Upload
xaime-meilan
View
238
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
CCOO de Xustiza
Citation preview
ccccoooo iinnffoorrmmaa http://ccooxustiza.blogspot.com/
Número 21/2010 15 de febreiro de 2010
Temas varios tratados na Mesa de traballo celebrada o día 11 de febreiro entre a Administración e os sindica-tos
Concurso de traslados
Como xa tiña solicitado o noso sindicato con anterioridade, a Administración aceptou incluír
na relación de prazas vacantes a ofertar no vindeiro concurso de traslados as dos Xulgados
de Paz.
Retribucións
A Consellería comprometeuse a aboar no mes de abril os atrasos correspondentes ao cuarto
punto (27,11 €/mes no ano 2008 e 27,66€/mes no ano 2009) a aqueles funcionarios que lles
correspondan. Non obstante albergamos serias dúbidas de que este compromiso se cumpra.
Creación de novos xulgados
Solicitouse información sobre a opinión que ten a Consellería ao respecto da proposta do TSX
de creación dos Xulgados do Social número 4 de Pontevedra e de 1ª Instancia número 13 de
A Coruña para este ano 2010. A Administración contestou que compartía o criterio de crea-
ción do Xulgado de 1ª Instancia número 13 de A Coruña, pero non se manifestou respecto
do Social número 4 de Pontevedra. Dende CCOO lle lembramos ao Director Xeral a urxencia
de crear o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 4 de Vilagarcía de Arousa e do Xul-
gado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Sarria, xa que a súa carga de traballo xustifí-
cao sobradamente.
Reforzos
Por primeira vez tras anos de reclamalas, a Administración deunos traslado da relación das
prazas de reforzo que existen na Comunidade, coas datas do seu inicio e adquirindo o com-
promiso de consolidar como prazas fixas algunhas delas. CCOO esixiu que se consolidasen
todas as que teñan unha antigüidade igual ou superior a dous anos, xa que entendemos que
ditas prazas despois dun período de tempo tan elevado non poden considerarse reforzos se-
nón necesidades estruturais.
Ampliación dos cadros de persoal
A Dirección Xeral de Xustiza deunos traslado, para alegacións, da proposta de ampliación dos
cadros de persoal de determinados xulgados.