Upload
others
View
1
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 1
ÍNDICE
1- INTRODUCIÓN 2- TIPOS DE MUÍÑOS
2.1- Muíños de man 2.2- Muíños hidráulicos 2.3- Muíños do mar ou de mareas 2.4- Muíños de vento 2.5- Muíños de aceite
3- PROPIEDADE E USO DO MUÍÑO 4- MUÍÑO DOS CHIQUITOS
5- MUÍÑO DE ENGRACIA
6- MUÍÑO DE PRUDENCIO
7- MUÍÑO DE TOÑO DE ERMITAS
8- MUÍÑO DO EIXO
9- MUÍÑO DE GUILLERMO 10- MUÍÑO DE SALGADO 11- BIBLIOGRAFÍA
12- AUTORES E COLABORADORES
CEIP FONDO-NOIS
TTRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 2
1- INTRODUCIÓN
Dentro da arquitectura popular galega o muíño representa un importante papel, xa que na economía tradicional o gran foi un elemento fundamental.
MUÍÑO DE SAN ACISCLO (FOZ) ERA O MÁIS GRANDE DO
CONCELLO, TIÑA UNHA VIVENDA, AS PAREDES SON DE CACHOTERÍA DE GRANITO E A CUBERTA DE LOUSA A DÚAS
AUGAS.
A finalidade máis xeneralizada do muíño é a de moer o gran para a
obtención de fariña, a cal se empregaba para facer o pan, base da alimentación tradicional. Tamén existen outros tipos cun fin diferente: o de aceite (Quiroga), o de casca que moía a cortiza de carballo ou de
aciñeira para curtir peles, o do papel, e os empregados para producir
enerxía eléctrica.
CASA DO MUIÑEIRO (MUÍÑO DE DAMIÁN. CARBALLIDO-
ALFOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TTRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 3
MUÍÑO DE “DONA LOLA” (CARBALLIDO-ALFOZ)
O gran mallábase (trigo, centeo) ou debullábase (millo), logo
secábase e gardábase. Unha vez seco xa se podía levar ao muíño para
obter a fariña, coa cal se preparaba a masa para facer os bolos de pan.
Finalmente estes cocíanse no forno.
MUÍÑO DE AMADORA EN VILAXOANE – FOZ
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 4
2- TIPOS DE MUÍÑOS 2.1.- MUÍÑOS DE MAN Son os máis antigos e máis sinxelos. Os máis abundantes son os
circulares, típicos dos castros. Consisten en dúas pezas, a superior xira sobre a inferior que está fixa. Para conseguir este movemento
empregábase un pau que se accionaba co brazo.
2.2.- MUÍÑOS HIDRÁULICOS As características xeográficas de Galicia, pola abundancia de ríos
e regatos favorecen a proliferación destes muíños de auga. O seu
número foi moi elevado e distribuíanse por toda a Comunidade.
PRESA NO RÍO OURO PARA LEVAR AUGA AO MUÍÑO DE
“DONA LOLA” (CARBALLIDO – ALFOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 5
CANLE PARA LEVAR A AUGA AO MUÍÑO DE “DONA LOLA”
Estes muíños situábanse á beira do río ou do regato. A auga retíñase
e acumulábase nunha presa ou estanque no mesmo curso do río e logo levábase ao muíño por unha canle ou caneta. Tamén podía ser que a auga se levase directamente do río e se fixera ao final do conduto unha
presa pequena xa onde estaba o muíño. Normalmente a auga ao chegar
ao muíño quedaba a máis altura para coller forza e poñer en movemento
o mecanismo de rotación. Se non se quería moer ou o caudal era
excesivo cando o muíño estaba traballando, existía un aliviadoiro para desviar a auga e tamén servía para que non pasaran follas ou polas.
MUÍÑO DE PEAL EN SAN MARTIÑO (FOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 6
A auga baixaba polo cubo ao abrir unha comporta dende o interior do muíño, e movía o rodicio, roda horizontal que transmite o movemento ás demais pezas. O rodicio estaba formado por culleres ou penlas e era de madeira ou ferro. O eixe que une o rodicio coas pezas de trituración era o veo ou vara. Este eixe atravesa as dúas pezas de trituración, unha pedra inferior fixa, pé e unha superior chamada moa que xiraba sobre a anterior.
MUÍÑO DE “DONA LOLA” (CARBALLIDO-ALFOZ)
COMPORTA DE ENTRADA DA AUGA NO MUÍÑO DE “DONA
LOLA” (CARBALLIDO-ALFOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 7
MUÍÑO DE BALBINO EN SAN MARTIÑO (FOZ)
As pedras do muíño son diferentes segundo se vaia facer fariña triga,
de centeo ou de millo.
A adella, moega, moxega ou tremoia é unha caixa piramidal invertida onde se mete o gran que vai ser moído, e está situada sobre a
moa. Este depósito ten unha pequena canle que se move, vai dar xusto
sobre o burato central da moa e é por onde vai caer o gran pouco a
pouco para introducirse entre a moa e o pé.
INTERIOR DO MUÍÑO DE DAMIÁN (CARBALLIDO-ALFOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 8
O gran convérsese en fariña, máis muda ou brava segundo o tipo de pedra ou o espazo que queda entre o pé e a moa. A fariña recóllese
nunha caixa, e en moitos casos había un sistema que separaba a propia
fariña da casca do gran.
CAIXA PARA RECOLLER A FARIÑA DO MUÍÑO DE DAMIÁN
(CARBALLIDO-ALFOZ)
1-Moega
2-Capa
3-Pé
4-Vara
5-Pexadoiro
6-Rodicio
7-Pau do aliviadoiro
8-Pau da porca
9- Cubo
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 9
MUÍÑO DE DAMIÁN E CASA DO MUIÑEIRO EN
CARBALLIDO (ALFOZ) O tamaño dos muíños variaba segundo o número de moas, o cal
estaba en función da abundancia de gran na zona e o número de muíños.
Podían chegar a ter seis moas, pero polo común non tiñan máis ca unha
ou dúas. Tamén o edificio podía ser de grandes dimensións se nel se
incluía a vivenda do muiñeiro. Son construcións normalmente de forma cadrada ou rectangular con muros de cachotería de granito ou xisto sen ningún tipo de revestimento. Embutida no muro e xunto á porta soe
haber unha peza de granito chamada pousadoiro que sobresae uns 30 ou 50 cm e que servía para pousar o saco de gran.
MUÍÑO DE AMADORA EN VILAXOANE - FOZ
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 10
INTERIOR DO MUÍÑO DE SAN ACISCLO. TEN CATRO
MOAS, UNHA PARA O TRIGO, DÚAS PARA O MILLO E UNHA PARA O CENTEO.
Os muíños de auga reciben distinstos nomes segundo as distintas zonas de Galicia, ou segundo os seus elementos (roulóns, de tina, de
billa). Nas zonas onde todos os muíños eran das mesmas características
recibían o nome do lugar onde estaban situados ou o do propietario. Un tipo especial de muíños de auga eran as aceas. Estes
caracterizábanse porque tiñan a roda vertical.
MUÍÑO DE LEANDRO EN VILAXOANE (FOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 11
2.3.- MUÍÑOS DO MAR OU DE MAREAS Foron moi comúns en todo o litoral galego. Situábanse nas rías, en
zonas onde se formaban grandes secas na baixamar, para conseguir un
bo funcionamento, xa que este baseábase na diferenza de nivel de auga
entre a baixamar e a preamar, que podía variar de 1,5 a 4m segundo o
día e a época do ano.
Este tipo de muíños eran construcións sólidas de grandes dimensións. Consistían nun muro que formaba unha presa. O muro tiña unha ou varias comportas que se abrían cando subía a marea e así
enchíase a presa. Cando xa estaba chea a presa e a marea baixa podía
poñerse en funcionamento.
MUÍÑO DE MAR EN ORTIGUEIRA (CORUÑA) 2.4.- MUÍÑOS DE VENTO
Eran movidos polo vento e en xeral usábanse para substituir os de auga en época de seca, no verán. Por iso o seu número non é moi
elevado se se compara cos hidráulicos ou de regato. En liñas xerais eran
pequenas construcións de pedra con tellado cónico ou que se movía para orientar as aspas cara ao vento.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 12
MUÍÑO DE VENTO EN PONTEVEDRA
RESTOS DUN MUÍÑO DE VENTO EN RIBADEO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 13
2.5.- MUÍÑOS DE ACEITE Tiveron moita importancia en zonas de Galicia nas que o cultivo das
oliveiras acadou gran desenvolvemento. Poden ser movidos por animais, pola auga ou pola man do home.
MUÍÑO DE ACEITE EN QUIROGA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA 14
3- PROPIEDADE E USO DO MUÍÑO Entorno aos muíños como elementos da arquitectura popular
desenvolvíase un mundo de costumes e folclore.
MUÍÑO DE AMADORA EN VILAXOANE-FOZ
O sistema de propiedade era bastante variado. Xeralmente os
muíños de mareas e os de vento pertencían a un único propietario e os de regato podían ser dunha soa persoa, de varios veciños (muíños
de parceiros ou de herdeiros, se os donos eran da mesma familia) ou
comunais. Neste último caso establecíanse unhas quendas para o seu
uso, que podía ser un día, ou unha noite, dependendo do número de
propietarios e das necesidades.
MUÍÑO DA FINCA GALEA (ALFOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA 15
INTERIOR DO MUÍÑO DA FINCA GALEA (ALFOZ) O oficio de muiñeiro estaba en relación co tipo de propiedade.
Nos muíños de herdeiros cada persoa moía o seu propio gran. No
caso dun único dono o muiñeiro moía para todos. Non era
considerado un oficio propiamente dito, pois non se requería
coñecementos específicos nin unha gran dedicación e en moitos casos
ata podían atender outras tarefas ao mesmo tempo que estaban
moendo. Este oficio desenvolvíano tanto homes coma mulleres aínda
que en xeral o home dirixía e a muller axudáballe.
MUÍÑO DE AMADORA EN VILAXOANE - FOZ
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA 16
A xente da propia parroquia e outras veciñas acudían ao muíño cos
seus sacos de gran e o muiñeiro cobraba en diñeiro ou a través do
sistema de maquía. Este último caso era o máis empregado e
consistía en quedarse con cunha parte do gran que se moía.
ENTRADA DA AUGA NO MUÍÑO DE AMADORA
Os muíños necesitaban unha serie de coidados para o seu bo
funcionamento, sobre todo picar as moas cada dez ou quince días.
O muíño sempre foi un lugar de relación entre os veciños, pois
reuníanse cando acudían a moer e moitas veces quedaban de leria e
de troula cantando e bailando. Asistían tanto homes coma mulleres,
sendo normalmente os mozos e as mozas os que máis participaban
escollendo este lugar en moitas ocasións para citarse. As muiñadas eran pola noite e tiñan un sentido de festa, pois mentres se moía a
xente dedicábase á conversa e á troula.
INTERIOR DO MUÍÑO DE AMADORA (VILAXOANE – FOZ)
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA 17
Os muíños foron desaparecendo ao ser substituídos polos
eléctricos. Nos últimos anos considéranse de gran interese etnográfico
e estase a fomentar a súa restauración e rehabilitación.
MUÍÑO DE AMADORA EN VILAXOANE - FOZ
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 18
4- MUÍÑO DOS CHIQUITOS
EXTERIOR DO MUÍÑO
Este muíño está situado en Alemparte, Cangas. Ten unha turbina hidráulica a cal segundo teñen constancia os seus propietarios viñeran
instalala dende Bilbao.
DESVÍO DA AUGA DO RÍO E CANLE
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 19
A forza motriz que emprega é a auga que vai canalizada dende o río Alemparte ata caer nun rodicio.
CANLE DE AUGA QUE VAI AO MUÍÑO
CANLE E ENTRADA DA AUGA AO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 20
O rodicio move as dúas pezas circulares de cantería chamadas moas.
Tiña tres moas, unha para o trigo e dúas para o millo.
INTERIOR DO MUÍÑO
O funcionamento do mesmo é o seguinte: Cando as moas están
rodando bótase o trigo ou o millo nunha especie de depósito en forma de
embudo, chamado moxega, o cal está situado enriba das moas. O millo ou
o trigo cae nas pedras para moelo. Ao final a fariña resultante cae nun
caixón e a pel dos cereais noutro. Para separar a fariña do salvado tiñan que
cambiar os borteles (o que peneira a fariña).
ENTRADA DE AUGA AO MUÍÑO E COMPORTA DE SAÍDA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 21
Os materiais empregados na súa construción son a pedra, a madeira
e a lousa para a cuberta a dúas augas. O tipo de roda empregado era de
pedra francesa para moer o trigo e pedra de cantería galega para moer o
millo.
EXTERIOR E ENTRADA DA AUGA
Este muíño comezou a moer hai 100 anos aproximadamente.
Daquela empregábase a fariña para facer o pan nos fornos que tiña cada
casa e que logo constituía o alimento máis importante para todos os
membros da familia. O salvado ou a pel dos cereais destinábase ao
consumo dos animais.
SAÍDA DA AUGA QUE VOLVE AO RÍO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 23
5-MUÍÑO DE ENGRACIA Un muíño é unha máquina para moer o gran para obter fariña. En
Galicia é moito máis ca iso: é arquitectura, tecnoloxía, historia, literatura…
CANLE DE ENTRADA DA AUGA PARA O MUÍÑO
CANLE DE ENTRADA DA AUGA PARA O MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 24
CANLE DE ENTRADA DA AUGA PARA O MUÍÑO
Este muíño encóntrase na Granda en Vilamor – Cangas. A súa forza motriz é a auga do río Alemparte.Ten dúas moas, unha para moer o
trigo e outra para o millo.
ESCALEIRAS PARA SUBIR O GRAN, MOAS E CAIXÓN
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 25
ESCALEIRAS PARA SUBIR O GRAN E MOAS
As partes deste muíño son:
• Moa: Disco groso de pedra que xira sobre outra fixa e moe o que
queda entre ambas.
• Moxega: Ten forma de embudo, está feita de castaño ou de carballo.
• Peneiro: Rede que separa a fariña do farelo. • Quelle: Peza metálica que clasifica o gran.
MOAS E TRÍPODE
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 26
MOXEGA E MOA
INTERIOR DA MOXEGA ONDE É DEPOSITADO O GRAN
O funcionamento é: Para depositar o gran de trigo ou de millo na
moxega hai que subir unhas escaleiras de madeira, en primeiro lugar está o
muíño de trigo e posteriormente o do millo. Logo cae ata chegar ás moas
(unha é fixa e a outra móbil). Ao saír o gran xa moído, o peneiro separa a
fariña para un lado e o farelo para outro. Os caixóns onde se deposita a
fariña de millo e a de trigo son distintos, o do millo ten unha reixa que
serve de coador e separa a fariña da casca.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 27
CAIXÓN PARA A FARIÑA DE TRIGO
CAIXÓN PARA A FARIÑA DE MILLO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 28
Os materiais de construción deste muíño son a madeira, o ferro e a
pedra. Por fóra é de pedra, o tellado de lousa, a catro augas e está unido á
vivenda dos donos. A roda empregada neste muíño é de pedra de seixo con
cuarzo.
MECANISMO E PEZAS SITUADAS DEBAIXO DA MOA
Maicábase un cuartillo de gran por cada ferrado. Construíuse en 1964, encóntrase pegado á casa do propietario e segue
funcionando en boas condicións para uso doméstico, debido a que agora o
cereal escasea e xa non é rentable. O seu único propietario é D. José Otero Galdo e a familia e mantéñeno en bo estado, ocupándose do seu
mantemento.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 29
EIXE MOTRIZ, RODICIO QUE XIRA COA FORZA DA AUGA
QUE ENTRA POLA CANLE
FORZA COA QUE A AUGA ENTRA POLA CANLE PARA MOVER O
EIXE MOTRIZ OU RODICIO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 30
6 –MUÍÑO DE PRUDENCIO
EXTERIOR DO MUÍÑO
Este muíño localízase no barrio de Ferradás en Cordido. Para algunha xente era un muíño patarelo (cativo, de pouca importancia). É un muíño montado en madeira dentro dunha estrutura de pedra. Ten un rodicio horizontal, pedras de 1m 20cm, e elementos de madeira e bronce.
MOAS E MOXEGA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 31
MOAS E MOXEGA
CAIXÓN PARA RECOLLER A FARIÑA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 32
CAIXÓN PARA A FARIÑA
Foi construído en 1.950. A este muíño viñan moer todos os veciños dos arredores. Había que anotar nunha libreta os nomes das persoas que viñan moer e os quilos de millo que traían porque durante o franquismo pasaba todos os meses a Garda Civil a revisar as anotacións e se non estaba todo anotado o seu propietario era sancionado.
DESVÍO DA AUGA DO RÍO QUE VAI PARA O MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 33
ENTRADA DA AUGA NO MUÍÑO
ENTRADA DA AUGA NO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 34
ENTRADA DA AUGA NO MUÍÑO
Co paso dos anos as colleitas de millo cada vez ían a menos. Por iso nos anos oitenta deixou de funcionar por falta de millo.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 35
TRÍPODE
TRÍPODE
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 36
O seu propietario D. Prudencio Ramos sempre o conservou coma se fose un tesouro e cando finou deixoullelo aos seus fillos, Manolo e Prudencio que o seguen conservando coma unha auténtica relíquia.
SAÍDA DA AUGA DO MUÍÑO
SAÍDA DA AUGA DO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 37
7- MUÍÑO DE TOÑO DE ERMITAS
EXTERIOR DO MUÍÑO
Está ubicado en Ribela en Cangas. Está separado da vivenda familiar
dos donos. A forza motriz empregada é a auga do río Alemparte.
RÍO ALEMPARTE AO SEU PASO PRETO DO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 38
Tiña tres moas e tamén moía o millo coa mazorca para o gando.
Podíase moer de día e de noite. Deixábase a carga. Nun burro ou nun
cabalo podían levar seis ferrados de cereal en sacos.
INTERIOR DO MUÍÑO
INTERIOR. MOAS
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 39
Os materiais empregados na súa construción foron a pedra a
madeira e a lousa para o tellado a dúas augas.
FACHADA LATERAL
TEITO
Este muíño era utilizado por xente de Fazouro, Nois, Cordido e
Cangas.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 40
CANLE E ENTRADA DA AUGA AO MUÍÑO
LUGAR DE SAÍDA DA AUGA DO MUÍÑO AO RÍO
Calcúlase que foi construído fai aproximadamente 200 anos e
deixou de funcionar entre 1960 e 1970. O muiñeiro era o dono.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 41
PARTE DE ATRÁS
FACHADA PRINCIPAL
Os seus propietarios actuais son os herdeiros de Emilio
Rivadeneira. Agora o seu estado é totalmente ruinoso.
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 42
PORTA DA ENTRADA
RODICIO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 43
8- MUÍÑO DO EIXO
EXTERIOR DO MUÍÑO
Este muíño localízase na parroquia de Cordido no lugar do Eixo, de
aí o seu nome.
EXTERIOR DO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 44
O edificio é pequeno e estaba cuberto a dúas augas. O tipo de forza motriz empregada era a auga do río Alemparte.
RUÍNAS NAS QUE SE APRECIAN OS RESTOS DAS MOAS E O
MURO PARA POUSAR OS SACOS
As rodas ou moas eran de pedra de cantería. Os materiais de
construción empregados foron a pedra, a madeira e a lousa. No interior existía un pequeño muro de división coa finalidade de pousar nel os sacos.
LUGAR DE ENTRADA DA AUGA AO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 45
REGATO QUE VAI PARA O MUÍÑO
En canto á cronoloxía considérase como data aproximada de
construción o ano 1803. Fíxose unha reforma no exterior da canle e da balsa no ano 1948 e deixou de funcionar no ano 1971.
CANLE DA AUGA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 46
CANLE DA AUGA
CANLE DA AUGA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 47
Este muíño era de propiedade comunitaria para uso de varias familias. Segundo Asunción Galdo Río ( bisavoa de Andrea Ramos) eran
15 as familias que tiñan a súa propiedade:
• Antón de Ramona
• Choni
• Anastasio
• Mariña
• Ramón do Calvario
• Salgueira
• Paraños
• Domingo Río
• Legaspi
• Modesto Galdo
• Amandio Rouco
• Ramón do Roxo
• A Ferreira
• Ricardo Blanco
• Pacegas
PORTA DE ENTRADA. APRÉCIANSE DÚAS PEDRAS A CADA LADO QUE PODÍAN SER POUSADOIROS PARA OS SACOS
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 48
RESTOS DO RODICIO
Na actualidade está completamente en ruínas, pero resitindo ao paso do tempo, como si esperara que a alguén se lle ocurra ocuparse da súa
restauración e así un día chegar a funcionar de novo.
ESTÁ TODO RECUBERTO DE MALEZA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 49
9- MUÍÑO DE GUILLERMO
EXTERIOR DO MUÍÑO DE GUILLERMO
Este muíño está situado no barrio de Ferradás, en
Cordido, preto doutro muíño, o de Prudencio.
ENTRADA DE AUGA AO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 50
A forza motriz empregada é a auga do río Alemparte, canalizada ata o muíño.
CANLE DE ENTRADA DA AUGA PARA O MUÍÑO
Os principais materiais empregados na súa
construción son a pedra, a madeira e a lousa da cuberta a
dúas augas.
FACHADA DE ENTRADA
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 51
Na fachada da entrada están colocadas
horizontalmente dúas pedras, a súa función é a de servir
para colocar os sacos que se traen para moer. Son os
pousadoiros .
POUSADOIRO AO LADO DA PORTA DE ENTRADA
Este muíño empregábase só para moer millo, e era de
uso particular, é dicir para o servicio dos seus donos.
FACHADA DA ENTRADA DA AUGA AO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 52
O edificio está separado da vivenda familiar, pero a
pouca distancia.
FORZA CON QUE ENTRA A AUGA
Segundo os seus propietarios foi construído fai máis de 100 anos e deixou de utilizarse cando os seus donos
non tiñan necesidade de moer, xa fai uns anos.
FACHADA DE ATRÁS
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 53
Hoxe en día non funciona porque o rodicio ten
algunha paleta estropeada, pero con pequenos arranxos
podería volver a usarse en calquera momento.
FORZA COA QUE ENTRA A AUGA
RODICIO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 54
Os seus donos sempre foron e seguen sendo os
propietarios da Casa Guillermo, de aí o seu nome.
FACHADA POLA QUE SAE A UGA DO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 55
10- MUÍÑO DE SALGADO
EXTERIOR DO MUÍÑO DE SALGADO
Está situado na Rigueira, no barrio da Barrosa, en Nois, preto da capela das Flores.
SAÍDA DA AUGA DO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 56
A forza motriz empregada era a auga dun regato chamado río Longo que nace en Brea, pasa por San Xoán, pola Rigueira, pola Barrosa, por Cabanas e desemboca no mar.
Os materiais empregados na súa construción son a pedra, a madeira e a lousa da cuberta a dúas augas.
O edificio non está unido a outro tipo de construción, pero atópase moi preto da vivenda que pertence aos seus donos.
MUÍÑO E VIVENDA
Ten unha soa moa e era de uso privado, é dicir soamente o
empregaban os seus donos para moer millo. Ocasionalmente e coincidindo
co día da malla dos veciños, de regalo os seus propietarios moíanlles gratis algo de trigo .
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 57
INTERIOR DO MUÍÑO
En canto á cronoloxía, pénsase que foi construído a finais do século
XIX e deixou de funcionar fai 55 anos.
REGATO E POSIBLES RESTOS DUN MUÍÑO MOI ANTIGO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 58
O seu actual propietario é Antonio Ceacero, andaluz que mercou a vivenda e demais dependencias fai uns cinco anos para pasar as vacacións.
Actualmente está restaurado tanto o exterior como o interior, pero non se usa.
EXTERIOR E CANLE DE ENTRADA DA AUGA AO MUÍÑO
CEIP FONDO-NOIS
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ARQUITECTURA POPULAR 59
11- BIBLIOGRAFÍA
- GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA SILVERIO CAÑADA. EDITOR: EL PROGRESO – DIARIO DE PONTEVEDRA. (TOMO 31)
- INTERNET
12- AUTORES E COLABORADORES
- ANTÍA BAÑO RODRÍGUEZ – 5º DE PRIMARIA - MARÍA EIJO SOUTO – 6º DE PRIMARIA - CARLOS PAZ VALIELA - 6º DE PRIMARIA - ANDREA RAMOS PIÑEIROA – 5º DE PRIMARIA - MIRIAM REY DÍAZ - 6º DE PRIMARIA - LARA RODRÍGUEZ BASANTA - 5º DE PRIMARIA - NOEMÍ RODRÍGUEZ CARBALLO - 6º DE PRIMARIA - SARA ROJO ÁLVAREZ - 6º DE PRIMARIA - ANTÓN VALDÉS REY – 5º DE PRIMARIA - ADMILSON J. VARELA SEMEDO – 5º DE PRIMARIA
Agradécese a colaboración que prestaron para a realización deste
traballo a: - SANTIAGO MARRUBE QUIRÓS (orientador do CEIP FONDO-
NOIS) - Mª JESÚS GARCÍA TRELLES ( nai dunha alumna de 4º de
Primaria e colaboradora no comedor escolar) - PASCUAL FERNÁNDEZ VIZOSO (pai e encargado do comedor
escolar) - PROPIETARIOS/AS DOS MUÍÑOS QUE APARECEN NESTE
TRABALLO - FAMILLIAS DOS ALUMNOS/AS QUE REALIZARON ESTE
TRABALLO - EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA DO CEIP FONDO-NOIS (deseñou, programou e organizou este traballo como unha actividade a realizar dentro do proxecto de fomento do uso do galego)
- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXIAS DA INFORMACIÓN DO CEIP FONDO-NOIS