Vangardas noelia, rosalía

Preview:

Citation preview

Noelia Soto IglesiasRosalía R. García

A poesía de vangarda

Índice• As vangardas-artístico literarias.• Ismos.

• Vangardas en Galiza.• Xeración dos novecentistas.• Poesía vangardista.

Cubismo.Futurismo.Expresionismo.Creacionismo.Imaxinismo.Ultraísmo.

Tendencia neotrobadorista.Tendencia hilozoísta.Tenencia vangardista. Tendencia vangardista. Álvaro Cunqueiro.Tendencia vangardista: Manuel Antonio.De catro a catro.¡Máis alá!

As vangardas artístico-literarias

O termo vangarda, do francés avant-garde, refírese ao conxunto de movementos estéticos xurdidos en París a principios do S. XX.

Características:• Ruptura dos esquemas tradicionais.• Busca da orixinalidade.• Liberdade creativa.• Provocación.• Distintas manifestacións artísticas: pintura, poesía,escultura…

Movementos Artísticos

Ismos Difundidos en manifestos vangardistas

Ideas dogmáticas de cada ismo

Pegada nas artes contemporáneas.

Ismos •Cubismo.•Futurismo.•Expresionismo.•Dadaísmo.•Creacionismo.•Imaxinismo.•Ultraísmo•Surrealismo ou superralismo.

CubismoConcepto Movemento vangardista orixanado en París ao

redor de 1908. •Movemento artístico-plástico representación de obxectos de formas xeométricas. • Desenrolado principalmente por Pablo Picasso e Georges Braque.

•Movemento literario

Reivindicación da autonomía absoluta da obra.

Captación da realidade dende todos ángulos posibles.

FuturismoConcepto Movemento das correntes de

vangarda artística fundado en Italia por Filippo Tommaso Marinetti, o cal redactou o Manifeste du Futurisme, publicado no diario Le Fígaro de París.

Arte

Sensual Nacional Guerreiro

Orientada ao futuro.

Renega do tradicional.

Promove

ExpresionismoConcepto

Movemento artístico e literario de orixe europeo que xorde a principios do S. XX. Caracterizado pola intensidade de expresión dos sentimentos e das sensacións.

DadaísmoConcepto

Movemento artístico e cultural iniciado por Tristán Tzara no 1916 en Suíza.

Tristán Tzara acudía ao Cabaret Voltaire, lugar de reunión de xoves artistas.

O dadaísmo foi reflexo das miles de voces perdidas na Primeira Guerra Mundial.

Destrucción total das normas estéticas.

Libre expresión do artista, acudindo ao mundo dos soños.

Características

CreacionismoConcepto Movemento poético vangardista

xurdido a comezos do S. XX en Europa.

Defende que as palabras e a estructura dun poema deben valorarse pola súa capacidade de crear beleza .

O autor non só busca a comprensión do texto, senon que tamén a súa fascinación.

Caracerísticas dos poemas

Versos en rima, falta de signos de puntuación, prescindese da anécdota e da descrición.

ImaxinismoConcepto Movemento poético florecido nos

Estados Unidos e Inglaterra entre 1909 e 1917.

Características

Libre escolla de palabras.

Liberdade temática.

Linguaxe popular.

A maioría dos poetas imaxinistas cultivaron o verso libre e empregaron a aliteración e a asonancia.

Ultraismo

• Movemento literario de vangarda que apareceu en España e en Hispanoamérica a principios do S. XX .

• Introduciu na poesía española e hispanoamericana a renovación revolucionaria que supuxeron outros movementos como o cubismo ou o dadaísmo en Europa.

• O principal representante foi Gómez de la Serna.

Concepto

SurrealismoConcepto

• Do francés surréalisme . Trátase dun movemento artístico literario xurdido en Francia despois da I Guerra Mundial.

• Inspírase nas teorías psiconalíticas para intentar reflexar o funcionamento do subconsciente, deixando a un lado calquer tipo de control racional.

• Os escritos surrealistas baseanse no emprego de imaxes para expresar emocións.

As vangardas en Galiza• Aparición das vangardas en Galicia a través do Grupo Nós,

principalmente por Vicente Risco, difusor desta tendencia na revista Nós.

• Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro rompen coa poesía tradicional galega e seguen de xeito persoal o ronsel vangardista.

• Confórmanse diversos movementos políticos como o Neotrobadorismo e o Hilozoismo de carácter renovador .

• Aparición de textos xornalísticos e ensaísticos, de autores como Amado Carballo, Rafael Dieste, nos que se demandan a modernidade estética.

• Aparición de artistas plásticos como Maside, Colmeiro, Seoane…• Publicación en 1922 do manifesto ¡Máis alá!, escrito por Manuel

Antonio e Álvaro Cebreiro.

A xeración dos novecentistas

A xeración de 1925 é a xeración de escritores vangardistas nados ao redor de 1900 que realizaron labores como a renovación da poesía e teatro galego, continuando coa modernización da literatura galega da xeración anterior. Incorporaron elementos vangardistas pero sen romper de todo coa tradición.

Xeración dos novecentistas

O cuestionamento de ideas políticas e estéticas:• Escritores que continúan colaborando coa xeración Nós no

plano cultural (Seminario de Estudos Galegos) e no plano político ( Irmandades da Fala, Partido Galeguista). Destacan autores coma Fermín e Luís Bouza Brey, Ricardo Carballo Calero, Cunqueiro…)

• Escritores que se rebelaron contra o carácter literario e artístico do Grupo Nós. Cabe destacar a autores como Rafael Dieste, Lorenzo Varela, entre outros.

Xeración dos novecentistas En 1939 instáurase a ditadura en España e algúns escritores seguen

coa sua labor literaria ou debatendo a situación lingüística do galego e do castelán.

Cómpre citar a obra de Federico García Lorca Seis poemas galegos

publicado na editorial Nós en 1935.

Escritores Novecentistas

Morreron xoves. Morreron a causa de conflitos fascistas

Obrigados ao exilio.

Non publicaron obra.

Poesía vangardista Dividida en 3 liñas principais que teñen como obxectivo a

modernización estética da poesía galega. Poesía Neotrobadorista e Hilozoista Establecen un

diálogo coa tradición medieval ou paisaxística e popular.

Poesía vangardista Rompe coas barreiras deixando de lado o ruralismo, o costumismo e as figuras do Rexurdimento.

Tendencia neotrobadorista Concepto

Escritores

Movemento poético que recrea as cantigas de amigo cun carácter contemporáneo.

Esta idea xorde tras a popularización dos cancioneiros medievais recompilados por José Joaquim Nunes.

Introducen elementos característicos nas súas obras como o leixaprén, o refrán e temas como ausencia do amigo, combinados con trazos vangardistas para consegir un estilo innovador.

Destacan: Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira)

Fermín Brouza Brey ( Nao senlleira: seitura). Obra inaugurada nos poemas do boletín Nós.

Tendencia hilozoísta ou imaxinista

Concepto

Poesía

Escritores

Do grego “hilo”(materia) máis “zoe” (vida) que significa materia ou vida animada.

Caracterízase pola brevidade, a sinxeleza, uso da métrica, a personificación de elementos da natureza e o predominio de imaxes (imaxinismo). Os hilozoístas inspíranse na paisaxe pero cun toque vangardista.

• Luís Amado Carballo como figura principal; autor de obras como Proel e O galo.

• Xulio Sigüenzas, Eduardo Blanco Amor, María Casas…

Tendencia vangardistaComprende ao conxunto de ismos europeos. Destacan

autores como:• Manuel Antonio con varios libros inéditos e

principalmente con De catro a catro (1928).• Álvaro Cunqueiro con Mar ao norde (1932).• Euxenio Montes destaca co libro Versos a tres cas o

neto.• Evaristo Correa Calderón con A nosa terra (1917-1921).• Manuel Luís Acuña coa obra Fírgoas.

Obras

Tendencia vangardista: Álvaro Cunqueiro

Antes da guerra foi principalmente un poeta involucrado nas correntes de vangardas en libros como os seguintes:

• Mar ao norde ( cubista, 1932).• Poemas do si e do non ( surrealista, 1933).• Soma de craridades ( escrito en 1932 pero publicado en 1977).• Cantiga nova que se chama riveira ( neotrobadorista

neopopularista, 1933).

Tendencia vangardista: Manuel Antonio

É un home que representa o ideal de artista de vangarda: rupturista, aventureiro e inconformista.

A súa actitude resúmese no seguinte:• Espírito de rebeldía.• Compromiso nacionalista galego.• Simpatía polos ideais anarquistas.En traballos como o ¡Manifesto máis alá! (1922), en artigos como

“Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”(1924) e “Fatiguemo-nos” (1926), manfiestou a súa posición rupturista respecto da literatura galega que se estaba a escribir ata entón.

Etapas da evolución poética

• de formación: anterior a un estilo vangardista, é un estilo próximo ao modernismo.

• de ruptura vangardista: a partir dos poemas enviados no ano 1920 ao xornal A nosa terra e do seu poemario Con anacos do meu interior. Aquí aparece o gusto polas imaxes orixinais de liña hilozoísta. No libro Foulas aparecen elementos que o achegan ao caligrama e ao cubismo. Sempre e máis dispois continúa a evolución vangardista, que remata con De catro a catro.

• de retroceso na audacia vangardista obsérvase o retorno a lóxica do discurso, un regreso á rima final…

De catro a catro (edición Nós,1928) é a obra cume da vangarda en Galicia; tamén é unha xoia da nosa historia literaria, pois é o único libro editado por Manuel Antonio en vida.

Foi escrito durante os anos 1923 e 1927 no curso das primeiras navegacións a borde do paleibote Constantino Candeira . Consta de 19 poemas e ten por subtítulo “Follas sen data dun diario de abordo”.

Coñecemos diversas liñas interpretativas desta obra:• a obra está basada nunha viaxe marítima real na cal a viaxe comeza coa

ilusión , pero no transcurso desta descóbrense os verdadeiros problemas da vida no mar; en resumen, os dous temas principais son a monotonía e a soidade. A obra comeza co poema “Intencións” e remata con “Adeus”.

De catro a catro

• A obra coma unha reflexión existencial; o navío de Manuel Antonio permanece inmóbil na inmensidade do mar a pesar de estar presentes elementos coma o mar, o ronsel, o porto… Estes permanecen quietos, polo que semella que o tempo non transcorre coma indica o subtítulo “Follas sen data”. Esto representa unha monotonía interminábel na cal non vale a pena emprender travesías emprendidas ao fracaso. “ Intencións” e “Adeus” expersan o mesmo: as ilusións foron frustradas de anteman.

• A terceira interpretación : “ De catro a catro” fai referencia a unha vivenza traumática; a morte do seu pao a causa de tuberculose, cando o escritor tiña só catro anos. A viaxe interprétase como o propio viaxe do poeta cara á prematura morte e a soidade do individuo.

• Por último unha interpetación metapoética. “ De catro a catro” transmitiría a frutración do poeta ante a imposibilidade de poder transmitir a profundidade do vivido.

¡Máis alá!• É un breve folleto de oito páxinas escrito en 1922

por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.• Estructúrase en catro partes:

- As dúas primeiras partes critican o pasado e o presente da cultura galega, fan unha crítica aos ruralistas e aos imitadores dos poetas do Rexurdimento e censuran aos escritores galegos castelanizados.

- A terceira parte céntrase na defensa da nova estética; a independencia de todo un movemento, a ruptura total coa tradición e a aposta pola renovación de temas e formas.

- A cuarta e última parte fai un chamamento ás vindeiras xeracións de artistas para que rompan coa tradición e vaian “máis alá” buscando o seu camiño.

Bibliografía•Libro de literatura e lingua galega (Bahía).•https://gl.wikipedia.org/wiki/Xeraci%C3%B3n_de_1925•https://es.wikipedia.org/wiki/Vanguardismo•http://asvangardas.blogspot.com.es/2008/03/manuel-antonio_01.html•http://www.xn--espaaescultura-tnb.es/es/artistas_creadores/alvaro_cunqueiro.html•http://asvangardas.blogspot.com.es/2008/06/o-hilozosmo-amado-carballo.html•https://gl.wikipedia.org/wiki/De_catro_a_catro