3
20 Noviembre, 2016

20 Noviembre, 2016 · valente á ascensión dun alpinista ao Everest. Se, ademais, ese relato his-toriográfico se estende ao longo de varios volumes, daquela o esforzo vale tanto

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 20 Noviembre, 2016 · valente á ascensión dun alpinista ao Everest. Se, ademais, ese relato his-toriográfico se estende ao longo de varios volumes, daquela o esforzo vale tanto

20 Noviembre, 2016

Page 2: 20 Noviembre, 2016 · valente á ascensión dun alpinista ao Everest. Se, ademais, ese relato his-toriográfico se estende ao longo de varios volumes, daquela o esforzo vale tanto

ARMANDO [email protected]

Historia dos Anos de Prata

Para calquera crítico e investigador literario escribir unha Historia da Literatura é o equi-

valente á ascensión dun alpinista ao Everest. Se, ademais, ese relato his-toriográfico se estende ao longo de varios volumes, daquela o esforzo vale tanto como coroar os catorce oito miles.

Tan sobresaliente esforzo, arduo traballo ao que acompaña a soidade do corredor de fondo, é o que leva desenvolvendo Xosé Ramón Pena os últimos tres anos, xusto dende que comezou a publicar o primeiro volume da súa “Historia da Litera-tura Galega I. Das orixes a 1853” (2013), ao que seguiu a “Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento” (2014), en-trega que foi recoñecida co Premio da Crítica Galicia e mais o Premio Fervenzas Literarias ao mellor en-saio do ano.

Chega agora ás librerías a terza entrega desta obra excepcional, “Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irman-dades da Fala” (2016), como as dúas anteriores, publicada por Xe-rais. Neste novo ensaio Pena afonda na visión analítica e as ferramentas metodolóxicas das que xa se servira nos volumes previos. Neste sentido, cómpre advertir que o seu traballo desancora de aproximacións positi-vistas alicerzadas na exhaustivida-de referencial de autores e produ-ción para asentar na prospección socioliteraria. Aquí non importa tanto a relación interminable de creadores corais que no pasado fo-ron (por moi interesante que esta poida ser) como escolmar as voces senlleiras que marcaron o rumbo dos diferentes (sub)períodos e, so-bre todo, reflexionar sobre as condi-cións sociais, políticas e sistémico-literarias que explican a escrita desas voces principais.

Así entendido, o relato de Pena adquire solidez nas moi amplas e documentadas introducións socio-históricas e político-ideolóxicas, ei-dos que interseccionan e, en non poucos casos, determinan as posi-cións do campo propiamente litera-rio. Comprender, por exemplo, o papel esencial que no socioestético e ideolóxico-identitario xogou un persoeiro como Vicente Risco é cla-ve para entender como e por que moitos dos creadores deste momen-to apostan por este ou aquel camiño literario e, tamén si, de que maneira son recibidos/ obviados, divulga-dos/ omitidos e canonizados/ silen-ciados os seus textos.

v

vv

v

unha trintena de páxinas con varios centos de entradas de libros consul-tados e citados, o que dá unha idea diáfana do fondo posprocesado crí-tico que este volume propón, ao tempo que revisa, actualiza e dialo-ga con toda a investigación anterior para atopar solucións moitas veces sincréticas e outras orixinais, de contraste ou complementarias.

Quen desexe estar ben informa-do do que foi a literatura galega do primeiro terzo do XX debe ler esta “Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irman-dades da Fala” asinada por Xosé Ra-món Pena. Non só porque os seus xuízos sobre estilística e temato-loxía son substantivos, senón por-que, ademais, se explican á luz do(s) imprescindible(s) contexto(s) de campo que os veu conformarse, interactuar e que por veces mesmo os xerou.

O profesor Pena anuncia xa un novo volume que historiará a escrita dende Guerra Civil ata o pasamento do Ditador. Agardaremos con expec-tación esa nova achega que, de segu-ro, confirmará as excelentes sensa-cións que deixa esta entrega, pola que merece agradecidos parabéns.

Outro dos valores deste ensaio de Pena reside na consistente arqui-tectura de trabes mestras coas que deseña as liñas de forza literarias da época. Deste xeito, os por el alcu-mados como “Anos de Prata (1916-1936)” abórdanse dende os ancos do lírico, o prosístico e o teatral e, dentro dos primeiros, ponse orde e concerto á moi problemática cues-tión da confluencia entre os poetas (post)rexionalistas máis ou menos herdeiros da tradición oitocentista (Noriega e Cabanillas), os cultiva-dores do neotrobadorismo (Bouza-Brey), os “vangardistas enxebres” (feliz etiqueta terminolóxica coa que Pena dá conta daquelas corren-tes que figuran como “moderadas” ou “pactadas” respecto dos ismos propiamente transnacionais e que representan figuras como a de Ama-do Carballo) e os “vangardistas ple-nos” (Manuel Antonio, Cunqueiro, Lorca). Da súa parte, na prosa opon-se a “narrativa tradicional-(neo)po-pularista” (Dieste) fronte á dos “re-novadores enxebres” que proxectan un relato “simbólico-identitario” (Risco, Otero Pedrayo e Castelao).

Unha última doa adorna o colar: a extensa bibliografía final, case

HISTORIA DA LITERATURA GALLEGA IIIXOSÉ RAMÓN PENAXerais

Xosé Ramón Pena

20 Noviembre, 2016

Page 3: 20 Noviembre, 2016 · valente á ascensión dun alpinista ao Everest. Se, ademais, ese relato his-toriográfico se estende ao longo de varios volumes, daquela o esforzo vale tanto

20 Noviembre, 2016