36
BANDE Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Bande sitúase no interior da provincia de Ourense, na Comarca de A Baixa Limia e ten unha superficie de 99.4 km². Localízase a uns 40 km da capital de Provincia. O escudo de azul cunha franxa ondeada de ouro acompañada de dúas crucetas, referentes á igrexa visigótica de Santa Comba e na punta unha aguia, en alusión ó campamento romano de Aquis Querquennis. Na cumio unha coroa real pechada. Limita ó norte con Verea, ó sur con Muíños, ó este con Rairiz de Veiga e Porqueira e ó oeste con Lobeira. Formado por doce parroquias nas que se distribúen 47 pobos. San Pedro de Bande: Bande, Buxán, Lueda, Martiñán, Recarei, Sarreaus, Seoane, Xordos e Vilameá. San Xoán de Baños: Os Baños, Lobosandaus, Maus e Vilela. Santiago de Cadós: Cadós, Cima de Vila, Pontecadós, A Granxa, Pazos, Pumares, Rubiás e Souto. Santiago de Calvos: Aldea de Arriba, Igrexa, Ribas e Vilameá. San Pedro de Fiz de Carpazás: Carpazás e Trarigo. Santa María de Corvelle: Corvelle e Pereira. San Xoán de Garabelos: Garabelos. Santiago de Güin: Güin e Ponteliñares. Santiago de Nigueiroá: Outeiro, Quinta e O Viñal. San Pedro Fiz de Ribeiro: Barrio, As Campinas, Fervenza, Quintela e San Fiz. San Torcuato de Santa Comba: Santa Comba, Forcadas, Mexide, O Pazo, Porto Quintela e Quintela.

updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

BANDEUnhas pinceladas do Concello.

O Concello de Bande sitúase no interior da provincia de Ourense, na Comarca de A Baixa Limia e ten unha superficie de 99.4 km². Localízase a uns 40 km da capital de Provincia.

O escudo de azul cunha franxa ondeada de ouro acompañada de dúas crucetas, referentes á igrexa visigótica de Santa Comba e na punta unha aguia, en alusión ó campamento romano de Aquis Querquennis. Na cumio unha coroa real pechada.

Limita ó norte con Verea, ó sur con Muíños, ó este con Rairiz de Veiga e Porqueira e ó oeste con Lobeira.

Formado por doce parroquias nas que se distribúen 47 pobos.

San Pedro de Bande: Bande, Buxán, Lueda, Martiñán, Recarei, Sarreaus, Seoane, Xordos e Vilameá.

San Xoán de Baños: Os Baños, Lobosandaus, Maus e Vilela. Santiago de Cadós: Cadós, Cima de Vila, Pontecadós, A Granxa, Pazos,

Pumares, Rubiás e Souto. Santiago de Calvos: Aldea de Arriba, Igrexa, Ribas e Vilameá. San Pedro de Fiz de Carpazás: Carpazás e Trarigo. Santa María de Corvelle: Corvelle e Pereira. San Xoán de Garabelos: Garabelos. Santiago de Güin: Güin e Ponteliñares. Santiago de Nigueiroá: Outeiro, Quinta e O Viñal. San Pedro Fiz de Ribeiro: Barrio, As Campinas, Fervenza, Quintela e

San Fiz. San Torcuato de Santa Comba: Santa Comba, Forcadas, Mexide, O

Pazo, Porto Quintela e Quintela. San Pedro Fiz de Vilar: Vilar.

Existen tres posibles vías de acceso para chegar a Bande: Desde Ourense (o acceso más rápido é pola estrada OU-540 Lugo-Portugal dirección Celanova); desde a meseta (pola estrada N-525 Santiago-Zamora, en Xinzo coller a estrada PV-301 ata Bande); ou desde Portugal (tres posibles vías: unha Portela do Home (une Lobios con Caldas do Gêrés), outra Madalena (enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo).

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Bande ubícase nun val rodeado de montañas que alcanzan entre 800 e 1140 metros de altitude. Al norte e Noroeste encóntranse elevacións como as do monte Fonte Santa con 1086 m, o monte Castro con 906 m; U oeste encóntrase o monte Congostro de 911 m e o suroeste, o monte Penamaior de 922 m sobre o nivel do mar. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpanmo cultivos e lameiros.

O clima é húmido e bastante chuvioso, con temperaturas suaves no verán e baixas no inverno. Encontrámonos nunha zona granítica moi antiga, accidentada e ademais moi regada (polos ríos Cadós, Limia e Badella). Polo Sur discorre o Limia que forma o Encoro da Conchas, e de noroeste a sudeste vai o río Cadós que desemboca nel. O río Limia é o eixo vertebral da comarca e vía de penetración de pobos e culturas.

A súa economía fundaméntase na agricultura e gandería, aínda que nos últimos anos incrementouse o número de industrias que realizan a súa actividade en Bande. As súas producións máis notables son; millo, patacas, legumes, liño e centeo. A gandería é sobre todo gando vacún e lañar.

Panorámica de

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Unha mirada atrás.

O conxunto histórico de Bande é extraordinario, sobre todo nas súas terras meridionais, deixando a pegada nos vestixios das moitas poboacións que habitaron esta zona. Salientan numerosos restos arqueolóxicos como as mámoas dispersas polo territorio, os castros de Rubiás, Vilela, O Ribeiro, Sarreaus, Fervenza, Seoane, Xordos, Lobosandaus e Pena Maior.

Na época romana, neste territorio, habitaba a tribu dos “Querquennos” que foron sometidos polas tropas romanas. No ano 218, Décimo Xunio Bruto cruzou o río Limia por algún lugar próximo ó que hoxe é o territorio de Bande. Décimo demostra ós seus soldados (os cales tiñan medo de cruzar estas augas) que non se perde a memoria alén do río, e cita un a un os nomes da súa tropa.

Os romanos trazaron por estas terras a Vía XVIII de Brácara Augusta (Braga) a Astúrica Augusta (Astorga), a Vía Nova do itinerario de Antonino, que foi construída no ano 80 baixo o reinado dos emperadores Perico e Domiciano. Esta calzada, que remontaba a marxe dereita do Limia e despois atravesaba por Ponte Pedriña, foi cuberta polas augas do embalse en 1949. Ademais situado o lado desta vía, construíuse

un campamento romano chamado “Aquis Querquennis” coñecido tamén como “A Cidá”; é o terceiro campamento da Vía romana.

Xa na idade media, Odoario mandou repoboar estas terras en nomo do rei Afonso III no século IX. Estas terras víronse inmersas

en numerosas guerras cos portugueses que loitaban por establecer unha fronteira., aínda que tamén tiveron vantaxes nos intercambios que fixeron e favoreceron a economía local basada no centeo, millo, liño, castaña, gandería, apicultura, caza e muíños fariñeiros.

A principios do século, nas proximidades do campamento, en Baños, construíuse un balneario que nalgunhas épocas queda asolagado polo encoro das Conchas cando o nivel do auga sube. Eran augas recoñecidas polas propiedades que tiñan, aconselladas para o reuma, enfermidades da pel o do aparato dixestivo (sae a uns 48º C). Ó lado construíuse unha mansión viaria, un hospedaxe para os viaxeiros que percorrían a

Parte da mansión viaria

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

vía. As augas termais, con multitude de mananciais deron nome a esta mansión.

A finais do século VII, os visigodos deixáronos a igrexa de Santa Comba, a máis antiga de Galicia e primeiro edificio da provincia de Ourense, declarado monumento nacional no 1921. (Tamén en 1944 declarouse monumento histórico artístico a ponte romana “Ponte Pedriña”).

Houbo asentamentos con utensilios do Paleolítico Medio, e no Neolítico cóntase cunha gran cantidade de monumentos funerarios tipo dolmen do 3500-200 a.de C. O Concello conta coas mámoas de Outeiro de Augas (preto de Calvos) e Mámoas do Vieiro. Tamén no camiño As Conchas-Leboreiro, mámoas dos Pedrouzos e A Formiga (preto a fronteira).

Na “illa de Barxés” (emerxe do encoro das Conchas), encontraron cerámica de tradición Penha (decoración de espiga e reticulados profundos) e nos Montes de O Vieiro houbo xacementos de estaño. En mámoas da Idade do Bronce, encontráronse útiles de ferro pertencentes ós “Quarquenni”.

Actualmente Bande, é una vila con actividade na construción, servizos e comercio.

Onde perderse:

Xoias Naturais.

As aldeas, construídas con recios muros de pedra granítica, sitúanse entre a ladeira e os vales máis abertos, rodeadas de multitude de parcelas de labor mesturadas con rodeiras de bosque e monte baixo.

A rede fluvial do Concello organiza un espazo que aumenta en altitude, a medida que camiñamos cara o norte, dirección Fonte Santa, onde se alcanzan os 1090 m e, especialmente, ó noroeste, onde as terras chegan os 1182 m. A estrutura do releve, condicionou a profundidade dos solos. A maior acumulación nos vales favoreceu o asentamento das xentes e así os do río

Cadós e os seus afluentes, e o río Limia, convertéronse cos séculos, nas áreas máis densamente poboadas.

Encontrámonos nunha zona granítica moi antiga, accidentada e ademais moi regada (polos ríos Cadós, Limia e Badella). Polo Sur

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

discorre o Limia que forma o Encoro da Conchas, e de noroeste a sudeste vai o río Cadós que desemboca nel.

O río Limia é o eixo vertebral da comarca e vía de penetración de pobos e culturas. Este río o longo da historia tivo varios nomes: Limia, Limio, Lether, Oblivionis e Belion. Todos eles lévannos a súa lenda como río do esquecemento, ó confundilo co lendario río Lete (río do olvido) do Hades, da mitoloxía romana (e que tiña as mesmas propiedades que este, borrar a memoria de quen cruzaba).

Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, o seu curso galego é de 41 km, pasando polas comarcas da Limia, Baixa Limia, terminando o seu curso en Portugal ata desaugar no océano atlántico.

O río Cadós: nace na serra do Leboreiro, ofrece o longo do seu curso e ata a súa desembocadura no río Limia, fermosos rincóns para o descanso do viaxeiro. En ponte Cadós, pode verse unha construción sobre roca, como exemplo típico da integración do home no seu medio natural e unha bela estampa do río.

A rede natura, ten como finalidade contribuír a garantir a biodiversidade, coa creación, dunha rede coherente de espazos nos que se aplican medidas para a conservación dos hábitats naturais, e de flora e fauna silvestres, no territorio da Unión Europea. Do mesmo xeito, indica a necesidade de establecer unha rede ecolóxica coherente de zonas de especial conservación. O L.I.C Baixa Limia comprende os Concellos de Bande, Calvos, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de leirado e Verea.

Bande é un conxunto de serras e montes de mediana altitude, hábitats tipicamente rochosos que se mesturan con extensas áreas de monte baixo. Están tamén presentes, un elevado número de especies florísticas endémicas.

A fauna que se pode atopar vai desde pequenos anfibios e outros como: gato bravo, lobo, aguia real, bufo real, gata fornela, rapina cincenta, lagarto da silvas, corzo, cabalo, raposo, xabarís, teixugo, bubela, cobra de auga e víbora de Seoane, tamén os garranos ou ponis galegos, propios da esta paisaxe. Ademais soe haber manadas de vacas dalgunha das razas autóctonas, xeralmente “barrosa”.

Encoro das Conchas: esta obra no seu momento, ocasionou unha forte emigración e case abandono das explotación agrícolas e ganderías da parte de terreos máis ricos de Lobeira. Actualmente o encoro é un lugar no que abundan fermosos rincóns, pesca abundante e a posibilidade de practicar diversos deportes náuticos. Augas abaixo da presa, o Limia forma un canón coñecido como “Pozo do Inferno”.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Para desfrutar da natureza na súa plenitude, pódense visitar as áreas recreativas de O Vieiro, Lermes e Pombeira, (foto dereita) contemplar estes

fermosos paraxes desde a Serra das Motas, Pena do Chan (varios xacementos de mámoas), Alto do Vieiro o Monte Grande. Tamén pódese visitar o refuxio de pescadores de Nigueiroá ou desfrutar dun día de relax nas

inmediacións do encoro das Conchas. Neste hai un área recreativa fluvial en Portoquintela, o cal posibilita a práctica de algúns deportes acuáticos como piragüismo o windsurf.

Área das Motas: na estrada de Bande a Entrimo, encóntrase esta área de recreo, atravesado por un pequeno regato. As lagoas, canais, fontes, asadores, … realizados en pedra, forman un espléndido conxunto que invita ó camiñante a un merecido descanso e a repoñer forzas para continuar a súa marcha por estas terras de singular beleza. No monte do Viso e próxima á Ermida, existe outra área de descanso no medio do seu fantástico piñeiro.

Diversos mananciais, co encanto do natural e rústico, poñen a súa nota de frescura neste fermoso conxunto. O auga que mana das fontes e da enorme “poza”, recóllese nun canal de pedra conducíndoa a un estanque. Este estanque de pedra permite ó auga ofrecer ó visitante os máis belos reflexos da variada vexetación circundante. Amplos asadores de pedra permiten preparar comidas campestres, en todo o área encóntranse diseminadas amplas mesas de pedra con bancos para facilitar o descanso e bo comer de tódolos visitantes.

Alto do Vieiro/Monte Grande: O acondicionamento dos camiños e restos arqueolóxicos que integran o “roteiro arqueolóxico etnográfico interpretativo dos ecosistemas forestais do Monte Grande I e II”, permitiu descubrir un “Foxo dos lobos” case único no mundo. Construción en cruz (similar a outra de Vilariño de Conso) as únicas no mundo. A diferenza nestas estruturas que se utilizaban para cazar os lobos, está no número de muros que

teñen. Ten catro muros no lugar de dous, o que permite ter cubertos tódolos frontes. Fai pouco tempo que fíxose a restauración polos arqueólogos David Pérez e Celso Barba, realizaron unha réplica o máis exacta posible respectando a bóveda e a cronoloxía inicial das pedras que integras as paredes. O pozo de 3 m de profundidade, pódese datar do século XV e o foxo foi utilizado polos habitantes de Bande, Verea e A Limia. Hai creada unha ruta que conta con varias

O vieiro

Foxo dos lobos, Monte grande

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

entradas e percorrido circular de máis de 20 km, incluíndo varias necrópoles megalíticas, petróglifos e fontes.

Parte desta ruta entre Bande e Rairiz forma parte o acondicionamento da fonte do Alto do Vieiro: espazo que representa a porta de entrada natural a Baixa Limia, e coñecida por veciños e turistas pola calidade do auga que sae da base do tronco do árbore co preside. A ruta levará o nome de “Roteiro Arqueolóxico etnográfico e interpretativo dos ecosistemas forestadis do Monte Grande I e II e Congostro”, discorre por 31,5 km e antigos camiños e pistas forestais entre os Concellos de Bande e Rairiz.

Serra do Leboreiro: Nesta serra existe unha das maiores concentracións de monumentos funerarios megalíticos de Galicia. No veciño municipio de Verea, pode verse a Mota Grande: o maior enterramento colectivo da Galicia castrexa. Os petróglifos de Pena Franqueira e Pena das Sete Cruces, dignos de ser visitados.

No paseo por esta serra, pódese desfrutar da presenza continua de vacas e cabalos salvaxes. A serra conta cunha densidade de catro megalitos por km cadrado. Atribúese a abundancia de auga que permitiu desenvolver unha gandería que se beneficiou na prehistoria do uso do lume como renovador do cha, xa que a cinza foi abono periódico para novos pastos, garantidos polo encharcamento permanente da zona. Isto facilitou o asentamento de comunidades que deixaron a súa pegada en forma de dolmens cubertos agora por túmulos ou mámoas, que ademais de monumentos funerarios para a familia prehistórica, eran a marca de propiedade do terreo e unha referencia nos desprazamentos en busca de novas zonas de pasto.

Dentro do espazo natural tamén débese incluír as augas termais que brotan impetuosas no medio dos restos dun establecemento termal ou balneario, xa explotado desde o mundo romano. Estes

mananciais de auga quente son utilizados polos veciños de poboacións próximas.

As augas atribúeselles propiedades curativas principalmente do reumatismo e enfermidades da pel.

Como rotas ou camiños neste Concello, cóntase coas seguintes:

Mámoas serra leboreiro

Fonte Vieiro

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Ademais do Roteiro Arqueolóxico, anteriormente citado, destaca no Concello de Bande a Ruta Bande-Serra do Leboreiro: Dificultade media, lonxitude duns 17 km e tempo estimado dunhas 5 horas. A ruta comeza na p raza da Constitución, no centro mesmo de Bande, collemos dirección cara o

pobo de Martiñan onde pódense ver os dous primeiros elementos arquitectónicos, a Capela de San Martiño e por outro o Peto de Ánimas. Tamén pódese un desviar cara o centro do pobo, e observar un conxunto formado por un antigo forno restaurado e un par de canastros ben conservados. O saír deste pobo, atravésase

a estrada e chégase a unha carballeira á beira do río Badella, onde pódese ver un belo muíño que se nutría das augas deste río. Cunha lixeira pendente, ascendemos por un camiño cada vez máis profundo, deixando ver as raíces espías destes centenarios árbores.

Despois pásase polo pobo de Sarreaus e nunha encrucillada de camiños, atopámonos co Peto de Sarreaus. Continúase por un camiño aberto en dirección o pobo de Seoane, desde aquí pódese admirar o redor, soutos, carballeiras, bosques de acivros e bidueiros, e altos e lomas que en tempos foron hábitat da cultura castrexa. Todas as terras que rodean a ruta, atópanse cheas de restos arqueolóxicos e etnográficos: mámoas, castros, muíños, petos, restos románs… moitos deles aínda hoxe sen recuperar, forman parte desta cultura.

Unha vez nas cortiñas de Seoane, temos un exemplo de bosque galego e un pouco máis alá, a ponte do río Cadós (este río nace moi preto de onde remata a nosa ruta, e a pesar de non levar moita auga, sempre tivo fama de ser moi troitero). Séguese cara o derradeiro pobo do camiño, Pereira de Bande, aquí convén aprovisionarse de auga nalgunha das súas boas fontes, xa que non volve a haber outro manancial en todo o camiño.

A saída deste pobo, pódense admirar boas vistas de todo o val, ata o castro de Penamaior, carballeiras limpas e leiras con gandos, e as últimas zoas de bosque pechado antes de ascender cara a Serra. Cando cheguemos o cruce onde remata o asfalto (Gordovela) a dereita, nun campo, pódese ver un antigo refuxio de pedra para o gando. A partir de aquí a paisaxe tórnase máis agreste, teremos amplas vistas do monte rochoso, mesturado con interminables áreas de matorrais propios destas serras.

Subindo cara o alto, a esquerda deixamos o val de Fraga (Lobeira) e o fondo quedan os Montes de Santa Eufemia. O chegar a encrucillada de Penas Altas, séguese subindo pola mesma pista e só se escoita o correr dun pequeno regato que baixa preto da cima. O fondo desde moito antes de chegar o alto, vaise ver o Alto de Penagache (1226m) (foi o primeiro que se subiu en Galicia por un grupo federado) e con bo tempo poden verse os vales do Miño, de Arnoia e do Deva. E por fin, chégase o fin da ruta, o marco fronteirizo 29-1A, fronteira imaxinaria da “Raia”.(Hoxe fronteira cunha gran relación de intercambio comercial, persoal e cultural).

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Vía Nova

Estrada romana, que aparece co número XVIII no itinerario de antonino, que unía as cidades de braga e Astorga, nuns 330 km. A vía atravesaba a provincia de ourense seguindo unha diagonal desde suroeste a nordeste.

Foi construído entre 79 e 80 durante o goberno de Vespasiano eo seu fillo Tito, polo legado C. Calpetanus Rantius Quirinalis Velerius Festus, para fins comerciais, e restaurado nos tempos de Maximino o Tracio eo seu fillo Maximo. O seu trazado ven reflectido con detalle no itinerario de AntoninoAo longo da súa ruta, as millas romanas son marcadas mediante Miliarios.

Entre Braga e Astorga hai once mansións (hospedaxes). Este trazado é un dos que conserva o maior número de miliarios en Europa

Se o que se quere é un camiño máis corto, de menos esforzo, pódese facer a ruta desde Bande ata Pereira, e visitar os pobos da zona.

Outra ruta importante é o Camiño ou Vía de San Rosendo: forma parte da rede de camiños naturais do Ministerio de Medio ambiente e Medio Rural e Mariño. O seu nome evócanos a figura dun dos personaxes máis singulares da Alta Idade Media, fundador de varios mosteiros, entre eles o de Celanova, e bispo da sede mindoniense, converténdose nun dos eclesiásticos de máis importancia

de Galicia, no século X.Este tramo de camiño discorre entre Porto Quintela (Bande) e Celanova,

(non é o trazado exacto) e segue a antiga vía romana que partendo do Aquis Querquenis, comunicaba coa cidade de Lucus Augusti, atravesando a provincia de Ourense pola Baixa Limia, Celanova e Ourense, coñecido este camiño como “Camiño da Raíña santa”.

O percorrido comeza en Porto Quintela, o carón do complexo arqueolóxico “Aquis Querquennis” relacionado coa Via Nova. Continúa polos núcleos de Quintela, Lobosandaus e Vilela, onde se conservan elementos etnográficos típicos da comarca da Baixa Limia como os conxuntos de canastros, capelas e cruceiros. Séguese cara a Rubiás, pasando ó carón dun dos depósitos castrexos máis importantes da zona. Antes de cruzar o río Cadós, atópase cunha igrexa parroquial e un cruceiro de extraordinaria beleza.Ascéndese por cara ó alto do Vieiro, abandonando Bande para introducirnos en Verea, onde atópanse as aldeas Vieiro de Arriba e Vieiro de Abaixo que conservan o seu aspecto tradicional. Pasando a igrexa barroca de Santa Baia, pódese contemplar a necrópole megalítica das Motas do Outeirón, composta de tres grandes túmulos. Continúase pola aldea de Gontán, onde pódese gozar dun dos núcleos rurais mellor conservados da ruta, coas súas concentracións de hórreos, a súa igrexa parroquial e un espléndido peto de ánimas.

Despois pásase polas aldeas de Canón e O Burgo, e a igrexa-cemiterio de San Verísimo, para achegar ó final de ruta na praza maior de Celanova,

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

fronte o mosteiro beneditino de San Rosendo, coa igrexa barroca, claustros e a capela de San Miguel, xoia da arte mozárabe peninsular.

Riqueza histórica e cultural

Bande conta cunha serie de monumentos moi salientables como o complexo arqueolóxico “Aquis Querquennis” o cal está constituído polas ruínas do campamento militar e da terceira mansión viaria; así como, dun centro de interpretación e dunha área boscosa de carballos que rodean o manancial de augas termais, dotando o ámbito dunhas características paisaxísticas especiais. O complexo é un dos vestixios romanos máis importantes achados na Baixa Limia. Esta calzada, que tras pasar pola Serra do Xurés, remontaba a marxe dereita do Limia e despois atravesábalo por Ponte Pedriña, foi cuberta polas augas do encoro das Conchas no 1949.

O campamento romano dunha cohorte da lexión sétima gémina, foi un dos epicentros militares desde os que se activou a construción desta ruta. Ata hoxe, van escavados e consolidados uns 2000m de muralla, coas súas torres sucesivas e alternantes, así como dous entradas, a porta principalis sinistra e a porta decumana,

aparte dun pequeno sector do foso; tamén tres barracóns da tropa, coas súas contubernia, para os 80 soldados de cada centuria, a morada dos mandos respectivos e o patio ou impluvium dotado de cisterna no seu punto medio; o hospital coas múltiples dependencias ordenadas en torno a un patio central e dous horrea (destinados a almacenar os cereais e demais provisións para o consumo humano). Nos últimos tempos exhumouse o edificio medular do campamento, trátase dos principa o cuartel xeral.

O interior dos barracóns é sinxelo, a esquerda a residencia do centurión, dez cubículos dos soldados coa capacidade para 8 e o correspondente patio.

Na escavación do campamento atopáronse entre outros obxectos, unha estatuíña que representa a un lexionario.

O mes pasado apareceron dos novos barracóns de tropas neste xacemento, descubríronse numerosas pezas cerámicas e

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

algunha que outra moeda. Ata agora podíanse visitar tras barracóns do monumento, no futuro serán cinco os que poderán visitarse.

A mansión viaria, e un pequeno hospedaxe para os viaxeiros que percorrían a vía, escavouse un edificio hostaleiro con su gran patio cuberto, cun forno panificador nunha das esquinas. O sector destinado ós aposentos é a cociña e o patio próximo exterior, provisto do

correspondente pozo para dar de beber ós animais de carga. As augas termais, con multitude de mananciais deron nome a esta mansión. Estas augas, de auga quente, son utilizadas polos veciños xa que se lle atribúen propiedades curativas (reumatismo e

enfermidades da pel).

Centro de Interpretación “Aquae “Qerquennae” de Porto Quintela: recréase o percorrido por unha calzada romana, a Vía Nova e os distintos elementos que se encontran o longo dela (miliarios, pontes, minería romana,…). Tamén proporciónase información interactiva sobre os recursos da calzada, da comarca da Baixa Limia e do Campamento Romano. Ademais conta cun

museo onde se expoñen os restos arqueolóxicos de Campamento Romano.

Outra das riquezas desta comarca é o Castro de Rubías, nel atopouse unha cabeza pétrea de Guerreiro Galaico da época galaico romana, é coñecida como Cabeza do guerreiro de Rubiás e consérvase no museo arqueolóxico de Ourense. Estatua dunha cabeza masculina realizada en granito e datada no século I d.C. É un dos exemplares máis representativo da escultura galaico romana, no esplendor da cultura castrexa. A existencia deste castro era coñecida desde antigo pero non foi ata o 1935 cando se puxo de manifesto a súa importancia arqueolóxica grazas a visita dun grupo de membros da Comisión de Monumentos e ós achados materiais, entre eles, unha aguia de bronce, unha inscrición dedicada a Traxano, frisos, xambas e trísceles das

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

cabanas e a cabeza que foi atopada corando unha fonte do pobo, completamente descontextualizada.

Considerase que é parte da estatua de Adrono Veroti do ano 1609. Peza moi ben executada, con certo aire cadavérico fai semellar que fose elaborada a partires dunha máscara funeraria. Ollos grandes e de forma amendoada e sen pupilas, nariz prominente e alongada e boca de beizos moi pouco perfilados, representada pechada. Orellas ben definidas e cabelo representado como un lixeiro reborde detrás da cabeza na zona occipital, para algúns representa o casco.

Tamén na igrexa de Baños, destapouse unha lápida coa inscripción “Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545”, e que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán, e é considerada como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.

Outros megalitos/túmulos en Bande: As Motas; Nogueira na penachaira de Montelongo; Veiga de Santa Comba; A Moa 1,2,3 en Calvos de Bande; tamén en Calvos, Monte dos Calvos 1 e 2; O Vieiro na portela do Vieiro; Os pedrouzos 1 e 2 nunha penechaira da divisoria de augas entre río Cadós e Grou; A formiga 1,2,3,4 na divisoria de augas entre río Cadós e Grou; A Cañota por un vello camiño que transcorre paralelo o río Cadós; Outeiro das augas 1,2,3,4,5,6 e 7 en Calvos de Bande, nun dorso e ocupando tres portelas consecutivas en direción NS. Tamén os Castros de Vilela, O Ribeiro, Sarreaus, Fervenza, Seoane, Xordos, Lobosandaus e Pena Maior.

Pódese seguir o camiño visitando fornos, pontes, muíños, hórreos, lavadoiros e algunhas fontes tradicionais nos pobos.

Aínda pódese camiñar polos camiños e pontes que antano utilizaban os poboadores destas terras, destacando o Ponte “As Cabras” ou coñecido tamén como ponte de Xordos. Tamén é destacado e moi bonito o ponte de Ponte liñares, e non podemos esquecernos de “A ponte Pedriña” de orixe romano e encóntrase baixo as augas do embalse das conchas e só pódese ver en contadas ocasións. É de dous arcos e cimentación sobre dúas masas rochosas. Realizábanse ritos de fecundidade nos que o home acompañaba á muller que desexaba ter fillos. Declarado monumento artístico no 1944 e quedou somerxido no 1949.

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Pódense visitar ademais os Muíños, ubicados nas proximidades dos ríos que regan estas terras, muíños que moían o grao co que logo se facía o pan.

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Como poden ser os de Bande, Corvelle ou o situado entre souto e xordos (nas fotografías).

Numerosos fornos onde as xentes cocían o pan de millo, tamén usados para facer empanadas e outros alimentos varios. Algúns deles aínda se empregan actualmente sobre todo para facer carne asada. Por exemplo: o de Vilar.

Bande conta ademais cun número importante de Hórreos e algunhas fontes e lavadoiros.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Garabelos, Souto e Luedo (algúns exemplos de fotos de hórreos).Lavadoiros e fontes como o de Souto, Garabelos, Vilameá ou Sta

Cristina:

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

←Fonte do ouro en Bande.

As festas tamén son outro atractivo cultural e turístico para dar a coñecer os produtos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo.

FESTASAs festas e romarías dos pobos que forman o Concello de Bande, están

animadas por grandes orquestras e a banda de música do Concello ( Tódolos directores desta banda foron nativos deste Concello, agás dúas persoas). No ano 1973 xúntanse co nome de Banda de Bande as dúas bandas que había naquel entón (a de Bande e Baños). Serven para xuntar a familiares e amigos, onde son convidados a xantar para rematar bailando todos xuntos ó carón da orquestra.

Repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

Festas populares: o En Buxán: San Brais o 3 de Febreiro.o En Santa Comba: San Brais o 3 de Febreiro.o En Ponte Liñares: Virxe dos pontes o 23 de maio.o En Recarei: San Antonio o 13 de xuño.o En Riveiro: Santa Isabel o 4 de xullo.o En Baños: San Benito o 11 de xullo.o En Lueda: Santa Mariña o 18 de xullo.o En Nigueiroá: Santiago Apóstolo o 25 de xullo.o En Mejide: Santa Marta o 29 de xullo.o En Pazo: Santa Marta o 2 de agosto.o En Martiñan: San Mamede o 7 de agosto.o En Santa Comba: Virxe das penas o 15 de agosto.o En Corvelle: Santa María o 15 de agosto.o En Forcadas: San Bartolomeu o 17 de agosto.o En Rubiás: Romaría dos Remedios o 8 de setembro.o En Riveiro: Virxe do Rosario o 1º fin de semana de outubro.o En Calvos: Virxe da Vitoria no 1º fin de semana de outubro.o En Pereira: Santa María Madalena no 1º fin de semana de outubro.

Feiras: celébranse os dias 13 e 28 de cada mes en Bande. Feira mostra de recursos endóxenos: celébrase no verán, na primeira

quincena de agosto. Co obxectivo da potenciación dos produtos locais, cunha especial atención o sector artesanal e gastronómico. O visitante poderá

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

saborear unha mostra das carnes de vaca “cachena” ou “limiá” e cabalo. Nos últimos anos inténtase acadar unha maior dimensión coa participación de casetas e produtos do norte de Portugal.

Festa de San Sebastián: O 20 de xaneiro, considerado este día como festivo local para celebrar as festas, pero esta tradición perdeuse pouco a pouco.

Festa do Peixe: o terceiro domingo de xuño celébrase esta festa co obxectivo de promover a riqueza gastronómica e dar a coñecer o potencial cinexético e turístico da zona, cun concurso de pesca do ámbito provincial. Actualmente vai aumentando o número de pescadores que chegan a esta cita anual. O acto culmina o domingo, cunha multitudinaria degustación de sardiñas, carne de tenreira e cabalo, todo regado cun bo viño e pan de millo.

Festa de San Roque: o terceiro fin de semana de agosto, durante catro días, coincidindo co maior número de visitantes e emigrantes da zona. Celébrase a festa máis concorrida de todo o Concello.

Magosto: a mediados de novembro, celebrase co asado de castañas nas fogueiras que conforman o tradicional magosto

Entroido: chega ata os nosos días pola forza da pervivenza de ancestrais ritos e arraigadas crenzas, das que a orixe se perde na noite dos tempos e pola idiosincrasia do pobo galego, tan apegado as súas tradicións. En Bande nos últimos anos inténtase a recuperación destes ritos e sobre todo a recuperación do “Troteiro”; é unha figura que se perdeu nas últimas décadas, a pesares de haberse celebrado en Bande e algúns pobos máis do seu entorno, desde tempo inmemorial. Os troteiros de pobos veciños acercábanse a Bande para entrar nas casas e comer e meterse cos moradores.

O traxe do Troteiro é un desfraz que se está recuperando despois de 60 anos, e caracterízase por unha serie de detalles: sombreiro no que se pegan postais de familiares e amigos, as cales recíbense o longo do ano, tamén pégase un espello na parte frontal do sombreiro para espantar o mal de ollo; este tamén leva un encaixe con forma de pendente de volta. Sobre a cara levan tapete de ganchillo que lles oculta o rostro, e outro nas costas (cuadrante) coas iniciais do Troteiro. O traxe consistía en camisa branca adornada con hedras e calzón de lenzo branco ata máis de medio perna con cintas como na camisa; polainas de coiro e zapatos negros. Engádeselle un cinto de coiro ó que se lle colga uns “Chocallos” que teñen a función de anunciar a súa chegada.

Da súa vestimenta colgan cintas de cores que antano foron hedras (crese que é unha herdanza da cultura romana) O Troteiro leva sempre unha “vara” na man, que utiliza para levantar os vestidos das mozas. O traxe da muller é parecido pero leva enaguas brancas con bordados e encaixes, e blusas con volantes nos puños e puntilla no regazo.

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

O nome ven do trouleo ou trote polas rúas e camiños.Desfrútase deste personaxe o domingo e martes do entroido.

Tesouros arquitectónicos .

Bande conta cun importante número de lugares interesantes que visitar, compaxinando historia, monumentos, relixión, paisaxe,…

Pódese comezar o percorrido coas igrexas e capelas do Concello, como por exemplo:

Igrexa de Santa Comba: é a xoia da coroa da Baixa Limia e declarada primeiro Monumento Nacional de Ourense no 1921. A máis antiga de Galicia. Parece que puido formar parte dun antigo cenobio o mosteiro e comparte características con outras igrexas da súa época, das que en Galicia non existe ningunha.

Igrexa visigótica do século VII, aínda que sufriu varias reformas o longo dos anos, a máis importante no século IX. No seu interior obsérvanse elementos de etapas anteriores como aras romanas reutilizadas como altar ou un miliario romano que cumpre a función de pila bautismal; no testeiro hai un antigo

sepulcro de mármore onde se conta que estivo o corpo de San Torcuato, un dos primeiros discípulos do Apóstolo Santiago, antes de ser trasladado o mosteiro de Celanova; e tamén unha pintura mural manierista co tema da Anunciación, obra do pintor Ourensán do século XVI Pedro de Salazar. No século XVII, engadíuselle un

pórtico que garda un es cudo e a referencia epigráfica á doazón que fixo Gaspar Rguez de Arvo no 1650.

Este monumento menciónase como un mosteiro dúplice de carácter patrimonial no século IX, despois de intentar ser anexionada pola sede compostelán, queda unido e dependente do mosteiro de Celanova, primeiro como Abadía e logo como priorado. No século XVIII trasladaron para Celanova as reliquias de San Torcuato.

Igrexa de planta de cruz grega; sobre o cruceiro álzase o cimborrio, cadrado, a catro augas; cun porche engadido detrás do cal está situado o campanario. O tellado é de lousas de pedra. O edificio

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

está composto por catro bóvedas de cañón peraltadas que se cruzan e no medio unha bóveda de aristas en ladrillo, recordando o mundo romano, que descansan sobre arcos de ferradura do cruceiro. Destaca a ábsida á cabeceira pola súa forma: plano ó exterior e non semicircular, accedese a ela a través dun arco de ferradura visigodo sostido por dúas parellas de columnas con capiteis baixoromanos e visigóticos. A ábsida conserva pinturas da segunda metade do século XVI, restauradas no 2003, e presidindo a igrexa encóntrase a estatua barroca de madeira policromada de San Torcuato. A greca visigótica que decora a capela maior, a fiestra absidal con celosía de semicírculos de mármore e os frescos con motivos estelares, fan da capela un auténtico tesouro.

Igrexa de San Pedro de Bande: barroca, construída no 1795. Nave distribuída en cinco tramos, cuberta de bóveda de cañón e arcos fajones apoiados sobre piastras que se traducen ó exterior con contrafortes. Cruceiro

destacado en planta, con bóveda de cruzaría no transepto (punto de intersección da nave lonxitudinal e a transversal ó exterior), e de cañón nos brazos, igual ca capela maior. Exterior de robusta e espida arquitectura, ofrecendo unha sobriedade que lle da aire de fortaleza (reforzado pola construción da casa reitoral). Todo o conxunto vai coroado por un campanario, dita torre consta de dous arcos de

medio punto dos que colgan as campás e no segundo corpo un óculo. Os muros laterais norte e sur compóñense de catro tramos separados por grosos contrafortes. No terceiro tramo do lateral sur, ábrese unha porta renacentista en arco de medio punto e un antigo ventanal por riba, hoxe tapiado. O arco da porta do lado oeste, quedou embutido ó reforzar os contrafortes, na clave leva unha peza moi decorativa adornada de rosetas. Os brazos do cruceiro e a capela maior ou ábsida, a maior altura co resto, son un engadido posterior igual co segundo tramo dos muros laterais norte e sur. Os muros laterais rematan nunha cornixa moldurada na que se apoia o tellado.

Fan de pórtico os carballos que segundo tradición popular, indican o tempo da sementeira de patacas (o do medio), millo (o do norte) e fabas (o do sur).

Casa reitoral: chamada “o priorado”, xa que antigamente era un priorado benedictino. Edificio cunha extensión de 570 m² e composto por súas plantas, o piso de abaixo cun patrio central e o piso alto, cun magnífico corredor. Conserva o escudo do mosteiro de Celanova. O longo dos anos

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

foise utilizando para diferentes actividades, en 1950 era escola parroquial. Cara o 1976 se empregaba como teleclub e no 1980 instalouse un centro de formación profesional. No 1985 solicitouse ó bispado que permitise a creación do Museo do Labrego Galaico-Portugues. Actualmente o seu estado de conservación non é moi bo.

Igrexa de San Pedro de Vilar: presenta planta de unha sola nave e testeiro suavemente destacado, separado con arco de medio punto sobre pilastras. Sirve de acceso ó templo unha portada en medio punto, de grandes dovelas. A cornixa, de rampas rectas, actúa de asento a pináculos, alzándose a espadana cun corpo de campás e remate afrontonado.

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Igrexa de San Xoán de Baños: cando o encoro anegou o pobo, a igrexa foi trasladada a súa actual situación xunto a estrada N-540. A súa fábrica mostra a severa estereotomía do seu perpiaño, producíndose un notable desenrolo da espadana que coroa a construción, de dous corpo e decoración a base de pináculos con bolas. O interior, dunha sola nave, está soportado por pilastras sobres as que inician a súa curvatura os arcos faixóns de cuberta.

Igrexa de Santa María de Corvelle: presenta planta rectangular con presbiterio resaltado en altura. A portada, de medio punto rebaixado, remata en espadana e pináculos, que impoñen o seu verticalismo ascensional no conxunto. As cornixas, curvas e abolutadas, prolónganse nos muros laterais. O arco rebaixado da portada e a fornacina sobre o mesmo, coa estatua de Inmaculada, serven para contrarestar o liso dos muros. No seu interior, destacan as imaxes de San Miguel, San Pedro e San Pablo e as imaxes da Asunción e Inmaculada.

. Igrexa de Santiago de Güin: século XVIII. Igrexa

dunha nave e arcos faixóns, presenta ó exterior gran serenidade de liñas. Ós pes abre a porta de

accesos, arquitrabe e sobre ela óculo cadrilobulado. A cornixa presenta as rampas

curvas, con pináculos asentados nos extremos. No centro levántase a espadana dun corpo de arcos,

coroada por frontón de notable desenrolo. No seu interior, o retablo maior ofrece no basamento a seguinte

inscrición: “Esta obra pintouse sendo Prior o Señor Don Martín Gordán ano de 1739. Pintoume Don Joséf Rz de Ourense”. Na rúa central presiden Santiago Peregrino e o Crucificado.

Igrexa de San Félix de Carpazás: O templo, barroco, presenta unha arquitectura de gran austeridade: os parámetros lisos e as portas de ingreso adinteladas. Un óculo aberto na fachada da luz o interior, rematando esta con cornixa e rampas curvas servindo de asento a pináculos nos extremos e á espadana no centro, con alzado de dos corpos escalonados. No seu interior destaca o retablo maior, distribuído en dúas alturas mediante estípites e banco co releve do Sacrificio de Isaac. Preside a fornacina central, a imaxe de San Pedro, flanqueado por San Bartolomeu e San Ramón, dentro dunhas fornacinas trilobuladas.

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Igrexa de San Pedro Félix: Planta rectangular con presbiterio elevado. Na fachada, porta con arco de medio punto e pequeno ollo de boi no frontispicio. A espadana ten un corpo de arcos coroado por un frontón triangular. No seu interior, o retablo maior ten releves con escenas haxiográficas de San Pedro. Outras imaxes a destacar son: Santiago Apóstolo, San Roque, San Francisco, Virxe do Carme, do Rosario e a Inmaculada.

Igrexa de San Xóan de Garabelos: século XVIII-XIX, aínda que podería ser anterior pola inscrición que aparece nunha pedra do lateral exterior dereito, de 1683. Presenta planta rectangular, portada de medio punto formada por grandes dovelas labradas en forma de casetón, algúns lisos e outros con decoración vexetal. A espadana arranca da cornixa, moldurada en gola; consta de dous arcos con arquitrabe no terzo superior e remate de frontón triangular. No seu interior, o retablo maior, de perfil curvo, contémplanse autoreleves do Bautismo de Cristo e Decapitación do Bautista no banco; no sagrario, escena do Sacrificio de Isaac, que se levanta en forma de tabernáculo sustentado por estípites. A ambos lados, en fornacinas trilobuladas, as imaxes de San Antonio e da Dolorosa. Coroa o altar, o Redentor. Os retablos laterais completan a imaxinería do templo.

Igrexa de Santiago de Cadós: Está dedicada a Santiago. Templo do século XVIII-XIX. A súa imaxe, de peregrino, aparece

no interior da fornacina, sobre a portada. Esta resólvese con arco de medio punto, de grandes dovelas e clave figurada. Sobre o frontispicio, a espadana remata o conxunto, con

arcos peraltados e frontón triangular. No seu interior o retablo maior, obra do século XVIII, mostra releves dos Evanxelistas, Santiago na batalla do Clavijo e da Decapitación do Apóstolo.

Igrexa de Santiago de Nigueiroá: templo do século XVIII-XIX con releve da última cena na porta do sagrario do retablo maior (obra barroca). Presenta planta rectangular con presbiterio resaltado en altura. A portada é de medio punto sobre pilastras caixeadas, decorado con dobelas acasetonadas contendo un querubín na clave e rosetas no resto. A cornixa se incurva nos extremos, asentando sobre ela, pináculos. A espadana imponse, marcando a través dos seus dous corpos e de remate, un ímpeto ascensional de perfil escalonado. No seu interior, o retablo maior consta de dous corpos con rúas separadas por columnas salomónicas.

Page 23: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Tamén pódense visitar as capelas /ermidas de Lueda (Santa Mariña), Recarei, Seoane (San Xoán Bautista), Xordos (Asunción), O Viñal (San Roque), en Cadós (con cruceiro pétreo), Rubiás (Virxe dos Remedios), As Forcadas (San Bartolomeu), Mexide (Santa Marta) e Quintela (San Isidro).

Capela de Buxán: dedicada a San Brais e Santa Ana. A construción de perpiaño reserva os bloques regulares para a fachada. A porta de acceso é adintelada, con pequenas fiestras laterais. Unha espadana dun arco, rematada con cruz, pecha o conxunto. No seu interior, reciben culto populares imaxes dispostas no seu altar, dous delas do San Brais. Destaca unha talla gótica da Virxe co neno, de pe e coroada.

Capela de Sarreaus: destaca pola súa monumentalidade. Aparece construída en perpiaño, con presbiterio destacado en altura, servindo de acceso a un arco de medio punto sobre pilastras. A espadana impón a súa altura por medio de dos corpos e remate. A entrada principal a capela, faise a través dunha sinxela porta adintelada. No seu interior, o retablo presenta imaxes populares da Virxe das Neves, San Francisco e San

Lorenzo; no ático, releve de San Xosé co neno. Capela de Martiñán: álzase sobre banco

de cachotería, con perpiaño regular reservado á fachada. A súa particularidade é no despedazado arco de medio punto que sirve de acceso, formado de grandes dovelas. A ambos lados abren fiestras de igual sección, rematando o conxunto unha espadana. O retablo interior aloxa a imaxe da Virxe, flanqueada por San Martiño e San Antonio.

Capela de Vilameá: capela de San Miguel, data do ano 1751. Un fragmento de inscrición aproveitado como perpiaño no paramento da capela, presenta as letras capitais ARQVUERN, nome incompleto do pobo indíxena que habitaba este territorio antes dos romanos, os Quarqueni. No interior, o retablo adáptase á estrutura a dúas augas da cubrición da capela. No banco sucédense diferentes taboleiros con releves haxiográficos de San Isidro Labrador. A fornacina central conten a imaxe de San Miguel e a ambos lados, Santa Quiteria e San Antonio; nos extremos, altoreleves coas imaxes de San Rosendo e San Mauro.

Page 24: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Nas fotos superiores, as capelas de Feira Nova, Luedo,Cadós e Corvelle.

Conta Bande con algúns exemplares de “petos de ánimas” dignos de conservar e admirar; resaltar o de Xordos e Vilameá, entre outros.

Tamén son múltiples os cruceiros que se poden encontras nos cruces de caminos, nas inmediacións de igrexas ou nas prazas dos pobos, destacando os de Vilameá (coa inscrición ARQVERN), Lobosandaus, Bande, Garabelos, Xordos e Corvelle.

(Na foto inferior, os cruceiros de Cadós, Bande, Lobosandaus, Garabelos e Cadós).

Page 25: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Peto de Cadós : compoñen o corpo principal do monumento, perpiaños ben escuadrados e protexidos nas llagas por encintado.

No centro sitúase a fornacina do medio punto sobre repisa. Configura a cuberta un tellado de vertente a dúas augas, que se estende no fronte compoñendo un pórtico aberto, sustentado por piares cuadrangulares de ángulos en chaflán. A circunstancia de que o monumento se emprace nun lugar próximo ó paso dunha vía romana e a

presenza do pórtico, motivou a súa relación con monumentos antigos, na afirmación de que “Imita ós edículos romanos”.

Peto de Ponte Liñares : consta dun corpo desenvolto en frontalidade de aparello ben disposto, conservando restos de encintado nas llagas. Presenta fornacina de medio punto sobre repisa en nacela e remata con cornixa de carto bocel, observándose a ausencia do retablo de ánimas e dos remates decorativos que comunmente se sitúan sobre a cornixa.

Peto de Sarreaus : a arquitectura do monumento forma un corpo composto de perpiaños ben escuadrados, centrado pola fornacina de medio punto sobre repisa. Coroa con cornixa moldurada na nacela no fronte, sobre a que asenta unha cruz con pedestal. A fornacina conten un medio releve con restos de policromía; a composición distribúese en tres estamentos, ocupando o extremo inferior tres ánimas orantes e a zona central, personaxes tocados con bonetes en

contacto co Padres Eterno que preside a escena. Peto de ánimas de Vilar : Resólvese en sinxela fornacina de medio

punto sobre repisa xeométrica en saledizo. Unha reixa protexe o panel interior de madeira en medio releve e de variado

cromatismo; representa de forma moi popular á Virxe do Carme con

escapularios e as ánimas do purgatorio en estrita simetría, entre as chamas.

Page 26: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Peto de Martiñán : composto de fiadas de perpiaños ben cortados e dispostos, coas llagas protexidas con encintado. Cuberta de

tellado a dúas augas, que se prolonga no fronte, configurando un pórtico adintelado, actuando como elementos de soporte do mesmo, un par de piares cuadrangulares de aristas matadas, apeados sobre pedestais. Presenta fornacina de medio punto con repisa, pechada por reixa metálica; no seu

interior hai un deteriorado panel de madeira policromado, no que se representa a santos franciscanos acompañando á Virxe do Carme, vestida co hábito da orden. O purgatorio escenifícase no extremo inferior, con dúas filas de almas entre chamas, dispostas frontalmente e en ríxida simetría. Sobre a fornacina léese: ”Hermanos Acverdse de las ánimas”. Na parte posterior está gravada a data de construción: 1789 e outra máis recente no frontis do pórtico de 1863, de algunha labor de consolidación.

Peto de Recarei : álzase nunha altura formada por fiadas de perpiaño e grandes sillares escuadrados. Presenta fornacina con desenrolo en medio punto sobre repisa moldurada, e o mesmo repítese na cornixa que serve de cerramento ó conxunto; sobre ela descansan remates piramidais e pedestal de cruz, ocupando unha posición non orixinal. No interior da

fornacina figura unha táboa coa advocación da Virxe do Carme, tendendo escapularios ás ánimas e asistida polo Espírito Santo, destacando entre os purificantes, representacións de clérigos.

Peto de Vilameá : peto de sillería e pequenas pedras sen desbastar, cubrindo os ocos de unión coa cuberta. Presenta

fornacina de medio punto sobre repisa de carto bocel, albergando no seu interior, un panel presidido por o Padre Eterno e a Virxe acompañada de anxos, asistindo ás ánimas do purgatorio. O monumento prolóngase con pórtico adintelado, apeado en piares cuadrangulares de aristas en chafrán; sobre eles descansan

vigas lonxitudinais actuando de estribos que contrarestan os empuxes e reforzan a construción da cuberta a dúas augas, quedando perfectamente encaixadas no frontispicio.

Page 27: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Peto de ánimas de Xordos : arquitectura de estrutura adintelada formada por fiadas de perpiaños ben labrados. Presenta na fachada fornacina de medio punto sobre mutilada repisa. O monumento complétase co avance dun pórtico adintelado, apoiado en piares de sección cadrada coas aristas matadas; a cuberta resolta a dúas augas afecta a todo o conxunto. No seu frontis obsérvase o especial modo de ensamblar os perpiaños, recordando ós armazóns de madeira.

Cruceiro de Corvelle : situado sobre plataforma con tres gradas, sobre as que se ubica un monolito cuadrangular que serve de pedestal e no que se lee a inscrición do posible ano de construción (1768). Unha vara con incisións que lle da un aspecto poligonal, termina nun capitel con volutas nos ángulos e cabezas de anxos no centro; encima a cruz cun Cristo crucificado e unha calaveira os seus pes no anverso, e a Virxe co Cristo en brazos no reverso.

Cruceiro de Vilela : sobre unha plataforma con gradas, levántase un pedestal cuadrangular sobre o que se asenta un fuste circular que termina nun capitel decorado con formas vexetais nas esquinas. Por riba a criz cun Cristo crucificado ó que lle faltan as pernas, e unha representación da Virxe no reverso.

Outras cousas que ver.Museo dos Iconos de Santa Comba: Situado

nunha antiga vivenda rehabilitada nas proximidades da igrexa de Santa Comba de Bande. Encóntrase unha colección de iconos bizantinos, pinturas clásicas sobre táboas, acuarelas e cerámicas.

Un alto no camiñoAloxamentos:

o Hostal El Trébol : en Bande, Rúa Pombal, 15. Tlf: 988 443067.30 habitacións con tódalas comodidades, aire acondicionado e calefacción, estacionamento propio, restaurante, terraza, salas de reunións, acceso a Internet, Apto para discapacitados, e admiten animais.

o Casa Rural Casa Mariña: en Bande, Rúa Pombal 65. Tlf: 988 443640.

Page 28: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web view(enlaza Ponte da Barca con la OU-540) e por último . Ameixoeira (comunica a aldea de Castro Leboreiro con Entrimo)

Estupendo aloxamento de turismo rural con salón social con cheminea, bodega e restaurante, xardín, horta, e ten 4 habitacións:

“Yermes”: dobre e baño individual, adaptada a discapacitados, tlf, hilo musical, tv e internet.

“O Vieiro”: dobre con baño individual, balcón exterior e vistas á montaña; tlf, hilo musical, tv e internet.

“A Guiñidoira”: dobre con dous balcóns exteriores e cama de 1.50, ducha hidromasaxe, tlf, hilo musical, tv e internet.

“Montegrande”: dobre con baño individual e bañeira, tlf, hilo musical, tv e internet.

o Vivienda Vacacional Prado: en Vilameá, Bande. Tlf:988 443426. Capacidade de 6 a 12 prazas. É unha casa de pobo completamente reformada con gusto e ben equipada. Son dous casas independentes con tódalas comodidades; unha ten dous habitacións máis salón con sofá cama e cociña; e outra, con tres habitacións máis salón con sofá cama, cociña, finca, terraza e barbacoa. Admiten animais.

Para comer:

Restaurante Orellas en Bande, tlf.: 988 443063.(Especialidade en orellas, lacón con grelos e cordeiro asado; capacidade para 90)

Restaurante A Marea en Bande, tlf.: 988 443549. (dos comedores con capacidade para 200 comensais).

Parrillada Mónica en Bande, tlf.: 988 443457.(Churrasco, pizza, e callos, capacidade para 60 persoas).

Bar Porteliña en Bande, tlf.. 659 611880. Tapería Xunta-t en Bande, tlf.: 988 443067. Hostal Trebol.(especialidade en tenreira e cordeiro, capacidade para 200

persoas). Casa Mariña (especialidade en Bacalao e carnes á brasa, capacidade para

37 comensais).