2
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao través de Yolanda Díaz Pérez e os deputados Xabier Ron Fernández e Ramón Vázquez Díaz, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate plenario, relativa as taxas impostas nos centros de formación marítimo-pesqueira. A consellaría do Medio Rural e do Mar vén de provocar unha situación inaceptable mediante a publicación do Decreto 143/2013, que fixa os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor e cursos, entre outros, dos centros de formación das familias formativas de marítimo-pesqueira. Sen diálogo e negociación previa, comezado o curso se modifican substancialmente as condicións para a realización dos estudos nas escolas náutico-pesqueiras. Esta imposición xa provocou que varias persoas do alumnado residente na Escola Oficial Náutico-Pesqueira en Ferrol tivera que abandoar o centro, que teñan que deixar os estudos. O PP semella continuar implacable destruíndo dereitos e nomeadamente o dereito á educación. O noso Grupo Parlamentar denuncia esta agresión e quere saber que motivos e razóns fundan semellante decisión, que deixa sen poder estudar a diferente alumnado e dificúltao a moitos outros. Intolerable é que haxa estudantes que non poidan estudar, tendo os requisitos académicos para elo, por cuestión económicas; máis aún, polo economicismo de clase do PP. En atención ao referido, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU- ANOVA) presenta a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate plenario: - O Parlamento Galego insta á Xunta a avaliar o impacto económico e social derivado da aplicación do Decreto 143/2013? - O Parlamento Galego insta á Xunta a modificar de xeito urxente o Decreto 143/2013, de xeito que se manteñan as condicións previas coas que se matriculou ao alumnado destas escolas e non haxa ningún alumno/a que reste sen estudar polo oneroso das taxas impostas.

2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao través de

Yolanda Díaz Pérez e os deputados Xabier Ron Fernández e Ramón Vázquez Díaz, ao

abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate plenario, relativa as taxas impostas nos

centros de formación marítimo-pesqueira.

A consellaría do Medio Rural e do Mar vén de provocar unha situación inaceptable

mediante a publicación do Decreto 143/2013, que fixa os prezos públicos polos

servizos de residencia e comedor e cursos, entre outros, dos centros de formación das

familias formativas de marítimo-pesqueira.

Sen diálogo e negociación previa, comezado o curso se modifican substancialmente as

condicións para a realización dos estudos nas escolas náutico-pesqueiras. Esta

imposición xa provocou que varias persoas do alumnado residente na Escola Oficial

Náutico-Pesqueira en Ferrol tivera que abandoar o centro, que teñan que deixar os

estudos.

O PP semella continuar implacable destruíndo dereitos e nomeadamente o dereito á

educación. O noso Grupo Parlamentar denuncia esta agresión e quere saber que

motivos e razóns fundan semellante decisión, que deixa sen poder estudar a diferente

alumnado e dificúltao a moitos outros. Intolerable é que haxa estudantes que non

poidan estudar, tendo os requisitos académicos para elo, por cuestión económicas;

máis aún, polo economicismo de clase do PP.

En atención ao referido, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-

ANOVA) presenta a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate plenario:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a avaliar o impacto económico e social

derivado da aplicación do Decreto 143/2013?

- O Parlamento Galego insta á Xunta a modificar de xeito urxente o Decreto

143/2013, de xeito que se manteñan as condicións previas coas que se

matriculou ao alumnado destas escolas e non haxa ningún alumno/a que reste

sen estudar polo oneroso das taxas impostas.

Page 2: 2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728

Compostela, 10 de outubro do 2013.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 10/10/2013 14:04:51

José Javier Ron Fernández na data 10/10/2013 14:05:02

Yolanda Díaz Pérez na data 10/10/2013 14:05:07