DéCalogo Para Formar Un Delincuente[1]

Preview:

Citation preview

O popular xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud, coñecido polas súas sentenzas educativas e orientadoras, vén de publicar un libro Reflexiones de un juez de menores (editorial Dauro) no que inserta un 'Decálogo para formar un delincuente'. É moi interesante, e di así:

1: Comece desde a infancia dando ao seu fillo todo o que pida. Así medrará convencido de que o mundo enteiro lle pertence.

2: Non se preocupe pola súa educación ética ou espiritual. Espere a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente.

3: Cando diga palabrotas, ríallas. Isto animarao a facer cousas máis graciosas

4: No lle regañe nin lle diga que está mal algo do que fai. Podería crearlle complexos de culpabilidade.

5: Recolla todo o que el deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes. Así acostumarase a cargar a responsabilidade sobre os demais.

6: Deixe que lea todo o que caia nas súas mans. Coide de que os seus platos, cubertos e vasos estean esterilizados, pero non de que a súa mente se encha de lixo.

7: Berre frecuentemente co seu cónxuxe en presenza do neno, así a el non lle doerá demasiado o día en que a familia, quizais pola súa propia conduta, quede destrozada para sempre.

8: Déalle todos os cartos que queira gastar. Non vaia sospeitar que para dispoñer do mesmo cómpre traballar.

9: Satisfaga todos os seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e a austeridade poderían producirlle frustracións.

10: Póñase da súa parte en calquera conflito que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuízos contra o seu fillo e que de verdade queren fastidialo.