16
Número: 104- Ano: VI - 11 de setembro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 26 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. A UD Ourense, considerado o sucesor do CD Ourense, estréase este domingo 14 en Liga en Terceira Rexional. FÚTBOL Páx.4-5 Nati Pacios, premiada pola súa traxectoria no fútbol sala BALONCESTO Páx.3 FÚTBOL SALA Páx.6-7 CICLISMO Páx.9 ATLETISMO Páx.10-11 [Páx.6]

11 de setembro de 2014 - BD nº104

Embed Size (px)

DESCRIPTION

No número 104 do Barrios Deportivo sacamos en portada a nova era que nace coa Unión Deportiva Ourense que comeza a súa andadura na Terceira Rexional esta fin de semana.

Citation preview

Page 1: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

Número: 104- Ano: VI - 11 de setembro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 26 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

A UD Ourense, considerado o sucesor do CD Ourense, estréase este domingo 14 en Liga en Terceira Rexional.

FÚTBOL Páx.4-5

Nati Pacios, premiada pola

súa traxectoria no fútbol sala

BALONCESTO Páx.3 FÚTBOL SALA Páx.6-7 CICLISMO Páx.9 ATLETISMO Páx.10-11

[Páx.6]

Page 2: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

� BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

POLIEPORTIVO

4 Axenda deportivaFútbol- Día 14 de setembro. Os Carrís. 18.00 h - Barbadás - Laracha. Terceira División.- Día 14 de setembro. Estadio Miguel Anxo. 17.00 h. - UD Ourense - Razamonde.- Día 14 de setembro. Estadio Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Alondras.- Día 14 de setembro. Cabagaleiros. CD Barco - Lalín. Rexional Preferente.- Día 14 de setembro. Espiñedo. Arenteiro - Pontevedra B. Rexional Preferente.- Día �1 de setembro. José Arjiz. Verín - CD Barco. Rexional Preferente.- Día �1 de setembro. A Tella. Nogueira de Ramuín - Céltiga. Rexional Preferente.Fútbol sala - Día 13 de setembro - Os Remedios -17.00h- Ourense Envialia - La Rioja. 1ª División.- Día �0 de setembro. Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Atlético Futsi. 1ª División.Atletismo- Día 14 de setembro. - Manzaneda- IX Penedos do Lobo. Cross, Maratón e BTT.- Día 14 de setembro - O Barco de Valdeorras- 18ª Milla urbana “Festas do Cristo”.- Días �0 e �1 de setembro - Ourense, O Ribeiro e No-gueira de Ramuín- Desafío 4� Ourense. Sábado �0, me-dio maratón Ribadavia-Leiro-Ribadavia. Hora de saída 10:00; sábado �0, carreira de 11,097 km en Nogueira de Ramuín. Hora de saída 19:30 e domingo �1, carreira de 10.000m en Ourense. Saída e chegada ao Campus Universitario. Hora de saída 11:00.Tiro- Día 14 de setembro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico Social Pistola estándar- Día �1 de setembro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico Social Fogo Central e Pistola Damas.Balonmán- Día 13 de setembro. Anexo dos Remedios - 18:00 h - Balonmán Pabellón - Tui. 1ª Autonómica feminina.- Día 14 de setembro. Anexo dos Remedios - 1�:00 h - Balonmán Pabellón - Las cinco Jotas Lavadores. 1ª Autonómica masculina.Andaina- Día 14 de setembro. -Manzaneda- Andaina Penedos do Lobo. - Día 14 de setembro. -San Cibrao das Viñas (9.30h)- VIII Andaina Popular de San Cibrao das Viñas.Ciclismo- Día 13 de setembro. �0ª etapa da Volta Ciclista a España con saída desde Nogueira de Ramuín. 1�.00 h.- Día �1 de setembro. Allariz - 9.30h - I saída BTT Alla-rizOutros- Día 14 de setembro. Encoro de Velle - pola mañá - Winnerman. Categoría promesa: �50m natación, 500m correndo e �50m nadando; categoría popular: 500m na-dando, 3.000m correndo e 500 metros nadando e cate-goría winnerman: 1.000m nadando, 5.000m correndo e 1.000m nadando.

[Máis información en www.periodicobarrios.com]

En toda España dispútanse seis probas Winnerman

Circuíto do Winnerman. Arriba o percorrido a pé e abaixo, o de natación.

Cen deportistas aceptan o reto da Winnerman4 A proba, que combina ca-rreira e natación, dispútase o domingo 14 de setembro.Redacción

O domingo 14 de setem-bro celebrarase en Ouren-se por primeira vez a proba Winnerman, no encoro de Velle. Preto de cen depor-tistas inscribíronse para esta proba, que combina dúas disciplinas: natación e carreira a pé. O evento consta de tres categorías; a categoría promesa (na-dos a partir do ano �000), a categoría popular e a de-safío absoluta.

Os participantes pro-mesa deberán cubrir �50 metros de natación, 500 metros de carreira e nova-mente �50 metros a nado. Os que participen na proba popular deberán nadar 500

metros, correr 3.000 e nadar novamente 500 metros. Os que se atrevan co Desafío Winnerman nadarán 1.000 metros, correrán 5.000 e volverán nadar 1.000 me-tros. A parte de natación desenvolverase no encoro de Velle, mentres que a ca-rreira a pé discorrerá por un circuíto ao longo da marxe dereita do Miño, desde o encoro ata a ponte Romana (no caso dos participantes na desafío absoluta).

PremiosO primeiro clasificado

en categoría promesa ga-ñará un vale de 60 euros en roupa deportiva; o segundo, un vale de 40 euros e o ter-ceiro, un de �0 euros.

O paso do verán leva a que regrese a competición en todos os deportes.

P.L.

Unha vintena de depor-tistas participaron o pasa-do sábado 6 de setembro en Eiroás na sétima xor-nada da liga anual de aire comprimido (Copa Ouren-se de armas neumáticas).

Tralo parón de agosto, os tiradores non realiza-ron as súas mellores mar-cas. Con todo, destacan os 555 puntos de Juan Carlos Ferreño e os 365 de Nu-ria García en pistola da-mas, que encabezaron as clasificacións de pistola homes e mulleres, respec-tivamente. Víctor Álvarez foi o mellor na categoría pistola discapacitados, con 545 puntos, e Luis Iglesias logrou 549 puntos en carabina de aire.

Para rematar a compe-tición e coñecer os vence-dores da �6ª Copa Ouren-se restan aínda tres tiradas

O primeiro na popular le-varase 75 euros; o segundo, 50 e o terceiro, �5 euros.

O campión da categoría Desafío acadará �00 euros; o segundo clasificado, 100 euros e o terceiro, 50 euros.

WinnermanA Winnerman é unha pro-

ba que se celebra en seis lo-calidades de España. Tralas

(os primeiros sábados de outubro, novembro e de-cembro).

Outras modalidadesNo que respecta a outras

probas de tiro que se dis-

putan no club ourensán, o calendario deste mes de setembro ofrece o Campio-nato autonómico de pistola estándar (o domingo 14), o Campionato autonómico de fogo central e pistola damas

(o domingo �1) e o Campio-nato autonómico de pistola libre (o domingo �8).

Nova xornada da Copa Ourense de armas neumáticas en Eiroás4 Participaron unha vintena de tiradores.

citas das Lagoas de Ruidera e Castro Urdiales nas dúas pasadas fins de semana, na mesma fin de semana que a de Ourense dispútase a de Sestao, e para as dúas próximas a de Barakaldo e A Coruña.

Tiradores de pistola disputando a Copa Ourense de armas neumáticas en Eiroás./J.E.

O domingo 14, tirada de pistola estándar

Page 3: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

3

5 Antonio Gavilanes, presidente do COB, xunto a Víctor Seco, creador da camiseta retro, durante a presentación da posta á venda da mesma./R.T.

BALONCESTO

R.T.

O Club Ourense Balon-cesto xa está en semifinais da Copa Galicia logo de do-bregar ao Cambados non sen poucos apuros. Os ouren-sáns tiveron que chegar ata a prórroga para certificar unha vitoria que por momentos estivo a punto de non ser tal. Ao final, un enganoso 68-79 da o pase á semifinal na que xa agarda o Obradoiro de ACB. O encontro terá lugar este sábado 13 de setembro a partir das �0.15 horas no pavillón municipal de Lugo.

O equipo local entrou en escena moito máis ento-nado cos ourensáns e iso reflectiuse deseguido no marcador con vantaxes de oito puntos. Pero un Tyler inspirado fixo que ao rema-te dos 10 primeiros minutos o Cambados gañara por un punto (17-16).

Nos primeiros minutos do segundo cuarto apareceu o peor COB, que suspendeu tanto en ataque como en defensa e lle permitiu aos cambadeses situarse ata �0 puntos por enriba.

García de Vitoria, o ades-trador cobista, sacou nova-mente a Rivero, Tyler e Bus-ma para endereitar o rumbo. Grazas ao acerto anotador e á intensidade defensiva, lo-grouse acurtar distancias ata os 37-3� cos que se chegaría ao descanso.

Na reanudación, o COB estaba máis asentado, pero os de Yago Casal volveron adiantarse no luminoso. Con 54-48 remataría o ter-ceiro cuarto.

Cambados seguía con-fiando na vitoria. De feito, a falta de tres minutos ven-cía por sete puntos, pero a intensidade defensiva do COB permitiu o empate a 64. A prórroga estaba ser-vida.

PrórrogaNo tempo extra non houbo

na cancha outro equipo que non fora o Club Ourense Baloncesto. Nos cinco pri-meiros minutos, un parcial de catro a 15 deu a vitoria aos de Gonzalo García e con ela o pase ás semifinais da Copa Galicia.

En canto á anotación, destacou Tyler Brown que sumou �8 puntos. O ameri-cano, do que esperan moito técnicos e afeccionados, está chamado a ser unha das sensacións do COB este curso.

Copa GaliciaCon esta vitoria, o COB

pelexará este sábado ás �0.15 horas en Lugo con-tra o Obradoiro por un pase á final do título galego. En caso de vencer volverá xo-gar ao día seguinte (domin-go 14) no mesmo escenario ás 13 horas.

PretempadaLogo da Copa, os par-

tidos de pretempada con-tinuarán, e o mércores 17 o COB xogará contra o Marín en lugar aínda por determinar.

O sábado �0 regresa a Lugo para enfrontarse ao Breogán no Torneo de Lugo. E ao día seguinte (día �1) xogará polo ter-ceiro e cuarto posto, ou por alzarse co torneo, en función do resultado do día anterior.

Por último, o �5 deste mes verase as caras co Co-ruña en terras herculinas no Trofeo Teresa Herrera.

Xornada de portas abertas

Este 1� de setem-bro, tanto o COB coma o ABO rea-lizan unha xorna-da de porta aber-tas enfocada a mozos e mozas nados a partir de �001. A ac-tividade, que é de balde, terá lugar nos Reme-dios a partir das 16 horas e consis-tirá nun adestramento, co que se busca animar á práctica do baloncesto entre os máis novos.

AbonosXa están a venda os

abonos para a tempada �014-�015. O prezo do sénior é de 90 euros e de 15 máis con reserva de asento (esta posibilidade contémplase ata o 15 de setembro). Cada abono con reserva de asento re-cibirá de agasallo unha botella de viño Ribeiro (ata fin de existencias).

Os desemprega-dos e

pensionistas poderán ad-quirir o carnet a 40 euros.

O abono famliar conta cun �0% de desconto no segundo carnet.

Para os mozos de entre 16 e �5 anos o prezo é de 45 euros.

Para os infantís (de 0 a 15 anos), o importe é de 10. Todos eles poderán entrar gratis a todos os partidos da liga regular do Club Ourense Balon-cesto no Paco Paz.

Ademais, continuarase coa iniciativa COB Fan, mediante a que se pagará �0 euros (sen reserva de asento) e dará derei-to a tres entradas para tres xorna-das distintas de liga.

ImpulsoA directiva

pretende promo-ver o balonces-to entre os es-cola-res

ourensáns mediante a campaña “Colexios CO-Bistas”. Para iso, visita-rán ao longo da tempada as escolas da cidade e, ademais, crearase unha bancada moza na que os rapaces acudirán de bal-de, co fin de recuperar o colorido de antano.

Camiseta retroO club puxo á venda a

camiseta retro coa que se xogou a última xornada do curso pasado. Xa se pode reservar nas oficinas do club ata o �� de setem-bro por 35 euros. A partir

desa data pódese con-seguir na web www.yolosvijugar.com por 39 euros. As camise-tas dispoñibles son o número 8 de Toño García, o 9 de Do-uglas Arnold e o 10

de Nacho Suá-rez.

O COB pasa ás semifinais da Copa Galicia con apuros4 O equipo ourensán tivo que chegar á prórroga para dobre-gar o Cambados.

Page 4: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

4 BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

FÚTBOL

Redacción

O Barbadás agarda o do-mingo 14 a un Laracha que é colíder da Terceira Divi-sión. O conxunto coruñés suma sete puntos nas tres primeiras xornadas (dúas vitorias e un empate) e com-parte liderato con Cerceda, Ribadumia e Sanxenxo. Pola súa banda, o Barbadás suma catro puntos despois dun empate, unha vitoria e unha derrota. O encontro dará comezo ás 18 horas no estadio dos Carrís.

Mellor cos de arribaO Barbadás comezou a

Liga coma o ano pasado: na metade da táboa e sen-do competitivo cos da parte alta da clasificación e non tanto cos de abaixo. Nesta cuarta xornada enfróntase a un dos equipos punteiros, polo que se espera que os de Jorge Regal continúen con esa tendencia.

Outro aspecto similar ao ano pasado é a falta de gol. Con �70 minutos disputa-

dos, o conxunto azul tan só marcou un gol; pola contra, xa tivo que recoller o balón do fondo das súas mallas en dúas ocasións. A falta dun nove goleador é unha das asignaturas pendentes do equipo; falta que o equipo suple coa axuda de todos os xogadores en todas as face-tas do xogo, sendo solida-rios uns cos outros.

Rexional PreferenteDos catro equipos ouren-

sáns que militan no grupo sur da Rexional Preferente, o Barco é o que máis ento-nado comezou a tempada. Nas dúas primeiras xorna-das suma catro puntos (em-pate na casa contra o Porri-ño e vitoria coma visitante contra o Atios) o que o sitúa na sexta posición da clasifi-cación. Moito máis abaixo, na 14ª, sitúase o Arenteiro, con tres puntos (venceu ao Nogueira e caeu contra o Erizana). 17º é o Verín cun só punto, o logrado con-tra o Vilalonga (perdeu na primeira xornada fronte o

Redacción

O Barbadás Feminino perdeu no seu debut ligueiro nos Carrís fronte ao Orzán por 0-�. Mal comezo para Rubén García, novo ades-trador do club, que comeza a súa etapa con derrota no primeiro encontro de liga na �ª División Nacional.

As ourensás xogaron un mal partido ante un conxun-to coruñés que estivo moito mellor asentado no terreo de xogo. As herculinas con orde e dúas xogadas de es-tratexia tiveron suficiente para levar os tres puntos dos Carrís.

Unha falta ensaiada no minuto �1 da primeira me-tade e un cabezazo de Es-tefanía á saída dun córner

no minuto 86 decantaron o partido para as visitantes. O Barbadás chegou en poucas ocasións ao marco rival.

A vindeira fin de semana

Acordo de colaboración entre as UDRedacción

A UD Barbadás e a UD Ourense veñen de firmar un convenio de colabora-ción. Grazas a este acor-do, tanto Barbadás coma Ourense realizarán un desconto do 50% a todos os socios do outro equi-po tanto no abono anual como na adquisición de entradas dos partidos du-rante a tempada.

Ademais os dous clubs pretenden organizar xun-tos partidos amistosos e torneos e colaborar en ac-tos solidarios, e intentarán consensuar os horarios das xornadas, evitando coinci-dir na hora dos partidos que disputen como locais.

Portonovo). E o Nogueira de Ramuín pecha a clasi-ficación con cero puntos (derrota contra Arenteiro e Valladares), igual que o Rápido de Bahía e Ponte-vedra B.

Primeira RexionalComezou a liga en Pri-

meira Rexional e xa con-ta cun líder sorpresivo. O Ribeiro é o primeiro líder nesta tempada logo de dar a sorpresa na primeira xornada diante do Cova-donga ao que venceu por �-4. Ourense CF, Allariz, Cortegada e Valenzá son os outros equipos que su-maron os tres puntos na primeira xornada.

Para a segunda xornada o máis destacado serán os encontros entre Melias - Ourense CF, Bande - An-tela e Ribeiro - Valenzá.

Redacción

O Real Madrid conquis-tou a sexta edición do me-morial Manolo Arnoia ao vencer na final ao Depor-tivo da Coruña por 4-0.

O torneo xuvenil en-frontou a tres equipos ga-legos (Celta, Depor e Pa-bellón) e o Real Madrid. En semifinais o Pabellón estivo a piques de dar a sorpresa e vencer ao equi-po madrileño, favorito do torneo. Os ourensáns ían por diante no marcador grazas ao gol de penalti de Julio, pero os pupilos

do ex xogador Ramis fo-ron quen de darlle a volta ao marcador e deixar ao franxiverdes coa mel nos beizos.

A outra semifinal medía a Depor e Celta no derbi galego por antonomasia. Os vigueses adiantáronse no marcador pero uns mi-nutos máis tarde os coru-ñeses igualarían o partido. Con un a un chegaríase ao final do encontro. Na tanda de penaltis o Depor levou o partido e accedeu á final.

Na disputa do terceiro e cuarto posto o Celta foi su-perior a un Pabellón Ouren-

O Real Madrid conquista o Memorial Manolo Arnoia4 Venceu na final por 4-0 ao Deportivo da Co-ruña.

O Barbadás agarda a un Laracha colíder4 O conxunto ourensán suma un empate, unha vitoria e unha derrota nas tres primeiras xornadas de Liga.

O Barbadás Feminino perde no seu debut ligueiro4 Nos Carrís fronte ao Orzán por 0-2.

Momento do partido entre os xuvenís do Deportivo e os do Real Madrid./JESÚS REGAL.

se ao que venceu por cero goles a tres. A forte calor fixo que o árbitro decretara un tempo morto no segundo período.

Na final, o Real Madrid foi moi superior desde o co-mezo. Os madridistas non deron opción a uns deporti-vistas que se viron desbor-dados polo ataque branco.

ClasificaciónCon estes resultados, o

Madrid proclamouse cam-pión deste torneo, o De-portivo rematou segundo, o Celta terceiro e o Pabellón na cuarta posición.

haberá parón, polo que o equipo de Rubén García reanudará a competición o día �1 de setembro visi-tando ao Victoria.

Momento do partido fronte ao Orzán nos Carrís./CEDIDA.

O domingo 14, ás 18 horas, nos Carrís, Barbadás - Laracha

R. Torres

O secretario xeral para o Deporte da Xunta, Xosé Ramón Lete Lasa, vén de manter unha reunión co concelleiro de deportes de Ourense, Alfonso Vilachá, e co asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, para valorar o futuro uso do estadio do Couto.

Desde a Xunta de Ga-licia están dispostos a re-abrir a instalación, pero sempre coa axuda das dúas administracións. O propio Lete Lasa preten-de que a semana que vén estea redactado o borrador dos convenios co Con-cello e coa Deputación, co fin de que se reabra o estadio do Couto á maior brevidade posible.

A idea é que o Concello asuma os gastos de auga; a Deputación, os do céspe-de, e a Xunta poña a unha persoa encargada da ins-talación. O escollo máis inminente é negociar con Fenosa a débeda que tiña contraída o CD Ourense.

A actuación no Couto non se limitaría á utiliza-ción do campo por parte dalgún club da cidade. A Xunta quere que as de-legacións deportivas de Ourense se instalen non baixos das gradas do es-tadio, e queren darlle uso a un campo anexo ao es-tadio. Tamén se baralla a posibilidade de substituir a herba natural por arti-ficial, punto que ven con menos agrado desde a di-rectiva da Unión Deporti-va Ourense.

O futuro do Couto

Page 5: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

5FÚTBOL

R. Torres

Comeza a súa andadura en competición ligueira. Comeza o ano 0. Case ex-tinto o CD Ourense, agora todas as miradas desvíanse cara a un club que nace da unión da masa social da entidade “rojilla”, a Unión Deportiva Ourense.

Aínda que xa xogou o primeiro partido oficial da súa historia na Copa De-putación fronte o Santa Teresita, chega a hora da verdade para este recén creado club. A UD Ourense pretende continuar co le-gado do Ourense e manter viva a chama ourensanista. O importante xa está aquí, que non é outra cousa que a Liga. Con todos os chanzos por subir, o novo club co-mezará desde o máis abaixo posible, para darlle máis romanticismo se cabe a un

proxecto que xurdiu desde a bancada do Couto. Esas bancadas permanecerán ba-leiras polo momento, pero os afeccionados terán o seu exilio preto, a uns metros, no estadio Miguel Anxo. Aínda que os primeiros partidos da casa sexan nos Remedios, desde a UD loi-tarán para que o Couto sexa a súa sede, porque conside-ran que son os sucesores, lexítimos, do CD Ourense.

ObxectivoUn único obxecivo: subir

de categoría ano a ano para volver ao lugar balompédi-co que merece unha cidade coma Ourense. Ese obxec-tivo dependerá sobre todo dos seareiros que apoien esta iniciativa libre dos contaminantes e dos vicios, alomenos nos seus inicios -esperemos que sempre-, polos que morreu o club

anterior.

Primeiro partido de Liga

O primeiro paso este do-mingo, a partir das 17 horas no estadio Miguel Anxo. O rival, o Razamonde. Para este primeiro encon-tro os afeccionados queren arroupar ao equipo. Por iso estarán nos aledaños do pavillón municipal dos Re-medios dúas horas antes de que comece a rodar o balón para darlles o apoio incodi-cional a uns xogadores que non se pensaron nin un se-gundo formar parte da pri-meira plantilla da historia da UD Ourense. Sobre eles están postas as ilusións dun afeccionados que fai uns meses animaban a un equi-po en Segunda B e agora o fan en Terceira Rexional. O camiño non será sinxelo, pero visto o apoio destes

meses e como di o himno do Celtic de Glasgow “nun-ca camiñarás só”.

Copa DeputaciónO deste domingo non é o

primeiro partido oficial da UD Ourense. O 31 de agosto xogaron a Copa Deputación B contra o Santa Teresita. O encontro rematou con 3-1 a favor do Ourense. Adol-

fo foi o primeiro goleador deste recén nado. A pesar de que xa facía calor ese último domingo de agos-to, a temperatura subiu uns graos nas bancadas grazas ao numeroso público que non quixo perderse a posta de longo da UD. Xurxo e Xaco foron os outros golea-dores. Penedo foi o autor do único gol en contra.

UD Ourense: ano cero4 A Unión Deportiva Ourense comeza a súa andadura.

Seareiros do UD Ourense no campo Miguel Anxo./RAMSÉS.

O domingo 14, ás 17 horas, no campo Miguel Anxo, primeiro partido de Liga da UD Ourense en Terceira Rexional; enfróntase ao Razamonde

Page 6: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

6 BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

FÚTBOL SALA

R. Torres

O Cidade As Burgas con-vence na pretempada e ven-ce todos os seus encontros; o último no Trofeo Cidade das Burgas contra o Chaves ao que venceu por nove go-les a cero. A Liga comeza este sábado 13 de setembro na casa do Orvina.

A cancha central dos Re-medios acollía por primeira vez na pretempada un parti-do do Cidade. No encontro poñíase en xogo o trofeo Cidade das Burgas que en-frontaba ás ourensás contra as portuguesas do Chaves. O partido non tivo moita historia e as franxiverdes impuxeron a súa mellor calidade durante todos os minutos do partido, a pesar de que o primeiro gol faría-se de rogar ata o minuto 15 da primeira metade. Logo, un vendaval combinativo e de goles faría que a capitá Sonia Pacios alzara o trofeo diante da súa afección. Un bo preludio de cara ao in-minente inicio ligueiro.

PretemporadaAntes desta cita, o Cida-

de xa disputou tres partidos e os tres saldáronse con vi-toria das franxiverdes.

En Celanova disputaron dous partidos: contra o an-tigo Pavillón Celanova FSF (actual EDC Celanova) e co Viaxes Amarelle. Contra as locais venceron 3-0. Des-pois enfrontáronse o Ama-relle contra o Celanova con vitoria das primeiras por �-0. O último partido medía a ourensás contra coruñesas; encontro que se conside-rou valedeiro para a Copa Xunta.

Manolo Codeso empeza-ba de inicio con Ana, Lu-cía, Iria, Vane e Sonia, pre-sionando a saída de balón dun Amarelle renovado. O primeiro tanto verdibranco chegou na primeira parte nunha boa xogada colecti-va que acabou culminando Vane a pase de Iria.

Na segunda parte o Cida-de anotaba no segundo tres de xogo por medio de Iria. Con �-0, o Cidade manexa-ba o partido e xogaba con máis intensidade e veloci-dade que na primeira parte. Unha perdida de balón pro-piciou o gol do Amarelle que anotaba Lida de forte disparo desde fóra da área. Pouco despois Iria anotaría de novo tras un gran pase de Figo, para pór terra polo medio no marcador. O Ci-

dade, tras o 3-1, viña arriba e o Amarelle tentaba parar as acometidas verdibrancas que case sempre se topaban coa porteira laranxa. O 4-1 chegaría minutos despois, anotábao Ana desde o seu propio campo, facendo un golazo de portaría a por-taría. Minutos despois So-nia completaba o seu gran partido cun gol, logo dun rexeite da porteira herculi-na tras un tiro de María. A falta de 50 segundos, Iria nunha boa contra e de novo a pase de Figo, anotaría o hat-trick na súa conta parti-cular, deixando o marcador nun contundente 6-1.

PoioTralo torneo en Celano-

va e antes do trofeo Cida-de das Burgas, as pupilas de Codeso desprazáronse ata Poio para xogar contra o equipo local. Tras un in-tenso encontro a vitoria foi para as ourensás por 4-5, demostrando o gran estado de forma que mostran nesta pretempada na que contan todos os partidos por vito-rias.

Agarda OrvinaPara o primeiro partido

de Liga da tempada �014-

�015 o Cidade viaxa ata Navarra para xogar con-tra o Orvina. O conxunto navarro rematou a pasada tempada na undécima po-sición, a catro puntos do Cidade. O Orvina vén de vencer na Copa Euskal Herria ao imporse na final ao Estanda Ordizia por 5-3.

As navarras ficharon este ano a Laura Jiménez, xogadora moi experimen-tada que chega do Soto del Real; Patricia Corral “Patri” e Lucía Gómez “Luci”, ambas proceden-tes do Viaxes Amarelle; Yessi Gascón, que proven do Tudela de Segunda Di-visión, e Susana Bedmar, do Lagunak. Un equipo con moitas caras novas que pretende non pasar os apuros da pasada campa-ña.

O Cidade As Burgas convence na pretempada4 Comeza a Liga esta semana diante do Orvina.

Redacción

A Federación Galega de Fútbol Sala vén de premiar aos mellores xogadores e clubs da nosa comunida-de. E na súa gala de en-trega de premios, que tivo lugar no Auditorio Muni-cipal, Ourense sonou en máis dunha ocasión.

Un destes recoñecemen-tos foi para Nati Pacios, a xogadora do Cidade As Burgas que colgou as bo-tas a pasada tempada logo de �0 anos adicada ao seu deporte favorito, un deses nos que fai dúas décadas as mulleres non tiñas nada sinxelo facerse un oco. Pero Nati logrouno e ao longo deste tempo foise convertindo en todo un re-ferente para aquelas rapa-zas que detrás dela fixeron oídos xordos a iso de que a mellor compañeira de xogos dunha nena é unha boneca e apostaron por un balón.

Ademais de Pacios, ta-mén subiu a recoller o seu merecido premio Lucía Nespereira, unha das úl-timas fichaxes do equipo de Manolo Codeso, que se proclamou como a mellor xogadora autonómica da tempada �013-�014.

Resto de galardónsO premio ao mellor ár-

bitro foi para Emilio Lo-sada; o de mellor adestra-

dor, para Julio Mougan; o mellor deportista masculi-no foi Diego Seijas, e o me-llor club, o Hércules F.S. A Federación tamén premiou a Transportes Azkar como entidade privada que máis colabora co fútbol sala.

Na IV Gala anual do fút-bol sala galego tamén se entregaron os trofeos das competicións de liga da tempada pasada. En catego-ría autonómica sur o cam-pión de liga foi o Talleres ABC de Vigo, o equipo me-nos goleado o Redondela e o máximo goleador Narciso Dasilva (do Conc.Mos). En autonómica norte gañou a liga C.P. Casas, sendo ta-mén o equipo menos golea-do, mentres o que o trofeo para o máximo goleador foi para Iago Couto (do Joga-fán Ordes).

Na categoría sénior femi-nina o premio ao campión de liga foi para o Hércules, sendo o equipo menos go-leado o Marcón e a máxima anotadora Jennifer Lores, deste último equipo.

Por último, en categoría xuvenil o campión de liga foi a A.D. Barval, o equipo menos goleado O Parrulo e o máximo goleador Miguel Ángel Rodríguez (do Bea-de).

Lucía Nespereira e Nati Pacios, na gala da Federación Galega de Fútbol Sala./CEDIDA.

O mellor fútbol sala, o de Nati Pacios4 Nos premios da Federación Galega de Fútbol Sala.

Gañou o trofeo Cidade As Burgas fronte ao Chaves

O sábado 13, o Cidade As Burgas viaxa a Navarra para enfrontarse ao Orvina

Equipo do Cidade As Burgas co seu trofeo. /RAMSÉS.

Lucía Nespereira proclamouse a mellor xogadora autonómica

Page 7: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

7FÚTBOL SALA

Esta é a terceira Supercopa consecutiva das madrileñas.

Redacción

O Futsi Atlético Féminas foi o campión da XII Super-copa de España ao vencer na final ao Alcorcón por un apretado 4-3. Este é o ter-ceiro título consecutivo de Supercopa das madrileñas e o cuarto no global. Con este título dase o pistoletazo de saída da tempada �014-�015 que continuará co comezo ligueiro esta fin de semana.

O derbi madrileño estivo moi igualado en todo mo-mento, pero a maior pegada das colchoneiras fixo que o triunfo recaera nelas, logran-do deste xeito ser o equipo máis laureado neste torneo, con catro entorchados.

O Futsi remata, con este

R. Torres

O Ourense Envialia agarda o comezo de Liga coa fase final da Copa Xunta no peto. As vito-rias fronte a Poio e Leis fan que as de Óscar Vi-vián clasifíquense para as semifinais da Copa Xunta de Galicia.

Primeiro foi contra Poio na súa casa. As ourensás tiveron que remontar un �-0 adverso para colocar no marcador o definitivo 3-4 que lle daba moitas opcións de lograr o pase ás semifinais do título

novo éxito, un ano no que acadou Liga, Copa e Su-percopa, e sendo unha vez máis o equipo a batir de cara a este novo curso. As madrileñas son, una ano máis, as favoritas para ser campioas da Primeira Di-visión.

LigaNa Liga será un todos

contra Futsi. Entre o gru-po de favoritos estarán Alcorcón, Gironella, Ali-cante, Ourense Envialia, Burela; e outros que poden dar a sorpresa -quizais non para o título pero si para estar nos postos de cabe-za- coma o Poio, Roldán, Móstoles ou mesmo o Ci-dade As Burgas.

O Futsi, campión da Supercopa de España4 As madrileñas venceron ao Alcorcón por 4-3.

autonómico. O primeiro, e maís complicado dos es-collos xa estaba superado e tan só faltaba rematar na casa contra o Leis, equipo de categoría inferior.

O encontro comezou co dominio das locais pero sen perigo na área contraria. As de Vivián triangulaban o balón ante un conxunto do Leis que bastante facía con defender. Nas primei-ras rotacións de xogadoras entrou Bea Seijas, quen lle deu máis pegada ao equipo logrando abrir o marca-dor. Dous tantos dela e un terceiro de María Romero

poñían o 3-0 no electróni-co. Antes do descanso, Bea e Vero facían o cuarto e o quinto para o Ourense En-vialia e as visitantes con-seguían o primeiro da súa conta.

Na reanudación, o Leis lograba dous máis, que acendían as alertas no ca-dro local, pero deseguido volveu todo á normalida-de cos goles de Rosángela -por partida dobre- e de Sara Moreno.

Primeiro rivalEste sábado 13 de se-

tembro comeza a Liga

O Ourense Envialia pasa á fase final da Copa Xunta4 Venceu ao Leis Pontevedra por 8-3.

na Primeira División. Ao Ourense Envialia tocoulle enfrontarse na primeira xornada ao Rioja. O en-contro terá lugar na central do pavillón dos Remedios a partir das cinco da tarde.

As rioxanas manteñen a columna vertebral da pa-sada campaña, onde Ana Ortega, Bea Martín e Shio-ri Bakashima os piares bá-sicos. O Rioja rematou na sexta posición, con cinco puntos máis que as ouren-sás, polo que será unha boa pedra de toque para com-probar o que se pode es-perar das albinegras nesta �014-�015.

Primeira xornadaOs encontros máis inte-

resantes para esta primeira xornada son o Futsi Atléti-co contra Burela (primei-ro contra segundo do ano pasado), o Alicante - Al-corcón (cuarto e terceiro respectivamente do ano pasado) e o derbi galego entre o Poio e o Viaxes Amarelle.

Marta Figueiredo./R.T.

Sara Moreno e Rosángela asediando a unha rival do Leis Pontevedra./RAMSÉS

Page 8: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

8 BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

Redacción

Daniel Pérez e Yael Cam-pelo soben ao podio na Lo-ulé Cup de ximnasia como primeiro e terceira, respec-tivamente en dobre mini-tramp.

Foi un bo comezo da nova tempada a nivel inter-nacional para os ximnastas ourensáns do Burgas, que acudiron do 3 ao 6 de se-tembro ata o sur de Por-tugal para participar neste prestixioso torneo.

XIMNASIA

Daniel Pérez e Yael Campelo soben ao podio na Loulé Cup4 Como primeiro e terceira, respectivamente, na modalidade de dobre minitramp.

Daniel Pérez procla-mouse campión absoluto individual en dobre mini-tramp, ademais de campión por equipos xunto con dous compañeiros de Portugal e un de Suecia. Pérez é o ac-tual subcampión europeo absoluto.

Yael Campelo, pola súa banda, foi terceira na mes-ma disciplina (dobre mini-tramp) e en categoría abso-luta cando conta con tan só 16 anos. Campelo é a actual medalla de bronce de Euro-

pa en categoría júnior.

Outros resultadosEntre os demais represen-

tantes ourensáns do Xim-nasia Pavillón destacou a actuación de Daniel Fer-nández, décimo en trampo-lín e oitavo en dobre mini-tramp; e Eduardo Novelle, sétimo en dobre minitramp. Así mesmo, os ximnastas sub 15 Guillermo García e Nicolás Cid compartiron podio en dobre-mini, rema-tando segundo e terceiro, respectivamente.

Ademais, por equipos, o conxunto sub 15 masculino (integrado por Nicolás Cid, Guillermo García e Daniel Fernández) logrou a pri-

meira posición.

Mundial en EE.UUEste campionato sir-

ve de preparación para o Mundial deste ano que se celebrará en Estados Unidos durante o mes de novemebro. Ao Mundial acudirán catro galegos, tres dos cales son ouren-sáns. A Yael Campelo e Daniel Pérez uniráselles Alejandro Cid Masid (14 anos), actual campión de España en dobre minitramp e terceiro en trampolín.

O outro galego é An-tonio Santos, que adestra varias veces á semana co Club Ximnasia Ponteve-dra.

Yael Campelo realizando un espectacular salto durante a súa proba de dobre minitramp.

Daniel proclamouse vencedor da categoría absoluta.

R.T.

A serpe multicor pasa por Ourense na penúltima e decisiva etapa da Volta Ciclista a España. Este sá-bado 13 de setembro os ci-clistas que continúen nesta dura edición sairán desde Luintra e rematarán no Porto dos Ancares, na que será a última opción dos primeiros espadas da Volta de facerse co maillot ver-mello que acredita ao líder da clasificación.

Aínda que Alberto Con-tador marcha líder des-tacado terá que facer un último esforzo nesta etapa se quere chegar a Santiago

A serpe multicor pasa por Ourense4 Na penúltima e decisiva etapa da Volta Ciclista a España.

como campión. A máis dun minuto atópanse Alejandro Valverde e Chris Froome, e máis distanciados deles Joaquín Rodríguez e Fa-bio Aru. Todos eles bus-carán unha última pinga de forza para ser o mellor desta volta ou, alomenos, subir algún chanzo na cla-sificación. Estar no podio de Santiago dá prestixio a calquera ciclista. No podio estarán tres, pero son cinco os que a estas alturas teñen posiblidades de subir a el; de aí a importancia da eta-pa que pasa por Ourense.

HorarioA penúltima etapa dará

comezo en Luintra coa saí-da neutralizada ás 1� ho-ras. Ás 1�.10 pasarán por Loña do Monte (OU 509). A saída lanzada terá lugar en Gomariz 10 minutos máis tarde (1�.�0). Para as

1�.30 os ciclistas chegarán ao cruce de Rocas - Esgos (OU 51�). Cinco minu-tos máis tarde pasarán por

Covas e cinco despois por Cebreiros (cruce Faramon-taos - A Derrasa).

Ás 1�.45 no cruce de Cortiñas (OU-508) mar-charán cara a San Miguel do Campo, localidade á que chegarán cinco minu-tos máis tarde.

Sobre as 1�.55 cruzarán Valdopereiro e ás 13 horas estarán atravesando Melias (N-1�0). Xa as 13.10 horas o pelotón deixará Ourense

polos Peares e entrará en Lugo para rematar a etapa no Porto dos Ancares.

Todos estos horarios son os previstos pola organi-zación da Volta Ciclista a España.

RepercusiónO que queda claro é que o

paso da Volta pola nosa pro-vincia repercute positiva-mente no turismo e na eco-nomía. Unhas �.500 persoas

forman parte do entramado da ronda ciclista, e pasarán unha noite en Ourense, o que estiman desde o Inorde (Instituto Ourensán de Des-envolvemento) que deixará na provincia uns 300.000 euros. En países europeos como Holanda e Bélxica seguen esta proba un 40% dos telespectadores deses países, o que supón unha boa publicidade para a nosa provincia.

Prevese que o paso da Volta ocasione uns 300.000 euros de beneficios Imaxe do paso da Volta a España por Manzaneda en 2011./ARQUIVO

Redacción

Os veteranos do hoquei cítanse en Ourense do 1� ao 14 de setembro no “Octopus Hockey Festi-val”, que este ano chega á súa novena edición.

Os partidos disputaranse no campo de Mariñaman-sa e a duración dos mes-mos será inferior á dun partido de competición.

Haberá dúas catego-rías, unha masculina (para maiores de 35 anos) e unha feminina (para maiores de 30 anos).

Os equiposCatro equipos en cate-

goría masculina e tres na feminina son os que parti-cipan este ano. En homes, o equipo anfitrión do CD Open enfrontarase ao CD Open Vigo, ao Sport de Porto (Portugal) e o UHC Hamburgo (Alemania). No cadro feminino os par-ticipantes serán o conxun-to anfitrión do CD Open, o Team Galicia e o Vahr-gemeinschaft de Bremen (Alemania).

HorarioO torneo dará comezo o

sábado 13 a partir das 10 horas co encontro entre

o UHC Hamburgo e o CD Open Vigo, e rematará o domingo 14 coa final mas-culina a partir das 1�.30 horas.

Unha vez rematada a competición farase entre-ga dos trofeos a todos os conxuntos participantes, e finalizarase cun xantar tra-dicional de despedida nas propias instalacións de Ma-riñamansa.

Previo á competición, o venres 1�, os equipos de fóra serán recibidos polos organizadores e serán tras-ladados ás termas de Outa-riz para ter un baño relaxan-te e cátering de benvida.

Os veteranos do hoquei cítanse en Ourense4 Do 12 ao 14 de setembro celebrarase no campo de Ma-riñamansa o “Octopus Hockey Festival”.

Participante nunha edición anterior.

POLIDEPORTIVO

Page 9: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

9

Redacción

Daniel Pérez e Yael Cam-pelo soben ao podio na Lo-ulé Cup de ximnasia como primeiro e terceira, respec-tivamente en dobre mini-tramp.

Foi un bo comezo da nova tempada a nivel inter-nacional para os ximnastas ourensáns do Burgas, que acudiron do 3 ao 6 de se-tembro ata o sur de Por-tugal para participar neste prestixioso torneo.

XIMNASIA

Daniel Pérez e Yael Campelo soben ao podio na Loulé Cup4 Como primeiro e terceira, respectivamente, na modalidade de dobre minitramp.

Daniel Pérez procla-mouse campión absoluto individual en dobre mini-tramp, ademais de campión por equipos xunto con dous compañeiros de Portugal e un de Suecia. Pérez é o ac-tual subcampión europeo absoluto.

Yael Campelo, pola súa banda, foi terceira na mes-ma disciplina (dobre mini-tramp) e en categoría abso-luta cando conta con tan só 16 anos. Campelo é a actual medalla de bronce de Euro-

pa en categoría júnior.

Outros resultadosEntre os demais represen-

tantes ourensáns do Xim-nasia Pavillón destacou a actuación de Daniel Fer-nández, décimo en trampo-lín e oitavo en dobre mini-tramp; e Eduardo Novelle, sétimo en dobre minitramp. Así mesmo, os ximnastas sub 15 Guillermo García e Nicolás Cid compartiron podio en dobre-mini, rema-tando segundo e terceiro, respectivamente.

Ademais, por equipos, o conxunto sub 15 masculino (integrado por Nicolás Cid, Guillermo García e Daniel Fernández) logrou a pri-

meira posición.

Mundial en EE.UUEste campionato sir-

ve de preparación para o Mundial deste ano que se celebrará en Estados Unidos durante o mes de novemebro. Ao Mundial acudirán catro galegos, tres dos cales son ouren-sáns. A Yael Campelo e Daniel Pérez uniráselles Alejandro Cid Masid (14 anos), actual campión de España en dobre minitramp e terceiro en trampolín.

O outro galego é An-tonio Santos, que adestra varias veces á semana co Club Ximnasia Ponteve-dra.

Yael Campelo realizando un espectacular salto durante a súa proba de dobre minitramp.

Daniel proclamouse vencedor da categoría absoluta.

R.T.

A serpe multicor pasa por Ourense na penúltima e decisiva etapa da Volta Ciclista a España. Este sá-bado 13 de setembro os ci-clistas que continúen nesta dura edición sairán desde Luintra e rematarán no Porto dos Ancares, na que será a última opción dos primeiros espadas da Volta de facerse co maillot ver-mello que acredita ao líder da clasificación.

Aínda que Alberto Con-tador marcha líder des-tacado terá que facer un último esforzo nesta etapa se quere chegar a Santiago

A serpe multicor pasa por Ourense4 Na penúltima e decisiva etapa da Volta Ciclista a España.

como campión. A máis dun minuto atópanse Alejandro Valverde e Chris Froome, e máis distanciados deles Joaquín Rodríguez e Fa-bio Aru. Todos eles bus-carán unha última pinga de forza para ser o mellor desta volta ou, alomenos, subir algún chanzo na cla-sificación. Estar no podio de Santiago dá prestixio a calquera ciclista. No podio estarán tres, pero son cinco os que a estas alturas teñen posiblidades de subir a el; de aí a importancia da eta-pa que pasa por Ourense.

HorarioA penúltima etapa dará

comezo en Luintra coa saí-da neutralizada ás 1� ho-ras. Ás 1�.10 pasarán por Loña do Monte (OU 509). A saída lanzada terá lugar en Gomariz 10 minutos máis tarde (1�.�0). Para as

1�.30 os ciclistas chegarán ao cruce de Rocas - Esgos (OU 51�). Cinco minu-tos máis tarde pasarán por

Covas e cinco despois por Cebreiros (cruce Faramon-taos - A Derrasa).

Ás 1�.45 no cruce de Cortiñas (OU-508) mar-charán cara a San Miguel do Campo, localidade á que chegarán cinco minu-tos máis tarde.

Sobre as 1�.55 cruzarán Valdopereiro e ás 13 horas estarán atravesando Melias (N-1�0). Xa as 13.10 horas o pelotón deixará Ourense

polos Peares e entrará en Lugo para rematar a etapa no Porto dos Ancares.

Todos estos horarios son os previstos pola organi-zación da Volta Ciclista a España.

RepercusiónO que queda claro é que o

paso da Volta pola nosa pro-vincia repercute positiva-mente no turismo e na eco-nomía. Unhas �.500 persoas

forman parte do entramado da ronda ciclista, e pasarán unha noite en Ourense, o que estiman desde o Inorde (Instituto Ourensán de Des-envolvemento) que deixará na provincia uns 300.000 euros. En países europeos como Holanda e Bélxica seguen esta proba un 40% dos telespectadores deses países, o que supón unha boa publicidade para a nosa provincia.

Prevese que o paso da Volta ocasione uns 300.000 euros de beneficios Imaxe do paso da Volta a España por Manzaneda en 2011./ARQUIVO

Redacción

Os veteranos do hoquei cítanse en Ourense do 1� ao 14 de setembro no “Octopus Hockey Festi-val”, que este ano chega á súa novena edición.

Os partidos disputaranse no campo de Mariñaman-sa e a duración dos mes-mos será inferior á dun partido de competición.

Haberá dúas catego-rías, unha masculina (para maiores de 35 anos) e unha feminina (para maiores de 30 anos).

Os equiposCatro equipos en cate-

goría masculina e tres na feminina son os que parti-cipan este ano. En homes, o equipo anfitrión do CD Open enfrontarase ao CD Open Vigo, ao Sport de Porto (Portugal) e o UHC Hamburgo (Alemania). No cadro feminino os par-ticipantes serán o conxun-to anfitrión do CD Open, o Team Galicia e o Vahr-gemeinschaft de Bremen (Alemania).

HorarioO torneo dará comezo o

sábado 13 a partir das 10 horas co encontro entre

o UHC Hamburgo e o CD Open Vigo, e rematará o domingo 14 coa final mas-culina a partir das 1�.30 horas.

Unha vez rematada a competición farase entre-ga dos trofeos a todos os conxuntos participantes, e finalizarase cun xantar tra-dicional de despedida nas propias instalacións de Ma-riñamansa.

Previo á competición, o venres 1�, os equipos de fóra serán recibidos polos organizadores e serán tras-ladados ás termas de Outa-riz para ter un baño relaxan-te e cátering de benvida.

Os veteranos do hoquei cítanse en Ourense4 Do 12 ao 14 de setembro celebrarase no campo de Ma-riñamansa o “Octopus Hockey Festival”.

Participante nunha edición anterior.

ESPECIAL VOLTA A ESPAÑA 2014

Page 10: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

10 BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

ATLETISMO

Participantes nunha edición anterior desta cita./ARQUIVO

R.T.

A carreira da Ponte do cir-cuíto “Correndo por Ouren-se” (CxO) trasladouse ao mes de setembro para que participara máis xente do que o facía no mes de xullo. Malia todo, un invitado im-previsto apareceu: a choiva. A auga caída durante a mañá do domingo 7 fixo que moi-ta xente non acudira a esta cita, a cuarta do circuíto. A pesar do augacento, máis de 300 atletas non quixeron perderse esta cita.

En categoría feminina, Ana María Ocampo -Our-enrunning- demostrou que é a favorita a alzarse co título nesta cuarta edición. Ocam-po foi a primeira en cruzar a liña de meta cun tempo de �3:34 minutos. Segun-da chegaría María Ferreiro (�3:37) e terceira, Flor La-mas (�4:4�). As rúas ponti-nas viviron un intenso duelo entre Ocampo e Ferreiro con vitoria da primeira con tres segundos de diferenza sobre a segunda.

Con este resultado, a atle-ta do Ourenrunning mantén

a primeira posición pero Fe-rreiro (atleta independente) cada vez está máis preto, o que fará que as dúas úl-timas carreiras do circuíto (As Lagoas e A Carballeira) teñan unha gran emoción. 31 puntos sepáranas na clasificación xeral. Vista a progresión de Ferreiro todo está por decidir. O circuíto do “CxO” (As Lagoas) e as rampas da Carballeira deci-dirán quen se alza co título absoluto en categoría femi-nina.

Paredes, o ausenteO líder da clasificación

absoluta masculina (Javier Paredes) acudíu á Ponte pero como mero espectador (pois estaba lesionado), polo que non puntuou nesta ca-rreira. Paredes debeu elexir descartar a carreira da Ponte na loita polo triunfo final do circuíto (cada atleta puntúa en cinco das seis carreiras do CxO descartando unha delas ou por non participar ou por ser o peor resulta-do de todos). Con Paredes descartado, o abano de fa-voritos ampliabase a máis

atletas, con Jorge Ignacio Silva (Ourense Atletismo) e Luis Iglesias Raña (At-letismo Arenteiro) encabe-zando o elenco de posibles gañadores. Finalmente a vitoria foi para Iglesias Raña, sacándolle na liña de meta tres segundos a Silva. En terceira posición entraría José Manuel Co-rral (Atletismo Arenteiro) e cuarto o que comandou a carreira nos primeiros compases da mesma, Sa-turnino González (Atletas Veteranos Ourense).

Na clasificación xeral, Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) mantén o primeiro posto con catro puntos. Jorge Silva é segundo con cinco puntos e Luís Iglesias, ter-ceiro con sete.

As LagoasO �8 (domingo) deste

mesmo mes dispútase a penúltima proba do Co-rrendo por Ourense, a ca-rreira da Universidade. A saída é chegada estará nas pistas de atletismo do cam-pus universitario.

4 A carreira estivo pasada por auga.

Luis I.Raña e Ana Ocampo, primeiros na Ponte

Redacción

O mes de agosto pe-chouse en canto a carreiras populares se refire coa pro-ba de Maside. Nela, preto de 100 atletas completaron os 11km que conformaban a carreira. A loita polo pri-

Redacción

Xa está todo preparado para que o domingo 14 de setembro, a estación de montaña de Manzaneda acolla a novena edición de Penedos do Lobo.

Catro son as probas que teñen lugar nesa xornada. A andaina, con saída esti-pulada para as 8.15 horas; o maratón, a proba raíña, que dará o pistoletazo de saída ás 8 da mañá; a a BTT, con saída ás 9.00h; e o cross, cuxa saída está prevista para ás 9.30h.

Coas inscricións pecha-das, un total de 364 depor-tistas participarán entre as catro probas que se dispu-tan. 47 ciclistas na BTT;

meiro posto correu a cargo de dous vellos coñecidos das populares ourensás. Saturnino González (At-letas Veteranos Ourense) e Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro), dous atletas que andan sempre polos primei-ros postos de calqueira ca-rreira que se precie. E nesta ocasión non ían ser menos. Se uns días antes, en Car-telle, Iglesias era primeiro e González segundo, nesta ocasión mudaríanse as po-

sicións. Saturnino chegaría a meta na primeira posición cun tempo de 40 minutos e 13 segundos. A un minuto e 13 segundos, Luis (41:�9). En terceira posición Ramón Silva do Club Pinarium (43:�4).

MulleresEn mulleres, a primei-

ra clasificada foi Patricia Álvarez (AXA - Beariz), que realizou a proba en 53 minutos e �6 segundos. En segunda posición entraría a independente Melodi Fer-nández (57:05) e terceira a atleta do Kórpore Carballi-ño, Cristina Eisermann, tras 59 minutos e �0 segundos de dura proba.

Saturnino González vence en Maside4 Superando a Luis Iglesias.

Patricia Álvarez, a primeira muller da xeral, realizou a proba en 53‘ 26”

86 na andaina; 110 no cross e 1�1 no maratón.

O percorrido está sina-

Todo preparado para Penedos do Lobo 20144 O 14 de setembro celébra-se en Manzaneda a novena edición.

lizado e conta con postos de control, avituallamento, e zonas de evacuación de participantes.

DistanciasAs probas discorrerán por

camiños, pistas forestais e campo a través. A distancia da BTT será de 45km; os participantes tanto do cross como da andaina percorre-rán �1 quilómetros, e os míticos 4�,195 km deberán cubrilos os que se atrevan co maratón.

Page 11: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

11ATLETISMO

Requejo durante a proba da Cañiza.

Redacción

Tras varios meses fóra de competición, Jose Antonio Requejo, atleta burgalés pertencente ao Club Ouren-sán Ben Cho Shey, retoma as carreiras da mellor forma posible, abrazando vitorias.

A primeira vitoria, post le-sión, de Requejo, foi logra-da na Carreira popular San Salvador Baños de Molgas a principios de agosto, para continuar con outro triunfo no Cross Popular do Xamón, celebrado o 31 do mesmo mes na localidade da Cañiza (Pontevedra).

Devandita proba, aínda que leva o nome de cross non deixa de ser unha dura carreira de montaña, a súa dureza é compensada cun fermoso circuíto que trans-corre por distintos tipos de terreos.

Tras o pistoletazo de saí-da escapouse Requejo xunto a Manuel Casado, ningún atleta máis se atreveu a en-trar nesa loita debido ao alto ritmo imposto. Varios quiló-metros durou a pugna entre ambos os corredores; pare-cía que esta se prolongaría até a chegada a met, xa que

4 BronceA atleta veterana Luz

María Domínguez aca-dou a medalla de bronce no Campionato de Europa de veteranos na proba dos 800 metros para mulle-res +50. Domínguez re-matou a proba por detrás da representante polaca e da alemana. Despois dunha tempada marcada por unha grave lesión, a ourensá pon un gran bro-che a esta tempada e colle folgos de cara á vindeira.

EN BREVE

José Antonio Requejo, vence no Cross do Xamón4 Participará no Mundial de 100km que se disputará en Doha (Qatar).

a cada pouco un tomaba as rendas da carreira sen apre-ciarse unha superioridade clara de ningún deles. Re-quejo tiña a favor ter sido terceiro no Campionato de Europa de 100 kms o ano pasado pero estes eran os dominios de Casado, ga-ñador de varias carreiras de montaña. Houbo que esperar até o quilómetro onde onde se apreciaba un Requejo fresco e un Ca-sado algo minguado polo paso dos quilómetros; é aquí onde Requejo decidiu escaparse do seu rival para chegar en solitario a meta e celebrar unha nova vitoria.

MundialRequejo participará no

Campionato do Mundo de 100 km que se celebra-rá o �1 de novembro en Doha (Qatar), onde figura como integrante da selec-ción española. O atleta da Escola Atlética de Pereiro de Aguiar Ben Cho Shey volverá unha vez máis a defender as cores nacio-nais. O burgalés xa aca-dara a medalla de bronce nos anteriores europeos da distancia.

Redacción

A piscina Pedro Escu-dero de �5 metros do pa-villón dos Remedios vol-ve estar a disposición dos usuarios desde o pasado � de setembro. A piscina pechou por mantemento, como fai habitualmente no mes de agosto, pero esta vez aproveitouse

para instalar un novo siste-ma de climatización.

Cabe recordar que pola elevada humidade desta instalacións se rexistrara a caida do falso teito exis-tente.

As obras de reparación supuxeron un investimen-to aproximado de 140.000 euros e consistiron no cambio total dos sistemas

Reabre a piscina de 25 metros Pedro Escudero

de impulsión e extracción de aire.

Tamén se aproveitou para cambiar o chan e a zona de duchas do ves-tiario masculino, colocar duchas con regulación térmica e pintar o teito da piscina nunha cor azul celeste que ofrece máis claridade.

A apertura realizouse coas obras rematadas pero a espera da posta a punto da máquina climatizado-ra polo que os primeiros días non se puido aínda observar o rendemento óptimo da instalación.

Page 12: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

1� BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014 POLIDEPORTIVO

O “Desafío 42” foi presentado no Mosteiro de San Clodio./CEDIDA.

Yago Blanco durante a súa actuación en Segovia./CEDIDA.

Redacción

A provincia de Ourense será escenario os próximos �0 e �1 de setembro dun-ha das probas deportivas máis vistosas e esixentes de cantas se disputan na modalidade de carreiras: o running extremo, que con-tará coa participación dos mellores deportistas nesta especialidade.

Baixo o título de “De-safío 4�”, esta proba, pa-trocinada pola Deputación de Ourense, consiste en tres carreiras que os atletas disputarán nas localidades de Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense cidade, percorrendo as seguintes distancias: circuíto asfal-to-terra Ribadavia-Beade-

Leiro-Beade-Ribadavia, de �1 km, que se disputará o �0 de setembro ás 10.00 horas; circuíto asfalto-terra de Nogueira de Ramuín, de 11 km, que se correrá o �0 de setembro ás 19.30 horas, e o circuíto asfalto-terra de Ourense cidade, de 10 km de percorrido, carreira que se disputará o �1 de setem-bro, ás 11.00 horas.

A presentación da proba tivo lugar no Mosteiro de San Clodio (Leiro), acto que contou coa presenza do presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o director técnico da proba, José Ramón Rey, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino

González.

PremiosNesta primeira edición

do “Desafío 4�” haberá 3.000 euros en premios para os primeiros corre-dores na clasificación xeral e local, así como trofeos e obsequios para os primeiros de cada ca-tegoría. Tamén se sortea-rán obsequios dos cola-boradores entre todos os participantes.

Os mellores do running extremo, no “Desafío 42” 4 Disputarase o 20 e 21 de setembro en Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense.

Nesta edición repartiranse 3.000 euros en premios, así como trofeos e obsequios entre os participantes

Redacción

Do 4 ao 7 de setembro celebrouse en Segovia o Campionato de Espa-ña de menores de hípica, que contou cunha parti-cipación histórica de 176 binomios. Até alí despra-zouse o xinete ourensán Yago Blanco García, tras obter as notas clasificato-rias para o concurso nas probas celebradas previa-mente en Mondariz, onde se proclamou subcampión galego na súa categoría, e nas instalacións do Astur-cón, en Oviedo, onde obti-vo nos dous días de con-curso os postos segundo e cuarto, respectivamente.

Ademais, este ano tiña unha dificultade a maio-res para o ourensán, pois Yago estreábase en cate-goría xuvenil.

O venres tivo lugar a primeiro proba na que participaron 34 binomios, logrando o xinete ouren-sán o 14º posto cunha nota de 64.057. Pola súa ban-da, o sábado logrou unha puntuación de 63.971, permitíndolle acadar o posto número 13 dos 18 que pasaban á final.

Redacción

Esta fin de semana come-za o serio para o Balonmán Pabellón. O equipo femini-no de Autonómica sube o telón da Liga, mentres que o equipo masculino debuta na Copa Federación.

As xogadoras adestradas por Richi comezan unha ilusionante tempada dian-te da súa afección contra o

Xa o domingo, na proba definitiva a nota obtida foi de 6�.500. Sumada coas notas das probas anteriores a clasificación final do cam-pionato do noso xinete foi o posto número 1�.

Gran actuación do xinete Yago Blanco no Campionato de España4 O ourensán conseguiu coarse entre os 18 binomios (dos 176 participantes) que pasaron á gran final.

Tui. O encontro terá lugar no anexo dos Remedios o sábado 13 a partir das 18 horas. Coas novas incorpo-racións, o obxectivo é loi-tar por estar entre os catro primeiros postos, que lle darían a opción de pelexar polo ascenso. As pavillonis-tas son, a priori, un equipo máis competitivo que o ano pasado, de aí ese obxectivo maior.

Equipo masculinoDespois do nada agrada-

ble paso pola Liga Nacio-nal do ano pasado o equipo masculino regresa á Pri-meira Autonómica. Men-tres non comeza a Liga, o Pabellón xogará esta fin de semana a Copa Federación. O encontro disputarase ás 1� horas do domingo 14 no anexo dos Remedios e o rival será o Lavadores de

Vigo.Este ano os ourensáns su-

man moitas baixas polo que é unha incógnita cal será o

rendemento do equipo. Ás baixas de xogadores tamén se suma a do adestrador Za-rra (adestrará a equipos da

O xinete ourensán quedou décimo segundo en Segovia, na categoría xuvenil

Liga e Copa abren a tempada para o Balonmán Pabellón4 O equipo feminino comeza a Liga Autonó-mica e o masculina a Copa Federación.

base), que foi substituído por Diego Lorenzo. A Liga comeza o 5 de outubro na cancha do Chapela.

Combinado mascuilino do Pabellón Balonmán./CEDIDA.

Page 13: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

13POLIDEPORTIVO

Os xadrecistas ourensáns durante unha partida no Torneo “Ciudad de Naranco”./CEDIDA.

Redacción

O sábado 30 de agosto Oviedo acolleu o Torneo de clubs “Ciudad Naranco”, que reuniu a 13 das mellores es-cuadras do norte peninsular, entre as que se atoparon as seleccións de Navarra, Can-tabria ou mesmo o club da Escola Xadrez Pontevedra.

O conxunto ourensán -que estivo composto por Adrián Gómez, Gabriel Roma, Mi-guel Ferreiro e David Váz-quez- impúxose en 5 dos 6 encontros que disputou, cedendo unicamente unha derrota, pola mínima (�.5 a 1.5), ante a Selección cán-tabra xa na derradeira xor-nada.

Malia este resultado e a pesar da victoria dos ponte-vedreses na última rolda, a clasificación final reflexou un empate a 10 puntos entre as dúas escuadras galegas, pero o resultado particular

entre ourensáns e ponteve-dreses (victoria ourensá por �.5 a 1.5 en terceira rolda), supuxo que os nosos repre-sentantes fosen proclama-dos campións.

O mellor xogadorCabe destacar que o xoga-

dor David Vázquez Gómez recibiu o premio ao mellor

Redacción

O xadrecista Iván Sal-gado non logrou revalidar o seu título de campión de España individual absolu-to.

Pese a non perder ningun-ha partida na cita de �014, finalmente foi o menorquín Paco Vallejo o vencedor.

Salgado, campión de �013, tivo que conformarse coa cuarta posición xa que

aínda que non foi derrotado en ningunha ocasión, as súas cinco vitorias e catro empa-tes non foron suficientes para acadar o podio.

O ourensán mostrouse conforme co resultado, re-coñecendo que os seus rivais realizaran moi boas partidas.

Nesta cita cabe destacar a actuación do xogador do Xa-drez Ourense Fernando Sán-chez, que rematou entre os 20 primeiros clasificados.

Salgado perde o título de campión de España4 Rematou en cuarta posi-ción malia non perder ningun-ha partida.

O Xadrez Ourense, campión do Torneo “Ciudad Naranco” 4 O conxunto ourensán proclamouse vencedor entre un total de 13 escuadras participantes.

porcentaxe individual do torneo en 4ª mesa.

Un recoñecemento espe-cialmente significativo xa que este xadrecista pasará en breve a competir como sénior.

Campionato de EspañaEste resultado, sen dúbi-

da, servirá de motivación

para o vindeiro Campio-nato de España xuvenil de clubs, que se disputará en Benidorm en decembro, cita na que en �01� o Club Xadrez Ourense rematara subcampión.

David Vázquez recibiu o premio de mellor xogador

Redacción

7� participantes medíron-se ante a Play Station para determinar quen é o mellor xogador do FIFA �014 no primeiro torneo urbán de videoxogos “The Urban

Tournaments”. O evento estivo organizado polo Po-lígono Virtual de Galicia e o establecemento Zona Jue-gos, e tivo como escenario diversos emprazamentos da cidade.

Nesta edición os xogado-

res foron todo homes, aín-da que non estaba limitado por sexo. De feito, dende o Polígono Virtual de Galicia agardan que en vindeiras actividades e edicións se animen tamén as mulleres.

Este torneo urbán dispu-touse o 31 de agosto e o 1 de setembro na praza Mone-agudo, o � e 3 de setembro, na esquina entre Caldas e Ribeiriño, o 4 e 5 no xardín Xaponés, e o día 6 cele-brouse a gran final na praza de San Martiño.

FinalÁ última cita só accederon

3� participantes, os cales só por chegar a esa fase xa re-cibiron unha camiseta espe-cífica de Prol Sport. Os tres

primeiros clasificados reci-biron importantes premios. O primeiro foi Breogán Martínez (que xogou co Real Madrid), que recibiu 500 euros en vales de com-pra e unha Play Station 4; en segundo lugar rematou Eric Cortiñas (co Liver-pool), que foi agasallado con 300 euros en vales de compra e o xogo FIFA 15; e de terceiro rematou Bor-ja García (tamén co Real Madrid), que recibiu �00 euros en vales de compra. Os tres gañadores provi-ñan da área do Couto na fase preliminar.

Próximos proxectosOs amantes dos videoxo-

gos xa teñen en outubro outra cita, o día 18, co Tor-neo de Magic e Videoxo-gos; ademais, realizaranse diversos eventos relacio-nados co comercio, o mo-tor, o deporte e o mundo canino antes de Nadal.

Éxito de participación e público no torneo urbán de videoxogos4 Este novidoso formato congregou 72 partici-pantes.

Os gañadores de “The Urban Tournaments”./CEDIDA.

O 18 de outubro dispútase o Torneo de Magic e Videoxogos

Page 14: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

14 BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

ACTUALIDADE

Como novidade haberá clases de ioga iyengar, danza bellynesian, squash ou salvamento acuático

Redacción

Expourense incorpora ao seu calendario feiral de �014 dúas novas ci-tas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da auto-moción. En estreita cola-boración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ouren-se, ACAUTO, organizan para o vindeiro mes de outubro o que será xa o 6º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 3 ao 5) e o 6º Salón do Automóbil – Ve-hículo de Ocasión (do día 10 ao 1�).

Este 9 de setembro asi-nouse no recinto feiral o convenio de colabora-ción entre Expourense e ACAUTO. A sinatura correu a cargo do direc-

tor xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e do pre-sidente da asociación em-presarial, Ramón Seijas. Estiveron acompañados ademais por Santiago Gar-za, membro da executiva de ACAUTO.

Está confirmada a parti-cipación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provin-cia asociados a ACAUTO. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 mar-cas de vehículos.

O obxectivo é presen-tar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes.

Para animar aos visitan-tes a axilizar o proceso de decisión, a organización sorteará entre os que pechen

a compra dun autómobil nestas citas un desconto de 6.000 euros.

Aumentan as vendasA venda de automóbi-

les é un dos indicadores de consumo máis fiables á hora de avaliar a situa-ción económica dunha rexión. Segundo informa o presidente de ACAU-TO, Ramón Seijas, “logo de anos moi difíciles as vendas están repuntando. En Ourense subiron no que vai de ano un 1�% con respecto a �013”.

Os salóns de vehículos novos e de ocasión citaranse en Expourense4 A cita coas últimas novidades no sector da automoción será do 3 ao 5 de outubro; e cos vehículos usados do 10 ao 12.

Ramón Seijas, Alejandro Rubín e Santiago Garza durante a sinatura do convenio.

Redacción

Baixo o lema ”Depor-te para inconformistas” o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo no Campus de Ourense puxo en marcha a ofer-ta deportiva do presente curso, atopandose, a día de hoxe, aberta a incrip-ción no programa “Esco-las Deportivas” (Aerobic, aquagym, artes marciais mixtas, fitness, ioga, na-tación, pilates, squash, tai chí, volei, xadrez,...) ade-mais das novidades deste curso: escola de atletismo a cargo do Club Ourense Atletismo, ioga iyengar, danza bellynesian, squash ou salvamento acuático.

InscriciónsModalidades todas es-

tas, para as que a Comu-nicade Universitaria conta ata o día �5 de setembro para facer efectivas as súas inscricións, que na maioría dos casos lle dara-rán dereito a asistir a dúas clases á semana durante o presente cuadrimestre.

A súa vez xa está ope-rativa a posibilidade de adquirir os corresponden-tes carnets ou bonos que permiten o acceso as dife-rentes instalacións depor-tivas (sala musculación, pista de squash, pistas de tenis, pistas de atletismo, cancha polideportiva ou campo de rugbi e fútbol).

Todas estas instalacións es-tan tamén a disposición de toda sociedade ourensá me-diante o abono da corres-pondente tarifa.

O técnico de Servizo de Deportes do Campus opi-na que “despois do exito de participación acadada no curso pasado co incremen-to tanto na cantidade, coma na calidade das actividades, agardamos consolidar e in-cluso mellorar os resulta-dos, ao que debemos sumar que ano tras ano estamos a detectar unha maior pre-ocupación dos novos pola saúde, e polo tanto maior predisposición a realizar exercicio físico”.

Programa informáticoO técnico tamén cre que

a incorporación, este ano, dun novo programa infor-mático para a xestiós das instalacións e actividades do Servizo de Deportes, vai simplificar as inscricións e axilizar o acceso á informa-ción por parte de todos ao permitir realizar trámites via web.

Os interesados poden ob-ter información máis deta-llada na web servizodepor-tes.uvigo.es.

O Campus de Ourense presenta a oferta deportiva para o novo curso4 A inscrición permanece aberta ata o 25 de setembro.

Campionato provincial de pádelRedacción

As instalacións do P�1 Pádel Club acollen do 8 ao 14 de setembro o Cam-pionato provincial absolu-to por parellas, proba pun-tuable pola Federación Galega de Pádel.

No campionato poderán participar todos aqueles deportistas que teñan li-cenza en vigor, tanto de categoría masculina como feminina.

Os encontros disputa-ranse a partir das 19 ho-ras nos días laborables e a partir das 10h as fins de semana. Haberá trofeos para os campións e os subcampións.

IV Liga de PádelPor outra banda, o club

ourensán xa puxo en mar-cha a súa IV Liga de Pá-del, que se disputa desde o pasado 1 de setembro.

Unha deportista practican-to pádel no P21./ARQUIVO.

Nos salóns participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 marcas de vehículos

Page 15: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 04 53 5� / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas

Nº104- Ano: VI - 11 de setembro de �014 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 5� / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

CAPÍTULO 40. Cada cousa ao seu tempo

Sería perigoso conside-rar aos mozos deportistas como adultos en miniatu-ra, e con todo pode com-probarse con demasiada frecuencia que hai sesións para os nenos copiadas das dos adultos. O traba-llo nestas idades efectua-rase, no posible, de forma lúdica.

Reza un proverbio po-pular: “Cada cousa ao seu tempo e os nabos en advento”. Iso é significati-vo de que as cousas feitas fóra do seu tempo son es-tériles e ineficaces.

Calquera proceso leva un tempo, unha orde, un desenvolvemento adapta-do ao nivel ou etapa psico-motor dos futuros deportis-tas. Non nos precipitemos e sexamos cautos, pre-cavidos e coherentes. Na natureza cada cousa ten unha orde e un período. A noite dá paso ao día, a escuridade transfórmase lentamente en claridade, as estacións sucédense de maneira imparable, as árbores e as flores atra-vesan un proceso, etc. De

Deporte e realidade

idéntica maneira os mozos deportistas deben pasar e superar un proceso de for-mación e desenvolvemento de maneira ordenada e de acordo aos seus niveis até alcanzar a súa madurez.

As présas son malas conselleiras. Ás veces a nosa mente corre máis rá-pido que a nosa vida. O proceso de formación dos futuros deportistas ha de ser, pois, gradual, come-dido, meticuloso e á súa xusta medida. Hai que elixir un bo camiño para alcanzar a meta. Os edu-cadores-ensinantes han de concibir e ser conscientes do importante que é o seu rol para ensinar e adestrar de forma eficaz.

Habemos de substituír a improvisación por un ensino científico e pro-gramado onde os obxecti-vos, contidos, actividades, metodoloxía e avaliación sexan reais, fiables e rea-lizables. Se actuamos con coherencia, sentido común e pedagoxía no proceso de ensino-aprendizaxe, ob-teremos resultados con maior rapidez, eficacia e facilidade.

Esíxese que os me-llores profesores estean na base, pero iso non foi factible no pasado e a duras penas no futuro porque os técnicos do de-porte de base cobran en todas partes moi pouco. É de transcendencia pedagóxica preparar as sesións por escrito, preparar o material que vai necesitar, preparar o terreo que se necesite, explicar as normas e re-gras, organizar os conti-dos, formar equipos equi-librados, interromper o traballo se é necesario para dar explicacións ou modificar as normas e regras, utilizar cami-setas ou petos de cores vivas, os balóns deben ser adecuados e animar constantemente.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

“O proceso de formación dos futuros deportistas ha de ser gradual, comedido, e á súa xusta medida”

Os participantes escolleron entre unha ruta curta de 33 km e unha longa de 46 km

A BTT 4Picos de Celanova reúne máis de cen ciclistas4 Venceron Raúl González e Gabriel Pereira.Redacción

Máis de cen ciclistas, entre eles, unha muller, participaron o pasado do-mingo 7 de setembro na III BTT 4Picos de Celano-va. A choiva marcou esta competición, que rematou coa vitoria de Raúl Gon-zález do Clube Ciclista Maceda na ruta longa (de 46 quilómetros) e de Ga-briel Pereira, do Clube Ci-clista NSB Celanova, na ruta curta (33 km).

González empregou un tempo de � horas �� mi-nutos e 44 segundos para cubrir un circuíto no que destacaba un desnivel po-sitivo acumulado de 1.475 metros. Pola súa banda, o gañador da ruta curta, que tiña un desnivel acumula-do positivo de 900 metros, fixo o percorrido nunha hora 57 minutos e 38 se-gundos.

Dous participantes durante a ruta BTT por Celanova.

A Sociedade Ciclista Alaricana (ASOCIAL) vén de anunciar o cambio de data da BTT de Allariz do sábado �0 ao domingo �1 de setembro. A organi-zadora do evento atende así a petición de diversos clubs da contorna e nume-rosas persoas que queren-do participar neste evento non podían por coincidir con outros e pola dificul-tade para formar equipos.

A saída da ruta, que será finalmente de modalidade individual non competiti-va, terá lugar ás 9:30 ho-ras. Os participantes po-derán escoller entre cubrir unha ruta curta de 30 km ou unha longa de 55 km.

A participación é gratuí-ta e as inscricións poden realizarse no Facebook de ASOCIAL. Ao peche des-ta edición xa roldaban os cen inscritos.

4 A BTT de Allariz, o día 21

Page 16: 11 de setembro de 2014 - BD nº104

BARRIOS DEPORTIVO11 de setembro de �014