24
Número: 57- Ano: IV - 18 de maio de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 1 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. COB Páx. 3 CDO Páx. 2 Nunha semana Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto poden facer realidade o soño do ascenso. A segunda cita con “Correndo x Ourense”, no Couto o 26 de maio [páx. 10]

17 Maio 2012 - BD Nº57

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A loita polo ascenso de CD Ourense e Club Ourense Baloncesto centra a noticia de portada do número 57 do Barrios Deportivo. Tanto COB como CDO están na semana decisiva da tempada para saber se son equipos de 2ªB (o Ourense) e de LEB Ouro (O COB) a vindeira tempada. Seguindo co fútbol falamos do ascenso do Barbadás á Terceira División. Tamén presentamos os campus que se celebrarán durante o verán na nosa provincia: Campus Fran Ourense, en Oira; campus de porteiros, en Allariz; e o Ribeira Sacra Talents, en Luíntra.En fútbol sala, o Cidade busca a permanencia nestas últimas xornadas, mentres que o Ponte está a pensar na súa cita coa Copa de España, logo de que remate a liga regular

Citation preview

Page 1: 17 Maio 2012 - BD Nº57

Número: 57- Ano: IV - 18 de maio de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 1 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

COB Páx. 3CDO Páx. 2

Nunha semana Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto poden facer realidade o soño do ascenso.

A segunda cita con “Correndo x Ourense”,

no Couto o 26 de maio

[páx. 10]

Page 2: 17 Maio 2012 - BD Nº57

� BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

CD OURENSE

4 Axenda deportivaFútbol- Día 19 de maio - 18.00h. -Llodio (País Vasco)- CD Laudio - CD Ourense.- Día 19 de maio - 18.00h. - Ourense- CD Ourense B - Arousa.- Día 19 de maio - 18.00h. - O Barco- CD Barco - Spor-ting Celanova.- Día �6 ou �7 de maio - O Couto - CD Ourense - Llo-dio. (Partido de volta da fase de ascenso á Segunda Di-visión B).- Día �7 de maio - Os Carrís (A Valenzá) - UD Barbadás -CD Ourense B.- Día �7 de maio - San Rosendo (Celanova) - Sporting Celanova - Alerta Traviesas.

Baloncesto- Día 18 de maio - Paco Paz -�1.00h.- Club Ourense Baloncesto - Prat Joventut. Final play off.- Día �0 de maio - Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Prat Joventut. Final play off. - Día �7 de maio - Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Ba-loncesto - Prat Joventut. Final play off (se fora preciso un quinto partido).

Fútbol sala feminino- Día 19 de maio - Os Remedios. -17.00h.- Ponte Ouren-se - Universidad de Alicante.- Día �6 de maio - Os Remedios -17.00h.- Cidade - At-lético de Madrid.

Atletismo- Día 19 de maio - 10.30h. - O Barco de Valdeorras- 4ª proba da Liga Galega de Orientación.- Día �0 de maio - Maceda - San Mamede Desafío Soli-dario �01�, Maceda (Proba na que se pode participar en carreira a pé, andaina ou Mountain Bike).- Día �0 de maio - 9.00h. - Castrelo de Miño- Andaina solidaria.- Día �6 de maio - Allariz. -15ª edición da andaina 50Qm Vila de Allariz.- Día �6 de maio - �1.00h. - Barrio do Couto - �ª carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ouren-se”.

Tenis de mesa- Día 19 de maio - 17.00h. -Paco Paz- Galmédica A - AD Vincios - Construcciones Dantas.- Día �6 de maio- 11.00h. -Paco Paz- Galmédica A - AD Vincios - Mat. de const. J. Quintas.

Natación- Día 19 de maio - Piscina Rosario Dueñas - Trofeo Pe-dro Escudero de natación.

Pádel- Día �0 de maio - 16.00h. -Clube Deportivo Ourenpa-del-. P�1 Ourenpadel A - SD Lalín A.- Día 13 de maio. Club P�1 -16.00h.- P�1 A - Sanxenxo.

R. Torres

Xa se coñece o rival de Club Deportivo Ourense para loitar polo ascenso á �ª División B de fútbol. O equipo que lle tocou no sorteo nesta eliminatoria dos primeiros clasifica-dos é o campión da Ter-ceira vasca, o CD Laudio. Desde o club, tanto xo-gadores como directivos mostran o seu optimismo de cara a esta eliminato-ria para lograr o ansiado ascenso.

Desde que recalou, xa fai catro anos, na Ter-ceira División, o cadro “rojillo” nunca lograra o campionato e, polo tan-to, tampouco ter dúas oportunidades para subir de categoría. O rival non será nada sinxelo, pero os de Luisito confían en poder dar unha alegría á parroquia ourensanista. O

Laudio, a pedra no camiño do Club Deportivo Ourense4 No ascenso á 2ª B, CDO enfrontarase ao campión vasco.

primeiro partido disputa-rase no campo do Laudio, este sábado �0. A volta xogarase a vindeira fin de semana no Couto.

A pesar de que vai a pola eliminatoria, o Ourense en caso de perder disporía dunha segunda oportuni-dade para ascender, re-pescaríaselle na segunda eliminatoria dos segundos, terceiros e cuartos clasifi-cados. Velaì a importancia de quedar ou non quedar primeiro.

LaudioO equipo da localidade

alavesa de Llodio é de re-cente fundación. Naceu en �00�, e desde a tempada seguinte (�003-�004) mi-lita en Terceira. O ano pa-sado xa entrara na promo-ción de ascenso ao rematar a liga en segunda posición, pero non acadou a �ª B. Este ano foi primeiro con

77 puntos (76 logrou o Ourense), facéndose co título na última xorna-da, por diante de equipos como o Barakaldo, Por-tugalete e Beasain (se-gundo, terceiro e cuarto respectivamente).

Partía como máxi-mo favorito e así o demostrou, so-bre todo, nunha segunda volta espectacular na que as seis úl-timas xornadas contounas por vitorias.

Unha boa racha que tentarán os de Luisito cortar este sábado 19 a partir das 18 horas no estadio Ellakuri.

O seu técnico, Ramón Castelo, ten ás súas or-des a xogadores que combinan experiencia e xuventude. De feuti, al-gúns deles militaron en categorías superiores. O seu máximo goleador é Sergio Francisco, que dos 70 goles do equipo, 12 levaron a súa firma.

Desprazamento a Llodio

O Ourense pon a dispo-sición dos afeccionados dous autobuses (grazas a colaboración do Concello e á Deputación de Ouren-se), para que todo aquel que queira acompañar ao equipo a terras vascas o poida facer. O prezo da entrada e do autobús é de �0 euros, E, ademais, o club agasaralles cun-

ha camiseta, unha almohadilla e unha bu-f a n -da.

Quintairos disputando o balón co porteiro do Vilalbés no último partido que disputaron no Couto./RAMSÉS

Page 3: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

3COB

5Mouriño e Hill serán pezas importan-tes para que Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto ascendan a Segunda Divisón B e LEB Ouro, respec-tivamente.

O COB quere premiar o apoio recibido polos seus seareiros nas dúas anterio-res eliminatorias do play off de ascenso á Adecco Ouro. Por iso, a directiva estableceu uns prezos moi populares para a transcen-dental final que disputará fronte ao Prat Joventut, ao mellor de cinco partidos, durante este mes de maio (18 e �0 en Ourense, �3 e �5 en Prat, e o domingo �9 de novo en Ourense, se fose necesario).

Así, todos aqueles adul-tos que queiran vivir estes decisivos encontros poden acudir a cada un deles por só 4 euros, mentres que os nenos menores de 14 anos farano totalmente gratis.

Entradas á vendaTodas as entradas pode-

ranse adquirir nas oficinas do COB (horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas) e no Centro Co-

mercial La Región da rúa do Paseo.

Premio para os incon-dicionais

Así mesmo, o Club Ourense Baloncesto des-exa agradecer a confianza de todos aqueles socios e afeccionados que adqui-riron o seu abono para os partidos do play off obse-quiándolle con dúas entra-das totalmente gratis para todos os encontros que se disputen no Paco Paz e a posibilidade de conseguir até outras cinco máis ao prezo de dous euros cada unha.

Tamén desexa agrade-cer o apoio de todos os seus socios durante a tem-pada regular ofrecéndo-lles a súa entrada ao prezo de tan só dous euros coa mesma posibilidade de adquirir até outras cinco entradas por ese mesmo importe cada unha.

R.T.

O Club Ourense Ba-loncesto chegou aos

exames finais. Logo dunha boa

tempada co-louse, por

m é r i t o s propios, no play off de a s -cen-

so

Próxima parada: LEB Ouro4 Na derradeira eliminatoria do play off de ascenso, o Club Ourense Baloncesto medirase co Prat Joventut.

a LEB

Ouro e agora, tras superar

as dúas primeiras fa-ses (contra Land Mobel

e Aurteneche), xógase o todo polo todo contra o

Prat Joventut, ao me-llor de cinco encon-tros, para demostrar quen estará o vindei-ro ano na categoría superior.

As dúas primeiras citas desta última eliminatoria serán no

Paco Paz. Aurroupado polos miles de incondi-

cionais seguidores que ao igual que o seu equipo de-ron a talla a pesar de haber descendido a LEB Prata, o COB debería comezar o sprint final vencendo, pri-meiro o venres 18 e logo o domingo �0. Se así fose

podería sentenciar a elimi-natoria ao mércores seguin-te (�3 de maio) en Cataluña e celebrar que volve a ser equipo de Adecco Ouro.

Pero estes exames non son tan estritos, así que se finalmente a cousa se com-plica os ourensáns terán dúas oportunidades máis para lograr esas 3 vitorias que precisan (serán o venres �5 de novo na casa do Prat e o domingo �7 de volta no Paco Paz). Sexan seguidas ou non, todas as vitorias do COB contarán para estar máis preto da categoría da que non se debeu mover.

O adestrador do Club Ourense Baloncesto, Rafa Sanz o ten claro, “á final sabemos que só chegan os mellores” polo que están “contentos e orgullosos de estar nela”. Sanz ten claro que “dos segundos fálase pouco” polo que “tentarán conseguir o título e o as-censo” por todo o que su-pón “para toda a familia do COB”.

O técnico cordobés, xunto cos xogadores, quere facer un bo traballo para non de-fraudar a ilusión que se des-pertou en torno ao equipo.

O rivalO Prat Joventut é un equi-

po vinculado do Joventut de Badalona, polo que ao lon-go da tempada moitos dos seus xogadores tiveron que alternar o equipo de LEB Prata co de ACB; o que fixo que ata o tramo final da liga non estiveran todos a dispo-sición do seu técnico, Car-los Durán. Pero chegado ese momento os resultados non se fixeron agardar; remata-

ron terceiros na fase regular e foi o único conxunto que venceu aos de Rafa Sanz. Un bo presente dos Barrera, Todorovic ou Ventura, entre outros, que se vislumbra en excelente futuro.

Estas xóvenes promesas son moi físicos e xogan ben por enriba do aro, o que fará que os ourensáns teñan que ter plena concentración en cada minutos de cada encontro da final.

A xuventude pode ser un handicap para os cataláns á hora de levarse a eliminato-ria; pola contra, a falta de rigor defensivo nalgunhas

fases do encontro é o talón de Aquiles dos nosos. Unha eliminatoria ao 50% que se decidirá por pequenos deta-lles.

ValoraciónRafa Sanz considera que

as dúas eliminatorias an-teriores serviron aos seus xogadores para aprender a sufrir xa que tiveron “moi-tos momentos en que o pa-samos realmente mal”, o que lles “pode servir para afrontar esta final con máis experiencia e sacar adiante os momentos complicados”, explicaba o técnico cobista.

4 Prezos para todos

Page 4: 17 Maio 2012 - BD Nº57

4 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� FÚTBOL

Redacción

Xullo é o mes elexido para que se desenvolva no complexo deportivo de Oira o “Campus Fran” de fútbol, tanto para porteiros como para xogadores de ambos sexos, con idades compren-didas entre os 6 e 14 anos. Dúas serán as quendas para as rapazas e os rapaces que queiran aprender da man de profesionais, e supervisados por ex xogadores de elite. Co nome “Campus Fran Ourense de fútbol” os nenos e nenas de Ourense terán a oportunidade de aprender sobre o seu deporte favorito cun dos mellores futbolistas galegos: Fran González. O ex xogador do Deportivo, xunto ao seu irmán José Ramón, ao tamén ex depor-tivista Manjarín, e ao entre-nador do Ponte Ourense de fútbol sala, Óscar Vivián, serán os encargados de su-pervisar este campus e po-ñer os seus coñecementos e experiencias ao servizo da formación dos máis peque-nos. O primeiro grupo co-mezará a traballar o día � de xullo e rematará o día 13 do citado mes. A segunda quen-da será do 16 ao �7 de xullo. Os días 30 e 31 celebrarase unha festa para que se despi-dan do campus todos os que participaron nel.

O evento terá lugar nas instalacións de Oira, dispo-ñendo dun campo de fútbol 11 e outro de fútbol 7.

Os nenos e nenas que participen deberán cum-prir unha serie de normas establecidas polos organi-zadores. O segundo martes realizarase unha xornada de portas abertas na que os pais poderán observar unha das xornadas do campus.

O persoal do campus estará conformado por un director-coordinador do campus, un coordinador de adestramentos de fútbol, un adestrador de fútbol titula-do para cada 10 nenos (para un perfecto seguimento),

O campus Fran, en Ourense4 O exdeportivista ofrecerá un campus para as novas prome-sas, este verán, no complexo deportivo de Oira.

un ATS titulado, adestrador específico de porteiros e un adestrador de atletismo para poder traballar nocións de coordinación de carreira, ou economización de esfor-zos, entre outros aspectos.

Este campus está enfo-cado tanto a porteiros/as, como xogadores/as de campo con idades com-prendidas entre o seis e o catorce anos, apaixonados polo fútbol, con gañas de traballar e esforzarse cada día co obxectivo de mello-rar o seu rendemento. Non se pretende un campamento deportivo, senón un cam-pus de fútbol, no que desde o primeiro momento os par-ticipantes van desenvolver e perfeccionar os aspectos técnico-tácticos do fútbol, sendo o resto de actividades un acompañamento lúdico-deportivo que complemente a aprendizaxe do fútbol.

Prazas limitadasA data tope para inscri-

birse é o �7 de xuño, e ten un custo de 160 euros, dos que se destinarán 10 euros para colaborar coa Cruz Vermella.

Para máis información consultar a web: campus-franourense.com ou no co-rreo electrónico [email protected].

Módulos de traballoDurante unha semana, os

novos futbolistas aprende-rán todo o referente a este deporte mediante módulos de aprendizaxe. Os módulos sobre os que se traballará serán os seguintes: módulo de técnificación (habilida-de, condución, tiro, golpeo de cabeza,...); módulo de aplicación táctica (xogos de �x�, 3x3, xogos de su-perioridade ofensiva, xogos de superioridade defensiva, xogo real, etc.) e módulo de habilidades atléticas, coor-dinativas e psicomotrices (técnica de carreira, saltos, carreiras de obstáculos, lan-zamentos,...).

4 FranFrancisco Javier Gonzá-

lez Pérez, coñecido como “Fran”, é un dos mellores xogadores galegos de todos os tempos. Pasou toda a súa carreira no Deportivo da Coruña sendo o estandarte do cadro herculino na súa época gloriosa cando todo o mundo o coñecía como “SuperDepor”.

4 José RamónJosé Ramón González

Pérez, irmán de “Fran”, é un ex xogador que militou ademais de no Deportivo, na SD Compostela e en CD Ourense entre outros. Acadou co “SuperDepor” a Copa do Rei de 1995.

Actualmente é adestrador de fútbol. Dirixiu ata xanei-ro o Montañeros.

4 ManjarínJavier Manjarín Pereda e

natural de Asturias. Come-zou no fútbol na escola de Mareo (Sporting de Xixón), xogando no primeiro equi-po, logo xogou no Dépor e Rácing de Santander. For-mou parte da selección espa-ñola sub-�1 que conseguíu o ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 199�.

4 ViviánÓscar Vivián foi xogador

de fútbol sala. Militou na máxima categoría nacio-nal (División de Honra) no Ourense e no equipo leo-nés do Obras e Estructuras RAM. Desde este ano é ade-trador do Ponte Ourense de FSF, un dos mellores equi-pos nacionais ao que clasifi-cou para a Copa.

Page 5: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

5FÚTBOL

Xunto a Vidal, outros 6 adestradores impartirán as clases

R.T.

Do 7 ao 10 de xuño, Luíntra acollerá o “Ribera Sacra Football Talents”, un clínic internacional de fútbol que ten como obxectivo a formación de xóvenes futbolistas.

O evento, no que co-labora a Deputación de Ourense, estará dirixido polo adestrador David Vidal e desenvolverase nas instalación da Tella, en Nogueira de Ramuín, contando coa presenza de xogadores de equipos de Cartel do segundo campus de porteiros.

Redacción

A vila alaricana acollerá por segundo ano consecu-tivo o campus de portei-ros de fútbol e fútbol sala “Una semana de locos”, organizado pola asocia-ción Xeneración de Novas Ideas e Proxectos Deporti-vos (GENIOPS).

Trátase dunha iniciativa posta en marcha por e para gardametas que ofrece aos xoves porteiros -de entre 6 e 17 anos- a atención espe-cífica que merecen, como peza chave do seu equipo. Do �4 ao 30 de xuño, no complexo deportivo “O Seixo”, os rapaces traballa-rán habilidades específicas desta posición, así como os valores do respeto, hu-mildade, colaboración e traballo en equipo. E todo combinado con outras ac-tividades complementarias como kick boxing, defensa persoal, vendaxes, piscina, skate, etc.

Visitas de luxoA inscrición neste cam-

pus de porteiros dá dereito a pensión completa, aos adestramentos específicos, servizo de masaxista, ma-terial deportivo, convertir-se en socio da asociación GENIOPS e participación nas conferencias e clases

Segundo campus de porteiros en Allariz4 Impartirase do 24 ao 30 de xuño no com-plexo deportivo de “O Seixo”.

de importantes figuras do mundo do fúbol (como, por exemplo, Bernardino González -ex árbitro de Primeira División-, José Sambade - adestrador de porteiros do Deportivo, Manu Taranilla - actual porteiro do C.D.Barco- ou Manuel Mosquera -podó-logo-), que se darán cita nesta segunda edición do campus.

InscriciónsTodos os interesados en

participar nesta “semana de tolos” deben abonar a súa cuota de inscrición

(que oscila entre os 165 e os �50 euros, segundo se sexa socio ou non de Ge-niops, e en función de se se opta por réxime interno ou externo) e enviar cuberto o formulario correspon-dente ao enderezo electró-nico [email protected], á web desta asociación, a través do o fax 988 �1 41 43, por correo postal á Rúa Reza nº 9 - baixo, ou entre-galo en persoa en calquera das tendas de Inter Sport Bouso (Concordia, Curros Enríquez e Ponte Vella).

[Máis info en www.geniops.es]

O adestrador David Vidal dirixirá o clínic de fútbol “Ribeira Sacra Talents”4 Terá lugar do 7 ao 10 de xuño en Luíntra.

Costa de Marfil, Burkina Faso, Mauritania, Senegal, Brasil, Canadá, Francia, Italia e España, ademais de directores das principais li-gas europeas: España, Ita-lia, Francia, Portugal, Ale-maña, Rusia e Suecia.

O clínic terá contidos teóricos e prácticos, e xunto a David Vidal es-tarán seis adestradores de equipos da Liga de Fútbol Profesional, así como ár-bitros. Unha parte signi-ficativa do programa está adicada ás lesións oca-sionadas pola práctica do

fútbol e o como acometer a prevención e tratamento das mesmas.

ProgramaVidal explicou en que

consistirá o clinic, “polas mañás imos facer ensaios do xogo, que poremos en práctica nos partidos das tardes”.

O adestrador David Vidal (á esquerda) será o director do clínic de fútbol “Riberia Sacra Talents”, que contará coa presenza de xogadores e técnicos profesionais./RAMSÉS

Page 6: 17 Maio 2012 - BD Nº57

6 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� FÚTBOL SALA

Na vindeira xornada o Cidade visitará ao Femesala Elche. Logo recibirá ao Atlético de Madrid

Sonia controlando o balón ante unha rival./RAMSÉS

Primeira División Fútbol Sala Feminino 27ª xornadaPosto Equipo Puntos1º At. Madrid 64�º Móstoles 603º Gironella 574ºPonte Ourense 575º Burela 566º Córdoba 547º U. de Alacante 4�8º Femesala Elche 409º Orvina 3310º Soto del Real 30 11ºCidade As Burgas �71�º Valladolid �613º Logroño �514º Zaragoza �415º Rubí 1416º Majadahonda 11

4 Xornada 28 - 19 de maioSoto del Real - MóstolesPonte Ourense - U. de AlacanteDeportivo Córdoba - RubiBurela - ValladolidZaragoza - Diamante LogroñoGironella - Lacturale OrvinaFemesala Elche - Cidade As BurgasFutsi Navalcarnero - Majadahonda

4 Xornada 29 - 26 de maioSoto del Real - MajadahondaMóstoles - Ponte OurenseU. de Alacante - Deportivo CórdobaRubi - BurelaValladolid - ZaragozaDiamante Logroño - GironellaLacturale Orvina - Femesala ElcheCidade As Burgas - Futsi Navalcarnero

R. Torres

Complicada a situación do Cidade As Burgas na Primeira División a falta de tres xornadas para o re-mate da liga. Cinco derro-tas consecutivas deixan ás de Codeso a tres puntos do descenso.

No último partido, as franxiverdes non puideron

Ao Cidade As Burgas complícaselle a permanencia4 Está a só tres puntos do descenso.

sacar nada positivo da visi-ta do Gironella aos Reme-dios. As catalanas chega-ban como un dos mellores equipos da competición e así o demostraron durante os 40 minutos de encontro. O Construcciones Queralt Gironella impúxose por 1-3 nun partido que controla-ron de principio a fin. Pola contra, Codeso tentaba dar

coa tecla para desarticular a férrea defensa visitante, cousa que non logrou. Aos catro minutos, Anna Cos-ta facía o cero a un tras un erro defensivo das locais. Segundos antes do descan-so, Marga Mas facía o 0-�, logo de sacar en longo Es-ther cara a Claudia, quen deixaba a bola franca, para que Mas rematara a pracer.

Na reanudación, o Ci-dade imprimíu máis ritmo na procura dun gol que o metera no encontro, pero as poucas rotacións fixeron que o cansanzo fixera mella nas pupilas de Codeso. No 35, novamente Anna Costa batía a Ana, en parede con Marga Mas. Nos últimos minutos, o técnico local optaba polo xogo de cinco, e grazas a superioridade na zona do Gironella, Raquel lograba o único tanto do Cidade. As locais o segui-ron tentando co xogo de cinco, e dispuxeron dun par de ocasións pero o mar-

cador xa non se movería. Como nota positiva, o xogo de cinco das xogadoras do Cidade tivo máis perigo que noutras ocasións que decidiron xogar dese xei-to. Aínda que as veces a precipitación facía errar na transición do balón, noutras o perigo achegábase a por-taría rival.

Final de infartoEstas tres últimas xorna-

das serán de auténtico in-farto. Metido na loita pola permanencia encóntrase o Cidade xunto con outros catro equipos. Con Rubí e Majadahonda xa descen-didos, falta por saber que equipo os acompañará a tempada que vén na Segun-da División. Agora sería o Zaragoza o que descende-ría, ten �4 puntos. Con �5 está o Diamante Logroño, con �6, e un partido me-nos, o Valladolid, con �7 o Cidade e con 30 o Soto del Real.

Para esta xornada o Soto reciba ao Móstoles, as mos-toleñas loitan polo título; o Burela recibe ao Vallado-lid nun partido no que as de Pardeiro non se xogan nada; o Cidade visita Elche para enfrontarse ao Feme-sala, as ilicitanas buscan a única praza libre para par-ticipar na copa deste ano. O Zaragoza - Logroño será un choque de alto voltaxe, de gañar as mañas sairían do descenso en detrimento das rioxanas; pola contra, de vencer o Logroño daría un paso máis de cara á sal-vación e afundiría ao Zara-goza un pouco máis cara o pozo da segunda.

Para a penúltima xornada o Cidade recibe ao Atlético de Madrid coa esperanza de que cheguen a Ourense co título de liga no peto. O Soto recibe ao xa descendi-do Majadahonda, o Logro-ño ao Gironella e o partido máis atractivo enfrontará ao Valladolid contra o Zarago-za. Un final de infarto no que o Cidade deberá sumar alo menos unha vitoria para manter a categoría.

Iria realizando un regate ante unha xogadora do Burela nun encontro disputado nos Remedios./RAMSÉS

Page 7: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

7FÚTBOL SALA

O 19 de maio o Ponte recibirá nos Remedios ás 17 horas ao Alicante

A sevillana Ampi é unha das xogadoras do Ponte que máis ansía facerse coa Copa de España, xa que aínda non a logrou con ningún equipo./RAMSÉS

R. Torres

A oito puntos do Atlético de Madrir Futsi Navalcar-nero, a liga xa está imposi-ble para o Ponte Ourense. As opcións de revalidar o título complicáronse cando perderon en casa contra o líder, pero esfumáronse de todo cando perderon contra o Rioja (5-1) e empataron co Valladolid (�-�). No úl-timo encontro golearon ao Rubí co que certifaron o descenso de categoría do cadro catalán.

O partido contra o Rubí foi moi cómodo para as pu-pilas de Óscar Vivián. Tres

Pensando na Copa4 O Ponte Ourense, sen opcións de revalidar o título ligueiro, xa pensa na Copa de España.

goles de Vanessa, dous de Ampi e Souza e un de Drica deixaron o expectacular 1-8 para as ourensás. Por parte do Rubí, Laura encargouse do gol da honra.

Trala disputa da xornada �7, o Ponte Ourense é cuar-to con 57 puntos, os mes-mos que Gironella. Con 60 vai o Móstoles, e 64 ten o líder, Navalcarnero. Polo tanto, oitos puntos a falta de nove por disputar é unha diferenza imposible de re-cortar.

Con Ponte, Gironella e Burela descartados para a liga, toca saber cal dos dous equipos madrileños (At-lético de Madrid ou Mós-toles) se fará co título. O Futsi leva catro puntos de vantaxe sobre o Móstoles, polo que en caso de gañar na vindeira xornada e que non o fagan as mostoleñas,

o campionato iría para as vitrinas de Atlético de Ma-drid. As líderes teñen que xogar contra o Majadahon-da (xa descendido), mentres que as segundas visitarán ao Soto del Real, que bus-can salvar a categoría.

Vindeiras citasEste sábado 19 de maio, o

Ponte recibe nos Remedios (ás 17 horas) ao Universi-dade de Alicante, que está na procura do último posto que queda libre para parti-cipar na Copa de España deste ano en dura pugna co Elche.

Na penúltima xornada, o �6 de maio, as de Vivián enfrontaranse ao Móstoles, que se está a xogar o cam-pionato, polo que poden ser verdugas das madrileñas.

Por útlimo, pecharán liga o sábado � de xuño, nos

Remedios, contra o Soto del Real.

Pensando na CopaDespois de non ter case

ningunha opción de con-quistar o campionato li-gueiro, o Ponte Ourense xa está a pensar na Copa de España que se celebra en Valladolid. Para iso, Óscar

Vivián empeza a recuparar a todas as súas xogadoras; a última Laura Fernández, que xa xoga con asiduidade, recuperando pouco a pouco a forma co fin de que estea en plenitude de condicións nas datas que se dispute a Copa.

Este trofeo é un título ao que lle teñen gañas. O ano

pasado quedaron apeadas en semifinais polo Rio-ja, á postre, subcampión. Ademais, grandes xoga-doras como Sara Moreno ou Ampi teñen na Copa a súa particular espiña cra-vada, xa que non lograron conquistala en ningún dos equipos que militaron ao longo da súa carreira.

Page 8: 17 Maio 2012 - BD Nº57

8 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

DEPORTES ACUÁTICOS

Simón Fernández en Monsaraz.

Redacción

O pasado �7 de abril a Federación Galega de Vela celebrou en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral na que se deron a co-ñecer os datos da tempada �011 e o ranking de clubs tras valorar a actividade des-envolvida polos mesmos.

O Club Náutico Castre-lo de Miño ocupou o 11º lugar, a mellor posición na historia do club, o que pon de manifesto o gran traballo realizado durante o pasado ano, que permitiu que se si-túe por diante de clubs tan importantes como o C.N. de Cangas, o C.N. Punta Lagoa de Vigo ou o L.M. de Bou-zas, ademais de ser o único club de augas interiores de Galicia.

Para a elaboración deste ranking téñense en conta o número de licenzas fede-

Redacción

Vitoria aplastante do Club Natación Pabellón na Copa Galega de Clubs na División de Honra, que foi celebrada na Piscina Rosario Dueñas de Ourense. Os nadadores ourensáns acadaron un total de 397 puntos, 80 máis que o segundo clasificado, o Club Natación Ferrol-Elynco; en

Redacción

O río Arnoia ao seu paso por Allariz acolleu a primeira Regata Gale-ga de Piragüismo do ano nas categorías alevín e benxamín, en piraguas individuais e sobre un percorrido de 1300 me-tros.

�6� piragüistas proce-dentes de �6 clubes de toda a xeografía galega que competiron neste evento que tivo por ga-ñador ao Torres Romería Vikinga, de Pontevedra.

No tocante á partici-pación dos ourensáns, el club piragüismo Fluvial de Allariz obtivo o puesto 11, el club fluvial Avión foi �4º e o club pira-güismo fluvial do Barco rematou no posto �6 en la clasificación final por

REMO

O CN Castrelo de Miño, undécimo no ránking de clubs4 A mellor posición da súa historia.

rativas, a organización de regatas oficiais, os despra-zamentos realizados para participar en adestramentos ou regatas oficiais e a ho-mologación da escola de vela.

Este posto vén a demostrar o volume de actividade des-envolvida en vela polo club a nivel formativo e competi-tivo, ademais de contar con outra sección de remo que aínda que con menor vo-lume de participantes está conseguindo grandes éxitos coa remeira internacional Anna Yuchenko á cabeza.

Fernández, entre os me-llores windsurfistas

A sección de windsurf do club Ribeirao contribuíu en gran parte a que o CN Castrelo de Miño alcanza-ra esta posición no ranking da FGV, grazas ao traballo de Simón Fernández, que

ademais de competir exer-ce tamén como adestrador do club. Simón segue cul-tivando éxitos nesta tem-pada e a pasada ponte do 1 de maio desprazouse xunto cos mellores windsurfistas

PIRAgüISMO

Paula Segura vence na Regata Galega de Piragüismo4 Na categoría benxamín.

clubes.De xeito individual, Pau-

la Segura foi primeira; An-drea Castells, �1ª e María Domínguez, �7ª. En ca-tegoría masculina, o máis destacado foi o primeiro posto do club do Barco, Oliver Rodríguez; o sexto de Javier Pereira (Allariz) e o vixésimo de Javier Ro-dríguez (Allariz).

InfantísNa categoría infantil ce-

lebrouse no río Verdugo ao seu paso entre as loca-lidades de Arcade e Pon-tesampaio (Pontevedra) a terceira Regata XVII Copa Gallega Promoción. Adrián Pérez, do Barco foi terceiro; Santiago Álvarez (Allariz), decimo quinto; Sergio Gavilanes (Allariz), 46º e Ángel Pereira, rema-tou de 57.

galegos ao encoro luso de Monsaraz para participar na Copa Ibérica de Fórmu-la Windsurf na que obtivo tras 4 días de competición o �4º posto, sendo o 14º español.

NATACIÓN

O Pabellón, campión da Copa Galega de Clubs4 Sacoulle 80 puntos ao segundo.

terceira posición rematou o Club Natación Galaico, 100 puntos por debaixo do Pabe-llón.

Nesta cita da fase final da copa confirmouse o des-censo de categoría de clubs como o Real Club Náutico de Vigo e do Club Nata-ción Ponteareas, mentres que salvou a permanencia o campión das tres últimas

tempadas, o Club Natación Coruña.

Grande éxito de todos os nadadores e todas as na-dadoras pavillonistas que loitaron do primeiro ao últi-mo, do máis cativo ao máis veterán, por acadar un éxito tal. Un bo camiño que ten que quedar refrendado nos vindeiros campionatos de Galicia e de España. O CN Pabellón festexando a súa vitoria.

Page 9: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

9PUBLICIDADE

Page 10: 17 Maio 2012 - BD Nº57

10 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� ATLETISMO

Redacción

O Ourense Atletismo Academia Postal vén de colleitar bos resultados en todas as competicións que tiña representantes. O últi-mo éxito, o primeiro posto de Hassan Lekhili no medio maratón de Ferreirúa.

FerreirúaHassan Lekhili regresou

á competición pola porta grande. Despois de sema-nas sen competir (pola per-da dun familiar), foi o cam-pión no Medio Maratón de Ferreirúa, cunha marca de 1:16:34, por diante de atle-tas como Pedro Nimo. José Antonio Veloso facíase coa cuarta posición.

galego xuvenil18 medallas colleitaron os

atletas do Academia Postal no Campionato Galego Xu-venil disputado en Cangas. 5 ouros, 4 pratas e 9 bron-ces foron os colores dos metais. Tamén acadáronse sendos ouros nas probas de cinco quilómetros marcha (Rocío Carbia) e nos 10 quilómetros marcha (Fran-cisco José Durán), ámbolos

Redacción

O vindeiro sábado �6 de maio celebrarase a 15ª edición da andaina Vila de Allariz. A saída será ás nova da mañá e conta con novidades no seu perco-rrido de 50 quilómetros, a máis longa de Galicia e a que conta con máis participantes. Este ano a terceira etapa percorrerá o Casco histórico de Allariz xunto cos pobos de Vila-riño, Roimelo, Nanín e a Portela de Airavella.

A andaina de Allariz, pioneira en Galicia, al-canza en cada edición os preto de 800 participan-

R. Torres

O sábado �6 de maio é o día que o barrio do Couto da a benvida, polas súas rúas, ao circuíto de carrei-ras populares “Correndo por Ourense”. Segunda proba do circuíto que dará comezo ás �1 horas. Como en cada proba, realizaranse catro carreiras. Comezara-se coa de pitufos (�1.00h.) sobre unhas ducias de me-tros, que farán o deleite dos presentes. Ás �1.10 horas será o turno dos benxamíns e alevíns, que percorrerán uns 1400 metros. 1900 me-tros é a distancia que farán os infantís e cadetes a partir das �1.15 horas. Remata-

Segunda cita, no Couto4 O circuíto de carreiras “Correndo por Ouren-se” chega á súa segunda proba, que discorrerá polo barrio do Couto.

rase (�1.30 horas) esta se-gunda proba do circuíto coa carreira absoluta (xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns); os atletas terán que dar tres voltas ao cir-cuíto de 1900 metros para completar unha distancia de 5700. A saída e meta es-tarán na unión de Dalí coa rúa Remedios.

Depois da primeira ca-rreira, Iván Docampo e Sonia Teijeiro son os do-minadores do “Correndo x Ourense” �01�.

InscriciónA inscrición xa está aber-

ta ata o vindeiro mércores �3 de maio. Contando cos que están anotados desde a

primeira carreira do circuí-to (a do barrio do Vinteún), xa hai máis de 900, todo un éxito se temos en conta que o ano pasado a media era duns �00 corredores por proba. Os pitufos poderan-se inscribir ata media hora antes da saída da carreira. O resto deberase inscribir na web championchipnorte.com.

A carreira do barrio do Couto será o sábado 26 de maio a partir das 21 horas

Mapa por onde discorrerá a carreira do barrio do Couto.

Lekhili vence en Ferreirúa4 Impúxose a atletas da talla de Pedro Nimo.

dous campións galegos.

Outros resultadosNa Reunión Internacio-

nal Ciudad de Valladolid, Trofeo Ana Pérez, tanto Albert Naugle (100 metros lisos), como Manuel Uriz (xavelina) foron prata nas súas probas.

Nos IV Juegos del Can-tábrico celebrados en Ge-txo (Viscaia), Leticia Fer-nández foi segunda nos 800 metros, cun crono de �:10.9- (Mínima Nacional Promesa), mentras Yuliana Velásquez era 7ª con �:19.1. En 400 valados, Alba Fer-

nández foi tamén segunda cun tiempo de 1:03.6.

Tres foron os ouros con-quistados por atletas do Academia Postal no Cam-pionato de España Univer-sitario. Manuel Hurtado (en 10000 metros), Ma-nuel Uriz en lanzamento e Ignacio Sarmiento en 400 valados proclamáronse campións universitarios.

Lorena LuacesLorena Luaces acadou o

subcampionato por equi-pos da Copa do Mundo de Marcha, celebrado na lo-calidad rusa de Saransk.

15 anos da andaina Vila de Allariz4 O sábado 26 de maio terá lugar a edición deste ano.

tes levándoos por antigas vereas, corredoiras e sen-deiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñen-te medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfe-ra “Área de Allariz”.

FacilidadesPara que todo saia o me-

llor posible, a organización pon a disposición dos par-ticipantes un servizo de transporte, que sairá desde o parque de San Lázaro de Ourense ás 7.45 horas con regreso ao remate da proba; tamén contará cunha garde-

ría para nenos e nenas de 3 a 10 anos, sempre que haxa un mínimo de 8 nenos, e masaxistas a partir da 13h.

O prazo para inscribirse estará aberto dende o 7 ó �4 de maio na Piscina Munici-pal de Allariz, onde ofrecen toda a información precisa (teléfono 988 44�083).

Andaina solidariaO concello de Castrelo de

Miño organiza o �0 de maio a andaina solidaria a prol de UNICEF: Gotas para Níxer. A saída terá lugar as 09:00 horas no Parque Náutico de Castrelo de Miño ao longo dun percorrido de 14 quiló-metros.

Presentación da 15 andaina Vila de Allariz.

Hassan Lekhili está na súa mellor tempada desde que mi-lita no Ourense Atletismo. /O. DEL CAMPO

Page 11: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

11PUBLICIDADE

Page 12: 17 Maio 2012 - BD Nº57

1� BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� ATLETISMO

Lucía Pérez na proba en bici./BEA VITERI.

R.T.

Por segundo ano conse-cutivo celebrouse o triatlón de longa distancia “Avia-man”, que este ano foi va-ledeiro para o Campionato Galego de triatlón de longa distancia.

80 participantes (sete de-les mulleres) foron os va-lentes que o domingo 13 de maio se meteron ás sete e media da mañá no embalse de Castrelo de Miño, para dar comezo á primeira das tres probas. Dous quilóme-tro nadando foi o primeiro co que se toparon os atletas nunha mañá dominada pola néboa a as baixas temprera-turas na auga do encoro.

Redacción

O pasado sábado �8 de abril tivo lugar en Eivis-sa o triatlón extremo e de longa distancia Eivissa Ultra Team, con máis de 400 participantes, entre os que se atopaban o copiloto de ralis Luís Moya; o tetra campión do tour de Fran-cia, Miguel Indurain; o campión do mundo de ma-ratón, Martín Fíz e mesmo algún dos integrantes da próxima expedición aos Xogos Olímpicos de Lon-dres co combinado nacio-nal, os cales se tiñan que enfrontar individualmente ou por equipos (cada un nunha única sección de-portiva) aos 11,6 quiló-metros nadando, 100 qui-lómetros de bicicleta de montaña e 74 quilómtros de trail running (carreira a pé).

O ultrafondista ouren-sán Antonio Madriñán, integrante de maneira eventual do equipo My Best Challenge, xunto co nadador Jordi Cañellas e o ciclista J.M. Barrios, comezaba a correr ás 9 da mañá con moi boas sensa-cións, as cales lle levaron a liderar por momentos a clasificación da carreira a pé.

Segundo se ían suman-do quilómetros e a humi-dade se ía incrementan-do, Madriñan ía cedendo

Valiño e Rodríguez, vencedores do Aviaman4 Repiten o título conquistado na edición do pasado ano.

Neste primeiro segmento, a atleta do fluvial de Lugo, Aida Valiño, foi a primeira en saír da auga cun tempo de �4:30 minutos.

Nos 80 quilómetros da proba ciclista, Gustavo Ro-dríguez foi quen de remon-tar e rematar este sector en primeira posición logo de dúas horas e �7 minutos. O percorrido en bici foi dun gran esforzo, logo de ter que subir dous portos de primeira categoría para re-matar en Leiro.

No segmento a pé de �0 quilómetros, Rodríguez in-crementou a súa vantaxe facéndose finalmente co título tras unha hora e 14 minutos da carreira a pé.

O tempo final foi de catro horas e 1� minutos para o atleta do Fluvial de Lugo, tres menos que o seu per-seguidor, Iván Cáceres (4:15.38) e cinco menos que o terceiro clasificado, Diego Álvarez (4:17.50).

En mulleres, Aida Vali-ño foi a primeira cun tem-po de 4:53.18, seguida de Lucía Pérez (5:17.47), segunda e de Silvia Viei-ra (5:30.47), que quedou terceira.

Os participantes percorreron 2 quilómetros a nado, 80 en bici e 20 correndo

Gustavo Rodríguez, o campión masculino, chegando a meta./BEA VITERI.

Madriñán, noveno no Eivissa Ultra Team4 Na categoría por equipos.

posicións na táboa, xa que este factor climatolóxico in-fluíulle de maneira moi ne-gativa. Pero con sobriedade e decisión continuou en carreira sen arroxar a toalla o cal levaríao a rematar no posto �8º individual, tras 9 horas 58 minutos de máxi-mo esforzo, co que contri-buíu a que o seu equipo My Best Challenge conseguise a novena posición na xeral por equipos.

“Foi unha carreira impre-sionante onde puiden gozar dunha paisaxe única, viña con forzas e con ganas de facer algo grande, e a pe-sar de que a miña posición

podía ser moito mellor, voume satisfeito pola loita que houbo, por como trans-correu a xornada e polo resultado global do equipo nunha proba de moito nivel internacional”, explicaba Madriñán.

Vindeira cita“Agora toca porse a ades-

trar canto antes para pre-parar as �4 Horas Running Race de La Fresneda, que terán lugar o próximo mes de xuño e na que por ter-ceiro ano consecutivo soño con subir ao máis alto do podio”, concluía o ultrafon-dista ourensán.

Antonio Madriñán na Eivissa Ultra Team.

Page 13: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

13MARATÓN DAS AREAS

R.T. / S.N.

Cruzar, por vontade pro-pia e sen ningún tipo de ne-cesidade, �50 quilómetros de deserto durante sete días, cunha mochila ás costas que contén a roupa e os alimen-tos precisos para sobrevivir e que ronda un peso de 10 a 15 quilos, é unha aven-tura só aptar para valentes, para deportistas natos, para mentes e corpos inquedos, para auténticos exemplos a seguir. E iso é precisamen-te o que son o ex militar José María García Calvo “Willy”, a médica Ana Guede e o profesor da Uni-versidade de Vigo Antonio Molina, que participaron entre o 6 e o 16 de abril no �7 Maratón das Areas.

Xunto a outros oitocen-

Sangue, suor e bágoas4 Estas tres premisas militares cumpríronse nesta edición dunha das probas deportivas máis duras do mundo.

tos participantes, estes tres ourensáns ataron forte as zapatillas, puxeron as po-laínas enriba delas e come-zaron á que é, sen dúbida, unha experiencia vital úni-ca, que Willy repetía por terceira vez, Guede por se-gunda e na que Molina se estrenaba.

Pero aínda que as gañas e a ilusión gañen o pulso ao sufrimento, o certo é que nunha aventura coma esta inevitablemente o corpo humán resíntese e as bochas fixeron acto de presenza nos pés de dous deles (Willy é doutra pasta), a suor inva-diu as súas roupas e caía pinga a pinga nas dunas do deserto do Sáhara, que pa-recían volverse un pouco máis costa arriba. Nembar-gantes, para tres persoas

como García Calvo, Gue-de e Molina a emoción por rematar esta aventura, por vivila segundo a segundo e por non defraudar a todos aqueles que os ían seguindo durante eses sete duros días (seis xornadas) de proba (e dos que recibían cada tarde os seus e-mails de alento) era o único que contaba.

Sangue, suor e bágoas combináronse nos corpos destes aventureiros aos que os quilos lles deixaban de pesar e as feridas de doer ao pensar en cada verba e so-rriso de orgullo que as súas xentes estaban desexando regalarlles tan pronto volta-sen aos seus fogares.

As etapasTras un día de adaptación

polo medio comezou a pri-

meira etapa cunha distancia de 33,8 quilómetros, algo inusual en anteriores edi-cións que comezaban con menos distancia (en torno aos �0 quilómetros).

Na segunda etapa, 38 qui-lómetros e medio de puro deserto os agardaban para comezar a facer mella nos seus pés e nas súas mentes; desde esta xornada Guede xa sufríu as doenzas pro-vocadas polas bochas, pero unha boa administradora de esforzos permitiulle xestio-nar cada etapa.

35 mil metros era a dis-tancia da terceira etapa so-bre un terreo apto para as lesións, con zonas de dunas e moreas de pedras que fa-cían imposible mirar cara outro lado que non fora ao chan.

A sopresa da cuarta xor-nada foi a súa distancia; 85 quilómetros de peregrinaxe polo deserto con dous días de tempo para poder per-correlos. Noutros anos a etapa raíña rondaba os 70 quilómetros, este ano en-tre a primeira etapa e esta (máis longas de habitual), os organizadores querían facer un Maratón das Areas extremadamente esixente. Nesta etapa como nas an-teriores, Willy e Molina ían sempre xuntos, mentres que Guede facía a guerra polo seu lado. Os dous primeiros sufriron en exceso a dureza

desta parte da proba, che-gando de madrugada e sen parar a durmir polo camiño como moitos participantes facían. A sorpresa da xorna-da foi ver aparecer a Guede na meta aos cinco minutos de que o fixeran os outros dous compañeiros de equi-po (Universidade de Vigo), dando mostras unha vez máis de que a cabeza é un factor importantísimo neste tipo de actividades.

Despois de todos os qui-lómetros que levaban no seu corpo a quinta etapa depararíalles a realización dun maratón; agardábanos 4�,195 quilómetros máis. Foi nesta etapa cando Mo-lina non puido seguir os pasos de Willy e tivo que levar o seu ritmo para po-der rematar as dúas últimas xornadas que restaban para a conclusión desta aven-

tura. En máis dunha oca-sión pasou pola súa mente a retirada, pero unha forza de vontade inusitada fixo transformar este pensamen-to en valentía.

A sexta etapa foi a mellor e máis sinxela. 15 quilóme-tros e medio para que todos os participantes puideran gozar desta última etapa coa ledicia de rematar unha das carreiras máis esixentes do planeta.

Willy foi o noveno cla-sificado da súa categoría, empregando un tempo de 45 horas, 49 minutos e 49 segundos; Molina foi o 170 da categoría na que par-ticipaba, con 47 horas, 5 minutos e �4 segundos. E, pola súa banda, Guede foi a décimo terceira muller, realizando os máis de �50 quilómetros en 51 horas, 35 minutos e 35 segundos.

Os participantes no Maratón das Areas tamén tiveron que protexerse do frío.

Molina, Willy e Guede durante a xornada de preparación previa ao comezo desta aventura.

Page 14: 17 Maio 2012 - BD Nº57

14 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

POLIDEPORTIVO

O Barbadás tentará ser campión da Preferente Sur

Redacción

Os dous equipos do club de pádel ourensán P�1 que militan na segun-da división masculina da Liga Rías Baixas de pádel encaran a recta final da competición, sen nada que xogarse.

Na penúltima xornada, disputada a pasado fin de semana, o P�1 Ourenpa-del perdía por 3 a 0 fronte ao School Padel Center de Pontevedra, líder da liga. Pola súa banda, o P�1 Ourenpadel B tam-pouco lograba vencer no encontro contra o CCD Sanxenxo (�-1), equipo que o precede na táboa.

Con estes resultados, o P�1 Ourenpádel é quinto no Grupo I, con 6 puntos, men-tres que o P�1 Ourenpadel B é sexto no Grupo II, con 5 puntos. Ningún dos dous ten posibilidades de as-censo nesta a súa primeira participación na Liga Rías Baixas de pádel.

Na próxima xornada, últi-ma da liga, o P�1 Ourenpa-del enfróntase en casa ao SD Lalín A. O partido dispúta-se nas instalacións do club no Vinteún, o domingo �0 de maio ás 16 horas. Men-tres, o mesmo domingo o P�1 Ourenpadel B viaxa a Soutomaior para disputar o seu partido co equipo local; será ás 11 horas.

Os P21 Ourenpadel rematan a liga

R.T.

Era cuestión de tempo. A tempada do Barbadás esta-ba sendo fantásticas cuns números ao alcance de moi poucos. Nos últimos �8 en-contros tan só unha derrota e catro empates, o resto vi-torias. De vértixe. Xa tivo a oportunidade de ascender na xornada 35, no campo do Alerta Traviesas. Era lonxe de casa e mellor subir xunto a súa afección, fiel duran-te a tempada. Coa derrota

por �-1 había que esperar á seguinte xornada para cer-tificar que o ano que ven será equipo de segunda. As bancadas do estadio dos Ca-rrís enchéronse de seareiros para celebrar o ascenso, e os xogadores non defraudaron. 4-0 ao Ribadumia e o equi-po adestrado por Jorge Re-gal xa tiña o pasaporte para militar na vindeira tempada na Terceira División. Unha exitosa tempada cuns rexis-tros de récord (14 partidos consecutivos gañando).

O Barbadás xa é equipo de Terceira4 A falta de dúas xornadas para o remate da liga confirmou o ascenso.

Ser campiónsO Barbadás ten esta xor-

nada a ocasión de procla-marse campión do Grupo Sur da Rexional Preferente. Para elo terá que empatar ou gañar ao Choco (segun-do clasificado) a domicilio. O equipo ourensán suma 81 puntos, por 76 os pon-tevedreses, que aínda non teñen asegurado o ascenso. Co Barbadás xa en Terceira, só falta saber que equipo o acompañará a vindeira tem-pada. O Choco é segundo

con dous puntos de van-taxe sobre o terceiro clasi-ficado, o Céltiga, que visi-ta a cancha do Ribadumia; conxunto que non se xoga nada.

Na derradeira xornada o equipo dos Carrís reciben a un Ourense B xa descen-dido.

Os xogadores do Barbadás celebran o seu éxito no partido en casa contra o Ribadumia./RAMSÉS.

R.T.

O Galmédica Tenis de Mesa marcha segundo a falta dunha xornada para que remate a liga de Se-gunda División Nacio-nal. No seu último partido desfíxose a domicilio do Grupo Barros - Combarro polo resultado de �-4. �6 son os puntos que marcan no casilleiro dos ourensán a dous dos líderes, Club de Mar Promesas, e dous máis que o terceiro clasificado o

O Galmédica xogará a fase de ascenso4 É segundo na 2ª División Nacional.

Monteporreiro.Na vindeira xornada,

última da competición, o Galmédica recibe ao A.D. Vincios - Construccións Dantas.

gamédica BNa Segunda División Ga-

lega Grupo Sur, o Galmédi-ca B marcha como primeiro clasificado con 36 puntos, os mesmos que o segundo clasificado, o Mercantil de Vigo B.

Dúas xornadas son as que

restan para o remate da liga. O Galmédica para manter esa posición de privilexio deberá vencer en casa do A.D. Vincios Const. D. Ta-pia e facer o propio en casa,

na derradeira xornada, contra o A.D. Vincios - Mat. Const. J. Quintas.

O conxunto ourensán é o claro favorito para o ascen-so á Primeira División.

O Galmédica vai a dous puntos do líder e a outros dous do terceiro clasificado.

Page 15: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

15POLIDEPORTIVO

As Escolas Deportivas, de festaComo vén sendo habitual no Día das Letras Galegas,e xa van dez edicións, as Escolas

Deportivas celebráronas xogando ao baloncesto e a fútbol toda a mañá no pavillón dos Remedios.

Na cancha central os rapaces, só da categoría alevin, participaban no Memorial David Herrera de baloncesto, e nos campos exteriores de fútbol todas as categorías divertíanse xogando ao deporte rei. En total, �10 rapaces e rapazas de todas as idades dirixidos por �7 monitores e todos eles coordinados por Miguel Ángel “Fosi” e Javier Caldas “Butra”, co patrocinio de Mcdonalds e Augas de Cabreiroá.

O 8 de xuño celebrarase unha gala final de tempada das Escolas Deportivas na que se entregaran os distintos trofeos e medallas.

Partido de fútbol dos máis pequenos das Escolas Deportivas. /M.REJO

Os alevíns disputaron o Memorial David Herrera de baloncesto. /M.REJO

Final da liga do Espazo Xove entre o Getafe e o Momentos. /M.REJO

Remata a Liga de Espazo XoveTras unha longa tempada de fútbol sala disputada na cancha de Espazo Xove, o Día

das Letras Galegas disputábase a semifinal. O Getafe rematou primeiro na liga e plan-touse na final, onde tivo como rival ao Momentos que pese a rematar terceiro a liga logrou colarse tamén na final.

Tras un primeiro tempo axustado, no comezo do segundo tempo da final o Getafe aumentou a súa diferenza para acabar gañando e proclamarse campión da Liga Espazo Xove �01�.

Page 16: 17 Maio 2012 - BD Nº57

16 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� ARTES MARCIAIS

Redacción

Estas datas están a ser prolíficas para os deportis-tas do ximnasio Artai, ao lograr grandes éxitos nas competicións nas que par-ticipan.

Copa Deputación de Qingda

O �8 de abril celebrouse a terceira edición da Copa Deputación de Qingda (combate controlado) nas instalacións do Artai Gim-nasio “A Ponte”.

3� foron os participantes do evento disputando un to-tal de �� combates “cun ni-vel técnico magnífico”, se-gundo palabras dos irmáns Blanco, Aarón e Hugo, or-ganizadores do evento.

Cabe destacar a partici-pación de Gabriel Cabezas (Artai), actual campión de España de Sanda (combate ao KO), que conseguíu al-zarse coa primeira posición na categoría de menos de 70 quilogramos. Outra pre-

Dominio dos deportistas do ximnasio Artai4 Dominaron o Campionato Galego de Wushu e a Copa De-putación de Qingda.

senza notable foi a de Zu-lima Crehuet (Artai), com-petidora feminina, que tivo que disputar os combates en categoría mixta debido á fa-lla de competidoras fémias; aínda así, acadou a medalla de prata en -65 quilos.

Esta proba foi o bauti-zo en competición de oito competidores debutantes.

Os ouros logrados polos deportistas do ximnasio Artai foron os de Jaime Ál-varez (menos de 60 quilos); Pedro Vázquez (menos de 65 quilos; Gabriel Cabezas (menos de 70 quilos); Die-go González (menos de 75 quilos); Brahim Tamesna (menos de 80 quilos).

Adrián Vázquez (menos de 85 quilos) e Francisco Gonçalves (máis de 85 qui-los).

Campionato galego de Wushu

O pasado domingo 13 de maio, disputouse o Cam-pionato Galego de Wushu �01� na cidade de Lugo.

No devandito torneo re-flectiuse a superioridade dos clubs de Ourense con

O equipo Artai que disputou a Copa Deputación.

respecto ao resto de provin-cias galegas, tanto en Taolu (formas) como en combate (Sanda & Qingda).

O total de medallas con-seguidas polos competido-res da provincia de Ourense foron 16 ouros, �1 pratas e 11 bronces, sendo máis da metade do torneo.

No que respecta ao club Artai de Ourense presen-touse con 18 competido-res, conseguindo un récord de medallas na historia do club, �� medallas reparti-das en 6 ouros, 10 pratas e 7 bronces. Destacando o ouro de Andrea Álvarez, debu-tante con 9 anos de idade e Gabriel Cabezas que con-seguiu o ouro en combate despois de gañar o campio-nato de España en xaneiro.

O club Dinamic aca-dou 6 ouros, 9 pratas e 3 bronces. E o Club Arco de Verín logrou 4 ouros, � pratas e 1 bronce.

A gran labor dos clubs e adestradores da provin-cia víuse reflectida neste campionato, que levou a Ourense ao máis alto do Wushu galego.

Sergio Parga, no Campio-nato Galego de Wushu.

Redacción

A Fundación Cipri Go-mes comeza a darlle uso ao Centro de Tecnifica-ción Deportiva de Viana aínda que as obras maio-res comezarán a mediados de xuño.

O pasado 5 de maio o equipo galego clasifica-do para o Campionato de España de Kickboxing �01� adestrouse nas ins-talación.

Centro de Tecnificación Deportiva de Viana

Máis actividadesNeste centro ubicado en

Viana vanse celebrar, men-sualmente, cursos específi-cos de intervención policial, cunha media de 60 axentes por curso.

Tamén se pretende rea-lizar durante os meses de agosto e setembro, tres campamentos de verán de 15 días de duración cada un deles, aos que acudirán un total de 90 xóvenes depor-tistas.

Redacción

O Jiu jitsu Galicia -con tres representantes ouren-sáns- logra a prata no VI Torneo ‘Victor Pradera’ celebrado en Leganés (Madrid) o pasado 1� de maio.

Por Galicia acudiron varios combinados, sen-do o Jiu Jitsu Galicia o que tería representación ourensá. Os jiujitsukas do Ximnasio Marbel Ourense que participa-ron foron Felipe Iglesias na categoría -69 quilos, Tono Fernández en -85 e Christian Álvarez en +85; completando o grupo es-tiveron os deportistas do Judo Club Coruña Alex Álvarez (-77 quilos) e Diana Branco (-6�). Esta combinación resultou ex-celente para a consecu-ción do subcampionato, mellorando un posto con respecto ao ano pasado.

Na previa, Galicia des-fíxose de Leganés �, Par-

Prata para o Jiu jitsu Galicia4 No Torneo Víctor Pradera.

la 1 e Coruña �; a todos por un contundente 5-0 en cada encontro. Na final, contra o Leganés 1, o combinado galego perdeu por un total de 4-1, aínda que todos os encontros foron moi rifa-dos (8-11 no feminino; 11-1�, 11-13, 14-0 e 10-1�).

Os equipos compúñanse de cinco integrantes, catro de sexo masculino nas ca-tegorías de -69 quilos, -77 quilos, -85 e +85; e unha muller en -6� quilos.

Terceira xornada de Copa Deputación de Judo

O 5 de maio, desenvol-veuse no Pazo Paco Paz a terceira xornada da Copa Deputación. Devandita competición reúne a nenos e mozos de toda a provin-cia de entre 6 e 18 anos, in-cluíndo este ano a categoría open, ou aberta a competi-dores de ambos sexos. Este ano incorporouse a catego-ría sénior, para competido-res en activo ou veteráns.

Page 17: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

17XIMNASIA

Redacción

A primeira fin de semana de maio foi das mellores para a ximnasia ourensá, que viu como os seus re-presentantes subían en repetidas ocasións ao podio nas tres competicións ás que acudiron.

As probas comezaron para os ourensáns o venres 4 de maio, cando botaba a andar, ata o seguinte do-mingo, o Campionato de España de Ximnasia Acro-bática e Aeróbica que se celebrou en Zaragoza, no que a parella xuvenil femi-nina composta por Raquel Ordiales e Lara Colmene-ro fíxose co terceiro posto nos exercicios de dinámico e all around.

galego Federado Indi-vidual

Xa o sábado 5, o pavillón de Riazor da cidade da Co-

16 podios en 3 días4 Os ximnastas do Pavillón colleitaron gran-des éxitos en Zaragoza, Burgos e A Coruña.

ruña acolleu a fase final do Campionato Galego Fe-derado Individual, e cla-sificatoria para o campio-nato nacional,

que se com-pón do campionato individual absoluto e campionato individual de clubes.

No individual absoluto os ourensáns lograron su-bir ao podio dúas ximnas-tas en categoría alevín, Antía Abal do Club Ma-rusia (que foi �ª en mans libres e pelota e 1ª en aro) e Sandra Freire do Club María Barbeito (1ª en mans libres e pelota e �ª en aro). En categoría in-fantil a única participan-te foi Loreto Blanco, do Marusia, clasificada, polo

tanto, 1ª nos tres aparatos (mazas, cinta e aro).

Pola súa banda, no campionato individual de

clubes partici-paron un

total de catro equi-

pos alevíns -un do Club Ximna-

sia Pavillón, un do Club Acordes e dous do María Barbeito-. De entre eles, o conxunto ourensán foi subcampión galego, de-trás do Club Acordes.

As dúas ximnastas pa-villonistas conseguiron pódium en todos os apa-ratos, xa que Candela Sierra foi campiona gale-ga en aro e Eva Rebollo foi �ª en pelota e corda.

En infantil, o Pavillón presentouse con dous equipos que foron cuarto

e quinto na clasificación por conxuntos. Pola súa banda, en aparatos, as ximnastas pavillonistas que obtiveron pódium foron Nerea Sastre (�ª en pelota e 3ª en aro) e Antía Vázquez (3ª en pelota).

En categoría júnior o equipo pavillonista foi campión galego, e por aparatos Laura G. Mén-dez foi �ª en cinta e 3ª en aro e Kelly V. Ruales foi

�ª en pelota.

A u -tonómico de Castela e León

Tamén os días 5 e 6 de maio os ximnastas ourensáns tiveron outra cita. Esta vez en Burgos, onde acudiro ao Cam-pionato Autonómico de Trampolín de Castela e León, ao que foron con-vidados para participar fóra de concurso catro dos saltadores do Club Ximnasia Pavillón (Ma-ría Salas Cid, Noa Dod - Puente Álvarez, Eduar-do Novelle Man e Iago Sousa Rodríguez). Dos

pavillonistas, foi unha vez máis María Salas a máis destacada ao proclamar-se 1ª en minitramp, �ª en trampolín e �ª en dobre mi-nitramp. Eduardo Novelle tamén superou a moitos dos seus compañeiros casteláns colocándose na segunda po-sición en dobre minitramp xuvenil.

Vindeira citaA próxima cita deportiva

dos ximnastas ourensáns será o próximo 19 de maio no Pavillón dos Remedios de Ourense, onde se cele-brará o Campionato Galego Individual e de equipos de trampolín e ao que o Club Ximnasia Pavillón presen-tará a 14 ximnastas.

O grupo de iniciación do Club Ximnasia Escola Pa-villón, composto por nenos de entre tres e cinco anos, ultima o seu exercicio de peche de tempada, que terá lugar nos Remedios o �7 de maio, coincidindo co Torneo de Primavera.

Este grupo está consti-tuído por un total de �0 ne-nos e nenas que realizan a súa actividade nas instala-ción cedidas, desinteresa-damente, pola Asociación Cultural “A Troya”; e están dirixidos por dous ades-tradores (Alba Estévez e Iago Covela) que contan con ampla preparación no mundo do deporte e na educación de nenos de tan

4 Ximnasia dende os 3 anos

curta idade. Así, o obxectivo desta

iniciativa é que os cativos adquiran destrezas psico-motoras que, ademais de beneficiar ao seu desenvol-vemento xeral, propicien a práctica futura de calquera deporte. E trátase dunha exitosa fórmula, xa que moitos dos nenos que pa-saron polo grupo de inicia-ción son hoxe ximnastas do Club Ximnasia Escola Pavillón.

Os interesados en reci-bir máis información ou inscribir aos seus cativos nesta activididade só teñen que dirixirse ás oficinas do Consello Municipal de De-portes.

Page 18: 17 Maio 2012 - BD Nº57

18 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� MOTOR

Alonso abandona en Ulloa

Carlos Iván Alonso víu-se na obriga de abandonar no Rali da Ulloa. Unha ro-tura no diferencial do seu Mitsubishi Lancer Evo X no oitavo tramo da com-petición cando marchaba quinto -do grupo N- , foi a causa pola que non puido rematar a proba.

Feijoo, cuarto en CarballoO piloto do Club Motomeda de Motocross, José Feijoo, tívose que conformar coa cuarta

posición na proba disputada en Carballo. A mala sorte cebouse co verinés, que xa nos ade-stramentos libres viu como o subchasis da súa moto comezaba a dar problemas, non po-dendo participar nos cronometrados. Pola tarde, logo de reparalo, realizou unha saída ful-minante e venceu na primera manga, pero detectou fallos no embrague, que foron a máis na segunda manga, tendo finalmente que abandonar, o que o deixaba cuarto na xeral.

O Rali de Cantabria agarda a Luis AragonésOs vindeiros 18 e 19 de maio volve o Campionato de España de Ralis de Asfalto co

Rali de Cantabria, ata onde se desprazará Luis Aragonés e o seu copiloto, a bordo do Renault Twingo R� do equipo Red Renault Galicia, co obxectivo de manter, e incluso mellorar, a 3ª posición que ocupan na “Challenge Renault Twingo R� de Rallyes”.

Á cita cántabra chegan coa incertidume de competir nun terreo completamente novo para eles e coa preocupación de que a choiva faga acto de presenza, os dous factores que deberán ter en conta para acadar os máximos puntos e chegar ao Rali de Ourense (en xuño) na mellor posición posible.

4ÚLTIMAS NOVAS

Cartel da proba BTT Cidade de Ourense 2012.

R.T.

Dous anos despois, Ourense recupera a proba de BTT Cidade de Ourense, organizada polo club Dúas Rodas e na que colabora a Concellaría de Deportes.

O Salón de Plenos do concello de Ourense acolleu a presentación desta marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro día 3 de xuño. A proba é de dificultade media – alta, tal como explicou o presidente do Clube Ciclista � rodas, Toni Gago, e estí-mase unha duración de 4 horas aproximadamente. A marcha ten un caracter non competitivo.

A ruta terá a súa saída de Oira e pasará por diversos puntos do termo munici-pal, como Vilar das Tres, Santa Mariña, Seixalbo ou Ceboliño. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, aproveitou para darlle os parabéns aos organizadores, por ter recuperado esta ruta BTT, e destacou a oportuni-

Redacción

Gran actuación dos in-tegrantes do Academia Postal Actyon - Mérida que se desprazaron ata Gondomar para participar na terceira proba puntua-ble do Open Galego de BTT.

En cadetes, Iván Conde e Raúl González lograron

Podios para o BTT de Maceda4 Na terceira proba do Galego.

o dobrete para o equipo macedán, ao rematar pri-meiro e segundo, respecti-vamente. Con este resulta-do, Conde afiánzase como líder da clasificación.

En M40, Xulio Conde foi terceiro, e Saúl López, en Elite, segundo, polo que conserva as opcións de ser primeiro.

Pola contra, o seu com-

Ourense recupera a súa proba BTT o 3 de xuño4 Tras dous anos sen levarse a cabo.

dade de gozar das paisaxes e as vistas dos lugares por onde pasa. Con esta activi-dade dá comezo un mes de xuño ateigado de eventos deportivos que teñen a súa coincidencia coas Festas de Ourense, que serán a finais de mes.

Na última edición, houbo un total de 155 inscritos, dos cales moitos proveñen de fóra de Ourense, sobre todo da provincia de Pon-

tevedra. As preinscricións serán ata o día 1 de xuño e hai dúas modalidades: para federados e para non fede-rados. Quen queira poderá apuntarse ao xantar poste-rior (por 15 euros) que se celebrará nun restaurante da zona de Oira. A inscri-ción sen xantar ten un custo de oito euros. Os non fe-derados deberán abonar 1� euros máis en concepto de seguro dun día.

pañeiro Jose Ramón Villa-nueva tivo que abandonar por problemas mecánicos.

A vitoria máis intensa da xornada foi na proba por relevos; o club mace-dán, nunha emocionante carreira, lograba a vitoria por diante do Bici Verde de Vigo e do Monforte.

Escola JA HermidaNa final Galega de Dua-

tlon Escolar, celebrada en Boiro, Aida foi 5ª e Noelia 11ª en benxamíns; Breogán, 9º e Martín 14º nos benxa-míns masculinos, e Iván Conde 11º en infantís.

Page 19: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

19PUBLICIDADE

Page 20: 17 Maio 2012 - BD Nº57

�0 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� POLIDEPORTIVO

O equipo terá que decidir agora se ascende ou non; o maior problema é o económico

Redacción

A Asociación Olimpo, con sede no barrio de Ba-rrocás, acolleu a prime-ria das probas do circuito provincial de xadrez de Ourense do programa XO-GADE.

Ás 4 da tarde deste pa-sado domingo 13 de maio daba comezo o campio-nato Provincial de xadrez na asociación Olimpo en barrocás. O Servicio de de-portes xunto co Clube Xa-

XADREZ

O Benchoshey apunta maneiras no provincial benxamín4 A primeira proba foi o 13 de maio.

drez Ourense organizaron o evento no que participa-ron os benxamíns de toda a provincia ao longo de seis rondas. Ás 19:30 horas finalizaba a competición con entrega dun obsequio a tódolos participantes e premios para os campións. As dúas primeiras prazas ocupáronas os xadrecistas do Benchoshey, a terceira os do Guillelme Brown, seguidos da Casa da Xu-ventude (cuarto) e Maristas (quinto).

Final comarcal alevín e infantil

Tamén se celebrou esa mañá a final comarcal ale-vín e infantil na mesma ubicación e noaque se cla-sificaron para o provincial do próximo mércores 16 de maio os tres primeiros clasificados, que no caso dos alevíns foron os clubs Casa da Xuventude, Car-melitas e Salesianos, e dos infantís, o Xadrez Oures-ne, Casa da Xuventude e Xadez Carmelitas.

P. L.

A competición de IPSC voltou ao campo de Eiroás coa disputa da segunda fase do Open-Galaico-Astur o pasado 5 de maio, proba valedeira tamén para o Campionato Pro-vincial.

Os máis de 70 partici-pantes inscritos, chegados de diversos puntos de Ga-licia, Asturias, Palencia e Madrid, tiveron que reali-zar un total de 8 exercicios de tiro práctico.

Os resultados da com-petición depararon as se-guintes clasificacións, no Open Galaico-Astur: na categoría Standard sénior quedou primeiro o tirador de Eiroás, David Davite, clasificándose en terceiro e quinto lugar, respectiva-mente, os tiradores locais José Antonio Palomanes e Celso Parga. Ademais, Davite, Palomanes e Par-ga coparon o podio do Campionato Provincial.

David Davite está a rea-

lizar unhas boas actuacións nas súas últimas citas de-portivas, pois recentemente quedou segundo na clasi-ficación xeral Standard na segunda fase da Copa Inter-nacional Presidente, dispu-tada en Tenerife, o que su-pón o mellor resultado para un tirador galego en toda a historia da modalidade.

En Producción sénior, o local Roy Deprado foi quinto no Open e primeiro no Campionato Provincial, seguido de Borja Álvarez.

E en Standard veteráns, na clasificación provincial, Ernesto Araujo, Miguel Pé-rez e José Antonio Carballo quedaron primeiro, segundo e terceiro, respectivamente.

Copa DeputaciónO tiro práctico non foi a

única competición dispu-tada no club de Eiroás na primeira fin de semana de maio, xa que coincidía en datas coa Copa Deputa-ción de Armas Neumáticas. Nesta tirada participaron 14 deportistas, sendo os mello-

res resultados para Manuel Martínez (570 puntos en pistola sénior, na súa pri-meira tirada do ano nesta Copa) e Enrique Do Río (544 puntos en pistola vete-ráns sénior).

Campión galegoO ourensán Jorge Encinas

vén de gañar o Campionato Galego de carabina 3x40, disputado o 17 de maio en Pontevedra. Con 1.131 puntos igual o seu propio récord (e récord galego) nesta competición.

Tiro práctico en Eiroás4 Os tiradores locais coparon gran parte dos podios na 2ª fase do Open Galaico-Astur.

David Davite foi primeiro no Open Galaico-Astur e segundo na Copa Interna-cional Presidente./ARQUIVO.

Redacción

Logro de rematar se-gundo na Primeira Divi-sión Galega, o equipo do

Campus Ourense viaxou a Santander para disputar a fase final de ascenso á Pri-meira División Nacional. Por diante tiña unha fin de

semana na que chegando á final lograría o ascenso, xa que o acadarían os dous pri-meiros da fase.

No primeiro dos encon-tros, as ourensás enfrontá-banse ao Tierra de Burgos, campión de Castela León. 76-57 foi o resultado final dun encontro que estivo marcado polo dominio do Campus, grazas a unha gran defensa, que coas súas recuperacións e rebotes de-fensivos provocaban rápi-dos contraataques.

Ascenso do Campus Ourense de baloncesto4 Na fase final disputada en Santander.

Na segunda xornada, o rival era o equipo local do Ventanas Arsan. O feito de que o equipo gañador disputaría a final e con iso estaría ascendido matemá-ticamente fixo que as im-precisións sucedéranse nos dous conxuntos. As galegas dominaban o eoncontro con diferenzas entre os dous e os oito puntos, pero os ánimos da afección local fixeron que o Arsan lograra igua-lar a contienda. Logo dun tempo morto visitante, Sira encestou dúas triplas conse-cutivas levando a tranquili-dade ao conxunto ourensán. 54-64 sería o resultado final do encontro.

Derrota na finalNa final esperaba o Inno-

basket Avilés nun partido descafeinado, xa que os dous equipos estaban ascen-didos. O Campus comezou dominado o partido (16-17 ao remate do primeiro cuar-to). A partir dese momento, o Avilés colleu o mando do partido logrando por-se diante do marcador coa colaboración das ourensás,

que fallaban trece tiros li-bres e tan só anotaban cin-co de �4 intentos en tiros de tres. A pesar dos erros, a pouco máis dun minu-to para o final estaban un punto abaixo. Pero unha bandexa que non entrou fixo que non lograran a remontada, para ao final caer por 56-47. Pouco im-portaba, porque as ouren-sás estaban ascendidas.

Agora chega un período de reflexión no que terán que decidir se ascenden ou non; o maior dos pro-blemas é o económico. Polo que a pesar de que mereceron na cancha su-bir de categoría, é posible que o ano que vén recalen novamente na Primeira División Galega.

Campus Ourense de baloncesto feminino.

O Caldaria Barrocás ascende á División de Honra AR. T.

O Caldaria Barrocás volve ser equipo de Divi-sión de Honra A logo de rematar en quinta posición esta tempada na Honra B. O Barrocás logrou a quin-ta praza logo de acadar seis vitorias, sete empates e cinco derrotas, sumando un total de 19 puntos.

Apóstol e Ourense HCO Apóstol Ourense, ma-

lia vencer na derradeira xornada por 5 goles a dous non foi quen de evitar xo-gar a promoción. Agora tocaralle manter a catego-ría nunha promoción que o enfrontará a equipos de Primeira División.

Pola súa banda, o Ouren-se HC remata con 18 pun-tos a tempada na Primeira División feminina. Seis vitorias, seis derrotas e seis empates é a bagaxe do cadro ourensán.

Page 21: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

�1PUBLICIDADE

Page 22: 17 Maio 2012 - BD Nº57

�� BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01� ACTUALIDADE

P. Lodeiro

Avanzan a bo ritmo as obras do futuro complexo deportivos das Eiroás, un dos proxectos estrela da Concellaría de Deportes e que virá ampliar subs-tancialmente a oferta de instalacións deportivas na cidade, dando servi-zo aos barrios da Ponte e do Vinteún. O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañou á tenente alcalde, Isabel Pérez, e ao edil de Depor-tes, Fernando Varela, na visita realizada ás futuras instalacións. Os tres coin-cidiron en destacar “a im-portante descentralización de servizos” que suporá para Ourense o novo cen-tro, ofertando un espazo de calidade “con servizos diferente e complementa-rios dos que xa dispomos” nunha zona de importante densidade poboacional como é o contorno da ave-nida de Santiago.

O futuro centro depor-tivo das Eiroás sitúase nunha parcela de 13.000 metros cadrados de titula-ridade municipal e que o Concello se encargara de urbanizar no seu momen-to. Contará con campo de fútbol 11 e 7 de herba arti-ficial, “moi necesario para

dous clubs históricos da nosa cidade como o Cova-donga e o Santa Teresita”, apuntaba o edil de Depor-tes, Fernando Varela.

Ademais, o complexo disporá de dúas piscinas climatizadas, de aprendi-zaxe e deportiva, “tamén moi necesarias”, recalcaba o concelleiro nacionalista, zona spa con sauna e baño de vapor, ximnasio e sala de fitness, así como insta-lacións de cafetería e ludo-teca. O proxecto de xestión deportiva deseñado para estas instalacións contem-pla ofertar cursos de nata-ción infantil e de adultos, aquaerobic, pilates, ioga, taichi, ou tonificación, entre outras actividaes. En resu-mo, plantéxase unha insta-lación completa e poliva-lente que poida equipararse ao Pavillón dos Remedios, que hoxe concentra a maior parte da demanda en in-fraestruturas deportivas da cidade, e que, pola súa ubicación, permita xerar un novo eixo de dinamización deportiva extensivo aos ba-rrios da cidade. Ademais, a súa posta en marcha suporá a creación dunhs 40 postos de traballo.

Apertura a finais do veránAs obras teñen un inves-

timento duns 5 millóns

Visita ás obras do complexo deportivo das Eiroás4 A nova instalación deportiva dará servizo aos máis de 25.000 veciños dos barrios da Ponte e o Vinteún.

de euros, financiados por adxudicación municipal á empresa Serviocio. Agár-dase que o Centro Deporti-vo das Eiroás abra as súas portas a finais de verán, cunha serie de abonos (3� euros mensuais para o abo-no individual e 39,90 para o familiar) e descontos es-peciais.

Tanto alcalde, como te-nente de alcalde e conce-lleiro de Deportes destaca-ron que xunto ao pavillón dos Remedios, esta nova infraestrutura de Eiroás na zona norte da cidade, e o complexo deportivo previs-to na zona sur (en Mariña-mansa ) “están chamados a ser os tres polos que pechan o círculo dos espazos de-portivos da nosa cidade”, apuntaba Isabel Pérez.

R.T.

Parte das actividades de-portivas promovidas pola Xunta de Galicia co seu pro-grama XOGADE chegaron ao fin de tempada, como foi o caso do atletismo, o bád-minton e o balonmán.

AtletismoO Provincial de atletismo

en pista en Ourense pechou o calendario XOGADE desta actividade. No Com-plexo Polideportivo de Monterrei tivo lugar a fase final do Campionato de At-letismo en pista da provin-cia de Ourense.

Ao longo de todo o día do sábado 1� de maio at-letas de toda a provincia participaron neste evento. Ademais da propia compe-tición, os infantís pelexaron por acceder ao campionato galego infantil que se cele-brará o próximo �6 de maio en Pontevedra.

En Monterrei estiveron representadas todas as zo-nas de provincia ourensá. Así, participaron rapaces do Club Asociación De-portiva Limiactiva e AD Limia, de Xinzo de Limia; Club Adas, do Barco de Valdeorras; Colexio Pablo VI- Fátima, da Rúa; CEIP Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives; Club Ben-Cho-Shey e Colexio Guillelme Brown, do Perei-ro de Aguiar; CEIP Bibei e

IES Carlos Casares, de Via-na do Bolo; Colexio Ma-dre de Dios, de Bárbadas; Colexio Sagrado Corazón, de Celanova; CPR Divino Maestro, Colexio La Purí-sima, Club Ourense Atletis-mo Academia Postal, Club Deportivo La Purísma, Car-melitas Vedruna e Semina-rio Menor “Inmaculada”, de Ourense.

BádmintonO 5 de maio, o polidepor-

tivo da Universidade Labo-ral acolleu o Campionato Provincial de Bádminton en todas as categorías do programa XOGADE.

Sete pistas de bádminton dero cabida para que todos os rapaces xogaran os seus encontros. Representantes do club Athlos, club Adas, Cambeo, AD Bosco, lagoas Athlos, IES Lagoa de An-tela e Otero Pedrayo esti-veron nos postos altos da clasificación.

Balonmán alevínEn Ribadavia disputáron-

se os últimos encontros da competición de balonmán na categoría alevín. A pri-meira semifinal enfrontaba o equipo anfitrión, E.BM Ribadavia contra o ASC. BM. Carballiño; os locais fixeron gala do seu xogo e non deixaron escapar máis que un cuarto, empatando outro e gañando os dous restantes para así ter un

posto asegurado na final cunha victoria de 5-3.

Na outra semifinal ato-pábanse o Pabellón O Couto fronte CEIP Ma-nuel Sueiro, na que este segundo equipo gañou claramente por un con-tundente �-6 sen deixar aos do Couto a máis mí-nima posibilidade de estar na gran final, quedando relegados estes ao tercei-ro posto tras gañar 3-5 o ASC. BM Carballiño na loita pola última medalla.

A gran final entre E.BM Ribadavia e CEIP Ma-nuel Sueiro foi moi des-putada, quedando dous cuartos para cada un dos contendentes, e deixando o partido igualado 4-4. A diferenza de goles decan-tou a vitoria do lado do combinado da capital por un axustado 10-13.

Balonmán benxamínColes foi a sede da fase

final da categoría benxa-mín. Na primeira semifi-nal o Coles A impúxose ao Otero Pedrayo por un contundente 8-0. Na se-gunda semifinal, o Pabe-llón O Couto venceu por 6-� ao Manuel Sueiro. Nunha final disputadísima chegaríase ao final do en-contro con empate a catro; na prórrogo o Pabellón O Couto foi superior ao Co-les, ao que derrotou por 5-�.

Rematan as primeiras actividades de XOGADE por este tempada4 Balonmán, badmitón e atletismo puxeron fin á competición.

O alcalde, a tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, xunto a responsables da empresa adxudicataria, Serviocio, visitan as obras da piscina do futuro complexo de-portivo de Eiroás./PAULA LODEIRO.

Outro momento da visita./P.L.

O Pabellón O Couto venceu ao Coles na final benxamín de balonmán.

Page 23: 17 Maio 2012 - BD Nº57

BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�

�3ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº57- Ano: IV - 18 de maio de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4DESDE O MEU RECUNCHO

A importancia da psicoloxía na formación de futbolistas novos: adestramento

O máis importante con nenos é crear o hábito de adestrar. Da mesma ma-neira que se estuda todos os días, deberiamos che-gar a adestrar todos os días e, en realidade, hai tempo para todo se un se organiza ben.

O adestramento é para o adestrador o mellor laboratorio de aprendi-zaxe deportiva que co-ñecemos. A competición é moi ríxida dado que se xoga baixo unhas nor-mas moi estritas pero o adestramento é flexible permitindo ao adestrador establecer todas as con-dicións experimentais que se lle ocorran. Durante o adestramento hai moitos factores psicolóxicos que interveñen pero quizá o máis importante de todos eles sexa a motivación.

Os nenos e os adoles-centes (aos adultos aínda que sexan profesionais ocórrelles igual) non es-tán tan motivados para adestrar como o están para competir. Hai quen cre que a motivación debe conseguila o propio neno, pero a realidade é que é responsabilidade do ades-

trador. O adestrador ten dúas canles de acción que poden axudar a motivar ao neno substancialmente:

- Unha das vías ao seu al-cance ten que ver co deseño de tarefas. Os adestramen-tos ben adaptados ás nece-sidades dos nenos motivan. Os nenos como mellor o pasan é correndo, xogando e competindo. Hai que con-seguir que o neno aprenda a través de tarefas que lle resulten divertidas.

- A outra vía de acción para motivar ao neno ten que ver coa vertente social

do adestrador, coa súa ca-pacidade de liderado. Entre as súas metas debe estar a de crear un bo ambiente, un bo clima de grupo e de equipo.

Conseguir que os nenos ou rapaces se sintan satis-feitos e realizados perten-cendo ao equipo e que o que máis desexen sexa es-tar xuntos para adestrar e competir. Se adaptamos as tarefas ás necesidades dos nenos e creamos un bo cli-ma de equipo, o mozo xoga-dor estará motivado para adestrar, seguro.

Alfonso Vilachá

Alfonso Vilachá Rodríguez.

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com) ou na web www.mundourense.com

4A PREGUNTA

4Que equipo ourensán ten a mellor afección?

CD OURENSEOs seareiros do Ourense

son todo un exemplo de paixón polo seu equipo, xa que a pesar das condicións climatolóxicas e de que o conxunto milita en 3ª Divi-sión non se perden nin un partido.

COBIncondicionais, así son

os afeccionados cobistas, que aínda que o seu equipo estea en ACB, LEB Ouro ou LEB Prata non faltan a ningunha cita. Ade-mais, enchen autobuses para acompañar ao Club Ourense Baloncesto aos encontros que se disputan nas zonas máis próximas a Ourense.

CIDADE AS BURgASO Cidade As Burgas con-

ta cunhas das afeccións máis fieis, que partido a partido, sexa contra un ri-val sinxelo ou o máis duro de batir, estea ao borde do descenso ou a piques de clasificarse para a Copa da Raíña, enchen os Remedios para corear o nome do seu equipo e achegarlle todo o seu ánimo.

PONTE OURENSEAs bancadas dos Reme-

dios quédanse pequenas cando o Ponte Ourense dis-puta algún encontro impor-tante, xa que os seus searei-ros non dubidan en acudir á cita co equipo cando este máis o precisa.

CODIgALCO CAR-MELITAS

Ao igual que acontece dentro do propio equipo, os seguidores do Codigal-co Carmelitas son como unha gran familia, que cada dous sábados toman o Polideportivo Vedruna como se o salón da súa casa se tratase e únense para animar con todas as súas forzas ao conxunto colexial.

PABELLÓN OURENSEO Pabellón Ourense con-

ta cunha afección entrega-da. Non se caracterizan por ser numerosos, pero os seareiros pavillonistas son dos que están máis impli-cados co seu equipo.

MOSA, o Parador de Santo Estevo e Barrios invítanche a probar o novo Peugeot 208

O concesionario de Peugeot en Ourense, MOSA, xunto ao Parador de Santo Estevo e ao periódico Barrios invítanche a unha fin de semana neste parador para probar o novo modelo Peugeot �08.

Como participar nesta promoción? É moi fácil! O único que tedes que facer é contar-nos a vosa mellor experiencia no voso coche. Queremos coñecer as historias nas que os coches foran os protagonistas, e para iso podedes enviar os vosos textos, de non máis de 1.400 caracteres sen espazos, á dirección de correo electrónico [email protected].

Os relatos irán acompañado de nome completo e teléfono de contacto. É necesario ser maior de idade e posuir carnet de conducir en vigor durante a fin de semana obxecto da promoción. A participación supón a aceptación destas bases.

O prazo de recepción dos relatos remata este 31 de maio.

Directivos de MOSA na presentación do 208 no Parador de Santo Estevo./RAMSÉS.

Redacción

A campaña promocio-nal “Talonario Primave-ra �01�”, estará en vigor desde o 9 de abril ao 31 de maio, coa intención de continuar tendo a gran acollida recibida nas edi-cións anteriores por parte dos usuarios do centro comercial ourensán, posto que facilita as súas com-pras.

O éxito débese á com-pleta oferta do mesmo e

aos importantes descontos que ofertan os comercian-tes adheridos á mesma, destacando o 10% en Haley (oferta difícil de igualar en alimentación), e ata un 30% noutros sectores.

Os clientes teñen até o 31 de maio para facer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de to-dos os cheques poden afo-rrar un importe superior aos 1.500 euros.

Tamén participan neste talonario Termas de Outa-

riz e Chavasqueira, con promocións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e unha fin de semana en Ho-tel Rural Casa de Mein.

Nesta ocasión, a través do cupón correspondente, os amantes das motos poden obter un desconto especial nas súas entradas para asistir á X Concentración Interna-cional de Motos-Showbike, que se celebrará do �5 ao �7 de maio en Ourense.

Últimos días do Talonario de Primavera Ponte Vella4 Ofrece descontos para a Concentración de Motos-Showbike, do 25 ao 27 de maio.

Page 24: 17 Maio 2012 - BD Nº57

�4 BARRIOS DEPORTIVO18 de maio de �01�