View
63
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
UNIDADE 3:
COR, FORMA E EXPRESIÓN:
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 1º da ESO
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Distinguir as principais calidades da cor e as súas variacións, para realizar determinadas
combinacións cromáticas.
• Diferenciar as relacións existentes entre as cores, para poder apreciar as posibilidades
expresivas da linguaxe cromática.
• Apreciar o significado da cor nos traballos artísticos e aplicalo con coñecemento nas súas
propias obras.
• Diferenciar as calidades e as estruturas básicas das formas e representalas graficamente,
e identificar as diferentes modalidades de debuxo que se utilizan para a súa
representación.
• Comprender e saber empregar os principais recursos para representar a forma en
creacións propias.
• Analizar e comprender o emprego e significado da cor e as formas en obras significativas
da arte moderna, en especial de Henri Matisse.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e coñecer o emprego da cor e da forma en composicións artísticas, así
como saber empregalos en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e
culturas.
• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.
◦ reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.
• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir as cores e as formas na observación da contorna
a través da creación de pequenos exercicios de expresión gráfica.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a cor, as
harmonías e gamas, as formas, estruturas, recursos e situación de formas no espazo,
explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando a comunicación visual.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do 20 de xaneiro ao 30 de xaneiro: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.
• O 6 de febreiro: exame.
• O 20 de febreiro: recuperación se fose preciso.
• Do 3 de febreiro ao 3 de marzo: proxecto en grupo cooperativo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Recoñecer nunha obra plástica: o emprego de gamas e harmonías determinadas e
comprendelo significado.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• Discernir as cores primarias das secundarias.
• Crear determinadas sensacións a través da utilización de gamas cromáticas.
• Elaborar composicións usando diferentes relaciones harmónicas.
• Recoñecer as características visuais das formas e clasificalas.
• Realizar unha composición con formas abertas e pechadas tendo en conta o significado
das cores empregadas.
• Utilizar os recursos expresivos na representación das formas.
• Comprender e estudar os diferentes conceptos relacionados coa unidade.
• Realizar composicións empregando a técnica do pop-up e tendo en conta ás capacidades
expresivas de formas e cores co obxectivo último de presentar parte da vida de Henri
Matisse
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A COR, A FORMA E A EXPRESIÓN.
Que suxiren as cores destas obras?, e como se traballa a cor en cada unha delas?
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Zirkusreiterin", Kirchner, 1913"Orange and yellow", Rothko, 1956
"O Sena na Grande-Jatte", Seurat, 1888
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A COR.
As cores Pigmento.
A cor é un elemento plástico máis pero, se cadra o
máis importante. Dende os comezos da expresión plástica,
alá polas épocas prehistóricas, os artistas valéronse de
elementos da natureza, que, reducidos a po permitían dar
cor ás creacións. Durante séculos, os artistas investigaban e
engadían novos ingredientes ás súas “cociñas de pintor” (que
é o nome que se lle daba a esta tarefa). Esmagando e
pulverizando minerais, pequenos insectos, plantas, pedras preciosas. acadaban diferentes tons
e matices de cor que gardaban en segredo.
Chegada a Revolución Industrial (que comezou a mediados do s. XVIII) a progresiva
industrialización da sociedade fixo aparecer as primeiras industrias de pigmentos, nas que se
sistematizou, facilitou e abaratou a creación tanto dos pigmentos coma dos propias pinturas.
Cores Primarias e Secundarias.
Xa dende a Grecia clásica existía a intuición da existencia de cores fundamentais que
permitían a creación de todas as demais. Aristóteles, por exemplo, falaba da existencia de 4
cores fundamentais, séculos máis tarde, no s. XV-XVI, Leonardo da Vinci, falaba de 5 cores e xa
chegados ao século XVIII Isaac Newton falou de tres cores fundamentais. A dificultade para
fixar este concepto de cor primaria e sobre todo, determinar cales eran esas cores primarias,
ven derivada da dificultade para reproducir todas as cores da
natureza.
Así, definimos cores primarias coma aquelas cores
fundamentais coas que, por media da súa mestura en diferentes
proporcións, obtemos todas as demais cores. Estas cores son, para
os pigmentos o amarelo, o maxenta e o ciano. Cando mesturamos
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
Indian Pigments
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
as cores primarias dúas a dúas na mesma proporción as cores resultantes son as chamadas
cores secundarias. Estas cores son o vermello, o verde e o azul-violeta.
Mestura subtractiva.
Chámase a mestura subtractiva a mestura de cores pigmento. Empregamos a mestura
subtractiva cando pintamos con óleos, lapis, rotuladores. Subtraer quere dicir quitar, polo que
este nome venlle dado do feito de que a mestura de cores produce sempre unha cor máis escura
que a anterior, é dicir, que lle quitamos luminosidade á cor da que partimos. Achegándose ao
negro cando mesturamos as tres cores primarias na mesma proporción.
Círculo cromático.
Cando comezou a fabricación das cores e
dos pigmentos de xeito industrial xurdiu un
problema e foi como nomear e organizar toda a
ampla gama de tons e todos os seus posibles
matices. A este factor uniuse o feito de que, tanto
dende o mundo da arte como dende o mundo da
física dende os avances de Newton foron
ampliándose os estudos sobre a cor. De entre os
moitos avances e estudos xurde o círculo cromático que é un esquema que ordena as cores a
partir das primarias e secundarias.
O círculo cromático, ademais de para clasificar as cores serve para escollelas para
composición tendo en conta a relación das cores seleccionadas entre si.
Cores complementarias.
Entre as relaciones que podemos estudar grazas ao círculo cromático é a das cores
complementarias. Dúas cores con complementarias cando se sitúan en lugares opostos do
círculo cromático. Ademais a mestura de dúas cores complementarias entre si e a igual
proporción da coma resultado o negro. Así por exemplo son complementarios o Amarelo e Azul-
violeta, o Ciano e o Vermello e o Maxenta e o Verde.
Cando queremos realizar unha composición con cores complementarias teremos que
compensar, o cantidade de cada cor que empregamos segundo como de luminosos sexan as
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
cores que as que estamos traballando. Así por exemplo, unha composición de amarelo e o azul-
violeta, que son as cores complementarias máis contrastadas, deberá levar unhas tres cuartas
partes de violeta total, como mínimo, contra unha cuarta parte de amarelo. Mentres que o
vermello e ciano se empregan na mesma cantidade e o maxenta e o verde aproximadamente un
tercio de maxenta fronte a dous de verde.
As calidades da cor.
O estudo das cores permitiu definir os aspectos principais que diferencian unha cor
doutra. A estes aspectos se lles chama calidades da cor. Así calidades da cor son as
características da cor que nos permiten clasificalas e identificalas. De entre as diferentes
características as principais son:
Ton, matiz ou tintura.
É o nome específico que se lle da a cada cor, e a calidade co a
que o identificamos ao marxe da súa composición. Así temos o verde, o
azul, ocre.
Valor ou luminosidade.
É o grao de claridade ou escuridade da cor. É o resultado de
mesturar a cor con branco ou negro.
Saturación.
Refírese ao grao de pureza, viveza ou intensidade da
cor. As cores primarias son as cores máis puras, por non conter
ningunha mestura. Canto máis mesturemos unha cor menor será a súa saturación.
Percepción das cores.
A cor non é unha calidade fixa dos obxectos senón que é un produto da nosa visión e da
luz que incide sobre os obxectos. A nosa visión ou o noso cerebro vese influído polas nosas
experiencias, pola contorna de aquelo que observamos e pola mecánica do noso ollo, polo seu
propio funcionamento. Por outra banda a luz que ilumina os obxecto é reflectida, á súa vez por
estes, de tal xeito que a luz que reflicte ilumina, a súa vez, aos obxectos que teña máis próximos.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Gamas Cromáticas.
Unha gama cromática é unha escala ou
gradación que ordena as cores segundo un
determinado criterio como o valor, o ton a saturación
ou a súa posición no círculo cromático. É dicir, unha
gama cromática é o xeito que temos de agrupar as
cores segundo a súa capacidade expresiva. Así temos:
Gamas Frías.
Son aquelas gamas que teñen coma cor dominante e máis fría o
azul, pode conter cores que van do verde ao púrpura (maxenta con violeta
máis ou menos). Esta combinación de cores fomenta expresións que van
dende a calma, a quietude ou a serenidade ata distancia ou tristura.
Gamas cálidas.
Son aquelas gamas que teñen coma cor
dominante e máis cálida o vermello e vai dende o
maxenta ata o amarelo ou o amarelo verdoso. Esta combinación de cores
fomenta a expresións dende a ledicia, a forza ou o valor ata a agresividade
ou a violencia.
Gamas Acromáticas.
Son aquelas gamas que empregan só o branco e o
negro mesturados en diferentes proporcións para obter
diferentes valores de claridade ou escuridade. As veces
mesturan tamén pingas de cor pero moi atenuadas para non
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Yellow and Gold", Mark
Rothko, 1956
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
perder a dominante acromática da composición. Se considera tamén unha gama fría onde a
expresión achégase normalmente á serenidade, á distancia.
Relacións harmónicas entre as cores.
A combinación de cores nunha obra determinada o efecto visual e a expresividade e
mailo simbolismo da obra. Ao xeito de combinalas cores se lle chama Harmonizar. Así cando nos
dispoñemos a realizar unha composición temos que ter presente o significado último da obra
para elixir as cores que imos empregar e a cantidade e organización das mesmas.
Harmonía de cores afíns.
Cando queremos que a vista se desprace pola
superficie do cadro con calma, observando todos os detalles
sen sobresaltos, empregamos cores afíns na composición. As
cores afíns son aquelas que se sitúan próximas no círculo
cromático e pertencentes a unha mesma gama. Moitas veces
incorpóranse pequenas pinceladas moi sutís de cores
lixeiramente contrastadas para enriquecela expresión.
Harmonía de cores complementarias ou contraste harmónico.
Cando queremos que a vista do observador sexa atraída
fortemente no primeiro momento por certos elementos e que
logo se mova axilmente dunhas cores ou elementos a outros
empregamos cores contrastadas ou complementarias. As cores
máis luminosas do contraste serán as que se sitúen no primeiro
plano e as menos luminosas as que actuarán coma fondo das
primeiras.
Harmonía de grises.
É unha composición na que se combinan
cores con branco e negro para obter diferentes
valores de gris, atenuando a saturación das cores.
Coma nas harmonías normais temos unha
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
harmonía de grises afíns (imaxe esquerda) e unha de grises complementarios ou contrastados
(imaxe dereita) que conservan, en parte, a expresión das harmonías que non son grises.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A FORMA
Que formas identificamos aquí?, como as poderías definir?
Cres que a sociedade, en xeral, entende a arte abstracta?, por que?
Enténdese a abstracción neste proceso?, a entenderías sen observar os estudos previos
do artista?
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"The cow", Theo van Doesburg
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Conceptos básicos sobre as formas.
A forma pode definirse como o
aspecto externo das cousas, coma aquelo que
eu podo identificar coma diferente e coma
unidade con respecto ao que ten ao seu
redor. Forma son cada unha das entidades as
que lles podo dar nome ou describir coma
conxunto.
Cada forma queda determinada polas diferentes calidades que,
a súa vez, a definen e distinguen. Algunhas das calidades das formas son: a cor, o tamaño, a
textura, a estrutura ou o material ou materiais dos que composta. De entre esas características
imos deternos en dúas no tamaño e maila forma:
O tamaño:
Que se refire ás dimensións ou o espazo que ocupa a forma nun lugar determinado.
Para definilo tamaño teremos que ter en conta de que tipo de forma esteamos falando e, en
función disto podemos:
• medir as formas , este será o caso das formas exentas, escultóricas, que podemos
rodear e que se sitúan, polo tanto no noso mesmo espazo
• comparalas coas formas que lle rodean ,
neste caso estamos falando de formas que
están integradas no plano, en obras
pictóricas ou carteis, por exemplo. Para
facelo observamos canto espazo ocupa a
peza no plano no que se sitúa, e como é de
grande ou pequena con respecto as outras
formas da composición.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"The matter of time",
Richard Serra, 2003-2005
"Incomplete open cube", Sol
Lewitt, 1974
"O entroido do Arlequín", Joan Miró, 1924
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A estrutura:
Refírese á configuración da forma, a como esta está organizada tanto interna coma
externamente. A estrutura da forma contén os elementos básicos polos que podemos recoñecela
como elemento illado e autónomo.
Clasificación das formas.
As formas poden clasificarse segundo a súa orixe cando atendemos a como foron
creadas as formas que identificamos:
• naturais , aquelas que proveñen da natureza e nas que non intervén a man do
home,
• artificiais cando foron creadas polo home.
E cando as clasificamos segundo a súa configuración atendemos ao seu aspecto
externo, neste caso podemos clasificalas en:
• xeométricas , aquelas que organizan a
súa estrutura en función de ordes
matemáticas,
• orgánicas , aquelas que non responden
a ningún patrón organizado
Pero se atendemos ao aspecto tamén
podemos organizalas en:
• planas , aquelas que teñen só dúas dimensións,
• volumétricas , que teñen tres dimensións.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Leda", Constantin Brancusi, 1924"Pomba", Pablo Picasso, 1961 Twitter logo
Escola de Arte, Deseño e Medios de Comunicación
da universidade de Nanyang, Singapur, 2006
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Recursos para representar as formas.
Cando falamos de recursos falamos dos tipos de medios, mecanismos ou
procedementos que empregamos para debuxar, pintar, compoñer. para crear unha obra de arte.
De entre os moitos recursos que existen os máis sinxelos pero máis efectivos
son:
Silueta, que consiste en representar unha forma mediante unha
soa cor coma se fose unha sobra de aquelo que queremos representar. A
silueta empregase naquelas composicións nas que queremos destacar o
esencial da forma á que nos referimos ou para xerar un efecto e contraluz.
Contorna, é a liña que bordea o perfil dunha
figura. A contorna é unha abstracción polo que o seu
emprego afasta a imaxe creada da realidade. Emprégase, en xeral, para formas
sen detalle e lograr un efecto visual de
simplicidade.
Dintorno, refírese a todas as liñas, cores
ou texturas que facemos nas superficies das
formas. Emprégase para describir en detalle as formas, destacando
o seu interior respecto ao seu perfil.
A expresividade das formas.
Unha vez xa sabemos recoñecer as formas ao observalas, temos que ter claro coma
representalas. Ademais dos tres recursos que acabamos de ver, temos que ter en conta que a
forma presenta dous aspectos xerais que inflúen directamente sobre o significado que
queiramos conseguir, estes son:
formas pechadas, que son aquelas formas que teñen
os bordos definidos, que se distinguen e recoñecen de forma
sinxela porque destacan claramente do fondo sobre o que se
sitúan. Tenden a ser formas esquemáticas porque simplifican o
aspecto da forma e teñen a capacidade de abstraela, afastándoa
da realidade,
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Icarus", Henri
Matisse, 1947
"Portrait of Igor
Stravinsky", Pablo
Picasso, 1920
"Luxo, calma e voluptuosidade",
Henri Matisse, 1906
"American Indian Theme IV",
Lichtenstein, 1980
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
formas abertas, son formas cuxos bordos esvaecen e
mestúranse cos fondos e coas outras figuras que lles rodean, formando
unha masa continua que integra diferentes formas. Producen unha
sensación de transparencia e lixeireza, son moi dinámicas e son máis
difíciles de percibir e identificar.
Relacións espaciais entre as formas.
Cando realizamos unha composición situamos nela moitas formas variadas para
conseguir expresar algo. Estas formas teñen que organizarse unhas coas outras de xeito que
favorezan a expresión buscada, así as formas, entre si, poden
situarse por:
Superposición: cando situamos as formas no espazo de tal
xeito que unha cubran parcialmente a outras, con esta organización
conseguimos un efecto de espazo tridimensional onde o que está
diante tapa ao que está detrás.
Diminución de tamaño: sabemos por experiencia que aquelas
cousas están lonxe de nos vense máis pequenas que as que están máis
preto. Así cando traballamos con formas de diferente tamaño nun
mesmo espazo pictórico conseguimos crear un efecto de profundidade,
sobre todo se as formas son iguais ou semellantes entre si.
Contraste: cando dúas formas presentan contrastes no seu
aspecto facemos que unhas se vexan máis que outras. Podemos clasificar
o contraste en:
Contraste de forma, cando dentro dunha mesma composición
empregamos formas de todo tipo, abertas, pechadas, xeométricas,
orgánicas. cando o contraste establécese entre formas abertas e
pechadas, estas segundas serán as que máis chamen a atención e se
sitúen no primeiro plano. Cando o contrate sexa entre formas orgánicas
ou xeométricas, normalmente as segundas serán tamén as que se sitúen
no primeiro plano e chamen máis a atención pola súa sinxeleza.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Landscape", Wassily Kandinsky, 1913
"Still life with blue tablecloth”,
Henri Matisse, 1909
"O toureiro
Alucinóxeno", Salvador
Dali, 1970
"Wanderer above the
Sea Fog", Caspar David
Friedrich, 1818
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Contraste de cor, cando nos valemos do emprego das
cores para establecer o elemento principal e o primeiro plano.
As cores cálidas xeran unha sensación de proximidade e as
frías de afastamento.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Le Cirque", Henri Matisse, 1947
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
CRÉDITOS DAS IMAXES
"Zirkusreiterin", Kirchner, 1913:
http://reproarte.com/es/pinturas/jinete-del-circo-detail
"Orange and yellow", Rothko, 1956:
http://skyethelimit.wordpress.com/2012/04/11/mark-rothko-1903-1970/
"O Sena na Grande-Jatte", Seurat, 1888:
http://wearebcn.com/2010/07/01/la-cabecera-del-mes-de-julio-seurat-el-sena-en-la-
grande-jatte/
Indian Pigments:
http://es.wikipedia.org/wiki/Pigmento
Círculo Cromático:
http://raquelmira.blogspot.com.es/2012/04/circulo-cromatico.html
Ton, Luminosidade, Saturación, percepción das cores:
http://andresprofesordedibujo.blogspot.com.es/2012/03/tema-3-el-color.html
Gama cromática.
http://dinternet.librodeapuntes.es/ocio-y-curiosidades/2010/09/28/la-gama-cromatica-
en-una-imagen
“O guitarrista vello”, Pablo Picasso, 1903 – 1904
http://venusrex.blogspot.com.es/2011/05/no-55-picasso-en-azul-el-guitarrista.html
“Yellow and gold”, Mark Rothko, 1956
http://es.wahooart.com/A55A04/w.nsf/Opra/BRUE-8BWUJ3
“O bico”, Pablo Picasso, 1969
http://agridulce.com.mx/blog/sobre-el-beso-frases-celebres/
“The Lac d'Annecy”, Paul Cezanne, 1896
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/df/Paul_Cézanne_148.jpg
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
“Flowers”, Andy Warhol, 1970:
http://www.allposters.com.br/-sp/Flowers-1970-Red-Yellow-Orange-on-Blue-
posters_i366900_.htm
“Little Harbor”, George Braque, 1909:
http://en.wikipedia.org/wiki/File:Georges_Braque,_1909,_Port_en_Normandie_(Little_H
arbor_in_Normandy),_81.1_x_80.5_cm_(32_x_31.7_in),_The_Art_Institute_of_Chicago.jpg
“The matter of time”, Richard Long, 2003 – 2005:
http://en.wikipedia.org/wiki/Richard_Serra
“Incomplete open cube”, Sol Lewitt, 1974:
http://justinphillipson.wordpress.com/2008/02/15/influences/
“O entroido do Arlequín”, Joan Miró, 1924:
http://www.wikipaintings.org/en/joan-miro/harlequin-s-carnival-1925
“Pomba”, Pablo Picasso, 1961:
http://www.arteinfancia.com/la-linea/
“Leda”, Pablo Picasso, 1924:
http://theartinstituteofchicago.blogspot.com.es/2011/12/aic-modern-wing-
contemporary-art-golden.html
Twitter logo:
http://samueljtpix.blogspot.com.es/2013/12/twitter-logo.html
“Escola de Arte, Deseño e Medios de Comunicación da Universidade de Nanyang,
Singapur, 2006:
http://translate.google.com/translate?sl=en&tl=es&js=n&prev=_t&hl=en&ie=UTF-
8&layout=2&eotf=1&u=http%3A%2F%2Fwww.casasugar.com%2FCasa-Verde-Design-Savvy-
Green-Roof-986754
“Stravinsky portrait”, Pablo Picasso, 1920:
http://www.visionescriticas.cl/?p=5596
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
“Luxo, calma e voluptuosidade”, Henri Matisse, 1906:
http://medianochebajoelsol.blogspot.com.es/2012/07/henri-matisse-luz-y-orden-en-el-
caos.html
“American indian theme IV”, Lichtenstein, 1980:
http://rogallery.com/Lichtenstein_Roy/w-10/american-indian-VI.htm
“Landscape”, Wassily Kandinsky, 1913:
http://www.oceansbridge.com/oil-paintings/product/79257/landscape
“Still life with blue tablecloth”, Henri Matisse, 1909:
http://www.artchive.com/artchive/M/matisse/matisse_tablecloth.jpg.html
“O toureiro alucinóxeno”, Salvador Dali, 1970:
http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/9600.htm
“Wanderer above the Sea Fog”, Caspar David Friedrich, 1818:
http://en.wikipedia.org/wiki/File:Caspar_David_Friedrich_032_(The_wanderer_above_t
he_sea_of_fog).jpg
“Le cirque”, Henri Matisse, 1947:
http://www.galerie-dorsay.com/view.asp?id=1364
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
Recommended