Tema 11 presentación o sistema urbano

Preview:

Citation preview

TEMA 11 O SISTEMA URBANO

http://www.recursosacademicos.net/web/sobre-esta-web/

• Cidade: espazo humanizado, delimitado cunha organización e morfoloxía características.

Concepto de cidade

– Criterios cuantitativos: considera urbanos os municipios

con +10.000 hab ( INE) e debe haber alta densidade

demográfica

– Criterios cualitativos:

• Morfolóxicos, aspecto formal :alta densidade

edificación, tipo de edificación (colectiva, alta)

• Funcional: actividades industriais e servizos

• Sociolóxico: maior diversidade social, modos de vida

A cultura urbana

• Espacial :capacidade de organizar o espazo que a

circunda. Influencia e interrrelacións con outras

cidades. Difusor de innovaciónsDepende tamaño cidade e variedade funcións.

• Proceso de urbanización

– É a progresiva concentración na cidade da poboación,

das actividades económicas e das innovacións máis

destacadas, así como a difusión destas procesos cara ao

contorno

– Etapas

• Preindustrial

• Industrial

• Postindustrial

• A urbanización preindustrial

desde a orixe das cidades ata o inicio da

industrialización no século XIX

A porcentaxe da poboación urbana non superaba o

10% e poucas cidades superaban os 100.000 hab.

Factores que favorecían a urbanización:

- Estratéxico- militares

- Político-administrativos

- Económicos

- Relixiosos

- Culturais

• Etapas

• Antigüidade, en España as primeiras cidades colonización

fenicia e grega

• Coa romanización s. III a.c. fundáronse moitas cidades

con funcións político-militares, administrativas e

económicas.

• Decadencia do imperio decaen as cidades

Lucus Augusti

As cidades españolas na Idade Media

• Na Idade Media

- Cidades musulmás,

Esplendor desde sec VIII

• Cidades cristiás revitalización das cidades a partir do sec.

XII

• Idade Moderna

• Sec XVI expansión económica crecemento urbano

destaca Sevilla e Madrid (cap 1563)

• Sec XVII crise demográfica,estancamento, perde

importancia cidade castelás en favor das

periféricas

• Sec XVIII recuperación demográficareactivación

cos Borbóns

• A urbanización industrial • Gran crecemento debido á industrialización A

división provincial impulsou o crecemento das capitais de provincia

• Etapas: • Ata mediados do s. XIX crecemento baixo por

debilidade da industrialización. • Mediados do s. XIX ata Guerra civil crecemento por

industria • 1936-1959 decrecemento, problemas de

abastecemento a xente permanece no campo • 1960-1975 desenvolvemento etapa de maior

crecemento urbano. Industria e actividades terciarias.

• A urbanización postindustrial

• A partir de 1980 a taxa de urbanización desacelera o seu crecemento (crise industrial, redución crecemento natural..)

• 1990 recuperación grazas á inmigración estranxeira.

• Difusión cara a cidades medias e pequenas

urbanización difusa

• Cambio nos factores de urbanización

- Perde peso a industria

- Gañan importancia as actividades terciarias

As cidades en 1900

Morfoloxía urbana (tipos de planos). • A morfoloxía é o aspecto externo que presenta a

cidade. Esta influída por unha serie de factores:

• Emprazamento ou localización espazo xeográfico sobre o que se asenta a cidade( outeiros, vias de comunicación..)asociado con función en orixe.

• Situación, posición en relación co seu contorno xeográfico amplo,función respecto ao contorno( control rutas comerciais, control politico-militar)

• O plano urbano: irregular, radiocéntrico, ortogonal cuadrícula o en dameiro.

• Construción:

Trama: disposición dos edificios. Aberta ou Pechada

Edificación: colectiva, ou individual

Defensiva

(Toledo)

Marítima

(A

Coruña)

Emprazamento. Asociado á función

Cidade de Cuenca

Segovia

Emprazamento

Situación , control

Cartagena

Madrid

Tipos de planos

Irregular.Musulmán Córdoba

Hipodámico. Mileto Roma

Radiocéntrico. Palmanova

ortogonal

Vitoria

raiocentrico Barcelona ortogonal

Tipos de planos

Trama pechada

Trama aberta

• Os usos do solo, a estrutura urbana

• Os uso do solo son as diferentes utilizacións do espazo urbano:

• Comercial e de negocios

• Residencial

• Industrial

• Equipamentos

• etc

Usos do solo

Vitoria

Usos do solo. Vitoria

Estrutura urbana

• Concepto: división da cidade en áreas con

morfoloxía e función características esta definida

pola relacion e localización dos usos do solo.

• Etapas e zonas:

– Casco antigo, urb preindustrial.. dende a orixe

ata século XIX.

– Ensanches ,Cidade industrial.. mediados XIX-

mediados XX.

– A periferia actual (1975…

– Aglomeracións urbanas. Conexión da cidade

con outros núcleos de poboación

O casco Histórico: Etapa

preindustrial. 1. Herdanza preindustrial (orixe ata XIX)

– Común: muralla ( defensiva , fiscal, sanitaria); plano ( irregular, regular, radial, ); trama ( cerrada con edificación baixa), usos do solo diversos; coexistencia de diversos grupos pero xerarquización.

– Específico:

• I Antiga ( cidade romana): plano regular, ( Zaragoza, Tarragona, Barcelona)

• I. Media cidades musulmás-> murallas e plano irregular, rúas estreitas e tortuosas, adarves ( Córdoba) e cristiás: murallas e planos máis variados, ( ´Segovía)

Cáceres

• Renacemento ( XVI): plano regular

extramuros, prazas e rúas maiores. ( Madrid

Austrias)

Pamplona

Madrid renacentista

Renacemento ( XVI) prazas, rúas maiores, plano regular

• Barroco e Ilustración ( XVII-XVIII): rúas

amplas, xardíns, grandes prazas, edificios

monumentais. Santiago Compostela

Santiago-barroco

Madrid ilustrado

Barroco, Ilustración (XVII-XVIII): grandes prazas, rúas amplas, xardín, edificios monumentais

2. As transformacións da época industrial: – Plano, :

– S. XIX-1º terzo s XX reformas interiores

• Desamortización de inmobles con espazos interiores->ensanche rúas e prazas, trazado máis rectilíneo.

• Saneamento e revalorización do solo-> Grandes Vías.

– Anos 60 política de renovación para aumentar rendibilidade

– Trama: densificación da edificación, reutilización de edificios desamortizados. Destrución de parte do casco histórico. Edificios en altura

– Uso do solo: terciarización do casco histórico culmina anos 60, (centros comerciais e de negocios, bancos..)Desprazamento de usos residenciais. Saturación e deterioración.

– Segregación social: burguesía - grupos baixos ingresos.

Segovia

medieval

Córdoba

musulmana

Zaragoza

romana

Herdanza preindustrial

Ensanches e barrios:a cidade industrial

• Mediados do XIX a 1º terzo do XX a industrialización atrae

poboación. Derrúbanse as murallas. Créanse paseos de

rolda, boulevares. Barrios burgueses, barrios obreiros e

barrios axardinados.

• O ensanche burgués:

• Responde a desexos da burguesía: ideas orde ( plano

regular); hixiene ( servizos); beneficio económico

• Plano regular ( accesibilidade, automóbil, tranvia…).

• Trama aberta,baixa densidade en quinteiros abertos

edificación media altura, palacetes.

• Uso: residencial burgués.

• Primeiros ensanches: Madrid ( Carlos Maria de Castro

1860) Barcelona ( Ildefonso Cerdá 1859).

• Posteriormente houbo modificacións.

• A trama densificouse

• A edificación verticalizouse

• Funcións terciarias

• Na actualidade

modernización de

inmobles

Gran Vía de Vigo

Gran Vía Madrid

Transformacións etapa industrial

Densificación e verticalización

Usos solo: terciarización

Grandes Vías

Madrid. Carlos María de Castro

O ensanche burgués

Ildefóns Cerdá. Ensanche burgués

Barcelona

Especulación solo

Donostia

ensanches

• Barrios obreiros e industriais no extrarradio: – Instalación: a carón de industria e estación ferrocarril (

barrios estación).

– antes 1960 plano desorganizado; trama pechada densa ; edificacións pequenas e de mala calidade usos do solo, mestura residencial, talleres, industrias.Escasas infraestruturas, servizos e equipamentos.

– actualidade: instalacións industriais obsoletas-> baleirado industrial; barrios proletarios incorporados á cidade.

• Os barrios xardin (finais do sec XIX ideas naturalistas e hixienistas)

– Idea cidade-xardín de Howard-> ocupación clase media e proletariado. Desenvolveuse parcialmente barrios- xardín. Lei de casas baratas (1911-1922).

– Cidade Lineal de Arturo Soria.

Barrios obreiros

Vigo

Barcelona

Barrios obreiros

Barcelona

Vigo

Huelva

Cidade Lineal Arturo Soria

Casas para obreiros/as 1908

Cidades e barrios xardín

Colonia Prosperidad. Madrid Vigo

Século XX. ( 1911-22). Lei de casas baratas

Ferrol

Inspirado no urbanismo utópico

A periferia actual

• Guerra civil. Descenso actividade

constructiva

• Anos 50-60. crecemento demográfico-

desenvolventismo-> extensión periferia a

carón liñas comunicación áreas urbanas

(cidade rodeada da periferia urbanizada que

depende dela)

• Hoxe. “Cidade difusa”. Poboación e

actividades na periferia: áreas periurbanas

ou suburbanas

O Boom constructivo

no litoral.

O Desarrollismo dos 60. A desfeita

urbanística.

• Áreas

– Barrios residenciais da periferia

• Barrios marxinais de infravivenda ou chabolas ilegais

de autoconstrución. Máxima dimensiónnos 50 co éxodo

rural masivo. Para solucinalos, realoxo en:

• Vivendas de promoción oficial (1940-60): axuda

estatal, prezos reducidos, trama aberta ,baixa calidade.

Ex : Unidade Veciñáis de Absorción, construcións de

baixa calidade provisionais pero que se prolongaron.

Barrios marxinais de infravivenda ou chabolas

Asturias

• Polígonos de promoción privada (1960…). uso

residencial. Trama aberta en torres ou bloques,

masificación monotonía, colmeas.

Coia. Vigo promoción anos 60

• Barrios de quinteiro pechado (1980-90).Uso colectivo dos

patios par xardíns,piscinas, xogos infantis.

Quinteiro pechado. A Miñoca

Promoción pública 2000

• Áreas de vivenda unifamiliar 1980: Na periferia, clase

media, por desexo de contacto coa natureza, favorecida

por uso automóbil. Vivendas exentas ou acaroadas

Parla: cidade dormitorio

– Industriais e de equipamento

• Áreas industriais:

– 1950-60. polígonos industriais

– Hoxe: novos espazos: parques empresariais e

tecnolóxicos, polígonos de naves acaroadas.

Parques tecnolóxicos

Parque tecnolóxico de valadares. Vigo

• Áreas de equipamento: resultado da descentralización

das actividades económicas á periferia

– Grandes superficies comerciais

– Equipamentos. Educación, sanidade, administración,

aeroportos etc

Pontevedra, Xunta e

campus

Transformacións recentes na

estrutura das cidades.

• A cidade transfórmase constantemente, non só polo seu crecemento cara ao exterior, senón tamén polos procesos de reestruturación que teñen lugar no seu interior. As áreas urbanas expándense coa creación de novos espazos residenciais e áreas de actividade económica.

• Cidade difusa. Nos últimos anos cambios na morfoloxía urbana. O modelo de cidade mediterránea, compacta, foise substituíndo polo tipo de cidade difusa de modelo anglosaxón.

A cidade difusa ou dispersa esténdese horizontalmente e está separada en áreas especializadas e monofuncionais:

zonas residencias (diferenciadas por prezos e por grupos sociais)

áreas comerciais, zonas de lecer, centros de ensino, universidades, barrios administrativos e de oficinas...

Ademais disminúe aquilo que é propio da cidade: o contacto humano, os intercambios e a sociabilidade

Espallamento urbano favorece a mobilidade e movementos pendulares de poboación.

Recentes transformacións urbanas

• Transformación dos barrios antigos

Actualidade( 1975..)

– Cascos históricos , problemas de degradación Solucións con políticas de conservación e rehabilitación.

– Trazado inadecuado para trafico – peóns

Rúas peonís ,axardinamento...

– Deterioración das edificacións rehabilitación, cambio de funcións.

– Usos solo: perda dos usos tradicionais e instalación doutros relacionados co ocio fomentar comercio tradicional e usos culturais e turístico.

– Polarización social. Fomento instalación clases medias, poboación nova

• Desenvolvemento do turismo cultural. -Rehabilitación

dos centros históricos españois, mediante a

restauración de edificios e a peonalización de rúas e

prazas.

Reconversión dás vellas áreas industriais en novos

espazos de ocio.

• Cambio de actitude da poboación local. Os

centros dalgunhas cidades están atraendo poboación

nova e de maior nivel de renda, o que contribúe a

conservar os edificios residenciais e revitalizar estas

zonas.

Allariz

Pontevedra

Covarrubias ( Burgos)

Trujillo ( Cáceres)

Actual. 1975……

Rehabilitación

Usos solo: tradicionais, turísticos

peonización

Edificios:Cambios función

• Transformacións dos barrios industriais

• Na actualidade baleirado industrial

• nas zonas máis valoradas aparición de usos

terciarios ou residenciais. Antigos barrios obreiros

en sectores máis apreciados remodeláronse e

revalorizáronse.

• os espazos menos valorados, menos accesibles e

desorganizados mantéñense como espazos

marxinais(terreos urbanizables e inmobles

abandonados) cuxa deterioración se acentúa.

.

• Transformación da periferia

• As grandes cidades teñen un ritmo de

crecemento menor, pero continúan

estendéndose no espazo, debido á difusión

de parte da súa poboación e da súa

actividade económica cara a periferias cada

vez máis afastadas.

• Formación de áreas suburbanas (espazo

da periferia urbana adxacente á cidade) ou

rururbanas( espazo de transición entre

campo e cidade, mesturanse usos e formas

de vida rurais e urbanas)

As aglomeracións urbanas

• Conexión da cidade con outros nucleos de

poboación:

• Áreas metropolitanas,

• Conurbacións

• Rexións urbanas

• Megalópoles

• Área metropolitana: rexión urbana que engloba unha cidade

central con importantes funcións, que dá nome á área e unha

serie de municipios,que poden funcionar como cidades

dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo iso

organizado dun xeito centralizado.

– Características:

• Cidade central ( metrópole)

• Relacións económicas e sociais cos núcleos da área

• Redes de transporte e comunicacións son esenciais

• Estilo de vida urbano e variedade social nos municipios

da área.

• Estrutura espacial :

• en coroas concéntricas arredor do núcleo

• Radial,por sectores especializados desde o cento á

periferia.

• Mestura das anteriores

– Orixe e evolución das áreas metropolitanas

• Etapa industrial 1º 1/3 XX Madrid, Barcelona Bilbao

1960-75: resto

• Etapa postindustrial 1975- mediados dos 90: crise

provoca estancamento ou retroceso

• Descentralización poboación e actividades económicas

cara aos núcleos da área coa crecente dotación de

infraestucturas

• Mediados dos 90 en adiante: recuperación grazas á

inmigración.

As cidades a finais do século XX

Evolución poboación urbana

A cidade do século XXI

• Outros tipos de aglomeracións urbanas.

– Conurbación. Área urbana contínua formada polo

crecemento paralelo de dous ou máis cidades ata unirse.

Cada cidade da conurbación mantén a súa independencia

( Málaga-Marbella, Pontevedra-Marín)

– Rexión urbana: área urbana discontínua formada por

cidades dispersas ( nebulosa urbana), pero o suficiente

densa como para que todo o territorio posúa características

urbanas

– Megalópole: aglomeración a escala suprarrexional,

constituída por diversos elementos urbanos (conurbacións,

áreas metropolitanas etc) con funcións distintas. En España

eixe mediterráneo desde fronteira francesa ata

Cartagena.

Conurbacións

Conurbación costa do sol

Rexión urbanas

Megalópole do arco Mediterráneo

As aglomeracións

galegas

Vigo e A Coruña

Problemas das cidades españolas. Impacto ambiental da urbanización.

• Problemas derivados da aglomeración

• Densificación demográfica e construtiva e presión urbanasobre o espazo non urbanizado.

• Elevado prezo de compra ou alugueiro de vivendas.

• Necesidade de numerosos abastecementose equipamentos(excesivo consumo de auga, enerxía..)

• Ordenación do tráfico e transporte vías de circunvalación, ifraestruturas, estacionamentos, limitación do tráfico .

• Problemas económicos derivados da terciarización económica.

• Problemas sociais(estres, aillamento, desemprego, desarraigo delincuencia, marxinación , problemas de integración, drogadicción..)

• Problemas ambientais

• Microclima urbano (temperaturas e precipitacións máis altas)

• Contaminación atmosférica (polo tráfico, calefaccións)

• Contaminación acústica e lumínica

• Producción e eliminación de residuos

• Desaparición de espazos verdes

Problemas das cidades españolas

• Necesidade de xestionar o espazo urbano

• A tarefa dos concellos, a través do urbanismo e dos plans

urbanísticos, é consensuar os intereses diverxentes dos

axentes sociais que interveñen na cidade.

• Os propietarios de solo urbano e promotores

inmobiliarios que buscan facer o maior negocio posible a

través da compra-venta de terreos e edificios especulando

con eles.

• Os empresarios industriais

que buscan a mellor localización para as súas instalacións.

Estes axentes urbanos crean postos e reclaman que a

administración lles constrúa infraestruturas (accesos,

equipamentos).

Urbanismo e ordenación do territorio

• Os cidadáns

que buscan satisfacer as súas necesidades

: vivenda, transporte, educación, sanidade,

lecer se organizan en movementos sociais

urbanos: asociacións de veciños, grupos de

defensa de valores ecolóxicos ou asociacións

de comerciantes.

• Os poderes públicos

Os concellos, deputacións e gobernos

autonómicos. Representan o conxunto dos

habitantes e os intereses dos diferentes

axentes sociais,deben resolver os conflictos

entre os axentes sociais.

• A través dos plans de urbanismo, os poderes públicos son

os encargados de decidiren os usos que lle atribúen a cada

unidade do solo e a orientación que se lle da á expansión da

cidade.

• A administración pública decide sobre o solo, pero tamén

sobre a estrutura e a morfoloxía urbana. Os poderes

públicos teñen capacidade para lexislar e planificar e

encargáranse da organización social da cidade.

PLANEAMENTO URBANÍSTICO

• O urbanismo e mais a ordenación do territorio son

o conxunto de procedementos técnicos e políticos que teñen

por obxecto ordenar o desenvolvemento urbano, dunha vila ou

dunha cidade.

• Preténdese así corrixir os déficits e os conflictos existentes, ao

mesmo tempo que planificar; isto é prever e orientar a

evolución futura da cidade, dando as pautas necesarias para

un uso racional, equilibrado e xusto do solo urbano.

• Os plans urbanísticos son un documento técnico que ten

unha dimensión política e legal, xa que nel se concentran todas

as disposicións e propostas relacionadas co crecemento e

evolución da cidade. Inclúen a normativa e ordenanzas de

edificabilidad habilitabilidade das casas, a altura e máis a

tipoloxía dos edificios, separación de usos e funcións, etc.

• Mediados do século XIX primeiros plans urbanísticos. As

principais actuacións foron:

• A regularización do plano

• Plans de saneamento(ideas hixienistas)

• Mellora de equipamentos e servizos

• 1939-1960 a planificación centrouse en:

• reconstrución das cidades mais afectadas pola guerra

(oviedo, Guernica..)

• Elaboración de leis sobre a vivenda (v. protexidas,

arrendamentos urbanos..)

• Organización do crecemento urbano (Lei de solo e

ordenación urbana 1956.

• 1960-75 problemas:

• destrución do patrimonio

• Aumenta a conxestión urbana e problemas ambientais,

aparecen polígonos de desconxestionamento

• Na actualidade as Autonomías asumen competencias sobre

ordenación do territorio e urbanismo, desenvolvidas polos

concellos a través dos plans urbanísticos.

• O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é

o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu

conxunto para un número de anos.

• establece a clasificación do solo do municipio en tres

categorías:

– Solo urbano: É a parte da cidade que vemos edificada ou

ben que xa dispón de todo o necesario para poder contruir .

– Solo urbanizable: son os terreos que nun futuro máis ou

menos inmediato poderán ser urbanizados e construidos

– Solo non urbanizable: trátase do solo que nunca poderá

ser urbanizado,polos seus valores ambientais, paisaxísticos,

históricos, culturais, etc., ou ben porque son áreas que sofren

riscos potenciais ou por outras razóns de beneficio colectivo

• Os plans fóronse abrindo nos últimos anos á participación

cidadá. Diversas asociacións reclaman medidas concretas

para mellorar a calidade de vida dos seus barrios, e aparecen

plans concretos para distintas zonas(rehabilitación de cascos

históricos , xentrificación..)

• Os Plans Especiais de Reforma Interior (PERI) ocúpanse

da remodelación de barrios xa consolidados e que requiren

un tratamento específico; por exemplo, polo seu especial

valor histórico ou polas precarias condicións en que se

desenvolveron, como no casco antigo.

• Plans estratéxicos de revitalización e de promoción ou

mercadotecnia urbana (difundir imaxe atractiva da cidade )

http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo.php

O sistema urbano español

• Sistema urbano: conxunto de cidades e as relacións que establecen

entre elas formando unha rede urbana. Segundo o tamaño e as

funcións, área exercen influencia sobre un área e ocupan unha

posición na xerarquía urbana.

• O tamaño das cidades

– Establécese según a regra rango-tamaño (orde no sistema

segundo tamaño demográfico) Así: Madrid, Barcelona, Valencia,

Sevilla, Bilbao, Cidade Astur, Málaga, Zaragoza…15

aglomeracións superan os 500.000 hab.

– Distribución espacial

• No centro Madrid, rodeada das principais aglomeracións

urbanas na periferia

• Funcións urbanas ( actividades económicas): – Primarias. Agrocidades Andalucia, manchegas, levantinas,Asturias

– Secundarias: peso sectores industrias.P vasco, Cataluña, Asturias

– Terciarias Madrid, Canarias etc.

– L. Racionero

• Madrid , Valencia , Sevilla : Industria diversificada.

• Gijón y Oviedo: Minera

• Cadiz , León :Transportes

• Barcelona : industria , agua, electricidad , gas.

• Málaga : construcción.

• Vigo : Industria.

• A Coruña :comercio servicios.

• Zamora: agua , gas , electricidad , comercio , servicios .

• Santiago: Agricultura y servicios.

• Cuenca : servicios etc.

• https://www.youtube.com/watch?time_continue=58&v=lJB8PZgdDpQ

• Área de influencia da cidade

• As funcións cara ao exterior converte ás cidades en lugares

centrais, que abastecen de bens e servicios á súa área de

influencia.

• Según funcións, maior diversidade e centralidade->maior área

de influencia

• Teoria de Christaller: xerarquía urbana española ( tamaño

demográfico máis funcións)

Rede urbana

A xerarquía urbana española

• Tamaño demográfico, funcións e área de influencia

organización xerárquica das cidades:

• Metrópoles > 200.000 hab

- Metropoles nacionais, grandes áreas metropolitanas(Madrid,

Barcelona + 3.000.000 hab) funcións diversas e especializadas, enlace

sistema urbano europeo

- Metrópoles rexionais( Valencia,Sevilla, Bilbao, málaga e Zaragoza

entre 1,5 mile 500.000 hab)

- metrópoles subrexionais ou rexionais de segundo orde, areas

metropolitanas pequenas(Valladolid, Pamplona, Vigo, A Coruña.., entre

500.000 e 200.000 hab) algúns servizos altamente especializados

• Cidades medias, mayoría das capitais de provincia con funcións menos

diversificadas, puntos terminais de densa rede de autobuses

• Cidades pequenas ou vilas 50.000 e 10.000 hab (Astorga, Vilagarcía de

Arousa...)funcións escasase puco especializadas, aínda que con

equipamentos de certa especialización.

Xerarquía urbana

O sistema de cidades

• Madrid

• Eixes periféricos

• Grandes cidades disposición periferia:

– Eixe atlántico galego (Ferrol-Vigo),

– Eixe cantábrico: triángulo asturiano (Oviedo, Gijón, Avilés),

Santander,País vasco(Bilbao, Donosti, Vitoria)

– Eixe Mediterráneo. Girona-Cartaxena

– Eixe andaluz. Dobre. Guadalquivir, litoral (Almería- Huelva)

– Val do Ebro: une Cantábrico-Mediterráneo

• Grandes metrópoles concéntración nordés

• Interior Peninsular carece de eixes urbanos integrados

• Illas Balearese Canarias

• Cambios recentes no sistema urbano

• Debense a:

• Estado das autonomías, que favorece sistemas urbanos

rexionais, incremento do peso das capitais autonómicas.

- Sistemas monocéntricos: unha aglomeración urbana

principal concentra poboación e funcións, non hai niveis

intermedios(Madrid, Aragón, Cataluña, Cantabria, Baleares..).

- Sistemas monocéntricos xerarquizados:Unha cidade

principal concentra poboación e funcións, pero hai varios

niveis intermedios( C. Valenciana, Andalucía Occ, A Rioxa e

Navarra)

- Sistemas policéntricos: dúas ou varias cidades repártense

poboación e funcións (Galicia, Asturias, P. Vasco, Castelas,

Andalucía oriental, Estremadura e Canarias)

Rede urbana europea

Sistema urbano galego

• Poboamento castrexo

• Epoca romana: villae con funcións admnistrativas e

comerciais(Chantada, Xinzo de Limia). Os conventus de

maior entidade (Lugo, Astorga, Braga)

• Na Idade Media

Epoca sueva: as parroquias , as aldeas principais

núcleos.

Repoboación en núcleos como Lugo, Tui e Ourense,

logo crecemento de Santiago de Compostela.

• Idade moderna destacan A Coruña, Betanzos, Santiago,

Pontevedra ou Tui

• Século XIX coa modernización do sector pesqueiro crecen

núcleos como Vigo, Cangas, O Grove ou Ribeira

• Século XX crecemento das cidades costeiras.

• Na actualidade

• Dúas metrópoles rexionais: Vigo e Coruña

• Cinco cidades medias: Ourense, Santiago, Lugo,

Pontevedra e Ferrol

• Numerosas vilas: Lalín, Monforte, Verín.....

• Sete cidades galegas, actividades:

• Vigo.industria e pesca

• A Coruña, comercio finanzas, sé do TSXG

• Ourense, administración e comercio, industria téxtil e

alimentación

• Lugo, administración pública

• Santiago turismo administración, universidade

• Pontevedra,administrativas

• Ferrol, función militar e industria naval

• Cidades Galegas https://www.youtube.com/watch?v=mrT78-IEOS8

Xerarquía urbana Galiza

20. Estructura de relacións xerárquicas urbanas

VIGO

O Porriño Cangas Redondela Tui Ponteareas Baiona A Guarda A Cañiza

• Bibliografía:Xeografía 2º Bach. Anaya

• Imaxes de Google

• http://noespazoenotempo.webnode.es

• https://xacintariodotcom.wordpress.com