16
R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 781 - Do 16 de febreiro ao 1 de mazo de 2009 1-M . O voto da saudade

1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

  • Upload
    vodan

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778811 -- DDoo 1166 ddee ffeebbrreeiirroo aaoo 11 ddee mmaazzoo ddee 22000099

1-M . O voto da saudade

Page 2: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

A foto que fala

Probablemente, ...tup!!!O trasnoDaniel López Muñoz

A longa marcha das mulleres (Zhugao, China).

interminable con plena lucidez, carnetorrada, sangue a eito, por sempre dolorinenarrable, o demo co tridente trinchandoonde lle peta, Auschwitz era gloria bendita,cajonodemo, deixa de pinchar...!

Por iso que a mensaxe da campaña ten unpequeno problema. Se a idea e a vivencia daexistencia de deus é esa, daquela a máismínima posibilidade de que sexa certa aexistencia de semellante monstro metemoito medo. E se estes que me querenconvencer da súa non existencia só measeguran un “probablemente”, mi madriña,non me subo ao bus, e quedo coas ganas,porque se probablemente non existe, existenprobabilidades de que si.

Un ateo razoable debía revisar ospreconceptos que ten do que nega.Certamente que en todas as tradiciónsrelixiosas existen correntes que viven dopoderoso confort de aterrorizar cun ídolo eaproveitarse do medo da xente. Tamén haivivencias opostas, aínda que sexan menospintorescas e mediáticas. Onde hai amor nonhai temor, disque dixo alguén.

Probablemente non, seguro que a ferelixiosa, ben vivida, ten moito máis que vercoa emoción agradecida de sentir aos merlosque, agora, na candeloria, empezaron acantar polas mañás.

2

O problema está no “probablemente”. Acampaña dos buses ateístas, como apuntabao amigo Estrada no número anterior deIrimia, contrapón a existencia de Deus áposibilidade de gozar da vida.Evidentemente iso xa é unha idea bastanteclara da divindade e con esa idea na calugahai poucos que non queden con ganas desubir ao bus. Pero xa digo, o“probablemente” é a cuestión.

Curiosamente desde certas sensibilidadesmarxinais, como estas do barrio Irimia,

percibimos unha continuidadecase perfecta entre o deus dos

buses e o do cardeal vaticano queacaba de dicir que evitar ter pormáis tempo enganchada a unha

máquina a unha persoacerebralmente morta é un “abominableasasinato”. Se isto o dixera un

representante da fiscalía, todo o mundopensaría nun xuízo xusto e nun tempiño no

trullo, pero se o di un cardeal desa estirpe, acousa ponse arrepiante porque o

xuízo implícito é o final ea condena que mil anosde mala catequese ehorripilante predicación

meteron no cerebelo demáis dun (e sobre todo dunha), non

pasa por menos dunha eternidadeasados a lume lento, de vagariño, senmorrer nin perder o acordo, suplicio

Page 3: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

3

Editorial Malia todo, cómpre consolidar o cambio

Rumores de esperanza

Temos certa saudade do entusiasmo. Gustaríanos chegar a esta fin de lexislatura e felicitarnos conentusiasmo, como país, por termos consolidado un cambio real, sólido. Cambio non só nas coloresdo goberno, non unicamente en certas formas, acenos e acentos do discurso, senón un verdadeirocambio de estilo de goberno e de xestión e manexo da cousa –e dos fondos- públicos.

Cómpre sermos críticos e adultos e peneirar. Durante boa parte da lexislatura vivíronse tempos debonanza financeira, sen conciencia de que a historia cíclica das vacas gordas e fracas segue estandoaí. Houbo áreas de goberno nas que se arremedou o clientelismo de outrora, e procesos deselección de persoal pouco exemplares.Tamén houbo gasto innecesario, por máis que as denunciasda oposición teñan moito de demagoxia. Sobreabundou o electoralismo, nervioso, por vecesneurótico, mesturando os logros cos plans, e as intencións reais co fume e non faltou improvisacióne descontrol en áreas clave, como educación.

Porén, no outro brazo da balanza hai cousas demoito interese. Sen pretender a perfecciónimposible, que non a hai, impulsáronse políticasclaras e novidosas que, como o banco de terrasou a reorientación do desenvolvemento rural,por primeira vez inciden en asuntos clave,

sempre pendentes, como a dramática desertización humana do agro. As políticas sociais e devivenda pasaron, por primeira vez, a estar en primeiro plano da axenda política, das expectativas daxente e do debate nos medio de comunicación. A ampliación da zona litoral a cincocentos metrosmerece un aplauso colectivo, dada a voracidade do sector inmobiliario. E a enerxía eólica pasou deser un abuso de compañías descontroladas que campaban caprichosamente, a estar controlada econdicionada a proxectos de desenvolvemento das zonas deprimidas onde se instalan.

Unha lexislatura non chega para consolidar políticas de cambio. Apostamos por consolidar esecambio, de maneira cada vez máis clara, incluíndo, xa que logo, un afondar na transparencia, nademocracia, na austeridade e na moderación verbal e electoral.

Xan Guillén

Unha lexislatura non chega paraconsolidar políticas de cambio

Se Willy Fog levantase a cabeza quedaría asustado do moito que se reduciu omundo dende que precisou oitenta días para dar lle dar a volta. As distanciasreducíronse e Internet é unha ferramenta que serve para moitas cousas. Tamén podeservir para achegarnos. Velaí dúas historias que teñen coma protagonistas adistancia e Internet e que me sucederon a min estes últimos días.A miña curiosidade informática levoume a subscribirme a Facebook. Para quen nono saiba, é unha rede social na cal podes contactar con xente en función da túaamizade, dos teus intereses ou de diversas cuestións. É unha ferramenta na cal

podes formar parte de grupos que piden que Gayoso separe o micrófono doqueixo ou que piden a paz en Palestina. Por medio desta ferramenta dei

atopado a dous amigos da miña tenra infancia. Dous amigos deses dosque fun distanciándome tanto no tempo coma no espazo e que desúpeto aparecen na túa vida grazas ao Facebook. Dalgún non sabíanada dende había máis de vinte anos.

Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei dunhas relixiosas quemarchaban a Sudán para colaboraren na reconstrución do país despois

de moitos anos de guerra. Onte unha das irmás de comunidade desasrelixiosas deume unhas cantas follas. Eran os correos electrónicos que

enviaran dende que están alí contando as súas experiencias.Indubidablemente lembráronme as “epístolas” de San Paulo. Hoxe en día

San Paulo tamén mandaría os mesmos correos coas mesmas experiencias e amesma esperanza. Non sei se todo cambiou ou nada cambiou.

Page 4: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

4

Occidente atiza nos GrandesLagos a guerra doCONGO, rico en coltán,que resulta imprescindíbel paratelefonía, ordenadores,tecnoloxía espacial, armas, etc.,pola permeabilidade paraconducir electricidade. Mentres,o 80% morre de miseria.África, hipotecada polaexplotación, sofre a escravitudedos nenos nas minas, empresasfantasma das multinacionais,que incentivaron a 1ª e 2ªGuerra Africana (1998), con 5millóns de mortos, miles dedesprazados e 30.000 nenossoldados. No Kivu, un quintoda poboación abandonou osfogares (1.200.000), e loitancontra o cólera, que xa matou50.000 persoas. Agora ostutsis, atacan os hutus exiliadosna fronteira. Na foto, MaríaLópez, dos 200 misioneirosespañois na RDC, ferida, queviviu o xenocidio ruandés, con4 millóns desaparecidos oumortos, 6 misioneiros de aquí e3 de Medicus Mundi. En 30anos morreron 35 en conflitos.

O 21, a Escola de Idiomas dePonferrada principiou outrocurso de galego, pola demandados 40.000 galegofalantes doBIERZO. Protestan poladesidia dos colexios en ofrece-ren o seu ensino, no que sematricularon máis de mil en 13colexios e 4 institutos. O Bierzofoi provincia galega no trienioliberal (1822) durante ano emedio. Agora é de León,excepto os 6 concellos deValdeorras de Ourense. Defeito son 75.000 os galegofa-lantes nos lindes de Asturias,León e Zamora, e 150.000máis que o coñecen. Outra eivason as 51 parroquias ourensásna diocese de Astorga: 40.000veciños en 2000 Km2:Valdeorras, O Bolo, Viana,Trives, Manzaneda... Na foto, oanuncio da 1ª edición dos pre-mios de Asociación Bercianada Lingua Xarmenta (2005),onde conflúen galego, asturia-no, castelán e lleunés.

O 31 foi erguido un busto deANXO GONZÁLEZ,‘O Cura do Incio’, na súaparroquia durante 40 anos,con esta mensaxe: “Non viñena que me sirvan, senón aservir”. Tres anos despois damorte, segue a xermolar o seuesforzo. Por iso, os fregueses,coordinados por “Terras doIncio”, abriron a páxinawww.anxo.info, para compartiro seu espírito evanxélico que xacelebramos en Irimia.Investigador da cultura oral,restaurador da Igrexa doHospital, promotor de reformasagrarias, coma ocooperativismo, alternou olabor pastoral con traballos enasesorías, botica, etc.Exemplificou na vida, o lemada XI Romaxe que organizoucon tanto agarimo: “Tempo desementar”, onde a A Quenllainterpretou a “Rumboia” porprimeira vez e todos volvemosás casas cunha planta decastiñeiro que segue a medrar.

A Plataforma Antitranxénicos,despois de buscar sinaturaspara que o Parlamento aproba-se Galicia comaZONA LIBRE DETRANXÉNICOS, e queeste o rexeitase, segue a con-cienciar a poboación dos malesda alteración de plantas. Dezconcellos xa pertencen a unharede de 5000 entidades locaisda UE que son espazos sentransxénicos, en contra da polí-tica do Estado, que se opón aesta loita popular. Hai multina-cionais que realizan ensaios enmillo transxénico, agochándosedas administracións que oteñen prohibido, coma os muni-cipios de Val de Dubra, Lalínou Chantada, que vén de rea-firmarse neste cometido, prohi-bindo a Monsanto, un campoexperimental deste millo, quesolicitara do Estado, conscientesde que é prexudicial para asaúde. Reivindican a soberaníaalimentaria dos pobos contraestes imperialismos devastado-res.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

5

O idioma é o fogar do espíritode cada pobo, por iso loitamospola súa vida no DIA DALINGUA NAI, candoentre nós, algúns están amachucala para gañar votos.En Europa hai 239 idiomas,pero son os latinoamericanosos que están a facer políticasaxeitadas para protexelos, pois,hai 522 pobos indíxenas quefalan 420 linguas, en Ecuador,Bolivia, México (onde 100linguas teñen menos de milfalantes).... Así, os do zitácano,o otomí e o mazahuareducíronse nun 20%. Son asmulleres adultas, as que osestán conservando, pois oshomes ao ir traballar fóra,marxínano. En Chile vén deabrirse a Academia da LinguaAymara, para crear autoestimanos nenos e mozos pola linguaancestral e o orgullo polapertenza ao pobo, dentro dadiversidade, como linguaintegrante, promovendo o seurecoñecemento constitucional.Pero é unha teima de todos ospobos: Iraq está a aceptar oturcomán como lingua oficial.

ISRAEL preocupa. RafaelLafuente, de Ferrol, na foto,denunciou na TVE o tráfico dearmas de España. Nesta cidadepresentan o 26 El Judaismo deJesús, de Mario Saban, autorde Mil preguntas y respuestassobre el judaísmo español yportugués, ou La cronología delpensamiento judío, etc.Optaron, tinguidos de sangue,polo exterminio de Gaza, quedeshumanizou a consulta cunracismo e tiranía que arrepía.Deslexitimada para 1,2 millónsde árabes, fillos dos non depor-tados na creación do Estado,aos que non deixaron presentarpartidos. Non hai democracia,cando anulan minorías, con cri-terios étnicos, prohibindo casarcon persoas dalgunhas nacións.Esquecen os nazis, ou identifí-canse cos asasinos. Entre nóshai pegada dos xudeus: Tui,Monforte, Ourense, menos dun2%, unhas 200 familias nopaís, ata a expulsión (1492),mesturados cos demais. EnAllariz tiñan barrio ou xudería.No 1044, vivía algún enCelanova. Despois embarcaronna Coruña para África.

Formamos unha rede na cadeada vida. O Parlamento Europeovén de curtar o uso de pestici-das, por razóns de saúde.Como tamén prexudica oemprego de fertilizantes quimi-cos e xurro, que en exceso, seusa para intensificar a produ-ción e a comercialización deleite e carne, destruíndo a redeanimal dos solos: réptiles, anfi-bios, etc. Todo un mundo queestá a perderse, coma se nada.Así, insectos, coma AS FORMIGAS, exem-plo da laboriosidade, uns10.000 billóns, que poboan aterra dende hai 300 millóns deanos. Seres diminutos que axu-dan á alimentación, porquecolaboran na polinización dasplantas e limpeza do chan. Sensabelo, por cada un de nós, hai200 millóns de insectos. Hai950.000 especies catalogadas,pero poden ser ata 30 millóns.Producen moito ben, perotamén prexudican..., teñen aarte de poder camuflarse nonoso ambiente, sen que nosdecatemos. Todos os niveis davida están poboados por eles.

O día 15 terá lugar a manifes-tación de GALIZA NONSE VENDE enCompostela, contra desfeitascoma os encoros. Denegáronse20 en tres anos, pero hai reor-denacións, como as amplia-cións de Os Peares e Belesar naRibeira Sacra, que pode perdero ser Patrimonio daHumanidade. A Xunta pidecompetencias sobre as canlesdo Miño-Sil, esmagadas polamanipulación de 77 centrais.Un país asolagado polo capital,asoballando os dereitos dosdonos das terras, coma enCastrelo de Miño. Fenosa apro-veitouse dos recursos e esquil-mou veciños e paisaxe, mentrespaga os tributos fóra. Exportaelectricidade, e a carón dascentrais hai días sen luz polomal estado das liñas. A constru-ción dunha minicentral podeprexudicar o Mosteiro dePombeiro, que estudiouNicanor Rielo. A admiraciónque produce a 700 m. sobreco-lle pola paisaxe que está acoroar.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

6

Pedro Pedrouzo Devesa

A política é un campo de ilusións. Unha idea política pode ter unha enormecapacidade para mellorar unha sociedade, pero tamén pode ser usadaunicamente como forma de atar en curto aos cidadáns. O político buscacidadáns con necesidades para poder satisfacérllelas a cambio do voto. Ovoto é a arma que temos para apoiar ideas ou para rexeitalas. Pero oproblema aparece cando cun voto decidimos sobre 10.000 ideas que levou acabo un goberno. Que valoramos máis á hora de votar: as cousasconseguidas ou os fracasos dos políticos? Hai motivos para non votar?

Hai persoas descontentas con todos os políticos. Non hai un que lles parezaadecuado, e de todos desconfían. Cal é a razón que dan? Que todo segueigual.

Pero, de verdade todo segue igual? É o mesmo que gobernen uns ca outros?Posiblemente, nun 90% esa pregunta haxa que respondela afirmativamente.Pero iso non é un demérito dos políticos, senón un mérito da sociedade. Tantoten qué político veña, que unha parte dos logros que, a modiño, perofirmemente, imos conseguindo, son firmes e difíciles de eliminar.

Porén, hai un 10% que muda. Cada catro anos os gobernos van deixando asúa impronta para os seguintes períodos por medio de leis, de obras e

servizos públicos, de formas de entender a sociedade máis libres eigualitarias. Liberdade e igualdade son os dous eixos cos que debemos medira xestión dun goberno: temos máis recursos públicos que nos permiten vivirmellor (a todos) agora que hai catro anos? Vivimos nunha sociedade queaprende a sacudirse a nociva influencia dos numerosos caciques, tanto ruraiscoma urbanos, e votar sen ataduras? Os políticos (moitas veces) sucumben átentación do poder. Tarefa dos cidadáns é educalos periodicamente.

Persoalmente teño gañas de ver cómo o bipartito completa nesta lexislatura osproxectos deseñados na anterior e que por motivos obvios non lle deu tempoa realizar. Interésame ver cómo resolve a rehabilitación dos núcleos urbanos,os bancos de terras, a reordenación do solo, a vivenda pública, aadxudicación eólica, o sistema galego de benestar coa consabida xestión dadependencia, o fracaso escolar, e por suposto…, a recesión económica. Creoque aínda é prematuro un novo goberno do PP, porque no partido nonasumiron totalmente os motivos que os levaron a perder a maioría absoluta enGalicia.

Liberdade e igualdade son os eixos cos quedebemos medir un goberno

Catro novos anos de goberno

Page 7: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

7

Rubén Aramburu

O Peto do Santo AntónAndan os entroidos pola rúa, quizaisansia de primavera e festa. Xa chedixen moitas veces que non gustomoito destas andrómenas que fanmoito barullo e gasto. Pero ben,entendo que haxa xente de samba easubío, e que teñan gozo! Veño de ler nun xornal que querencondenar un individuo a dous anos decadea por deixar morrer un canciño afame. Neste tempo de lacóns e decachuchas dános para pensar estahistoria que seica aconteceu por terrasde Lugo. Cadra sempre neste tempo aCampaña contra a fame de MansUnidas que di que combater a fameha ser cousa de todos. Creo que undos milagres máis bonitos de Xesús foicando convenceu a xente de que cadaun buscase no bolso e compartise contodos. Foi a gran multiplicación dospans e dos peixes: a multiplicación docorazón. A canto nos habíancondenar por deixar morrer tantaxente a fame no mundo? E quen iría acadea? O Papa? Obama? Touriño?Xa ves que traio dúbidas profundas.

Debe ser porque a Festa do Lumesempre impón o seu aquel deausteridade, pois sendo festa non haivaixela nin camareiros, nin primeirospostos na mesa. Só un protocolo:compartir a tortilla, a empanada, asrosquiñas de Charo…compartir avivencia, a palabra, a utopía…milagre de partición sen rangos,distintivos ou faixas coloradas.

Disfrázase Deus, dicía o cura deSobradelo. Disfrázase de tenrura e deagarimo neste inverno tan duro e tancru no que marchou tan boa xentecomo Agustín Bueno do Castiñeiriño eEuloxio Sanxil aquel crego obreiro ecamioneiro. Nos pazos non sabendeles, pero canto lle queren as xentessinxelas! Marcharon tantos velliñosfuxindo da friaxe que a terra vaiquedando orfa de memoria. Contodo, o Entroido aínda que amoladode coresmas e de ritos, vén sendoaturuxo pascual da natureza.Coidade os cans amiguiños.

Page 8: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

8

Durante as últimas décadas doséculo pasado era moi normal falarda relación entre política e teoloxía,había unha teoloxía política eespertaba unha teoloxía daliberación. Ti mesmo escribichessobre a relación fe-política. Pareceque a posmodernidade e a teimosíada curia, sobre todo enlatinoamérica, fixeron recuar esasachegas. Agora que Galicia se vistede eleccións, en Irimiapreguntámonos se a fe en Xesússegue a ter algo que dicir en relacióncoas opcións e os comportamentospolíticos dos cristiáns?Efectivamente parece que hai unsilencio sobre ese aspecto socio-político do Xesús histórico, ao queeu me achegaría desde acentralidade da “opción polospobres”, e que é un asunto conimplicacións políticas claras. Ese éun eixo nuclear da experienciahistórica de Xesús e así foirecoñecido noutros momentos, nontan afastados, pola mesma xerarquíacatólica, como aconteceu no sínododos bispos do ano 71. Ese é,ademais, o punto de partida, a

perspectiva novidosa da teoloxía daliberación: desde onde se fai areflexión sobre a fe? Desde quelugar histórico e social? E non só dateoloxía da liberación. Hai moi boateoloxía que, con diferentes matices,segue as pegadas do que Karl Barthenunciara como a “proclividade deXesús cos de abaixo”. Xesús, desdelogo, non era neutral.

E, agora, anos despois, co avancedas investigacións sobre o Xesúshistórico, segue sendo válida esacentralidade da opción polospobres?Os datos que nos achega ainvestigación reforzan, en primeirolugar, a condición social de Xesús.Forma parte dunha familia humildede aldea, que sería medio labrega,medio carpinteira, das queofrendaban un par de rulas, dastantas que vivían nunha economíade subsistencia. Tamén da extracciónsocial do seu grupo se pode afirmarque cando menos seis eran damesma orixe humilde. E, despois,está o dato tremendo e irrefutabledo seu proceso final. Como diPannemberg “sufriu a morte dunexcluído”. En segundo lugar está oque Xesús dixo. O pobre formaparte da declaración programáticade Xesús: a lectura de Isaías coa que

EntrevistaRedacción

Conversa con Xulio Lois, teólogo

“O decisivo é vivir en consecuencia...”

Na Igrexa hai medo a recuperar ahumanidade de Xesús

Xulio Lois exerce de teólogo e de galego por Madrid. É o presidente da

asociación de teólogos Xoan XXIII e foi durante máis de trinta anos

recoñecido mestre dunha reflexión cristiá encarnada nos procesos de lib-

eración, a través do seu oficio de profesor do Instituto Superior de

Pastoral, do seu exercicio como cura en Vallecas e como animador de

comunidades de base. Nun momento electoral, nun momento, ademais, no

que a dereita política trata de ser identificada de novo como a aliada da

Igrexa, cómpre recordar o elemental da mensaxe de Xesús en clave tamén

política.

Page 9: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

9

comeza o seu periplo público (Oscegos ven, etc...aos pobresanúnciaselles a boa noticia), aresposta que lle dá aos seguidoresdo Bautista, o discurso central dasbenaventuranzas, a parábola doxuízo das nacións, as parábolas enxeral, etc... É como se nos pobres sexogase a causa de Xesús na Historia.O que si poderiamos falar é denovas facetas sobre as que se está adesenvolver a reflexión teolóxica,novos lugares desde os queinterpretar a experiencia históricade Xesús: a perspectiva feminista, aecoloxista, a indixenista,...

Tamén está a forma en que,simplemente, vivía...As actividades sandadoras de Xesúsforon sinais de preferencia polosexcluídos; a súa actitude coasmulleres é sorprendente; acomensalía de Xesús ten unsignificado moi especial pola súaespecial proximidade cos pobres, porriba de calquera convencionalismo.Como di R. J. Karris a Xesúsmatárono pola forma en que comía.Eran comidas igualitarias, nas queninguén debía quedar fóra, comidasescandalosas, con pecadores, queseica precipitaron a morte de Xesús.

Todo ese estilo pode de algunhamaneira influír non só nos contidosdas opcións vitais, mesmo políticas,dos cristiáns, senón ademais nunxeito de estar ao servizo dunhacausa, hai unha maneira moiparticular de liderar...Eu diría que hai algo importante nasabedoría cristiá a ese respecto: oproceso kenótico (o abaixarse, odescender, o facerse sinxelo cossinxelos) marca todo un estilo deestar no mundo, efectivamente, isoque se ten formulado como “fíxosepobre para enriquecernos coa súapobreza”. Evidentemente hai algode choque cultural cos estilos deliderado político que se levan. Perocómpre, ao mesmo tempo, clarexaralgo importante que se tenterxiversado: a pobreza non se podesacralizar. Cómpre afirmar que aestratexia de Xesús é facerse pobrepara superar a pobreza, para aliberación da pobreza e daescravitude. Sobre o estilo quepreguntas, digámolo cun xogo depalabras: o cristianismo é cuestiónde “proximidade”.

É aceptable a neutralidade, adistancia ou o pasotismo?O decisivo é vivir “enconsecuencia”. Eu creo

sinceramente que se na Igrexa haimedo a recuperar a humanidade deXesús é porque hai pánico aoseguimento e as súas consecuencias.O encontro co outro –pobre-ábrenos aínda máis ao misterio datranscendencia, mesmo cando ointento de superar a pobreza resultaser un fracaso. Tamén é certo quehai “lugares sociais” desde onde nonse pode ver, nin oír, nin interpretar amensaxe de Xesús. En cambio, comodi Jon Sobrino, desde asolidariedade real cos pobresábrense moitas cuestións necesariaspara interpretar a mensaxeevanxélica.

Page 10: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

10

Ao comezo do ano, despois dunhalonga etapa de sufrimentos e unhabreve estadía no Hospital Xeral deLugo, presentouse ante o Señor(ledo, tranquilo e esperanzado!) esteincansable loitador cura rural,Euloxio Sangil Beltrán. Familia,cregos de Mondoñedo e Lugo atotalidade das freguesías e amigosdas parroquias veciñas de Outeiro doRei, Castro, Rábade, Samos e Lugo,acreditaron o afecto á súa persoa e oagradecemento ao Señor por térnoloregalado. Unha sentida Eucarística, en linguagalega, foi a nota dominante da granmanifestación de fe o día do funeral.Foi concelebrada por un numerosogrupo de cregos e presidida polobispo de Lugo quen, nunha sinxelahomilía, recoñeceu a obra e asingular vida deste cura rural que,durante moitos anos, soubo construíre manter vivas e activas variascomunidades, grazas á súa actitudepermanente de amor, bondade,gratuidade, servizo e entrega a Deuse aos irmáns. Este feito recoñecéronoos veciños de San Salvador deCastelo, Santiago de Vilela e SanLorenzo brindándolle o lugar dedescanso dos seus restos mortais aopé da igrexa de Vilela. Acudironmembros da familia irimega e doMovemento Rural Cristián,asociacións coas que acadara unhaben gañada amizade. Naceu en Renche (Samos) no ano1927. Estudou no Seminario de Lugoe ordenouse no 1952. Despois deexercer en parroquias rurais, no 1968(o ano das utopías e a esperanza!) foinomeado responsable das parroquiasque e o acompañaron durante osúltimos corenta anos. Exerceu taméncomo arcipreste da zona en diversasetapas. Euloxio foi un cura especial. Deconstitución física miúda, aparenciadébil pero cunha ben equilibrada

cabeza agochada debaixo da súainseparable viseira que non tapaba asúa carraxe, valentía e coherenciaante a vida e os problemas. Tentouvivir o espírito do Vaticano II(1962/65), participou na AsembleaConxunta (71/72) e no Pastoral deGalicia (1975/79). Non se limitou aotraballo do clero tradicional senónque loitou por levar á súa vida (e ássúas comunidades) as esixencias daIgrexa aberta ao Espírito. Ese afánlevouno, ao xeito do movemento doscuras obreiros de Francia, a traballarcomo obreiro. Fíxose viaxante(vendedor de libros, viños, lámpadas,con conflitos laborais incluídos) paranon ser gravoso ás comunidades, nasque traballou arreo, cos seus paisanospara arranxar e reconstruír asigrexas. Traballar para axudar aliberar. Foi un crego de fe. Levada ávida diaria. A súa teima era“purificar o culto” tan contaminadopolos cartos, ofrendas e ritos. O seucompromiso levouno a estarpresente na famosa e valentereivindicación da coherencia da FeEucarística na Ofrenda de Galicia aXesús Sacramentado (Lugo), cosproblemas agrarios e nacolaboración cos máis humildes edesfavorecidos. El tamén foi pobre,sinxelo, próximo, servidor eentregado aos demais. Incluída a súafamilia humana. Grazas, amigoEuloxio, polo teu xeito de vida, polatúa liberdade e inquedanzas. Sobretodo, pola túa valentía e coherencia áhora de vivir a fe. Bótanos unha mandesde a túa nova situación queposúen os fillos de Deus resucitados(coma ti) para que non nosdesanimemos na loita por purificar anosa Igrexa galega de tantos atrancose alforxas (usos, costumes,comodidades, devezos de poder,cartos...) que non a deixan vivir nasesixencias do Evanxeo de Xesús, oseu único Salvador.

Igrexa de San Salvador de Castelo

In memoriamXesús Mato

Na memoria de D. Euloxio, cura rural na diocese de Lugo(Cura sinxelo, humano, loitador, coherente...e irimego)

Page 11: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

11

Page 12: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

12

A Aquela Ledicia en branco

Antes a neve caía cunha xenerosidade quese achegaba ao imposible. Durabaunha semana, ano tras ano, unhasemana enteira como mínimo. Econ todo era pouco tempo

porque, como di miña nai,cando ela era nena, a neve

botaba na cidade ata dúassemanas, e sempre caía cunmanto moi espeso, de vinte ou

trinta centímetros. A ledicia que meproducía a súa chegadapermanece intacta a día dehoxe. É unha sensación

especial, tan exclusivacomo a propia neve. Sinto a

súa chegada no corazón, quenoto como se ensancha coamesma tenra alegría de candoera pequena, ao tempo que un

sorriso xigante se me engancha na cara.Tanta alegría como pena cando marchaba. Ao

cuarto ou quinto día, a neve branca voltábase parda.Cada vez máis, ata enfermar. Un bo día desaparecía detodo, e con ela todo o que a facía especial: o frío intenso,pero non calquera frío, senón o “frío de neve”; a cor doceo, a forma na que pintaba os tellados, os parques, asárbores, os xogos coa neve, o olor a neve ...

A neve da que tanto gusto e que tanto me divirte, quesegue a illar aldeas e a complicarlle a vida aínda a tantaspersoas. A neve, que fai que nenas e nenos queden nascasas sen ir á escola (supoño que sen que o lamentenmoito), que deixa fogares sen electricidade (Deus, ondeiamos conectar o mp3 ou o ordenador as e os urbanos?),que altera a vida na gandería, no agro, no transporte...;que fai caer a preocupación polas persoas que teñen queviaxar a diario. A neve, tan doce e tan dura; tan agarimosae tan perigosa.

Eu presumín toda a vida pola neve que cae na cidade.Aquí non temos mar, e iso doe, porque o mar é un galanoextraordinario do tipo da neve pero ten, de momento,carácter permanente. Ter mar é algo inmenso como o marmesmo. Aquí non temos mar, pero unha vez ao anopodemos presumir de ter neve.

Con todo, o que me segue a fascinar desta bendiciónanual é o seu silencio.

Page 13: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

13

O noso taboleiroManolo G. Turnes

A pesar dos anuncios de nevarada e xeo, comezou a

Asemblea de socios e socias de Irimia ás 10:15 (puntual

contra todo prognóstico). Xuntámonos para reflexionar,

debater e celebrar todo o que vimos facendo e vivindo

como asociación. Velaquí esta crónica telegráfica.

Asemblea da asociación.

Revisouse todo o ano, comezandopolas contas, que foron moi benpresentadas por Pepe Barca. Obalance é saneado, aínda que quedouclaro que esta revista non seautofinancia coas cotas dossubscritores. Debateuse tamén sobreo medallón, que na última Romaxefoi vendido por debaixo do seu prezode custo. Con todo, a nosa economíamarcha ben, aínda que sexa grazas enparte ás subvencións.

Mesa Redonda.Victorino Pérez e Camilo Nogueiraforon convidados para darnos asperspectivas socio-relixiosa e socio-política, respectivamente, ó tema dereflexión que nos convocaba: “crisede sistema, crise de utopías.Alternativas”.

Comezou Camilo facendo un repasodo século XX, no que foron tendolugar cambios “utópicos” queabrangueron a descolonización, amellora xeral do noso nivel de vida ecultural, as grandes conquistas dostraballadores, a democracia, aliberdade relixiosa ou o comezo daliberación da muller.

Cando se fala da caída das utopías -asegurou- estase a pensar en utopíastrasnoitadas que xa non responden ómundo de hoxe: EUA e China xa nonson as únicas potencias. Emerxennovas referencias coma Brasil,espello para os outros países da zona.EUA co seu modelo ultraliberal xanon convence nin pola forza: seChina e a India -que suman mediahumanidade- consumen coma eles(ou coma nós) o planeta non oresistiría. Fronte á inseguridade dunestadounidense ante a enfermidadeou o futuro dos fillos, Europa éreferencia no terreo social: calqueraque enferme ten un médico que oatenda, os nosos fillos van poder

unha proposta de lema e lugar para aseguinte, polo que a asemblea deixoupendente a súa aprobación. Notocante á revista, comentouse que amesa de redacción acusa un certodesgaste. Áchase de menos ocompromiso dos irimegos paracontar pequenas experienciasachegadas a eles.

Logo de repasar as outrasactividades, a xeito de colofón, adirectiva expresou o seu desexo deque este ano se potencien as

seguintes tarefas: a) manter asubstentabilidade económica, b)restaurar os tempos de reflexión doverán, c)levar a cabo a ediciónsonora das cancións que A Quenllacanta nas Romaxes e d) crearobradoiros (formación) ofertable aparroquias e comunidades.

Polo que se refire á renovación daxunta directiva, Machusa -ata o deagora secretaria-, deixa o cargo,substituíndoa Concha Sánchez.

O repaso das diferentes actividadesde Irimia, comezámolo pola Romaxe.Segundo informou Lois Ferradás, aorganización da Romaxe deste anoestá en marcha pero aínda non hai

A nova utopía debe facerse desde alectura da realidade e as experienciasexitosas, con traballo, por un camiñoasumible e mantendo os valores.

Victorino Pérez e Camilo Nogueira.

Page 14: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

Sen crer nalgo, sen esperanza e senamor, non se ergue un polas mañás

1414

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Agustín Bueno, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea,Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar,Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

facer estudos superiores sen termosque aforrar para isto desde quenacen. Ademais é modelo deconvivencia en paz e construcióndunha economía poderosa entrepaíses que se formaron a base deguerras.

Galicia tampouco xa non é a de hai50 anos: de país labrego-mariñeiropasamos a urbano-industrial.Ademais somos un país exportador(o 33% da nosa produción). Aquítamén o paro sobe, pero sufriremosmenos a crise ca noutros lugares. A

economía galega lidera en España osector do automóbil, do téxtil, dapizarra, do naval, aluminio, a enerxíaeléctrica, etc., que non dependen doben ou mal que lle vaia á economíaespañola.

A utopía de poñer fin ó capitalismoestá vixente pero as modificaciónsdeben vir de dentro da sociedade. Ocambio está lastrado pola idea duncambio global que veña de fóra. Xaagora non todo na nosa sociedade écapitalismo (as coberturas sociais xacitadas non forman parte destaideoloxía). A nova utopía, pois, debefacerse desde unha lectura darealidade e desde as experienciasexitosas que xa temos, con traballo,por un camiño asumible pola

humanidade e mantendo os valoresque nos permitiron chegar ata aquí.

A continuación Victorino declarousepartidario de optar pola utopía deXesús de Nazaret. Sen fe nalgo -afirmou-, e sen esperanza e sencaridade un non se ergue pola mañá.Na súa análise da Igrexa afirmou queesta revélase incapaz de suscitarunha experiencia espiritual entre oscristiáns, conformándose con manter

que non sexa teoloxía elaboradabaixo un esquema de “pensamentofilosófico grego” e resistencia afacerse galega en Galicia. Avogou, endefinitiva, pola necesidade de que ascomunidades cultiven unha místicada liberación, que nos permita terexperiencia profunda da realidade epercibir nela un Deus que a alenta.

Xantamos, celebramos edespedímonos.

a igrexa sociolóxica (sermos moitos evisibles) para se manifestar conpoder. Subliñou unha das principaiseivas do catolicismo sinalada polosprotestantes: a pobreza da vidaespiritual persoal.

Repasou os diferentes grupos quehai na Igrexa, e tamén os de base -como Irimia- que consideraafectados por ese mesmo déficit deespiritualidade e recordou a esterespecto a frase de Panikkar/Rahner:o cristián do século XXI será místicoou non será.

Logo enumerou as chagas da Igrexa:esquecemento da centralidade dospobres, xerarcocentrismo patriarcal,romanocentrismo, prexuízo cara o

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778811 -- DDoo 1166 ddee ff eebbrreeiirroo aaoo 11 ddee mmaazzoo ddee 22000099

1-M . O voto da saudade

Concha Sánchez faise cargo da secretaría.

Page 15: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

15

Boa Nova

Falan as ciencias sociais da resilencia como a capacidade humana para sobrepoñerse anteas adversidades, para rexurdir, adaptarse, recuperarse e acceder a unha vida significativa.E din que a resilencia produce nas persoas unha transformación interior, volvéndoas máishumanas e sensibles, máis solidarias.No evanxeo de hoxe Xesús chámanos á resilencia. Pinta a historia a un home amarrado aunha padiola, laiándose da súa desgraza. Está inútil e pensa que a vida xa non paga apena. Os amigos xa non saben como animalo: mesmo o descolgan polo tellado da casa.Xesús dálle unha palmadiña no lombo, que de seguro todos e todas lle estaban a dar, peroque ata aquel momento a este homiño eivado non lle fixera efecto porque non cría naspropias posibilidades. Xesús non lle dá alternativa: “Levanta, colle a padiola e vaite para a túa casa”. Non estáXesús polo labor de deixarnos quedar de inútiles, de derrotados. Mándanos para casa coapadiola das nosas desgrazas na man. Estou ben certa que na casa había unha muller resilente, que sacaba adiante a vida e afamilia ela soa porque o seu home estaba inútil.

Marisa de Corme

A C

LAV

EMc 2, 1-12Domingo 22 de febreiro - 7º domingodo tempo ordinario

De alí a uns días entrou de novo na casa;tantos se xuntaron que nin diante da portahabía xa sitio. El expoñíalles a Palabra. Entón,entre catro, trouxeron un home tolleito. Pero,non podendo chegar ao pé del, pola moitaxente que había, levantaron ata poderenmeter o leito co enfermo, e descolgalo. Xesús,vendo a fe que tiñan, díxolle ao tolleito: “Meufillo, quédanche perdoados os teus pecados”.Pero alí sentados estaban algúns letrados, quemantiñan para os seus adentros: “Pero queestá a dicir este home? Está blasfemando.Quen pode perdoar os pecados, senónunicamente Deus?”.Xesús, decatándose axiña do que estabancavilando, díxolles: “Por que razoades así nosvosos adentros? Que é máis fácil; dicirlle aeste tolleito: quedan perdoados os teuspecados, ou dicirlle: érguete, colle a padiola evaite? Pois para que vexades que o Fillo doHome ten poder para perdoar os pecados -dille ao tolleito-, colle a padiola e vaite á túacasa”.E así foi: no instante ergueuse, colleu o leito, efoise diante de todos; de tal modo que todosficaron pasmados, e daban gloria a Deusdicindo: “Nunca tal cousa vimos”.

A P

ALA

BR

A

Nunca me gustaron os pesados. Tampoucofacerme eu pesado, aínda que isto último éconnatural a un e moi poucas veces evitable.Pero esta semana pasada descubrinmevalorando un pesado. Por primeira vezentendín que cando un quere que as cousas sefagan ou, sobre todo, que se fagan ben,cómpre poñer un pesado na súa vida. Enrealidade o meu cambio de apreciación foidoado: deixei de pensar por un só minuto nocargante que me resultaba esta persoa eobservei os froitos da súa insistenteperseveranza. Só unha confianza absoluta natarefa que estaba a desenvolver podíaexplicar a súa insistencia a pesar de tantosrexeitamentos. E pensei como moitas veces amiña comodidade, ou mesmo un pouco devergonza, adiara proxectos que euconsiderara de vital importancia.

José A. Martínez

O E

CO

Page 16: 1-M . O voto da saudade - asociacion-irimia.orgasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_782_WEB.pdf · nada dende había máis de vinte anos. Outra historia. Hai un ano (máis ou menos) falei

16

Falando da lingua Por favor, infórmense!Lidia e Valentina

Nunha etapa da súa vida Ramón Piñeiro con-siderou que mellor ca centrar as forzas endesenvolver un partido galeguista era preferi-ble galeguizar todos os partidos para que, ámarxe da ideoloxía que estes posuíran, parti-ran todos dunha base galeguista. É o que secoñece como piñeirismo. El mesmo integrou,como independente as listas do PSOE. Un doslogros da súa xeración dos que el estabamáis orgulloso era o feito de contarmos cunestatuto homologable ao catalán e ao vasco emais a Lei de normalización lingüística. Case20 anos despois de que el morrera vemosque a galeguización dos partidos que el pro-pugnaba non só non chegou senón que cada

Ramón Piñeiro, ese fracasado

día está máis lonxe. O candidato que repre-senta á metade dos votantes de Galicia pre-séntase ás eleccións coa promesa estrela dederrogar o decreto de galego no ensino edando o seu apoio explícito a organizaciónsque pretenden unha derrota do galego porgoleada e canto antes.Non sei onde está opunto de non-retorno para supervivenciadesta nosa lingua que debeu nacer en martes13, pero cada día achegámonos máis e conpaso firme. Moito se lembra o fachineiro dafrase evanxélica: “Eu non vin aquí paraderrogar a Lei; eu vin para lle dar cumpri-mento”.

A.Q.

O Fachineiro da lingua

Medias verdades, mentiras enteiras, distorsión da realidade... É o que empregan ungrupo de xente que - baixo unha denominación tan ben soante coma “Galicia bilin-güe”- quere enterrar o galego. Si, como o oídes, ímoslle chamar ás cousas polo seunome. Podedes non estar de acordo coa nosa postura, pero cando menos teredes queestar ben informados e entender ben o significado do bilingüismo que se anda adefender por aí.Que pretenden os que baixo “bilingüismo” defenden que “cadaquén fale o idiomaque queira e eduque ós fillos na lingua que desexe”? Significa, ademais dunha faltade respecto pola lingua propia da comunidade e mais dos seus falantes, o seguinte:1-Agochar e deturpar a realidade de que Galicia ten unha lingua de seu que estáMINORIZADA, isto significa que necesita protección porque está xogando uncombate en desigualdade de condicións. Parouse alguén a pensar con que armasconta cada un dos exércitos? O galego: unha canle de televisión, fronte ó caste-lán: polo menos, 6 canles. E se o combate se quere desenvolver con xogos deordenador, videoconsolas, películas, como queda a cousa? Onde se lle pode axu-dar ó débil? A través da educación.

2-Facer demagoxia e empregar a lingua coma arma política. Dixemos moitas vecesque a lingua non ten siglas de ningún partido. Atacar un sistema de aprendizaxeavalado polo Consello de Europa coma as Galescolas non é pretender o bilin-güismo, senon outra cousa... Despotricar contra o Decreto 124/2007, que preten-de que as dúas linguas da comunidade teñan a mesma presenza nas aulas, é dicir,que se ensine un 50% das materias en galego, non é pretender o bilingüismo.Pedir que se anule unha lei que nin sequera se está a cumprir porque nas cida-des non se chega nin de lonxe a ese 50%, non é pretender unha Galicia bilingüe,é querer destruír o galego.

3-Pedir que os pais poidan decidir se os seus nenos poden ou non recibir a clase dematemáticas en galego, que significa? Pois que non cren que o galego valla paraaprender a sumar... Vaites, vaites! Isto é pretender unha Galicia bilingüe?

Ide reflexionando sobre isto, informádevos ben do que realmente pretende a xenteque promulga o bilingüismo, e mais do que queremos os que buscamos aNORMALIZACIÓN -que non imposición- do galego. Seguimos no próximo número, que isto non remata aquí!

Abusón,que es un abusón!