA DAS MESTAS.

-Para acceder ao parque precísase solicitar un permiso que estende por escrito o Servizo de Conservación da Natureza de Ourense e que se concede a un máximo de 30 persoas en días laborais e 50 en festivos e fins de semana. Para grupos de escolares existe a posibilidade de realizar actividades de educación ambiental durante varios días nas instalacións da Aula da Natureza.

MONTAXE e FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaDEBUXOS: Mon DaportaNovembro 2016

Recommended