Texto argumentativo

Preview:

Citation preview

O TEXTO ARGUMENTATIVO

Un TEXTO ARGUMENTATIVO é aquel que intenta convencer, modificar ou, en ocasións, reforzar a opinión do receptor, do destinatario do texto, mediante razóns

que sexan aceptables, fortes e capaces de resistir as razóns en contra (contraargumentos)

QUE É UN TEXTO ARGUMENTATIVO?

DE QUE PARTES CONSTA?

INTRODUCCIÓN: breve exposición na que o argumentador intenta captar a atención do destinatario e despertar nel unha actitude favorable.

TESE: é a idea en torno á que se reflexiona. Podeestar constituida por unha soa idea ou por un conxunto Unha boa tese debe:• Cinguirse ao tema, é dicir, ter un alcance limitado (un

tema moi amplio é difícil de desenvolver)• Débese formular de forma clara e afirmativa

ARGUMENTOS: Son as razóns que apoian a tese. É importante elixir ben os argumentos xa que un argumento mal formulado invalida a tese.Debemos graduarlos por orde de importancia e no olvidar poñer exemplos axeitados.É importante, tamén, non olvidar os contraargumentos que se poden opoñer ao noso razoamento.

CONCLUSIÓN: É a parte final na que recordamos os puntos máis importantes da nosa argumentación de forma resumida e ordeada para que os recorde o receptor e dese modo consigamos convencelo.

Ejemplo:

TESE: Fumar perxudica seriamente a saudeARGUMENTOS:Según estudos realizados por especialistas de todo o mundo, o tabaco produce cáncer nun tanto por

cento elevado da poboación. Está comprobado que a xente que fuma ten menos capacidade pulmonar, o que diminúe a

súa calidade de vida.CONCLUSIÓN: Atendendo aos razoamentos expostos,

podemos reafirmarnos na teoría de que...

QUE TIPOS DE ARGUMENTOS PODEMOSUTILIZAR?

ARGUMENTO DE AUTORIDADE No que se citan as palabras de estudosos, expertos, organizacións de probada credibilidade que manifestan unha opinión semellante á que estamos defendendo

ARGUMENTO DE COÑECEMENTO XERAL: Deféndese unha idea amplamente aceptada pola sociedade (supoñendo con esto que a maioría non se equivoca o que leva en moitos casos a formular o que chamamos tópicos) o saberes que a sociedade admitiu como válidos (presuposiciones)

ARGUMENTO DE CAUSA-EFECTO: Preséntanse as razóns dun feito probando as causas (estas deben ter un certo rigor científico)ARGUMENTO AFECTIVO-EMOTIVO: O emisor fai uso de recursos cos que intenta conmover ao receptor introducindo efectos de tipo sentimental que provoquen compaixón, benevolencia...

ARGUMENTO DE EXPERIENCIA PERSONAL: O emisor pon as súas propias experiencias como razón o argumento. (Non é demasiado riguroso e ademais tende a ser parcial)

Discurso final de Chaplin a favor do humanismo no filme «El Gran dictador» (1940)

Discurso do filme «V de Vendetta» (2006) instando ao pobo á busca da liberdade