View
320
Download
3
Category
Preview:
Citation preview
ROTURA DE TENDÓNS & rotura do tendón de Aquiles.
Antía Agra Moimenta, 1ºBach A
TENDÓNS. QUÉ SON?
Os tendóns están situados nos extremos de cada músculo e insertados en
ósos. Están formados por tecido conxuntivo fibroso, rico en fibras de
coláxeno. Son resistentes á tracción, isto é, non modifican a súa lonxitude
durante o proceso de contracción muscular. Posúen unha gran flexibilidade.
ROTURA DE TENDÓNS. CAUSAS.
Un tendón pode romperse debido a unha contracción demasiado brusca do
mesmo ou pode desenvolverse gradualmente. A orixe da rotura de tendóns
pode estar tamén noutras enfermidades, como a tendinite (inflamación dos
tendóns), que provoca o desgaste ou incluso a rotura, das fibras de
coláxeno que os forman. Tamén se pode dar a situación de que, en persoas
anciás, ó ser os tendóns máis fráxiles, estes teñen máis facilidade para
romperse.
ROTURA DE TENDÓNS. TIPOS.
Os tipos de roturas de tendóns dependen do tendón ó que lle afecte a
rotura, pero xeralmente podémolas clasificar en:
• Rotura parcial: Non dividen completamente ó tendón. Rompen só unha
cantidade de tecidos determinada.
• Rotura total ou completa: Dividen completamente ó tendón en dous.
Rotura parcial do tendón
rotuliano proximal
Rotura completa del
tendón rotuliano
ROTURA DE TENDÓNS. CÓMO DETECTALO?
A rotura total ou completa dun tendón provoca unha intensa dor e a
imposibilidade de mover a articulación ou extremidade implicada.
A rotura parcial dun tendón provoca dores puntuais, algún chasquido e a
diminución da forza na articulación ou extremidade implicada.
Detéctase unha rotura de tendóns realizando unha resonancia magnética
ou unha ecografía.
ROTURA DE TENDÓNS. CÓMO DETECTALO?
• Resonancia magnética: consiste en obter unha imaxe radiolóxica da zona
do corpo que se desexa estudar. Realízase a través dun gran imán que,
una vez o paciente se encontra no interior do escáner, comezará a dar
voltas entorno a este para xerar un campo electromagnético. As imaxes
radiolóxicas serán enviadas a un ordenador.
Escáner Imaxe radiolóxica
ROTURA DE TENDÓNS. CÓMO DETECTALO?
• Ecografía: técnica que emprega os ultrasóns para ver o interior do
organismo. A través dunha pequena sonda e un xel (xa para ultrasóns)
para a exposición do corpo a ondas acústicas de alta frecuencia. As
sondas recollen os sons que rebotan e, posteriormente, un ordenador,
transforma esas ondas para crear unha imaxe.
Ecografía dunha rotura completa
tendón calcáneo
ROTURA DE TENDÓNS. POSIBLES CURAS.
A cura da rotura vai a depender do tipo e do tendón ó que afecte, pero a
maioría das veces para curar a zona afectada (cando a rotura é parcial),
esta inmobilízase con xeso durante un período de aproximadamente 6
semanas.
Se é necesaria a intervención quirúrxica, esta realízase dalgunha das
seguintes maneiras dependendo do tipo de lesións:
• Cando existe unha rotura
total pero ámbolos
extremos do tendón se
encontran preto un do
outro.
Neste caso o cirurxián
sutura (é dicir, une) os
extremos do tendón,
empregando algunha das
técnicas que vemos nas
imaxes.
ROTURA DE TENDÓNS. POSIBLES CURAS.
• Cando existe unha rotura total e ámbolos extremos do tendón se
encontran moi separados, é dicir, cando tendón resulta gravemente
danado.
Nesta situación recórrese a un inxerto tendinoso, isto é, cóllese un
segmento de tendón doutra parte do corpo, (normalmente dun dedo do
pé) e únese ó tendón afectado. Este tipo de operación denomínase
tenoplástia e ten como obxectivo recuperar a total funcionalidade do
tendón danado, aínda que algunhas roturas poden chegar a ser
irreparables. Nestes casos só se lle poderá ofrecer ó paciente un
tratamento para aliviar a dor, pero non recuperará a forza na articulación
ou extremidade afectada.
A tenoplástica require, tras a operación e a posterior inmobilización con
xeso para a súa cicatrización, un período de tempo de 6 a 12 semanas.
ROTURA DE TENDÓNS. AS MÁIS COMÚNS.
Extremidades inferiores:
• Ruptura do tendón cuadricipital
• Ruptura do tendón rotuliano.
• Ruptura do tendón de Aquiles.
• Ruptura do tendón tibial posterior.
Extremidades superiores:
• Ruptura do extensor da 3ª falanxe.
• Ruptura do extensor largo do pulgar.
BIBLIOGRAFÍA.
http://www.definicionabc.com/salud/tendones.php
http://www.doctorlopezcapape.com/traumatologia-deportiva-tendon-
rotuliano.php
http://salud.doctissimo.es/enciclopedia-medica/enfermedades-
musculares-y-esqueleticas/enfermedades-de-los-tendones.html
http://www.teknon.es/web/valdes/hombro/roturas-tendinosas
ROTURA TENDÓN DE AQUILES.
ROTURA TENDÓN DE AQUILES.
Ímos describir unha das roturas de tendóns máis comúns, a rotura do
tendón de Aquiles.
Primeiro cómpre mencionar cal é a funcionalidade deste tendón. O tendón
de Aquiles permite a elevación do talón cando camiñamos, corremos…
Está situado por debaixo do
músculo gastrocnemio, ou
xemelgos, e por detrás do
músculo sóleo.
ROTURA TENDÓN DE AQUILES. TIPOS DE ROTURA.
Rotura total:
Rotura parcial:
ROTURA TENDÓN DE AQUILES. CAUSAS POSIBLES.
É unha lesión pouco común entre deportistas profesionais; é moito máis
común entre deportistas ocasionáis. Isto pode ser debido, ou ben a non
empregar o calzado axeirado, ou ben a non realizar un bo quentamento
antes de comezar o exercicio.
A causa máis común da rotura do tendón de Aquiles é a contracción brusca
do mesmo, como pode ser nun salto ou nun sprint. Esta lesión afecta,
sobretodo, a adultos maiores de 30 anos. Cando se dá entre persoas máis
xóvenes soe achacarse a algunha desviación do nocello ou polo uso do
cortocoides (hormonas esteroideas que se empregan como medicamentos
ou fármacos), que dexenera o tendón.
ROTURA TENDÓN DE AQUILES. CÓMO SE DETECTA?
Chasquido no momento da lesión
Inmobilidade na zona, polo que resultará doloroso realizar actividades
como camiñar, correr…
Moita dor na zona do nocello ó subir pendentes ou costas.
Inflamación da zona.
Tamén se pode detectar realizando unha resonancia magnética ou unha
ecografía.
ROTURA TENDÓN DE AQUILES. POSIBLES CURAS.
Cando se trata dunha rotura parcial,
inmobilizarase a zona con xeso de 3 a 5
días. Despois deberase levar un tipo de
calzado especial durante tres ou catro
semanas de día e de noite e,
posteriormente, só de día. A
continuación precisarase realizar un
traballo de fisioterapia na zona, así
como rehabilitación con barras.
ROTURA TENDÓN DE AQUILES. POSIBLES CURAS.
Cando se trata duna rotura total, será
necesaria intervención quirúrxica.
Esta consiste en trenzar os extremos do
tendón con material de sutura especial (que
o propio corpo elimina co paso do tempo).
Tras a operación é necesario o repouso e
cicatrización con xeso algúns días (entre
10-12 días). Finalmente realizarase un
traballo de rehabilitación similar a cando a
rotura é parcial.
É necesario señalar que a resistencia á
tracción do tendón de Aquiles non se
recupera totalmente ata un ano despois da
rotura.
Exercicios de rehabilitación.
BIBLIOGRAFÍA.
http://salud.doctissimo.es/enciclopedia-medica/enfermedades-
musculares-y-esqueleticas/enfermedades-de-los-tendones.html
http://www.livestrong.com/es/aprender-caminar-nuevo-como_21064/
http://tulesion.com/lesiones-rotura_del_tendon_de_aquiles-
relZonaCuerpo_3.3php
http://www.onmeda.es/enfermedades/rotura_tendon_aquiles-tratamiento-
operacion-1479-7.html
Recommended