41
TS: S2A A música transxeneracional Díaz Villaverde, Yanire Domínguez Rodríguez, Manuel Ferro Falcón, Roi García González, Antía Iglesias Otero, Miriam 1.1.- Breve resumo do tema e obxectivos a partires do Formulario entregado e actualizado no seu día. Co noso traballo analizamos o contexto musical que caracteriza ás diferentes xeracións das familias dos membros do subgrupo, así como a influenza que este ben comunicativo proporciona para a identificación da propia xeración. Os principais obxectivos do traballo eran amosar as mudanzas no ámbito musical das familias no marco galego (con representación das 4 provincias e da zona urbana e rural), isto é, analizar a repercusión da música asociándoa ós distintos momentos vitais das xeracións estudadas, e comparar as similitudes e diferenzas interxeneracionais. 1

1 - Web viewRecordas con que canción abriche/che gustaría abrir a túa voda? ... Vai adxunto noutro documento á parte, xa que non pode ir incluído neste Word. 3

  • Upload
    vunhu

  • View
    222

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

TS: S2A

A música transxeneracional

Díaz Villaverde, Yanire

Domínguez Rodríguez, Manuel

Ferro Falcón, Roi

García González, Antía

Iglesias Otero, Miriam

1.1.- Breve resumo do tema e obxectivos a partires do Formulario entregado e actualizado no seu día.

Co noso traballo analizamos o contexto musical que caracteriza ás diferentes xeracións das familias dos membros do subgrupo, así como a influenza que este ben comunicativo proporciona para a identificación da propia xeración. Os principais obxectivos do traballo eran amosar as mudanzas no ámbito musical das familias no marco galego (con representación das 4 provincias e da zona urbana e rural), isto é, analizar a repercusión da música asociándoa ós distintos momentos vitais das xeracións estudadas, e comparar as similitudes e diferenzas interxeneracionais.

1.2.- Resumo da organización do grupo diante do traballo: reparto de tarefas, procedementos, metodoloxías e recursos empregados polos pesquisadores.

Unha vez escolleito o tema do traballo, decidimos documentarnos. Para iso Manuel, Miriam e Roi leron un libro cada un e Yanire e Antía dous. Asemade, consultamos varias páxinas webs que nos facilitaron a contextualización histórica de cada xeración.

1

A parte principal do traballo constituírona os cuestionarios. Cada membro realizou as entrevistas (mínimo 3) ós seus familiares. Unha vez realizadas e postas en común Manuel encargouse da análise das respostas dos adultos, Miriam dos maiores e Roi dos xóvenes.

Para aportar maior luz ó asunto, Antía concretou unha entrevista coa musicóloga María Acuña. Así, axudounos a acoutar máis o tema e a focalizar mellor a exposición.

Tras recoller toda a información necesaria, Antía e Yanire encargáronse de preparar a presentación do traballo na aula, levada a cabo por Manuel e Miriam o día xoves 12 de abril.

A realización dos post semanais estaba coordinada por Yanire, quen se encargaba de subilos tódalas semanas e decidir a quen lle correspondía realizalo cada semana.

En canto á realización das memorias, as encargadas da redacción global foron Antía e Yanire.

1.3.- Rexistro-itinerario de accións emprendidas:

12/04/2012: exposición do traballo na aula apoiada de soporte musical e levada a cabo por Miriam e Manuel.

10/04/2012: confección do power point da presentación así como os últimos retoques ó texto que a acompañaba.

02-09/04/2012: durante a Semana Santa realizamos os cuestionarios ós membros da familia e analizamos as respostas conseguidas. Yanire entrevistou na zona rural de Lugo, Antía na zona urbana de Coruña, Manuel na zona urbana de Ourense, Miriam na zona urbana de Vigo, e Roi na zona rural de Cambados.

26/03/2012: Antía entrevista á musicóloga na Facultade de Xornalismo. María Acuña fai fincapé na importancia da psicoloxía musical e recomenda o libro Las bases

2

psicológicas de la educación musical así como a importancia da musicoterapia.

15/03/2012: realización por parte de todo o subgrupo do cuestionario para as entrevistas ós familiares.

10/03/2012: data límite para a documentación por parte de tódolos membros. Entrega de resumos de todo o material consultado.

1.4.- Pequeno test ao traballo

1.4.1.- Estimación sobre os procedementos realizados polo grupo. Propor melloras.

Quizais deberiamos ter consultado a máis profesionais pero o noso tema non foi convenientemente estudado aínda, tal e como nos deixou ver a musicóloga. Por iso optamos por darlle máis importancia ó traballo de campo, no noso caso, ós cuestionarios.

1.4.2.- Estimación sobre o seguemento do tema nos post e interese da clase. Propor melloras.

O problema do blog é a sobresaturación de posts, polo que non sempre a xente se decataba da suba dos post semanais. Aínda así, é certo que os comentarios que nos deixaron expresaban o seu interese por ver a nosa presentación, unha atención que se deixou ver o día da exposición na aula e nas redes sociais.

Unha posible mellora que captara máis lectores no blog sería o emprego de maior material audiovisual, como por exemplo, algunha foto dos entrevistados, xa que causaría maior impacto nos nosos compañeiros.

1.4.3.- Estimación sobre a relación do tema cos temas da asignatura. Acercamento e propostas.

3

O noso tema versa sobre a comunicación interxeneracional e o entendemento da música como un dos principais bens comunicativos entre todos nós. Así, no tema IV trátase a comunicación como intercambio de símbolos, no noso caso como o posible intercambio de música, que serve para comunicarse, interactuar e relacionarse.

Deste xeito, tratamos a música, ademais de como un ben común e público, como unha mercadoría. Como apuntaba Robert Tomás, a “mercantilización” da comunicación derivada dunha sociedade de masas pode incluso chegar a salpicar ó ámbito musical.

Como proposta poderíamos dicir que este tema debería incluírse na materia xa que a importancia da música para a nosa comunicación, tras facer o traballo, é maior da que nós considerábamos e, á vez, un tema atractivo para os alumnos.

1.4.4.- Resultados acadados polo grupo coas experiencias, tanto no ámbito grupal, como de coñecemento. Melloras acadadas.

Ademais de ter a posibilidade de estudar un tema que nos parecía atractivo e interesante a tódolos membros do subgrupo, tivemos a oportunidade de coñecer os gustos musicais dos nosos avós, pais e compañeiros de subgrupo. Este traballo serviunos para decatarnos da importancia que lle dan e que lle damos á música como parte fundamental da nosa vida. Un dos principais aspectos que cómpre resaltar é que existan tantas similitudes entre xente, sobre todo entre avós, de lugares tan dispares da xeografía galega. Asemade, a lectura dos libros axudounos a comprender a importancia da musicoterapia e a contextualizar mellor as xeracións estudadas para facernos unha leve idea do que nos íamos atopar á hora de analizar os cuestionarios.

4

1.5.- Materiais:

1.5.1 Bibliografía consultada

A maior parte destas lecturas servíronnos para poder establecer algunhas conclusións á hora de analizar as entrevistas e os cuestionarios para a confección do traballo. Aínda así, é certo que tivemos serias dificultades para atopar algunha lectura que nos axudase e nos servise xa que non hai libros que traten xustamente este tema. Tamén debemos recoñecer e agradecer á musicóloga María Acuña por aconsellarnos tamén varios libros.

A continuación, presentamos unhas pequenas pinceladas do que puidemos extraer das nosas lecturas:

- Alcalde, Jesús (2007). Música y comunicación: puntos de encuentro básicos. Madrid: Fraguas. Signatura: P 1184.

Nel cóntase como as emocións que a música provoca nos seus oíntes son diferentes segundo a época na que se escoite e depende tamén de se o compositor vive ou non. Así, os máis novos escoitan máis música porque, xeralmente, teñen máis tempo e porque ademais foron creados nun mundo de tecnoloxía que facía portátil a música e a súa escoita (walkman, mp3…), ademais de permitirlles facer a súa propia selección en función dos seus gustos. Porén, a xente maior nin tiñan aparatos nin tempo pois só podían escoitar música cando naceu a radio, a televisión e a orquestra. Ademais, a música que escoitaban a través destes medios era “imposta” xa que non podían elixila.

- Lacárcel Moreno, Josefa (1995). Psicología de la música y educación musical. Madrid: Visor D.L. Signatura: 78660.

Conta como o gusto musical está influenciado polas presións subculturais do grupo, pero tamén é certo que as

5

preferencias veñen definidas pola idade, clase social e formación escolar. Por tanto, podemos concluír que a familia tampouco é que teña unha extremada influencia nos gustos musicais dos seus compoñentes.

- De Aguilera, Miguel, E. Adell, Joan e Sedeño, Ana (2008). Comunicación y música (2 tomos). Barcelona: UOC. Signatura: P1299 (1 e 2).

A música axúdalle ó ser humano a vivir experiencias vitais, gratas ou non. Cada sociedade ou cultura crea e proporciónalle ós seus membros formas específicas de concibir, facer e vivir a música. Ademais, o marco histórico no que vivimos está cambiando moi rápido e estas mudanzas aféctanlle á música e á nosa forma de vida.

- Hormigos Ruiz, Jaime (2008). Música y sociedad: análisis sociológico de la cultura musical de la posmodernidad. Madrid: Fundación Autor D.L. Signatura: HM 517.

O panorama musical do século XX era caótico. Foi así como foron emerxendo e calando na sociedade xéneros como o blues e o jazz. Pouco a pouco aparecen outras manifestacións musicais que van tomar corpo a partir de ser asumidas pola cultura xuvenil, o rock and roll e o pop. Este tipo de música alcanza o seu maior desenvolvemento nos anos sesenta e setenta e contribúen de xeito decisivo a difuminar os límites entre a música seria e a música popular. Esta última converteuse hoxe en música de consumo.

- Willems, Edgard (2011). Las bases psicológicas de la educación musical. Barcelona: Paidós. Signatura: 78 1475.

Narra como co paso do tempo a música foi adoptando formas e significados diversos, por iso as xeracións non teñen porque relacionar a mesma canción a un momento vital importante. Ademais, as reaccións a un tipo de música dependen do oínte, do seu temperamento, do seu estado anímico e doutros elementos subxectivos. Así, antano a

6

música tiña un carácter máis espiritual e o ser humano tiña unha constitución e un estado anímico diferente. Neste senso, a música foi un factor importante para a formación da personalidade humana.

- Lavignac, Albert (1972). La educación musical. Buenos Aires: Ricordi Americana. Signatura: 78 480.

A música é un medio de expresión e comunicación que lle posibilita ó individuo desenvolverse como un ser creativo.

- Ross, Alex (2009). El ruido eterno. Barcelona: Seix Barral. Signatura: D 397.

Este best-seller recorre a música clásica “contemporánea” ligándoa de forma cronolóxica ós acontecementos máis importantes do século XX. Como calquera outra das artes, a música está fortemente influída pola historia, pero á vez, a historia do século XX estivo moi influída pola música.

1.5.2 Documentos

Hormigos, Jaime (2010). Distribución musical en la sociedad de consumo: La creación de identidades culturales a través del sonido. Comunicar, Vol. XVII, núm 34, 91-98.

Neste documento Jaime Hormigos fala das diferentes linguaxes musicais vencelladas ás normas e valores que imperan en cada sociedade. Por tanto, a música está dotada dunhas características culturais determinadas e é percibida en función dos criterios individuais de cada un. Así, este estudo axudounos a establecer e comprender as diferenzas entre as xeracións analizadas que ó vivir en épocas diferentes adquiriron outros criterios relacionados co mundo no que se criaron.

Aranda R., Raúl (2005). Los significados que asignan los jóvenes de enseñanza media a la música que escuchan. Tesis para optar al grado de Magíster en

7

Educación, Mención Currículum y Comunidad Educativa, Universidad de Chile, Santiago de Chile, Chile.

Nesta tesis prenténdese explicar os significados que os xóvenes asigan á música que escoitan, as circunstancias que rodean as escoitas, e os aspectos que inflúen na selección da súa música preferida, xa que é un campo moi desatendido. Aquí, vincúlase a música techno coas saídas nocturnas e fálase tamén do importante papel que adquiriu a tecnoloxía para a selección de música nos máis novos neste mundo interconectado.

1.5.3 Ligames

http://www.elnuevodiario.com.ni/blogs/articulo/724- musica-popular-contemporanea

Este artigo reflicte o papel fundamental que desempeña a música popular en tódalas sociedades, existindo unha gran cantidade de estilos propios de distintas zonas xeográficas e épocas históricas. Aínda así, o resultado dos cuestionarios atinxiu máis ós outros tipos de música, se ben é certo que algúns dos entrevistados recordaron o folk nalgunha das etapas da súa vida.

http://www.tell.cl/modules.php? op=modload&name=News&file=article&sid=599&mode=flat&order=1&thold=0

Esta entrevista a Sergio “Pirincho” Cárcamo onde afirma que a música é unha excelente ponte de comunicación entre as xeracións.

8

http://escolapau.uab.cat/index.php? option=com_content&view=article&id=83&Itemid=106&lang=es

Tal e como reflexamos na exposición da aula os cantantes que máis pegada tiveron na época dos nosos avós foron solistas, voces individuais, e a maioría varóns (a excepción de Lola Flores). Neste ligame dun programa de Radio da Universidade Autónoma de Barcelona, explícase como a voz da muller foi silenciada ó longo da historia, silencio que gradualmente se foi rompendo como se demostra nos cuestionarios dos adultos e xóvenes, que si van incluíndo máis voces femininas.

http://medialab-prado.es/article/ comunicacion_de_hector_fouce_mas_alla_de_la_crisis_de_la_industria_discografica_redes_p2p_musica_y_experiencia_cultural_generaci

Comunicación presentada por Hector Fouce no Seminario do IV encontro Inclusiva-net: Redes e procesos P2P, celebrado en Madrid do 6 ó 10 de xullo do 2009.

Consiste nun pequeno estudo de como tres grupos de idade (adolescentes, universitarios e adultos) usan as redes P2P, como as valoran e como as ligan á súa experiencia cotiá musical ligada á música.

http://www.xenciclopedia.com/post/Musica/La-funcion- de-la-musica-en-la-sociedad.html

A parte máis relevante deste artigo foi o parágrafo no que fala do emprego habitual da música como parte do ritual relixioso. Así, na maioría dos nosos cuestionarios os avós contestaron que a música que marcou a súa infancia foi a relacionada coa Igrexa, xa que a maioría viviron baixo unha réxime ditatorial no que a relixión era un piar fundamental

9

e, polo tanto, as cancións de misa eran as que soaban en momentos importantes da súa vida. Esta música, sen embargo, non é mencionada nos cuestionarios dos xóvenes que relacionaron a súa infancia a música de debuxos animados (Xabarín Club) e de grupos musicais de moda (Spice Girls), que acabaron sendo substituídos a medida que pasaron os anos por outros grupos que nada teñen que ver con ese tipo de música comercial. Por tanto, pode apreciarse a influenza do factor moda na elección de música durante a época na que a personalidade aínda non está de todo formada.

http://musicaliceocarmelo.wordpress.com/2010/05/18/ funciones-de-la-musica/

Neste blog fálase das distintas funcións da música. Entre elas para o noso traballo, serviunos a función de contribución á integración da sociedade. A razón é que moitos dos entrevistados consideraron as orquestras como un punto de encontro no que os membros da sociedade se unen para participar en actividades que requiren a coordinación dos grupos e incluso moitos dos nosos matrimonios entrevistados se coñeceron durante algunha festa na que soaban as orquestras.

1.5.4 Axenda de contactos

María Acuña, musicóloga. Como xa dixemos axudounos a concretar o tema e aportou luz ó traballo. Asemade, aconsellounos algúns dos libros que mencionamos supra.

Familiares: suxeitos analizados a través de cuestionarios. Constitúen a parte fundamental deste traballo.

10

MEMORIAS INDIVIDUAIS

1. Díaz Villaverde, Yanire

A.- Este traballo, á par que entretido, serviume para poder decatarme dos gustos musicais sobre todo de meus avós. A verdade é que foi un tema no que nunca reparara e, a pesar da distancia e dos medios nos que viven os nosos entrevistados, puidemos sacar grandes semellanzas entre as nosas xeracións. Unhas semellanzas que foron, canto menos, sorprendentes para todos nós.

Por outra banda, creo que esta materia deunos a elección de poder escoller nós mesmos o tema que iamos tratar (obviamente con certos límites) e iso viuse reflexado na implicación e dedicación dos membros deste subgrupo que cando quedabamos, unha vez sentadas as bases, para confeccionar partes do traballo o interese do tema facíanos sentir como nunha charla de cafetería entre amigos.

No tocante ós coñecementos adquiridos, sobre todo, a transición musical entre as nosas xeracións; o gran cambio nos gustos musicais entre avós e netos (nós), e outro menos notable entre pais e fillos (nós). No noso subgrupo parece que a pesar da sobreoferta musical de hoxe en día e as oportunidades tecnolóxicas que temos para acceder a todo este mundo interconectado, preferimos a música creada na época dos nosos pais, aínda que iso si, máis variada.

Foi un punto de partida importante para saber relacionar a música coa súa función comunicativa, como moitas xeracións asocian un tipo de música a un determinado momento (ex: os avós relacionan orquestra á festa, e nós relacionámola coa música techno).

11

Asemade, outro punto importante é o traballo en grupo. Eu nunca antes traballara con eles e quizais debo recoñecer que me custa bastante adaptarme a novos grupos e a novas dinámicas de traballo, un lastre que intentarei non arrastrar para a miña oxalá que futura profesión.

B.- Se ben é verdade que comezamos este traballo con certo desánimo e pouca dedicación, as cousas fóronse tornando a medida que conseguimos acoutar ben o tema. Cando chegou a hora de realizar as entrevistas, os membros estabamos bastante ilusionados coas respostas que iamos obter e, á vez, tamén tiñamos medo por non dar conseguido algo proveitoso á hora de comparar os resultados das nosas familias. Creo que este “medo” do que falo foi produto da nosa pouca autoconfianza neste traballo, que ó principio viamos moi difícil de levar a cabo. Porén, creo que finalmente tivo interese. A miña familia, polo menos, quere ver o traballo porque lle parece interesante e espera que a nosa zona, A Fonsagrada, teña grandes diferenzas coa área metropolitana de Vigo, por exemplo.

Por outra banda quizais, creo que o noso traballo puidera dar máis de si, teoricamente, se puidésemos enfocalo á relación da música cos estados de ánimo das persoas xa que para a evolución da transición musical non atopamos un só libro que tratara iso exclusivamente. Porén, a musicóloga recomendounos varios vencellados á influenza da música no noso carácter e indicounos que o traballo sería máis fácil se escolléramos ese tema e incluso ela nos valería de máis axuda.

En canto á relación coa materia, estou convencida de que si a ten. A música e a comunicación van unidas da man. A música é linguaxe e é unha forma de comunicarse máis, como nos dixeron os nosos avós cando asistían a ese punto de encontro social que eran as orquestras. Hoxe en día, múltiples son os soportes que nos permiten coñecer a persoas a través dos seus gustos musicais (ex: Spotify).

12

Este ben é comunitario, cultural e social. Serve para identificar comunidades e axúdalle a moita xente a expresar sentimentos que ás veces non pode dicir nun coloquio informal. Quizais non sexa demasiado obxectiva pero é que, para min, a música é imprescindible.

2. Domínguez Rodríguez, Manuel

A.- Poder analizar a influencia que tivo a música, ademáis dos diferentes gustos musicais dos membros das nosas familias con idades tan completamente opostas, permitiume chegar a coñecer moito mellor a súa realidade, o cambio tan grande polo que pasou España dende fai setenta/oitenta anos ata agora, ou o a importancia que tiña a música, en moitos aspectos para eles como forma de vida e non tanto como forma de entretenemento.

Baixo meu punto de vista, o mellor de poder realizar este traballo de TS, ao marxe de coñecer a xente de clase coa que non tiña excesiva relación, foi ter que entrevistar os meus avós, isto permitiume, aínda que o podo facer sempre que queira, poder manter unha tendida conversación con eles que era algo que non fixera na miña vida. Levantoume moita curiosidade a súa infancia, o que facían, como pasaban o tempo, como coñecían a xente...quedeime abraiado escoitando o aberta que era a xente naqueles anos a pesar dos prexuizos que podía ter.

Sobre os coñecementos adquiridos gustaríame destacar un par de cousas, a gran influencia que teñen na vida de todas as persoas a música que lles alegrou a infancia, xa que a recordan sempre como momentos cheos de felicidade. Por outro lado, o gran número de conceptos ca entrevista coa musicóloga nos deixou claro, entre eles, como co paso dos anos, crecemos e nos achegamos cada vez máis os gustos musicais dos nosos pais e aqueles estilos musicais que

13

marcaron unha época nas décadas dos oitenta e nos afastamos de música dos nosos anos como o Hip Hop que só escoitamos entre os quince ou vinte anos.

B.-

Sobre o que se refire o noso traballo, eu creo que atópase bastante ben plantexado a pesar de algunhas cuestións que nos provocaron certos problemas.

A pouca información existente na bibliografía, así como os diferentes gustos que podía ter a xente, nos facía moi complexo sacar unhas conlusións que foran válidas para a nosa presentación, a pesar de todo isto creo que todo saíu segundo o previsto e, tanto o profesor, como os nosos alumnos, saíron contentos e coas ideas claras sobre o noso traballo.

No que se refire o traballo grupal, era un experiencia totalmente nova debido a que non nos coñecíamos entre nós, xa que eran grupos que facía o noso profesor Marcelo. No noso caso creo que foi moi positivo, xa que a relación entre nós foi excelente e non existiu ningún problema a hora de repartirnos o traballo. Ó comezo costounos bastante decidir sobre que volcaríamos o noso traballo pero unha vez que o eleximos todo transcurriu sen ningún problema.

14

3. Ferro Falcón, Roi

Decidimos elaborar o noso traballo de grupo TS sobre un tema tan amplo como é a música porque era a opción das que manexabamos que mellor se adaptaba ás esixencias de contido propostos pola materia.

Así pois, mediante os cuestionarios que elaboramos, as entrevistas que fixemos, os libros que consultamos... eu persoalmente saquei bastantes cousas en claro, e creo que conseguimos converter en un estudo moi interesante o que ao principio semellaba un tema moi ambiguo.

Penso que traballamos ben e nos organizamos e coordinamos correctamente entre os cinco membros do grupo. Elaboramos, baixo a miña opinión, un bo traballo e sacamos, e agardo que fósemos capaces de proxectar tamén, unha serie de conclusións bastante interesantes.

Ao ser un tema tan afín e conexo como a música, que para quen máis e quen menos ten grande presenza na súa vida cotiá, foi moi levadeiro o traballo e a pescuda de datos e opinións.

Na elaboración dos cuestionarios rememoramos momentos que a min, persoalmente, me foi grato recordar. Escoitei canción que marcaron momentos da miña vida, outras que descoñecía pero que significaron o mesmo para os meus compañeiros e para terceiras persoas...

Na presentación do traballo creo que conseguimos darlle ese punto de interactividade que precisábamos para meter aos nosos compañeiros en situación e que así entenderan as bases do noso traballo e as conclusións ás que chegamos.

15

Como proposta de mellora, na miña opinión quizais os puntos para a realización do traballo eran pouco claros, co cal o comezo nos puido resultar algo complicado.

Manexabamos varias opcións porque non o tiñamos moi claro, penso eu, e quizais o principio foi o máis difícil debido ás confusións, estabamos un pouco perdidos.

Logo creo que xa o fomos encauzando ben o traballo, traballamos ben, movémonos, entrevistamos a familiares e amigos, á musicóloga..

En síntese, penso que os meus compañeiros de grupo TS e eu traballamos correctamente e conseguimos os resultados agardados. En canto a dicir algo que se podería mellorar insisto en que, na miña opinión, as bases curriculares do traballo TS eran algo ríxidas, e abordar a elaboración deste traballo resultou canto menos algo máis difícil que a doutros, sen ir máis lonxe, o do ProT.

16

4. García González, Antía

A.- O fundamental para min deste traballo foi a aprendizaxe das diferenzas e similitudes musicais que hai e houbo entre as propias familias. A pesares de que unha das principais hipóteses que plantexábamos o inicio era a existencia das mesmas, coido que a realización deste traballo foi bastante proveitosa e a min persoalmente serviume para coñecer moito máis as cancións e a música predilecta dos meus familiares e sorprendentemente como se parecían ós gustos dos demáis pais ou avós, amosando así unha liña musical común entre xeracións.

De primeiras eleximos o tema da comunicación musical xa que consideramos este ben cultural como algo inherente á comunicación das persoas, posto que para moitos a vida sen música non sería o mesmo, e todos temos unha canción que nos recorda a alguén, que compartimos con alguén e que nos recorda momentos de ledicia ou tristura.

Así, unha vez elixido o tema global, o principal problema foi acoutalo, debido á súa amplitude. Coido que esta foi a peor parte do traballo, polo menos para min, debido á dificultade de deixar subtemas e escoller os mellores para representar o que queriamos. Sen embargo, o feito de que todos nos implicasemos debido o gusto polo tema escolleito, facilitou moito o traballo grupal. Se teño que resaltar algo é o traballo da miña compañeira Yanire que foi, sen dúbida, a principal artífice deste traballo, xunto con unha servidora.

Tras realizar os cuestionarios e a lectura dos libros asignados podo afirmar que o traballo serviu para ampliar coñecementos sobre a música, axudarnos a comprender o contexto musical e histórico moito mellor de pasadas xeracións e asentar os patróns que marcaron as distintas modas musicais e cómo có paso dos anos nós ímonos acercando cada vez máis á música que marcou unha

17

época para os nosos pais, é dicir, entre pais e fillos as diferenzas suavízanse có paso do tempo.

Contar coa axuda dunha musicóloga foi a parte máis importante, xa que como experta no tema, indicounos qué partes tratar máis en profundidade e cales non.

A miña avaliación global é moi positiva, xa que pasamos de non saber como enfocar o tema e estar totalmente perdidos a facer un traballo que puidemos defender diante dos nosos compañeiros.

B.- A principal dificultade do noso tema era a pouca luz que aportaba a bibliografía, xa que o tema da relación musical entre xeracións non está moi estudado. A pesares de eso, logramos dar forma ó noso traballo, gracias en parte á colaboración de María Acuña á que xa mencionei anteriormente.

Ademáis, non as tiñamos todas connosco, posto que no caso de que non houbera coincidencias entre xeracións, probablemente non saberiamos como enfocalo, ese era o noso principal medo.

Coido que o tema é un tema interesante para a asignatura e que capta a atención do alumnado, tal e como demostrou a nosa presentación. A importancia da música como elemento comunicativo no eido das novas tecnoloxías e unha constante hoxe en día, e nunha materia relacionada coa Comunicación interpersoal e entre as propias comunidades de persoas é canto menos interesante e chamativo.

Para min o traballo podería abranguer máis campos de estudo, xa que tras a lectura de libros relacionados coa musicoterapia ou a influenza da música no cine, quedaronme as ganas de investigar máis sobre os temas mencionados. Non obstante, era necesario acoutalo.

18

5. Iglesias Otero, Miriam

A.- En este trabajo abordamos la influencia de la música intergeneracionalmente y su evolución con el paso del tiempo. Analizamos a familiares y amigos nuestros y de ahí sacamos las conclusiones.

Bajo mi punto de vista a mi me parecía un tema muy interesante, lo relacionado con la música, los sentimientos que transmite, etc. es un campo realmente fascinante para tratar. Individualmente me ha servido para desvirtualizar algunos mitos sobre ciertos grupos de edad y música que asociaba a dichos grupos. Descubrir lo que escuchaban personas de diferentes lugares y edades y compararlos con los resultados de mi familia fue una actividad muy enriquecedora y lo abordé con bastante curiosidad.

En cuanto al grupo creo que todos hemos aprovechado al máximo el trabajo propuesto por nosotros mismo.

A todos nos gustaba el tema aunque nos costó enfocarlo, se convirtió en un trabajo curioso en el que comentábamos las conclusiones de los cuestionarios y las comparábamos unas con otras como si no fuese una labor académica, sino como un acontecimiento curioso y diferente.

En cuanto a los conocimientos adquiridos, el cambio que ha tenido la música en los último 80 años aproximadamente, apreciar y entender el gusto de abuelos, padres, tíos, ya que se encuentra dentro de un contexto concreto; y ver como en muchas cosas las personas de la misma época son idénticas, son absolutamente diferentes o como independientemente de la edad hay cosas exactamente iguales como que independientemente del lugar y momento que hayamos nacido la música es un lenguaje con el cual hablan los sentimientos.

19

B.- En el grupo costó bastante comenzar. Le dimos muchas vueltas al tema de la música y en un principio no estabamos todos de acuerdo en la manera de enfocar el trabajo. Tuvimos algunas opciones antes, pero nos parecían muy difíciles de llevar a cabo, o carentes de interés para nuestros compañeros a la hora de realizar alguna exposición o de ir relatando nuestros avances en el blog.

Personalmente me hubiera gustado ahondar más en el tema que relaciona música y sentimientos o emociones. El nuestro ha sido un tema interesante, y he aprendido cosas que me han sorprendido. Pero también me parece un tema atractivo como influye la música en nuestros estados de ánimo y como nos comunicamos a través de ella.

En cuanto al grupo, el esfuerzo creo que fue el justo. Al comienzo de la actividad noté bastante desánimo y pasividad, lo que me hizo adoptar muchas veces cierta desilusión ya que parecía que el trabajo no avanzaba. Cuando fuimos capaz de encaminarlo y centrarnos en los puntos que íbamos a tratar, de qué manera, como íbamos a conseguir la información, libros que íbamos a leer, entrevistas que íbamos a hacer, etc. el grupo comenzó a reactivarse.

El tema que elegimos creo que está muy relacionado con la asignatura. Como ya dije antes la música es un pilar básico en la vida de todos los humanos. Es prácticamente el lenguaje universal, las canciones no requieren tener letra para transmitir sentimientos y es posible que a cada persona uno distinto. La música sirve de recordatorio. Esto pude comprobarlo a la hora de realizar las entrevistas a mis padres y abuelos, que a raíz de algunas preguntas recordaban anécdotas y estas anécdotas se iban encadenando con otras, con las que recordaban otras canciones y así sucesivamente. En la cara de los entrevistados se podía apreciar perfectamente que

20

sentimiento le causaba cada una de esas canciones y esos recuerdos, porque eran puro sentimiento.

ANEXOS

1. CUESTIONARIO TIPO

Cuestionario Parte A

Que música che recorda á túa infancia?

Que música che recorda a comunión?

Que música relacionas cos teus anos de adolescencia?

Cal é a canción que che recorde ó teu primeiro amor?

Recordas con que canción abriche/che gustaría abrir a túa voda?

Se puideras volver a casarte, que música te gustaría que soara?

Influenciábavos Eurovisión na túa época (?)

Que tipo de cancións che recordan a un momento feliz na túa vida?

Que tipo de cancións che recordan un mal momento?

Que tipo de música podes asociar á perda dun ser querido?

Cal foi o grupo musical que marcou a túa vida?

Que voz te entusiasmou?

Cal é o concerto que recordas especialmente?

21

O tipo de música que escoitas varía segundo o teu estado anímico?

Que tipo de música che gusta escoitar cando sales?

Cal é a canción que nunca te cansarías de escoitar?

Cuestionario Parte B

Que música escoitabas na túa época?

Cal é a súa opinión sobre a música que se escoita actualmente?

Cal é a súa valoración da transición musical entre xeracións?

Cal é a súa canción favorita?

Que tipo de música añora na actualidade? Cal lle gustaría que escoitaran os seus descendentes?

Cal é a súa opinión sobre as orquestras actuais? Variaron moito respecto ás da súa época?

Cal é o tipo de música actual que máis che gusta?

Cal é o tipo de música actual que máis detestas?

Prefire música en español ou en inglés?

Recorda unha Banda sonora dunha película que che impactara?

2. POWER POINT PRESENTACIÓN

Vai adxunto noutro documento á parte, xa que non pode ir incluído neste Word.

3. ANÁLISE CUESTIONARIOS ANCIÁNS

22

Tras analizar los gustos musicales a lo largo de la vida de diferentes personas con una edad superior a 75 años de diferentes ámbitos, tanto urbanos como rurales, sacamos ciertas conclusiones:

Observamos que en cuanto a la infancia dominan canciones asociadas a juegos como la comba o las palmas, y también canciones típicas de iglesia o del catecismo. Esto se ve íntimamente relacionado con la gran presencia en todos los ámbitos de la vida que tenía la Iglesia en esta época en la que se encontraban bajo un régimen dictatorial.

En cuanto a Eurovisión vemos diferentes puntos de vista. Los ancianos de la zona rural se mantenían al margen de este concurso que causó tanto furor en su época. Mientras que en las zonas urbanos se vivía como un acto de real importancia y de reunión familiar. Nuestros entrevistados recuerdan a concursantes españoles no de otros países y entre ellos a Massiel, Julio Iglesias o Salomé.

Nos ha llamado la atención que en cuanto a la música que sonó en su boda solo un matrimonio afirmó que había sonado un clásico vals. Por el contrario el resto de entrevistados, por motivos dispares no tuvieron música el día de su enlace.

Las canciones que les recuerdan a ciertos momentos vividos, tanto felices como tristes, siguel el mismo patrón; todos recuerdan grandes voces del momento como Antonio Machín, Carlos Gardel, Lola Flores, Antonio Molina, Jorge Negrete, Los Panchos, entre otros.

Si que existe una gran dominante, a pesar de que parezca un mito, el pasodoble domina como música que les recuerda a momentos de fiesta, distendidos y felices. A la vez todos afirman no gustarle la música actual porque no la entienden o porque no tiene significado. Se decantan sin dudarlo por música española, como es lógico ya que desconocen otros idiomas a demás del gallego y el

23

castellano y la música es una forma de comunicarse que requiere comprensión si es que ésta lleva letra.

Pocos de ellos reconocen haber asistido a algún concierto que recuerden. Podemos destacar una minoría que asistió a conciertos de cantantes como Juan Pardo, Celia Gámez o Manolo Escobar.

Analizados los cuestionarios vemos que las orquestas eran un punto social donde conocer gente y en el que la música fuera “bailable” era importante. De éstas recuerdan que eran orquestas muy buenas, con música como merengue, chachachá y pasodobles que se podían bailar. En cuanto a la opinión de las orquestas actuales tenemos varias vertientes los que opinan que son tan buenas como las de antes y los que piensan que la música de la orquesta se ha desvirtuado y hacen más espectáculo que música.

Por otro lado en cuanto a la hora de salir a bailar actualmente siguen prefiriendo la música de su juventud. No son partidarios de la música de ahora de la que declaran que es incapaz de ser bailada.

4. ANÁLISE CUESTIONARIOS ADULTOS

Además de analizar los gustos musicales y la música que ha marcado la vida de generaciones tan diferentes como son la nuestra, jóvenes de principios de los 90, y la de nuestros abuelos, sujetos de mitad de siglo dónde no existía una gran variedad musical.

Entre estos dos grupos también hemos recogido muestras de un término intermedio, personas de nuestras familias que vivieron su adolescencia y madurez en el último cuarto de siglo y vivieron los mejores años del mundo de la música.

24

Como hemos hecho con cada grupo de entrevistados hemos dividido nuestro cuestionario en 3 partes bien diferenciadas:

A) Una primera parte de carácter cronológica que se centra en la música que ha marcado a dichas personas desde la infancia hasta su madurez.

B) Una segunda parte en la que preguntamos sobre como puede llegar a influir la música en la parte psicológica o emocional de las personas.

C) Una última parte en la que pedimos opinión a nuestros entrevistados sobre la música del momento.

Empezando de forma cronológica nuestros entrevistados, en este hablamos de 9 sujetos, su infancia se ve claramente marcada por el programa de televisión “Los Payasos de la tele”, una tercera parte de nuestros sujetos se han visto influenciado por sus canciones a lo largo de su infancia. ¿Quién no ha escuchado alguna vez el mítico “Hola Don Pepito hola Don José”?

Con el paso de los años y la llegada de la adolescencia a nuestros entrevistados, como no podía ser de otra manera, sus gustos musicales también “maduraron” y los payasos de la tele dieron paso, por un lado, a cantautores españoles de gran éxito en los años 80 como Camilo Sexto o Nino Bravo o, grupos ingleses tan importantes como The Beatles, Bee Gees...

25

Como anécdota podemos destacar en estos años jóvenes de nuestros padres/tíos/padrinos algunas de las diferentes canciones que para ellos han sido las “bandas sonoras” de sus primeros y, porqué no últimos amores. Desde singles de grupos españoles como Es por ti de Cómplices hasta Giocobe de Sandro o Noche de blanco satén de Mody Blues.

Para cerrar el repaso cronológico les preguntamos sobre la música en uno de los momentos más importantes de su vida, su boda.

Es muy reseñable que ante la pregunta: ¿Con que canción abriste tu boda? Las dos respuestas más repetidas son un vals y el Ave María.

En la segunda parte hemos realizado preguntas que estuvieran relacionadas sobre la música en el estado emocional de las personas, como no podía ser de otra manera, tres preguntas básicas:

1. Canción que te recuerde un momento feliz

2. Canción que te recuerde un momento triste

3. Varía el consumo de música según su estado anímico

Un sinfín de respuestas totalmente diferentes, una gran variedad de canciones y estilos para ambas preguntas. Si podemos citar algo es que en algunos casos en los que existe una relación matrimonial entre dos de nuestros

26

sujetos suele coincidir la canción que les representa un momento feliz como podemos observar con las canciones Danubio Azul o Samba pa ti de Carlos Santana. En lo que se refiere al momento triste un gran número de sujetos prefieren no escuchar música en esos momentos, en cambio si que hay una división de opiniones cuando preguntamos sobre si varía el consumo de música según el estado anímico.

Además de otros muchos tipos de preguntas pasamos a la tercera y última parte, una valoración personal sobre la música de la actualidad y sobre lo que nuestros “adultos” opinan:

En lo que se refiere a la música actual con respecto a la de su época en la mayoría de los casos “barren” para casa, es decir, prefieren lo de su época, hay casos en el que no se opina lo mismo pero hablamos de la mayoría de nuestras respuestas. Entre algunos motivos interesantes uno de nuestros colaboradores cree que la música de ahora es mucho más comercial y menos comprometida que la de los años 80. Algo en lo que todos están totalmente de acuerdo es en que no gusta la música que más escuchamos ahora los jóvenes, inexistente en su época, y que ahora están en pleno auge como pueden ser estilos como el Hip Hop o la música Techno.

5. ANÁLISE CUESTIONARIOS XÓVENES

Logo de analizar os gustos musicais da xente xoven (entre 18 e 21 anos) de ámbito tanto urbano como rural, sacamos as seguintes conclusións:

En canto á infancia vemos que ten unha marcada influencia a música comercial das emisoras de moda como Los 40 principales. Mención especial merece tamén o caso do

27

Xabarín Club e os seus sons e cancións que tamén deixaron pegada en todos os nenos e nenas galegos.

No caso de Eurovisión, case todos coinciden no boom que tivo Rodolfo Chiquilicuatre cando representou a España no certame. O concurso gañou audiencia entre os novos por aparecer en televisión como un show para escoller o representante, mais isto tamén supuxo unha perda de interese con respecto á gala de Eurovisión segundo algunhas opinións.

A música que asociarían a súa voda (xa que ningún está casado aínda por mor da idade deste grupo) ensalza o pasodobre por exemplo, para destacar, aínda que este grupo xa sole incluír neste apartado cancións que lles gustan ou que lles marcaron, o que denota a modernidade deste tipo de celebracións, ademais de que son tan só desexos e opinións.

As cancións asociadas a momentos tristes ou felices na súa vida tamén son de grupos ou estilos relacionados cos seus gustos, algúns comerciais e de moda e outros de estilos máis alternativos e persoais.

Para saír de festa e divertirse a maioría coinciden en que o seu estado de ánimo nestes casos precisa de música con ritmo e que os motive, en xeral a música de moda (agora moi electrónica) que solen escoitarse en pubs e discotecas, ou as súas cancións favoritas dos estilos que prefiren.

En canto aos concertos que recordan, nomean o do seu grupo ou cantante favorito os que tiveron ocasión de poder asistir a un directo seu, outros destacan grupos de moito renome con directos espectaculares aínda que non sexan da súa época, como por exemplo o de Bruce Springsteen en Santiago de Compostela.

28

Finalmente, con respecto ás orquestras, aínda que para este grupo xa non supoñen concentracións de xente ou puntos sociais para saír de festa como ocorre con grupos de maior idade, si destacan que a posta en escena e a técnica das orquestras de agora é máis coidada e no caso das máis famosas, espectacular.

29