24
ATLETISMO páx.2 Volve o espectáculo Sábado, 26 de febreiro Cidade de As Burgas vs. Ponte Ourense [ páx. 12 a 15] O RINCÓN DO MESTRE páx.23 O Ourense Atletismo Academia Postal promesa feminino acada a medalla de bronce no campionato nacional de campo a través Número: 29 - Ano: III - 18 de febreiro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Alfonso Vilachá: Aspectos positivos da relaxación mental (I) Entrevista a Noelia Oliva, de Codigalco Carmelitas páx.22 Ximnasia: Sábado 19, nos Remedios IV Copa Galicia de Ximnasia acrobática páx.6

16 Feb 2011 - Nº29

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O tema principal do novo número do Barrios Deportivo é o derbi ourensán que o vindeiro, 26 de febreiro disputará nos Remedios o Cidade de As Burgas contra o Ponte Ourense, na División de Honra do fútbol sala feminino. Os dous equipo chegan en boa forma e cunha racha positiva de resultados que tentarán non truncar para lograr entrar na Copa unhas e o campionato outras. En canto ao atletismo seguimos contando o bo comezo de ano que está a ter o Academia Postal, mentres que xa está todo perfilado para que o 5 de marzo de comezo as 24 horas solidarias nas que Antonio Madriñán e Demetrio Alvarez darán voltas á ribeira do Miño durante 24 horas con saída en chegada en Ponte Vella. Fácemonos eco da IV Copa Galicia de Ximnasia Acrobática que se celebra en Ourense o 19 de febreiro onde pódese ver un gran espectáculo visual.

Citation preview

Page 1: 16 Feb 2011 - Nº29

ATLETISMO páx.2

Volve o espectáculoSábado, 26 de febreiroCidade de As Burgas vs. Ponte Ourense [páx. 12 a 15]

O RINCÓN DO MESTRE páx.23

O Ourense Atletismo Academia Postal promesa feminino acada a medalla de bronce no campionato nacional de campo a través

Número: 29 - Ano: III - 18 de febreiro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Alfonso Vilachá:Aspectos positivos da relaxación mental (I)

Entrevista a Noelia Oliva, de Codigalco Carmelitas páx.22

Ximnasia:Sábado 19, nos Remedios IV Copa Galicia de Ximnasia acrobática páx.6

Page 2: 16 Feb 2011 - Nº29

� BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

ATLETISMO

O equipo femini-no promesa do Academia Postal foi terceiro no Campionato Na-cional de campo a través, sendo Mayobre a cam-pioa.Luaces erixiuse campioa galega de marcha

O ultrafondista, Antonio Madriñán.

R. Torres

Aproxímase a data e o interese vai “in cres-cendo” para ver o reto solidario que o ourensán Antonio Madriñán e o seu compañeiro Demetrio Al-varez van realizar entre o 5 e o 6 de marzo cando fa-rán as �4 horas solidarias “Oumoving” en prol da fundación Meniños.

O reto comezará o sába-do, 5 de marzo no Centro Comercial Ponte Vella e logo de estar �4 horas dando voltas ao circuí-to do paseo das Ninfas (Ponte Romana, Outariz) volverá ata o Centro Co-mercial onde rematarán a iso das 1� da mañá do día seguinte. Pero estes dous ultrafondistas non viaxa-rán sós, senón que moita xente xa se comprometeu a facer parte do percorri-do con eles, xente que virá de diversos puntos do país como pode ser Asturias ou Madrid. Quen tampouco faltará á cita serán os co-rredores populares ouren-sás dando a súa confor-midade de que acudirán representantes de clubs ourensáns como o Casa da Xuventude Ourense e o Esprintes Ourense entre outros. Madriñán a Deme-trio aínda non teñen esta-blecido o plan para encarar o reto pero animan a todo

Xa queda menos para o reto solidario4 O sábado, 19 de febreiro en Ponte Vella terá lugar a presentación do evento e a subasta de material donado.

o mundo a que participen do xeito que queiran, ade-mais coincide co entroido por aquel que queira parti-cipar disfrazado.

PresentaciónA presentación do even-

to terá lugar o sábado, 19 de febreiro, ás 11 da mañá nunha das salas do Cinebox sita no Centro Comercial Ponte Vella. Despois da presentación será a quenda da poxa solidaria, na que material deportivo de gran-des deportistas nacionais formarán parte dunha poxa aberta a todo o mundo, polo que esperan contar cun grande número de persoas que se acheguen a Cinebox de Ponte Vella para parti-cipar na devandita poxa. Haberá obxectos de depor-tistas que practican depor-tes extremos no noso país e que doaron o seu material para esta boa causa, xa que todo o recadado irá parar á Fundación Meninos.

Aquel interesado que queira facer unha achega persoal pode facelo no nú-mero de conta da fundación: �091 0000 31 3040 15 75 90 e no concepto hai que poñer “RETO OUMOVING”.

Madriñán e Deme-trio estarán 24 ho-ras correndo pola ribeira do Miño

Redacción

Esta pasada fin de se-mana o Ourense Atletismo Academia Postal tivo re-presentación no campiona-to de España de campo a través por clubes celebrado en Punta Umbría. En canto aos destacados da represen-tación ourensán, o equipo feminino promesa, integra-do por Paula Mayobre, Iria Castro e Lucía Corrales, foi un dos mellores conxuntos do evento, e acadaron o terceiro posto por equipos, sendo determinante a ac-

Citas no campo a través e en marcha para o Academia Postal4 Participaron no campionato de España de campo a través e no galego de marcha en ruta.

tuación individual de Paula Mayobre que se alzou coa vitoria individual. Este re-sultado continúa a boa ra-cha académica desde que se iniciase o ano e pon ao cadro feminino dentro da elite nacional.

Campionato Galego de Marcha en ruta

Pontevedra acolleu, ta-mén esta pasada fin de se-mana, o campionato galego de marcha en ruta onde Lo-rena Luaces erixíuse como a mellor marchadora galega logrando a vitoria na proba

Redacción

A localidade ourensá de A Rúa será a sede do Campio-nato provincial de campo a través, sustituíndo ao com-plexo de Monterrei onde se celebrou a edición anterior. A proba terá lugar o domin-go, �0 de febreiro, desde as 11 da mañá, no circuito do ”Aguillón” no Concello de A Rúa. Esta edición hai un claro favorito que é o equi-po local do ADAS Proinor xa que o Academia Postal renuncia a formar un equi-po completo xa que 11 dos seus atletas están convoca-dos por Galicia para o Na-

Campionato provincial de cross en A Rúacional de Autonomías.

Campionato Escolar de campo a través

O día anterior, o 19 de febreiro, tamén en hora-rio de mañá, o complexo deportivo de Monterrei engalánase para recibir aos atletas que participa-rán no campionato esco-lar de campo a través no que participarán rapazas e rapaces das categorías cadete, alevín, benxamín e infantil. Este campio-nato está organizado pola Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE de actividades extraesco-lares.

Podio masculino do cross provincial celebrada o ano pa-sado en Monterrei. /ARQUIVO

absoluta, batendo o récord autonómico que o posuía ela mesma. Na categoría masculina o gañador ta-mén foi un académico; Francisco Durán foi o vencedor da proba abso-luta a pesar de que aínda é júnior.

Corrales, Mayobre e Castro terceiras na categoría promesas no campionato nacional campo a traves.

Paula Mayobre campioa en promesas en Punta Umbría.

Page 3: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

3ATLETISMO

Madriñán: “Nunca antes en Ourense nin en Galicia se vira algo igual”4 O sábado 5 de marzo comeza en Ponte Vella o reto solidario que remata 24 horas máis tarde no mesmo centro comercial.R. Torres

Madriñán xa espera an-sioso que chegue o 5 de marzo para facer realidade a súa ilusión de correr du-rante �4 horas na súa cidade en compañía do seu com-pañeiro Demetrio Alvarez. Agarda que os acompañen moita xente, tanto correndo con eles como animando pola ribeira do Miño.

Como foron os teus co-mezos no mundo do de-porte?

Antonio Madriñán: “A verdade é que os meus co-mezos foron como os de todos os cativos, a única pretensión que tiña un, era poder xogar cos amigos e estar máis tempo na rúa, desa maneira aos 8 anos máis ou menos comenza-mos a xogar a hoquei, eu e todos os rapaces do pobo. Sempre xogamos sen pre-sión, non había a competi-tividade de hoxe, que penso que está afastando o depor-te do que realmete repre-senta”.

A que se debe o teu paso do hoquei (un depor-te en equipo) ao atletismo (unha disciplina máis in-dividual)?

A.M.: “Xa facía anos que non xogaba ao hoquei e a verdade se tivera que face-lo xa non o faría a gusto, moitos anos disfrutei del pero xa non me motivaba en absoluto, todo canto po-día facer nese deporte xa o fixera, así que xa non había nin metas, nin retos.

A transición do hoquei ao atletismo foi o triatlón na distancia Ironman. Pódese dicir que son atleta de ul-trafondo de casualidade, xa que me atopaba adestrando para o Ironman de Barcelo-na Maresme e xurdiu facer unha carreira de �4 horas onde quixen probarme un pouco, e saiume ben, o re-sultado foi gañar a proba, iso si con moito sudor e esforzo, pero gustoume pór o corpo ao límite, e desde aquela non parei de correr e pór o meu corpo ao límite”.

A túa carreira depor-tiva é longa e ampla, que resaltarías?

A.M.: “Traballo, moito traballo, e ademais, todo o que levo aprendido, vendo a xente, mirándome a mín mesmo, valorando o traba-llo dos demais, superándo-me día a día, porque a vida é do que se trata, de supe-rarse e de traballar, pero o que máis resalto é todo o que o deporte me leva apor-tado, que é moitísimo, sen dúbida esa e a miña gran recompensa”.

Eres todo un exemplo para os mozos, que conse-llos lles darías en canto á práctica dalgún deporte?

A.M.: “Pois que apren-dan os verdadeiros valores que representa o deporte sexa cal sexa a súa prode-cencia, que dentro do de-porte non existen razas nin relixións nin complexos nin sexos, que o deporte fai o mundo mais humán, e que se cren que poden facer algo, que traballen, que loi-

ten, e que o consiguan. O corpo non ten máis limita-cións cas que nós mesmos lle pomos. E sobre todo que o disfruten, non ten que haber 5.000 Cristianos Ro-naldo, un chega, o deporte é para estar saudables, para entreterse, así que o disfru-ten coma o fago eu sen pre-sións”.

En canto ás “24 ho-ras solidarias - Ourense se Mueve” como xorde a idea de organizalas en Ourense”?

A.M.: “Pois sinxelo, sempre estou pensando en Ourense, xa levo catro anos fóra da casa e a morriña cada día que pasa é máis grande; iso, unido a que quería mostrarlle ao meu

pobo o que é este deporte fixeron o resto.

Non foi demasiado sinxe-lo organizar algo así a 3�0 quilómetros de distancia, pero fíxose sen problema, o mérito de organizar non reside en min só, se non ta-mén en Demetrio que sem-pre me está botando unha man en todo, pero aínda así estamos os dous moi lonxe en canto a distancia se refire, e é aí onde resulta primordial a colaboración da xente, con todos os me-dios ao seu alcance, como: Anpian, o Centro Comer-cial Ponte Vella que será o centro neurálxico da pro-ba con saída e chegada no mesmo centro comercial, Fernando Varela, Isabel Pe-

rez, Protección Civil, mun-dourense.com, a conselle-ría de Deportes, a mesma fundación Meniños (que é o beneficiario deste evento solidario), a todos os artis-tas e deportistas que dende a primeira chamada botaron unha man. Se non fose por todos non sería posible fa-zer algo semellante”.

Tiveches algunha expe-riencia anterior semellan-te?

A.M.: “Xuro que esta é a primeira vez que me meto en tal fregado, e espero que sexa do agrado de todo o mundo, iso non vai ser tan sinxelo, pero aínda que sexa un reto que temos que facer nós, sií que me gusta-ría que lle gustase a todos os corredores aos que ani-mo a participar no evento facendo os quilómetros que cada un estime oportunos; non hai que facer nada, tan só chegar ao circuito e po-ñerse a correr”.

E tes pensado algunha outra para o futuro?

A.M.: “Pois claro que sí, é todo un pracer poder facer o que che gusta e poder axu-dar á xente que o precisa, así que a asociación de dis-capacitados en rede púxose en contacto connosco para ver si podíamos facer un reto de semellantes carac-terísticas polo casco urbán de Carrión de los Condes (Ciudad Real) e non puide-mos rexeitar a oferta, nece-sitan que lles botemos unha man e moi gustosos o fare-mos. Despois en xuño pare-ce que imos facer outro reto

de similares características polo paseo marítimo de Vi-lagarcía de Arousa, neste caso imos axudar a asocia-ción de nenos autistas -por dereito-”.

Como agardas que sexa acollida esta iniciativa na túa cidade natal?

A.M.: “Creo que vai ser impresionante, en primeiro lugar porque a causa merece máis que de sobra a pena, a iso imos a engadir que nun-ca antes en Ourense nin en Galicia se viu algo igual, e por último creo que é unha oportunidade de ouro para todos os deportistas ouren-sáns; aí todos poderemos dicir estamos aquí, estamos xuntos, e imos facer forza para que nos vexan, e unir lazos. En canto ao resto da cidadanía, penso o mesmo, a xente de Ourense é activa, solidaria, e participativa, así que espero unha acolli-da inmellorable”.

A data coincide por al-gún motivo co entroido ou é casualidade?

A.M.: “Foi unha mara-billosa casualidade, xa que fai moitos anos que non es-tou polo entroido, asi será un reto máis divertido, non descarto disfrazarme nal-gún momento (risas)”.

Tes algún outro proxec-to vencellado á cidade de Ourense?

A.M.: “Algo hai, pero aínda non se pode decir nada, só que non vai estar tan concentrado no que é a cidade, se non máis cara o rural. Xa tiña pensado fa-cer o camiño de Santiago correndo e algunha tolemia máis que xa vos contarei”.

Ponte Vella será o centro neurálxi-co da proba con saída e chegada no mesmo centro comercial

Demetrio e Madriñán chegando a meta nunha das probas de ultrafondo nas que levan participando.

Page 4: 16 Feb 2011 - Nº29

4 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

NOVAS

R. Torres

Despois de 14 anos, a proba ciclista máis impor-tante do noso país regre-sa a Ourense. Mediante o patrocinio da Deputación Provincial e a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a etapa número 11 da 64 edición da Volta a España trascorrerá pola nosa provincia. Son un total de 171 km, con saída en Ve-rín e chegada en Cabeza de Manzaneda, que o próximo 31 de agosto os mellores ci-clistas nacionais e interna-cionais percorrerán nunha proba de montaña que, ade-mais de ser vistosa e, con seguridade, moi seguida, pode resultar determinante de cara ao desenlace final da competición.

Segundo o Director Xeral da Volta a España, Javier Guillén, no caso de Ouren-se “aplicouse un modelo totalmente innovador, que

Volta a volta4 O vindeiro 31 de agosto a 11ª etapa da Volta a España 2011 percorrerá a provincia de Ourense, saíndo de Verín e con chegada a Cabeza de Manzaneda.

leva o percorrido máis aló da propia capital da pro-vincia, que era o habitual”. Pola súa banda, o presi-dente da Deputación, Xosé Luis Baltar, quixo sinalar que “se trata dun acontece-mento relevante tanto a ni-vel deportivo, como social e económico. É o mellor dos escaparates para Ourense”.

PromociónEn canto ás consecuen-

cias promocionais que un evento deste calibre lle proporcionará á nosa pro-vincia, a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, ten claro que “se verán moi beneficiadas tódalas locali-dades polas que discurrirá a proba. Xa que se estima que ó redor de 1.500 persoas, pertencentes ao equipo loxístico da competición, visitarán Galicia nesa oca-sión, cun impacto económi-co en torno a �50.000 euros diarios”.

A Volta a España conti-núa en territorio galego ao día seguinte, cunha eta-pa que une Ponteareas e Pontevedra, e, finalmente, abandonará a nosa comu-nidade o � de setembro coa décimo terceira cita da proba, con saída en Sarria e chegada en Ponferrada.

Facía 14 anos que a Volta ciclista a España non pasa-ba pola provincia de Ourense

Guillén, Baltar e Pardo na presentación no Centro Cultural da Deputación da etapa da Volta ciclista a España que pasa por Ourense. /RAMSÉS

A 11ª etapa terá lugar o 31 de agosto desde Ve-rín ata Cabeza de Manzaneda cun total de 171 quiló-metros

Campionato de Scaléxtric nas asociacións de veciños4 O Torneo está promovido pola Concellería de Xuventude.R. Torres

As asociacións de veci-ños de Ourense celebrarán o I Torneo de Scaléxtric Ourense �011, promovido pola Concellería de Xu-ventude do Concello de Ourense. Esta iniciativa sae da recentemente cons-tituída Asociación Recrea-tiva e Cultural Evoslot.

O torneo desenvolvera-se de febreiro ata xuño en diversos locais veciñais da cidade. Este campionato terá a súa primeira xorna-da o sábado �6 de febreiro

na A.VV. de Santa Teresita para despois trasladarse aos locais de Karlaska -1� de marzo-, Rabo de Galo -�6 de marzo-, Vistafermo-sa -16 de abril-, Luada - A Cuña -30 de abril- e Seixal-vo -28 de maio-. A proba fi-nal, reunirá aos 10 mellores terá lugar o �5 de xuño na praza de San Martiño.

O torneo contará con tres categorías: infantil (de 5 a 10 anos), prexuvenil (de 11 a 16 anos) e para os maio-res de 17 anos. O horario será sempre de 15.30 a �0 horas.

As probas serán os sábados pola tarde de 15.30 a 20 horas.

A inscrición é gra-tuíta

As inscricións que son gratuítas xa están abertas e pódense realizar na propia asociación de veciños, na oficina municipal de volun-tariado e xuventude, e no e-mail [email protected].

Redacción

A proba puntuable para o Campionato de Europa de Enduro prevista para celebrar en Ourense os días �3 e �4 de abril acaba de ser suspendida debido á

Suspendido o Campionato de Europa de Enduro 2011

falta de axudas económicas por parte das administra-cións públicas e por parte do Moto Clube A Peroxa é imposible facerse cargo dos custes dun evento tan im-portante como ese que ade-mais conta con inconvinte

de que é de entrada libre polo que non recadan pola taquilla.

Moto Clube A Peroxa es-pera poder, nun futuro non lonxano, volver organizar este evento que tanta reper-cusión ten xa que se trata dun campionato europeo dunha proba moi seguida e que traía gran repercusión á zona.

Moita emoción traerá o Torneo de Scalextric Ourense 2011.

Page 5: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

5RUGBI

O Campus Ouren-se Rugbi xoga en Vigo contra o Uni-versidade o seu último encontro de liga xa como campión galego

R.T.

O Campus Ourense Rug-bi proclámase virtualmente campión da liga galega de rugbi tras vencer ao Gallae-cius por ��-3 en Monterrei,

Campións de Galicia4 O Campus Ourense Rugbi proclámase cam-pión da liga galega de rugbi.

a falta de dúas xornadas para o remate da liga.

O partido no seu inicio estivo moi igualado, inclu-so con ocasións máis claras para os visitantes que dis-puxeron de tres golpes de

castigo, convertendo un só.Así, pouco a pouco, o

Campus fíxose co con-trol do partido chegando con máis perigo á zona de marca do Gallaecius. Este dominio levounos á conse- cución de dous ensaios obra

de Abraham e Meta dando os primeiros puntos aos lo-cais; Khalifa convertía un dos ensaios.

Reiniciado o encontro na segunda metade, a defensa ourensá fixo truncar varias ocasións do Gallaecius de achegarse ao marcador e, no ecuador deste segundo período, David consegui-ría o terceiro ensaio para os locais, despois dunha boa xogada da dianteira. O Campus Ourense tivo que esperar aos minutos finais para sentenciar o encontro cando Abraham cun pouco de fortuna conseguía o cuarto ensaio que daba ade-mais o punto bonus que os ourensáns precisaban para

converterse matematica-mente en campións da Liga Galega �010/�011.

Derradeiro encontroEsta fin de semana Cam-

pus Ourense Rugbi viaxará a Vigo xa como campión para enfrontarse a Ednon Universidade no derradeiro partido da tempada.

Derrota dos Cadetes en A Coruña

O equipo cadete de Cam-pus Ourense Rugbi xogou este domingo en casa do CRAT Coruña, non puido co líder aínda que mellora-ron no xogo chegando a pe-char en varias ocasións aos coruñeses na súa zona de �� tanto na primeira como

na segunda parte, pero sen a fortuna de saír con puntos. A pesar da derrota (31-0) tamén houbo melloría na defensa.

O próximo sábado en Monterrei os cadetes en-fróntanse ao Vigo, partido no que os ourensáns preten-den conseguir unha vitoria que lles faga acceder aos postos de cabeza.

O equipo cadete do Campus Rugbi Ourense. /CAMPUS RUGBI

Partido desta liga do Campus Ourense Rugbi. /MIGUEL OTERO

Page 6: 16 Feb 2011 - Nº29

6 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011 NOVAS

R. Torres

Gran ambiente o vivido na piscina Rosario Dueñas de Ourense tanto dentro da piscina como fóra (nas ban-cadas) na terceira e última xornada da Copa Galega de Clubs no que participaron seis equipos de División de Honor nos que se encontra-ba o Pabellón.

Sabedores do que se xo-gaba o Pabellón, as banca-das estaban cheas de searei-ros que animaron aos seus durante todas as probas dis-putadas dándolles alento en cada brazada que daban, en cada impulso contra a auga e coa tensión do momento

Club Natación Pabellón loitará polo título4 Logo de lograr a vitoria na última xornada.

importante da tempada no que estaban.

A expedición ourensá contou coa inesperada co-laboración dos nadadores Marcos Vila Cid, que por motivos laborais encóntra-se lonxe de Ourense e José Manuel González Reguei-ro, quen tras dous anos de lesión volveu a competición vencendo nas dúas probas nas que interviu logo dun mes de adestramentos e deixando case sen opcións aos seus rivais.

Tamén tiveron unha ex-celente participación os máis novos: Alvaro Rodrí-guez Ferro, Martin Sabuz Forneiro, Adrián Blanco

Pérez, Pablo Fernández Prol, Ezequiel Quiroga Ramos e Borja Gonzalez Rodríguez, e as nadadoras Sandra Presas Pérez, Ma-ría Isabel Raña Ruiz, Lau-ra Pimentel Pérez, Iria Al-varez Liz, Estefanía Lippo de la Torre, Paula García Otero, Laura Blanco Sea-ra, Ana Maria Santiso Pra-do, Cristina Cruz Moure, Laura Nerea Balsa Pérez e Esther Alvarez Alvarez quen deron, seguindo as instruccións do seu ades-trador “o 140 por cen” e deixando a vitoria en te-rras ourensás. Na clasfica-ción final, seguiron ao Pa-bellón, o CN Coruña, CN Ferrol, CN Galaico, CN Riveira e Club Fluvial de Lugo, sendo os ourensáns xunto co Club Natación Coruña e Club Natación Galaico os que loiten polo título.

Turno dos alevínsO próximo sábado, 19

de febreiro, participará a categoría alevín na cuarta xornada de liga que terá lugar en Ourense e a cate-goría benxamín en Lugo.

Integrantes do CN Pabellón nas bancadas da piscina Rosario Dueñas animando aos seus compañeiros. /RAMSÉS

A presenza de José M. Regueiro despois de dous anos sen competir foi determinante para o éxito do Club Natación PabellónRegueiro na proba dos 50 costas. /RAMSÉS

R.T.

Por cuarto ano consecu-tivo, esta fin de semana, o pavillón municipal de Os Remedios acollerá a Copa Galicia de Ximnasia Acrobática, torneo inter-nacional no que participa-rán ximnastas de España e Portugal.

Logo dos adestramentos que terán lugar durante o venres 18, ao día seguin-te, de 8.30 a �1.30 horas, celebraranse as probas computables dunha com-petición que segundo o Presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez, destaca

pola gran calidade dos de-portistas que reúne, case 300 ximnastas pertencentes a dez clubes portugueses, tres andaluces, un valen-cián e outros tres galegos (un deles, como non podía ser doutro xeito, de Ouren-se).

Pero esta actividade ade-mais de contar cunha im-portante repercusión depor-tiva, tamén proporcionará á nosa cidade unha grande afluencia de visitantes, xa que un total de �47 xim-nastas, 46 adestradores e �7 xuíces, ademais do públi-co que estará presente nas bancadas de Os Remedios, chegarán a Ourense esta fin

IV edición da Copa Galicia de Ximnasia Acrobática en Os Remedios4 Esta xa tradicional cita reunirá, o vindeiro sábado 19, ao redor de 300 ximnastas de Es-paña e Portugal.

de semana co fin de gozar tanto deste espectacular de-porte como da propia urbe.

Apoio á ximnasiaPola súa banda, o conce-

lleiro de Deportes, Fernan-do Varela, recalcou durante a presentación deste cam-pionato o apoio que o seu departamento prestou ao mesmo dende a súa primei-ra edición e adiantou que así seguirá sendo no futuro. Finalmente, Varela tamén lembrou o compromiso da súa concellería coa creación dun pavillón de ximnasia en Mariñamansa, imprescindi-ble para os deportistas que practican esta disciplina.

Unha actuación da pasada edición deste campionato de ximnasia./ARQUIVO.

Page 7: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

7PUBLICIDADE

Page 8: 16 Feb 2011 - Nº29

8 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011 BALONCESTO

R.T.

Seguramente se fai un par de meses lle pedimos á entrada do Vedruna tanto aos seareiros das colexialas como as propias xogadoras un resultado para o encon-tro Carmelitas-Bembibre a maioría deles se decanta-rían por unha vitoria sinxe-la e cómoda para as leone-sas. Pero o sábado pasado non aconteceu iso, xa que as melloras do Codigalco que se foron facendo evi-dentes pouco a pouco nos últimos encontros, unha vez máis observáronse ante o Bembibre, a quen tiveron

A cinco puntos de superar ao segundo da liga4 O Codigalco Carmelitas perdeu pola mínima ante o Bembi-bre nun partido pouco afortunado para as ourensás.

oportunidade de igualar, ou achegarse a un punto, a tan só dous minutos para o re-mate do encontro se a sorte se tivera aliado coas de Juan Rodríguez e un par de triple ou dous tiros libres tiveran cruzado o aro.

Sen embargo, o mal co-mezo das Carmelitas pa-soulles finalmente factura e decantou a balanza a favor dun Coelbi Bembibre PDM volcado en defensa, pero moi acertado nos escasos ataques.

Pésima primeira metadeComo explicou o adestra-

dor colexial ao remate do

partido, os primeiros minu-tos do mesmo mostraron a un Carmelitas “pequeno, a pesar de que na actualida-de xa non o somos tanto”. As ourensás non se atopa-ban na cancha do Vedruna e anotar convertiuse nunha ardua tarefa ante a implaca-ble defensa do Bembibre, o que as levou inevitablemen-te a unha desvantaxe de 11 puntos (18-�9) no momento do descanso.

Pero mellor segunda Co cambio de dirección

do equipo a partir do come-zo do terceiro cuarto, pasan-do Laura Fernández a levar

as rendas e Marsh a escolta, o ataque das colexialas vol-touse moito máis perigoso e acertado e colocounas con opcións de vitoria. De feito, a cinco minutos para o re-mate xa se situaron a tan só seis puntos das de Antonio Barros, convertindo a recta final do encontro en segun-dos de infarto nos que dous triples de Atíes e Marsh ou dous tiros libres de Laura Fernández resultaron deter-minantes para as ourensás. O encontro puido rematar sendo de calquera, pero, la-mentablemente, os nervios e a mala sorte das colexialas converteron ao Bembibre no vencedor (5�-57), quen si foi capaz de superar a presión dos derradeiros ins-tantes e con tres tiros libres de Andrea Boquete meteu o triunfo no peto.

Próximos encontrosNos dous vindeiros par-

tidos as de Juan Rodríguez teñen unha gran oportuni-dade de acadar esa vitoria pola que tanto levan pelexa-do últimamente, xa que este sábado visitan ao décimo primeiro clasificado, o Aros León, quen conta exacta-mente co mesmo número de partidos gañados que as ourensás, e , a continua-ción, o sábado �6 o Codi-

galco volta ao Vedruna para recibir ao Cáceres, décimo na taboa e con só unha vi-toria máis. Agardamos que esta vez a sorte sexa o sé-timo xogador do conxunto colexial.

A evolución do penúlti-mo clasificado

O Codigalco Carmelitas está a vivir, con esta, a súa segunda tempada en Liga Feminina � e, con este, o seu segundo curso ocu-pando os últimos postos da clasificación. A falla de experiencia na categoría fronte a grandes conxun-tos xa clásicos na mesma abocaron ás ourensás a tan perigosa posición, que, este ano, grazas á decisión da Federación Española de Baloncesto de suspender os descensos en LF�, non lles supón risco algún e, pola contra, lles está a permitir tomar impulso.

As ansias de superación que teñen as colexialas, quizais unidas á ausencia de presión ante esta recente nova, está conseguindo que un equipo caracterizado por contar os seus partidos por derrotas abultadas, estea a plantarlle cara ata ós lí-deres. Boas fichaxes, boas renovacións e bo xogo son agora as máximas dun Co-digalco que de seguir así terá moitas posibilidades de manterse na categoría na próxima tempada.

A falta de presión por non descen-der e os cambios no equipo fixeron que Codigalco Carmelitas sexa un equipo máis competitivoNoelia Oliva está sacando o mellor de sí nos últimos encontros. /RAMSÉS

Miriam Bolíver diante dunha rival. /RAMSÉS

Page 9: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

9BALONCESTO

R.T.

Con tan só sete xogadoras Lisardo Rodríguez acudiu á cancha do Arxil o pasado sábado. Pouco a pouco pa-rece que as lesións se ex-tenden polas integrantes do Pabellón Ourense, que nes-te intre se atopa nunha máis que delicada situación.

Pero pese ao resultado, foi indubidable o esforzo e o bo traballo, tendo en conta as limitacións, que realizaron as pabellonistas na cancha pontevedresa. Como sinalou o seu técnico ao remate deste encontro todas as súas xogadoras mereceron un 10.

Arxil 69 – Pabellón 61Unha mala primeira me-

tade sentenciou ao Pabellón

As baixas do Pabellón concedéronlle o derbi ao Arxil4 As ourensás tiveron opcións á vitoria a pesar de que as au-sencias por lesións están deixando baixo mínimos ao equipo.

Ourense á derrota contra outro dos afíns aos postos máis baixos da clasificación e, polo tanto, rival directo, o Arxil pontevedrés. Bris-tol, con �4 puntos anotados e moi acertada no lanza-mento exterior, e Fedorova, con �0, foron, sen dúbida, as estrelas do equipo ouren-sán; o cal tentou recortar distancias na segunda parte e acadouno a só dous minu-tos para o remate, a pesar de chegar a ir dez puntos por debaixo. Lamentablemente, unha vez máis, nesta oca-sión xustificado polo feito de que o equipo carecía de rotacións, as de Lisardo Ro-dríguez non deron aprovei-tado esa última oportunida-de e permitiron que o Arxil se voltase a alonxar no casi-lleiro de maneira definitiva.

As baixasAs filas do Pabellón

Ourense parecen estar sen-do vítimas das maldicións. Pirgit Püü, que sufriu un esguince de xeonllo, per-derase o sábado o sétimo partido consecutivo; Lucía Méndez non puido xogar nas tres últimas citas por un problema no pé dereito; Ste-phanie Jones, cun esguince de nocello, foi tamén baixa o último encontro; Olga Federova é dúbida para o próximo sábado por un pro-blema gástrico e Laura Gil, con lumbalxia, non está po-dendo adestrar, aínda que se agarda que non se perda o enfrontamento contra o Ensino.

Pero, sen dúbida, a que padeceu ata o momento a peor das lesións foi a pívot Mari Vega, quen se ausen-tou unha volta completa, xa que o último partido que xogou foi o que enfrontou ás ourensás en Os Reme-dios ao Arxil pontevedrés e Vega suou de novo a cami-seta do Pabellón o pasado sábado contra ese mesmo

rival. Ademais, tendo que facelo por todo o alto, xo-gando �0 dos 40 minutos de partido ante os escasos posibles cambios. E por se tantos problemas físicos fo-sen pouco, Alicia González pediu a baixa para fichar polo Space Tanit de Ibiza, tamén en LF�. Nember-gantes, o que non as mate faraas máis fortes.

Próximos encontrosCon todas estas ausen-

cias, o vindeiro sábado o Pabellón Ourense volta a Os Remedios para recibir ao Durán Maquinaria Ensi-no, oitavo na clasificación e con cinco vitorias máis que as ourensás. Na seguinte xornada, o �6 de febreiro, as de Lisardo Rodríguez vi-sitan ao Ferrol (sétimo) e o 5 de marzo convértense de novo en locais no partido de volta do derbi ourensán da Liga Feminina �, que congregará na casa pabe-llonista á súa afición xun-to aos incondicionais das Carmelitas. O espectáculo e, por fin, o desempate, está asegurado.Bristol botando o balón. /RAMSÉS

Page 10: 16 Feb 2011 - Nº29

10 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

R. Torres

Se só coa conclusión fi-nal do encontro os máis incrédulos non confiarían na resurrección do COB, non terán ningunha dúbida cando saiban que conseguiu a vitoria arrasando cun apa-bullante 54-9� ao Lleida. 38 puntos de vantaxe como visitante dos que poucos conxuntos poden presumir e cos que os de Rafa Sanz conseguiron, definitiva-mente, recuperar o optimis-mo.

A pesar de que os dous primeiros minutos foron do conxunto leridán, que se colocou tan só catro pun-tos por diante (7-3), coma se dun soño se tratase, o Clube Ourense Baloncesto despertou do seu letargo e cunha inmellorable primei-ra metade, baseada nunha defensa perfecta, un ataque excepcional e o dominio do rebote, o Augas de Sousas tivo unha actuación de so-bresaínte, que deixou no-queado ao rival xa antes do descanso (�9-5�) e senten-ciado o partido.

O sentimento de equipo do que careceron os ouren-sáns nos últimos tempos foi exactamente o que renaceu na cancha catalá, xa que os acertos de todos eles tradu-círonse en puntos no casi-lleiro e permitiulles gozar dunha segunda metade moi cómoda, pero sen baixar o listón. Xogaron todos, ano-taron todos e esforzáronse todos, o que fixo que ape-nas se notase a ausencia

BALONCESTO

Rafa Sanz non é a virxe do Pilar, pero comeza a parecerse4 O COB acadou este mércores a súa segunda vitoria conse-cutiva e primeira fóra da casa no que vai de tempada.

O domingo, 20 de febreiro, ás 19 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz: Club Ourense Ba-loncesto - Burgos

de Lucho Fernández, quen por motivos persoais, que o clube mantivo ocultos ata o comezo do partido, non puido desprazarse a Lleida.

O COB foi simplemente superior e o seu rival non acertou nin nos tiros libres, un pésimo espectáculo que a súa afección castigou abandonando o Barris Nord sen deixar que o remate do partido nin sequera se ache-gase.

O propio Rafa Sanz fe-licitou aos seus xogadores logo de tan bo resultado, pero, sendo fiel á raciona-lidade que o caracteriza, sinalou que estaban “con-tentos, pero quédanos moi-to por facer, xa que aínda seguimos na cola. Por iso a chave está en repetir este bo rendemento a próxima xor-

nada ante o Burgos”. Segunda vitoria consecu-

tiva, primeira fóra da casa nesta tempada, é, sen dúbi-da, o empurrón que o COB e os seus seareiros precisa-ban para seguir confiando na salvación. O camiño que lles queda aínda é duro, pero con partidos coma este seguro que as dificultades parecen menos.

Burgos, o próximoO domingo, �0 de febrei-

ro, ás 19 horas, o COB re-cibe a visita do Burgos, se ven fai unhas semanas este partido estaba abocado á derrota antes de xogarse, agora, e cunha dinámica totalmente distinta ao resto da tempada vese a un COB capaz de vencer a calquei-ra equipo da Adecco Ouro,

Redacción

Esta mesma semana o ex adestrador do Augas de Sousas, Paco García, interpuxo unha demanda contra o clube ourensán debido a que este se ne-gou a abonarlle o 45% do contrato previsto para a vindeira tempada, importe que o pucelano reclama-ba para rematar a rela-ción entre ambos de xeito amistoso.

Finalmente, a pesar de que fai unhas semanas todo apuntaba a que Ro-berto Fernández en repre-sentación do COB e Mi-guel Juane como avogado de García darían acadado un acordo beneficioso para ambas partes, as peores previsións cumplíronse e a negociación non chegou a bo porto.

A partir de agora dará comezo o proceso xudi-cial que porá data ao li-

Paco García demanda ao COB4 O técnico vallisoletán re-clama o 45% do contrato que estaba pactado para a vindei-ra tempada.

tixio e que pode alongarse ata dous meses. De todos os xeitos, tomando como referencia os casos simila-res que con anterioridade se deron entre xogadores ou técnicos co clube, o máis probable é que o Augas de Sousas remate indemini-zando a García segundo de-termine o xuíz e, en caso de que presenten algún recur-so, con seguridade, tamén deberá facer fronte ás cos-tas xudiciais e intereses.

O que era unha historia de amor hai un meses rema-ta en traxedia como sempre ocorre cando hai cartos de por medio. O que eran, se-gundo Jorge Bermello, pre-sidente cobista, uns flecos na negociación do finiquito do anterior adestrador con-verteuse no 45% do soldo que quere cobrar da tempa-da que ven, sen, por supos-to traballala.

aínda que sexa o Burgos e aínda que sexa o terceiro; pois toca Burgos que ade-mais é terceiro pero ago-ra confíase noutra vitoria que achegue ao conxunto ourensá á salvación. Con-fían xogadores, confían corpo técnico, confían di-rectivos e sobre todo, con-fían os afeccionados, que merecían ledicias como as dos dous últimos encon-tros.

Último encontro do COB no Paco Paz contra La Palma. /RAMSÉS

Paco García cando era adestrador do COB. /ARQUIVO

Page 11: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

11

Fonsi Valverde reclama un xoga-dor carismático e capaz de liderar ao conxunto

FÚTBOL

R. Torres

Unha xornada máis lonxe de O Couto e nova derrota dun CD Ourense que mos-tra a súa peor versión can-do xoga de visitante. Nesta ocasión visitaban A Malata para xogar contra o Ferrol, rival directo para os postos de promoción á Segunda División B. O encontro non puido marchar de peor for-ma e o Ourense regresou de terras ferrolás con cero puntos máis no seu casillei-ro e un resultado en contra de 3-1 (co que perde o fac-tor gol co Ferrol) e que ben puido ser máis abultada a derrota; na primeira media hora de loita os ‘rojillos’ xa perdían por �-0, Quintairos recortaría distancias antes do descanso pero tan só foi un espellismo de sacar algo positivo, nos primeiro intres da segunda metado o Rácing poría terra de por medio co terceiro gol local, gol definitivo para os inte-rese ourensáns, que a partir dese momento perderían toda opción de sacar algo positivo nesta xornada e apenas inquedaron o marco local.

Con esta derrota, CD Ourense xa está a 1� puntos do líder, Cerceda e a tres do segundo clasificado, Rácing de Ferrol. Os de Fonsi Val-verde non se poden durmir e teñen que loitar para aca-bar entre os catro primeiros para loitar polo ascenso, o Vilalbés, quinto clasificado está a catro puntos e cun partido menos.

Para a directiva, o equi-po está nun momento crí-tico onde o xogo non é o desexado e consideran que xa non se pode pensar en cotas máis altas que a de procupar acabar entre os cuatro primeiros, olvidán-dose case que ao 100% de alcanzar o primeiro posto.

Falta dun xogador ca-rismático

O adestrador, Fonsi Valverde vén reclamando desde fai moitas xornadas a un xogador que o club non lle trae. Valverde que-re a un xogador carismá-tico e capaz de liderar ao conxunto, perfil de xoga-dor que agora non ten na plantilla.

Por outra banda, Seoane acaba de ser intervido qui-rurxicamente nestes días da súa lesión de xeonllo que arrastra desde fai oito meses.

Vindeiras xornadasEste domingo, �0 de

febreiro, CD Ourense ten unha nova oportunida-de de acadar tres puntos e seguir asentándose en posto de promoción. Nes-ta ocasión recibe ao Ber-gantiños, pechacancelas da liga, ás 17 horas. Na seguinte xornada visita o campo do Alondras.

Atáscanse lonxe de O Couto4 12 puntos separan ao CD Ourense do líder.

Lance do último partido en casa do CD Ourense fronte ao Estradense./ARQUIVO.

Fonsi Valverde./ARQUIVO.

Page 12: 16 Feb 2011 - Nº29

1� BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

O DERBI

Page 13: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

13O DERBI

Page 14: 16 Feb 2011 - Nº29

14 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

DERBI

Rejo e Torres

Unha cidade, dous equi-pos, dúas camisetas, dous estilos de xogo arredor dun só esférico no que están en xogo tres puntos, nesta ocasión algo máis que tres puntos xa que se enfrentan equipos da mesma cidade, un derbi que garantiza es-pectáculo.

Encontro de alto voltaxe, de altos voos, sempre res-pectando ao contrincante por suposto, como non po-día ser doutro xeito para de-fender con corazón e casta as súas cores.

Por unha banda, Ponte

Alto voltaxe nos Remedios4 Todo listo para que Cidade de As Burgas e Ponte Ourense rememoren o partido da primeira volta, ao que chegan as dúas escuadras nun momento doce tanto físico como de resultados.

Ourense con xogadoras in-ternacionais contrastadas e loitando polo título xornada tras xornada dende o pri-meiro minuto da liga e de seguro que ata o derradei-ro nun man a man, polo de agora, co Móstoles que non llo porá nada fácil. Sumá-delle a isto o ser favoritas ao título da Copa.

Doutro lado as novatas do Cidade de As Burgas, agás as irmán Pacios, pero descaradas e con desen-voltura na cancha, dando a cara en cada minuto de cada encontro. Se ben o seu obxectivo a principio de tempada era a permanencia,

agora loitarán por un posto na Copa de España, despois de ter a permanencia case asegurada.

As protagonistasNo encontro do sábado �6

de febreiro na cancha cen-tral dos Remedios o gol será o protagonista, polo Ponte Ourense levarán a firma de Ampi e no Cidade de As Burgas a firma de Vanessa: a sobriedade estará a cargo de Bea no Ponte e de Sonia no Cidade; baixo paos para tentar deixar a súa porta a cero Eva no Ponte e Nati no Cidade; a garra nas pontinas correrá a cargo de Sara, e

de Iria no Cidade; as dúas Laura -unha de cada bando-, Peque e Souza, aportarán a templanza e o desparpaxo aportaranno Anita e Arias. Todo esto son suposicións porque nun derbi pode acontecer de todo, pero o que é seguro que o espec-táculo estará asegurado na cancha e na grada, a que lle recordamos os incidentes do último derbi e pedimos prudencia e moderación, que disfruten das accións do seu equipo, aplaudan os boas accións e apoien nos malos momentos.

Sorte, e que gañe o me-llor!

Cidade de As Burgas e Ponte Ourense con gañas de dar un grande espectáculos aos afeccionados que acudan ao derbi do sábado 26 de febreiro. /RAMSÉS

Partido da primeira volta entre Ponte Ourense e Cidade de As Burgas. /RAMSÉS

Page 15: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

15DERBI

Protagonistas do derbi4 Adestradores e xogadoras dannos a súa vi-sión particular do derbi ourensán.

Manolo Codeso (Ades-trador)

Será emocionante e para o público moi atractivo, unha festa. Creo que dare-mos a badalada. Véxonos con opcións.

Manolo Arias (2º ades-trador)

Oportunidade de ver un derbi ilusionante; nós esta-mos en boa racha e espero que as nenas gozen. Non dou un resultado pero espe-ro que gañemos.

Nati PaciosPartido igualado pero que

non sexa como na primeira volta no que expulsaron a dúas compañeiras, Sonia e Laura. Que podamos gozar todas e que sexa un bo es-pectáculo para os afeccio-nados, e esperamos poder gañar. Gañaremos 3-�.

Vanessa SoteloPodemos sacalo adiante.

Intentaremos gañar e creo que o faremos por �-1 con goles de Peke e Sonia e por elas o fará Sara.

Lucía Alvarez (Peke)Será competitivo e emo-

cionante e que gañe o que o mereza. Un derbi e distinto. Marcaremos 4 nós (Sonia, Laura e Vanessa �) e elas 3 sendo Sarita e dous de Ampi as goleadoras.

Iria SaetaEsperamos que sexa unha

festa e que por fin se lle de valor ao deporte feminino. Nós o daremos todo na can-cha. Penso que venceremos �-1 con goles de Vanessa e Laura e por elas, Ampi.

María AriasPartido complicado e moi

reñido no que intentarase gañar. Vanessa, Iria e Sonia serán as nosas goleadoras e Sara marcará no 3-1.

Ana LópezEspero que gañemos, a

bancada apoiaranos. Confío en continuar a racha. Penso que venceremos 3-1 con go-les de Sonia, Vane e Iria e por elas marcará Sara Moreno.

Nerea GarcíaVai estar moi reñido e

cun gran ambiente que non se vive todos os días nos Remedios. Venceremos �-1 con goles de Sonio e Vane e Bea por elas.

Sonia PaciosSerá un partido moi dis-

putado e de moita tensión. Chegamos coa experiencia do partido da primeira vol-ta. Respetarémonos moito no campo. A vitoria será nosa por 3-1 con goles de Vane, Iria e Peke pola nosa banda e de Ana pola delas.

Sara MorenoHaberá moita intensidade

no choque como na primei-ra volta. Non vai ser doado gañar e menos nun derbi; que gañe o mellor que es-pero sexamos nós.

Amparo JiménezAnte todo espero en ga-

ñar e conseguir os 3 puntos, pero un derbi sempre é di-fícil. Esperamos dar espec-táculo ao público para que se animen a vir a máis par-tidos. Gañaremos 1-4.

Eva RodríguezEstará moi disputado, ade-

stramos na mesma cancha as dúas e coñecémonos moi ben. Elas virán con gañas de revancha trala derrota na primeira volta, son moi co-rreosas e non será nada fá-cil. Con que gañemos dame igual o resultado.

Loli CondePreséntase moi emocio-

nante e con gañas polos dous equipos. Temos que seguir sumando. Será unha vitoria axustada.

Cristina RodríguezGañaremos por que somo

superiores e estamos nun bo momento e iso que elas está facendo unha boa campaña. A vitoria será nosa por 0-4 con goles de Bea, Sarita e Ampi en dúas ocasións.

Laura FernándezPara nós debe ser un par-

tido máis, son tres puntos en xogo. Será moi intenso cos dous equipos con gañas de facelo ben. Espero que o resultado nos sexa favo-rable.

Raquel SouzaVai ser un partido difícil,

aínda que estamos mellor na clasificación elas xogan moi ben contra as de arriba. Venceremos �-4.

Ana RiveraPartido interesante e es-

peramos gañar para conti-nuar coa racha. Gañaremos 0-4 con goles de Sara, Lau-ra e dous de Ampi.

Bea SeijasEspero que sexa como na

primeira volta un derbi moi intenso. Elas nunca dan un partido por perdido. Non sei que resultado vaise dar.

Jessica DiéguezSerá moi igualado e con moi-

ta tensión. Venceremos 1-3 pero non sei quen marcará.

Sarita MartínezComplicado por ser un

derbi; o resultado será moi axustado. Elas son xóvenes e correosas. Espero que o espectáculo estea na cancha e non na bancada como na 1ª volta. Que gañe o mellor.

Marta FigueiredoNun derbi pode pasar de

todo. Espero que veña moita xente e confío en gañar 1-5, os nosos goles serán de Sara, Ampi, Ana e dous de Bea.

Fran Formoso (2º ade-strador)

Vai ser un partido moi complicado, elas xogan moi ben. Fannos falta os puntos para seguir arriba e a elas para entrar na Copa. Non dou resultado algún pero estará moi igualado.

Manuel Castillo (Ades-trador)

Vai ser un encontro moi competitivo e, aínda que a diferenza e notoria na liga nestes encontros equipáran-se as forzas. Confío na vito-ria pero non sei por canto, en fútbol sala poden pasar moitas cousas nun minuto.

Page 16: 16 Feb 2011 - Nº29

16 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

FÚTBOL SALA

4 División de Honra FSF - 17ª xornadaPosto Equipo Puntos 1º Móstoles - 5� �º Ponte Ourense - 49 3º At. de Madrid - 34 4º Burela - 3� 5º Valladolid - 3� 6º Elche - �8 7º Rioja -�8 8º C. de As Burgas - �7 9º Zaragoza - �610º Gironella -�3 11º Córdoba - ��1�º Soto del Real - 1813º C. de Alcorcón - 1414º Orvina - 1415º UCAM Murcia - 1�16º CD Campillos - 0

R. Torres

EstatísticasGironella: Noe, Claudia

Pons, Anna Bosch, Anna Riera, Berta e Marga (quin-teto inicial). Tamén xoga-ron Miriam e María Xan-dri.

Ponte Ourense: Eva, Laura, Bea, Souza, Marta e Sarita (quinteto inicial). Tamén xogou Anita.

Goles0-1, min. 10 Marta 0-�, min. 18 Marta

Ponte Ourense, despois do traspés sufrido en casa ante o Burela co que non puido pasar do empate a un tanto, retornou á senda das vitorias grazas ao seu triunfo ante o Gironella en terras catalás por cero goles a dous, onde Marta fixo de

Volven á senda do triunfo

Ampi, quen non puido par-ticipar no encontro pola súa lesión de nocello, e anotou os dous goles do encontro.

O partido contra Giro-nella comezou cun claro dominio ourensán, froito do cal chegaría o primeiro gol de Marta no minuto 10 de encontro tras forte rema-te fóra do área. As locais tentaron contrarrestar o gol visitante pero sen apenas inquedar a portería defen-dida por Eva. Cando xa se ía chegar ao descanso, no-vamente Marta anotaba o segundo gol do encontro e o segundo da súa conta par-ticular aproveitando un erro na defensa catalana.

No segundo tempo, o Gironella o seguiría inten-tando pero sen apenas for-tuna; cada vez que caían os minutos o cadro visitante

encontrábase máis cómodo na cancha e as de Castillo sabíanse gañadoras da con-tenda. Ao final non se mo-vería o marcador e o 0-� foi o resultado nun encontro en que Marta fixo de Ampi como goleadora antes a au-

Manuel Castillo no último encontro disputado en casa. /RAMSÉS

sencia desta.Con este resultado, as

de Castillo continúan na segunda posición a tres puntos do Móstoles quen derrotou ao Orvina por un contundente 0-7.

Ourensás e madrileñas te-

ñen todas as papeletas para xogarse entre elas o cam-pionato ligueiro despois de que pinchara Valladolid nas últimas xornadas e o Na-valcarnero non pasara do empate a tres goles contra o Elche. O Navalcarnero ocu-pa a terceira posición a 15 puntos do Ponte, segundo, e a 18 do Móstoles, primeiro.

Vindeiras citasO sábado, 19 de febreiro,

Ponte Ourense recibe ao Lacturale Orvina (equipo que está a loitar pola perma-nencia), a partir das 17 ho-ras, na cancha do Paco Paz, á espera do derbi ourensán contra o Cidade de As Bur-gas que está previsto para o sábado �6 de febreiro e onde o Ponte Ourense, a pe-sar de xogar onde o sempre o fai como local, nesta oca-sión será o equipo visitan-te xa que o Cidade tamén xoga nos Remedios como local. A priori, o equipo de Castillo pode conseguir os seis punto e manter a loita polo título contra as madri-leñas do Móstoles.

4 Ponte Ourense presiona a Móstoles, que tampouco cede na loita polo título.

Laura Fernández disponse a chutar antes a presenza de dúas adversarias. /RAMSÉS

O Ponte Ourense leva perdido un partido e empata-do outro en todo o campionato

O partido do 19 de febreiro contra o Orvina xógase no Paco Paz

Page 17: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

17FÚTBOL SALA

4 Xornada 19 - 19 de febreiroVP Soto del Real - ValladolidZaragoza - BurelaRioja Diamante - GironellaPonte Ourense - Lacturale OrvinaMóstoles- Cidade As BurgasUCAM Murcia - Ciudad de AlcorcónCajasur Córdoba - Femesala Elche Descansa - At. de Madrid

R. Torres

Oito xornadas son as que leva o equipo do Cidade de As Burgas sen coñecer a derrota, cando o fixera ante o Gironella nos Remedios por dous goles a sete. Des-de entón cinco vitorias de tres empates o que as leva a ocupar a oitava plaza (pos-to de Copa de España) con �7 puntos, a 13 dos postos de descenso, polo que o obxectivo da permanencia cada vez está máis preto.

EstatísticasCidade de As Burgas:

Nati, Laura, Figo, Peque e Sonia (quinteto inicial). Ta-mén xogaron, Vanesa, Iria, María Arias e Figo.

UCAM: Vane, Alicia, Haydée, María Otero e Va-nesa (quinteto inicial). Ta-mén xogaron, Marta, Vicky, Consuelo e Bea.

Pabellón de los Reme-dios. MáIs de 300 especta-dores. Colexiados, Corral Martínez e Fernández Be-cerra del Colegio Gallego.

Goles:1-0, min. �3 Peque 1-1, min. �5 Marta�-1, min. 39 Iria

O partido estivo en todo momento moi igualado chegándose ao descanso con empate a cero goles e apenas ocasións de batir o marco rival de ambas as dúas escadras.

O segundo tempo estivo moito máis interesante e aos

Oito xornadas sen perder4 Desde a xornada 10 que caeu ante o Gironella o equipo de Codeso non coñece a derrota. Agora tócalle xogar nas dúas próximas xornadas contra os equipos que ocupan as dúas pri-meiras posicións na División de Honra, Móstoles -en Madrid- e Ponte Ourense -nos Remedios-.

tres minutos da reanuda-ción, Peque de tiro cruzado facía o un a cero para os lo-cais en xogada de estratexia tras saque de banda. A par-tir dese momento o debuxo táctico desdibuxouse e Co-deso non daba transmitido á cancha o que quería ver das súas pupilas; neste in-tercambio de ocasións che-garía o empate das murciás obra de Marta tras fallo da defensa local, tan só dous minutos despois de que as ourensás adiantáranse no marcador. Cando todo xa ía encamiñado ao empate, no último minuto, Iria lograría

o tanto da vitoria e a ledicia na cancha, no banco e nas bancadas.

Próximos encontrosA seguinte cita do Cidade

será o sábado, 19 de febrei-ro en terras madrileñas para enfrontarse ao líder, Mósto-les. Un gran encontro con-tra un dos equipos que está loitando polo campionato que non o terán nada fácil ante a boa racha das ouren-sás. Despois deste encontro chega o derbi máis espera-do, Cidade de As Burgas recibe a Ponte Ourense na central do Pavillón dos

4 Carmen, unha seareira máisCarmen, xogadora de Cidade de As Burgas, é unha das máis relevantes xogadoras do

equipo ourensán do ascenso a División de Honra do pasado este ano, por culpa dunha lesión non puido participar co seu equipo como xogadora, pero cada sábado pódeselle ver animando nas bancadas dos Remedios como unha seareira máis.

Vanessa tenta controlar un balón ante a presenza dunha xogadora da UCAM Murcia. /RAMSÉS

Remedios, o sábado �6 de febreiro, seguramente no mesmo horario que os de-mais partidos disputados en casa, ás 17 horas.

O Cidade de As Burgas casi ten asegurada a per-manencia e pode soñar con meter-se entre as oito primeiras para xogar a Copa de España

Page 18: 16 Feb 2011 - Nº29

18 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

ARTES MARCIAIS

Felipe Iglesias e Miguel Baldemar tentarán revalidar o título acadado o ano pasado

R.T

O Pabellón Municipal de Bouzas acolleu a pasada fin de semana o “XogaJudo �011” no que �50 judokas de toda Galicia participaron nesta competición de carác-ter autonómico nas catego-rías alevín e infantil.

A representación ouren-sá estivo formada por 15 deportistas que lograron un gran éxito ao traer para Ourense 15 medallas (7 de ouro, 6 de prata e � de bronce.

“XogaJudo” ten os obxec-tivos de iniciar aos nenos na competición, educalos a través da mesma e fomentar os valores do deporte como pode ser o Judo.

Colleita de medallas no “XogaJudo 2011”4 15 medallas foi o botín da expedición ourensá.

R.T.

A Coruña acolle o cam-pionato galego de Jiu Jit-su no que unha represen-tación ourensá de nove deportistas tentarán traer os máximnos metais po-sibles para Ourense ade-mais de clasificarse para o campionato de España da disciplina. A xornada preséntase como un duelo entre o Judo Club Coruña e o Marbel ourensán. Pola

A por medallas no galego de Jiu Jitsu4 Tamén tentarán clasificar aos máximos de-portistas para o nacional.

banda ourensá, Felipe Igle-sias e Miguel Baldemar son os máximos favoritos para revalidar o título, Tono Fer-nández e Christian Alvarez regresan con gañas de re-cuperar o seu dominio nas súas respectivas categorías, mentras o obxectivo do res-to de integrantes do equipo Marbel consiste en mellorar o realizado na anterior edi-ción. Iván Barreiros e Yago Fernández encaran o seu bautismo na competición.

Os medallistas ourensáns foron:Medallistas de OuroMartiño García (-�9 kilos, alevín) � victorias-1 derrotaRubén Córdoba (-39, alevín) 3 victoriasGabriel Roma (-6�, alevín) 3 victoriasMarco Muguerza (-34, alevín) � victoriasIago Fernández (-37, alevín) � victorias-1 derrotaIria Ollero (-43, alevín) 3 victoriasOscar Madiedo (-4�, infantil) � victoriasMedallistas de Prata:Andrea González Lobo (-36, alevín) Mauro Prada (-67, infantil)Diego Ferro (-3�, alevín)Alvaro Blanco (-48, alevín)Alicia Pérez (-49, alevín)Pablo Dopazo (-39)Medallistas de Bronce:Karla Marra (-46 kilos. Infantil)Javier Pérez (-48, alevín)

Celebración de XogaJudo no que participaron 250 judo-kas galegos.

Abel Vélez nun combate da pasada edición celebrada en Ourense.

Na edición de �010, ce-lebrada en Ourense, a ar-mada ourensá lograra catro medallas de ouro e cinco de prata, ademais de clasificar a catro jiujisukas para o Campionato de España.

Page 19: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

19OUTROS DEPORTES

Movilla atópase invicto esta tem-pada no nacional de Snooker

Redacción

Os dous equipos do Gal-médica Ourense enfrontá-banse esta fin de semana ao Cangas acadando a vitoria nos dous encontros.

O equipo de �ª División Nacional desprazábase

TENIS DE MESA

Dobre vitoria ante o Cangas4 Os dous equipos do Galmédica Ourense vencen ao Cangas nas súas respectivas com-peticións.

ata a devandita localidade pontevedresa para xogar contra o Cinania T.M. nesta xornada. Os ourensáns non deron opción aos cangueses e venceron de forma abul-tada cun resultado final de 6 a 0, o que coloca ao equi-po ourensán a unha vitoria

de asegurar a permanencia na categoría a falta de tres xornadas.

A vindeira xornada (a 1�) os ourensáns reciben ao Cambados nunha boa oca-sión para refrendar a per-manencia. O encontro será o sábado 19, ás 17 horas.

Novo 7-0 do segundo equipo

O Galmédica “B” segue coa súa racha de vitorias sen ceder un só punto nes-ta tempada da 3ª División Autonómica. O Cinania – Merengues do Morrazo visitaba aos ourensáns e en ningún momento do encon-tro houbo sensación de que podería sacar algo positivo da súa visita a Ourense. O Galmédica “B” segue de lí-der indiscutible con 84 pun-tos a favor por 0 en contra. Nesta fin de semana despráza-se ata Tomiño para enfrontarse ao Monteferreiros T.M. Boa xornada do Galmédica T.M.

R.T.

Despois de celebradas as tres primeiras probas do ránking nacional de sno-oker a clasificacion está comandada polo ourensán Francisco Movilla que non perdeu ningún enfron-tamento nas tres probas logrando así conquistar o número un da clasifica-ción nacional que se lle resistía dende o inicio da tempada. En segunda posi-ción atopase o xogador de Navarra, Francisco Javier Cambra que ocupaba ata a data o primeiro posto pero na última proba cedeu dous frames, o que o conduce á segunda praza.

Outros xogadores ouren-sáns destacados son Pablo García, Adrián Piñeiro,

BILLAR

Movilla, primeiro no ránking nacional4 O ourensán ocupa a primei-ra posición logo de tres probas no nacional de snooker.

Fernando Fernández e José Manuel Rivero que se atopan entre os �0 pri-meiros do ránking nacio-nal en espera de conseguir unha das prazas que dan dereito a xogar a grande final do Campionato de España que se celebrará en Maio en Madrid, pra-za que case ten asegura-da Movilla a falta de tres probas para finalizar o ránking.

Todos estes resultados dan boa fe da grande pro-gresión que están a ter os xogadores ourensáns nes-ta modalidade tan dificil do billar que é o snooker.

Francisco Movilla.

Page 20: 16 Feb 2011 - Nº29

�0 BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

CAMPUS OURENSE

R.T.

O campus de Ourense foi o escenario onde de-cidiuse que universidade representaría a Galicia en cada disciplina deportiva no campionato nacional universitario de deportes colectivos.

A Universidade da Co-ruña, con 6 vitorias, enca-bezou o palmarés, segui-do pola Universidade de Vigo, nos dous días que duraron as finais deste evento celebrado en terras ourensás no que partici-paron 300 deportistas uni-versitarios.

No que se refire a resul-tados, a Universidade de A Coruña foi a que máis finais conquistou, seis en concreto: en voleibol masculino e feminino e en fútbol 11, fútbol 7, rugbi 7 e balonmán masculino. Pola súa banda, a Univer-sidade de Vigo conseguiu a vitoria en fútbol sala e baloncesto masculino e balonmán feminino. A Universidade de Santiago de Compostela quedou nun terceiro posto xeral ao gañar en fútbol sala e baloncesto femininos. Os equipos gañadores, re-presentarán a Galicia nos

O campus de Ourense decidiu aos representantes galegos4 Do campus de Ourense saíron os represen-tantes galegos para o campionato nacional universitario de deportes colectivos.

campionatos españois.Para Rodrigo Pivida, téc-

nico do Servizo de Deportes do campus de Ourense “o campionato desenvolveuse nun excelente ambiente de sa competitividade e depor-tividade, onde destacou o bo xogo dos deportistas”.

Instalacións novasCon este campionato

deuse o pistoletazo de saí-da a utilización das novas instalacións deportivas do campus de Ourense, que se inaugurarán de maneira ofi-cial o vindeiro xoves, �4 de febreiro.

A Universidade de A Coruña foi a gañadora en voleibol feminino. /RAMSÉS

A Coruña levouse tamén o título en fútbol masculino. /RAMSÉS

Redacción

O sábado día 19, o Ser-vizo de Deportes do cam-pus de Ourense organiza unha ruta cultural na que os participantes intentarán ascender ata o Pico de San Mamede e poder gozar así da neve que estes días cu-bre algunhas zonas altas de Galicia.

O percorrido, de �7 qui-lómetros, seguirá a ruta Arnuide-O Caudillo-Alto de San Mamede-Bidueira-Mosteiro de Montederramo. Segundo explica José Gar-cía-Calvo, Willy, coordina-dor dos roteiros do campus, “o máis destacado deste percorrido é a ascensión ao Alto de San Mamede, no que chegaremos a camiñar sobre os 1100 metros de altura, cando normalmente estamos en 400 ou 500 me-tros. Co tempo que estamos tendo e con esas altitudes agardamos poder gozar da neve”.

Cinco chanzos de difi-

As rutas culturais chegan esta fin de semana ao Alto de San Mamede en busca de neve4 O percorrido, de 27 quilómetros, rematará no Mosteiro de Montederramo.

cultadeDurante a excursión os

participantes poderán des-cubrir esta contorna histó-rica e natural da zona, para o que contarán coa axuda e explicacións de dous licen-ciados en Historia e Turis-mo que lles irán amosando a riqueza dos lugares que visitan. Dada a dificultade deste percorrido, cualifi-cado con 5 chanzos, e as súas características climá-ticas adversas, neste caso o coordinador da ruta salien-ta a importancia de que os participantes vaian axeita-damente abrigados e pro-texidos, ademais de levar o equipo habitual para un percorrido, como é comi-da, bebida e unha mochila con chuvasqueiro, navalla, cantimplora e muda de re-posto.

InscriciónsAs persoas interesadas en

participar poden inscribirse no Servizo de Deportes or-ganizador. Poden participar membros da comunidade

universitaria dos tres cam-pus da Universidade de Vigo pero, co obxectivo de dar entrada a persoas alleas á Universidade, cada membro da comuni-dade universitaria poderá vir acompañado dun non universitario. O prezo va-ría en función de se trata de membros da universi-dade ou non e do núme-ro de percorridos que se queiran facer, custando un itinerario 8 euros a unha persoa da comunidade universitaria e 13 euros se é de fóra.

O itinerario por esta zona será o segundo dos sete roteiros que se reali-zarán durante �011 dentro do programa de roteiros culturais �010/�011 e que levarán aos participantes a coñecer a riqueza cultural de rutas históricas coma a da Vía Nova e a Vía da Prata, monumentos desta-cados, coma os Mosteiros de Santo Estevo, ou zonas de riqueza natural como as Rías Baixas.

Sendeiristas dunha das rutas organizadas polo Campus de Ourense. /CAMPUS

Page 21: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

�1NOVAS

Loita aberta4 O edil de Deportes do Con-cello de Ourense acusa a Pon-te Ourense de “graves proble-mas económicos”.Redacción

Loita aberta entre o Con-sello Municipal de Depor-

Fernando Varela, concelleiro de Deportes, e o xerente do Pavillón Municipal, Mosquera, en rolda de prensa. defen-dendo a súa xestión económica /RAMSÉS

Plácido Díaz presidente do Ponte Ourense.

tes e o club Ponte Ourese C.F. SAD polas instalacións deportivas de Oira. O club, co seu presidente á cabeza,

Plácido Díaz, queixase de que as instalacións están obsoletas e que o Concello non fai nada por arranxa-las e ademais impiden que a Deputación provincial fágase cargo das obras de mellora.

Pola súa banda, o edil na-cionalista sacou unha lista de todas as obras acometi-das polo seu goberno du-rante o seu mandato como máximo responsable da concellería de Deportes do Concello de Ourense du-rante os tres anos que leva ao frente. Tamén recordou que é a administración pú-blica que máis axudas lles da ao Ponte Ourense con máis de 88.000 euros por os menos de 50.000 da Depu-tación Provincial.

O martes, ��, o concellei-ro de Deportes reúnese co presidente da Deputación para abordar o tema e ten-tar chegar a unha solución. Ponte Ourense ten convo-cada unha manifestación para o luns �1, na praza Maior de Ourense de �0 a �1 horas.

Page 22: 16 Feb 2011 - Nº29

�� BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4 Voltamos ao baloncesto nesta sección de “mundourensáns”, concretamente aos vestiarios do Codigalco Carmelitas, equipo de Liga Feminina 2 para entrevistar a salmantina Noelia Oliva.

Máis persoal4 Noelia Oliva Martín naceu o �� de xullo de 1988 en Salamanca e sendo apenas

unha nena comezou no mundo do baloncesto.4 Deu os seus primeiros pasos neste deporte na categoría infantil do clube salman-

tino San Juan Bosco “Salesianas”. Competiu como cadete, júnior e en 1ª División Na-cional nas filas do Halcón Viajes tamén da súa cidade natal. Chegou a Liga Feminina 1 co Arranz Jopisa Burgos e xa a Liga Feminina � en �008 co Cáceres. Nesta categoría militou a continuación no UniCaja Canarias e no Obenasa Navarra, antes de aterrizar no Codigalco Carmelitas. 4 Sen dubidalo nin un instante, Noelia confesa que a comida que máis lle gusta é

a que lle fai a súa nai, a súa bebida favorita é a coca-cola, gústalle a cor azul e agora mesmo ten moitas gañas de escaparse a Estados Unidos.

R. Torres

Ten �� anos, mide 1,76 m, o seu dorsal é o 8, e actualmente é escolta do Codigalco Carmelitas. A salmantina Noelia Oliva é un claro exemplo de todos eses xogadores que defen-den con paixón as cores de conxuntos ourensáns pro-cedendo doutras rexións, xa que a finais de outubro non dubidou en abandonar a súa cidade natal e acudir á chamada dun clube que, sen dúbida, precisaba unha xogadora de referencia que redirixise o seu xogo. Coma sempre, os comezos foron duros, pero neste intre non cabe dúbida de que Noelia é vital para o Codigalco e así o demostra a súa reno-vación ata finais de tempa-da a pesar de que o equipo xa non corre risco de des-censo.

Por que decidiches aceptar a oferta do Car-melitas?

Noelia Oliva: “Porque era unha oferta moi boa e ademais eu estaba desexan-do xogar nun equipo de abaixo no que me permiti-sen xogar moitos minutos e confiasen en min”.

Notaches algún cambio no equipo nestes meses que levas nel?

N.O.: “Sen dúbida, ás poucas semanas da miña

chegada mudamos de ades-trador e en nadal tamén cambiaron dúas xogadoras, polo que vivimos cambios constantes. Sinceramente, creo que agora, despois de case dous meses traballan-do todos xuntos, é cando de verdade estamos actuando como un equipo. Os cam-bios xa se están a notar e grazas a eles neste momen-to estamos xogando a un mellor nivel”.

Como se presenta o fi-nal de tempada no Codi-galco tendo en conta que non existe xa risco de des-censo?

N.O.: “Houbo un cam-bio radical, xa que moitos equipos relaxáronse. Pero o noso obxectivo sempre será, independentemente de se hai ou non descenso, rematar a tempada o máis alto posible e seguir xogan-do como o estamos a facer agora”.

O teu contrato rema-taba o pasado decembro, como tivo lugar a túa re-novación?

N.O.: “Foi todo moi rá-pido, pero bastante difícil porque non se sabía con seguridade se se descendía. Sen embargo, o clube deu-me outra oportunidade e, a pesar de que non estaba xogando moi ben antes de Nadal, renovoume un mes máis. Logo, as miñas gañas de quedarme no Carmelitas

e o seu apoio deron lugar a que, sen haber descenso, decidisen manterme ata finais de curso e incluso é posible pensar en seguir acá de cara á vindeira tempada. Polo que a min respecta así o desexo e quero darlles as grazas a todos pola confian-za que depositaron e están a depositar en min”.

Que opinas do balon-cesto ourensán?

N.O.: “Creo que, en xe-ral, en Galicia hai moito ba-loncesto e moi bo. Hai unha gran cantidade de equipos galegos tanto en Liga � como en Liga 1 e grandes xogadoras. Creo que en Ourense e en Galicia hai un baloncesto de moita calida-de”.

E do seu público?N.O.: “No caso do Car-

melitas é impresionante, o pavillón énchese todos os días que xogamos na casa. En parte tamén penso que se debe ao gran apoio do clube á súa canteira, xa que

parte dos asistentes son fa-miliares e amigos das ne-nas que adestran acá e iso demostra que conseguen transmitirlles a súa paixón polo baloncesto”.

Cal é a túa meta profe-sional?

N.O.: “Que dentro dun tempo me retire conven-cida de que non o podía hter feito mellor. Rematar a miña carreira deportiva dicíndome ‘estou contenta conmigo mesma e fixen o que quería’”.

En canto á túa estancia en Ourense, como foi a túa adaptación?

N.O.: “Moi boa, princi-palmente porque partía da base de que xa coñecía a Estela, que tamén é de Sa-lamanca. A verdade é que todas me integraron moi ben, conectamos rápido e, ademais, eu viña con moita predisposición. Foi a com-binación de ambas cousas: eu tiña gañas de vir e elas fixéronmo todo moi sinxe-lo”.

E que te sorprendeu da cidade?

N.O.: “Que é moi fermosa e se parece moito á miña”.

Noelia Oliva, xogadora do Codigalco Carmelitas. /RAMSÉS

Page 23: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011

�3

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº�9 - Ano: III - 18 de febreiro �011 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

A relaxación é de vital importancia para manter a saúde física, men-tal e emocional

4O RINCÓN DO MESTRE

A relaxaciónA relaxación é o camiño

ideal para lograr o equi-librio entre o corpo e a mente, educar e fortalecer a mente, con todo, o ser hu-mano, coa súa intelixencia e superioridade, esqueceu terapias tan simples como relaxarse, para eliminar si-tuacións de malestar físico e mental.

A través da relaxación tratamos de buscar e perci-bir voluntaria e libremente os niveis máis altos que un ser humano pode alcanzar, de calma, paz, alegría e fe-licidade.

Dedicar uns minutos á relaxación diaria é de vi-tal importancia para man-ter a saúde física, mental e emocional. A imaxinación é unha facultade fundamental e determinante no proceso de relaxación. Mediante a relaxación o ser humano vai aprender a descansar, a eliminar a tensión de ma-neira natural, etc.

Os seus beneficiosCalquera persoa, sexa

cal for a idade, pode prac-ticar a relaxación obtendo múltiples beneficios:

- Diminución da ansie-dade.

- Máis saúde.- Máis resistencia ás en-

fermidades.- Diminución da tensión

arterial.- Mellor oxixenación.- Aumento do nivel de

enerxía e vitalidade.- Mellor recuperación

despois dos esforzos.- Predominio dos pensa-

mentos positivos.- Resistencia fronte a há-

bitos erróneos: fumar, al-col, comida.

- Diminución da tensión.- Maior capacidade de

aprendizaxe.- Mellora a capacidade

de lembrar datos, etc.- Aumento da capacidade

de concentración e da me-

moria.- Sincronización harmó-

nica da mente e o corpo.- Aumento da confianza

en si mesmo.- Aumento da tempera-

tura corporal.- Aumento do nivel de

conciencia.- Mellora na calidade

de soño.- Mellora da circulación

sanguínea.- Aumento da oxigena-

ción cerebral.- Mellora da autoesti-

ma.- Mellora o aparello

cardiovascular, o sistema nervioso e o sistema pul-monar.

- Mellora o autocon-trol.

- Elimina trastornos psicolóxicos (neuroses, insomnio, medos, angus-tia, depresión, tensión).

- Estabiliza a vida afec-tiva e emocional.

- Prevén infartos.- Sentirse cómodo e re-

laxado.- Aumenta o seu nivel de

rendemento.

Técnicas de visualiza-ción

A visualización é unha técnica para relaxarnos física e mentalmente. As técnicas de visualización proponnos aprender a usar a imaxinación de forma positiva e creativa. Consiste en enfocarse ou proxectarse nunha esce-na ou imaxes positivas que resulten pracenteiras, agradables e resúltennos relaxantes.

Alfonso Vilachá, pro-fesor de Educación Física e entrenador nacional de

fútbol

Os efectos positivos e beneficiosos da

relaxación mental (I)

ACTUALIDADE

Redacción

A Deputación Provincial terá que pagar ao Concello o importe das obras das instalacións deportivas de Oira. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso interposto pola institución

provincial á sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 da ci-dade que en marzo de �010 lle deu a razón ao Conse-llo Municipal de Deportes. O fallo determinou que a institución provincial está obrigada a abonar ao Con-cello de Ourense o importe

total das obras de construc-ción das instalacións depor-tivas de Oira (que ascende a �40.404 euros), así como os xuros de demora e os custos procesais.

Esta sentenza, contra a que non se permite recurso ordinario algún, pon fin a un longo proceso que se ini-ciou en setembro do �000, cando Deputación e Conce-llo acordaron, de maneira unánime, delegar no Con-sello Municipal de Depor-tes a execución das obras de Oira, previstas dentro do Plan de Instalacións Depor-tivas da Deputación Provin-cial, comprometéndose esta

a afrontar o seu custo.Primeiro en �004 e logo

en �008, ante os impagos ao respecto da Deputación, os correspondentes grupos de goberno tentaron solven-tar o problema mediante o diálogo, pero a ausencia de resposta obrigou final-mente en xaneiro de �009 ao Consello Municipal de Deportes a interpor unha demanda xudicial contra a Deputación ourensá.

O concelleiro de Depor-tes, Fernando Varela, agar-da “recibir o antes posible eses pagos para poder rein-vestilos nas infraestruturas deportivas da cidade”.

Unha sentenza obriga á Deputación a abonar o custo das instalacións de Oira

Page 24: 16 Feb 2011 - Nº29

BARRIOS DEPORTIVO18 de febreiro de �011