24
1993 / 2012

20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Embed Size (px)

DESCRIPTION

20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Citation preview

Page 1: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

1993 / 2012

Page 2: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

PONTEVEDRA A RITMO DE JAZZO jazz e o blues forman xa parte da banda sonora do verán pontevedrés grazas ao Festival que comezou a súa andaina no ano 1993 e que acadou unha maioría de idade esplendorosa e chea de futuro. Cumprir 20 anos de existencia é un grande logro, máis aínda se se fai coa enerxía, a proxección e o recoñecemento que foi acadando ao longo do tempo.

O Festival é un produto xenuinamente pontevedrés: a idea inicial, a xestión do proxecto; a súa consolidación e ampliación é froito da sensibilidade, da valía, do entusiasmo dun grupo de persoas que comparten por igual o gusto polo jazz e o compromiso coa dinamización e proxección de Ponteve-dra. Con estes ingredientes e a implicación activa do público pontevedrés e foráneo foise construindo un dos produtos máis esquisitos do delicioso verán de Pontevedra.

Co tempo, a idea foi madurecendo e medrando en propostas, en conti-dos, en espazos. O asentamento en Pontevedra do SPJ no ano 2001, e a posterior creación do programa Pontejazz no 2002, beneficiouse do efecto positivo do Festival e ao mesmo tempo proporcioulle frescura, dinamismo e conexión coa realidade musical galega e pontevedresa. A presenza de figuras consagradas do panorama internacional e os novos ingredientes achegados polo puxante jazz galego que ten un dos seus principais centros de operacións en Pontevedra conforman unha proposta vizosa, madura, atractiva e refrescante para as noites do verán pontevedrés.

Os aniversarios son oportunidades para o recoñecemento e a celebración do camiño andado, dos logros, dos compromisos que fixeron posíbel que chegaramos ata aquí con tanta vitalidade. Mais tamén son o momento para a reflexión, para mirar ao futuro, o xeito de abrir novos horizontes para a cultura e para Pontevedra nestes tempos de escuridade e imposicións. Es-tou convencido que o futuro será máis esperanzador e o horizonte máis am-plo se seguimos construíndo proxectos coma este Festival, se continuamos a apostar polo xenuíno e a confianza en nós, se mantemos a convicción de que non hai nada que nos conveña máis que camiñar cos pés na terra, coa mente e os oídos abertos a todos os sons, a todas as melodías.

Como Alcalde síntome orgulloso do traballo das persoas que fan posíbel este gran proxecto e convido á cidadanía de Pontevedra e ás persoas que nos visitan a que celebren con nós os 20 anos do Festival Internacional de Jazz e Blues.

Miguel Anxo Fernández LoresAlcalde de Pontevedra

Page 3: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

20 ANOS DO FESTIVAL

DE JAZZ E BLUES

DE PONTEVEDRA

Page 4: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

´93O martes 3 de agosto de 1993, ás 22.30 horas, na praza do Teucro, tivo lugar o primeiro concerto do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra a cargo do harmonicista ÑACO GOÑI acompañado pola MALCOLM BLUES BAND. A primeira edición do festival, especialmente centrada no blues e no country, completouse con GUNS AND BUTTER; a TONKY BLUES BAND, unha das bandas de blues de máis tradición en España liderada por Tonky de la Peña, e terminou co jazz do cuarteto do saxofonista norteamericano MALIK YAQUB.

*

´94O 8 de agosto de 1994, comezou a segunda edición. Esta foi a primeira das dúas únicas noites en que se tivo que suspender o Festival no seu ciclo principal a causa da choiva. A outra foi o 22 de xullo de 2007, cando estaba programado JOSHUA REDMAN, quen precisamente nos visita en 2012. En 1994, tamén actuaron o grupo cubano de Jazz Latino CHEKERÉ, PHILIP GOODMAN AND BLUES MACHINE, a cantante SHEILA CUFFI e o trío do organista LOU BENNETT.

A iniciativa desta “Mostra de Jazz e Blues” de Ponte-vedra, que nacera cun certo carácter experimental, foi un rotundo éxito que sorprendeu agradablemente a programadores e Concello. Desta maneira, o Festival seguiuse a celebrar os seguintes anos, sendo ben recibido polo público pontevedrés.

GRUPO CHEKERÉPHILIP GOODMAN AND BLUES MACHINESHEILA CUFFI GRUPOLOU BENNETT TRÍO*

ÑACO GOÑI & MALCOLM BLUES BANDGUNS AND BUTTERTONKY BLUES BANDMALIK YAQUB CUARTETO

Guns and Butter

Lou

Ben

nett T

rio

Grupo Chekeré

Page 5: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

´95Un momento destacado dos nosos primeiros tempos foi a actua-ción do bluesman CLARENCE “GATEMOUTH” BROWN, que fixo un concerto de primeiro nivel o 6 de agosto de 1995, a pesar de contar aínda cun escenario relativamente rudimentario. (“Isto xa son palabras maiores”, diría a prensa). Esta terceira edición completouse coa CANAL STREET JAZZ BAND (cuxa actuación fora a suspendida o ano anterior), o grupo de jazz do contrabaixista pontevedrés Miguel Guerra (GUERRA TRACTION), a FRANCK ASH BLUES BAND e a cantante venezolana BIELLA DA COSTA.

´96O apoio do público fai que o festival medre de orzamento e se consolide de-finitivamente nos seguintes anos como unha das actividades fixas nas festas do verán. Á praza do Teucro acoden non só os pontevedreses e turistas que nos visitan no verán, senón tamén afeccionados de dentro e fóra de Galicia. En Pontevedra estiveron figuras xa clásicas do jazz coma o coñecido pianista catalán TETE MONTOLIU (7 de agosto de 1996) ou MILT JACKSON e HANK JONES (31 de xullo de 1997). Milt Jackson tocara con mitos do jazz como Di-zzy Gillespie, Thelonius Monk ou Charlie Parker, ademais de fundar o famoso grupo Modern Jazz Quartet. Hank Jones é recoñecido como unha influencia en moitos dos pianistas de jazz actuais. A cuarta edición, en 1996, completouse coa actuación do enérxico bluesman JOE LOUIS WALKER coa banda THE BOSSTALKERS, e, no último día, coa cantante e pianista MARGARET ALLISON acompañada polo seu grupo THE ANGELIC GOSPEL SINGERS.

TETE MONTOLIU TRÍOJOE LOUIS WALKER AND THE BOSSTALKERS MARGARET ALLISON AND THE ANGELIC GOS-PEL SINGERS*

*

Joe Louis Walker

Clarence «Gatemouth» Brown Canal Street Jazz Band

Biella Da CostaFranck Ash

CLARENCE «GATEMOUTH» BROWNCANAL STREET JAZZ BANDGUERRA TRACTIONFRANCK ASH BLUES BAND BIELLA DA COSTA

Page 6: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

´98NICHOLAS PAYTON & THE «GUMBO NOUVEAU» BANDTHE MILT JACKSON & HANK JONES ALL STAR QUARTETCARRIE SMITH QUARTET

RAY BARRETTO & THE NEW WORLD SPIRITNANI GARCÍA E PERICO SAMBEATPILI PILI

A atención ao jazz galego que xa se iniciara coa actuación de GUERRA TRACTION, conti-nuou posteriormente co pianista da Coruña NANI GARCÍA (tocou o 30 de xullo de 1998 co saxofonista PERICO SAMBEAT, quen acababa de recibir excelentes críticas en San Sebas-tián); o pianista ABE RÁBADE, que tocou en trío o 27 de xullo de 2001; o contrabaixista BALDO MARTÍNEZ en 2002 ou o pianista ALBERTO CONDE no concerto de presentación da edición de 2003.Pero en 2002 prodúcese un fito na nosa historia e nace o proxecto que de forma máis contundente apoia ao jazz feito en Galicia: o ciclo Pontejazz do Festival, que se analiza de forma pormenorizada máis adiante.En 1998 tamén nos visitaron o percusionista portorriqueño RAY BARRETTO e PILI PILI, o grupo liderado polo pianista e teclista holandés Jasper Van’t Hof .

*

*

´99 En 1999, ademais da jam session antes sinalada, tamén estiveron o guitarrista de blues KENNY NEAL e a cantante CHARMIN MICHELLE, acompañada pola TUXEDO BIG BAND, que ofreceu unha velada de clásico swing, contando inclu-so cunha parella de bailaríns (The Happy Swingers).

KENNY NEAL BLUES BANDCHARMIN MICHELLE & TUXEDO BIG BANDJAM SESSION: Nicholas Payton, Terell Stafford, Peter Washington, Peter Bernstein, Harry Allen, Eric Alexander

*

Nicholas Payton Carrie Smith

Ray Barretto

Pili Pili

´97En 1997, visitounos, ademais de MILT JACKSON e HANK JONES, NICHOLAS PAYTON coa “GUMBO NOUVEAU” BAND. O trompetista, que viría tamén noutra ocasión (o 23 de xullo de 1999, nunha jam session con TERELL STAFFORD, PETER WASHINGTON, PETER BERNSTEIN, HARRY ALLEN e ERIC ALEXANDER), está programado de novo nesta edición de 2012, sendo, ata o de agora, o artista que máis nos ten visitado. En 1997 tamén estivo a cantante de blues CARRIE SMITH co seu cuarteto.

Page 7: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

´00 MACEO PARKERHOOK HERRERA BLUES BANDDR. LONNIE SMITH TRIO*Non podemos esquecer o concerto do saxo-fonista MACEO PARKER, un dos mellores do funky, que tivo unha importante aceptación por parte do público. Celebrouse o 24 de xullo de 2000 nun Teatro Principal (onde se trasladara a actuación pola choiva) abarrotado, e que des-afortunadamente non puido acoller a todos os interesados no concerto por problemas de afo-ro. Esta edición houbo que continuala no Teatro Principal, novamente debido ao mal tempo, con HOOK HERRERA e a súa BLUES BAND. O último día, o festival puido rematar na clásica praza do Teucro co organista, figura indiscutible do jazz, DR. LONNIE SMITH, que actuou en trío contando co magnífico guitarrista valenciano Ximo Tébar.

Pero sen dúbida, un dos concertos máis especiais de toda a nosa historia foi o que ofreceu o excep-cional cantante JIMMY SCOTT o 28 de xullo de 2001. Foi un concerto cheo de sensibilidade, tenrura, e de gran calidade interpretativa. Este ano tamén nos visitaron a cantante e pianista PATRICIA BARBER, e houbo que volver ao Principal para a actuación do grupo de gospel THE NORTHERN KENTUCKY BRO-THERHOOD SINGERS, que contou coa entusiasmada participación do público.

ABE RÁBADE TRÍOJIMMY SCOTT & THE JAZZ EXPRESSIONSPATRICIA BARBER TRIOTHE NORTHERN KENTUCKY BROTHERHOOD SINGERS* ´01

Maceo Parker

Hook Herrera

Jimmy Scott The Northern Kentucky Brotherhood Singers

Abe

Ráb

ade

Page 8: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

´02GHÚ! PROJECTPABLO CASTAÑO QUINTETSUMRRAANDY PHILIPSLA CALLEJAZZ TRÍOJANE MONHEITTRI CONTINENTALTAJ MAHAL & THE HULA BLUES BANDBALDO MARTÍNEZ GRUPOJOE ZAWINUL & THE ZAWINUL SYNDICATE

*

Co paso dos anos, cada vez era máis evidente que a praza do Teucro se viña quedando xusta de aforo. Isto demostrouse de forma contunden-te a noite do 23 de xullo de 2002, en que nos visitaba un grande do blues: TAJ MAHAL. Esta actuación desbordou por completo a capacidade da praza, chegando parte do público a ter que ocupar as rúas adxacentes. Tras un primeiro prato de luxo co trío TRI CONTINENTAL, Taj Mahal fixo un xeneroso concerto, no que deu mostra da súa simpatía e ofreceu tanto blues tradicional como os seus últimos experimentos coa música das illas Hawai, acompañado polos seus amigos da Hula Blues Band. Tamén nos visitou este ano outra figura indiscu-tible, neste caso do Jazz, JOE ZAWINUL, no que foi o seu único concerto nese verán en España. O histórico “pai” da fusión despregou toda a súa creatividade que se mantiña absolutamente de vangarda, e se sustentaba nunha base tan sólida como era a súa madurez xunto coas contribucións da súa banda integrada por músicos de altísima calidade e procedencia tan variada como Came-rún, Porto Rico ou a India. Tamén en 2002 estivo en Pontevedra, aínda novísima, a hoxe consolida-da cantante JANE MONHEIT.

´03En 2003, o día da estrea, 26 de xullo, novamente aparece unha visitante frecuente do noso festival: a choiva. A grande amabilidade do pianista CHANO DOMÍNGUEZ, facilitou o traslado da súa actuación ao Principal, onde ofreceu un concerto practicamente acústi-co!, que converteu a velada, tan intimista e cun teatro cheo, nunha actuación inesqueci-ble. Chano atopábase nun momento doce de creatividade, como probaban as críticas da súa intervención poucos días antes no festival de Vitoria no que chegara a eclipsar ao mesmo Wynton Marsalis.Xa na praza do Teucro, este ano puidemos gozar de dúas cantantes moi diferentes: DIANNE REEVES e MARIA JOÃO . Reeves, que é actualmente unha das grandes vocalistas de jazz no mundo, marabillou ao público dende o primeiro momento e ofreceu unha actuación xenerosa, o 27 de xullo, na que podemos certificar que ela se atopou moi a gusto. Ofreceu temas de anteriores discos e do seu último traballo, homenaxe a Sarah Vaughan. O concerto de clausura, a noite do 29 de xullo, foi para moitos a sorpresa do festival. A actuación de Maria João con Mário Laginha, pode ser recordada como unha das mellores da nosa historia particular, como consta nas críticas xornalísticas. Moitos dos asistentes eran incondicionais, pero foron tamén moitos os que descubriron a esta cantante de estilo tan persoal, que abandonou a praza entusiasmada co cariño que lle demostrou o público.A parcela dedicada ao blues, sempre atendida no noso Festival, estivo a cargo en 2003 do organista e, en realidade, multiinstrumentista LUCKY PETERSON, quen “incendiou” coa súa forza a praza do Teucro.

ALBERTO CONDE TRÍOORQUESTRA DE JAZZ DO MORRAZO (CON GRACIELA RODRÍGUEZ)SPJ- PONTEVEDRA JAZZ GROUPNANDO LAGO JAZZ QUARTETCHANO DOMÍNGUEZ TRÍODIANNE REEVESLUCKY PETERSONMARIA JOÃO E MÁRIO LAGINHA

*

Joe Zawinul

Jane Monheit

Taj Mahal

Dianne ReevesChano Domínguez Trío

Maria João e Mário Laginha

Page 9: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

GRÉMIO DAS MÚSICASZÉ PEDRO & SPJ - PONTEVEDRA JAZZ GROUPVOCES GALEGAS DO JAZZ: MOREIRA - CUACCI (cantando a Jobim), TERELA GRADÍN - MANOLO GUTIÉRREZALBERT BOVER & SPJ- PONTEVEDRA JAZZ GROUPZÉ EDUARDO UNIT (A jazzar no Zeca Afonso)McCOY TYNER TRIOJOHN SCOFIELD TRIOBETTYE LAVETTEROY HARGROVE - THE RH FACTOR

*

´04En 2004, decidiuse probar o Pazo da Cultura para certos concertos que parecían máis adecuados a un marco pechado. E foi o día 24 de xullo con todo un clásico, o pianista McCOY TYNER, ben coñeci-do por ser hai anos pianista do cuarteto de John Coltrane e polas súas propias formacións. Actuou con outros dous músicos entre os que destacou de maneira especial o contrabaixista Charnett Moffett. Xa na praza do Teucro, tocou JOHN SCOFIELD nun trío inesquecíble (con Steve Swallow e Bill Stewart, unha formación considerada por algúns críticos como unha das mellores que reuniu Scofield). O soul e o blues chegaron coa hoxe revalorizada BETTYE LAVETTE, unha veterana cantante que chegaba avalada polo éxito do seu disco “A woman like me“, que merecera ata catro candidaturas nos premios Handy Blues Awards de 2004. LaVette combinou a súa voz desgarrada cunha incrible vitalidade e con momentos que, efectiva-mente, chegaron á alma dos espectadores. A duodécima edición do festival terminou co trompetista ROY HARGROVE, que presentaba o seu proxecto THE RH FACTOR, cunha numerosa banda cargada de jazz pero tamén de funk. As cadeiras foron retiradas unha vez máis da praza e o público, que tamén a enchía, puido gozar e incluso bailar no que era un dos directos máis espectaculares do jazz do momento. Non foi só por ser Hargrove un gran trompetista, senón tamén pola altísima calidade da numerosa banda que o acompa-ñaba (hai que destacar ao espectacular teclista Bobby Sparks, coas súas improvisacións co mítico Mini Mogg, os baterías Jason Thomas e Willie Jones III, ou os saxos Keith Anderson e Jacques Schwarz-bart).

Joe Zawinul

Roy Hargrove

Bet

tye

Lave

tte

McCoy Tyner

John Scofield

Page 10: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Mención especial merece a actuación do malogrado pianista sueco ESBJÖRN SVENSSON co seu trío, E.S.T., o 23 de xullo de 2005, que foi única en Galicia. Nesas datas estaba recente a edición do seu magnífico disco “Viaticum”, probablemente un dos máis interesantes do ano 2005. E Svensson non defraudou. Acompañado pola súa formación habitual (Magnus Ösrom á batería e Dan Berglund ao contrabaixo), o pianista interpretou, extraendo do piano ás veces sons imposibles, non só composicións do seu último disco, senón tamén de traballos anteriores. Svensson, extraordinariamente amable, sentiuse cómodo en Pontevedra e tivo tempo para percorrela, interesarse pola cidade e o festival, aten-der á prensa e, incluso, pecharse varias horas coa única compaña do piano. Outra actuación tamén moi esperada e que trouxo afeccionados de fóra da nosa comunidade, foi a do guitarrista e cantante de blues ROBERT CRAY no que foi o seu último concerto da súa xira europea do 2005. O seu concerto fora trasladado ao Pazo da Cultura, así coma o de MAVIS STAPLES, cantante de blues e soul, da saga dos Staples, hoxe tamén especialmente revalorizada a raíz do seu recente disco “You are not alo-ne” producido por Jeff Tweedy e gravado no estudio do grupo, xa de culto, Wilco. No ano 2005, só se celebrou un concerto na praza do Teucro, o do acordeonista RICHARD GALLIANO. Galliano, acompañado por un magnífico Scott Colley ao baixo e Clarence Penn á batería, demostrou en vivo, por que é considerado un dos artistas máis importantes do mundo no eido dos instrumentistas non convencionais do jazz segundo as enquisas anuais da crítica da publicación DownBeat.

´05

* JOÃO GUIMARÃES + SPJ GROUPTGB (LISBOA)SUMRRÁTHE ULTIMATE JAZZ EARTH-TET (GALICIA-USA)JAM-SESSION: JOÃO GUIMARÃES + SPJ GROUPRICHARD GALLIANO NEW YORK TRIOE.S.T. (ESBJÖRN SVENSSON TRIO)THE ROBERT CRAY BANDMAVIS STAPLES

Mavis Staples

Robert Cray

Esbjörn Svensson

Richard Galliano

Page 11: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

BIG BAND MUNICIPIO DE NAZARÉNEW JAZZ FREQUENCYDORIS CALES + SPJ GROUPJAM-SESSIONS: MARTÍN BREA QUARTET, TELMO FERNÁNDEZ TRÍO, EVOL EMERPUS QUARTETPONTEJAZZ WORKSHOP, CON JAVIER VER-CHER, ARUAN ORTIZ, BRANNEN TEMPLE E DORIS CALES.PASARÚAS CON BRASS BANDJASON MORAN AND THE BANDWAGONBRAD MEHLDAU TRIOTERRY EVANS & BANDSOLOMON BURKE & THE SOULS ALIVE BAND

*

´06En 2006, produciuse outro momento clave da nosa historia: o traslado á praza da Ferrería. Nunha edición moi especial, puidemos contrastar a dous dos maiores talentos do piano no jazz actual: JASON MORAN, o 21 de xullo, e BRAD MEHLDAU, o sábado 22. Ata a campá da Peregrina chegou a participar nos concertos: por dúas noites consecutivas, deixouse oír niti-damente ás once en punto para que os pianistas, celebrando a pertinencia das badaladas, as integraran perfectamente nas súas interpretacións.En canto ao blues, en 2006 estiveron TERRY EVANS e SOLOMON BURKE. Cando minutos antes de empezar a súa actuación do 23 de xullo, Terry Evans preguntoulle á organización se tiña límite máximo de hora para rematar o concerto, decatámonos de que aquela ía ser unha noite moi especial... E Evans foi extraordinariamente xeneroso: máis de dúas horas interpretando un repertorio de blues no que mesturou os seus temas con clásicos do xénero. E a noite do 24 de xullo, noutro deses momentos inesquecibles da nosa historia, visitounos o “rei do rock & soul”: Solomon Burke. Tocado coa súa capa de armiño, e dende o seu trono, o carismático e veterano cantante fixo un fantástico “show”, no que repartiu rosas entre o público, repasou os clásicos, incluído o seu famoso “Everybody needs somebody to love”, e ata levou a uns cantos afeccionados ao escenario, onde bailaron e incluso cantaron.

Brad Mehldau

Solomon BurkeTerry Evans

Jason Moran

Page 12: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

*

´07Kurt Elling

O cantante KURT ELLING, considerado pola crítica especializada coma a mellor voz masculina do jazz actual, estivo en Pontevedra en 2007. Foi a súa segunda visita á nosa cidade, despois do bo recordo que deixara no ciclo Voces do Jazz, celebrado no Teatro Principal na primavera de 2004. Volvendo falar dos sons imposibles, neste ano tivemos jazz europeo e contemporá-neo co pianista BOJAN Z que os extraeu do seu piano e os teclados, deixándonos fascinados. Tamén tivemos gospel, coas voces e as incribles “steel guitars” dos CAMPBELL BROTHERS, así como blues cun clásico, MAGIC SLIM que estivo acompañado pola cantante BIG TIME SARAH, que protagonizou un momento entrañable ao cantarlle no escenario a unha cativa do público, a quen posteriormente quixo darlle un agasallo. Tamén acompañou a Magic Slim o harmonicista BILLY BRANCH.

WALTER SMITH III TRIOXACOBE MARTÍNEZ ANTELO QUINTETOPONTEJAZZ BIG BAND JAM-SESSIONS: ANIMALES DOMÉSTICOS.PONTEJAZZ WORKSHOP, CON WALTER SMITHIII, MATT BREWER, JONATHAN BLAKE E CARLOS AZEVEDO. JAZZ POLA RÚA: GDJAZZ STREET BANDKURT ELLINGTHE CAMPBELL BROTHERSCHICAGO BLUES REVUE: MAGIC SLIM ANDTHE TEARDROPS, CON BIG TIME SARAH E BILLY BRANCHBOJAN Z TRIO

Bojan Z

The Campbell Brothers

Billy Branch e Magic Slim

Page 13: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

AMBROSE AKINMUSIRE QUINTETXAN CAMPOS QUINTETOJAM-SESSIONS: SEIR CANEDA TRIOGDJAZZ STREET BANDIVAN LINS, CON NNENNA FREELONJOHNNY WINTERSCOTT MCKEONKENNY BARRON TRIOJANIVA MAGNESS

*

´08

No ano 2008, contamos co brasileiro IVAN LINS, quen estivo acompañado pola cantante NNENNA FREELON. Foi a nosa maneira de conmemorar o 50 aniversario da aparición da bossa nova. Lins, que non é de todas for-mas un artista de MPB convencional, interpretou unha chea de temas do seu repertorio, como os celebrados “O que a gente quere é ser feliz” ou “She walks this Earth”, pero o momento culminante da noite, e outro dos salientables do festival, chegou coa interpreta-ción do tema de Jobim “Dindi”, en dueto con Nnenna Freelon.E en 2008 estiveron dous clásicos incuestionables: o pianista KENNY BARRON no eido do jazz, e, no ámbito do blues, o incombustible JOHNNY WINTER. A noite do 24 de xullo a praza da Ferraría e as súas inmediacións enchéronse de afeccionados no que foi probablemente o concerto de máis afluencia da nosa historia; todo para ver ao famoso albino que demostrou atoparse en excelente forma. A chuvia respectou a Winter duran-te o seu concerto, xa que se tomou a precaución de poñer a súa actuación por diante do que ía ser o seu “teloneiro”, o novísimo guitarrista SCOTT MCKEON, que entusiasmou á boa proporción de público que permaneceu na praza unha vez rematado o concerto de Winter, aguantando a chuvia, agora si, durante algo máis dunha hora.Unha sorpresa para moitos foi a cantante de blues JANIVA MAGNESS. Janiva interpretou temas do seu último disco (What love will do) publicado por Alligator no 2008, do que se esgotaron todos os exemplares que os músicos puxeron á venda ao final do concerto, e que ela asinou con absoluta paciencia. Tamén cantou repertorio de discos anteriores, destacando a marabillo-sa balada “You were never mine”.

Ivan Lins e Nnenna Freelon

Janiva Magness Kenny Barron

Bojan Z

Johnny Winter

Page 14: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

E.J. STRICKLAND TRIOVIRXILIO DA SILVA QUINTETOJAM-SESSION: NACHO PÉREZ TRÍOPONTEJAZZ WORKSHOP: MIKE MORENO, JOSH GINS-BURG E E.J. STRICKLANDJAZZ POLA RÚA: STREET BANDJOHN SCOFIELD PIETY STREET BANDCHICAGO BLUES: A LIVING HISTORY. CON BILLY BOYARNOLD, JOHN PRIMER, BILLY BRANCH E LURRIE BELLTHE DEREK TRUCKS BANDESPERANZA SPALDING

´09

A decimo sétima edición, do ano 2009, é recordada por ter un cartel de autén-tico luxo. Poderiamos chamala a edición dos Grammys. Por segunda vez estivo no noso Festival o galardonado guitarrista JOHN SCOFIELD, pero nesta ocasión fíxoo acompañado pola Piety Street Band, nun proxecto dedicado ás raíces: o gospel e o blues. Ademais tivemos a sorte de presentar a primeira actuación en España da súa historia da banda do guitarrista de blues DEREK TRUCKS, que gañaría o Grammy dese ano na súa categoría. Non é a banda de Derek Trucks un grupo de blues convencional, senón que a súa mestura doutras músicas incluíndo soul, jazz ou ritmos orientais, conforma un estilo moi particular que arrastra a auténticos devotos, coma os que se congregaron en Pontevedra no que foi un dos únicos dous concertos en España do grupo dese verán. Extremadamente amable coa organización, Trucks encontrouse moi a gusto na nosa cidade e ofreceu a un entregado público ata dúas horas de concerto.O Grammy do 2011 “á mellor artista revelación” foi especialmente comentado na prensa porque por primeira vez se concedeu a un músico de jazz: a nova contrabaixista e cantante ESPERANZA SPALDING, que precisamente estivo en Pontevedra o 26 de xullo de 2009. Ofreceu un fantástico concerto no que ademais se sentiu moi a gusto e conectou marabillosamente co público pon-tevedrés, como se pode constatar en “Youtube”. Un dos mellores momentos da noite foi a fermosa interpretación do clásico “Coisa feita” (João Bosco), coa colaboración dun inspirado Ricardo Vogt á guitarra e á voz. E a outra actuación deste ano, foi a de BILLY BOY ARNOLD, JOHN PRIMER, BILLY BRANCH e LURRIE BELL, que cun proxecto que repasaba a historia do blues, “CHICAGO BLUES: A LIVING HISTORY”, foi tamén candidato aos Grammy.

John Scofield

Derek Trucks

Lurrie Bell

Espe

ranz

a Sp

aldi

ng

*

Page 15: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

SHIFT: LOGAN RICHARDSON, SAM HARRIS, AIDAN CA-RROLL, TOMMY CRANETERELA GRADÍN - MANUEL GUTIÉRREZ QUINTETOJAM-SESSION: PEDRO FREIJEIRO TRIOPONTEJAZZ WORKSHOP: LOGAN RICHARDSON, SAM HARRIS, AIDAN CARROLL, TOMMY CRANEJAZZ POLA RÚA: CHIVINJAZZ STREET BANDTHE JAMES CARTER QUINTETMADELEINE PEYROUXCHRISTIAN SCOTTWOMEN OF CHICAGO BLUES: ZORA YOUNG, DEITRA FARR E GRANÁ LOUISE

*

´10E xa que a edición do 2009 estivera especialmente centrada no blues, no ano 2010 tocáballe ao jazz, coa presenza de tres talentos como son o saxofo-nista JAMES CARTER; a famosa cantante MADELEINE PEYROUX, encantada coa nosa cidade e co festival; e todo un novo talento, o trompetista CHRISTIAN SCOTT, que chegou aquí o 24 de xullo precedido polo enorme impacto que deixou na crítica máis esixente do festival de San Sebastián. A ocasión do blues foi para o peche desta edición, con tres cantantes de Chicago: ZORA YOUNG, DEITRA FARR e GRANÁ LOUISE.

Women of Chicago Blues

James Carter

Christian Scott

Madeleine Peyroux

Page 16: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

*E chegamos ao ano pasado, no que tivemos un trío do jazz máis actual e ecléctico, MEDESKI, MARTIN & WOOD, acompañados por unha sección de vento de luxo: RANDY BRECKER e BILL EVANS. Houbo jazz vocal con JOSÉ JAMES, quen declarou sentir que fixera aquí un dos me-llores concertos da xira dese ano; e houbo jazz europeo co saxofonista STEFANO DI BATTISTA. O blues estivo a cargo do divertido e histriónico BOBBY RUSH, auténti-co showman, que contou coa complicidade das súas dúas bailarinas e a do público, que entendeu o espectáculo, ás veces vodevilesco, que tiña lugar no escenario. Rush bromeou coa audiencia, incluso imitando a Michael Jackson, e deixounos un agradable recordo.

´11Randy Brecker e Bill Evans con Medeski, Martin and Wood

PHILIP DIZACK QUARTETYAGO VAZQUEZ QUINTETJAM-SESSION: PEDRO FREIJEIRO TRÍOPONTEJAZZ WORKSHOPJAZZ POLA RÚA: CHIVINJAZZ STREET BANDRANDY BRECKER / BILL EVANSSOULBOP FEATURING: Medeski, Martin and WoodBOBBY RUSHJOSÉ JAMESSTEFANO DI BATTISTA

José James

Stefano Di Battista Bobby Rush

Page 17: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

pontejazz10anosO Pontejazz fixo en 2011, 10 anos cunha premisa máis que cumprida, facer que a música de jazz de primeiro nivel estea todo o ano en Pontevedra e se exporte dende Galiza para o resto do mundo. Para conseguir este obxectivo, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra foi moldeando este ciclo para que non caese na mera programación de concertos e se centrase en formar músicos de jazz que estivesen ao nivel das grandes figuras internacionais que dende sempre coparon o programa do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.Concertos, obradoiros, jam-sessions e gravacións de discos, fixeron que Pon-tevedra se convertese nun referente para os músicos neoiorquinos, e que os nosos músicos teñan unha formación que hai 10 anos era impensable en Galiza. Xan Campos, Virxilio da Silva, Iago Fernández, Javier Pereiro, Max Gómez, Yago Vázquez, Pablo Castaño, Michel González, Jose Carlos Ferro, Nacho Pérez, Xacobe Martínez, Terela Gradín, Toño Otero, Fernando Sánchez, Juansy Santomé, Chus Pazos, Seir Caneda, Nando Lago, Javier Barral, Alberto Vilas e moitos outros; son os músicos máis internacionais que ten o novo jazz feito en Galiza, e tiveron no Pontejazz a oportunidade de tocar, gravar e tomar aulas con artistas coma Mike Moreno, Josh Ginsburg, E. J. Strickland, Aaron Goldberg, Marcus Strickland, Lage Lund, Ambrose Akinmusire, Derek Nievergelt, Marcus Gilmore, Walter Smith III, Joh-nathan Blake, Matt Brewer, Jonathan Kreisberg, Jaleel Shaw, Donald Edwards, Aruán Ortiz, Brannen Temple, Vicente Macián, Logan Richardson, Sam Harris, Tommy Crane, Aidam Carroll, Philip Dizack, Taylor Eigsti, Joe Sanders, Rodney Green, Carlos Azevedo, Javier Vercher, Alexandre Frazão, Sergio Carolino, Mário Delgado, Doris Cales, Albert Bover, Zé Eduardo, Andy Philips, Big Band de Nazaré, Gremio das Músicas, Bruno Pedroso, Chris Kase, Abe Rábade, Paco Charlín, Jesús Santandreu, Ramón Ángel Rey, Zé Pedro Coelho, Rubén Carlés, Manuel Gutiérrez, Miguel Guerra, Hugo Astudillo, Enrique Oliver, João Guimarães, entre outros.

Terela Gradín

SHIFT (Logan Richardson)

Virxilio da Silva

Xan Campos

Page 18: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Page 19: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

PONTEJAZZ 2012 END OF AN ERA

JAVIER PEREIROQUINTETO

Philip DizackTrompeta

Eden LadinPiano

Corcoran HoltContrabaixo

John DavisBatería

Javier PereiroTrompeta

Fernando SánchezSaxo tenor

Virxilio da SilvaGuitarra

Jose Manuel DíazContrabaixo

Máx GómezBatería

MARTES 17 DE XULLO ÁS 22.30 h

Praza do Teucro

Entrada gratuíta

MÉRCORES 18 DE XULLO ÁS 22.30 h

Praza do Teucro

Entrada gratuíta

JAZZ POLA RÚAMartes 17 a mércores 18 de xullo de 12.30 h - 14.00 h e de 20.00 h - 21.00 h

STREET BAND

PONTEJAZZ WORKSHOPMércores 18 a domingo 22 de xullo de 11.00 h - 14.00 h no antigo conservatorio (Afonso XIII, 7)

PHILIP DIZACKEDEN LADINCORCORAN HOLTJOHN DAVIS

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa vixésima edición, consagrado xa como un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península. Novamente reunimos en catro noites a intérpretes de jazz e de blues, cantantes e instrumentistas, na que xa é unha das citas clásicas do verán, ineludible para os afeccionados de dentro e fóra de Galicia.

Page 20: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

O prometedor encontro entre quen é cualificado coma mellor saxo tenor do mundo no ámbito do jazz (DownBeat, decembro 2011), e un trío orixinalísimo, absolutamente contemporáneo e ás veces difícil de clasificar. Unha cita obrigada para Redman, que “nos debía” desde que tivo que suspender a súa actua-ción, pola choiva, na vez anterior que nos visitou en 2007. No concerto de Pontevedra, que forma parte da súa xira do verán de 2012, Redman compartirá escenario coa banda nor-teamericana The Bad Plus, consolidando un proxecto conxun-to que xa tivo episodios anteriores, especialmente en chan

THE BAD PLUS, con JOSHUA REDMAN

XOVES 19

FORMACIÓN:Joshua Redman, saxoEthan Iverson, pianoReid Anderson, contrabaixoDavid King, batería

norteamericano. The Bad Plus é un trío que rompe moldes e está formado por Reid Anderson, Ethan Iverson e David King. A súa música é unha amálgama de jazz, pop, rock e avant-garde. Nos seus dez anos de frutífera carreira musical (con cinco discos no mercado), asom-braron a crítica e público, tanto coas súas composicións orixinais como con versións de grupos tan dispares como Tears for Fears, Bacharach ou David Bowie. Os críticos do prestixioso diario The New York Times dixeron deles que “son os mellores mesturando as sensibilidades do jazz posterior aos anos 60 co indie rock, e encomiaron en especial o seu directo que, nesta ocasión, podere-mos gozar na nosa cidade.

Page 21: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Nos seus últimos traballos, I´m Here to Stay e Out of the Dark, ambos co selo Electro-Fi Records, desprega todas as suas cuali-dades cun marabilloso xeito artesanal de facer música, utilizando á súa banda habitual, sen necesidade de botar man de músicos de estudio, e, sobre todo, cantando desde o corazón. Cando es-coitamos a Sharrie Williams, percibimos que estamos ante unha auténtica blueswoman, que escribe e interpreta as súas cancións reflectindo o seu propio sufrimento, froito de múltiples penali-dades padecidas, que teñen que ver con graves problemas per-soais polos que pasou, e dos que, afortunadamente, parece estar saíndo grazas sobre todo ao apoio dos seus amigos, da súa familia e da súa actual parella, Pete “Pops” Crawford, ex-propie-tario dun club de música en directo. A autenticidade de Sharrie Williams (“Music is my life”, declara) tradúcese en interpretacións frecuentemente inspiradas por esas difíciles situacións que viviu (nunha das súas mellores cancións, “Rhythm of life”, expresa pre-cisamente os seus sentimentos ante a enfermidade, neste caso do seu marido), e que por iso gozan dun valor moi especial.

Polo seu último disco, Sharrie Williams recibiu o premio ao “Álbum do ano” de L’Academie du Jazz en París, e foi candidata tamén en 2012 en dúas categorías dos Blues Awards: Mellor Can-tante Feminina de Blues Soul de 2011 (categoría na que xa fora candidata anteriormente) e Mellor Cantante Feminina de Blues Tradicional.

SHARRIE WILLIAMS

VENRES 20

FORMACIÓN:Sharrie Williams, vozLars Kutschke, guitarraTill Sahm, órgano/pianoAttila Herr, baixoChris Jones, batería

Page 22: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Gañador en tres ocasións do premio Grammy ao mellor disco de blues contemporáneo, Keb’ Mo’ foi un dos elixidos recentemente para a reunión do presidente Obama na Casa Branca coa elite do blues actual. Estamos ante unha figura consagrada que nos pre-sentará o seu magnífico último disco, The Reflection, un traballo difícil de clasificar, no que Keb’ Mo’, en plena madurez creativa, leva ao máis alto o seu estilo tan persoal. El mesmo define o dis-co como unha mestura de blues, jazz, rhythm and blues e soul.

Desde a súa primeira gravación, o seu produtor foi John Porter (que tamén traballou con figuras como B.B. King, Santana, Taj Mahal ou Elvis Costello), constituíndo unha influencia funda-mental na súa carreira, e cuxos coñecementos artísticos serviron posteriormente a Keb’ Mo’ para, a partir do ano 2006, autoprodu-cirse nalgúns traballos.

KEB’ MO’

SÁBADO 21

FORMACIÓN:Keb’ Mo’, voz, guitarraMichael Hicks, tecladosKevin So, teclados, guitarraVail Johnson, baixo

Les Falconer, bateríaJeff Paris, guitarra

Page 23: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

Noventa millas… É a distancia que separa a península de Florida (USA) da Illa de Cuba.Con esta referencia, en maio de 2010 fíxose un pouco de historia dentro do mundo da música de jazz. Tres dos máis brillantes novos músicos de jazz do mundo, os norteamericanos Christian Scott (trompetista), Stefon Harris (vibrafonista) e David Sánchez (saxofonista), decidiron salvar esa distancia, (realmente corta xeograficamente falando, pero moi longa noutros aspectos), e reuníronse nun pequeno estudio de gravación na Habana. O re-sultado destas sesións é un álbum estelar titulado Ninety Miles, que foi lanzado en xuño de 2011 polo selo discográfico Concord Records e que foi nomeado como Mellor CD do Ano por NPR, en-tre outros. Tras máis dun ano de xestións, Scott, Harris e Sánchez chegaron a Cuba con moita música escrita e listos para mergullar-se no espírito musical da Illa, obxectivo que conseguiron grazas á colaboración dalgúns espléndidos grupos de músicos autóctonos, liderados por dous novos pianistas: Rember Duharte e Harold López-Nussa, que achegaron ao proxecto as raíces da música tradicional cubana, aínda que mantendo o máis puro espírito jazzístico.

Para as xiras do ano 2012, uniuse a este grupo Nicholas Payton (gañador dun premio Grammy), en substitución de Christian Scott. Payton fixo súas a totalidade das inquietudes que fixeron xermolar este proxecto, conseguindo unha perfecta integración no mesmo. Esta é a terceira vez que Nicholas Payton nos visita (as anteriores foron en 1997 e 1999), polo que xa ostenta a mar-ca do artista que máis veces estivo no noso festival.

NINETY MI-LES, con STEFON HA-RRIS, NICHO-LAS PAYTON e DAVID SÁNCHEZ

DOMINGO 22

FORMACIÓN:Stefon Harris, vibráfono e marimbaNicholas Payton, trompeta David Sánchez, saxo Edward Simon, pianoRicky Rodriguez, baixo

Terreon Gully, batería Mauricio Herrera, percusión

Page 24: 20 Anos festival de Jazz e Blues de Pontevedra

EditaConcello de Pontevedra

Fotografías do festivalPepe Ramos (de 2004 a 2011)

José A. Ortiz Rey (1994, 1995, 2001, 2003)

Diario de Pontevedra (1993 Rafa, 1996 e 2000 Rafa Fariña)

Rafa Vázquez (2002)

Luís Vila (1997)

Gustavo Santos (2006 Jason Moran)

Fotos promocionais dos artistas (1998, 2012)

Fotos Pontejazz Xacobe Casal, Jose Carlos Ferro e Luis Barreiro

Deseño e maquetaciónEra Comunicación

PortadaEsperanza Spalding, 2009

ContraportadaLucky Peterson, 2003

Síguenos en: